amazon web services€¦  · web viewÁrea de inglés curso escolar 200__/0__ (*) programaciÓn...

122
Nome do Centro: (*) _____________________________________________ Área de Inglés Curso escolar 200__/0__ (*) PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA Xefe/a de Departamento: (*) _________________________________

Upload: others

Post on 17-Aug-2020

0 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Amazon Web Services€¦  · Web viewÁrea de Inglés Curso escolar 200__/0__ (*) PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA . Xefe/a de Departamento: (*) _________________________________ ÍNDICE

Nome do Centro: (*) _____________________________________________

Área de Inglés Curso escolar 200__/0__ (*)

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

Xefe/a de Departamento: (*) _________________________________

Page 2: Amazon Web Services€¦  · Web viewÁrea de Inglés Curso escolar 200__/0__ (*) PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA . Xefe/a de Departamento: (*) _________________________________ ÍNDICE

ÍNDICE DE CONTIDOS

ENGLISH LINKS FOR ESO 3

1. Descrición da identidade do centro (*)

2. Introdución e metodoloxía

3. Competencias básicas

4. Secuencia dos Obxectivos Xerais de Área

5. Contidos xerais do terceiro curso da ESO

6. Secuencia de contidos das unidades

7. Atención á diversidade

8. Avaliación e promoción (*)

9. Actividades complementarias e extraescolares (*)

10. Materiais e recursos didácticos (*)

(*) Puntos que deben completar os profesores/as cos datos necesarios

Page 3: Amazon Web Services€¦  · Web viewÁrea de Inglés Curso escolar 200__/0__ (*) PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA . Xefe/a de Departamento: (*) _________________________________ ÍNDICE

1. DESCRICIÓN DA IDENTIDADE DO CENTRO (*)

a) Variábel sociocultural (*) - O barrio amplo - O contorno próximo

b) Características do centro (*) - Emprazamento - Funcionalidade - Integración - O alumnado

c) Variábel idade (*)

d) Composición do departamento didáctico (*)

e) Número de grupos (*)

f) Reunións de departamento (*)

Page 4: Amazon Web Services€¦  · Web viewÁrea de Inglés Curso escolar 200__/0__ (*) PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA . Xefe/a de Departamento: (*) _________________________________ ÍNDICE

2. Introdución e metodoloxía

Descrición do curso

English Links For ESO 3 é un método moi motivador para os alumnos/as porque lles ofrece unha forma natural de aprenderen inglés, cun enfoque integral e equilibrado en contextos que eles coñecen.

Na súa elaboración buscáronse principalmente a claridade de obxectivos e a facilidade de uso para os alumnos/as. Con este fin, no Student’s Book e no Workbook hai numerosos cadros que lles recordan a linguaxe funcional e o vocabulario clave de cada unidade, e tamén un innovador sistema de enlaces moi fácil de seguir. Estes links resaltan os puntos gramaticais e remítenos ao cadro de axuda de cada unidade e ao apéndice gramatical, se desexan unha explicación máis detallada. Outros enlaces similares lévanos desde o Student’s Book ao Workbook para que poidan practicar máis o aprendido, e desde o Workbook ao English Links 3 CD-ROM interactivo, que contén xogos e actividades de vocabulario e de gramática.

Aínda que os contidos do Student’s Book, do Workbook e do CD-ROM interactivo están coidadosamente graduados en dificultade, o curso tamén lle ofrece ao profesor/a o Teacher’s Photocopiable Pack e un Test Book acompañado dun CD-ROM en formato de Word para atender á diversidade que hai nas aulas. O profesor/a tamén disporá dun xogo de tres pósteres con suxestións para realizar actividades na clase.

English Links presenta temas interesantes que espertarán nos alumnos/as o desexo de saber máis sobre a lingua inglesa e sobre os países anglosaxóns, e amplía os seus coñecementos culturais destes países grazas aos enlaces que os levan á sección de cultura a toda cor que hai no Workbook e aos listenings adicionais sobre o tema, no CD-ROM interactivo.

A medida que usen English Links, os alumnos/as aprenderán a expresarse en inglés con toda liberdade -e os prácticos materiais proporcionados nos compoñentes do curso farán que este proceso sexa fácil e natural-.

Outra vantaxe máis é a dirección da páxina web que verán na páxina 9 do Student’s Book , www.burlingtonbooks.com/EnglishLinks. Recomendamos que os alumnos/as a visiten, xa que os levará a atopar en Internet actividades relacionadas con cada unidade.

Compoñentes

Student’s Book - Dez unidades temáticas que mostran os aspectos socioculturais do mundo de

fala inglesa.- Unha páxina de autoavaliación chamada Quiz Link en cada unidade que fomenta

a práctica da linguaxe funcional. - Tres unidades de repaso cun texto de lectura ou un poema, unha canción e un

proxecto en cada unha.- Unha word list coas palabras traducidas en contexto e agrupadas por unidades,

para que o alumno/a poida localizalas facilmente. - Unha lista de verbos irregulares.

Page 5: Amazon Web Services€¦  · Web viewÁrea de Inglés Curso escolar 200__/0__ (*) PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA . Xefe/a de Departamento: (*) _________________________________ ÍNDICE

- Un apéndice gramatical en lingua propia con explicacións sinxelas, cadros gramaticais e numerosos exemplos.

- Un sistema de links opcionais entre as actividades, os recursos didácticos e os demais compoñentes:

- Grammar Link que enlaza coas explicacións gramaticais do apéndice e coas actividades opcionais no CD-ROM interactivo.

- Culture Link con textos culturais extras no Workbook e listenings no CD-ROM.

- Project Link con material de apoio para preparar e presentar traballos no Workbook.

- Song Link - Music Pages para ampliar a información sobre as cancións e sobre os cantantes no Workbook.

Workbook - Dez unidades con gran variedade de exercicios graduados para practicar a

gramática e o vocabulario, ademais de actividades complementarias de listening, reading e writing.

- Fincapé nas expresións máis útiles do inglés oral coa tradución dun diálogo en cada unidade.

- Unha sección sobre os proxectos, cunha detallada explicación dos pasos a seguir e material de apoio para facer presentacións orais (cue cards).

- Unha sección de cultura a toda cor con: - Textos e actividades adicionais baseadas nas cuestións culturais

expostas no Student’s Book . - Páxinas especiais sobre música con información sobre as cancións e

os cantantes do Student’s Book, acompañadas tamén de diversas actividades.

- Un xogo de taboleiro baseado en referencias culturais. - Un audio CD con todos os exercicios de listening, de pronuncia e os textos da

sección cultural do Workbook, ademais das cancións e da lista de verbos irregulares do Student’s Book .

Interactive CD-ROM - Dúas actividades interactivas por unidade para practicar o vocabulario e outras

dúas para a gramática, con dous niveis de dificultade. - Actividades de comprensión oral baseadas nos temas culturais das unidades (un

xogo en cada unidade).

Teacher’s Manual (encadernado en espiral) - Unha sección de avaliación con cadros fotocopiábeis. - Notas de clase claras e breves coas páxinas do Student’s Book intercaladas, que

son un excelente apoio para planificar as clases. - A clave de respostas aos exercicios do Student’s Book . - Actividades de repaso e de ampliación. - Transcrición de todos os listenings do Student’s Book e do Workbook. - Lista do vocabulario e da linguaxe funcional presentados nos cadros “Today’s

English” do Student’s Book . - Páxinas fotocopiábeis con actividades do Student’s Book para utilizar na clase. - Listaxe do contido (track list) dos Class audio CDs. - As páxinas do Workbook reproducidas a escala coas respostas a todas as

actividades.

Test Book - Un pre-test e páxinas de repaso.

Page 6: Amazon Web Services€¦  · Web viewÁrea de Inglés Curso escolar 200__/0__ (*) PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA . Xefe/a de Departamento: (*) _________________________________ ÍNDICE

- Un test por unidade con actividades graduadas en tres niveis de dificultade: básico, intermedio e avanzado.

- Tres exames trimestrais adaptados aos diferentes niveis dos alumnos/as. - A clave de respostas.

Teacher’s Photocopiable Pack - Unha sección, con material adicional de repaso e de ampliación para o

profesor/a, que inclúe exercicios de gramática, vocabulario, speaking e o cadro dos símbolos fonéticos.

- Unha sección dedicada ao tratamento da diversidade con: - Dúas páxinas fotocopiábeis por unidade con actividades para que os

alumnos/as con menos nivel de coñecementos repasen a gramática e o vocabulario.

- Unha páxina de ampliación por unidade para os alumnos/as con máis nivel.

- A clave de respostas.

Class audio CDs - Todos os diálogos, textos de lectura e exercicios de pronuncia, de speaking e

listening do Student’s Book . - Os exercicios de pronuncia do Student’s Book .- Todas as cancións. - As actividades de listening e pronuncia dos tests. - Readings adicionais.

CD-ROM co proxecto curricular e tests- A programación completa do curso.- Todos os tests do Test Book en formato de Word, para podelos editar se se

quere.

Poster Pack - Tres pósteres por ciclo, concibidos como material de axuda na clase. - Suxestións sobre actividades para realizar cos alumnos.

Descrición de English Links

Cada unidade está dividida en catro apartados, atendendo todos eles ao desenvolvemento das capacidades básicas. Os tres primeiros (a, b e c) presentan e amplían o tema da unidade cunha lectura, actividades de vocabulario e de gramática, listenings e linguaxe funcional. O apartado d ofrece unha práctica de escritura coidadosamente graduada, que fai fincapé nas regras e no proceso de escribir.

A última páxina de cada unidade do Student’s Book é a sección Quiz Link, para que o alumno/a poña en práctica o vocabulario, a gramática, a linguaxe funcional e a escritura da unidade e teña a oportunidade de avaliar o seu progreso. O cadro Word Check que aparece nesta sección, con vinte palabras clave da unidade, ordenadas alfabeticamente, serve para repasar o vocabulario e facer ditados. O profesor/a atopará suxestións para realizar esta actividade nas notas da clase.

Os proxectos e as cancións inclúense nas tres unidades de repaso do Student’s Book. Cos primeiros practican o vocabulario e as estruturas aprendidas nas tres ou catro unidades previas, coincidindo co final de cada trimestre. No Workbook inclúese unha detallada relación dos pasos a seguir para realizalos e material de apoio para facer presentacións orais (cue cards). As cancións serven para facilitar a

Page 7: Amazon Web Services€¦  · Web viewÁrea de Inglés Curso escolar 200__/0__ (*) PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA . Xefe/a de Departamento: (*) _________________________________ ÍNDICE

aprendizaxe do idioma, ao introducilos no inglés de hoxe nun contexto real. Ademais, cada unidade de repaso conta cun reading extra e con exercicios variados para consolidar o vocabulario e as estruturas gramaticais estudadas nas unidades anteriores.En todos os niveis da ESO, English Links cumpre o estabelecido no currículo sobre o ensino da linguaxe funcional e da gramática e reflicte os contidos propostos polas consellerías educativas das comunidades autónomas. Os obxectivos das seccións están claramente visíbeis na parte superior de cada páxina para que os teñan presentes, tanto o profesor/a coma os alumnos/as.

A avaliación dos alumnos/as de 3º da ESO

Aprender unha lingua segue a ser un dos maiores retos aos que se enfrontan os alumnos/as, entre outras razóns porque lles esixe implicarse activamente na tarefa e interesarse por unha cultura e unha visión da vida diferentes da súa. Para facilitarlles este proceso, English Links téndelles unha ponte aos países de fala inglesa e ao inglés que usa a xuventude da súa idade.

Ao longo do proceso os alumnos/as tenden a mostrar as súas preferencias por determinadas áreas de aprendizaxe. Por exemplo, quizais lles interese máis aprender o inglés que falan os mozos/as nativos da súa mesma idade que as regras gramaticais. Tamén pode pasar que unhas destrezas lingüísticas lles resulten máis fáciles de aprender que outras.

Por estas razóns, o curso ofrécelles unha gran variedade de actividades coas que desenvolveren os seus intereses e consolidaren os seus puntos fortes á vez que practican todas as áreas de aprendizaxe. Tendo en conta a diversidade existente na aula con respecto ao nivel de coñecementos, é importante coñecer canto antes os gustos e preferencias dos alumnos/as, os seus puntos fortes e débiles. Co fin de facilitarlle esta tarefa ao profesor/a, a seguinte sección proporciona o material necesario para preparar unha ficha de cada alumno/a coa avaliación formativa, que siga a súa evolución e a avaliación sumativa final.

Preparación dos portfolios de traballo e avaliación individual dos alumnos/as

Hoxe en día téndese cada vez máis a animar aos alumnos/as -co apoio dos profesores/as- a que preparen un portfolio do seu traballo, un documento no que se recollen o seu estilo de aprendizaxe, os seus obxectivos para mellorar, as probas dos seus progresos e un rexistro dos seus contactos con falantes nativos ou os seus intercambios culturais coa comunidade onde se fala a lingua estranxeira. Quizais o exemplo máis ambicioso de todo isto é o Portfolio Europeo das Linguas, que consta de tres partes fundamentais:

- un Pasaporte de linguas no que o alumno/a rexistra as cualificacións que obtén e o seu progreso na lingua, mediante unha escala de autoavaliación recoñecida internacionalmente.

- unha Biografía lingüística onde reflexiona sobre o que sabe facer na lingua que está aprendendo e que lle permite avaliar o seu progreso dunha forma realista.

- un Dossier con mostras de traballos escolares de diferentes tipos, como gravacións en audio e en vídeo, traballos escritos e informes de visitas

Page 8: Amazon Web Services€¦  · Web viewÁrea de Inglés Curso escolar 200__/0__ (*) PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA . Xefe/a de Departamento: (*) _________________________________ ÍNDICE

realizadas, ademais da documentación que acredite os datos contidos nas seccións Pasaporte e Biografía.

Esta iniciativa promovida polo Consello de Europa parte da convicción de que os alumnos/as de linguas estranxeiras deben ser responsábeis da súa aprendizaxe, estabelecer os seus obxectivos e traballar activamente para conseguilos. As follas de avaliación ofrecidas por English Links, para que os alumnos/as as completen están baseadas nesta convicción. Nelas teñen a oportunidade de describir o seu contacto coa lingua inglesa, o que conseguiron e os obxectivos para o ano seguinte. Este último punto é quizais o máis importante xa que o alumno/a ten que elixir e utilizar as estratexias máis idóneas para poder mellorar. Moitos criterios de autoavaliación incluídos son moi parecidos aos do Portfolio Europeo das Linguas e farán que sexa máis doada a preparación deste tipo de documentos para os profesores/as e para os alumnos/as

Avaliación individual dos alumnos/as de 3º da ESO e o marco común europeo.

Cando os alumnos/as pasan ao terceiro curso, probabelmente non atopen grandes diferenzas entre o que se espera deles neste 2º ciclo e o que lles foi esixido no primeiro. Con todo, os profesores/as precisarán coñecer o seu nivel e, neste senso, English Links ofrécelles dúas importantes ferramentas de investigación:

- un Pre-test para realizar ao comezo do curso (ver páxina 4 do Test Book). - as follas de autoavaliación da sección “Avaliación e promoción” deste proxecto

que se poden utilizar como portfolio para seguir o progreso de cada alumno/a na lingua.

Unha lectura atenta dos resultados destas dúas ferramentas de avaliación proporcionaralles aos profesores/as información esencial sobre os seus alumnos/as e fará que se sintan máis valorados no seu novo contorno. É importante facerlles ver que os criterios de avaliación incluídos na folla English and Me fan fincapé no lado positivo da aprendizaxe e destacan o que conseguiron máis que o que non alcanzaron. Utilizando esta folla de avaliación, todos eles terán comentarios positivos que facer e verán a súa evolución durante o curso. Débenselles recordar con frecuencia as estratexias que decidiron utilizar para que melloren no campo da linguaxe que elixiron (My Strategies for Progress).

A avaliación formativa e sumativa

A folla de avaliación formativa da sección “Avaliación e promoción” deste proxecto permite que o profesor/a recolla regularmente as notas que os seus alumnos/as obteñen en cada unidade e ademais avalíe a súa actitude cara á lingua. Recoméndase comparalas coa autoavaliación que os alumnos/as fixeron nas follas de English and Me antes de cubrir a folla de avaliación sumativa de cada un, que aparece na mesma sección, para rexistrar como progresaron durante o ano. Isto é porque pode haber discrepancias entre o que os alumnos/as fixeron nun test e o que poden facer nunha clase normal.

De calquera modo, hai que recordar que nesta nova etapa a avaliación do proceso de aprendizaxe do alumnado é continua e a decisión do profesor/a de promover ao alumno/a virá condicionada pola consecución das competencias básicas e polos obxectivos da etapa.

