03 o desenvolvemento das cidades na idade media
Post on 22-Jan-2017
103 Views
Preview:
TRANSCRIPT
O DESENVOLVEMENTO DAS CIDADES NA IDADE MEDIA
2º ESO
Roberto López
A partir do século XII aumentou a produción agrícola en Europa.
Isto produciuse por varias causas: Cultiváronse novas terras. Implantouse a rotación trienal de
cultivos. Introducíronse novas técnicas:
arado de veso, novos cultivos e a xeneralización do regadío e os muíños.
Como consecuencia, mellorou a alimentación e a poboación medrou.
A expansión agrícola
Rotación trienal
Arado de veso
1. UNHA ÉPOCA DE PROSPERIDADE
O comercio coñeceu un gran desenvolvemento a partir do século XII.
A causa foi que, ao aumentar a poboación, demandábanse máis produtos, e había que transportalos.
Había dúas rutas marítimas principais: a ruta do Mediterráneo e a ruta do Atlántico e o Báltico.
O desenvolvemento do comercio e a banca
Medios de transportePrincipais rutas do comercio medieval
Os mercadores intercambiaban os seus produtos nas feiras.
O comercio veuse favorecido pola aparición de novas técnicas bancarias: créditos e letras de cambio.
Letra de Cambio
Feira medieval de Zafra (Badaxoz)
A partir do século XII as cidades volveron medrar. Aínda así, as cidades medievais eran pequenas, as máis grandes tiñan 50.000 habitantes.
2. O AUXE DAS CIDADES
Principais cidades medievais españolasCidade medieval de Carcassonne. Francia
O crecemento das cidades
As cidades medraron por distintas causas:
A emigración dos campesiños, atraídos pola liberdade que ofrecían as cidades.
Ofrecen mellores condicións de vida.
A instalación dos mercadores, porque nas cidades se situaban os mercados.
As cidades tiñan o seu propio goberno, o concello.Torre da pólvora (último vestixo do
Concello medieval) . Praga
Había grandes diferenzas entre eles: Propietarios moi ricos e
principais mercadores. Controlan o goberno da cidade
Artesáns e tendeiros modestos. Son a maioría da poboación.
Pobres e marxinados . Non teñen traballo e mendigaban.
Nas cidades tamén había xudarías e mourarías
A sociedade urbana
Os habitantes das cidades eran os burgueses.
O concello
As cidades combinaban funcións relixiosas, administrativas e económicas e estaban sometidas a xurisdición do señor feudal.
Os burgueses loitaron por liberarse do señorío. Se o conseguían o rei concedíalles un foro.
Cada cidade contaba co seu goberno: Primeiro unha asemblea de veciños Despois formáronse concellos presididos polo alcalde Estes concellos foron quedando nas mans de familias ricas.Os concellos ocúpanse de aspectos como a seguridade e defensa da cidade, recadación de impostos , hospitais, escolas, …
O foro
Os artesáns dun mesmo oficio asociábanse en gremios, Cada gremio tiña un estatuto, no que se especificaban as
normas do oficio. Os gremios controlaban a produción, as materias
primas, o número de traballadores, a xornada de traballo, a calidade dos produtos e os prezos.
Os gremios
Os gremios ocupábanse de axudar aos seus membros, atendendo a enfermos, viúvas e orfos. As veces creaban hospitais para os seus membros e familiares
3. OS ARTESANS E OS GREMIOS
O crecemento da poboación e das cidades provocou un aumentodo número de artesáns.
Os artesáns elaboraban os seus produtos a man, con poucas ferramentas.
O centro de traballo era o obradoiro, que estaba situado na vivenda do propietario e tiña un reducido número de traballadores.
Os artesáns dunha mesma profesión vivían na mesma rúa
A actividade artesanal
O oficial era o traballador experto do obradoiro. Recibía un salario polo traballo.
O mestre era o dono do obradoiro. Obtiña os beneficios e sufría as perdas. Eran os que dirixían e controlaban o gremio.
Os oficios artesanais
Cada oficio estaba dividido en tres categorías de artesáns: O aprendiz era un mozo que quería aprender o
oficio. Traballaba sen percibir un salario, vivía na casa do mestre e era mantido por el.
A VIDA NA CIDADE MEDIEVAL
As cidades As cidades medievaismedievais
Están rodeadas de murallas con portas que se
pechan pola noite
As casas son de madeira, moi xuntas e con
pequenas hortas
Divídense en barrios con rúas
estreitas e sinuosas sen
empedrar Os edificios importantes son
a catedral, o concello a lonxa
e os palacios
O ambiente é moi insán. Non hai sumidoiros, nin recollida de lixo
4. A RENOVACIÓN DA CULTURA
As cidades convertéronse no centro da cultura nesa época:
As cidades estaban medrando e precisaban novos edificios.
Os nobres e os burgueses comezaron a encargar obras de arte e palacios.
Nas cidades vivían as novas ordes relixiosas, franciscanos e dominicos.
As escolas urbanas
Os burgueses desexan que os seus fillos adquirisen saberes, o que trae como consecuencia a aparición das escolas urbanas:
Escolas catedralicias que dependen do bispo.
Escolas municipais que dependen dos concellos.
A literatura e a filosofía
Xorden novos xéneros literarios:
Libros cabaleirescos Poesía lírica . Cantares de xesta
Escríbese en linguas vulgares
Redescubríronse obras de filósofos da Antigüidade
O nacemento das universidades Nesa época
fundáronse as primeiras universidades: París, Oxford, Cambridge, Bolonia...
Escolas existentes antes de 1200 despois transformadas en universidades
Universidades fundadas no século XIII
Universidades fundadas na primeira metade do século XIV
A partir do século XII os reis foron aumentando o seu poder dentro dos seus reinos:
Crearon exércitos propios e impuxéronse aos señores feudais.
Fortaleceron a administración e as leis.
5. A CONSOLIDACIÓN DAS MONARQUÍAS
O rei e a súa corte
Aliáronse coas cidades, ás que concederon cartas de liberdades e privilexios, a cambio de que os axudasen na súa loita contra os nobres.
O fortalecemento do poder real
Reinos europeos no século XIV
Os reis comezaron a convocar Cortes ou Parlamentos. Neles estaban representados os nobres, os clérigos e algunhas cidades. Deste xeito, os reis pretendían reducir o poder dos nobres.
Os reis loitaron contra os nobres e entre eles para ampliar os seus dominios.
Os conflitos tiñan a súa orixe en disputas sucesorias ou polo desexo de ampliar as fronteiras dos distintos reinos
Creación dos parlamentos e enfrontamento entre reinos
O rei Xaime I preside unha sesióndas Cortes de Aragón
6. A CRISE DO SÉCULO XIV
Causas da crise
FAME GUERRAS PESTE
Malas colleitas
(esgotamento das terras)
Cambios de cultivos (para a artesanía)
Guerra dos Cen anos
Rebelións campesiñas
Revoltas urbanas
A desnutrición e as malas condicións hixienicas
facilitaron a propagación
top related