a crise do 29
Post on 10-Jul-2015
1.240 Views
Preview:
TRANSCRIPT
A crise do 29
Sombras da prosperidade o mecanismo do crack
A extensión da crise O new Deal
A crise en Europa
Sombras da prosperidade: crise comercio mundial e débedas interalidas
Dificultades en Europa nos anos 20 Europa perde a hexemonía
mundial Caída das exportacións
europeas polas necesidades da guerra
Os problemas das débedas e as indemnizacións de guerra Alemaña obrigada a pagar
indemnizacións en concepto de reparacións por danos de guerra (en 1921, lle impoñen 132 mil millóns de marcos ouro a pagar en 42 anualidades. Alemaña intento eludir o pago e despois puxo todos os impedimentos posibles.
As débedas interaliadas en millóns de dólares
Evolución produción industrial anos vinte-trinta
Sombras na prosperidade: inflación e crise do patrón-ouro
Crise económica dos anos 1920-21 Redución da produción mundial Incremento do paro Desestabilización da moeda Inflación, hiperinflación no caso de
Alemaña.A inflación refírese a subida de prezos
que provoca un encarecemento do custo da vida. Segundo os economista está
relacionada co incremento da cantidade de billetes emitidos polo estado, se son moi
abundantes, soben Os prezos. Keynesrelaciona a inflación co emprego,
elevándose ou reducíndose ao mesmo rítmo que o emprego.Normalmente maniféstase cunha alza de prezos e unha depreciación
do papel moeda respecto ao ouro.
Hiperinflación En Alemaña, cando Francia ocupa o Rhur
(1923), polo impago alemán das reparación de guerra. O goberno acompañou a política de resistencia pasiva de obreiros e patrón cunha política monetaria de verdadeiro boicot da súa propia moeda nacional, o marco.
“Os homes e as mulleres apresurábanse a gastalos seus soldos, a ser posible, aos poucos minutos de cobralos.Os billetes levábanos ás tendas en carretilla ou cochecitos de neno (…) Aquel outono, en Alemaña, utilizánronse virtualmente todas as prensas capaces de imprimir diñeiro. En realidade os billetes manaban a raudais. E as veces o comercio interrumpíase ao retrasarseas prensas en producir novos billetes de cifras o bastante elevadas para que fose transportable a cantidade de diñeiro necesaria para a compra do día.”
J.K. Galbraith, El dinero, 1975.
Sombras na prosperidade: o plano Dawes
Conferencias e acordos para solventar os problemas económicos: Procura da estabilidade monetaria:
Do patrón-ouro ao patrón cambio-ouro
Saída para a cuestión das débedas Procurar que Alemaña pague as reparacións de guerra
ampliando os plazos dos pagos Plan Dawes (1924). Coincidindo no político co chamado espírito
de Locarno Plan Young (1929). Suspendido pola crise do 29
Sombras da prosperidade:o modelo de crecemento económico dos EE.UU
Política exterior illacionista (nas presidencias republicanas de (Harding,Coolidge e Hoover)
Conservadurismo e puritanismo Pólítica inmigratoria de cotas Racismo (Ku Klus Klan) Ideologia WASP (branco, anglosaxón,
protestante) Consumismo (felices 20)
Incremento da produción (racionalización: fordismo e taylorismo), da demanda e do comercio
Sociedade de consumo: Sector automobil Sector electricidade e electrónica Sector ocio. Cine, deportes.
Cultura de masas Desenvolvemento da mercadotecnia Sistema de venda a prazos e
préstamos ao consumo. Excesivo endebedamento familiar
Sombras da prosperidade:o modelo de crecemento económico dos EE.UU
O mecanismo da crise do 29: antecedentes
Superprodución No sector agrario por:
Retorno da produción de postguerra Novos países se incorporan ao mercado
mundial Aumento da produtividades Boas colleitas Cuasa caída dos prezos e ruina dos agricultores
No sector industrial (desde 1927) por: Excesivo endebedamento das economías
domésticas Aumento da produtividade na industria No 1927 aumenta o stock de produtos industriais
e agrarios
Especulación na bolsa de Nova York Ata 1925 suben as accións das
empresas polo aumento das ventas e dos beneficios
Dende 1925 a bolsa medra moi rapidamente, mentres os beneficios empresarias e as ventas se estancan. Comeza así o cremento especulativo xerado por Manía especulativa Compra de accións á crédito (dos
bancos o compra ao marxe co broker) ou investindo os cartos aforrados
Os bancos prestaban diñeiro aos brokers a elevadas taxas de interese
O mecanismo da crise do 29: antecedentes
Moi pronto un negocio máis atractivo que o teatral atraeu a miña atención e a do país. Era un asuntiño chamado “mercado de valores”. Coñecino por primeira vez arredor de 1926. Constituía unha sorpresa agradable descubrir que era un negociante moi astuto. Ou polo menos, iso parecía, por todo o que mercaba aumentaba de valor. Non tiña asesor financeiro, ¿quen o precisaba? Podía pechar os ollos, apoiar o dedo en calquera punto do enorme taboleiro mural e a acción que acababa de mercar comezaba inmediatamente a subir. Endexamais obtiven beneficios. Parecía absurdo vende unha acción a 30 cando se sabía que ao cabo dun ano dobraría ou triplicaría o seu valor. O meu salario mensual en Cocoteros era duns dous mil, pero isto era moeda miúda en comparación coa pasta que eu gañaba teoricamente en Wall Street (….) O mercado seguiu subindo e subindo. Eu xamais cavilara que un podíase facer rico sen traballar. O máis sorprendente do mercado era que ningún vendía unha acción. A xente mercaba sen parar.