Page 9: Amazon Web Services€¦  · Web viewÁrea de Inglés Curso escolar 200__/0__ (*) PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA . Xefe/a de Departamento: (*) _________________________________ ÍNDICE

3. Competencias básicas

Son aquelas competencias que debe desenvolver un alumno ou unha alumna ao finalizar o ensino obrigatorio, para poder lograr a súa realización persoal, exercer a cidadanía activa, incorporarse á vida adulta de xeito satisfactorio e ser capaz de desenvolver unha aprendizaxe permanente ao longo da vida.

Finalidades

1- Integrar as diferentes aprendizaxes, tanto as formais, incorporadas ás diferentes áreas ou materias, coma as informais e non formais.

2- Permitir a todos os estudantes integrar as súas aprendizaxes. 3- Orientar o ensino, ao permitir identificar os contidos e os criterios de

avaliación que teñen carácter imprescindíbel.

Non existe unha relación única entre o ensino de determinadas áreas ou materias e o desenvolvemento de certas competencias. Cada unha das áreas contribúe ao desenvolvemento de diferentes competencias e, á súa vez, cada unha das competencias básicas alcanzarase como consecuencia do traballo en varias áreas ou materias.

No marco da proposta realizada pola Unión Europea identificáronse oito competencias básicas:

1. Competencia en comunicación lingüística 2. Competencia matemática 3. Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico 4. Tratamento da información e competencia dixital 5. Competencia social e cidadá 6. Competencia cultural e artística 7. Competencia para aprender a aprender 8. Autonomía e iniciativa persoal

En cada materia inclúense referencias explícitas acerca da súa contribución ás competencias básicas, ás que se orienta en maior medida. Doutra banda, tanto os obxectivos coma a propia selección dos contidos buscan asegurar o desenvolvemento de todas elas. Os criterios de avaliación, serven de referencia para valorar o progresivo grao de adquisición.

1. Competencia en comunicación lingüística Esta competencia refírese á utilización da linguaxe como instrumento de comunicación oral e escrita, de representación, interpretación e comprensión da realidade, de construción e comunicación do coñecemento e de organización e autorregulación do pensamento, das emocións e da conduta. Con distinto nivel de dominio e formalización -especialmente en lingua escrita- esta competencia significa, no caso das linguas estranxeiras, poderse comunicar nalgunhas delas e, con iso, enriquecer as relacións sociais e desenvolverse en contextos distintos ao propio. Así mesmo, favorécese o acceso a diversas fontes de información, comunicación e aprendizaxe. En síntese, o desenvolvemento da competencia lingüística ao final da educación obrigatoria comporta o dominio da lingua oral e escrita en múltiples contextos, e o uso funcional de, polo menos, unha lingua estranxeira.

Page 10: Amazon Web Services€¦  · Web viewÁrea de Inglés Curso escolar 200__/0__ (*) PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA . Xefe/a de Departamento: (*) _________________________________ ÍNDICE

2. Competencia matemática Esta competencia supón aplicar as destrezas e actitudes que permiten razoar matematicamente, comprender unha argumentación matemática e expresarse e comunicarse na linguaxe matemática, utilizando as ferramentas de apoio adecuadas e integrando o coñecemento matemático con outros tipos de coñecemento para dar unha mellor resposta ás situacións da vida de distinto nivel de complexidade.

3. Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico Esta competencia supón o desenvolvemento e a aplicación do pensamento científico-técnico para interpretar a información que se recibe e para predicir e tomar decisións con iniciativa e autonomía persoal nun mundo no que os avances que se van producindo nos ámbitos científico e tecnolóxico teñen unha influencia decisiva na vida persoal, na sociedade e no mundo natural. Así mesmo, implica a diferenciación e a valoración do coñecemento científico, ademais doutras formas de coñecemento, e a utilización de valores e criterios éticos asociados á ciencia e ao desenvolvemento tecnolóxico. En coherencia coas habilidades e destrezas relacionadas ata aquí, son parte desta competencia básica o uso responsábel dos recursos naturais, o coidado do ambiente, o consumo racional e responsábel e a protección da saúde individual e colectiva como elementos clave da calidade de vida das persoas.

4. Tratamento da información e competencia dixital Esta competencia implica ser unha persoa autónoma, eficaz, responsábel, crítica e reflexiva ao seleccionar, tratar e utilizar a información e as súas fontes, así como as distintas ferramentas tecnolóxicas. Tamén implica ter unha actitude critica e reflexiva na valoración da información dispoñíbel, contrastándoa cando é necesario, e respectar as normas de conduta acordadas socialmente para regular o uso da información e das súas fontes nos distintos soportes.

5. Competencia social e cidadá Esta competencia supón comprender a realidade social en que se vive, afrontar a convivencia e os conflitos empregando o xuízo ético baseado nos valores e nas prácticas democráticas, e exercer a cidadanía, actuando con criterio propio, contribuíndo á construción da paz e da democracia, e mantendo unha actitude construtiva, solidaria e responsábel ante o cumprimento dos dereitos e das obrigacións cívicas.

6. Competencia cultural e artística O conxunto de destrezas que configuran esta competencia refírese tanto á habilidade para apreciar e gozar coa arte e outras manifestacións culturais coma a aquelas relacionadas co emprego dalgúns recursos da expresión artística para realizar creacións propias; implica un coñecemento básico das distintas manifestacións culturais e artísticas, a aplicación de habilidades de pensamento diverxente e de traballo colaborativo, unha actitude aberta, respectuosa e crítica ante a diversidade de expresións artísticas e culturais, o desexo e a vontade de cultivar a propia capacidade estética e creadora, e o interese por participar na vida cultural e por contribuír á conservación do patrimonio cultural e artístico tanto da propia comunidade coma doutras comunidades.

7. Competencia para aprender a aprender Aprender a aprender implica a conciencia, xestión e control das propias capacidades e coñecementos desde un sentimento de competencia ou eficacia persoal, e inclúe tanto o pensamento estratéxico, coma a capacidade de cooperar, de se autoavaliar, e o manexo eficiente dun conxunto de recursos e técnicas de traballo intelectual que

Page 11: Amazon Web Services€¦  · Web viewÁrea de Inglés Curso escolar 200__/0__ (*) PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA . Xefe/a de Departamento: (*) _________________________________ ÍNDICE

se realizan a través de experiencias de aprendizaxe conscientes e gratificantes, tanto individuais coma colectivas.

8. Autonomía e iniciativa persoal Esta competencia supón ser capaz de imaxinar, emprender, desenvolver e avaliar accións ou proxectos individuais ou colectivos con creatividade, confianza, responsabilidade e sentido crítico.

Contribución da materia de Lingua Estranxeira á adquisición das competencias básicas

A aprendizaxe dunha lingua estranxeira contribúe á adquisición das seguintes competencias, todas elas traballadas en cada unidade de English Links 3:

Competencia en comunicación lingüística ao completar, enriquecer e buscar novos matices comprensivos e expresivos nesta capacidade comunicativa xeral. Unha aprendizaxe da lingua estranxeira baseada no desenvolvemento de habilidades comunicativas contribuirá ao desenvolvemento desta competencia básica no mesmo sentido que o fai a primeira lingua. A contribución da lingua estranxeira ao desenvolvemento desta competencia é primordial no discurso oral ao adquirir as habilidades de escoitar, falar e conversar. Así mesmo, a aprendizaxe da lingua estranxeira mellora a competencia comunicativa xeral ao potenciar a habilidade de se expresar oralmente e por escrito.

Competencia para aprender a aprender ao facilitar ou completar a capacidade do alumnado para interpretar ou representar a realidade e así construír coñecementos, formular hipóteses e opinións, expresar e analizar sentimentos e emocións. Doutra banda, a competencia para aprender a aprender rendibilízase enormemente se se inclúen contidos directamente relacionados coa reflexión sobre a propia aprendizaxe. Esa é a razón da inclusión no currículo dun apartado específico de reflexión sobre a mesma. O desenvolvemento de estratexias diversas de aprender a aprender prepara o alumnado de forma progresiva para a toma de decisións que favorecen a autonomía, co fin de utilizar e de seguir aprendendo a lingua estranxeira ao longo da vida.

Competencia social e cidadá ao favorecer o respecto, o interese e a comunicación con falantes doutras linguas e o recoñecemento e a aceptación de diferenzas culturais e de comportamento. O intercambio de información persoal axuda a reforzar a identidade dos interlocutores. Doutra banda, en lingua estranxeira é especialmente relevante o traballo en grupo e en parellas. A través destas interaccións, apréndese a participar, a expresar as ideas propias e a escoitar as alleas, poténciase a habilidade para construír diálogos, negociar significados, tomar decisións valorando as achegas dos compañeiros, conseguir acordos, e, en definitiva, favorécese a aprendizaxe dos demais e cos demais.

Competencia en tratamento da información e competencia dixital ao acceder de xeito sinxelo e inmediato á información que se pode atopar nesta lingua, á vez que ofrece a posibilidade de comunicármonos utilizándoa. Ademais, facilita a comunicación persoal a través do correo electrónico en intercambios coa xuventude doutros lugares e, o que é máis importante, crea contextos reais e funcionais de comunicación. Este uso cotián contribúe directamente ao desenvolvemento desta competencia.

Page 12: Amazon Web Services€¦  · Web viewÁrea de Inglés Curso escolar 200__/0__ (*) PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA . Xefe/a de Departamento: (*) _________________________________ ÍNDICE

Competencia artística e cultural ao incluír un achegamento a manifestacións culturais propias da lingua e dos países onde se fala e propiciar unha aproximación a obras ou autores que contribuíron á creación artística. Así mesmo, a área contribúe ao desenvolvemento desta competencia cando se facilita a expresión de opinións, gustos e emocións que producen diversas manifestacións culturais e artísticas e cando se favorecen os traballos creativos individuais e en grupo, como poden ser a realización e a representación de simulacións e narracións.

Competencia autonomía e iniciativa persoal ao fomentar o traballo cooperativo na aula, o manexo de recursos persoais e de habilidades sociais de colaboración e de negociación, o que supón poñer en funcionamento determinados procedementos que permiten a realización de iniciativas e a toma de decisións na planificación, organización e xestión do traballo, propiciando así a autonomía e a iniciativa persoal.

Page 13: Amazon Web Services€¦  · Web viewÁrea de Inglés Curso escolar 200__/0__ (*) PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA . Xefe/a de Departamento: (*) _________________________________ ÍNDICE

4. Secuencia dos Obxectivos Xerais de Área

Os dez Obxectivos Xerais de Área para English Links For ESO 3 concrétanse nas capacidades que se detallan a continuación de cada un deles:

1º Escoitar e comprender información xeral e específica de textos orais en situacións comunicativas variadas, adoptando unha actitude respectuosa e de cooperación.

Capacidades: Comprender a información global e a específica de mensaxes orais emitidas

polo profesor/a e polos compañeiros/as, relativas a situacións habituais de comunicación, como instrucións para realizar tarefas na aula, e aos temas incluídos neste nivel.

Identificar significados apoiándose en claves non lingüísticas (o ton de voz, as ilustracións, os coñecementos previos sobre o tema, o contexto...).

Comprender a información global e algúns datos relevantes de mensaxes orais gravadas e de material semiauténtico e facer tarefas significativas graduadas ao seu nivel (textos orais sobre un mercado na rúa, habilidades de magos e acróbatas, actividades de tempo libre, hábitos, lugares de entretemento na cidade, a visita aos xardíns dun palacio, indicacións para chegar a un lugar, unha historia de medo, o extracto dunha novela de S. King, biografías, fobias e medos, unha ponte de Estados Unidos onde hai esquíos, técnicas de supervivencia, os ourizos en Gran Bretaña, a roupa e a moda, o futuro espacial e tecnolóxico, o humor, a historia dun taxista de Nova York, a música e as estrelas musicais, accións en curso, accións pasadas, plans futuros, letras de cancións, etc.).

Identificar as normas de cortesía propias da comunicación en inglés.

2º- Expresarse e interactuar oralmente en situacións habituais de comunicación, de forma comprensíbel, adecuada e con certo nivel de autonomía.

Capacidades: Negociar co profesor/a e cos compañeiros/as a organización da clase e das

actividades (instrucións, obxectivos, criterios de avaliación, regras) respectando todos os puntos de vista.

Estruturar ou poñer en orde a información emitida na mensaxe oral. Organizar a mensaxe oral de xeito coherente a través das tarefas e da reflexión

(incluír todos os detalles que sexan pertinentes, respectar a orde das palabras na oración inglesa, seguir unha orde cronolóxica...)

Interaccionar de modo semicontrolado cos compañeiros/as e co profesor/a para saudar, presentarse, describir alguén, falar das súas rutinas e sobre os temas incluídos neste nivel.

Producir mensaxes orais en relación directa co profesor/a e cos compañeiros/as expresando a intencionalidade comunicativa que requira a situación, referentes ao funcionamento da clase, (o presente simple e os adverbios de frecuencia, o presente continuo, o verbo like + xerundio, o adxectivo nos graos comparativo e superlativo, o pasado simple e o pasado continuo, there was e there were, os modais can / can’t, should / shouldn’t, could / couldn’t e must / mustn’t, o

Page 14: Amazon Web Services€¦  · Web viewÁrea de Inglés Curso escolar 200__/0__ (*) PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA . Xefe/a de Departamento: (*) _________________________________ ÍNDICE

pretérito perfecto composto (Present Perfect) e o seu contraste co pasado simple, o futuro con be going to e con will, os cuantificadores, too / not enough, have to / don’t have to, o primeiro condicional, os adverbios de modo e a voz pasiva en presente e en pasado).

Utilizar o vocabulario específico e expresar a intencionalidade correspondente a cada situación comunicativa (intercambiar información persoal, describir e comparar persoas, expresar habilidade e posibilidade, obriga e prohibición, facer suxestións e responder a elas, dicir o que lles gusta e o que non, dar enderezos e consellos, falar do pasado e do futuro, etc.).

Verificar afirmacións sobre a mensaxe oral e o seu contido. Participar en actividades de grupo e en parellas, respectando os compañeiros/as

e colaborando con todos os integrantes da clase.

3º- Ler e comprender textos diversos dun nivel adecuado ás capacidades e intereses do alumnado, co fin de extraer información xeral e específica, e utilizar a lectura como fonte de pracer e de enriquecemento persoal.

Capacidades: Comprender a información global e a específica de mensaxes escritas en inglés

relativas a situacións habituais de comunicación: diálogos, correos electrónicos, a ficha de inscrición nun concurso, críticas de películas e obras de teatro, textos descritivos, historias de medo, noticias de sucesos nun xornal, un artigo sobre os pingüíns e outro sobre os ourizos, entrevistas, anuncios, titulares de prensa e letras de cancións, xunto con outros textos breves sobre distintos temas.

Asociar información con imaxes e/ou personaxes. Aplicar técnicas para inferir significados e tempos verbais adecuados a través do

contexto, do apoio visual e dos coñecementos culturais. Desenvolver estratexias adecuadas de lectura extensiva e intensiva:

- Identificar palabras e informacións relevantes a través da reflexión, para utilizar o dicionario de forma correcta e non abusiva.

- Predicir información e significados a partir do contexto, do apoio visual e dos coñecementos culturais previos que se teñan sobre o tema, para facilitar a comprensión lectora.

- Recorrer a fontes de información: dicionarios, enciclopedias, apéndices gramaticais.

- Identificar a funcionalidade e a intencionalidade do texto escrito. - Identificar información específica facendo unha lectura selectiva

(scanning). - Identificar a idea principal do texto sen necesidade de lelo completo. - Identificar o tema dun texto coa axuda das ilustracións que o

acompañan. Relacionar o tema da lectura con outras disciplinas, coas experiencias persoais e

coa propia cultura. Obter información específica da lectura seguindo unha tarefa determinada. Mostrar unha actitude positiva e de curiosidade ante a lectura. Reflexionar de xeito crítico sobre o tema da lectura.

Page 15: Amazon Web Services€¦  · Web viewÁrea de Inglés Curso escolar 200__/0__ (*) PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA . Xefe/a de Departamento: (*) _________________________________ ÍNDICE

4º- Escribir textos sinxelos con finalidades diversas sobre distintos temas, utilizando recursos adecuados de cohesión e de coherencia. Capacidades: Identificar a funcionalidade da mensaxe escrita (saudar e presentarse, expresar

hábitos e habilidades, falar de accións en curso e contrastalas coas rutinas, facer suxestións e aceptalas ou refugalas, dicir o que lles gusta e o que non, describir e comparar persoas polo seu físico e o seu carácter, dar enderezos e consellos, falar do pasado e das experiencias, dos plans e intencións para o futuro, expresar cantidade, obriga, prohibición, probabilidade e posibilidade, facer predicións e promesas, describir as etapas dun proceso, pedir e dar información sobre un produto, etc.).

