proxecto horta barrantiÑa
Post on 20-Feb-2016
236 Views
Preview:
DESCRIPTION
TRANSCRIPT
Proxecto de Educación Ambiental
O Horto Escolar
Ecolóxico
C.E.I.P Barrantes Curso 2011-2012
Índice
1. Título do proxecto e ámbito de aplicación.
2. Xustificación do proxecto.
3. Obxectivos .
4. Metodoloxía e organización do traballo.
5. As actividades no horto ecolóxico escolar.
6. Criterios para valorar os resultados ou proceso de avaliación previsto.
1 Título do proxecto
O horto ecolóxico escolar ecolóxico : Regueiros de Educación Ambiental.
Ámbito de aplicación: No CEIP de Barrantes ( Tomiño) poñeremos en marcha este
curso escolar 2011-2012 o proxecto do horto escolar. Iniciaranse na súa posta en
marcha o ciclo de E.Infantil ( 3anos-13 nenos/as // 4 anos-12 nenos/as // 5 anos- 8
nenos/as) e continuarase coa E.Primaria onde o 3º ciclo ( 5º e 6º) serán os
verdadeiros protagonistas.
2 Xustificación
Actualmente vivimos nunha sociedade industrial desenvolvida que evoluciona cara
a unha sociedade de servizos. Tan só un 15 % da poboación activa vive do sector
primario (agricultura e gandaría).
A maior parte da poboación vive nas cidades e o litoral, podendo dicir que esta
sociedade é ademais predominantemente urbana.
Este desenvolvemento levou á desaparición das hortas que ata hai uns anos
localizábanse na periferia das cidades, ao descoñecemento dos procesos de
produción por parte dos consumidores, a valorar un produto agrícola non como un
alimento, senón máis ben polo seu prezo, tamaño cor, etc, en definitiva á
desaparición dunha cultura agrícola.
Doutra banda, a introdución de criterios económicos no campo contribuíu a
transformar unha agricultura tradicional nunha agricultura intensiva, o cal nos levou
ao abuso na utilización de fertilizantes, fitosanitarios de síntese química, ao abuso
de auga para rega e aos plásticos para o cultivo en invernadoiros entre outros.
Esta visión da dedicación ao campo como un oficio marxinal e a falta de mellores
perspectivas fai do agricultor tradicional un oficio en perigo de extinción.
A agricultura ecolóxica consiste na integración dos coñecementos da agricultura
tradicional coas modernas investigacións biolóxicas e tecnolóxicas.
Este é o modelo que temos que empregar, non só por cuestións de saúde ou
respecto ao medio, senón que por riba de todo habemos de falar de cultura, esa
cultura que se está perdendo a custa dun progreso mal entendido e orientarse cara
ao camiño do progreso sostible.
Temos que decatarnos de que necesitamos espertar en cada ser humano un
respecto profundo cara ao seu ámbito que o faga capaz de conservalo e de
compartilo cos demais dunha forma solidaria.
Non hai dúbida de que nós como educadores habemos de formar aos futuros
cidadáns non só no estudo teórico da natureza, senón tamén lles habemos de
ensinar a vivir con ela.
Así pois, todas as referencias que faremos de aquí en diante ao horto escolar
ecolóxico as habemos de relacionar cun intento de educar ambientalmente.
Para que un horto escolar?
A finalidade deste horto escolar ecolóxico é que sexa o punto de saída dunha
educación ambiental na escola, entendendo como educación ambiental o proceso
interdisciplinar que debe preparar para comprender as interrelacións dos seres
humanos entre si e coa natureza, enmarcándoo todo dentro dun proxecto
educativo global.
Este proceso debe propiciar a adquisición de actitudes e a responsabilidade
persoal e solidaria orientada cara a unha mellor calidade de vida.
Temos o compromiso dende a nosa escola na educación ambiental como algo
máis profundo que realizar saídas esporádicas por algún tema ecolóxico nos que
por suposto tamén participamos e que nos poñen en contacto co noso entorno
desenvolvendo actitudes de repecto cara el.
Por que un horto ecolóxico?
