dia da arbore 2014

Post on 18-Jul-2015

281 Views

Category:

Documents

9 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

ACTIVIDADES

O 26 de febreiro ás tivo lugar unha charla do profesor Emilio Carral Vilariño titulada:

“Os bosques: usos e valores”

para o alumnado de 4º ESO matriculado en Bioloxía e Xeoloxía e o alumnado de 2º BAC matriculado na materia de Ciencias da Terra.

Os alumnos de 1 de BAC plantaron (con bastante

xeito, por certo) un carballo no patio do instituto.

MURAL REALIZADO POR TÓDOLOS ALUMNOS DE 1º DE ESO.

O nome científico do carballo, Quercus, deriva das palabras celtas Kaer, que significa fermoso e Quez, árbore. Para os celtas era Kaerquez, a árbore fermosa. Era una árbore sagrada e nas carballeiras celebraban os seus ritos relixiosos. A eses bosques sagrados chamábanlles, Lubre.

Nome científico: Quercus robur

Nome común: carballo (gal.),roble (cast.), Oak tree (ing.),rouvre (fran.).

Na cultura tradicional galega o carballo era algo máis ca unha simple árbore, simbolizaba a vitalidade e a forza (de aí o dito “ser forte coma un carballo”) e se lle atribían poderes especiais, máxicos, coma a capaciade de curar enfermos con só refregárense contra eles , atravesar algún oco do seu tronco ou durmir sobre as súas pólas

Algúns carballos foron venerados por outras culturas , como o Carballo de Guernica, símbolo das liberdades vascas. Para os xermanos, era a Árbore da Vida de Thor, o seu deus supremo; e os gregos considerábano a representación de Zeus.

Ademáis, os bosques de carballos (carballeiras) contribúen a regular o clima e o ciclo da auga e, fíxádevos: ¡Canta vida depende dos seus troncos, das súas pólas, follas e froitos!

IES ANXEL FOLEMARZO 2014

top related