Inferir e deducir regras gramaticais e de escritura a partir de exemplos presentados e transferir as devanditas regras ás producións propias.

Utilizar o vocabulario e as estruturas adecuadas á intención comunicativa das mensaxes escritas (o presente simple e os adverbios de frecuencia, o presente continuo, o verbo like + xerundio, o adxectivo nos graos comparativo e superlativo, o pasado simple e o pasado continuo, there was e there were, os modais can / can’t, should / shouldn’t, could / couldn’t e must / mustn’t, o pretérito perfecto composto (Present Perfect) e o seu contraste co pasado simple, o futuro con be going to e con will, os cuantificadores too / not enough, have to / don’t have to, o primeiro condicional, os adverbios de modo e a voz pasiva en presente e en pasado).

Organizar a mensaxe escrita de xeito coherente a través das tarefas e da reflexión (incluír todos os detalles que sexan pertinentes, respectar a orde das palabras na oración inglesa, seguir unha orde cronolóxica, usar correctamente as maiúsculas, os signos de puntuación e os conectores, repasar o borrador para corrixir a ortografía e a presentación, etc.).

5º- Utilizar con corrección os compoñentes fonéticos, léxicos, estruturais e funcionais básicos da lingua estranxeira en contextos reais de comunicación.

Capacidades: Recoñecer os esquemas de entoación correspondentes ás distintas funcións

comunicativas e intentar utilizar os específicos das situacións de comunicación incluídas no apartado de contidos correspondentes a este nivel.

Practicar patróns fonolóxicos para mellorar a pronuncia (das terminacións verbais en presente e pasado, de sons vocálicos difíciles, das formas contraídas e dalgunhas formas débiles), o ritmo e a entoación.

Identificar estratexias lingüísticas e non lingüísticas (expresarse e demostrar comprensión por medio de actos non verbais, pedir que repitan, pedir aclaracións, etc.) para evitar que se interrompa a comunicación.

6º- Desenvolver a autonomía na aprendizaxe, reflexionar sobre os propios procesos de aprendizaxe, e transferir á lingua estranxeira coñecementos e estratexias de comunicación adquiridas noutras linguas.

Capacidades: Identificar os contrastes entre a L1 e a L2 (en canto ás categorías gramaticais, ao

uso das maiúsculas, nomes contábeis e non contábeis, a colocación do

Page 16: Amazon Web Services€¦  · Web viewÁrea de Inglés Curso escolar 200__/0__ (*) PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA . Xefe/a de Departamento: (*) _________________________________ ÍNDICE

adxectivo, a orde suxeito-verbo, a nomenclatura e os usos dos tempos verbais, os conectores e demais puntos gramaticais correspondentes a este nivel) e reflexionar sobre os mesmos para convertelos en estratexias de aprendizaxe autónoma.

Planificar o tempo dedicado á materia fóra de clase. Avaliar se o tempo dedicado foi suficiente e frutífero. Organizar o seu propio caderno da materia incluíndo partes ben diferenciadas

de: tarefas, vocabulario, autoavaliación, etc. Completar a sección Quiz Link e reflexionar sobre os seus logros e fracasos.

7º- Utilizar estratexias de aprendizaxe e todos os medios ao seu alcance, incluídas as tecnoloxías da información e da comunicación, para obter, seleccionar e presentar información oralmente e por escrito.

Capacidades: Organizar o vocabulario construíndo redes léxicas e mapas semánticos ou

utilizando estratexias propias, sempre que sexan produtivas para a aprendizaxe: clasificacións léxicas, sintácticas e fonolóxicas; percepcións subxectivas; palabras que habitualmente van xuntas (adxectivos e nomes, preposicións e nomes, etc.).

Desenvolver as seguintes estratexias de aprendizaxe autónoma: - Utilizar os coñecementos previos. - Utilizar o apoio visual para mellorar a comprensión e a expresión oral

e escrita. - Utilizar o contexto para inferir significados e intencións comunicativas. - Utilizar correctamente o dicionario. - Seguir o proceso adecuado na realización da audición. - Atención selectiva para obter información específica dun texto oral ou

escrito. - Recorrer ás fontes de información adecuadas: dicionarios,

enciclopedias, apéndices gramaticais, glosarios, Internet, etc. - Crear asociacións funcionais. - Transferir conceptos de comprensión oral a expresión oral e

viceversa. - Deducir e inducir regras. - Repetición de sons, palabras e oracións. - Repetición significativa de discursos contextualizados

preestabelecidos. - Transferir conceptos de comprensión escrita a expresión escrita e

viceversa. - Transferir os contidos estudados ás producións propias. - Utilizar e organizar os recursos e materiais didácticos para mellorar a

produción propia (caderno, resumos, agrupacións léxicas, tests, etc.). - Utilizar a autocorrección. - Utilizar a autoavaliación para recoñecer a fase de aprendizaxe do

momento e planificar as necesidades de mellora.

Page 17: Amazon Web Services€¦  · Web viewÁrea de Inglés Curso escolar 200__/0__ (*) PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA . Xefe/a de Departamento: (*) _________________________________ ÍNDICE

- Interrelacionar os coñecementos propios doutras áreas nas prácticas de aprendizaxe do idioma.

8º- Apreciar a lingua estranxeira como instrumento de acceso á información e como ferramenta de aprendizaxe de contidos diversos. Capacidades: Recoñecer estruturas e tipos de texto para poder transferilos ás producións

propias (estruturas gramaticais e funcionais, descricións, correos electrónicos, carteis anunciadores, narracións, etc.).

Identificar as categorías gramaticais e os seus trazos lingüísticos para facilitar a comprensión dos textos: (o presente simple e os adverbios de frecuencia, o presente continuo, o verbo like + xerundio, o adxectivo nos graos comparativo e superlativo, o pasado simple e o pasado continuo, there was e there were, os modais can / can’t, should / shouldn’t, could / couldn’t e must / mustn’t, o pretérito perfecto composto (Present Perfect) e o seu contraste co pasado simple, o futuro con be going to e con will, os cuantificadores, too / not enough, have to / don’t have to, o primeiro condicional, os adverbios de modo e a voz pasiva en presente e en pasado).

Aplicar técnicas para inferir significados e tempos verbais adecuados a través do contexto, do apoio visual e dos coñecementos culturais.

Ler textos específicos sobre aspectos culturais do Reino Unido para posteriormente elaborar tarefas de contraste coa súa propia cultura.

Identificar as normas de cortesía propias da comunicación en inglés. Reflexionar de xeito crítico sobre o tema das lecturas.

9º- Valorar a lingua estranxeira e as linguas en xeral, como medio de comunicación e de entendemento entre persoas de procedencias, linguas e culturas diversas, evitando calquera tipo de discriminación e de estereotipos lingüísticos e culturais.

Capacidades: Identificar algúns estilos de vida do Reino Unido e valorar a riqueza cultural que

supoñen. Recoñecer a influencia dunhas linguas sobre outras: herdanzas lingüísticas,

préstamos, a linguaxe científica e tecnolóxica, etc. Mostrar unha actitude de respecto ante a cultura anglosaxona. Valorar e respectar culturas e formas de vida diferentes á propia, favorecendo a

tolerancia e a convivencia. Relacionar os contidos referentes aos aspectos socioculturais do inglés

presentados neste nivel con experiencias persoais e coa cultura propia. Reflexionar sobre a capacidade persoal de relacionarse con persoas de distintos

países grazas ao inglés.

10º- Manifestar unha actitude receptiva e de autoconfianza na capacidade de aprendizaxe e no uso da lingua estranxeira.

Capacidades: Reflexionar sobre a finalidade da aprendizaxe do inglés.

Page 18: Amazon Web Services€¦  · Web viewÁrea de Inglés Curso escolar 200__/0__ (*) PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA . Xefe/a de Departamento: (*) _________________________________ ÍNDICE

Fixar obxectivos persoais para a adquisición da lingua. Mostrar unha actitude positiva cara á aprendizaxe.

Page 19: Amazon Web Services€¦  · Web viewÁrea de Inglés Curso escolar 200__/0__ (*) PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA . Xefe/a de Departamento: (*) _________________________________ ÍNDICE

5. Contidos do terceiro curso da ESO

Segundo a lexislación vixente, e para favorecer unha maior claridade ao ler este proxecto curricular, presentamos de forma individualizada os contidos de 3º da ESO, á parte da secuencia dos obxectivos xerais de área, que incluímos no apartado 4, e dos criterios de avaliación especificados en cada unidade.

Os contidos preséntanse agrupados en bloques, en relación a tres eixes que posúen características e necesidades específicas en canto ao proceso de ensino e de aprendizaxe:

. As habilidades lingüísticas bloque 1: Escoitar, falar e conversar bloque 2: Ler e escribir

. Os elementos constitutivos do sistema lingüístico, o seu funcionamento e relacións

bloque 3: Coñecemento da lingua . A dimensión social e cultural da lingua estranxeira

bloque 4: Aspectos socioculturais e conciencia intercultural

Bloque 1: Escoitar, falar e conversar Nesta etapa dáselle unha importancia relevante á comunicación oral, por iso o primeiro bloque céntrase en potenciar no alumnado a capacidade para interactuar nestas situacións, e incídese na importancia de que o modelo lingüístico de referencia oral proveña dun variado número de falantes, co fin de recoller as variacións e os matices. De aí a forte presenza no currículo do uso dos medios audiovisuais convencionais e das tecnoloxías da información e da comunicación.

Bloque 2: Ler e escribir Este bloque incorpora tamén os procedementos necesarios para desenvolver a competencia discursiva no uso escrito.

Bloque 3: Coñecemento da lingua Permite a elaboración dun sistema conceptual cada vez máis complexo acerca do funcionamento da lingua a través da observación das manifestacións orais e escritas da lingua que se está aprendendo e do seu uso en situacións de comunicación. O punto de partida serán as situacións de uso que favorezan a inferencia de regras de funcionamento da lingua que lle permitan ao alumno/a estabelecer cales elementos da lingua estranxeira se comportan coma nas linguas que coñece e que estratexias lle servirán para progresar na súa aprendizaxe, co fin de adquirir confianza nas súas propias capacidades.

Bloque 4: Aspectos socioculturais e conciencia intercultural Os contidos deste bloque contribúen a que o alumnado coñeza costumes, formas de relación social, trazos e particularidades dos países onde se fala a lingua estranxeira.

Page 20: Amazon Web Services€¦  · Web viewÁrea de Inglés Curso escolar 200__/0__ (*) PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA . Xefe/a de Departamento: (*) _________________________________ ÍNDICE

BLOQUE 1. ESCOITAR, FALAR E CONVERSAR Comprensión de instrucións en contextos reais e simulados. Audición e comprensión de información xeral e específica de mensaxes cara a

cara sobre temas concretos e coñecidos. Audición e comprensión de mensaxes sinxelas emitidas polos medios

audiovisuais, pronunciadas con lentitude e claridade. Uso de estratexias de comprensión das mensaxes orais: uso do contexto verbal

e non verbal e dos coñecementos previos sobre a situación, identificación de palabras clave, identificación da intención do falante.

Produción oral de descricións, narracións e explicacións breves sobre acontecementos, experiencias e coñecementos diversos.

Participación en conversacións e simulacións sobre temas cotiáns e de interese persoal con diversos fins comunicativos

Emprego de respostas espontáneas a situacións de comunicación na aula. Uso progresivamente autónomo das convencións máis habituais e propias da

conversación, en actividades de comunicación reais e simuladas. Uso progresivamente autónomo de estratexias de comunicación para resolver as

dificultades durante a interacción.

BLOQUE 2. LER E ESCRIBIR Identificación do contido dun texto escrito co apoio de elementos verbais e non

verbais. Comprensión da información xeral e específica de textos, en soporte papel e

dixital, auténticos, sobre temas cotiáns de interese xeral e relacionados con contidos doutras materias do currículo.

Lectura autónoma de textos relacionados cos seus intereses. Uso de distintas fontes, en soporte papel, dixital ou multimedia, para obter

información co fin de realizar actividades individuais ou en grupo. Uso de diferentes estratexias de lectura con axuda de elementos textuais e non

textuais; uso do contexto, de dicionarios ou aplicación de regras de formación de palabras para inferir significados

Produción guiada de textos sinxelos e estruturados, con algúns elementos de cohesión para marcar con claridade a relación entre ideas e utilizando estratexias básicas no proceso de composición escrita ( planificación, textualización e revisión)

Reflexión sobre o proceso de escritura con especial atención á revisión de borradores.

Uso progresivamente autónomo do rexistro apropiado ao lector ao que vai dirixido o texto ( formal e informal)

Comunicación persoal con falantes da lingua estranxeira a través de correspondencia postal ou utilizando medios informáticos.

Uso adecuado da ortografía e dos diferentes signos de puntuación. Interese pola presentación coidada dos textos escritos, en soporte papel ou

dixital.

BLOQUE 3. COÑECEMENTO DA LINGUA

Page 21: Amazon Web Services€¦  · Web viewÁrea de Inglés Curso escolar 200__/0__ (*) PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA . Xefe/a de Departamento: (*) _________________________________ ÍNDICE

Coñecementos lingüísticos:

Elementos morfolóxicos Identificación de elementos morfolóxicos habituais no uso da lingua: o presente

simple e os adverbios de frecuencia, o presente continuo, like + xerundio, o adxectivo comparativo e superlativo, o pasado simple e o continuo, there was e there were, os modais can / can’t, should / shouldn’t, could / couldn’t e must / mustn’t o pretérito perfecto (Present Perfect) e o seu contraste co pasado simple, o futuro con be going to e con will, os cuantificadores, too / not enough, have to / don’t have to, o primeiro condicional, os adverbios de modo e a voz pasiva en presente e en pasado.

Identificación de elementos sintácticos habituais no uso da lingua: o uso correcto das maiúsculas e dos signos de puntuación, a orde do suxeito, dos adxectivos e dos adverbios de modo na oración, a estrutura do parágrafo (opening sentence, body, concluding sentence), os conectores de secuencia (first, then / next, after that, finally, before, after e later), as regras ortográficas e a elección do vocabulario que enriqueza o escrito.

Léxico/ Vocabulario Relacionado cos temas tratados: obxectos que nos rodean diariamente,

profesións, verbos que indican habilidade, música e grupos musicais, actividades de tempo libre, lugares de entretemento, adxectivos para describir o aspecto físico, vocabulario para dar indicacións, o parque, historias de misterio, fobias, medos e supersticións, localización dos lugares, datos biográficos, as emocións, vocabulario relacionado con termos médicos, o ambiente, os campamentos, os animais, a moda, a roupa, termos xeográficos, climatoloxía, tecnoloxía, o mundo dos cómicos o humor, a música e as estrelas musicais.

Palabras e expresións útiles sobre temas de interese xeral e persoal, temas cotiáns e os relacionados con contidos doutras materias do currículo.

Fórmulas e expresións comúns correspondentes ás funcións e aos temas tratados no curso.

Desenvolvemento das destrezas do uso do dicionario: procura de significados, información fonética e os verbos irregulares.

Desenvolvemento de estratexias de aprendizaxe: asociacións de palabras e debuxos / fotografías e palabras / expresións coa súa definición, agrupacións de vocabulario por campos semánticos, relación de palabras co seu antónimo / sinónimo.

Estrutura e funcións da lingua Saúdos e presentacións de si mesmos e doutros (Welcome!). Expresión de rutinas e habilidades. O presente simple; os adverbios de

frecuencia (always, usually, generally, often, sometimes, rarely, occasionally e never); as expresións temporais (every day / week, once a month, twice a year, etc.); as partículas interrogativas (who, what, when, where, how often e how); as preposicións de tempo (in, on e at); os adverbios de intensidade; can / can’t; o uso das maiúsculas (unidade 1).

Petición, produción e comprensión de accións que están ocorrendo no momento de falar e contraste cos hábitos ou rutinas. Facer suxestións e responder a elas. Expresar gustos e preferencias. O presente continuo; as expresións temporais (now, right now, at the moment, today, this week, these days, etc.); o presente continuo en contraste co presente simple; os verbos “estáticos”; like /

Page 22: Amazon Web Services€¦  · Web viewÁrea de Inglés Curso escolar 200__/0__ (*) PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA . Xefe/a de Departamento: (*) _________________________________ ÍNDICE

love / dislike / hate e can’t stand + xerundio; as regras de puntuación (unidade 2).

Descricións físicas de persoas e da personalidade. Comparación de persoas. Consellos: should / shouldn’t. Suxestións: aceptación e rexeitamento. Os adxectivos; o grao comparativo e superlativo; a orde dos elementos na oración (unidade 3).