1.-Pois porque para ser consecuentes con este intento de educar ambientalmente,
habemos de ser o máis respectuosos posible co medio. Hoxe en día, aínda non
estando de todo desenvolvida ao cen por cen, a agricultura ecolóxica é o único tipo
de agricultura que respecta o medio.
2.-Para que sexa coherente dentro dun proxecto de educación ambiental, o intento
de levar adiante un anaco de terra baixo os principios de agricultura ecolóxica,
tamén representa, por unha parte propoñer a utilización dun horto para
experimentar e ensinar os ciclos biolóxicos máis importantes como poden ser os
das plantas, materia, enerxía... coas técnicas de cultivo ecolóxico.
3.-Por outra parte representa a introdución dun novo recurso pedagóxico para o
noso colexio de Barrantes, xa que coa construción dun horto escolar,
propoñeranse máis experiencias prácticas para afondar nos contidos teóricos de
diversas materias.
4.-Existen outras razóns que tamén xustifican a obrigatoriedade de encarar un
enfoque ecolóxico como a improcedencia de utilizar produtos químicos dentro dun
recinto escolar.
Características do noso horto ecolóxico
As bases teóricas que utilizan os agricultores de agricultura ecolóxica e que son as
que empregaremos para levar adiante o horto escolar ecolóxico.
Manteremos a saúde do horto escolar utilizando métodos de control naturais
consistente en entender que as pragas e enfermidades só o son cando a planta
que as ten, non pode seguir adiante co seu desenvolvemento debido á
superpoboación do causante desta praga.
Isto lévanos a pensar que o obxectivo non é tanto combater a praga senón facer
forte e sana á planta para que resista sen problemas.
Para conseguir este obxectivo hai que respectar catro principios básicos:
1.- Facer rotación de cultivos.
Deste xeito aprovéitanse todos os nutrientes do chan e limítase o
desenvolvemento das pragas.
Deseñeremos as rotacións dividindo en catro espazos o horto e agrupando en tres
grupos as especies de hortalizas elixidas segundo sexan aproveitadas as súas
follas (1), as raíces ou bulbos (2), ou as súas flores ou frutos(3), o cuarto espazo
dedícase a descanso, viveiros, compost.
A rotación faise cultivando na parcela de hortalizas o grupo 1, ao ano seguinte o
grupo 2, ao outro o grupo 3 ata volver comezar.
2.- Asociacións favorables e desfavorables. As plantas presentan unha influencia
mutua que se transforma nun
maior desenvolvemento se teñen como veciñas a plantas determinadas, por
razóns de emisións de aromas, afastamento de pragas, etc...
As aromáticas, por exemplo, xogan un papel importante, así como as leguminosas.
3.- Métodos biolóxicos de control de pragas.
Nun horto escolar non debemos recorrer nunca á utilización de produtos
insecticidas non só por razóns ambientais, senón tamén porque o manexo destes
produtos polos alumnos pode resultar nun feito bastante perigoso.
Por iso fai falta ter alternativas. Ás veces inspeccionando os cultivos con
frecuencia, intentado descubrir os ataques para tomar medidas rápidas antes de
que se propague a enfermidade, é suficiente. Noutras ocasións o método máis
biolóxico consiste en retirar o insecto ou destruír as primeiras xeracións. Outro
xeito é alterar os factores ambientais que favoreceron a aparición da praga.
Por último decir que o tratamento a base de pulverizacións a base de extractos de
plantas ( como por ejemplo as estrugas-ortigas) está máis que indicado.
4.- Fertilización.
Tanto a fertilidade coma a actividade biolóxica da terra, deberán ser mantidas a
base da incorporación de aboamentos orgánicos de orixe animal, aboamentos
verdes procedentes do cultivo de leguminosas e do denominado "compost",
produto resultante da descomposición da materia orgánica procedente de males
herbas, follas, ramas, restos de comida...
3. Obxectivos que se pretenden
Obxectivos xerais
1. Axudar a que aos nenos e nenas adquiran unha sensibilidade para as cuestións
ambientais.
2. Promover o coñecemento do medio, os seus elementos, as interrelacións que
nel se dan e tamén os seus problemas.
3. Fomentar a adquisición dunha serie de valores, que nos motiven a sentir
interese e preocupación polo medio.
