espazos de xogo - miudiño · un espazo de xogo para pequenos e maiores que ofrecemos en aluguer...
Post on 29-Jun-2020
9 Views
Preview:
TRANSCRIPT
ESPAZOS DE XOGOCartafol de propostas
ÍNDICEXOGANDO MIUDIÑO: Espazo de xogo libre con brinquedos tradicionais ...........3
TERRA: espazo de xogo con material natural non estruturado ...........................4
VOA VOA: Espazo de xogo libre arredor da arte de voar .....................................5
A BRINCAR: Espazo de xogo libre con brinquedos tradicionais e creativos ......6
Miudiño Espazos de xogo Espazos de xogo libre facilitadores da curiosidade, calma e tranquilidade
necesarias para fluír libres e sans.
Miudiño. Espazos de xogo 3
XOGANDO MIUDIÑO: Espazo de xogo libre con brinquedos tradicionais Un espazo de xogo para pequenos e maiores que ofrecemos en aluguer con monitor, para fes-tas, festivais, romarías, festas históricas… Nel atoparás brinquedos clásicos neste tipo de espazos como: zancos, a ferradura, tiracoios, construcións…nos imos un pouco máis aló.
En Xogando Miudiño hai un espazo bebés con mantas de abanear, carriños, cabaliños de balanzo… un espazo de brinquedos sonoros para a exploración musical, un espazo de medios de locomoción e outros pequenos xoguetiños cos que seguro non has quedar indiferente.
FICHA ARTÍSTICA:
• Nome: Xogando Miudiño. Espazo de xogo libre con brinquedos tradicionais
• Número de acompañantes: 1
• Tipo de espazo de xogo: Espazo de xogo libre
FICHA TÉCNICA:
• Público: familiar, a partires de 1 ano
• Duración: 3 ou 6 horas dependendo das necesidades do evento
• Espazo recomendado: maior de 100 metros cadrados
• Grupo máximo e mínimo: dependo do espazo e necesidades do evento
• Necesidades técnicas:
Zona de carga e descarga próxima
Aparcadoiro para furgoneta
Tempo de montaxe: 1h.
Tempo de recollida: 1h.
Miudiño. Espazos de xogo 4
TERRA: espazo de xogo con material natural non estruturadoTerra é un paso máis na nosa concepción do xogo. Ficamos abraiados polas múltiples posibilida-des do material natural non estruturado (pólas, liscos de madeira, pedras, cana…) e todo o bene-ficio que o seu emprego supón para as creativas cabeciñas dos nosos cativos. O espazo é sempre o mesmo…pero nunca é igual: en cada evento cobra unha nova vida, que os nenos se encargan de lle dar.
FICHA ARTÍSTICA:
• Nome: Terra. Espazo de xogo libre con material natural non estruturado
• Número de acompañantes: 1
• Tipo de espazo de xogo: Espazo de xogo libre
FICHA TÉCNICA:
• Público: familiar, a partires de 1 ano
• Duración: 3 ou 6 horas dependendo das necesidades do evento
• Espazo recomendado: maior de 100 metros cadrados
• Grupo máximo e mínimo: dependo do espazo e necesidades do evento
• Necesidades técnicas:
Zona de carga e descarga próxima
Aparcadoiro para furgoneta
Tempo de montaxe: 1 h.
Tempo de recollida: 1 h.
Miudiño. Espazos de xogo 5
VOA VOA: Espazo de xogo libre arredor da arte de voarEntre paxaros de arame que se converten en bochas de xabón, avións de papel e madeira, heli-cópteros, hélices, paracaídas, paxaros e os seus niños, alas para vestir e botarse a voar e moitos outros artefactos máis, Voa,Voa! convértese no momento e espazos perfectos para botar a voar a imaxinación: a experimentar co vento, brincar co ar e deixarse levar polo fascinante mundo da arte de voar.
Este espazo de xogo ofrécese en aluguer con monitor.
FICHA ARTÍSTICA:
• Nome: Voa, Voa! Espazo de xogo libre arredor da arte de voar
• Número de acompañantes: 1
• Tipo de espazo de xogo: Espazo de xogo libre
FICHA TÉCNICA:
• Público: familiar, a partires de 1 ano
• Duración: 2-3 horas dependendo das necesidades do evento
• Espazo recomendado: maior de 100 metros cadrados
• Grupo máximo e mínimo: maximo 150 nenos
• Necesidades técnicas:
Espazo físico preferiblemente ao aire libre, con espazo suficiente para correr os nenos libremente
Zona de carga e descarga próxima
Aparcadoiro para furgoneta
Tempo de montaxe: 1 h.
Tempo de recollida: 1 h.
Miudiño. Espazos de xogo 6
A BRINCAR: Espazo de xogo libre con brinquedos tradicionais e creativosA gran diversidade do material ofertado permite brincar, experimentar e gozar, poñer a proba habilidades de puntería, equilibrio, velocidade ou estratexia con diferentes xogos e xoguetes que van mudando para poder explorar novas posibilidades de xogo.Este espazo de xogo ofrécese en aluguer con monitor.
FICHA ARTÍSTICA:
• Nome: A brincar. Espazo de xogo libre con brinquedos tradicionais e creativos
• Número de acompañantes: 1
• Tipo de espazo de xogo: Espazo de xogo libre
FICHA TÉCNICA:
• Público: familiar, a partires de 1 ano
• Duración: 2-3 horas dependendo das necesidades do evento
• Espazo recomendado: maior de 100 metros cadrados
• Grupo máximo e mínimo: maximo 150 nenos
• Necesidades técnicas:
Espazo físico preferiblemente ao aire libre, con espazo suficiente para correr os nenos libremente
Zona de carga e descarga próxima
Aparcadoiro para furgoneta
Tempo de montaxe: 1 h.
Tempo de recollida: 1 h.
CONTACTOcontacto@miudinho.gal
César 653 02 57 08miudinho.gal
MULTIPLES POSIBILIDADES DE COMBINACIÓN DAS DIFERENTES PROPOSTAS!
top related