Descrición de accións do pasado e de datos biográficos. O pasado do verbo to be; o pasado simple; expresións temporais (yesterday, a week / month ago, last night / week / year, etc.) e expresións con in, on e at; there was / were; as preposicións de lugar (opposite, on the left, on the right, at the end of, between, in front of, behind, next to e near); os conectores de secuencia temporal (first, then, next, after that e finally) (unidade 4).

Expresión de accións, habilidades e posibilidade no pasado. O pasado continuo; expresións temporais (yesterday, last night e this morning, etc.); contraste entre o pasado simple e o pasado continuo; could / couldn’t; repaso dos puntos seguidos para mellorar a produción escrita (unidade 5).

Narración de experiencias pasadas recentes e de accións incompletas. O pretérito perfecto composto; as expresións temporais (for, since, already, ever, yet); o pretérito perfecto composto en contraste co pasado simple; a estrutura do parágrafo (unidade 6).

Expresión de plans futuros e intencións. Expresión de cantidade. Expresión de futuro con be going to; expresións temporais (soon, later, tonight, tomorrow e next year); os cuantificadores How much…?, How many…?, some, any, much, many, a lot of, etc.); too + adxectivo e not + adxectivo + enough; outros conectores de secuencia temporal (before, after e later) (unidade 7).

Expresión de obriga, prohibición, probabilidade e posibilidade. Predicións e promesas. Repaso dos verbos modais (must / mustn’t e have to / don’t have to); expresión de futuro con will; expresións de tempo (in the future, in the 21st century, one day, etc.); o primeiro condicional; técnicas para mellorar a ortografía (unidade 8).

A expresión de pasado. Consellos, expresión de obriga e prohibición. Repaso dos verbos modais (can / can’t, could / couldn’t, should / shouldn’t, must / mustn’t e have to / don’t have to); os adverbios de modo; elección da palabra adecuada segundo o seu significado (unidade 9).

Descrición dun proceso. Intercambio de información sobre algúns produtos. A voz pasiva en presente e pasado; contraste entre a voz pasiva en presente e en pasado; as expresións temporais; repaso dos puntos seguidos para mellorar a produción escrita (unidade 10).

Aceptación dos erros propios como algo natural sobre o que reflexionar para avanzar no proceso de aprendizaxe, a través de todas as actividades de autocorrección do texto (comprobacións mediante actividades de audición) e da sección Quiz Link (sección recompilatoria ao final de cada unidade).

Fonética Pronuncia das terminacións verbais da 3ª persoa do singular do presente

simple /s/, /z/ e /iz/ (unidade1) Acentuación das palabras (unidade 2) Pronuncia das formas contraídas shouldn’t (unidade 3), A acentuación das oracións (unidade 3) Pronuncia das terminacións verbais do pasado regular /d/, /t/ e /id/ (unidade 4) Pronuncia de sons vocálicos de especial dificultade ( unidades 5 e 7)

Page 23: Amazon Web Services€¦  · Web viewÁrea de Inglés Curso escolar 200__/0__ (*) PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA . Xefe/a de Departamento: (*) _________________________________ ÍNDICE

Pronuncia de consonantes difíciles /h/ (unidade 6) Pronuncia das formas contraídas I’ve, haven’t, (unidade 6) Pronuncia de participios pasados (unidades 6 e 10) Pronuncia de ditongos difíciles: o ditongo /N/ (unidade 7) Pronuncia das formas contraídas ‘ll e won’t, (unidade 8) O ritmo e a entoación das oracións (unidade 9) Pronuncia das formas débiles was, were, than, as (unidade 10)

BLOQUE 4. ASPECTOS SOCIOCULTURAIS E CONCIENCIA INTERCULTURAL

Valoración da lingua estranxeira como medio para comunicarse na aula, e con persoas de procedencias diversas.

Esta valoración traballarémola a través do enfoque comunicativo do curso, que involucra continuamente ao alumnado en situacións de comunicación significativas tanto orais coma escritas, nas que a reflexión sobre diversos aspectos socioculturais é continua. Potenciamos a actitude de respecto neste método, presentando diferentes personaxes de varias nacionalidades, linguas, razas, condición social, etc., a través dos cales os alumnos/as amplían os seus coñecementos sobre outros países e eliminan prexuízos, aumentando así o seu grao de aceptación.

Identificación de trazos comúns e das diferenzas máis significativas que existen entre os costumes, usos, actitudes e valores da sociedade inglesa e a propia e respecto polos mesmos.

A través dos protagonistas do programa English Links introdúcense aspectos socioculturais e comportamentos propios de anglofalantes nas distintas situacións e temas tratados: os artistas da rúa, os mercados londinienses, a repercusión dalgúns programas de televisión moi populares, a dificultade da proba para ser taxista en Londres, accións solidarias, etc. Con estes contidos o alumnado desenvolve a súa capacidade de obxectividade á hora de comparar os aspectos socioculturais do Reino Unido cos propios, a través da reflexión guiada, e de manter un espírito crítico cara á información lida en inglés, para contrastala cos coñecementos previos, coas experiencias persoais e coa cultura propia. Igualmente, nos apartados Culture Question o alumno/a involúcrase continuamente en situacións de comunicación significativas tanto orais coma escritas, provocando a súa curiosidade e reflexión sobre diversos aspectos socioculturais dos países de fala inglesa, dándolle a oportunidade de utilizar o seu progresivo coñecemento e de discutir similitudes e diferenzas entre a súa cultura e a destes países. Ao final de cada unidade, na sección de repaso Quiz Link aparece a resposta á Culture Question e unha referencia que remite os alumnos/as a unha páxina/s do Workbook onde poden seguir ampliando está información. Uso apropiado de fórmulas lingüísticas de cortesía, acordo, discrepancia,

etc., asociadas a situacións concretas de comunicación. A través destes contidos socioculturais preténdese que o alumno desenvolva a capacidade de usar rexistros, variedades, fórmulas e estilos adecuados en

Page 24: Amazon Web Services€¦  · Web viewÁrea de Inglés Curso escolar 200__/0__ (*) PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA . Xefe/a de Departamento: (*) _________________________________ ÍNDICE

consonancia coas seguintes situacións de comunicación e funcións lingüísticas: presentacións persoais; expresar gustos e preferencias; facer suxestións; dar consellos; describir o aspecto físico e a personalidade de alguén; dar indicacións para chegar a un lugar; expresar obriga e prohibición; facer predicións, narrar feitos pasados; expresar plans e intencións para o futuro, etc. Os usos das mensaxes orais e escritas quedan diferenciados ao presentar de xeito sinxelo, e por separado, o vocabulario básico de cada unidade e as expresións que usa a xuventude hoxe en día. Nos apartados Words preséntase o novo vocabulario, utilizándoo como chamada de atención ao alumnado para recoñecer as palabras importantes que deben ser comprendidas e recordadas. Nos apartados Today´s English quedan incluídas as expresións propias dunha sociedade moderna e da mocidade de hoxe en día, incluíndoas nos textos para recoñecer o seu uso dentro de situacións reais. Para facilitar a tarefa do profesor/a incluímos unha relación de todas estas expresións no Teacher´s Manual. Tanto o vocabulario de Words coma as expresións de English Today aparecen cos seus correspondentes significados na Word List do libro do alumno.

Coñecemento dos elementos culturais máis significativos (historia, literatura, arte, música, cine , xeografía...) dos países onde se fala a lingua estranxeira, obtendo a información por diferentes medios, entre eles Internet e outras tecnoloxías da información e da comunicación.

Neste punto pretendemos que os alumnos/as coñezan e mostren aprecio polos aspectos culturais presentados nas unidades: mercados na rúa en Londres (Camden Lock, Old Spitafields, Portobello Road, Ridley Road, Brixton Street),a orixe dos labirintos dos castelos ingleses, un programa da televisión británica ao que acode xente nova que busca parella, o fútbol en Estados Unidos (soccer e American football), a historia dos pubs, a fobia máis común no Reino Unido, a presenza de animais non autóctonos, a historia de Mary Quant e da minisaia, das cartas que circulan en cadea (round robin), os taxistas de Londres, o programa musical británico Top of the Pop, etc. Os alumnos/as deben valorar o enriquecemento persoal que supón coñecer outras culturas e rexeitar os estereotipos negativos que poida haber sobre elas. Neste punto pretendemos, tamén, que o alumno/a desenvolva a capacidade de utilizar Internet e outras tecnoloxías da información e da comunicación como ferramenta de aprendizaxe en calquera contexto, dentro e fóra da aula, para ampliar os seus coñecementos sobre os países de fala de inglesa. Esta presenza dos novos sistemas tecnolóxicos queda patente na propia presentación das mensaxes orais e escritas, e nos temas tratados: o programa de televisión English Links como fío condutor ao longo de todas as unidades, referencias a páxinas web onde poden buscar información de interese, as posibilidades que ofrece a realidade virtual, a utilización das mensaxes de texto en móbiles, o uso do correo electrónico e de Internet como medio de comunicación internacional, etc.

Valoración do enriquecemento persoal que supón a relación con persoas pertencentes a outras culturas.

Neste punto preténdese que os alumnos/as desenvolvan a capacidade de: mostrar aprecio polas visións culturais distintas á propia presentadas nas unidades; mostrar respecto polos valores e comportamentos dos que se ten noticia a través da lectura e da audición; respectar os demais compañeiros/as e o profesorado, e mostrar respecto e interese polo contido das súas intervencións orais e escritas, valorando a

Page 25: Amazon Web Services€¦  · Web viewÁrea de Inglés Curso escolar 200__/0__ (*) PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA . Xefe/a de Departamento: (*) _________________________________ ÍNDICE

información que dan e respectando a quenda estabelecida para tomar a palabra, así como as distintas normas de funcionamento do centro educativo, da clase e da sociedade. Igualmente aprenderán a valorar a súa cultura despois de contrastala cos aspectos da lingua estranxeira mencionados no punto anterior. Esta valoración da cultura propia debe inserirse na valoración da riqueza que supón a diversidade cultural no mundo. A reflexión que cada unidade leva aparellada aumenta o seu grao de respecto e de aceptación.

Interese e iniciativa na realización de intercambios comunicativos con falantes ou aprendices da lingua estranxeira, utilizando soporte papel ou medios dixitais.

Neste curso ofrecémoslle ao alumno/a a posibilidade de comunicarse en inglés a través das distintas situacións reais de comunicación propostas, tanto orais coma escritas, partindo dos modelos dados e do uso de expresións coloquiais que utiliza a xuventude de hoxe en día, fomentando deste xeito os intercambios auténticos.

Page 26: Amazon Web Services€¦  · Web viewÁrea de Inglés Curso escolar 200__/0__ (*) PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA . Xefe/a de Departamento: (*) _________________________________ ÍNDICE

6. Secuenciación de contidos das unidades

UNIDADE 1: On the Street

Obxectivos xenerais da área de inglés na Unidade 1 Os dez obxectivos da área de inglés desenvolvéronse de forma intrínseca nas seccións correspondentes desta unidade e quedan reflectidos nos contidos e nos criterios de avaliación descritos a continuación.

Obxectivos de aprendizaxe da Unidade 1 Ler de forma comprensiva e autónoma un diálogo sobre un mercado famoso de

Londres e un texto sobre un mago. Falar sobre a rutina diaria, as actividades habituais e expresar habilidades. Repasar o presente simple en afirmativa, negativa e interrogativa, e as respostas

breves. Repasar as expresións temporais e os adverbios de frecuencia que acompañan

o presente simple. Repasar o modal can / can’t en afirmativa, negativa e interrogativa, e as

respostas breves. Pronunciar correctamente a terminación dos verbos en 3ª persoa do singular: /s/,

/z/, /iz/. Escoitar de forma comprensiva unha entrevista a un artista e un diálogo sobre un

concurso para artistas da rúa. Escribir un parágrafo con información persoal, prestando atención ao uso das

maiúsculas.

Contidos

BLOQUE 1. ESCOITAR, FALAR E CONVERSAR

Predición do tema da unidade mediante o apoio visual, o vocabulario e os coñecementos previos.

Relación de obxectos e das tendas onde se poden comprar e de accións coa fotografía correspondente.

Audición dun diálogo para comprobar a resposta correcta, e dunha entrevista para identificar a palabra que non serve para describir un personaxe.

Interacción co compañeiro/a para practicar o diálogo escoitado e producir un novo.

Audición dunha entrevista a un malabarista e dun diálogo entre unha artista e os organizadores dun concurso, para completar actividades de comprensión.

Interacción de modo semicontrolado cun compañeiro/a sobre cousas que saben facer.

BLOQUE 2. LER E ESCRIBIR

Page 27: Amazon Web Services€¦  · Web viewÁrea de Inglés Curso escolar 200__/0__ (*) PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA . Xefe/a de Departamento: (*) _________________________________ ÍNDICE

Obtención de información específica dunha entrevista, para buscar cinco profesións e contestar preguntas de comprensión.

Corrección de frases, para completalas con información propia. Uso do auxiliar correcto, para completar preguntas. Obtención de información específica dun artigo sobre o mago David Blaine, para

comprobar se as afirmacións que se dan son verdadeiras ou falsas. Uso dos adverbios de frecuencia, das partículas interrogativas dadas e do

presente simple para completar frases. Obtención de información específica duns formularios con información persoal,

para completar un cadro sobre as habilidades de cada persoa. Produción escrita dun parágrafo con información persoal, prestando atención ao

uso das maiúsculas.

No Workbook: Produción escrita dun diálogo en inglés a partir das instrucións dadas en lingua

propia. Obtención de información específica dun texto sobre os mercados de Londres,

para contestar preguntas de comprensión. Elaboración dun debuxo dun mercado cunha lista dos postos e dos artigos á

venda en cada un.

BLOQUE 3. COÑECEMENTO DA LINGUA

Coñecemento lingüístico:

Léxico/ Vocabulario Obxectos de uso diario. As profesións. Habilidades. Práctica de destrezas no uso do dicionario: procura de palabras e de información

fonética. Práctica de estratexias de aprendizaxe: asociacións de accións e ilustracións,

agrupacións de vocabulario por campos semánticos.

Estrutura e funcións da lingua Falar sobre actividades habituais e expresar rutinas e habilidades en presente. Formar e utilizar o presente simple en afirmativa, negativa e interrogativa. Recoñecer e utilizar expresións temporais e adverbios de frecuencia. Inducir regras gramaticais a partir da observación. Usar a terminoloxía adecuada aos contidos. Aceptar o erro como parte integrante do proceso de aprendizaxe. Recoñecer a importancia do uso de estratexias de aprendizaxe.

Fonética A terminación dos verbos en 3ª persoa do singular /s/, /z/, /iz/.

Page 28: Amazon Web Services€¦  · Web viewÁrea de Inglés Curso escolar 200__/0__ (*) PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA . Xefe/a de Departamento: (*) _________________________________ ÍNDICE

Reflexión sobre a aprendizaxe: - Aplicación de estratexias para organizar, adquirir, recordar e utilizar

léxico. - Análise e reflexión sobre o uso e o significado das diferentes formas

gramaticais, mediante comparación e contraste coas linguas que coñece.

- Organización do traballo persoal como estratexia para progresar na aprendizaxe.

- Confianza e iniciativa para expresarse en público e por escrito

BLOQUE 4. ASPECTOS SOCIOCULTURAIS E CONCIENCIA INTERCULTURAL

Valoración da lingua estranxeira como instrumento de comunicación na aula e con persoas de procedencias diversas.

- Valoración do inglés como medio de comunicación internacional.

Identificación de trazos comúns e das diferenzas máis significativas que existen entre os costumes, usos, actitudes e valores da sociedade inglesa e da propia e respecto polos mesmos.

- Coñecemento e valoración de actividades culturais alternativas: actuacións nas rúas.

- Respecto polas distintas manifestacións artísticas: maxia, acrobacias, etc.

Uso apropiado de fórmulas lingüísticas de cortesía, acordo, discrepancia, etc., asociadas a situacións concretas de comunicación traballadas na unidade

- Vocabulario e expresións que utiliza a xuventude hoxe en día. - Fórmulas para expresar e preguntar por hábitos e rutinas e para falar

sobre información persoal e sobre profesións.

Coñecemento dos elementos culturais máis significativos dos países onde se fala a lingua estranxeira, obtendo a información por diferentes medios, entre eles Internet e outras tecnoloxías da información e da comunicación .

- Recoñecemento das distintas formas de comunicarse e de obter información, como revistas especializadas e/ou páxinas de Internet.

- Interese por coñecer información sobre o famoso mercado londiniense Camden Lock Market.