4. Capacitar os alumnos para que poidan intervir na busca de solución aos
problemas ambientais detectados.
5. Fomentar a participación activa no desenvolvemento do proxecto.
Obxectivos Específicos
1.Promover a Educación Ambiental na Escola.
2. Conseguir unha mellor relación entre co entorno a partir dun cambio de actitudes
e valores nos alumnos.
3. Iniciarse nas tarefas agrícolas de traballo na horta.
4. Coñecer as técnicas de cultivo da agricultura ecolóxica.
5. Establecer e valorar as relacións entre o medio natural e as actividades
humanas.
Por último propoño 6 Obxectivos Educativos ou Didácticos propios do traballo
práctico de campo a realizar no horto.
Obxectivos didácticos
a. Contacto directo e manipulación de elementos como a terra, a auga,
aboamentos, sementes... proporcionando unha experiencia enriquecedora.
b. Comprender dalgúns dos ciclos biolóxicos máis importantes, o ciclo das plantas,
o da materia e a enerxía, as estacións...
c. Realizar traballos prácticos encamiñados a dar un coñecemento do
funcionamento dun horto e as necesidades e coidado de cada unha das plantas e
cultivos.
d. Coñecer e utilizar as ferramentas e útiles propios para o traballo na horta.
e. Diferenciar entre as técnicas de agricultura intensiva e de agricultura tradicional
( biolóxica ).
f. Elaborar materiais curriculares e proxectos arredor do horto escolar.
4. Metodoloxía e organización do traballo
Qué queremos facer?
Presentar o horto como un proxecto ambiental. Con esta proposta non só
engádese un recurso á escola senón un elemento dinamizador que irá xerando
propostas de traballo que van máis alá do tratamento curricular como por exemplo,
a toma de conciencia na contaminación do solo e as augas, a posible reutilización
dos recursos, a reciclaxe tanto na aula como na horta, xa que por ejemplo os
restos orgánicos da aula se recollerían para facer o compost, experimentar sobre o
degradado e descomposición de distintos elementos no chan ( plástico, comida,
papel) durante un periodo de tempo, etc...
De tódolos xeitos este é un obxectivo ambicioso que resultará co tempo; para
empezar dámonos por satisfeitos coa posta en marcha do espazo, coas primeiras
planificacións e por suposto coa implantación dunha dinámica de aulas
encamiñadas a utilización efectiva deste recurso. Pouquiño a pouco, pero seguros.
Así pois, a formulación do noso horto ecolóxico é que se converta nunha actividade
puntual continuada onde o primeiro ano estará dedicada á construción e posta en
funcionamento do horto, dando a coñecer as técnicas básicas de cultivo ecolóxico
e aproveitamento didáctico do horto con experiencias de campo.
Esperamos que ao final do primeiro todo esté en marcha para ir avanzando en
proxectos moito máis ambiciosos.
Características do noso horto ecolóxico escolar
Para conseguir os obxectivos e poder realizar as actividades previstas así como o
modelo de actividade puntual continuada e a intención dos principios de agricultura
ecolóxica, o noso horto quedaría do seguinte xeito:
Partimos de que o horto terá:
* Dimensións reducidas. * Zona soleada. * Acceso a auga sen problemas. *
Imposibilidade de mantemento en verán. * Primeiro ano de experiencia coa
formulación de continuidade a longo prazo. * Necesidade de achegar terra fértil
que se fará por parte da ANPA * Necesidade dun cercado( se elaborará con
botellas de cocacola cheas de auga e enterradas boca abaixo para que manteñan
a temperatura da terra chegado o frío do inverno) do que se encargará unha nai e
o apoio das aulas.
Criterios para a elección de cultivos
* Hortalizas coñecidas e próximas aos alumnos. * Cultivos sinxelos ( primeiro ano ).
* Ciclos adaptables ao calendario escolar. * Posibilidades de sementeiras
graduadas para ter á vez a mesma especie en diferentes estados do
desenvolvemento vegetativo ( por ejemplo a leituga).
