a revolución romántica
Post on 14-Jun-2015
346 Views
Preview:
DESCRIPTION
TRANSCRIPT
A revolución romántica
1760 1800 1850
Prerromanticismo Romanticismo
Campañas napoleónicas(1799-1815)
Revolución francesa (1789)
Congreso de Viena(1814-15)
Revolucións liberais(1830-1848)
Guerras de independencia en América Latina
Independencia USA(1783)
Profundos cambios políticos e sociais
Desaparición do Antigo Réxime
Comezo da industrialización e das aglomeracións urbanas
Liberdade de culto en case toda Europa
Aparición dos nacionalismos
A finais do XVIII, algúns pensadores e artistas comezan a reaccionar contra o clasicismo anticipando o movemento romántico do XIX
Sentimentalismo vs racionalismo
Paisaxe natural vs. artificial
Espontaneidade vs. academicismo
Literatura popular vs. culta
Liberdade frenta a despotismo
Prerromanticismo
Francia Jean-Jacques Rousseau
Alemania Sturm und Drang
Schiller
Goethe
Jean-Jacques Rousseau
Xulia ou a nova Heloísa (1760)
Exaltación do amor frente as convencións sociais
Descrición evocadora da natureza
Discurso sobre a orixe da desigualdade dos homes (1775)
O mundo dexenera en mans dos homes
Confesións (1782-1789)
O autor desvela os seus sentimentos cunha sinceridade ata entón descoñecida.
Schiller Guillermo Tell
Defende a liberdade e independencia dos pobos.
Goethe
Os sofrementos do xoven Werther (1774)
Fausto (1808 / 1832)
Fausto, un home maior de enormes coñecementos, pacta co demo Mefistófeles para alcanzar a eterna xuventude e o amor, a cambio de entregarlle a súa alma
Características do Romanticismo
Non é só un movemento artístico; é tamén unha visión do mundo.
Reivindicación do “eu”
Superioridade dos sentimentos frente á razón
Insatisfacción permanente: o romántico é un heroe que loita contra o entorno social. Busca a evasión, espacial ou temporal.
Aprecio pola historia das nacións; a Idade Media vólvese centro de interés
A contemplación da paisaxe está mediatizada polo estado de ánimo do individuo.
Liberdade na creación: o artista está por enriba de normas e preceptos
Idealismo e búsqueda da liberdade
Lord Byron Delacroix Walter Scott Clara Schumann
John Keats Larra Chopin Shelley
Romanticismo e conciencia histórica
Racionalismo
Romanticismo
Todos os homes somos iguais
Cada pobo ten unhas características que o fan único
Os pobos / nacións fundaméntanse na súa cultura: lingua, costumes, cancións… Cada nación debe converterse en Estado.
O filósofo alemán Herder, un dos promotores do Sturm und Drang desenvolveu o concepto de Volkgeist “espíritu do pobo”, que tivo unha gran influencia nos románticos posteriores.
A esencia de cada pobo búscase…
…na Idade Media
…na tradición popular
Esta búsqueda terá importantes consecuencias tanto no ámbito cultural como no do coñecemento e no da política.
A “tradución” que en 1760 James Macpherson fixo dun presunto poema gaélico do século III d.C. tivo unha enorma influencia entre os intelectuais da época, ata o punto de dar nome ao movemento chamado “ossianismo”. O poeta galego Eduardo Pondal viuse moi influido polo “espíritu de Ossian”.
Cultural Posta en valor da literatura e música populares (folklore)
Científico Grandes avances no coñecemento dos distintos pobos e linguas
Político Unificación de Alemania e Italia, independencia de Grecia, Rexurdimento, Renaixença…
top related