filgueira valverde: obra literaria

Post on 20-Jul-2015

3.849 Views

Category:

Education

8 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

Xosé Filgueira Valverde (1906-1996). Obra literaria

Narrativa

● Os nenos (1925)

● O vigairo: ensaio simbólico, orixinal e inédito (1927)

● Quintana viva (1971)

Poesía

● 6 canciones de mar "in modo antico" (1941)

Teatro

● Agromar (1936)

Xosé Filgueira Valverde (1906-1996). Obra literariaNarrativa: Narrativa: Os nenosOs nenos

Narrativa

● Os nenos (1925)

Prosas editadas por Lar, con ilustracións de Luís Pintos Fonseca.

Os nenos retratan un mundo visto a través dos seus ollos inocentes.

Xosé Filgueira Valverde (1906-1996). Obra literarianarrativa: narrativa: Os nenosOs nenos

● Quince relatos breves, narrados en primeira persoa:

“Son pequenas refendas, en prosa poética [...], narracións do feitío que Castelao soupo axiña soerguer coma ninguén e nomear para sempre cousas”.

Xosé Filgueira Valverde (1906-1996). Obra literarianarrativa: narrativa: Os nenosOs nenos

● Dedicados

“Á sagra lembranza dos irmanciños mártires nas terras de Eir-Einn. Dos nenos enxendrados no medo, nacidos na dor, criados na fame. Dos que morreron baixo o ferro alleo. Dos que viviron baixo do alleeiro trebón. Dos que non puideron rir, nin rebuldar ledos coma nenos. Dos que choraron a reo; apouvigados coma bestas. Dos que ollaron morrer os pais e os irmáns na loita pola Patria...”

Xosé Filgueira Valverde (1906-1996). Obra literarianarrativa: narrativa: Os nenosOs nenos

● Personaxes de diversa extracción social, de aldea e de cidade.

● Ton evocativo:

“Espellan o xeito que tivemos os mozos dos anos vinte de enxergare o vivir galego”.

Xosé Filgueira Valverde (1906-1996). Obra literarianarrativa: narrativa: O VigairoO Vigairo

Narrativa

● O Vigairo (1927)

Obra presentada como traballo para o Seminario de Estudos Galegos.

O protagonista sérvelle de pretexto para a evocación antropolóxica da Pontevedra mariñeira.

Xosé Filgueira Valverde (1906-1996). Obra literariaNARRATIVA: : O VigairoO Vigairo

● O barrio da Moureira é o protagonista real desta novela. Representa a dignidade das xentes do mar.

(Peirao das Corbaceiras c. 1910, segundo o blog: http://callesdepontevedra.blogspot.com.es/2012_02_01_archive.html).

Xosé Filgueira Valverde (1906-1996). Obra literarianarrativa: narrativa: O VigairoO Vigairo

● “Os mariñeiros [d' A fiestra baldeira] eran certamente os mesmos de Castelao nas Cousas. E, nalgún aspecto, os pontevedreses evocados en O Vigairo.

Xosé Filgueira Valverde, VII-Adral. P. 106.

Xosé Filgueira Valverde (1906-1996). Obra literarianarrativa: narrativa: O VigairoO Vigairo

“E agora cómpre falar das outras lavandeiras, das fadas ou das almas en pena que lavan lenzos ensanguentados. En Asturias falaran da creenza Agüero e J. Menéndez Pidal e Jouve. Nembargantes, De Llano xa non atopou rastos. Mais, como di Cabal, estivo alí ben viva; tamén en Cataluña, nos Vosgos, en

● tantos outros lugares. En Galicia penso que foi Murguía o primeiro que aludiu a ela. Inda pode atoparse, non somentes nas aldeias, senón nas mesmas vilas. N'O Vigairo valinme eu do tema recollidos do río dos Gafos, perto da Moureira”.

● Xosé Filgueira Valverde, “As lavandeiras do romances”, Adral, pp. 348-9.

