ramÓn otero pedrayo - dialnet.unirioja.es filedo "la granja y solar de fuentefiz",...
Post on 18-Sep-2019
4 Views
Preview:
TRANSCRIPT
7~
Arquitectura
GRANDES PAZOS
RAMÓN OTERO PEDRAYO
INTRODUCCIÓN:
Vicente Gómez-Calcerrada López
RABALLO INÉDITO DE
OTERO PEDRAYO
No ano 1965, o meu compañeiro Pedro
Iglesias Hernández, Director do "Centro
de Gando Bovino de Fontefiz", encargou
a publicación dun folletín titulado "Ayer y
hoy del pazo de Fontefiz". Nestas páxi-
nas, amais dunhas notas de tipo técnico,
incluíase un traballo histórico denomina-
do "La granja y solar de Fuentefiz", escri-
to por Don Xesús Ferro Couselo, Director
do Museo Arqueolóxico e do Arquivo
Histórico Provincial de Ourense.
A finais do ano 1968, destináronme á
dirección dese centro gandeiro. Hoxe
podo comentar que aquela decisión foi
unha verdadeira viaxe ao descoñecido.
Só me soaba Fontefiz de o ter estudado
ao preparar unhas oposicións e de ver os
sementais que mandaban á Feira do
Campo de Madrid. As razóns de tomar a
decisión de marchar a Galiza, despois de
levar vinte anos en Madrid, hai que bus-
calas no grande cariño que sempre lle
tiven a aquelas terras "meigas". Eu só
coñecía as zonas da costa, pero nas fre-
cuentes viaxes que facía, cada vez me
sentía máis identificado con paisaxes,
costumes e xentes. Así, imitando a aque-
la personaxe do romance de Somerset
T
Fontefiz ao fondo do recordo
8~
Maugham "A lúa e seis peniques", liei a
manta á cabeza e dirixinme a terras
ourensanas.
No ano 1969, buscando datos para facer
un estudo sobre as ovellas de Coles,
Vilamarín e Amoeiro, chegamos ao pazo
de Trasalba. Na solaina estaba Don
Ramón e, por tentar ser cortés ou por un
respeito mal entendido, non me atrevín a
achegarme a el. Falamos con un encar-
gado ou arrendatario seu, e quixera
recordar que lle mercamos algunha ove-
lla. Ao parecer, un antepasado de don
Ramón trouxera de Zamora uns carneiros
que exerceron unha influencia moi positi-
va sobre os ovinos de aquela comarca:
melloraban o tamaño das reses e aumen-
taban a prolificidade das ovellas.
A comezos do 1970, unha noite moi fría,
acompañado de Ramón Xulio Pereira e,
tendo concertado previamente unha visi-
ta, achegámonos á casa de don Ramón
na ourensana rúa de San Miguel.
Expuxémoslle a intención que tíñamos de
editar un novo folleto sobre o Centro de
Selección de Fontefiz, e pedímoslle que
fixese o favor de nos escribir un traballo
relacionado co Pazo de Fontefiz. Aínda
non chego a comprender a impresión que
recibín ao conversar, sen ningunha presa,
con un cabaleiro ao que non me atrevía a
saudar en recoñecimento á súa fama e
méritos. Saín convencido de que as per-
soas, canto máis elevadas son, en calquer
actividade, máis sinxelas e asequíbeis se
amosan.
Ao ouvirme falar, don Ramón díxome:
-Vostede non é galego, parece castelán.
-Si, don Ramón, son manchego- respon-
dinlle.
Seguimos conversando e ao lle falar das
belezas da paisaxe galega, don Ramón
comentoume:
-Vostedes os casteláns non saben o que
teñen. Tampouco o saben apreciar, máis
ben o desprezan.
-¿Non me vai comparar aqueles sequei-
ros con Galiza!- díxenlle.
Don Ramón contestoume:
-Mozo, voulle contar unhas impresións
sobre a súa terra; ¿coñece Ávila?
-Si señor- respondín.
-¿Estivo alí algunha noite de lúa?
-Non, non señor.
-Pois voulle contar unha cousa. Ávila é o
único sitio dos que coñezo onde se pode
ler de noite coa única axuda da lúa chea.
-Non sei por que. Non o entendo.
-A razón é moi simple: Ávila é a capital
máis alta de España, está a máis de mil
metros de altitude.
Deixamos Ávila e seguimos conversando.
Ao pouco tempo fíxome outra revelación:
-¿Fixouse vostede nos Outonos de
Aranxuez? ¿Non ten apreciado esa cor...
case amaranta das árbores cando come-
zan a lles caer as follas?
-Confeso, don Ramón, que sempre me
gustou esa cor. Aranxuez é para nós
como un oasis. Cada vez que paso por
alí, a música do mestre Rodrigo fica gra-
vada no meu cerebro e acompáñame
durante uns quilómetros.
9~
Ao final da nosa visita, don Ramón acce-
deu a nos escribir un traballo sobre o
pazo de Fontefiz.
