tema x: exipto
Post on 30-Jun-2015
1.925 Views
Preview:
TRANSCRIPT
TEMA X
As Primeiras CivilizaciónsEXIPTO
As primeiras civilizacións: Exipto10
Está situado no continente africano
Exipto está atravesado polo río Nilo.
As súas capitais foron Tebas e Menfis
O marco xeográficoA situación xeográfica de Exipto presenta dúas vantaxes: o deserto íllao dos seus inimigos e o Nilo permite a irrigación e fertilización das terras de cultivo.
En Exipto distínguense dúas grandes rexións: o Baixo Exipto, no delta do Nilo, e o Alto Exipto, unha terra árida onde só é posible a vida na zona irrigada polo río Nilo.
10
ECONOMÍA DO ANTIGO EXIPTO
A principal riqueza era a agricultura.
Aprenderon a construír diques e canais para controlar as enchentes do Nilo.
O río Nilo era a base das súas riquezas.
A gandería, a pesca e a caza eran as outras bases da súa economía.
O aproveitamento da aguaDesde primeiros de xuño ata setembro o río inunda todas as terras da beira; en setembro principia a retirada da auga e queda un limo negro que fertiliza os campos.
Para poder desenvolver a agricultura foi necesario controlar as enchentes do río.
Os exipcios construíron diques e canles para almacenar a auga e distribuíla polas terras circundantes, aumentando deste xeito a produción agrícola.
O Nilo converteuse na gran vía de comunicación e nas súas beiras xurdiron grandes cidades, como Menfis ou Tebas.
10
O Aproveitamento do NiloINUNDACIÓN SEMENTEIRA
COLLEITA
Un pobo agrícola10
Un pobo agrícola10
Agricultura
CULTIVABAN : -CEREAIS: trigo, escanda e cebada (orxo). -LEGUMES: lentellas e garavanzos. -HORTALIZAS: leituga, cogombro, allo e cebola. -FROITAS: dátiles, figos, uvas e granadas. -PLANTAS OLEAGINOSAS PARA PRODUCIR ACEITE: sésamo e lino. -PLANTAS TÉXTILES: liño, papiro, palmeiras, etc.
Escenas Agrícolas
Gandería
Criaban vacas, bois, cabras, porcos, burros, ovellas e aves.
Pesca
A pesca con arpón e con cana realizábase dende pequenas balsas de papiro.
Empregaban redes de man para pescar.
Caza
Nos pantanos do Nilo cazaban: parrulos, ocas, garzas, grúas, paspallás…
Artesanía e Comercio
O Nilo favorecía os intercambios comerciáis.
Os avances técnicosPara levar a cabo estas tarefas, os exipcios desenvolveron o cálculo e a xeometría, e estableceron un calendario de enchentes.
Tamén crearon sistemas de contabilidade e técnicas construtivas e hidráulicas.
Era nos templos onde se realizaban as observacións astronómicas e os cálculos matemáticos.
O ano foi dividido en 365 días, e o día, en 24 períodos.
10
A historia do Imperio exipcio dividese en tres etapas:
Historia
Sociedade
Privilexiados: FARAÓN
OFICIAIS DO EXERCITO ESCRIBAS FUNCIONARIOS SACERDOTES
Pobo SOLDADOS COMERCIANTES ARTESANS CAMPESIÑOS
Escravos
Organización da Sociedade
Faraón
Sacerdotes e nobres
Funcionarios e escribas
Campesiños escravos
Soldados, comerciantes e
artesáns
O poder do faraónA organización do Estado exipcio estaba dominada por un rei, o faraón, que tiña un poder absoluto.
O faraón garantía a orde e a xustiza. O seu poder baseábase no control e na dirección das obras de canalización e irrigación das terras, e no monopolio do comercio exterior.
Para gobernar un territorio tan extenso, o faraón necesitaba servidores fieis e eficaces. O reino estaba dirixido por gobernadores que controlaban a innumerables funcionarios.
O outro gran piar do poder do faraón era o exército, do que era xefe supremo.
10
10O poder do faraón
Os privilexiadosOs altos funcionarios, os xefes do exército e os sacerdotes constituían a clase social máis importante do Antigo Exipto, unha verdadeira nobreza.
Para atender os innumerables templos do país existía unha casta de sacerdotes que dirixían os ritos relixiosos, practicaban a ciencia, dominaban a escritura e administraban a terras do templo.
Os escribas tamén gozaban dunha vida privilexiada, coñecían todos os segredos do cálculo e da complexa escritura exipcia.
10
O pobo de ExiptoOs campesiños constituían a maioría da poboación; aínda que eran libres, estaban ligados á terra, que lles pertencía ao faraón, aos nobres ou aos templos.
Existía, tamén, un abundante número de mercaderes e artesáns, que realizaban as súas actividades en pequenos obradoiros privados ou en grandes complexos que dependían do faraón, dos nobres ou dos templos.
Por debaixo do resto da poboación, e en peores condicións, atopábanse os escravos.
10
A relixión exipcia
Os deuses de Exipto
A vida de ultratumba
10
Os deuses de ExiptoA relixión exipcia era politeísta, isto é, adoraban a moitos deuses.