Groucho Marx. Groucho e eu, 1959.
O mecanismo da crise do 29: o crack
Na última semana de outubro de 1929 todo se veu abaixo estrepitosamente. O 24 (xoves negro) puxéronse á venda preto de 13 millóns de accións, mentras que a demanda alcanzaba niveis insignificantes. A intervención dos grandes bancos e industriais do mercado de Nova York contivo momentaneamente a caída, pero o martes 29 o afundimento era total. A caída dos valores da bolsa continuou varios anos ata tocar fondo en 1932
O mecanismo da crise do 29: o crack: o pánico
Crise bancariaE financeira
Crise financeirae industrial
Pánico na bolsa
paro
Descenso consumo
Baixadada demanda
O mecanismo da crise do 29: o crack: o pánico
“Dixen ao persoal o que lles esperaba dentro dunhas horas –Se queren Vds. Que o banco siga aberto deben representar o seu papel: sigan co seu traballo como se nada desacostumado ocorrera. Sorrían, móstrense amables, falen do tempo, non dean mostras de pánico (…). En lugar das tres fiestras que empregamos normalmente, hoxe funcionarán catro. Deben estar constantemente atendidas, porque se a fiestra dun caixeiro se pecha, aínda que sexa por pouco tempo, aumentará o pánico. Faremos que traian bocadillos, porque ninguén poderá saír a almorzar. Hoxe non podemos parar a carreira. O máximo que podemos facer é retrasala. A xente virá a liquidar as súas contas de aforro, Vds. Pagarán. Pero farano moi a modiño. É a única posibilidade de conter o pánico.”
M. S. Eccles. Marcando fronteiras. 1951.
A extensión mundial da crise
A interconexión da economía mundial fixo que a crise se xeneralízase e agravase en todo o mundo a excepción da URSS Volta ao proteccionismo comercial Contracción do comercio e redución da produción industrial mundial Profunda crise social
Paro Aumento da miseria Aumento da conflitividade social Descrédito das institucións nos sistemas democráticos.
A extensión da crise: aumento do paro
Taxa de paro EE.UU anos 30Taxa de paro nos países industriais
O new Deal
O new Deal (novo reparto) nortemericano
Orixe fracaso das medidas do presidente Hoover (confiar na rexeneración do propio sistema) que perde as eleccións de 1932 fronte a F. D. Roosevelt.
Orientación: incidir dende as políticas públicas para reducir o para e fomentar a demanda interna.
Medios: intervención activa do Estado na economía. Reforma o mercado bolsístico e recuperar a
confianza nos bancos (lei de emerxencia bancaria) Políitica monetaria: aceptar aumento da inflación,
abandono do patrón ouro e desvalorización do dólar para favorecer o sector exportador.
Agricultura (Agricultural Adjustement Act (AAA): aumentar a renda agraria mediante a redución da oferta para elevar os prezos.
Na industria: (National Industrial Recovery Act (NIRA): acordos cos empresarios para control de produción e prezos e leis favorables á negociación colectiva e os dereitos dos traballadores
Fomento das obras públicas (ex. Val do Tenesse): para reducir o paro e incrementar a demanda interna.
Estas medidas foron desautorizadas polo tribunal Supremo pero xa cando estaban sendo postas en
prácticaFranklin Delano Roosevelt
Principios do Keynesianismo
As teorías de Keynes En parte inspiraron o New Deal.
Ante o fracaso da liberalismo clásico -nas crises a intervención do Estado debe ser mínima pois o propio sistema rexenérase-, trunfan as doutrinas favorables a unha maior intervención do Estado na economía.
Estes principios os defendeu J. M. Keynes na súa obra “Teoría xeral do emprego, o interese e o diñeiro”, 1919.
Keynes defendía: Que o nivel de emprego non dependía só do
nivel dos salarios, senón tamén doutras variables, como a capacidade de consumo e dos investimentos.
Para combater o desemprego e aumentar a demanda recomendaba: Incrementar a masa monetaria e
abandonar o patrón-ouro. Implica aceptar o incremento da inflación
Aumentar o investimento público por medio dun amplo programa de obras públicas.
O Estado debe intervir máis na economía, sobre todo nas crises.
John Maynard Keynes
top related