Xosé Filgueira Valverde (1906-1996). Obra literarianarrativa: narrativa: O VigairoO Vigairo

“O pranto.- Utilizouno en 'Os Vellos'; a idea é do 1925. Era un dos cadros que levarían muro no primeiro termo e xente asomada atrás, como rúa en medio, nas fiestras. Escoitaríanse murmurios, veríase pasar a cruz da parroquia e logo as varredoras, abrindo de súpeto as vidreiras. O meu comenzo de 'O Vigairo' literaturiza a idea”.

(Xosé Filgueira Valverde, Cuarto Adral. Castelao na lembranza. Ediciós do Castro, 1987, p. 85.)

Xosé Filgueira Valverde (1906-1996). Obra literarianarrativa: narrativa: quintana vivaquintana viva

Narrativa

● Quintana viva (1971)

Inclúe Os nenos (1925), co engadido de dous relatos máis e outras prosas “escritas ao longo de 50 anos”.

● A meirande parte dos relatos de Quintana viva foron escritos antes da guerra civil.

Xosé Filgueira Valverde (1906-1996). Obra literarianarrativa: narrativa: quintana vivaquintana viva

“Pra a xente das Asturias, “quintana” ten o mesmo contido emocional que pra nós, os galegos, “eido”; como o “lar”, o fogar, a terra en que se asenta a casa, que pra eles, e pra nós, é “media vida”. Aquel exemplo de mestres, dono do “esprito universitario”, que foi Prieto Bances escribiu, en honra de Menéndez Pidal, un longo ensaio sobre “La mío quintana”.

Xosé Filgueira Valverde (1906-1996). Obra literarianarrativa: narrativa: quintana vivaquintana viva

Alí teño lido unhas verbas moi fondas, ponderando o que morrería se, un día, se perdesen as “quintanas”, con todo o que a verba contén de achego ao solar nativo. E foron aquelas verbas as que me levaron a poñer o tíduo de Quintana viva a un dos libros que máis quero”.

Xosé Filgueira Valverde, Segundo Adral. Ediciós do Castro, 1981. Pp. 37-8.

Xosé Filgueira Valverde (1906-1996). Obra literariaNARRATIVA: : quintana vivaquintana viva

Quintana viva consta de catro partes:

I. Os nenos (17 relatos).

II. Artistas aldeáns (13 relatos).

III. Obradoiro (4 relatos).

IV. Os nomeandeiros (16 relatos).

Xosé Filgueira Valverde (1906-1996). Obra literariaNARRATIVA: : quintana vivaquintana viva

I. Os nenos (17 relatos). Reproduce, ampliada, a obra publicada en 1925.

● Dende unha óptica infantil, trata temas transcendentais como a amizade, a inimizade, a vinganza, a dor pola morte dos seres queridos, a soidade, a saudade, o medo, as festas...

Xosé Filgueira Valverde (1906-1996). Obra literarianarrativa: : quintana vivaquintana viva

II. Artistas aldeáns (13 relatos).

● Recollen en poucas palabras os soños de humildes artistas locais que non alcanzarán a fama nin a inmortalidade.

Xosé Filgueira Valverde (1906-1996). Obra literariaNARRATIVA: : quintana vivaquintana viva

III. Obradoiro (4 relatos).

● Descríbenos a loita interna de catro persoeiros do barroco compostelán para sacaren a luz o artista que levaban dentro: construtores e escultores da Berenguela e da fachada do Obradoiro.

Xosé Filgueira Valverde (1906-1996). Obra literarianarrativa: narrativa: quintana vivaquintana viva

IV. Os nomeandeiros (16 relatos). Os protagonistas póñenlles nomes ás cousas porque é unha forma de darlles vida ou de posuílas.

● “Levei ás páxinas da miña Quintana viva a estampa dun mociño que traballaba ca roda do pé, nunha mostra de artesanía galega. Facía o seu labor dun xeito ritual, e, cando remataba cada peza, pousábaa, agarimosamente, no paramio, e poñíalle un nome:

-A unha oliña ben feita heille chamar como a miña moza... cando a teña”.

Filgueira Valverde, “Os oleiros”, Adral.