Dame vergoña recoñecer que a miña
capacidade de percepción fose tan obtu-
sa. Tamén me chamou a atención o gran-
de amor que don Ramón profesaba á
maltratada España, sen renunciar á devo-
ción que sentía pola Galiza das súas raí-
ces.
Pasou o tempo, e o día catro de Xaneiro
de 1971 recibín unha carta de don
Ramón na que enviaba o traballo que nos
escribira. Achéganse unhas fotocopias do
sobre, carta e artigo.
A entrada na Administración de dirixen-
tes moi tecnócratas e bastante cuadricula-
dos, orixina un proceso de cambiar por
cambiar, que remata por lograr unha
desastrosa confusión nas funcións que
viña desenvolvendo o Ministerio de
Agricultura. En Outubro decrétase a eli-
minación da "Dirección General de
Ganadería", proliferan as disposicións de
reorganización, existe malestar entre os
funcionarios e, finalmente, o oito de Xuño
de 1972 queda suprimido o "Centro de
Selección de Ganado Bovino de la Raza
Rubia Gallega de Fontefiz". Imperan os
movimentos caciquís e cométese a inxusti-
za de suprimir un dos únicos centros de
selección existentes en España, creándo-
se, ao mesmo tempo, outros sete que até
entón non tiñan recoñecida esa categoría.
Bastou que chegase á administración un
director xeral que caprichosamente supri-
miu algúns centros gandeiros de tradición
e influencia nas rexións onde estaban ubi-
cados.
O desánimo que nos causou aquela deci-
sión inxusta e absurda foi a razón princi-
pal para que non vise a luz, até estes tem-
pos, o magnífico traballo que nos brindou
don Ramón.
A continuación transcribimos a carta e o
artigo:
11~
CARTA:
Trasalba (Ourense),
Trinta de Decembro de 1970
Sr. D. Vicente Gómez
Fontefiz
Moi distinguido amigo: Un desexo
de moi feliz ano novo para Vde. e os
seus. Mándolle, non pouco tardia-
mente esas impresións. Córteas por
onde queira se son demasiado lon-
gas. E perdoe. Tiven moitos traballos
e preocupacións, e Vde. como home
novo, ignora as tremendas e incan-
sadas preguizas que ás veces se
abaten sobre os vellos.
Acabadas onte as miñas follas cando
chegou a cortés e afectuosa felicita-
ción de Vde. Moitas gracias, dese-
xando que lle quede o recordo dun
ditoso Nadal 1970.
Afectuosamente o saúda :
Ramón Otero Pedrayo.
Os pazos galegos mereceron sempre
a atención dos escritores e artistas.
Os románticos, dados á evocación
de historias procelosas, de ardentes e
fatais vidas, buscaban a augaforte
dun ramo de torres feudais sobre os
poñentes arroibados. Así, Vicetto,
fantaseando en torno aos castelos
case espectrais da Límia; Neira de
Mosquera, buscando unha emoción
medieval á sombra das derradeiras e
melancólicas ruínas da fortaleza dos
Altamira no horizonte de Santiago.
Con frecuencia o pazo foi castelo.
Podadas as torres, colmados os foxos
e voltos férteis hortas; franqueados á
luz con solainas e terrazas hospitala-
rias, o signo guerreiro e despótico
tórnase humano e afectuoso. En
xeral, o pazo nace no XVIII; no máis
coloquial e cortés XVIII, respondendo
a nobres ocios, ao enxerto do pala-
ciano e cabaleiresco na paisaxe, que
se busca harmoniosa de cultivos e
perspectivas. É o pazo en Galiza
–como a casona na montaña– flor e
ramo do barroco. O castelo gótico
descoñece o xardín e incluso o inti-
mismo. Sen as avenidas de camelias
e mirtos, a clara voz das fontes aga-
salladas por graciosas simbólicas flo-
rais e plásticas, non se podería con-
cebir o pazo que traza a solaina en
medidas como de verso en pedra, en
función dos lentos e matizados hori-
zontes e na cheminea escultórica do
salón que invita á conversación, gala
dunha sociedade cultivada, e á lectu-
ra apracíbel.
Pensamos no pazo de Fontefiz.
Habíalle gustar a dona Emilia Pardo
Bazán, a Rosalía e a Castelao. O
mesmo afectuoso respeito, sempre
actual vencedor do esquecimento, fai
aos galegos apresentar sen trata-
mento os dous últimos nomes. Dona
Emilia, ben aplicados os impertinen-
tes, había presenciar desde a solai-
na, como a ópera desde o seu palco,
os graves ritos da malla e da vendi-
ma e esculcar através de vellos ser-
ventes ou entre os infolios da biblio-
teca algunha historia de amor.
Imaxinamos a Rosalía encantada na
prisión de xasmíns e rosas, un
momento esquecida do cravo cruel
cravado no seu corazón. Só un ins-
tante. Coñece moi ben o andar dos
pobres polas vellas calzadas. Unha
mao feminina e cansada vai abrazar
o pesado chamador. Antes de que
vaia despertando o desdén e a cóle-
ra dos mastíns, Rosalía está no lintel.
