tema 9: un planeta dinámico
Post on 22-Jan-2018
239 Views
Preview:
TRANSCRIPT
UN PLANETA DINÁMICO
A xeosfera e o seu relevo Podemos realizar un estudo
directo da xeosfera a través da observación das rochas superficiais, pola sondaxe, rádares e sónares e fotografías aéreas.
O conxunto de accidentes xeográficos que podemos contemplar sobre a superficie terrestre, como as montañas, as ladeiras, os vales, as chairas e as mesetas, constitúen o relevo.
Relevo terrestre
Situados sobre a codia continental. Escudos ou cratóns. Cordilleiras. Canóns e rifts. Plataformas
continentais. Noiros continentais.
Situados sobre a codia oceánica. Chairas abisais. Dorsais oceánicas. Guyots. Fosas oceánicas. Arcos de illa. Illas volcánicas
Relevos continentaisRelevos fondos oceánicos
Tipos de relevo
1
3
3
2
4
5
1
2 4
5
Chairas abisais
Guyots
Dorsais oceánicas
Fosas oceánicas
Arcos de illas
Cordilleiras
Rifts
Plataformas continentais
Noiros continentais
Escudos
Relevos característicos da codia oceánica
Relevos característicos da codia continental
Interior da xeosfera
Coñecemos o seu interior polos estudos indirectos. O método sísmico é o procedemento que máis
información proporciona sobre a estrutura terrestre. Baséase no estudo dos terremotos e da forma de propagación das ondas sísmicas.
Ondas sísmicas
Vibracións nas que se dispersa a enerxía desde o hipocentro.
Ondas internas
Ondas lonxitudinais. Rápidas. Desprázanse en medios sólidos e líquidos.
Ondas transversais. Máis lentas. Só se desprazan en medios sólidos.
Ondas superficiais
Ondas LOndas L Ondas ROndas R
Dirección de propagación da onda
Movemento das partículas
Dirección de propagación da onda
Movemento das partículas
Ondas transversais. As partículas desprázanse con movementos laterais. Lentas e moi destrutivas. Desprázanse en medios sólidos.
Ondas transversais . As partículas desprázanse con movementos elípticos. As máis lentas. Desprázanse en medios sólidos e líquidos.
ovem
Descontinuidades sísmicas
Para a detección das ondas empregamos sismógrafos. As ondas varían a súa dirección e velocidade ao
atravesar a terra a profundidades concretas chamadas descontinuidades.
Mohororovic: entre codia e manto.
Repetti: entre manto superior e inferior.
Gutenberg: entre manto e núcleo.
Lehman: entre núcleo externo e interno.
Descontinuidades sísmicas
Descontinuidade de Repetti
Descontinuidade de Lehman
Descontinuidade de
Gutenberg
Descontinuidade de
Mohorovicic
Na xeosfera distínguense tres capas:
Codia Manto Núcleo
Modelo xeoquímico
Codia
Continental Oceánica
Forma as masas continentais.
O grosor varía entre 30 e 70 km.
Formada por granito.
Forma os fondos oceánicos.
Grosor de 10 km. Formada por basalto e
gabro.
Capa rochosa, quente e sólida, formada por rochas ricas en olivina.
Divídese en: Manto externo: ata 670
km de profundidade. Manto interno: máis
denso ca o manto externo.
Manto
Composición metálica, formado por ferro e níquel.
Divídese en: Núcleo externo: líquido,
axitado por correntes de convección que orixinan o campo magnético.
Núcleo interno: sólido, tamén presenta solifluxión.
Núcleo
Litosfera:formada pola codia e parte do manto superior. É totalmente ríxida e nela a calor interna propágase por condución.
Mesosfera: formada polo resto do Manto. Actualmente pénsase que o transporte de calor por esta zona é convectivo. Presenta solifluxión.
Endosfera: Corresponde ao Núcleo terrestre.
Modelo xeodinámico
Litosfera
Litosfera continental: fría, ríxida, máis grosa. Nela atopamos os continentes.
Litosfera oceánica: delgada, flexible e máis densa.
Codia continentalCodia oceánica
Litosfera continental
Manto sublitosférico
Litosfera oceánica
Manto litosférico
Placas litosféricas
Os fragmentos en que está rota a litosfera chámanse placas litosféricas.
Cando quentamos un fluído se dilata, perde densidade e ascende. Establécense así correntes ascendentes desde o límite manto-núcleo. Cando chega a zonas con menor temperatura, arrefría e descende.
Fluxo de materiais no manto
LitosferaManto superior
Manto inferior
Descontinuidade de RepettiPenacho
térmico
Fluxo descendente
Fluxo radial
Os continentes permaneceron sempre fixos nas mesmas posicións que ocupan na actualidade.
Dinámica da xeosfera: o fixismo
Explica os movementos verticais da codia terrestre.