Criterios de avaliación da Unidade 1 1. Comprender a información xeral e a específica, a idea principal e algúns detalles

relevantes de textos orais, sobre temas concretos e coñecidos referentes á rutina de cada un, datos persoais, habilidades, de varios diálogos sobre artistas da rúa. Deberán ser capaces de realizar inferencias a partir do contexto, así como as instrucións para a realización de actividades, e de mensaxes sinxelas emitidas con claridade por medios audiovisuais.

Page 29: Amazon Web Services€¦  · Web viewÁrea de Inglés Curso escolar 200__/0__ (*) PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA . Xefe/a de Departamento: (*) _________________________________ ÍNDICE

2. Participar en conversacións e en simulacións breves para expresar habilidades, falar sobre a rutina diaria e as actividades habituais, con diversos fins comunicativos, utilizando as convencións propias da conversación e as estratexias necesarias para resolver as dificultades durante a interacción.

3. Comprender a información xeral e todos os datos relevantes de textos escritos auténticos, de extensión variada e adaptados, sobre os mercados de Londres e os artistas da rúa, demostrando a súa comprensión a través de tarefas específicas, diferenciando feitos e opinións e identificando no seu caso, a intención comunicativa do autor. Ler dous textos breves sobre os artistas nun mercado de Londres e sobre un mago.

4. Redactar de forma guiada oracións e un texto con información persoal, coidando as estruturas, o léxico e algúns elementos de cohesión e de coherencia, para marcar a relación entre ideas e facelas comprensíbeis ao lector.

5. Utilizar de forma consciente en contextos de comunicación variados, os coñecementos adquiridos sobre o sistema lingüístico da lingua estranxeira, como observar regularidades no sistema da mesma e inducir regras sobre a formación do presente simple, o uso do modal can / can’t e das maiúsculas, como instrumento de autocorrección e de autoavaliación das producións propias, orais e escritas, e para comprender as producións alleas.

6. Identificar, utilizar e explicar oralmente diferentes estratexias utilizadas para progresar na aprendizaxe.

7. Usar as tecnoloxías da información e da comunicación de forma progresivamente autónoma para buscar información e ampliar o coñecemento de datos culturais sobre os mercados e os artistas da rúa de Londres. Producir textos a partir de modelos, enviar e recibir mensaxes de correo electrónico para estabelecer relacións persoais, orais e escritas, tomando iniciativa para comunicar e mostrando interese polo seu uso.

8. Identificar os aspectos culturais máis relevantes dos países onde se fala a lingua estranxeira, sinalar as características máis significativas dos costumes, normas, actitudes e valores da sociedade cuxa lingua se está a estudar. Mostrar unha valoración positiva de patróns culturais distintos aos propios e dos datos relacionados cos mercados, os artistas da rúa e as profesións, comparándoos cos da cultura propia e mostrando respecto ante a diversidade cultural.

Competencias básicas

Competencia social e cidadá - Aceptación e práctica de responsabilidades, dereitos e deberes

cívicos, como a libre elección e a execución das distintas profesións e de actividades propias e alleas.

Competencia cultural e artística

Page 30: Amazon Web Services€¦  · Web viewÁrea de Inglés Curso escolar 200__/0__ (*) PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA . Xefe/a de Departamento: (*) _________________________________ ÍNDICE

- Coñecemento, comprensión e valoración crítica de distintas manifestacións culturais e artísticas.

- Importancia de apreciar e de apoiar as contribucións alleas. - Apreciación da diversidade cultural a partir de manifestacións

artísticas.

Competencia en comunicación lingüística - Utilización da lingua inglesa como instrumento de comunicación oral e

escrita.

Competencia para aprender a aprender - Valoración da aprendizaxe de distintas actividades como elemento

enriquecedor da vida persoal e social.

Tratamento da información e competencia dixital - Utilización das tecnoloxías da información e da comunicación como

elemento esencial para informarse, aprender e comunicarse.

Autonomía e iniciativa persoal - Estabelecemento de relación entre a oferta académica dispoñíbel,

laboral ou de lecer, coas capacidades, desexos e proxectos persoais.

Page 31: Amazon Web Services€¦  · Web viewÁrea de Inglés Curso escolar 200__/0__ (*) PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA . Xefe/a de Departamento: (*) _________________________________ ÍNDICE

UNIDADE 2: Meeting People

Obxectivos xerais da área de inglés na Unidade 2 Os dez obxectivos da área de inglés desenvolvéronse de forma intrínseca nas seccións correspondentes desta unidade e quedan reflectidos nos contidos e nos criterios de avaliación descritos a continuación.

Obxectivos de aprendizaxe da Unidade 2 Ler de forma comprensiva e autónoma un artigo sobre un grupo musical español,

unha entrevista nun programa de televisión e algúns textos dunha guía de lecer. Falar de accións que están ocorrendo no momento. Facer suxestións, e aceptalas ou rexeitalas, e expresar gustos e preferencias. Repasar o uso e a formación do presente continuo en afirmativa, negativa e

interrogativa, e as respostas breves, e comparalo co presente simple. Empregar a estrutura like + xerundio. Aprender os verbos “estáticos”. Identificar a sílaba acentuada dunha palabra e pronunciala correctamente. Escoitar de forma comprensiva unha entrevista na rúa e un diálogo entre dous

adolescentes falando dos seus gustos. Escribir un parágrafo sobre un mesmo, indicando as actividades que lle gusta

facer e prestando atención aos signos de puntuación.

Contidos

BLOQUE 1. ESCOITAR, FALAR E CONVERSAR

Predición do tema da unidade e dun artigo mediante o apoio visual, o vocabulario e os coñecementos previos.

Interacción de xeito libre co compañeiro/a, imaxinando que teñen unha cita cun mozo/a e dicindo o que levan posto e o que están facendo.

Audición dunha entrevista a unha adolescente na rúa e dun diálogo entre dous rapaces que planean onde ir, para contestar preguntas de comprensión.

Interacción co compañeiro/a para practicar o diálogo escoitado e producir un novo.

Interacción de modo semicontrolado e libre co compañeiro/a, preguntando e contestando para pescudar os gustos de cada un.

BLOQUE 2. LER E ESCRIBIR

Relación do vocabulario dado coa súa definición ou fotografía correspondente. Obtención de información específica dun artigo sobre o grupo musical Dover,

dunha entrevista a un adolescente na rúa e duns fragmentos dunha guía de lecer, para contestar preguntas de comprensión.

Uso das palabras dadas para formar preguntas. Produción escrita de tres frases empregando verbos “estáticos”. Uso do presente simple e do presente continuo para completar frases.

Page 32: Amazon Web Services€¦  · Web viewÁrea de Inglés Curso escolar 200__/0__ (*) PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA . Xefe/a de Departamento: (*) _________________________________ ÍNDICE

Relación de lugares de lecer coa descrición do que alí se pode facer ou do espectáculo que se pode ver.

Produción escrita dun parágrafo no que describan as actividades que lles gusta facer, prestando atención aos signos de puntuación.

No Workbook: Produción escrita dun diálogo en inglés a partir das instrucións dadas en lingua

propia. Obtención de información específica dun texto sobre un concurso de televisión

de adolescentes que buscan parella, para contestar preguntas de comprensión. Elaboración dun cartel que anuncie os lugares para saír na localidade onde

viven.

BLOQUE 3. COÑECEMENTO DA LINGUA

Coñecemento lingüístico:

Léxico / Vocabulario Actividades e lugares de lecer. O mundo da música. Práctica das destrezas do uso do dicionario: procura de significados, información

fonética. Práctica de estratexias de aprendizaxe: asociacións de palabras e ilustracións,

palabras coas súas definicións, agrupacións de vocabulario por campos semánticos.

Estrutura e funcións da lingua Expresar gustos e preferencias. Facer suxestións, aceptalas ou rexeitalas. Pedir, producir e comprender accións que están ocorrendo no momento de falar

e contraste cos hábitos e rutinas. Inducir regras gramaticais a partir da observación para recoñecer as diferenzas

entre o presente simple e o continuo, para falar de accións que ocorren con frecuencia ou que están ocorrendo nese momento.

Usar a terminoloxía adecuada aos contidos. Aceptar o erro como parte integrante do proceso de aprendizaxe. Recoñecer a importancia do uso de estratexias de aprendizaxe.

Fonética Pronuncia das sílabas acentuadas dunha palabra.

Reflexión sobre a aprendizaxe: - Aplicación de estratexias para organizar, adquirir, recordar e utilizar

léxico. - Análise e reflexión sobre o uso e o significado das diferentes formas

gramaticais, mediante comparación e contraste coas linguas que coñece.

Page 33: Amazon Web Services€¦  · Web viewÁrea de Inglés Curso escolar 200__/0__ (*) PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA . Xefe/a de Departamento: (*) _________________________________ ÍNDICE

- Organización do traballo persoal como estratexia para progresar na aprendizaxe.

- Interese por aproveitar as oportunidades de aprendizaxe creadas no contexto da aula e fóra dela.

- Participación activa en actividades e traballos de grupo.

BLOQUE 4. ASPECTOS SOCIOCULTURAIS E CONCIENCIA INTERCULTURAL

Valoración do uso da lingua estranxeira como medio para comunicarse na aula e con persoas de procedencias diversas.

- Valoración do inglés como medio de comunicación internacional. - Interese por aproximar as mensaxes que se desexan transmitir ás

características particulares do interlocutor (compañeiros/as, profesor/a) que poidan darse nas situacións de comunicación propias da aula, respectando as diferenzas de pronuncia, acento ou grao de coñecemento da lingua estranxeira.

Identificación de trazos comúns e das diferenzas máis significativas que existen entre os costumes, usos, actitudes e valores da sociedade inglesa e da propia e respecto polos mesmos.

- Interese por coñecer información sobre un programa de televisión británico.

- Desenvolvemento de actitudes positivas cara ás distintas actividades de tempo libre.

- Respecto polos gustos musicais dos demais e contraste cos propios.

Uso apropiado de fórmulas lingüísticas de cortesía, acordo, discrepancia, etc., asociadas a situacións concretas de comunicación.

- Vocabulario e expresións que utiliza a xuventude hoxe en día. - Fórmulas para facer suxestións, aceptalas e rexeitalas, falar sobre as

actividades habituais e en proceso, sobre lugares de lecer e sobre a música.

Interese e iniciativa na realización de intercambios comunicativos con falantes ou aprendices da lingua estranxeira, utilizando soporte papel ou medios dixitais.

- Recoñecemento das distintas formas de comunicarse e de obter información como as guías de lecer, o correo electrónico ou a busca en Internet).

Criterios de avaliación da Unidade 2 1. Comprender a información xeral e a específica, a idea principal e algúns

detalles relevantes de textos orais sobre accións en proceso e accións habituais, gustos, preferencias e habilidades, de varios diálogos nos que se lle fai unha entrevista a unha persoa para pescudar os seus gustos e dunha conversación entre dous adolescentes. Deberán ser capaces de realizar inferencias a partir do contexto, así como as instrucións para a realización de

Page 34: Amazon Web Services€¦  · Web viewÁrea de Inglés Curso escolar 200__/0__ (*) PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA . Xefe/a de Departamento: (*) _________________________________ ÍNDICE

actividades, e de mensaxes sinxelas emitidas con claridade por medios audiovisuais.

2. Participar en conversacións e en simulacións breves con compañeiros/as, falando dos seus gustos e das súas habilidades, con diversos fins comunicativos, utilizando as convencións propias da conversación e as estratexias necesarias para resolver as dificultades durante a interacción.

3. Comprender a información xeral e todos os datos relevantes de textos escritos auténticos, de extensión variada e adaptados, sobre un artigo de revista, sobre un grupo musical, unha entrevista nun programa de televisión e extractos dunha guía de lecer, demostrando a súa comprensión a través de tarefas específicas, diferenciando feitos e opinións e identificando no seu caso, a intención comunicativa do autor.

4. Redactar de forma guiada un parágrafo describindo as actividades que lles gustan, coidando as estruturas, o léxico e algúns elementos de cohesión e de coherencia, para marcar a relación entre ideas e facelas comprensíbeis ao lector.

5. Utilizar de forma consciente en contextos de comunicación variados, os coñecementos adquiridos sobre o sistema lingüístico da lingua estranxeira, como observar regularidades no sistema da mesma e inducir regras sobre a formación do presente continuo así como o uso dos signos de puntuación, contrastándoo co presente simple; sobre as fórmulas para facer suxestións, aceptándoas ou refugándoas e como instrumento de autocorrección e de autoavaliación das producións propias, orais e escritas e para comprender as producións alleas.

6. Identificar, utilizar e explicar oralmente diferentes estratexias utilizadas para progresar na aprendizaxe.

7. Usar as tecnoloxías da información e da comunicación de forma progresivamente autónoma para buscar información e ampliar o coñecemento de datos culturais sobre os concursos de televisión no Reino Unido e as actividades de lecer propias deste país. Producir textos a partir de modelos, enviar e recibir mensaxes de correo electrónico para estabelecer relacións persoais, orais e escritas, tomando iniciativa para comunicar e mostrando interese polo seu uso.

8. Identificar os aspectos culturais máis relevantes dos países onde se fala a lingua estranxeira, sinalar as características máis significativas dos costumes, normas, actitudes e valores da sociedade cuxa lingua se está a estudar. Mostrar unha valoración positiva de patróns culturais distintos aos propios e dos datos relacionados coas actividades e lugares de lecer, os concursos de televisión e os gustos musicais, comparándoos cos da cultura propia e mostrando respecto ante a diversidade cultural.

Competencias básicas

Page 35: Amazon Web Services€¦  · Web viewÁrea de Inglés Curso escolar 200__/0__ (*) PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA . Xefe/a de Departamento: (*) _________________________________ ÍNDICE

Competencia social e cidadá - Expresión de ideas propias e interese por escoitar con respecto as

dos demais.

Competencia cultural e artística - Valoración da liberdade de expresión, do dereito á diversidade

cultural e da importancia do diálogo intercultural.

Competencia en comunicación lingüística - Expresión de pensamentos, gustos, preferencias e opinións. - Linguaxe como instrumento para a igualdade e eliminación de

estereotipos sexistas.

Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico - Práctica de deporte como protección da saúde e mellora da calidade

de vida.

Autonomía e iniciativa persoal - Habilidade para poñerse no lugar do outro, valorar as ideas dos

demais e traballar de forma cooperativa e flexíbel.

Page 36: Amazon Web Services€¦  · Web viewÁrea de Inglés Curso escolar 200__/0__ (*) PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA . Xefe/a de Departamento: (*) _________________________________ ÍNDICE

UNIDADE 3: Is It Real?

Obxectivos xerais da área de inglés na Unidade 3 Os dez obxectivos da área de inglés desenvolvéronse de forma intrínseca nas seccións correspondentes desta unidade e quedan reflectidos nos contidos e nos criterios de avaliación descritos a continuación.

Obxectivos de aprendizaxe da Unidade 3 Ler de forma comprensiva e autónoma textos breves sobre o personaxe de Lara

Croft, sobre o dobre de David Beckham e sobre os labirintos nos castelos ingleses.

Facer descricións sobre o físico e a personalidade de varios personaxes. Dar consellos. Repasar os comparativos e os superlativos dos adxectivos. Utilizar o modal should / shouldn’t en afirmativa, negativa e interrogativa, e as

respostas breves. Practicar a entoación de oracións. Identificar a forma contraída shouldn’t e pronunciala correctamente. Escoitar de forma comprensiva descricións de persoas e unha conversación

sobre dous rapaces que se perderon nun labirinto. Escribir unha descrición sobre alguén que coñezan, prestando atención á orde

correcta das palabras na oración.

Contidos

BLOQUE 1. ESCOITAR, FALAR E CONVERSAR

Predición do tema da unidade mediante o apoio visual, o vocabulario e os coñecementos previos.

Interacción de modo semicontrolado co compañeiro/a, facendo unha descrición de si mesmo e dun personaxe, para investigar de quen se trata.

Interacción de xeito libre cun compañeiro/a ou co profesor/a para falar dos personaxes das fotos e comparalos.

Audición dunhas descricións, para identificar os comparativos e os superlativos mencionados e os personaxes aos que se refiren.

Audición dun texto oral no que se dan indicacións para seguir un camiño nun mapa.

Interacción de modo semicontrolado co compañeiro/a para dar consellos sobre o mellor camiño para ir dun sitio a outro.

Interacción co compañeiro/a para practicar o diálogo escoitado e producir un novo.

BLOQUE 2. LER E ESCRIBIR

Page 37: Amazon Web Services€¦  · Web viewÁrea de Inglés Curso escolar 200__/0__ (*) PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA . Xefe/a de Departamento: (*) _________________________________ ÍNDICE

Obtención de información específica dun texto sobre Lara Croft, para buscar catro adxectivos que a describan e clasificar a información segundo se refira a ela ou a Angelina Jolie.

