proxecto lavadores 2014 15
Post on 26-Jul-2015
51 Views
Preview:
TRANSCRIPT
Lavadores: Pasado e presente da nosa
parroquia.
Proxecto didactico do CEIP o Pombal de Vigo. curso 2014/15
Lavadores: “Pasado e presente da nosa parroquia” Curso 2014/15. CEIP O Pombal
2
ÍNDICE
1. Limiar …………………………………………………………………..….Pax.3
2. Xustificación do proxecto…………………………….…………………Pax 3
3. Situación sociolingüística da zona………………….……………….. Pax 4
4. Obxectivos……………………………………………….……………... Pax. 5
5. Contidos …………………………………………………..…………… Pax. 6
6. Metodoloxía e temporalización ……………………..……..…………. Pax.7
7. Actividades propostas a realizar……………………………………….. Pax.9
Coas familias……………………….……………………………...Pax.9
Co alumnado ……………………….……………………………. Pax.9
8. Colectivo implicado …………………………..………………………. Pax. 10
9. Orzamento……………………………………………………………….. Pax.11
10. Utilización dos recursos existentes e colaboracións con institucións do
contorno ……………………………………………………………...…. Pax.11
11. Bibliografía………………………………………………………………..Pax. 12
Lavadores: “Pasado e presente da nosa parroquia” Curso 2014/15. CEIP O Pombal
3
1. LIMIAR
O CEIP “O Pombal” é un centro educativo situado no barrio do Calvario en Vigo-
Lavadores, contando cunha ratio de 330 alumnos-as.
O Calvario é un barrio obreiro, que quedou absorbido polo crecemento da cidade
de Vigo pero ata fai pouco era unha zona rural como seguen sendo noutras
parroquias de Lavadores.
Lavadores ,como indica o topónimo
era un lugar pródigo en lavadoiros ,
ademais de fontes e muíños;é dicir,
que tiña moita auga.
Foi concello de seu durante 104 anos,
dende a desaparición administrativa
do Reino de Galicia ata o ano 1941,
cando Vigo o anexionou trala guerra
civil.
Daquela, a actividade sindical dos
obreiros e mariñeiros de Lavadores fixo que a parroquia collese o nome de “Rusia
pequena”
Anteriormente, Lavadores convertérase nun dos núcleos do agrarismo,redactándose
no 1912 o “Manifesto de Agosto”, encabezado polo frade Basilio Álvarez.
2. XUSTIFICACIÓN DO PROXECTO
Observamos que a meirande parte do alumnado non coñece o seu barrio; os seus
costumes, tradicións,a súa historia,…o que sí coñecen son os centros comerciais
onde pasan a meirande parte do fin de semana .
Con este proxecto pretendemos que:
O alumnado coñeza a historia do” Concello de Lavadores”, do barrio onde vive
e se sintan partícipes del, porque coñecendo a súa historia aprenderán a
valoralo.
Lavadores: “Pasado e presente da nosa parroquia” Curso 2014/15. CEIP O Pombal
4
Fomentar o galego oral: utilizando a lingua galega como eixo da comunicación
entre toda a comunidade educativa, coa creación de novos ámbitos de uso que
favorezan a utilización da lingua dentro e fóra das aulas.
Fomentar o galego escrito: Con xornais, fondos bibliográficos,búsqueda de
información en páxinas web,…
Como no noso centro conviven alumn@s de varios países, e tendo en conta que
nós tamén fomos un pobo emigrante,queremos que o alumnado respecte e valore
a importancia do noso patrimonio e doutras culturas.
3. SITUACIÓN SOCIOLINGÜÍSTICA DA ZONA
Tendo en conta a última enquisa feita ás familias sobre o uso da lingua galega;
constatamos que o colexio está nun entorno castelán falante cun 90% de
familias que se decantan polo castelán como lingua familiar na vida diaria. A
situación variou no centro e na zona, co aumento paulatino da poboación
emigrante e en consecuencia do alumnado de procedencia estranxeira.
Moitas familias do noso alumnado son de parroquias rurais de Pontevedra e
Ourense que levan anos vivindo en Vigo. Outras familias, en casos moi puntuais,
son galego falantes por concienciación e manifestan utilizar a lingua galega para
comunicarse en tódolos ámbitos.
O proceso desgaleguizado é moi forte na zona e non está a remitir. En
xeral, partimos de avós galego falantes a pais galego oíntes e fillos (o noso
alumnado), que basicamente manifestaban nas últimas enquisas realizadas ,
escoitar falar en galego só na televisión e no colexio. Tamén manifestaban
preferir a lectura de libros en castelán.
En cuestións de actitude cara á lingua galega por parte dos pais/nais ,parécenos,
que cada vez hai máis prexuízos á hora de preferir lingua galega como vehículo
de ensino.
Lavadores: “Pasado e presente da nosa parroquia” Curso 2014/15. CEIP O Pombal
5
4. OBXECTIVOS
Cara ó profesorado
Elaboración dunha unidade didáctica para que o alumnado coñeza as orixes
históricas do concello de Lavadores e os seus elementos etnográficos máis
salientables.
