algunhas historias da mitoloxía e a lingua gregas

Post on 24-Jun-2015

405 Views

Category:

Education

2 Downloads

Preview:

Click to see full reader

DESCRIPTION

Traballo realizado

TRANSCRIPT

A ORIXEe outras historias

da mitoloxíae a lingua gregas

O CAOS

O caos foi a orixe e simboliza a desorde.

Segundo os gregos todo foi creado desde o caos, mesmo o cosmos, que simboliza a orden.

Do caos saíron todos os deuses, en varias xeracións. Dentro da chamada xeración Olímpica, cada un dos deuses dedicouse a unha función: Poseidón, deus do mar; Zeus, deus do lóstrego e o xefe supremo dos deuses; Afrodita, deusa do amor; etc.

A TERRA

O planeta no que vivimos, segundo a mitoloxía grega, foi creado a partir dun ovo de prata, do que non se sabe a súa orixe.

O ovo de prata parteuse en dous.

Dunha das partes naceu a terra e da outra e ceo, deste modo creouse o planeta Terra.

A primavera

A súa orixe ven do mito de Pérsefone, deusa da fecundidade

Ela era a filla de Zeus e foi raptada por Hades. Sen ela as plantas non medraban e a morte chegaba a Grecia, xa que a súa nai, Deméter, era a deusa da fertilidade da terra, e estaba triste por estar privada da compaña da súa filla.

Zeus, tras ver a desgraza, mandou a Hades devolver a Pérsefone, pero esta comera unha granada e estaba obrigada a pasar parte do ano con Hades.

O trato final foi que Pérsefone tiña que pasar medio ano no inferno e medio ano na Terra, coa súa nai Deméter.A primavera significa o regreso de Pérsefone, xa que durante eses meses Deméter está leda e a Terra produce froitos.

O lume

A súa ¨orixe¨: cando Prometeo engana ( gástalle unha broma) a ZeusEste para vingarse quítalle o lume aos homes aos que tanto quere Prometeo.

Para devolverlle o lume aos homes Prometeo rouba uhna chama dunha roda do carro de Helio usando unha póla seca.Con esa chama Prometeo prende o bosque de Arcadia pero Zeus captura a Prometeo.

Prometeo proponlle un trato a Zeus: se lle devolve o lume aos homes, el ordenaralles que apaguen o lume. Zeus, sen ter máis opcións, acepta a proposta.

Prometeo na arte

José de Ribera

Heinrich Friedrich Füger

Algunhas orixes de palabras

O EROTISMO

Eros

Deus responsable da atración sexual, o amor e o sexo. Fillo de Afrodita,

Erótico: Relacionado co sexo.

Príapo

Deus da fertilidade. Posúe un falo continuamente en ereción. Según unha lenda Hestia foi avisada por un asno antes de que Príapo fose violala: por iso se sacrifican asnos no seu honor.

Etimoloxías

Priapismo: Enfermidade rara que consiste en que o pene sofre unha erección constante na zona cavernosa.

Afrodita

Deusa do amor que naceu da escuma dos xenitais de Urano cando foran tirados ao mar.

Estaba casada con Hefesto, aínda que o enganaba con Ares. Cando Hefesto os descobreu, atrapounos aos dous espidos nuha rede ante todos os deuses do Olimpo.

Etimoloxías

Afrodisíaco: Substancia que estimula o desexo sexual

Curiosidades

Segundo as lendas todos os deuses menos Ares practicaron relacions homosexuais.Todos os deuses sentían o mesmo tipo de atraccións cara os humanos.No festival de Esparta en honor a Leto bailaban homes de 20 anos espidos.

Zeus mantiña relacións con moitas humanas. Como consecuencia dunha delas naceu Heracles (Hércules).

Balista

Do gr. BAL-LOÉ unha antiga arma de asedio de aspecto e mecanismo semellantes aos dunha besta, pero dun tamaño maior.

Maratón

Ven da Chaira de Maratón,

Maratón: Deporte practicado nos xogos olímpicos.

Creouse na honra á xesta de Fidípides.Para anunciar a victoria dos atenienses contra os persas foi chamado o soldado máis veloz e con mellor resistencia para que se dirixira a Atenas 

O soldado tivo que percorrer 42 km e morreu ao chegar ao seu destino por unha grave ferida de guerra que tivo no traxecto. Antes de morrer dixo unha soa palabra: “Vencemos”

Clepsidra: reloxo de auga

Do gr. “kleptein” roubar e “hydro” auga. Cleptómano ( “Clepo”do latín ladrón e “manía” do Grego.Clepsidra: Literalmente, “roubar auga”

Atlas

Do gr. “atletico”Era un xoven titán que Zeus condenou a carrregar sobre os seus ombreiros cos piares que mantiñan a Terra separada dos ceos

Museo Granell en Compostela

Termómetro de mercurio

Do grego “thermas” (quente) e “metron” (medida)“Mercurio” é o deus grego Hermes

BIBLIOGRAFÍA

GRIMAL, Pierre; Diccionario de mitología griega y romana, Paidós, Barcelona, 1984

Wikipediahttp://www.elcastellano.org/

Curso 2012-13 2º ESO

Tomás Fiuza Iago Lado

Ramón Romero

top related