mapas conceptuais - ferramentas
Post on 21-Jan-2015
189 Views
Preview:
DESCRIPTION
TRANSCRIPT
Mapas
conceptuais Ferramentas
Índice
Introdución – Páx. 3
Coggle – Páx. 4
Freemind – Páx. 6
Mindjet – Páx. 8
Xmind – Páx. 10
MindNode – Páx. 12
Bubbl.us – Páx. 14
Mindmeister – Páx. 16
Referencias – Páx. 18
2
Introdución
Xa sabemos cales son as vantaxes de
empregar mapas mentais no estudo. Pero…
Que fago se aínda non teño unha boa
técnica? E se quero aproveitar mellor este
proceso?
Velaquí tes ferramentas que che permitirán
sacar bo partido dos mapas conceptuais,
empregando tecnoloxías actuais.
3
Coggle
• Plataforma: web.
• Prezo: gratuita.
• Resumo: entra rapidamente empregando a túa
conta de Google. Edita os obxectos facendo doble
click neles, e engade ramas co «+». Coggle asigna
automaticamente distintas cores ás ramas, pero
podes escoller as que ti queiras. Unha vez
rematado, pódese descargar o mapa coma PDF ou
PNG, e compartilo con outras persoas para que o
vexan (ou editen).
4
Coggle
5
Freemind
• Plataforma: Windows/Mac/Linux.
• Prezo: gratuita.
• Resumo: caracterizada pola súa flexibilidade e bo
funcionamento en calquera plataforma. Permite
deseñar diagramas complexos con ramas, gráficos,
iconos, así coma ligazóns e recursos multimedia.
Os mapas poden gardarse en HTML/XHTML, PDF,
OpenDocument, SVG ou PNG.
6
Freemind
7
Mindjet
• Plataforma: Windows/Mac/Linux.
• Prezo: varía segundo perfil de compra (15$/mes por
usuario coma plan individual).
• Resumo: toda unha suite de aplicacións e
ferramentas para traballar co Brainstorming.
Deseñada tanto para organizar proxectos e
traballar colaborativamente repartindo tarefas,
coma para xestionar os teus propios contidos.
Intégrase con outras ferramentas coma Microsoft
Office.
8
Mindjet
9
XMind
• Plataforma: Windows/Mac/Linux.
• Prezo: gratuito (versións de pago único, 79$ e 99$)
• Resumo: extremadamente flexible, bo
funcionamento en distintos sistemas operativos.
Crea dende sinxelos mapas mentais ata infografías
máis complexas empregando bases predefinidas.
Representa as túas ideas ou mesmo comparte cos
demais listas de tarefas.
10
XMind
11
MindNode
• Plataforma: Mac/iOS.
• Prezo: 10$ (iPhone/iPad), 20$ (Mac)
• Resumo: elegante app para os mapas mentais e o
brainstorming. A versión para iOS facilita o
funcionamento en dispositivos táctiles, coma a
creación de nodos e ramas, compartir rapidamente
documentos, agochar ramas que non estean a ser
empregadas, etc. Pódense exportar as creacións
en PDF ou en formato Freemind. Prima a limpeza da
súa interfaz, sen deixar de ser potente.
12
MindNode
13
Bubbl.us
• Plataforma: web.
• Prezo: gratuita (premium 6$/mes).
• Resumo: moi sinxela e intuitiva. Tamén permite
traballar colaborativamente. Pódese empregar sen
rexistro previo pero rexistrarse da acceso a tódalas
funcionalidades. A versión gratuita só permite facer
tres mapas.
14
Bubbl.us
15
Mindmeister
• Plataforma: web e app móbil (iOS, Android).
• Prezo: demo gratuita (perfís Personal, Pro e
Business a 4.99 €, 9.99€ e 14.99€ ao mes resp.).
• Resumo: entre outras características, Mindmeister
permite a colaboración en tempo real, resaltando
os cambios doutros usuarios en cuestión de
segundos e facilitando un chat para os mesmos.
Historial de cambios. Tamén dispón de uso offline,
sen conexión a Internet.
16
Mindmeister
17
Referencias
• http://lifehacker.com/five-best-mind-mapping-tools-476534555
• http://www.educacontic.es/blog/crea-y-comparte-mapas-
conceptuales-con-bubbl-us
• Coggle – http://coggle.it/
• Freemind – http://freemind.sourceforge.net/
• Mindjet – http://mindjet.com/
• Xmind – www.xmind.net/
• MindNode – www.mindnode.com/
• Bubbl.us – bubbl.us/
• Mindmeister – www.mindmeister.com
18
top related