diptico novo de mediación escolar

Post on 31-Jul-2015

1.763 Views

Category:

Documents

7 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

Como se solicita o servizo de mediación?

É moi fácil. Simplemente comunicándollo o coordinador do servizo de

mediación (o orientador), ou ao titor/a, ou ao Xefe de Estudos. Tamén

podes contar coa colaboración dos alumnos/as mediadores.

Que aporta o Servizo de mediación?

A mediación aporta unha saída construtiva, pacífica e dialogada ós

conflitos diarios. Os alumnos/as que tras un conflito toman contacto co

servizo de mediación poden beneficiarse de:

A actitude cooperativa para resolver conflitos.

O coñecemento e crecemento persoal.

A mellora do clima social do centro e do entorno.

A adquisición de habilidades na comunicación.

A participación activa e responsable.

A resolución satisfactoria do conflito polas dúas partes.

O servizo de Mediación Escolar, como un recurso para o traballo da

violencia neste contexto, esixe unha implicación de todos os colectivos

implicados.

A mediación escolar normalmente faise nun espazo do centro escolar

(poderemos utilizar a aula de convivencia) onde só participan os/as

mediados/as e os mediadores/as.

Como son os nosos mediadores?

Os/as mediadores/as son alumnos/as do noso instituto, compañeiros/as

voluntarios/as que fixeron un taller de formación en resolución de conflitos e

mediación. Asumen o compromiso de neutralidade, escoita, confianza e

confidencialidade. O coordinador é o orientador do centro.

Os/as mediadores/as non dan solucións, son neutrais e comprométense a

manter en segredo o falado nas sesións de mediación. Axudarán a atopar

unha solución ós vosos problemas.

O proceso de mediación non substitúe nin exclúe a un posible proceso

sancionador, aínda que si pode, en determinados casos, constituírse

como un atenuante ó mesmo.

Como é o proceso de mediación?

Os alumnos/as en conflito acordan voluntariamente acudir ao

SERVIZO DE MEDIACIÓN e comunícanllo a algún responsable do

servizo.

O coordinador entrevístase individualmente coas partes en conflito

(premediación) e concreta o día e lugar da mediación.

Os mediadores reúnense cos alumnos/as en conflito nunha sesión

formal de mediación.

Cada un explica o que pasou dende o seu punto de vista. Póñense

de acordo en cal é o conflito e as posibles solucións.

Unha vez aceptada por ambos unha solución, redáctase un acordo

por escrito e asínase, tanto polos/as mediadores/as como polas

dúas partes. Haberá un prazo para a revisión e seguimento do

cumprimento do acordo.

Que conflitos se someten á mediación?

Trátanse a maioría dos conflitos que xorden na relación

entre os alumnos/as. Por exemplo: rumores negativos, insultos,

malentendidos, ameazas, malas relacións, pelexas, discusións,

desacordos, relacións de compañeiros/as deterioradas, persoas que

molestan, etc.

SERVIZO DE MEDIACIÓN ESCOLAR DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

I.E.S. JOHAN CARBALLEIRA

BUEU (PONTEVEDRA)

SERVIZO DE MEDIACIÓN

A MEDIACIÓN AXUDA A RESOLVER CONFLITOS

UTILIZANDO O DIÁLOGO E A COMUNICACIÓN

I.E.S. JOHAN CARBALLEIRA Unha alternativa para a resolución de conflitos entre o alumnado, feita polos propios alumnos/as do centro

Que é a mediación?

A mediación é a intervención dun mediador/a, ou dous, neutral no conflito entre varias persoas para axudar a resolvelo e atopar unha solución mutuamente aceptada.

IES Johan Carballeira

Rúa do Instituto nº 4

36930 Bueu, Pontevedra

ies.johan.carballeira@edu.xunta.es Tlf / Fax 986323270

top related