* Posibilidade de cultivo en eras ou táboas. * Soportar rego con mangueira ou
regadeira. * Que sexan aproveitables (follas , raíces, bulbos, e froitos) *
Posibilidades de talleres sinxelos. * Importancia da relación entre especies, dende
o punto de vista biolóxico para a prevención e control de pragas. Traballo coas
plantas aromáticas.
Especies seleccionadas
Patacas, cebolas, leitugas, berenxenas, cenorias, remolacha, tomates, acelgas,
pementos, amorodos, feixóns verdes, cabaciñas, xirasol, aromáticas (romeiro,
salvia, menta, lavanda, …)
Metodoloxía
As actividades do horto favorecen o desenvolvemento dunha metodoloxía activa
que está baseada en dous principios didácticos fundamentais: a aprendizaxe
construtiva e a aprendizaxe significativa. Deste xeito os alumnos estarán
capacitados para comprender as relacións co medio ao cal pertencen e dar
respostas de forma activa, participativa e reflexiva aos problemas do seu ámbito
máis próximo.
A aprendizaxe construtiva que se basea en ter en conta que cando o alumno
aprende un contido non o fai a partir da nada, senón a partir dunhas ideas e
representacións previas. Polo tanto isto deberemos telo en conta para establecer
relacións entre o que xa sabe e o que se aprende. Deste xeito, o alumno constrúe
o seu coñecemento dende a realidade propia da cal parte, o ámbito rural, nivel de
desenvolvemento conceptual e as emocións e experiencias que extrae do mundo
que o envolve.
Por outro lado, a aprendizaxe significativa entende que a actividade educativa non
consiste en transmitir coñecemento illados, senón en procesar e ordenar dúbidas e
problemas reais que partan do interese do alumnado, que fará que o desexo de
aprendizaxe sexa realmente significativo para eles, pois este desexo nace da
curiosidade de coñecer todo aquilo que o rodea.
Posteriormente coa actividade práctica e manipulativa xa ten sentido contextualizar
aquilo que se aprende, tendo en conta que na E.Infantil a organización dos
contidos e actividades do programa para a horta deberían facerse de xeito
globalizado, posto que os nenos/ás perciben a realidade de forma global, dada
unha característica fundamental que é o seu pensamento sincrético.
Organización do traballo
O horto escolar debe entenderse como un recurso máis do que dispoñemos.
Neste sentido, a preparación das actividades a realizar nel terá que ser igual co
que facemos na aula, cunha programación en canto ao que traballaremos e unha
temporalización entendida a largo, corto e medio prazo co establecemento de
turnos tanto para a práctica de actividades como para o seu coidado e
mentenemento.
Antes de poñernos a cavar teremos que seleccionar: * Os contidos a traballar. *
Organizalos temporalmente. * Que materiais curriculares imos elaborar ( rexistro
de tódalas actividades).* Deseñar un instrumento de avaliación.
Temos que ter en conta que un horto escolar ten unhas características especiais:
* Os traballos veñen impostos por un calendario de sementeira, transplantes,
regos, etc...
* Cada actividade ten unha repercusión no horto irreversible, moi poucas veces
poderemos borralas ou facer algo de novo.
* Con frecuencia encontrarémonos con imprevistos (chuvia, vento, frío...) que nos
obrigarán a cambiar as actividades previstas.
Xa que este horto vai dirixido aos nenos e nenas de infantil, e aos outros ciclos de
primaria temos que ter en conta que as idades e capacidades, así como o número
de alumnos por grupo, non son os mesmos, e polo tanto a organización faise máis
complexa e particular en cada caso. Será entonces que de forma coordinada
establecemos as pautas de actuación para non interferir e non obstaculizar o
desenvolvemento do proxecto.
Esta coordinación será a que teña a responsabilidade máxima á hora de ter unha
visión de conxunto para determinar as faenas obrigatorias, os recursos dispoñibles,
recoller información útil para os compañeiras do ciclo e lles axude a adecuar os
contidos, propoñendo as tarefas semanais, mensuais, a distribución dos
espazos...