Xosé Filgueira Valverde (1906-1996). Obra literariaNARRATIVA: : quintana vivaquintana viva

● Otero Pedrayo:

Quintana viva foi unha raiola de sol na miña serán griseira e sen espranza.

Xosé Filgueira Valverde (1906-1996). Obra literariaTeatro: Agromar

Teatro

● Agromar (1936)

Farsa para nenos.

Asinada co pseudónimo de J. Acuña. Prólogo do propio autor.

O autor é consciente de estar iniciando o camiño necesario dun teatro escolar.

Intención didáctica e ideolóxica.

Xosé Filgueira Valverde (1906-1996). Obra literariaTeatro: Agromar

● Enfróntanse os mundos da aldea e da vila. Enfrontamento representado xa no debuxo da portada (de Manuel Torres).

● A aldea encarna os valores tradicionais: traballo, responsabilidade, solidariedade, valentía, amor á lingua...

● Na vila medran a fachenda, a nugalla, o egoísmo, a vida oca...

Xosé Filgueira Valverde (1906-1996). Obra literariateatro: Agromar

● Un dos rapaces (Nito: señorito Juan) fará a trasfega vila→aldea, estudará e porá os seus coñecementos ao servizo dos paisanos.

● Os personaxes son todos nenos, salvo o médico don Enrique.

Xosé Filgueira Valverde (1906-1996). Obra literariapoesía: 6 canciones de mar “in modo antico”

Poesía

● 6 canciones de mar “in modo antico” (1941)

Publicadas en Pamplona, no Caderno de Poesía Albor.

● “Filgueira, estudoso da poesía medieval, inspirouse na mesma nas súas 6 canciones de mar “in modo antico”, que o incorporan á escola neotrobadoresca”

(Carballo Calero, 1975: 749).

Xosé Filgueira Valverde (1906-1996). Obra literariaPOESÍA: 6 canciones de mar “in modo antico”

Título en castelán e composicións referidas a un santuario (San Cremenço do Mar) son mecanismos defensivos dada a época de publicación (1941).

Xosé Filgueira Valverde (1906-1996). Obra literariaPOESÍA: 6 canciones de mar “in modo antico”

“Son divertimentos poéticos construídos con xogos sintagmáticos de rimas paralelísticas e simetrías sinonímicas, nos que se mesturan elementos da lírica medieval cos da canción popular, feitos coa emoción dun amante da nosa vella poesía medieval”

(Mª Camiño Noia Campos, 1998: 423).

Xosé Filgueira Valverde (1906-1996). Obra literaria

Procedencia das imaxes

● A imaxe do título das dispositivas pertence a unha ilustración de Siro López.

● Capa de Os nenos e Quintana viva:http://oslibrosdeanxelcasal.blogspot.com.es/2012/09/os-nenos.html

● Lavandeira: http://articulossaberyocio.blogspot.com.es/2012_12_01_archive.html

● Peirao das Corbaceiras: http://callesdepontevedra.blogspot.com.es/2012_02_01_archive.html

● Castelao, Mariñeiros.

● Ermida do Santo do Mar: http://www.galiciamaxica.eu/Sitios/PONTEVEDRA/marin/isladosanto.html

● Illote do Santo do Mar: http://www.galiciamaxica.eu/foto/pontevedra/marin/illotesto/illote1.html

Neno das piñas (Castelao): http://www.museo.depo.es/persoeiros/castelao/es.99000104.html

● A Berenguela: http://pt.wikipedia.org/wiki/Domingo_Antonio_de_Andrade

● Olería: http://www.paxinasgalegas.es/fiestas/xxxi-mostra-da-oler%C3%ADa-de-bu%C3%B1o-xvi-cocedura-tradicional-no-forno-do-forte-de-bu%C3%B1o-malpica-de-berganti%C3%B1os-1710.html

● Misión biolóxica: http://tallerediciones.com/cuza_new/?p=1078

Xosé Filgueira Valverde (1906-1996). Obra literariaBIBLIOGRAFÍA BÁSICA

top related