Estimular no alumnado o interese por coñecer e descubrir o seu entorno máis
preto a través dunha aprendizaxe de investigación.
Concienciar ó alumnado da importancia de coñecer as súas orixes e a súa
historia.
Iniciar ó alumnado na aprendizaxe por descubrimento na toponimia de
Lavadores e zonas e que gardan relación coa auga.
Cara ó alumnado
Descubrir os lavadoiros e as fontes como parte da nosa cultura a extinguir.
Lendas entorno á auga: As Mouras,…
Visualizar o pasado e os elementos etnográficos de Lavadores utilizando as
redes sociais:Blogues,twitter,pax web,..
Fomentar no alumnado unha concienciación histórica.
Establecer canles para que o alumnado forme unha actitude crítica ante a
importancia dos personaxes da historia da súa cidade.
Lavadores: “Pasado e presente da nosa parroquia” Curso 2014/15. CEIP O Pombal
6
5. CONTIDOS
1º.-Historia do Concello de Lavadores:
a) Concello independente de Vigo.
b) Os seus recursos naturais e a súa evolución.
c) Elementos etnográficos:
Os lavadoiros: utilidade,uso e estado no que se atopan na actualidade.
As fontes: tipo de auga( Potable,non potable).Localización e uso. (Visitar os
máis cercanos ó centro).
Lendas arredor das fontes e lavadoiros: As mouras.
2º.- Toponimia da zona de Lavadores:
a) Lugares e rúas que fan referencia á auga ou o seu campo semántico.
b) Persoeiros relevantes da zona.Realizar un traballo de investigación sobre a súa
importancia,quen eran e que pegadas deixaron.
c) Rúas con nomes de: Alcaldes,indianos, políticos, escultores,… do concello de
Lavadores
3º.- Localización de pazos e construcións de interese na zona.
Lavadores: “Pasado e presente da nosa parroquia” Curso 2014/15. CEIP O Pombal
7
6. METODOLOXÍA E TEMPORALIZACIÓN
Este proxecto realizarase cun eixo transversal ó longo dos 3 trimestres e será
supervisado polo Equipo de Dinamización Lingüística do centro.
Primeiro trimestre
Partiremos dunha enquisa para saber o grado de coñecemento que teñen sobre o
seu barrio e os resultados,servirán de punto de partida. Despois de analizar as
enquisas desenvolveremos o noso proxecto.
Queremos levar a cabo unha aprendizaxe significativa baseada na investigación e
na interacción do alumnado co medio e utilizando tódolos recursos: humanos,redes
sociais,consulta de fondos bibliotecarios.
A metodoloxía para realizar o proxecto estará conformada polas seguintes técnicas:
Cuestionario pechado :confeccionarase un cuestionario para a Comunidade
Educativa no que se recollerá información sobre o coñecemento da zona .
LAVADORES:
De Concello independente a
parroquía de Vigo
Historia e orixe.
Personaxes de interese.
Toponimia e microtoponimia
relacionada coa auga
Elementos arquitectónicos:Os
lavadoiros,as fontes.Lendas
Lavadores: “Pasado e presente da nosa parroquia” Curso 2014/15. CEIP O Pombal
8
Investigación documental: Conformarase unha recompilación de libros ,
información de Internet , artigos de revistas que aportarán información e datos para
o estudo previo á elaboración dos materiais.
2º trimestre:
Entrevistas semiestructuradas : co fin de achegarnos máis á realidade cotiá da
zona de Lavadores , seleccionarase unha mostra de persoas que, pola súa andaina
persoal ,pola súa idade , polos seus coñecementos …, poidan aportar información
útil para o estudo. Para organizar a recollida de información a través deste método,
elaboraremos un pequeno guión de entrevista adaptado ós obxectivos marcados .
Traballo de campo:realizaranse,visitas ós lugares a investigar: O río Lagares que
pasa pola zona, onde nace,e se no transcurso aínda existen muíños, lavadoiros e
fontes.Os lavadoiros máis próximos: recompilando información sobre o seu uso e
o tipo de auga relacionarase coas lendas sobre as mouras e as súas cantigas.
3º trimestre
Neste trimestre traballaremos máis como está na actualidade o noso barrio; o nome
das rúas onde viven e as súas orixes. Realizaremos uns pequenos rueiros para
poder guiarse polo barrio e visitar elementos de interese como: O Pazo de Rivera
Atienza, a Igrexa de Sta Cristina,O monumento “A fiestra a Libertade…”
Lavadores: “Pasado e presente da nosa parroquia” Curso 2014/15. CEIP O Pombal
9
7. ACTIVIDADES PROPOSTAS A REALIZAR:
COAS FAMILIAS
Informar ás familias ó inicio do curso do proxecto e pedir a súa colaboración
na contestación da enquisa.Tamén solicitaremos a súa participación ó longo
do curso (aproveitando que todos contan cun móbil) para que aporten fotos
dos lavadoiros,as fontes ou elementos curiosos da zona onde viven e as
envíen por correo electrónico á dirección do centro.
Colaboración con aqueles familiares que son de Lavadores e poidan relatar
algunha historia da evolución da zona.