Relación do vocabulario coas definicións correspondentes, e de sinais de tráfico e iconas co que indican.

Uso de adxectivos para redactar frases que describan uns personaxes virtuais, do superlativo para describir compañeiros/as da clase e de should / shouldn’t para dar enderezos nun mapa.

Obtención de información específica dun texto sobre o dobre de David Beckham e sobre os labirintos nos castelos ingleses, para realizar actividades de comprensión.

Produción escrita dun parágrafo no que describan o físico e a personalidade de alguén que coñezan, prestando especial atención á orde correcta das palabras na oración.

No Workbook: Produción escrita dun diálogo en inglés a partir das instrucións dadas en lingua

propia. Obtención de información específica dun texto sobre o fútbol americano, para

completar actividades de comprensión. Elaboración dun cadro comparativo coas diferenzas entre o fútbol americano e o

inglés.

BLOQUE 3. COÑECEMENTO DA LINGUA

Coñecemento lingüístico:

Léxico/ Vocabulario Os adxectivos. Indicacións para ir a un lugar. Práctica de destrezas no uso do dicionario: procura de significados, información

fonética. Práctica de estratexias de aprendizaxe: asociacións de adxectivos con

descricións, palabras e ilustracións, agrupacións de vocabulario por campos semánticos.

Estrutura e funcións da lingua Facer descricións persoais. Comparar persoas. Dar consellos. Formación e uso do comparativo e do superlativo dos adxectivos. Inducir regras gramaticais a partir da observación. Usar a terminoloxía adecuada aos contidos. Aceptar o erro como parte integrante do proceso de aprendizaxe. Recoñecer a importancia do uso de estratexias de aprendizaxe.

Fonética

Page 38: Amazon Web Services€¦  · Web viewÁrea de Inglés Curso escolar 200__/0__ (*) PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA . Xefe/a de Departamento: (*) _________________________________ ÍNDICE

A entoación das oracións. Importancia da correcta pronuncia da forma contraída shouldn’t.

Reflexión sobre a aprendizaxe - Análise e reflexión sobre o uso e o significado das diferentes formas

gramaticais, mediante comparación e contraste coas linguas que coñece.

- Organización e uso, cada vez máis autónomo, de recursos para a aprendizaxe, como dicionarios, libros de consulta, bibliotecas ou tecnoloxías da información e da comunicación .

- Participación na avaliación da propia aprendizaxe e uso de estratexias de autocorrección.

- Organización do traballo persoal como estratexia para progresar na aprendizaxe.

- Confianza e iniciativa para expresarse en público e por escrito.

BLOQUE 4. ASPECTOS SOCIOCULTURAIS E CONCIENCIA INTERCULTURAL

Valoración do uso da lingua estranxeira como medio para comunicarse na aula e con persoas de procedencias diversas.

- Valoración do inglés como medio de comunicación internacional. - Interese por aproximar as mensaxes que se desexan transmitir ás

características particulares do interlocutor (compañeiros/as, profesor/a) que poidan darse nas situacións de comunicación propias da aula, respectando as diferenzas de pronuncia, acento ou grao de coñecemento da lingua estranxeira.

Identificación de trazos comúns e das diferenzas máis significativas que existen entre os costumes, usos, actitudes e valores da sociedade inglesa e da propia e respecto polos mesmos.

- Respecto polo aspecto físico e a personalidade doutras persoas, con independencia da súa orixe ou raza.

- Reflexión e contraste entre a realidade virtual e a vida real.

Uso apropiado de fórmulas lingüísticas de cortesía, acordo, discrepancia, etc., asociadas a situacións concretas de comunicación.

- Vocabulario e expresións que utiliza a xuventude hoxe en día. - Fórmulas para describir e comparar persoas, dar indicacións e

aconsellar.

Coñecemento dos elementos culturais máis significativos dos países onde se fala a lingua estranxeira, obtendo a información por diferentes medios, entre eles Internet e outras tecnoloxías da información e da comunicación .

- Interese por coñecer a orixe do fútbol e dos labirintos ingleses. - Interese polas posibilidades que ofrece a realidade virtual.

Page 39: Amazon Web Services€¦  · Web viewÁrea de Inglés Curso escolar 200__/0__ (*) PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA . Xefe/a de Departamento: (*) _________________________________ ÍNDICE

Valoración do enriquecemento persoal que supón a relación con persoas pertencentes a outras culturas.

- Aprecio polo uso da lingua inglesa como medio para estabelecer relacións con persoas de procedencias distintas, tomando iniciativa para comunicar e mostrando respecto ante a diversidade cultural.

Interese e iniciativa na realización de intercambios comunicativos con falantes ou aprendices da lingua estranxeira, utilizando soporte papel ou medios dixitais.

- Recoñecemento das distintas formas de comunicarse e de obter información, como os planos e mapas, as mensaxes de correo electrónico e/ou a procura de datos en Internet.

Criterios de avaliación da Unidade 3

1. Comprender a información xeral e a específica, a idea principal e algúns detalles relevantes de textos orais, sobre temas concretos e coñecidos, referentes a descricións de persoas e situacións para dar consello; así como ás instrucións para a realización de actividades, e de mensaxes sinxelas emitidas con claridade por medios audiovisuais.

2. Participar en conversacións e en simulacións breves para facer descricións persoais e dar consello, utilizando as convencións propias da conversación e as estratexias necesarias para resolver as dificultades durante a interacción.

3. Comprender a información xeral e todos os datos relevantes de textos escritos auténticos, de extensión variada e adaptados, sobre un personaxe dun videoxogo, sobre o dobre de David Beckham e sobre os labirintos nos castelos ingleses, demostrando a súa comprensión a través de tarefas específicas, diferenciando feitos e opinións e identificando no seu caso, a intención comunicativa do autor.

4. Redactar de forma guiada un parágrafo no que describan o físico e a personalidade de alguén que coñezan, coidando as estruturas, o léxico e algúns elementos de cohesión e de coherencia, para marcar a relación entre ideas e facelas comprensíbeis ao lector.

5. Utilizar de forma consciente en contextos de comunicación variados, os coñecementos adquiridos sobre o sistema lingüístico da lingua estranxeira, como observar regularidades no sistema da mesma e inducir regras sobre a formación e uso do comparativo e do superlativo dos adxectivos, sobre o emprego do modal should e sobre a orde correcta das palabras na oración, como instrumento de autocorrección e de autoavaliación das producións propias, orais e escritas, e para comprender as producións alleas.

6. Identificar, utilizar e explicar oralmente diferentes estratexias utilizadas para progresar na aprendizaxe.

Page 40: Amazon Web Services€¦  · Web viewÁrea de Inglés Curso escolar 200__/0__ (*) PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA . Xefe/a de Departamento: (*) _________________________________ ÍNDICE

7. Usar as tecnoloxías da información e da comunicación de forma progresivamente autónoma para buscar información e ampliar o coñecemento de datos culturais sobre os labirintos nos castelos ingleses, sobre unha actriz e un futbolista famoso e sobre un videoxogo dunha historia que foi levada ao cine. Producir textos a partir de modelos, enviar e recibir mensaxes de correo electrónico para estabelecer relacións persoais, orais e escritas, tomando iniciativa para comunicar e mostrando interese polo seu uso.

8. Identificar os aspectos culturais máis relevantes dos países onde se fala a lingua estranxeira, sinalar as características máis significativas dos costumes, normas, actitudes e valores da sociedade cuxa lingua se está a estudar. Mostrar unha valoración positiva de patróns culturais distintos aos propios e dos datos relacionados co deporte nos países de fala inglesa, comparándoos cos da cultura propia e mostrando respecto ante a diversidade cultural.

Competencias básicas

Competencia en comunicación lingüística - Uso da linguaxe como medio construtivo de relacións de igualdade

entre homes e mulleres.

Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico - Adecuada orientación do espazo físico no que se desenvolve a vida

cotiá. - Localización de lugares con axuda dun plano.

Competencia para aprender a aprender - Perseveranza na aprendizaxe. - Aceptación dos erros e aprendizaxe dos mesmos.

Autonomía e iniciativa persoal - Capacidade de demorar a necesidade de satisfacción inmediata,

calcular riscos, buscar solucións e levalas á práctica.

Page 41: Amazon Web Services€¦  · Web viewÁrea de Inglés Curso escolar 200__/0__ (*) PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA . Xefe/a de Departamento: (*) _________________________________ ÍNDICE

UNIDADE 4: Strange Happenings

Obxectivos xerais da área de inglés na Unidade 4 Os dez obxectivos da área de inglés desenvolvéronse de forma intrínseca nas seccións correspondentes desta unidade e quedan reflectidos nos contidos e nos criterios de avaliación descritos a continuación.

Obxectivos de aprendizaxe da Unidade 4 Ler de forma comprensiva e autónoma varios correos electrónicos sobre un

suceso estraño nunha estrada e nun pub inglés. Falar sobre feitos ocorridos no pasado e sobre datos biográficos. Repasar o pasado simple dos verbos en afirmativa, negativa e interrogativa, e as

respostas breves. Repasar as preposicións de lugar: opposite, on the left, near, on the right, at

the end of, in front of, behind e next to. Repasar a estrutura there was / there were en afirmativa, negativa e

interrogativa. Identificar e pronunciar correctamente a terminación dos verbos regulares en

pasado: /d/, /t/, /id/. Escoitar de forma comprensiva varias historias de misterio e un extracto dunha

obra famosa de Stephen King. Escribir un parágrafo con datos biográficos, prestando atención aos conectores

de secuencia temporal.

Contidos

BLOQUE 1. ESCOITAR, FALAR E CONVERSAR

Predición do tema da unidade mediante o apoio visual, o vocabulario e os coñecementos previos.

Audición dunha historia para completar actividades de comprensión. Interacción de modo semicontrolado co compañeiro/a sobre a información dos

textos e dando indicacións para chegar a un sitio. Audición dun extracto dunha novela famosa, para contestar preguntas de

comprensión. Interacción de modo semicontrolado co compañeiro/a, para falar de personaxes

famosos e dos debuxos dun cuarto. Interacción co compañeiro/a para practicar o diálogo escoitado e producir un

novo.

BLOQUE 2. LER E ESCRIBIR

Obtención de información específica dunha historia, para confirmar as predicións feitas sobre o tema e as palabras relacionadas coa mesma

Page 42: Amazon Web Services€¦  · Web viewÁrea de Inglés Curso escolar 200__/0__ (*) PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA . Xefe/a de Departamento: (*) _________________________________ ÍNDICE

Uso do pasado simple para completar frases, e para adiviñar a que actor se refiren.

Produción escrita de preguntas sobre as historias da audición e frases para describir as diferenzas entre dous debuxos dun cuarto.

Uso dos coñecementos previos para dicir se as afirmacións que se dan son verdadeiras ou falsas.

Obtención de información específica de dúas fichas biográficas de Stephen King e de Alfred Hitchcock, para comprobar as predicións feitas previamente.

Relación de adxectivos co seu sinónimo. Uso de there was / there were para completar e escribir frases. Redacción dun parágrafo con datos biográficos, prestando atención aos

conectores de secuencia temporal.

No Workbook: Produción escrita dun diálogo en inglés a partir das instrucións dadas en lingua

propia. Asociación de carteis de pubs e hoteis co parágrafo correspondente. Elaboración dun cartel para anunciar un lugar famoso do seu país cunha

explicación de por que se elixiu ese debuxo para representalo.

BLOQUE 3. COÑECEMENTO DA LINGUA

Coñecemento lingüístico:

Léxico/ Vocabulario Historias de misterio e sucesos estraños. Preposicións de lugar. Lugares. Práctica de destrezas no uso do dicionario: procura de significados, información

fonética e os verbos regulares. Práctica de estratexias de aprendizaxe: asociacións de palabras e ilustracións,

de adxectivos co seu sinónimo, agrupacións de vocabulario por campos semánticos.

Estrutura e funcións da lingua Describir feitos ocorridos no pasado. Falar de datos biográficos. Inducir regras gramaticais a partir da observación sobre a formación e o uso do

pasado simple, da estrutura there was / there were e do uso dos conectores de secuencia temporal.

Usar a terminoloxía adecuada aos contidos. Aceptar o erro como parte integrante do proceso de aprendizaxe. Recoñecer a importancia do uso de estratexias de aprendizaxe.

Fonética A terminación do pasado dos verbos regulares: /d/, /t/, /id/.

Page 43: Amazon Web Services€¦  · Web viewÁrea de Inglés Curso escolar 200__/0__ (*) PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA . Xefe/a de Departamento: (*) _________________________________ ÍNDICE

Reflexión sobre a aprendizaxe: - Organización e uso, cada vez máis autónomo, de recursos para a

aprendizaxe, como dicionarios, libros de consulta,bibliotecas ou tecnoloxías da información e da comunicación .

- Aplicación de estratexias para organizar, adquirir, recordar e utilizar léxico.

- Análise e reflexión sobre o uso e o significado das diferentes formas gramaticais mediante comparación e contraste coas linguas que coñece.

- Participación na avaliación da propia aprendizaxe e uso de estratexias de autocorrección.

- Organización do traballo persoal como estratexia para progresar na aprendizaxe.

- Interese por aproveitar as oportunidades de aprendizaxe creadas no contexto da aula e fóra dela.

- Participación activa en actividades e traballos de grupo. - Confianza e iniciativa para expresarse en público e por escrito

BLOQUE 4. ASPECTOS SOCIOCULTURAIS E CONCIENCIA INTERCULTURAL

Valoración do uso da lingua estranxeira como medio para comunicarse na aula e con persoas de procedencias diversas.

- Valoración do inglés como medio de comunicación internacional.

Uso apropiado de fórmulas lingüísticas de cortesía, acordo, discrepancia, etc., asociadas a situacións concretas de comunicación.

- Fórmulas para falar de feitos ocorridos no pasado, dar datos biográficos e narrar historias de medo.

- Vocabulario e expresións que utiliza a xuventude hoxe en día.

Coñecemento dos elementos culturais máis significativos dos países onde se fala a lingua estranxeira, obtendo a información por diferentes medios, entre eles Internet e outras tecnoloxías da información e da comunicación .

- Coñecemento e valoración da traxectoria dun escritor americano e dun director inglés.

- Interese por coñecer a orixe dos pubs.

Valoración do enriquecemento persoal que supón a relación con persoas pertencentes a outras culturas.

- Respecto ante experiencias e historias narradas polos demais. - Aprecio polo uso da lingua inglesa como medio para estabelecer

relacións con persoas de procedencias distintas, tomando iniciativa para comunicar e mostrando respecto ante a diversidade cultural.

Page 44: Amazon Web Services€¦  · Web viewÁrea de Inglés Curso escolar 200__/0__ (*) PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA . Xefe/a de Departamento: (*) _________________________________ ÍNDICE

Interese e iniciativa na realización de intercambios comunicativos con falantes ou aprendices da lingua estranxeira, utilizando soporte papel ou medios dixitais.

- Recoñecemento das distintas formas de obter información como dicionarios ou Internet.

- Interese por comunicarse por correo electrónico.

Criterios de avaliación da Unidade 4 1. Comprender a información xeral e a específica, a idea principal e algúns detalles

relevantes de textos orais, sobre temas referentes a sucesos pasados, varias historias de misterio e un extracto dunha obra famosa de Stephen King. Deberán ser capaces de realizar inferencias a partir do contexto, así como as instrucións para a realización de actividades, e de mensaxes sinxelas emitidas con claridade por medios audiovisuais.

2. Participar en conversacións e en simulacións breves sobre temas referentes a sucesos pasados, comentando datos biográficos de personaxes famosos e dando indicacións para chegar a un lugar con axuda dun mapa, con diversos fins comunicativos, utilizando as convencións propias da conversación e as estratexias necesarias para resolver as dificultades durante a interacción.

3. Comprender a información xeral e todos os datos relevantes de textos escritos auténticos, de extensión variada e adaptados, sobre varios sucesos estraños e varias historias de misterio, demostrando a súa comprensión a través de tarefas específicas, diferenciando feitos e opinións e identificando no seu caso, a intención comunicativa do autor.

4. Redactar oracións con información das historias de misterio e un parágrafo con datos biográficos, coidando as estruturas, o léxico e algúns elementos de cohesión e de coherencia, para marcar a relación entre ideas e facelas comprensíbeis ao lector.

5. Utilizar de forma consciente en contextos de comunicación variados, os coñecementos adquiridos, como observar regularidades no sistema da lingua estranxeira e inducir regras sobre a formación e uso do pasado simple, da estrutura there was / there were e do uso dos conectores de secuencia temporal, como instrumento de autocorrección e de autoavaliación das producións propias, orais e escritas, e para comprender as producións alleas.