Acolle á mendiga con sorrir irmao,
recibe en abrazos á nena dormida
lévaas ao máis recatado do pomar
para lles brindar as máis finas froitas
e poñer un fulgor de esperanza na
desfollada canción da miseria.
Castelao, despois de debuxar algún
motivo ondulante e gracioso do
salón, buscaría o tema dos brasóns e
indagaría o estilo dos xugos e do
carro, do forno e do cabaceiro,
inmerso o seu espírito no silencioso
simbolismo das creacións do povo
ARTIGO:
Fontefiz ao fondo do recordo
13~
labrego. E despois, desde a horta,
admirando a calada pirotecnia do
sol poñente na fachada solemne e
graciosa, acendidas en adeuses ás
súas vidreiras, seguiría na órbita dun
dos seus pensamentos favoritos: ¿por
que os señores do XVIII, cultivados,
lectores uns da enciclopedia, outros
dos finos oratorios do século, non
abriron as portas dos seus pazos á
xente do campo, facendo que os seus
xefes, os seus patriarcas, salvándoos
de dormir en gavelas de palla, des-
cubrindo baixo un feixe o obrigado
receo o tesouro da nobreza, a rica
fantasía, o profundo sentido da terra
e a esperanza no máis alá? Puideron
crear unha forte, digna e xerarquiza-
da sociedade democrática e relixio-
sa. Preferiron gastar nas douradas
antesalas borbónicas os froitos do
santo traballo dos humildes. E
Castelao, alto, un pouco eslombado
como polo vento dun destino, afásta-
se, inmortal sombra vesperal.
O pazo de Fontefiz, topónimo ilustre,
entrañábel, eco do antigo culto célti-
co das fontes, acende, irmás, dúas
fermosas lámpadas votivas da arqui-
tectura: a riqueza e a gracia.
Impresiona o volume sen demasiada
acentuación do orgullo. Máis ben o
autor e os seus obreiros pensaron no
aloumiño, no xogo, na deleitábel fra-
ternidade da luz. Posto o sol, xa,
incluso o invernal de breve carreira,
os pazos conservan un reflexo gris,
finísimo, paleta de Turner, fume de
follas outonais, ceos cubertos. A
comarca é caracteristicamente de
"bocarribeira", unha das moitas que
acompañan o fluir do Miño, sen ver
as súas augas. Non é a luz cupular
da montaña, nen a complicada en
mil reflexos da ribeira. Participa en
ambas como na tendida ondulación
dos agros, e nas searas combínanse
o loiro feo fragrante e a videira na
disciplina dos grandes e ben medi-
dos emparrados. O pazo vive o
suceder das estacións e a ronda das
horas e as súas memorias rexístranse
na leve decoración de finos liquens.
Grises como o pompón do millo,
dourados como a flor estival dos
vellos castañeiros. Ábrese Fontefiz,
xeneroso, á eira. Garda a adega así
como o arquivo e a libraría. Non nos
atrevemos a evocar xenealoxías nen
improvisar galerías de retratos. Fíxoo
co seu gálibo e mestría inigualadas o
noso vello amigo Sr. Ferro Couselo,
en páxinas escritas con intención
paralela a estas que tentamos conti-
nuar. O investigador ou curioso da
Galiza no inicio do XIX encóntrase
coa figura dun fidalgo deste pazo,
Don Ventura de Puga. Un "gentle-
man" entre os cabaleiros formados
en Oxford cando foi pedir armas
para as calosas e honradas maos
dos labregos galegos alzados, como
un só home, contra Napoleón. ¿Que
imaxes de Fontefiz acompañarían a
Don Pedro Ventura ao navegar na
fragata de guerra Yfigenia cara ao
Támesis?
Colexiais dos maiores, condecorados
militares, graves voluptuosos da súa
idade, damas de puras virtudes, fixe-
ron xemer nos seus paseos os pisos
de castiñeiro das grandes salas.
Algún dóese sempre de que os vellos
pazos "saian" das estirpes fundado-
ras. No caso que nos ocupa non se
enluta por pasaren ao Estado os ran-
cios brasóns. Ao contrario, actual-
mente aberto á campiña, sensíbel ás
variacións das colleitas, o pazo ilus-
tre cumpre hoxe a súa misión ideal. É
espello, exemplo, aula chea de afec-
to. Govérnao, como á súa auréola de
terras, a ciencia e técnica modernísi-
mas unidas ao respeito e á obedien-
cia ás milenarias prácticas nos domi-
nios de Ceres, de Baco, de Pomona.
E non menos a dedicación pastoral;
Virxilio había harmonizar musicais
exámetros na paisaxe xeórxica; o
pazo é como a conciencia da reali-
dade e mestre de capela da sinfonía
da paisaxe.
E con un afectuoso saúdo aos seus
actuais rectores e técnicos e aos seus
vitais e salvadores programas, con-
cluímos co clásico eloxio ao pazo e
institución de Fontefiz, alzado entre
os seus compañeiros como "inter
viburna compressi".
Ramón Otero Pedrayo.
top related