Reunión coa ANPA para explicarlles o proxecto en profundidade e facelos
partícipes do mesmo.
Difusión de todo o que se vaia facendo na páxina web do centro,nos blogs,..
CO ALUMNADO
No colexio:
Traballo de investigación utilizando os libros da biblioteca escolar para
procura de información.
Na aula de informática utilizaremos os recursos tecnolóxicos cos que
contamos para navegar pola rede e buscar información utilizando blogs
google maps,…
Crearemos un blog dentro da páxina web do colexio onde iremos subindo a
información coa colaboración do alumnado de 4º,5º e 6º.
No barrio: “visita ó barrio con outra ollada”.
Realizaremos varias saídas e dependendo da idade dos alumnos o
percorrido será de maior ou menor distancia .
Lavadores: “Pasado e presente da nosa parroquia” Curso 2014/15. CEIP O Pombal
10
Para as visitas proporcionaráselles un esquema utilizando pistas coma “ no
código Da Vinci”(na procura da igrexa románica,agora continúa pola rúa que
leva nome de alcalde, pasa polo edificio que foi sede de,...)
Tamén levarán rueiros nas andainas próximas ó colexio de xeito que
aprendan a guiarse utilizando este medio. Sempre que se poida,serán os
propios alumnos os encargados da reportaxe fotográfica.
Recoller información en asociacións veciñais,culturais, xente da rúa,
concello,…
8.- COLECTIVO IMPLICADO
Este proxecto pretende facer partícipe á maior parte da comunidade educativa.
- As familias:
A través da participación da ANPA.
Con tódalas familias que cumprimentarán as enquisas sobre o grao de
coñecemento do barrio, aportación de fotos,información,…
- O alumnado:
O proxecto está pensado para desenvolver co alumnado de 2º e 3º ciclo,se ven
tamén poden participar os alumnos máis pequenos nas actividades da visita ás
zonas máis próximos ó colexio,nome da súa rúa,…
Lavadores: “Pasado e presente da nosa parroquia” Curso 2014/15. CEIP O Pombal
11
9. ORZAMENTO
O centro é de doble línea e temos unha media de 320 alumnos por curso.O
alumnado a quen vai dirixido este proxecto (3º,4º,5ºe 6º de primaria) son cerca de…
Como no centro contamos soamente cun ordenador por aula e moi vello,
contabamos utilizar a dotación para mercar:
- 10 Tablets para realizar traballos de investigación nas aulas e tamén poder
levalos as saídas para facer fotos, gravacións nas entrevistas,…
- 1 encerado dixital para unha aula do 2º ciclo. (na actualidade soamente
temos 1 encerado na aula de 3º ciclo)
- Contratación dos autobuses que precisamos para as saídas.
10. UTILIZACIÓN DOS RECURSOS EXISTENTES E COLABORACIÓNS CON
INSTITUCIÓNS DO CONTORNO.
Os recursos que imos utilizar pódense agrupar en dous apartados:
a) Materiais:
Consultar bibliografía
Utilización de Internet,ordenadores,tablets,… Utilizar os localizadores
xeográficos Google Earth, Google Maps ,(conta cunha interfaz en galego)
Para traballar a toponimia utilizaremos: Entre os recursos editados polo
concello de Vigo para educación primaria:” Os Bolechas queren saber… a
orixe dos nomes dos lugares “. Quebracabezas das parroquias e da historia
de Vigo.Viaxe ás covas do Folón. (http://www.viaxeascovasdofolon.com/)
“Meu” (en formato CD) inclúe as unidades didácticas: “Vigo espazo
xeográfico”, “O galego de Vigo”, “De onte a hoxe”, “A conservación da
toponimia” .
Utilización de rueiros
Distintos soportes e materiais para creacións artísticas.
Utilización de cámara e vídeo dix
Lavadores: “Pasado e presente da nosa parroquia” Curso 2014/15. CEIP O Pombal
12
b) Humanos:
A asociación “ O fiadeiro.” AAVV de Lavadores,asociacións de veciños de
Pardavila, do Calvario ( que xa iniciaron unha procura de información e
recompilación fotográfica e que está visible na súa páx web)
Biblioteca de cercanía “ Xosé Neira Vilas”,Pazo de Rivera Atienza,…
Consellería do Medio Ambiente e equipo de Normalización Lingüística do
Concello de Vigo .
Comunidade educativa do CEIP O Pombal.
Tenda de música galega que temos no barrio:”inquedanzas sonoras” que nos
poden axudar a descubrir músicos da zona e cancións que fan referencias as
lendas das mouras.
Información das familias.
11.- BIBLIOGRAFÍA
“Os campesiños de Lavadores”.Isidro Román Lago. Ed.A Nosa Terra.
Toponimia do Val de Fragoso.Lavadores. Iván Sestay Martínez .Área de
Normalización Lingüística do concello de Vigo.
O antigo Concello de Lavadores,unha aproximación histórica.Xesús Giráldez
Rivero
Os Alcaldes e os Concellos de Vigo. Lalo Vázquez Xil . Edicións Cardeñoso.
top related