Entre a litosfera e o resto do manto establécese unha situación de equilibrio de flotación.
Se a litosfera aumenta a súa masa afunde parcialmente no manto, e se reduce a súa masa, ascende.
Dinámica da xeosfera: o fixismo
Wegener propuxo que os continentes podían desprazarse sobre o fondo oceánico.
Hai 300 m.a. estiveran unidos formando un supercontinente, Panxea.
Aportou probas, pero non puido explicar a causa do movemento.
Wegener e a deriva continental
Probas de Wegener
Probas paleontolóxicasEncontrábanse fósiles iguais en continentes diferentes o que non podería explicarse a menos que os continentes estivesen en contacto.
Probas paleoclimáticas As pegadas da erosión do xeo de hai 300 m.a. cobraban sentido se se supoñía que os continentes estaban xuntos .
Probas xeográficasO encaixe dos perfís dos continentes.
Distribución de terremotos e volcáns A actividade tectónica concéntrase nos límites
das placas litosféricas.
Polas dorsais sae material procedente do manto. Ao arrefriar forma nova codia oceánica que empurra
cara aos lados á anterior. Probas:
A idade das rocas aumenta ao afastarnos da dorsal. Os sedimentos mariños aumentan de espesor segundo nos
afastamos da dorsal.
Idade do fondo oceánico
O campo magnético terrestre é inestable e a súa polaridade invertese cada certo tempo.
Estas inversións quedan rexistradas nas rocas volcánicas con minerais magnéticos.
Vine e Matthews interpretaron os resultados das medidas do magnetismo remanente das rocas, e apoiaron a expasión dos fondos.
Paleomagnetismo
Medicións directas
Os láseres ou os GPS detectaron pequenos movementos entre as placas, axustándose as predicións teóricas.
Tectónica de placas
A litosfera está dividida en placas litosféricas. As placas son dinámicas. Nos bordos das placas hai unha intensa
actividade xeolóxica. A dinámica das placas permite explicar os
procesos xeolóxicos.
Bordo diverxente
Límite entre dúas placas tectónicas que se separan, novo material ascende desde o manto, creando nova codia, polo que tamén recibe o nome de bordo constructivo.
Aprécianse nas dorsais e nas zonas de rift.
Rifts intracontinentais e dorsais Son extensas chairas
levantadas pola presión dun penacho térmico.
Cando as rocas se dilatan, fanse menos densas e abómbanse, ao fracturarse orixinan un rift.
O rift pode transformarse nunha dorsal.
Bordo de cizalla
Os bordos pasivos prodúcense cando as placas deslizan unha con respecto a outra, o fan ao longo de fallas denominadas transformantes, sen que se produza creación nin destrución da codia.
O desprazamento orixina un rozamento continuo horizontal que xerará importantes sismos.
Bordo converxente
Bordo de choque entre dúas placas tectónicas. Cando unha das placas afunde baixo a outra, consumíndose no manto fálase de subducción.
Formación de cordilleiras e está asociado con zonas de actividade volcánica e sísmica orixinadas pola fricción das placas. Placa cabalgante
Placa subducente
Fosa oceánicaPrisma de acreción
Manto
Vulcanismo
Fusión parcial
Se chocan unha placa oceánica e unha continental, afunde a oceánica (máis densa) formando un oróxeno térmico.
Se é entre dúas placas continentais, fórmase un oróxeno de colisión.
Se é entre dúas placas oceánicas, fórmase un arco de illas.
Bordos converxente
Arcos de illas
A placa cabalgante é oceánica. Fórmase un arquipélago de illas
volcánicas. Intensa actividade sísmica e magmática
Litosfera oceánica
Arco de illasFosa oceánica
Magmatismo
Oróxenos térmicos
A placa cabalgante é continental.Oróxeno térmico
Prisma de acreción
Litosfera continental
Magmatismo
MetamorfismoLitosfera oceánica
Oróxeno de colisión
Choque entre placas continentais que non poden subducir.
Predomina a tectónica.
Placa continentalPlaca continental
Oróxeno de colisión
Oróxenos intraplaca
O choque entre placas continentais forma no interior do continente un pregamento dunha conca sedimentaria, orixinando un oróxeno.Placa Ibérica Europa Cordilleira Ibérica
Conca sedimentaria Oróxeno intraplaca
Penachos térmicos e puntos quentes
Os penachos térmicos son columnas de material rochoso quente que ascende desde a base do manto lentamente.
Orixinan unha zona de intenso vulcanismo, chamada punto quente.
Asociados aos puntos quentes hai: dorsais, arquipélagos volcánicos e mesetas continentais elevadas.
Arquipélagos volcánicos
O vulcanismo dun punto quente na litosfera oceánica produce varios edificios volcánicos ao estar as placas en movemento, orixinándose un rosario de volcáns que se extinguen o afastarse do foco.
top related