o substantivo e o adxectivo
Post on 09-Jul-2015
226 Views
Preview:
DESCRIPTION
TRANSCRIPT
DEFINICIÓN
● Morfolóxica
Palabra variable formada por
L + MFXº + MFNº: liberdade-s president-a-Ø
● Semántica
Designa seres ou entidades reais (mesa,
rapaza) ou imaxinarias (saudade)
● Sintáctica
N da fr. nom.
nena alta
CLASIFICACIÓN SEMÁNTICA
SUBSTANTIVOS
PROPIOS COMÚNS
ABSTRACTOS COMÚNS
COLECTIVOS INDIVIDUAIS
CONTABLES INCONTABLES
FLEXIÓN XÉNERO
O xénero lingüístico: noción gramatical, na maioría dos casos sen relación coa realidade.
Substantivos masculinos:
● -ote: o estalote, o dote (a glote)
● -ume: o cume, o costume (a mansedume, a servidume)
● -me: o exame (a fame)
Substantivos femininos:
● -axe: a paisaxe (o balaxe, o bricolaxe, o garaxe, o paxe, o traxe)
● -se/ -ite (orixe grega): a análise, a otite
FLEXIÓN XÉNERO
Oposición: masculino vs. feminino só en determinados casos.
- Flexión morfemática: a oposición márcase por medio de morfemas:
lobo vs. loba
- Flexión non morfemática: realízase por medio de determinantes
e/ou modificadores: o /a personaxe, o /a pianista. (Sincretismo)
- Léxico: cada xénero se expresa por medio dun substantivo diferente
(home / muller, cabalo / egua)
- Epicenos: só se pode marcar o xénero por medio do adxectivo macho
/ femia: a águia macho / femia.
FLEXIÓN NÚMERO
Oposición: singular vs. plural
1 unidade + 1 unidade
carballo carballos
souto soutos
Márcase por medio de morfemas (carballo / carballos) ou
por medio de determinantes e/ou modificadores (o / os
lapis).
SINGULARIA TANTUM: substantivos que non admiten
pluralización o cénit
PLURALIA TANTUM: substantivos que non admiten
singularización as cóxegas
DEFINICIÓN
● Morfolóxica: palabra variable
L + MFXº + MFNº: murch-o-s murch-a-Ø
● Semántica: expresa calidades, estados, características atribuídos a obxectos denotados polo substantivo
– Explicativo / Epíteto: característica inherente xeo frío
– Especificativo: característica que o califica fronte ao resto da clase café frío / morno
● Sintáctica: N da fr. adx. café quente
FLEXIÓN DE XÉNERO E NÚMERO
A flexión en xénero e número do adxectivo vén determinada polo substivo ao que modifica
café frío cafés fríos
home ruín homes ruíns
mesa alta mesas altas
muller morena mulleres morenas
Non todos os adxectivos admiten flexión de xénero: ruín, feliz, alegre... (Adxectivo dunha soa terminación)
GRADACIÓN
GRAOS DOS ADXECTIVO
- Positivo: non engade valores de intensificación
- Comparativo: establece unha comparación de intensidade
- Superioridade
- Igualdade
- Superioridade
- Superlativo: outórgalle a máxima calidade
GRADACIÓN. COMPARACIÓN
- Comparativo: establece unha
comparación de intensidade
- Superioridade: máis... ca/
que / do que
- Igualdade: tan... como /
coma
- Superioridade: menos ...
ca / que / do que
As particulas “ca” e “coma”
son obrigatorias cando
despois delas hai un
pronome:
É tan alta coma ti.
Cando o segundo
termo da
comparación é unha
oración, é obrigatorio
empregar “do que” e
“como”: ´É máis lista
do que ti cres”
A partícula “ca” podemos
contraela ou non co artigo
(Gústalle máis o can ca a / cá
cadela), mais nunca coa
preposición (Gústame máis a
min ca a ti)
Á parte do sufixo –ísimo, existe
un máis culto: -érrimo
(paupérrimo)
GRADACIÓN. SUPERLATIVO
- Relativo. Establécese a máxima calidade
respecto a un grupo:
“É a máis coñecida do grupo”
- Absoluto. Outórgaselle a máxima calidade
“É coñecidísima”: por medio de sufixos
“É moi coñecida”: por medio dun adverbio
“É supercoñecida”: por medio de prefixos
O XÉNERO. MORFEMAS
Masculino Feminino
1. /Ø/ rapaz-Ø- /a/ rapaz-a-Ø
catalán-Ø catal-á-Ø
2. /o/ lob-o-Ø lob-a-Ø
3. /e/ mestr-e-Ø mestr-a-Ø
O XÉNERO. FORMACIÓN
Masculino Feminino
1. -ÓN -OA (campioa, patroa)
-ONA: despectivos / aumentativos
(lambona, cabezona)
2. -ÁN -Á (alemá, anciá)
-ANA: despectivos
(brutana, barullana, toleirana)
O NÚMERO. MORFEMAS
SINGULAR PLURAL
Ø Av-ó-Ø
Rapaz-Ø-Ø
Túnel-Ø
Animal-Ø
-S av-ó-s
-ES rapaz-Ø-es
túnel-es
-IS anima-is
O NÚMERO. FORMACIÓN
SINGULAR PLURAL
-S INVARIABLE (graves, esdrúxulas)
(os lapis, os mércores)
+ ES (agudas) (deuses)
- L + ES (túneles, soles)
> IS (animais, funís)
- GRUPO INVARIABLES (os fax, os bíceps)
CONSONÁNTICO
O NÚMERO. FORMACIÓN
PLURAL DOS COMPOSTOS
- Compostos lexicalizados: pluralízase o último elemento
Parasoles Limpacristais Vagalumes
- Compostos non lexicalizados:
- Substantivo + adxectivo: pluralízanse os dous elementos
porcos bravos gardas civís
- Substantivo + substantivo: pluralízase o primeiro elemento
sofás cama camións cisterna
- Substantivo + frase preposicional: pluralízase o primeiro elemento
arcos da vella
O NÚMERO. FORMACIÓN
PLURAL DOS PRÉSTAMOS / ESTRANXEIRISMOS /
CULTISMOS
- -VOGAL: engaden –S ou manteñen ou respectan a da lingua orixe.
Hippys / Hippies Sprays
- -CONSOANTE (própias do galego en posición final): seguen as
regras xerais agás as pouco integradas que poden engadir –S
dólares somieres júniors / juniores
- CONSOANTES (estraña no galego en posición final): + S
álbums pubs sláloms tics
top related