desar sustent residu correx manu
Post on 19-Jul-2015
404 Views
Preview:
TRANSCRIPT
Desenvolvemento sostible e
xestión de residuos
Medio ambiente Economía Sociedade
Rocío Pérez López
Manuel Santamariña Ruiz de León
Que é o desenvolvemento sostible?
Que é o desenvolvemento sostible?O desenvolvemento sostible é a evolución
dunha poboación cara a mellores niveis
de vida sen que algún dos piares
fundamentais do mesmo (economía,
sociedade ou medio ambiente) saia
perxudicado.
Para que o desenvolvemento sexa
sostible ten que ser ecolóxico, aceptable s
e viable social e económicamente
Se o desenvolvemento non cumpre con
algún dos tres piares, falamos de
desenvolvemento non sostible
Exemplo: o coche eléctrico.
O coche eléctrico é un referente no desenvolvemento
sustentable porque:
➢ Respecta o medio ambiente; non emite gases
de efecto invernadoiro
➢ É económicamente viable, e proporciónanos
independencia do petróleo
➢ É respectuoso coa sociedade, de feito, se
todos os coches foran eléctricos, reduciríase
drásticamente a contaminación acústica das
cidades.
Tesla Model S, o automóbil 100%
eléctrico que revolucionou o
mercado.
O tratamento de residuos.
Como se fai?
Tratamento de residuos
Co tratamento de residuos procúrase buscar un
segundo uso aos obxectos que xa non utilizamos
mediante a reciclaxe.
Cando nós xeramos residuos no noso fogar, aínda
hai materia prima que pode ser aproveitada para
outros fins, coma a produción de novos obxectos
reutilizando os materiais xa existentes.
As fases da reciclaxe
1. A recollida
Despois de sacar o lixo das casas, os contedores son abertos polos
camións do lixo. Levan os residuos á planta de tratamento
2. A clasificación e a reutilización
Logo, os residuos clasifícanse na planta de tratamento, para decidir
se se poden reciclar ou non. Os que sí se poden, convírtense en materia
prima, combustible ou compost, e os que non, van ó vertedoiro.
3. A almacenaxe de residuos non reutilizables
Cando xa está todo clasificado, os residuos que se consideran
inútiles lévanse ó vertedoiro, para almacenalos ata a súa descomposición.
Como se clasifican os residuos na planta de tratamento?
Os residuos saen dos
contedores e son
transportados polo camión
de basura, e logo, na
planta de tratamento,
clasifícanse segundo os 5
tipos de residuos:.
Papel e cartón,vidrio,
envases lixeiros, resto ou
FORM (Formación
Orgánica de Residuos
Municipais)
Como se clasifican os residuos
na planta de tratamento?
O papel e o vidro van ós recicladores, onde se aproveitan para
fabricar materia prima que logo serverá para facer novos obxectos.
Os envases lixeiros, do contedor amarelo, e os restos, do contedor
verde ou gris, terán que pasar por unha selección previa para
decidirse se irán ós recicladores, farase CSR con eles (Combustible
Sólido Recuperado). A materia orgánica que poida aproveitarse iría á
planta de compostaxe, e os rexeitamentos a un vertedoiro.
Como se clasifican os residuos
na planta de tratamento?
Os FORMs, (Formación Orgánica de Residuos Municipais) son
residuos orgánicos con moito contido en auga, que poden ser restos
de comida moi húmeda como a fruta, servilletas de papel usadas….
Estes clasifícanse, segundo se son aptos ou non para a
compostaxe. Se non o son, van ó vertedoiro xunto cos
rexeitamentos do “resto”, e se o son, faríase compost, un
fertilizante agrario fabricado a partir de residuos orgánicos
Os vertedoiros
controlados● Os vertedoiros son a finalización da
cadea de reciclaxe.
● Son instalacións acondicionadas para o mesmo que
conteñen o lixo que non se puido reciclar de ningunha
outra forma.
● Contan con un sistema de canalización de gases e
outro de recollida de líquidos tóxicos, para reducir o
impacto ambiental que producen.
Os vertedoiros clandestinos
Os vertedoiros clandestinos ou non controlados son
aqueles nos que os habitantes dunha zona tiran residuos
en zonas non apropiadas para facelo, como nun monte…
Son un problema, xa que teñen un grave impacto
ambiental. Os residuos que van alí soen ser aqueles que
hai que levar a un punto limpo, como colchóns,
electrodomésticos… E sobre todo estes últimos, que
conteñen materiais moi perigosos para o medio, como
metais.
Fotografía dun vertedoiro controlado en Málaga.
Fotografía dun vertedoiro clandestino en Chile
Accidente do vertedoiro de Bens na
CoruñaA mañá do 10 de setembro de 1996 produciuse, na Coruña, unha das
maiores catástrofes ecolóxicas ata a data. As paredes do vertedoiro
derrubáronse, dando lugar a que 200.000 toneladas de lixo rodaran pola
ladeira da montaña, sepultando todo nunha enorme acumulación de
residuos e cobrándose a vida dunha persoa. Este foi o punto de inflexión
que fixo que se convertera ese vertedoiro nun enorme parque verde de
600.000 metros e se abrira unha nova planta de tratamento de residuos,
NOSTIÁN.
Sen embargo, só a 6 meses da apertura do novo centro, caéronse as
paredes dun dos depósitos de basura, provocando outro acidente en menor
escala.
Vertedoiro de Bens
NOSTIÁN
Fin do traballo!
Nós, Manuel e Rocío, esperamos que vos gustara. Se
queredes facer algunha pregunta podedes, e estaremos
encantados de contestala.
top related