O deus máis popular era Ra, deus do sol, ao que se lle uniu Amón, deus de Tebas (Amón Ra).
Fóra do culto oficial, a xente adoraba as divinidades familiares e locais; era moi supersticiosa e protexíase con amuletos da influencia dos malos espíritos.
Os deuses habitaban nos templos e reencarnábanse na estatua que se atopaba no santuario.
Os sacerdotes debían renderlles culto e obsequialos coas ofrendas.
10
Deuses
Horus(Deus do ceo) e
da guerra
Osiris(Deus dos mortos)
Ra(Deus solar)
Isis(Deusa da
vida)
Anubis(Momificador)
A vida de ultratumbaA relixión exipcia prometía unha vida despois da morte.
Para os exipcios, os seres humanos estaban formados por un corpo e unha alma (o ka).
Cando o corpo morría, o ka pasaba á vida de ultratumba, pero para isto, o corpo debía permanecer incorrupto (momificación).
Con este fin, a familia embalsamaba o defunto, que tras 40 días se convertía nunha momia desecada.
10
• Os defuntos debían presentarse ante o Tribunal de Osiris, que xulgaba a súa vida terreal.
A Arte exipcia
A arquitectura exipcia: Os templos e as tumbas
A Escultua
A Pintura
10
A arquitectura exipciaA arte exipcia caracterizouse por seguir unhas regras fixas e inamovibles.
A arquitectura exipcia era arquitrabada, sen arcos nin bóvedas.
Os edificios realizábanse en pedra e decorábanse profusamente con gravados, esculturas e pinturas.
As grandes construcións foron os templos e as tumbas, que tendían ao monumentalismo.
10
A Arquitectura: Os templosEran a morada dos deuses
Todos os templos exipcios construíronse cunha estrutura moi semellante: avenida de esfinxes, obeliscos, columnas á entrada e recinto amurallado, sala hipóstila e santuario.
Só o faraón e os sacerdotes tiñan acceso ao santuario do templo.
10
As tumbas exipcias
Como eran as tumbas exipcias• A mastaba
• A pirámide
• O hipoxeo
http://www.artehistoria.jcyl.es/civilizaciones/videos/212.htm
10
Como eran as tumbas exipcias
10
As primeiras tumbas exipcias eran unhas sinxelas construcións rectangulares e de escasa altura chamadas mastabas.
Da superposición de mastabas naceron as pirámides, entre as que salientan as de Keops, Kefrén e Micerinos, en Gizeh.
Para protexer o repouso dos faraóns e impedir a pillaxe, as entradas das pirámides estaban agachadas.
O medo aos frecuentes saqueos e roubos nas tumbas fixo que, no Imperio Novo, os faraóns preferisen enterrarse en hipoxeos.
A mastaba10
Pirámides
A pirámide10
O hipoxeo10
PIRÁMIDES DE KEOPS, KEFREN E MICERINOS
HIPOXEO DE HATSHEPSUT
MASTABA
Templo de Abu Simbel
Templo de Luxor
A esfinxe
Escultura exipcia
Escultura exipcia
O ESCRIBA SENTADO BUSTO DE NEFERTITI
Era ríxida, realista e con gran expresividade.
Era simbólica e de cores vivas.
A PINTURA
Personaxes
IMHOTEP (2690-2610 a. C.)?
HATSHEPSUT (1473 a.C.-1458 a.C.)
AMENOFIS III (1390- 1353 a. C )
CLEOPLATA(69-30 a.C.)
RAMSÉS II E NEFERTARI (1326-1234 a. C.) (?-?)
TUTANKAMÓN(1336/5 - 1327/5 a. C )
A Vida Cotiá
Utilizaban perrucas e tanto homes como mulleres depilaban todo o corpo.
A roupa era sinxela. A maioría era de liño. Usaban cremas, aceites, perfumes, cosméticos…
A Vivenda
As casas eran sinxelas. Construíanas primeiro con canas e barro e máis tarde con adobe secado ao sol. Os ricos vivían en grandes vilas.
As familias tiñan varios fillos/as.
O mobiliario era escaso.
A Vida cotiá
Casa dunha familia nobre
A AlimentaciónComían verduras, hortalizas, peixe, froitas… A carne asada era o
prato favorito dos ricos e a cebola o principal ingrediente.
A bebida máis común era a cervexa.
O pan era un alimento básico.
Gustáballes a música, o baile e a danza.
A medicina estaba moi avanzada.
CuriosidadesTiñan escritura xeroglífica. Ao principio só escribían en
pedras, máis tarde en papiros.
O Ollo máxico ou ollo de Horus era o símbolo da boa sorte e protexía contra os malos espíritos.
As pelotas eran de lá ou coiro e estaban recheas de plumas.
O xogo máis coñecido era o senet.
Os gatos eran considerados como animais sagrados.
Visitar para ampliar coñecementos o Blog:
“Caderno de recursos de Santi Pazos: Xeografía e Historia 1º de ESO”
http://santipazosrei1.blogspot.com/
http://santipazosrei1.blogspot.com/
FIN
top related