Esta coordinación virá asignada pola dirección do centro. Podía propoñerse
inicialmente tres horas semanais, a revisar posteriormente segundo a
temporalización o tempo metereolóxico elixida polas mestras titoras e que se indica
como segue:
A temporalización coa cal se quere utilizar o recurso do horto escolar poderá ser
voluntaria, de maneira que cada titora ( somos 9 en total) segundo o grao de
necesidades ou intereses do seu grupo pode elixir un réxime de visitas ao horto
quincenal, cada vinte e un días, ou cada mes.
Queda aberta a participación a outras mestras, especialistas, coordinación de
normalización e dinamización da lingua,… ou persoas do centro que poidan
colaborar ou aproveitar este recurso. Por suposto a colaboración coas familias será
esencial no desenvolvemento deste proxecto, así como profesionais do campo ou
membros da asociacións para o desenvolvemento da agricultura ecolóxica cos que
nos poidamos poñer en contacto.
5. As actividades no horto escolar ecolóxico.
Para a consecución dos obxectivos fan falta unha serie de actividades que
permitan a experimentación, que dará paso a unhas vivencias persoais que nos
permitar ir avanzando na adquisición das competencias básicas.
Dende o primeiro momento os neos e nenas deben sentir o horto escolar como
seu, desde que se empezar a formar ata o seu desenvolvemento, para que
interiorizen que é importante que eles/as entén aí no seu coidado, nas tarfeas, que
estén implicados/as en definitiva dende o seu nacemento, senón podería aparecer
un día xa montado, pero entonces non o sentirían como propio.
Por iso paga a pena desenvolver unhas actividades que motiven previamente,
coas cales conseguiremos que lles apeteza iniciar un horto en común no que todos
participen. As actividades de motivación darán paso ás actividades propias do
horto.
Actividades específicas do horto escolar
Neste apartado faise un guión orientativo das tarefas agrícolas a desenvolver no
horto, en función da época do ano e do estado de cultivos, así como de
observacións e reflexións arredor dos contidos que o horto escolar nos facilita.
Tarefas agrícolas
Preparación do terreo: volteo, cava, alisamento, delimitación de táboas, sucos. *
Incorporación de aboamentos, fabricación de compost. * Sementeira de sementes
nos viveiros, táboas, * Transplante de plántulas arraigadas en viveiro. * Rego:
inundación, por sucos, goteo * Mantemento: sacar malas herbas, sachado,…
titoración. * Tratamento ecolóxico de pragas. * Recolección.
Reflexións de campo
* As sementes, tipos, diferenzas entre elas. * A xerminación. Condicións
favorables. * As plantas aliméntanse e respiran. * Os ciclos dos cultivos
* As condicións físico-químicas da terra. * A importancia dos aboamentos naturais.
* Diferentes técnicas de sementeira, rego e mantemento. * As estacións do ano e
os cultivos en cada unha delas. * A auga na vida das plantas. * Estudo do clima
local. * Calendario de sementes lunar. * Propiedades das plantas medicinais. * As
achegadas a preguntas dos nenos.
Actividades posibles
Vexamos en dous cadros unha boa mostra de posibles actividades que teñen
como referencia o horto:
Coñecemento de si mesmo e autonomía persoal: Entre outras:* Recoñecemento
das percepcións sensoriais propioceptivas -que proveñen dos propios músculos e
articulacións- e as percepcións extereoceptivas –relacionadas cos campos visuais,
auditivos, olfactivos, táctiles, gustativos...- * Recoñecemento dos sentidos como
medio de expresión, percepción e comprensión do mundo que o rodea, e como
medio favorecedor do desenvolvemento cognitivo * Adaptación do ton e da postura
ás características do obxecto, da outra persoa, da súa acción e da situación *
Coordinación progresiva das súas habilidades psicomotrices finas e grosas.
Regulación do propio comportamento, satisfacción pola realización de tarefas e
conciencia da propia competencia * Hábitos elementais de organización,
constancia, atención, iniciativa e esforzo * Valoración da axuda doutras persoas *
Colaboración no mantemento de ambientes limpios e ordenados * * Emprego
responsable e axeitado de instrumentos, ferramentas e instalacións para previr
accidentes e evitar situacións de risco.
Linguaxes: Comunicación e representación Entre outras: * Adiviñas, refráns, e os
cantigas populares, poesías, contos, * Contos, *Vocabulario do horto.