6. Identificar, utilizar e explicar oralmente diferentes estratexias utilizadas para progresar na aprendizaxe.

7. Usar as tecnoloxías da información e da comunicación de forma progresivamente autónoma para buscar información e ampliar o coñecemento de datos culturais sobre a historia dos pubs ingleses. Producir textos a partir de modelos, enviar e recibir mensaxes de correo electrónico para estabelecer relacións persoais, orais e escritas, tomando iniciativa para comunicar e mostrando interese polo seu uso.

Page 45: Amazon Web Services€¦  · Web viewÁrea de Inglés Curso escolar 200__/0__ (*) PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA . Xefe/a de Departamento: (*) _________________________________ ÍNDICE

8. Identificar os aspectos culturais máis relevantes dos países onde se fala a lingua estranxeira, sinalar as características máis significativas dos costumes, normas, actitudes e valores da sociedade cuxa lingua se está a estudar. Mostrar unha valoración positiva de patróns culturais distintos aos propios e dos datos relacionados coas historias de misterio presentadas na unidade, comparándoos cos da cultura propia e mostrando respecto ante a diversidade cultural.

Competencias básicas

Competencia en comunicación lingüística - Achegamento a acontecementos da cultura británica.

Competencia cultural e artística - Coñecemento básico de autores destacados de literatura de

suspense en lingua inglesa e das súas obras. - Habilidade para gozar coa literatura e a historia.

Tratamento da información e competencia dixital - Estabelecemento de comunicación persoal a través do correo

electrónico en intercambios con adolescentes doutros lugares, creando contextos reais e funcionais de comunicación.

Competencia para aprender a aprender - Motivación e gusto por aprender. - Habilidades para obter información e transformala en coñecemento

propio.

Page 46: Amazon Web Services€¦  · Web viewÁrea de Inglés Curso escolar 200__/0__ (*) PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA . Xefe/a de Departamento: (*) _________________________________ ÍNDICE

UNIDADE 5: True Stories

Obxectivos xerais da área de inglés na Unidade 5 Os dez obxectivos da área de inglés desenvolvéronse de forma intrínseca nas seccións correspondentes desta unidade e quedan reflectidos nos contidos e nos criterios de avaliación descritos a continuación.

Obxectivos de aprendizaxe da Unidade 5 Ler de forma comprensiva e autónoma varios artigos de xornal sobre diferentes

acontecementos, un texto sobre experiencias persoais non moi gratas e un anuncio relacionado coas fobias.

Expresar o que estaban facendo nun momento dado do pasado. Falar sobre as súas habilidades no pasado. Repasar o pasado continuo en afirmativa, negativa e interrogativa, e as

respostas breves. Contrastar o uso do pasado simple e do pasado continuo, para falar de accións

en pasado. Repasar o verbo modal could / couldn’t en afirmativa, negativa e interrogativa, e

as respostas breves. Identificar e diferenciar os sons vocálicos /u/ e /u:/. Escoitar de forma comprensiva varios feitos ocorridos no pasado e un texto sobre

as fobias. Escribir un parágrafo no que describan o peor día da súa vida.

Contidos

BLOQUE 1. ESCOITAR, FALAR E CONVERSAR

Predición do tema da unidade mediante o apoio visual, o vocabulario e os coñecementos previos.

Relación dos artigos dun xornal coas persoas que falan sobre eles. Audición dun texto oral sobre o que estaban facendo varias persoas cando

ocorreron algúns feitos, para realizar actividades de comprensión. Interacción de modo semicontrolado co compañeiro/a, sobre o que estaban

facendo a unhas horas concretas a noite anterior. Interacción co compañeiro/a para practicar o diálogo escoitado e producir un

novo. Interacción de modo semicontrolado co compañeiro/a, para describir como se

sentiron nunha situación concreta nas súas vidas e falar do que podían facer, ou non facer, no pasado.

Audición dun texto oral sobre as fobias de tres persoas, para completar actividades de comprensión.

BLOQUE 2. LER E ESCRIBIR

Page 47: Amazon Web Services€¦  · Web viewÁrea de Inglés Curso escolar 200__/0__ (*) PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA . Xefe/a de Departamento: (*) _________________________________ ÍNDICE

Relación do vocabulario dado coas categorías e a definición correspondente, de adxectivos coa ilustración adecuada e de titulares cos artigos de xornal aos que se refiren.

Uso do pasado continuo e do pasado simple para completar oracións. Obtención de información específica de dúas cartas sobre situacións

embarazosas, para realizar actividades de comprensión. Recoñecemento de oracións verdadeiras e corrección de oracións falsas. Obtención de información específica dun anuncio sobre unha doutora que cura

fobias, para buscar sinónimos das palabras dadas. Produción escrita de frases sobre o que eles mesmos, ou membros da súa

familia, podían facer, ou non, no pasado e dun parágrafo describindo o peor día das súas vidas.

No Workbook: Produción escrita dun diálogo en inglés a partir das instrucións dadas en lingua

propia. Obtención de información específica dun texto sobre supersticións, para dicir se

as afirmacións que se dan son verdadeiras ou falsas. Elaboración dunha lista con supersticións existentes no país propio.

BLOQUE 3. COÑECEMENTO DA LINGUA

Coñecemento lingüístico:

Léxico/ Vocabulario Acontecementos e feitos pasados. As emocións. Terminoloxía médica. Práctica de destrezas no uso do dicionario: procura de significados, información

fonética e os verbos irregulares. Práctica de estratexias de aprendizaxe: asociacións de emocións e de

ilustracións, expresións coa súa definición, clasificación de palabras, agrupacións de vocabulario por campos semánticos, relación de palabras co seu sinónimo.

Estrutura e funcións da lingua Expresar accións, habilidades e posibilidades no pasado. Inducir regras gramaticais a partir da observación. Usar a terminoloxía adecuada aos contidos. Aceptar o erro como parte integrante do proceso de aprendizaxe. Recoñecer a importancia do uso de estratexias de aprendizaxe.

Fonética Pronuncia dos sons vocálicos /u/ e /u:/.

Page 48: Amazon Web Services€¦  · Web viewÁrea de Inglés Curso escolar 200__/0__ (*) PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA . Xefe/a de Departamento: (*) _________________________________ ÍNDICE

Reflexión sobre a aprendizaxe: - Aplicación de estratexias para organizar, adquirir, recordar e utilizar

léxico. - Confianza e iniciativa para expresarse en público e por escrito - Organización e uso, cada vez máis autónomo, de recursos para a

aprendizaxe, como dicionarios, libros de consulta, bibliotecas ou tecnoloxías da información e da comunicación .

- Análise e reflexión sobre o uso e o significado das diferentes formas gramaticais mediante comparación e contraste coas linguas que coñece.

- Organización do traballo persoal como estratexia para progresar na aprendizaxe.

- Interese por aproveitar as oportunidades de aprendizaxe creadas, no contexto da aula e fóra dela.

- Participación na avaliación da propia aprendizaxe e uso de estratexias de autocorrección.

- Participación activa en actividades e traballos de grupo.

BLOQUE 4. ASPECTOS SOCIOCULTURAIS E CONCIENCIA INTERCULTURAL

Valoración do uso da lingua estranxeira como medio para comunicarse na aula e con persoas de procedencias diversas.

- Interese por aproximar as mensaxes que se desexan transmitir ás características particulares do interlocutor (compañeiros/as, profesor/a) que poidan darse nas situacións de comunicación propias da aula, respectando as diferenzas de pronuncia, acento ou grao de coñecemento da lingua estranxeira.

- Valoración do inglés como medio de comunicación internacional.

Identificación de trazos comúns e das diferenzas máis significativas que existen entre os costumes, usos, actitudes e valores da sociedade inglesa e da propia e respecto polos mesmos.

- Interese por coñecer datos curiosos sobre as fobias no Reino Unido.

Uso apropiado de fórmulas lingüísticas de cortesía, acordo, discrepancia, etc., asociadas a situacións concretas de comunicación.

- Fórmulas para narrar feitos e expresar habilidades no pasado, e falar de situacións embarazosas, fobias, supersticións, etc.

- Vocabulario e expresións que utiliza a xuventude hoxe en día.

Coñecemento dos elementos culturais máis significativos dos países onde se fala a lingua estranxeira, obtendo a información por diferentes medios, entre eles Internet e outras tecnoloxías da información e da comunicación .

- Coñecemento e valoración da transcendencia dalgúns acontecementos a nivel internacional.

Page 49: Amazon Web Services€¦  · Web viewÁrea de Inglés Curso escolar 200__/0__ (*) PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA . Xefe/a de Departamento: (*) _________________________________ ÍNDICE

- Interese por ampliar o coñecemento de datos culturais sobre as fobias, as emocións, as supersticións e os acontecementos que tiveron lugar en distintos países.

Valoración do enriquecemento persoal que supón a relación con persoas pertencentes a outras culturas.

- Respecto e comprensión ante situacións embarazosas vividas por outras persoas.

Interese e iniciativa na realización de intercambios comunicativos con falantes ou aprendices da lingua estranxeira, utilizando soporte papel ou medios dixitais.

- Recoñecemento das distintas formas de comunicarse e de obter información, como os xornais ou revistas especializadas, anuncios, correo electrónico, Internet.

- Aprecio polo uso da lingua inglesa como medio para estabelecer relacións con persoas de procedencias distintas, tomando iniciativa para comunicar e mostrando respecto ante a diversidade cultural.

Criterios de avaliación da Unidade 5

1. Comprender a información xeral e a específica, a idea principal e algúns detalles relevantes de textos orais, sobre temas concretos referentes a feitos pasados, a varios acontecementos e ás fobias de varias persoas. Deberán ser capaces de realizar inferencias a partir do contexto, así como as instrucións para a realización de actividades, e de mensaxes sinxelas emitidas con claridade por medios audiovisuais.

2. Participar en conversacións e en simulacións breves sobre o que estaban facendo no pasado e sobre o que podían facer, ou non, antes, empregando o modal could / couldn’t, o pasado simple e o pasado continuo, utilizando as convencións propias da conversación e as estratexias necesarias para resolver as dificultades durante a interacción.

3. Comprender a información xeral e todos os datos relevantes de textos escritos auténticos, de extensión variada e adaptados, sobre acontecementos pasados, dúas cartas sobre situacións embarazosas e un anuncio relacionado coas fobias, demostrando a súa comprensión a través de tarefas específicas, diferenciando feitos e opinións e identificando no seu caso, a intención comunicativa do autor.

4. Redactar de forma guiada un parágrafo sobre o peor día das súas vidas, coidando as estruturas, o léxico e algúns elementos de cohesión e de coherencia, para marcar a relación entre ideas e facelas comprensíbeis ao lector.

5. Utilizar de forma consciente en contextos de comunicación variados, os coñecementos adquiridos sobre o sistema lingüístico da lingua estranxeira, como observar regularidades no sistema da mesma e inducir regras sobre a

Page 50: Amazon Web Services€¦  · Web viewÁrea de Inglés Curso escolar 200__/0__ (*) PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA . Xefe/a de Departamento: (*) _________________________________ ÍNDICE

formación do pasado continuo, contrastándoo co pasado simple e co uso do modal could como instrumento de autocorrección e de autoavaliación das producións propias, orais e escritas, e para comprender as producións alleas.

6. Identificar, utilizar e explicar oralmente diferentes estratexias utilizadas para progresar na aprendizaxe.

7. Usar as tecnoloxías da información e da comunicación de forma progresivamente autónoma para ampliar o coñecemento de datos culturais sobre os mercados e os artistas da rúa en Londres. Producir textos a partir de modelos, enviar e recibir mensaxes de correo electrónico para estabelecer relacións persoais, orais e escritas, tomando iniciativa para comunicar e mostrando interese polo seu uso.

8. Identificar os aspectos culturais máis relevantes dos países onde se fala a lingua estranxeira, sinalar as características máis significativas dos costumes, normas, actitudes e valores da sociedade cuxa lingua se está a estudar. Mostrar unha valoración positiva de patróns culturais distintos aos propios e dos datos relacionados coas experiencias, habilidades e emocións dos demais, comparándoos cos da cultura propia e mostrando respecto ante a diversidade cultural.

Competencias básicas

Competencia social e cidadá - Aceptación e práctica de normas de convivencia. - Habilidades sociais para entender que os conflitos de valores e

intereses forman parte da convivencia, resolvelos con actitude construtiva, sen mediación de violencia ou de imposición, e tomar decisións con autonomía.

- Práctica do diálogo e negociación para resolver conflitos. - Capacidade de poñerse no lugar do outro e de comprender o seu

punto de vista aínda que sexa distinto do propio.

Autonomía e iniciativa persoal - Coñecemento de si mesmo, autoestima, perseveranza, control

emocional e espírito de superación. - Capacidade para reelaborar situacións, buscar axuda ou solucións e

levalas á práctica. - Mantemento da motivación para lograr o éxito nas tarefas

emprendidas.

Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico - Coidado do ambiente e uso responsábel dos recursos naturais.

Competencia cultural e artística - Apreciación do coñecemento xeral.

Page 51: Amazon Web Services€¦  · Web viewÁrea de Inglés Curso escolar 200__/0__ (*) PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA . Xefe/a de Departamento: (*) _________________________________ ÍNDICE

Competencia para aprender a aprender - Habilidades para obter información e transformala en coñecemento

propio.

Page 52: Amazon Web Services€¦  · Web viewÁrea de Inglés Curso escolar 200__/0__ (*) PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA . Xefe/a de Departamento: (*) _________________________________ ÍNDICE

UNIDADE 6: You Can Help!

Obxectivos xerais da área de inglés na Unidade 6 Os dez obxectivos da área de inglés desenvolvéronse de forma intrínseca nas seccións correspondentes desta unidade e quedan reflectidos nos contidos e nos criterios de avaliación descritos a continuación.

Obxectivos de aprendizaxe da Unidade 6 Ler de forma comprensiva e autónoma un artigo sobre unha iniciativa para

protexer animais, un anuncio dun curso de supervivencia e un suceso. Falar sobre cousas que fixesen ou que experimentasen algunha vez e sobre

accións incompletas. Aprender o pretérito perfecto composto en afirmativa, negativa e interrogativa, e

as respostas breves. Contrastar o uso do pretérito perfecto composto co do pasado simple. Utilizar adecuadamente as expresións temporais for, since, already, etc. Practicar o son /h/ e a pronuncia de formas contraídas e de participios verbais. Escoitar de forma comprensiva un texto oral sobre unha ponte, técnicas de

supervivencia, e un diálogo sobre acampadas. Escribir un parágrafo sobre a celebración dun aniversario nun sitio pouco

habitual.

Contidos

BLOQUE 1. ESCOITAR, FALAR E CONVERSAR

Predición do tema da unidade mediante o apoio visual, o vocabulario e os coñecementos previos.

Audición dun texto oral sobre unha ponte utilizada polos esquíos, sobre un curso de supervivencia e sobre algúns sucesos relacionados con animais, para contestar preguntas de comprensión.

Interacción oral de modo semicontrolado co compañeiro/a, sobre o que fixeron ao longo do día.

Interacción co compañeiro/a para practicar o diálogo escoitado e producir un novo.

BLOQUE 2. LER E ESCRIBIR

Obtención de información específica dun artigo, para confirmar se as súas predicións sobre o vocabulario son correctas, e para dicir se as afirmacións dadas son verdadeiras ou falsas, corrixindo as falsas.

Uso correcto do pretérito perfecto composto para escribir e completar frases, formular preguntas e respondelas.

Uso correcto das expresións temporais para completar frases.

Page 53: Amazon Web Services€¦  · Web viewÁrea de Inglés Curso escolar 200__/0__ (*) PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA . Xefe/a de Departamento: (*) _________________________________ ÍNDICE

Obtención de información específica dun artigo sobre os ourizos en Gran Bretaña, para elixir o titular correspondente.

Relación do vocabulario dado coa foto correcta, e dos titulares cos debuxos que os ilustran.

Uso correcto do pretérito perfecto composto ou do pasado simple, para completar unha historia.

Produción escrita dun parágrafo coa estrutura adecuada, seguindo un modelo.

No Workbook: Produción escrita dun diálogo en inglés a partir das instrucións dadas en lingua

propia. Obtención de información específica dun texto sobre algúns animais do Reino

Unido procedentes doutros países, para contestar preguntas de comprensión. Procura de información sobre os animais que hai no seu país, e produción escrita

sobre dous deles que non sexan autóctonos.

BLOQUE 3. COÑECEMENTO DA LINGUA

Coñecemento lingüístico:

Léxico/ Vocabulario Desastres ecolóxicos e animais en perigo de extinción. A protección da natureza. Acampadas e técnicas de supervivencia. Práctica de destrezas no uso do dicionario: procura de significados, información

fonética e os verbos irregulares. Práctica de estratexias de aprendizaxe: asociacións de palabras e ilustracións,

titulares con debuxos, agrupacións de vocabulario por campos semánticos.

