23 de abril. dia do libro (tarefa para pcpi-2)
Post on 24-May-2015
245 Views
Preview:
TRANSCRIPT
23 de Abril. DÍA DO LIBRO
O 23 de abril celébrase o día do libro, conmemoración
internacional que ten como obxectivo fomentar a lectura, a
industria editorial e a protección da propiedade intelectual a
través dos dereitos de autor.
A elección desta data non é casual pois conmemora a
morte en 1616 de dous grandes autores: Cervantes e
Shakespeare (aínda que a realidade non é exactamente así:
Cervantes morreu o 22 e enterrouse o 23, mentres que
Shakespeare morreu o 23 de abril do calendario xuliano,
que correspondería en realidade ó 3 de maio). A eles
súmase nesta data a morte do Inca Garcilaso de la Vega,
escritor e historiador peruano, recoñecido por ser o
“primeiro mestizo” que foi capaz de asumir e conciliar as
dúas tradicións culturais: a indíxena americana e a
europea.
En España conmemórase esta data dende principios do
século XX, e ademais faise coincidir coa entrega dos
prestixiosos Premios Cervantes, un dos maiores galardóns
outorgados aos autores hispanos.
En Cataluña o 23 de abril celébrase tamén o día do
seu Patrón San Xurxo (Diada de Sant Jordi) que, ademais,
ten un carácter reinvindicativo da cultura catalá. Nesta data
forma parte da tradición regalar un libro e unha rosa á
parella ou persoas queridas.
A UNESCO (Organización das Nacións Unidas para a
Educación, a Ciencia e a Cultura) promulgou a celebración
desta data con carácter internacional en 1995. Dende 2001
cada 23 de abril diferentes capitais do mundo son
nomeadas Capital Mundial do Libro, realizando distintas
actividades culturais (en bibliotecas, museos, rúas…)
relacionadas co libro.
TAREFA: Elaboración dun ARTIGO XORNALÍSTICO
O artigo seguirá a estrutura e o formato dado en anteriores
ocasións:
Un titular arredor da data que se celebra (tamaño letra
18, tipo letra Verdana)
Un subtítulo (tamaño letra 16)
O corpo do artigo (tamaño letra 12. Arredor de 200
palabras)
Imaxes incrustadas . Só poderán utilizarse as imaxes que
se inclúen neste documento ou obtidas do enlace que se
incorpora aquí ao autor das mesmas, Leandro Lamas.
Fontes de información utilizadas (sinaladas ao final do
artigo)
O artigo presentarase editado, nun documento de Word,
con marxes, título centrado e texto aliñado á esquerda.
INFORMACIÓN ARREDOR DOS XÉNEROS
XORNALÍSTICOS:
o Géneros periodísticos en la prensa escrita
o A crónica (por Xano Cebreiro)
o La prensa, un recurso para el aula
o Os xéneros xornalísticos (por Sofia Rama)
PRODUTO ARTÍSTICO: MARCAPÁXINAS
O marcapáxinas conterá:
Un debuxo que faga referencia á lectura ou aos
libros.
Un texto, escrito en lingua galega, que pode ser
unha frase, un slogan ou unha cita literaria
animando a ler ou acerca da lectura.
FONTES DE INFORMACIÓN:
Galipedia
Abril, mes do libro
Recursos para o día do libro
Oepli / Sermos Galiza
top related