*Construción de textos, de receitas,… Registro de nome de hortalizas . Proxecto
do horto. Confección de etiquetas con nome e debuxo Arte: elexir cuadros de
diferentes artistas e pintores que pinten con productos da horta. Plástica *Collage
con follas, sementes, flores, pedras... murais,* *Utilización de elementos naturais
en traballos: cabazas, patacas... Experimentación e descubrimento de formas, cor,
textura, espazo e volumen, *Dibuxar e fotografar o horto para ver como se
transforma. Lóxica-Matemáticas *Realizar medicións, peso, dimensións, conceptos
lóxicos espaciais, temporais,… *Medida do crecemento das plantas e partes.
Coñecemento do Contorno . Entre outras: Observar a influencia do sol nas plantas
. *Descripción da relación entre os seres vivos, a luz, a auga e a temperatura.
*Comparación e elaboración de conclusións entre cultivos de plantas en condicións
favorables e outras que non. * Investigar as plantas e animais autóctonos máis
importantes da comunidade e relacionalos con algúns factores do medio físico.
*Establecer as relacións entre os diferentes tipos de vexetación e o lugar ao que
pertencen. *Análisis da actividade agraria predominante no entorno e como se
manifesta na paisaxe. *Utilización responsable do ámbito e percepción da
influencia da intervención humana na paisaxe. *Valoración da importancia da
conservación do medio. *Identificación dos diferentes fenómenos atmosféricos
(chuvia, frío, calor, vento...) e as súas consecuencias. *Reconocimiento das
consecuencias imprevisibles que a modificación de calquera elemento (auga, aire,
terra) do medio natural poden ocasionar. *Descripción da relación existente entre
os elementos fundamentais do medio físico (auga, aire, terra) e a vida das persoas.
* Identificar as repercusións sobre a saúde dalgúns hábitos de alimentación e
hixiene. * Observacións do clima, precipitacións, temperatura. *Ficha de cultivos:
Exemplo. * Ficha de sementes. * Descrición de paros * Estudo das raíces * Estudo
dos talos * Estudo das follas: Exemplo * Observación de diferentes animais do
horto, formigas, vermes, pulgóns... * Observación da xerminación das sementes.
Factores que favorecen. * Realización de esbozo e plano das parcelas * Localizar
cultivos no esbozo. * Deseño e construción dun espantallo. * Análise dos datos
recollidos de xeito sistemático no horto. * Realización dun herbario de especies
espontáneas. * Ficha de seguimento de cultivos. Saídas ambientais ( Monte Aloia,
Turonia)
* Experiencias de reprodución de plantas por métodos sexuados e asexuados
(esporas, gallos de follas, ramas, raíces...) * Experiencias relativas ao pole. *
Experiencias relativas ao fototropismo e xeotropismo. * Experiencias de
crecemento das plantas. * Obtención de esencias e perfumes de plantas
aromáticas. * Taller de mermeladas.* Taller de tinguiduras vexetais , pintamos coas
plantas e flores. * Taller de cociña e conservas. * Participación nunha repoboación
forestal ou prantar unha árbore o día da árbore. * Itinerario pedagóxico polos
Viveiros da zona de Tomiño. * Itinerario Pedagóxico polo percorrido do Turonia.
6 Criterios para valorar os resultados e proceso de avaliación previsto
Valoraremos dous aspectos:
1.- Se se construiu fisicamente o espazo do horto e se empregou o horto escolar
como un recurso pedagógico máis.
2.- Se con isto conseguimos iniciarnos nunha educación ambiental integral co
contorno na línea marcada ao longo do proxecto.
Como avaliaremos estos criterios?
· Rexistro de actividades feitas e levadas a cabo.
· Rexistro de problemas atopados ao longo do seu desenvolvemento.
· Valoracións aportadas polos diferentes titores, alumnos/as,
especialistas, familias, persoal do centro, e todos os implicados/as no
proxecto etc
· Elaboración dunha memoria detallada das actividades que se levaron a
cabo, con soportes fotográficos e gráficos.
· Valoración das actividades paralelas que se fixeron se cuidemos
relacionalas globalmente co horto escolar.
top related