Estrutura e funcións da lingua Narrar experiencias. Expresar accións incompletas. Inducir regras gramaticais a partir da observación sobre a formación do pretérito

perfecto composto, contrastándoo co pasado simple. Usar a terminoloxía adecuada aos contidos. Aceptar o erro como parte integrante do proceso de aprendizaxe. Recoñecer a importancia do uso de estratexias de aprendizaxe.

Fonética Pronuncia do son /h/. Pronuncia das formas contraídas I’ve e haven’t e dos participios.

Reflexión sobre a aprendizaxe: - Aplicación de estratexias para organizar, adquirir, recordar e utilizar

léxico.

Page 54: Amazon Web Services€¦  · Web viewÁrea de Inglés Curso escolar 200__/0__ (*) PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA . Xefe/a de Departamento: (*) _________________________________ ÍNDICE

- Organización e uso, cada vez máis autónomo, de recursos para a aprendizaxe, como dicionarios, libros de consulta, bibliotecas ou tecnoloxías da información e da comunicación .

- Análise e reflexión sobre o uso e o significado das diferentes formas gramaticais, mediante comparación e contraste coas linguas que coñece.

- Participación na avaliación da propia aprendizaxe e uso de estratexias de autocorrección.

- Organización do traballo persoal como estratexia para progresar na aprendizaxe.

- Interese por aproveitar as oportunidades de aprendizaxe creadas no contexto da aula e fóra dela.

- Participación activa en actividades e traballos de grupo. - Confianza e iniciativa para expresarse en público e por escrito

BLOQUE 4. ASPECTOS SOCIOCULTURAIS E CONCIENCIA INTERCULTURAL

Valoración do uso da lingua estranxeira como medio para comunicarse na aula e con persoas de procedencias diversas.

- Valoración da importancia do inglés como vehículo de comunicación internacional.

- Interese por aproximar as mensaxes que se desexan transmitir ás características particulares do interlocutor (compañeiros/as, profesor/a) que poidan darse nas situacións de comunicación propias da aula; respectar as diferenzas de pronuncia, acento ou grao de coñecemento da lingua estranxeira.

Identificación de trazos comúns e das diferenzas máis significativas que existen entre os costumes, usos, actitudes e valores da sociedade inglesa e da propia e respecto polos mesmos.

- Coñecemento e valoración da importancia e da utilidade de técnicas de supervivencia.

Uso apropiado de fórmulas lingüísticas de cortesía, acordo, discrepancia, etc., asociadas a situacións concretas de comunicación.

- Vocabulario e expresións que utiliza a xuventude hoxe en día. - Fórmulas para expresar accións en pasado e falar sobre o ambiente,

os animais, as acampadas e as técnicas de supervivencia.

Coñecemento dos elementos culturais máis significativos dos países onde se fala a lingua estranxeira, obtendo a información por diferentes medios, entre eles Internet e outras tecnoloxías da información e da comunicación .

- Interese por coñecer a orixe dos sapoconchos no Reino Unido.

Valoración do enriquecemento persoal que supón a relación con persoas pertencentes a outras culturas.

Page 55: Amazon Web Services€¦  · Web viewÁrea de Inglés Curso escolar 200__/0__ (*) PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA . Xefe/a de Departamento: (*) _________________________________ ÍNDICE

- Respecto polas accións solidarias a nivel mundial relacionadas coa protección do ambiente.

Interese e iniciativa na realización de intercambios comunicativos con falantes ou aprendices da lingua estranxeira, utilizando soporte papel ou medios dixitais.

- Recoñecemento das distintas formas de comunicarse e de obter información, como artigos especializados, folletos informativos, mensaxes de texto, correo electrónico, Internet.

- Apreciar o uso da lingua inglesa como medio para estabelecer relacións con persoas de procedencias distintas, tomando iniciativa para comunicar e mostrando respecto ante a diversidade cultural.

Criterios de avaliación da unidade 6

1. Comprender a información xeral e a específica, a idea principal e algúns detalles relevantes de textos orais, sobre temas concretos e coñecidos referentes a experiencias pasadas, unha ponte pouco común, técnicas de supervivencia e un diálogo relacionado cunha acampada. Deberán ser capaces de realizar inferencias a partir do contexto, así como as instrucións para a realización de actividades e de mensaxes sinxelas emitidas con claridade por medios audiovisuais.

2. Participar en conversacións e en simulacións breves sobre experiencias pasadas e accións incompletas, con diversos fins comunicativos, utilizando as convencións propias da conversación e as estratexias necesarias para resolver as dificultades durante a interacción.

3. Comprender a información xeral e todos os datos relevantes de textos escritos auténticos, breves e adaptados, sobre animais afectados por desastres ecolóxicos e en perigo de extinción, sobre o ambiente, un anuncio dun curso de supervivencia e un suceso. Deberán demostrar a súa comprensión a través de tarefas específicas, diferenciando feitos e opinións e identificando no seu caso, a intención comunicativa do autor.

4. Redactar de forma guiada un parágrafo sobre unha festa de aniversario, coidando as estruturas, o léxico e algúns elementos de cohesión e de coherencia, para marcar a relación entre ideas e facelas comprensíbeis ao lector.

5. Utilizar de forma consciente en contextos de comunicación variados, os coñecementos adquiridos sobre o sistema lingüístico da lingua estranxeira, como observar regularidades no sistema da mesma e inducir regras sobre a formación do pretérito perfecto composto, contrastándoo co pasado simple e coa estrutura dun parágrafo como instrumento de autocorrección e de autoavaliación das producións propias, orais e escritas, e para comprender as producións alleas.

Page 56: Amazon Web Services€¦  · Web viewÁrea de Inglés Curso escolar 200__/0__ (*) PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA . Xefe/a de Departamento: (*) _________________________________ ÍNDICE

6. Identificar, utilizar e explicar oralmente diferentes estratexias utilizadas para progresar na aprendizaxe.

7. Usar as tecnoloxías da información e da comunicación de forma progresivamente autónoma, para buscar información e ampliar o coñecemento de datos culturais sobre os animais e a protección da natureza en diferentes países. Producir textos a partir de modelos, enviar e recibir mensaxes de correo electrónico para estabelecer relacións persoais, orais e escritas, tomando iniciativa para comunicar e mostrando interese polo seu uso.

8. Identificar os aspectos culturais máis relevantes dos países onde se fala a lingua estranxeira, sinalar as características máis significativas dos costumes, normas, actitudes e valores da sociedade cuxa lingua se está a estudar. Mostrar unha valoración positiva de patróns culturais distintos aos propios e dos datos relacionados cos animais, as mascotas e os campamentos de supervivencia, comparándoos cos da cultura propia e mostrando respecto ante a diversidade cultural.

Competencias básicas

Competencia social e cidadá - Toma de decisións nos distintos niveis de vida comunitaria. - Valoración conxunta dos intereses individuais e dos de grupo. - Habilidades para participar activa e plenamente na vida cívica. - Recoñecemento da igualade de dereitos entre os distintos colectivos.

Autonomía e iniciativa persoal - Capacidade de transformar as ideas en accións: propoñer obxectivos,

planificar e levar a cabo proxectos. - Análise de posibilidades e de limitacións. - Habilidades sociais para relacionarse, saberse poñer no lugar do

outro, cooperar e traballar en equipo.

Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico - Concienciación sobre os desastres ecolóxicos, influencia do noso

modo de vida sobre o ambiente. - Solidariedade global e interxeracional co espazo no que vivimos.

Competencia en comunicación lingüística - A expresión como medio de convivencia e a resolución de conflitos. - A linguaxe como medio de enriquecemento das relacións sociais.

Competencia para aprender a aprender - Conciencia do que se pode facer por un mesmo e o que se pode

facer con axuda doutras persoas ou recursos. - Habilidade para tomar decisións, valorando as achegas dos

compañeiros.

Page 57: Amazon Web Services€¦  · Web viewÁrea de Inglés Curso escolar 200__/0__ (*) PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA . Xefe/a de Departamento: (*) _________________________________ ÍNDICE

- Formulación de metas alcanzábeis a curto, medio ou longo prazo, de forma realista e progresiva.

- Capacidade de cooperar.

Page 58: Amazon Web Services€¦  · Web viewÁrea de Inglés Curso escolar 200__/0__ (*) PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA . Xefe/a de Departamento: (*) _________________________________ ÍNDICE

UNIDADE 7: Changes in Fashion

Obxectivos xerais da área de inglés na Unidade 7 Os dez obxectivos da área de inglés desenvolvéronse de forma intrínseca nas seccións correspondentes desta unidade e quedan reflectidos nos contidos e nos criterios de avaliación descritos a continuación.

Obxectivos de aprendizaxe da Unidade 7 Ler de forma comprensiva e autónoma unha entrevista a unha investigadora de

moda, un texto sobre un tipo de moda e un anuncio relacionado coa realidade virtual.

Falar sobre plans e intencións e expresar cantidade. Repasar o uso e a formación de be going to en afirmativa, negativa e

interrogativa, e as respostas curtas. Repasar os cuantificadores. Empregar os conectores de secuencia. Utilizar correctamente adxectivos nas estruturas too e not enough. Identificar e relacionar os sons vocálicos /F/ e /J/ e o ditongo /P/ coas grafías

correspondentes. Escoitar de forma comprensiva unha conversación sobre plans para a fin de

semana, un programa de radio sobre moda e a descrición das características dun adolescente.

Escribir unha postal falando dos plans para as vacacións e utilizando correctamente os conectores de secuencia temporal.

Contidos

BLOQUE 1. ESCOITAR, FALAR E CONVERSAR

Predición do tema da unidade mediante o apoio visual, o vocabulario e os coñecementos previos.

Interacción oral de modo semicontrolado co compañeiro/a, sobre a roupa que van poñer en diferentes situacións, e sobre as pezas e complementos que teñen.

Interacción co compañeiro/a para practicar o diálogo escoitado e producir un novo.

Audición dun programa de radio sobre as peculiaridades dunha moda concreta, e dunha descrición oral, para identificar a foto correcta.

Interacción oral de modo semicontrolado co compañeiro/a, dando a súa opinión sobre o aspecto físico dun mozo en tres fotografías diferentes.

BLOQUE 2. LER E ESCRIBIR

Obtención de información específica dunha entrevista, para contestar unha pregunta.

Page 59: Amazon Web Services€¦  · Web viewÁrea de Inglés Curso escolar 200__/0__ (*) PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA . Xefe/a de Departamento: (*) _________________________________ ÍNDICE

Relación do vocabulario dado coas ilustracións correspondentes, e de adxectivos co seu antónimo.

Uso correcto de be going to, para completar frases, formular preguntas e respondelas.

Obtención de información específica dun texto escrito sobre a moda “manga”, para verificar as predicións feitas a través do apoio visual.

Uso correcto de How much ...?, How many ...?, many, not many, a lot of, some e any, para formular preguntas, respondelas e completar frases.

Obtención de información específica dun texto publicitario sobre a posibilidade de cambiar o aspecto físico a través da realidade virtual, para contestar preguntas de comprensión.

Uso correcto de too... e not... enough para completar frases. Produción escrita dun texto, prestando atención aos conectores de secuencia

temporal.

No Workbook: Produción escrita dun diálogo en inglés a partir das instrucións dadas en lingua

propia. Obtención de información específica dun texto sobre a historia da minisaia, para

dicir se as afirmacións que se dan son verdadeiras ou falsas. Procura de información sobre a historia dalgunha peza de vestir e produción

escrita sobre ela, ilustrando o texto con fotos.

BLOQUE 3. COÑECEMENTO DA LINGUA

Coñecemento lingüístico:

Léxico/ Vocabulario O mundo da moda. Pezas de vestir. Adxectivos que describen o aspecto físico. Práctica de destrezas no uso do dicionario: procura de significados e información

fonética. Práctica de estratexias de aprendizaxe: asociacións de palabras e ilustracións,

identificación de palabras sinónimas e de adxectivos antónimos, agrupacións de vocabulario por campos semánticos.

Estrutura e funcións da lingua Falar de plans e de intencións futuras. Expresar cantidade. Falar sobre a moda e a roupa. Inducir regras gramaticais a partir da observación sobre a formación de be going

to, too .../not.... enough , o uso dos cuantificadores e os conectores de secuencia.

Usar a terminoloxía adecuada aos contidos. Aceptar o erro como parte integrante do proceso de aprendizaxe.

Page 60: Amazon Web Services€¦  · Web viewÁrea de Inglés Curso escolar 200__/0__ (*) PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA . Xefe/a de Departamento: (*) _________________________________ ÍNDICE

Recoñecer a importancia do uso de estratexias de aprendizaxe.

Fonética Pronuncia dos sons vocálicos /F/ e /J/ e do ditongo /P/.

Reflexión sobre a aprendizaxe: - Aplicación de estratexias para organizar, adquirir, recordar e utilizar

léxico. - Organización e uso, cada vez máis autónomo, de recursos para a

aprendizaxe, como dicionarios, libros de consulta, bibliotecas ou tecnoloxías da información e da comunicación .

- Análise e reflexión sobre o uso e o significado das diferentes formas gramaticais mediante comparación e contraste coas linguas que coñece.

- Participación na avaliación da propia aprendizaxe e uso de estratexias de autocorrección.

- Organización do traballo persoal como estratexia para progresar na aprendizaxe.

- Interese por aproveitar as oportunidades de aprendizaxe creadas no contexto da aula e fóra dela.

- Confianza e iniciativa para expresarse en público e por escrito

BLOQUE 4. ASPECTOS SOCIOCULTURAIS E CONCIENCIA INTERCULTURAL

Valoración do uso da lingua estranxeira como medio para comunicarse na aula e con persoas de procedencias diversas.

- Valoración da importancia do inglés como vehículo de comunicación internacional.

- Interese por aproximar as mensaxes que se desexan transmitir ás características particulares do interlocutor (compañeiros/as, profesor/a) que poidan darse nas situacións de comunicación propias da aula, respectando as diferenzas de pronuncia, acento ou grao de coñecemento da lingua estranxeira.

Identificación de trazos comúns e das diferenzas máis significativas que existen entre os costumes, usos, actitudes e valores da sociedade inglesa e da propia e respecto polos mesmos.

- Coñecemento e valoración da moda doutros países. - Desenvolvemento de actitudes positivas ante os gustos e o aspecto

físico dos demais.

Uso apropiado de fórmulas lingüísticas de cortesía, acordo, discrepancia, etc., asociadas a situacións concretas de comunicación traballadas na unidade.

- Fórmulas para falar sobre plans e intencións, modas e tendencias entre adolescentes, descricións físicas.

- Vocabulario e expresións que utiliza a xuventude hoxe en día.

Page 61: Amazon Web Services€¦  · Web viewÁrea de Inglés Curso escolar 200__/0__ (*) PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA . Xefe/a de Departamento: (*) _________________________________ ÍNDICE

Coñecemento dos elementos culturais máis significativos dos países onde se fala a lingua estranxeira, obtendo a información por diferentes medios, entre eles Internet e outras tecnoloxías da información e da comunicación .

- Interese por coñecer a orixe da minisaia.

Valoración do enriquecemento persoal que supón a relación con persoas pertencentes a outras culturas.

- Recoñecemento das distintas formas de comunicarse e de obter información, como os programas en tres dimensións, as mensaxes de texto, o correo electrónico, e/ou Internet.

- Apreciar o uso da lingua inglesa como medio para estabelecer relacións con persoas de procedencias distintas, tomando iniciativa para comunicar e mostrando respecto ante a diversidade cultural.

Criterios de avaliación da unidade 7

1. Comprender a información xeral e a específica, a idea principal e algúns detalles relevantes de textos orais, sobre temas concretos e coñecidos referentes a plans e intencións, sobre a fin de semana, un programa de radio sobre moda xuvenil e a descrición das características dun adolescente. Deberán ser capaces de realizar inferencias a partir do contexto, así como as instrucións para a realización de actividades, e de mensaxes sinxelas emitidas con claridade por medios audiovisuais.

2. Participar en conversacións e en simulacións breves relacionadas con plans e descricións físicas, con diversos fins comunicativos, utilizando as convencións propias da conversación e as estratexias necesarias para resolver as dificultades durante a interacción.

3. Comprender a información xeral e todos os datos relevantes de textos escritos auténticos, de extensión variada e adaptados, sobre unha persoa que se dedica á investigación de mercado, sobre a moda xuvenil e sobre un anuncio relacionado coa realidade virtual. Deberán demostrar a súa comprensión a través de tarefas específicas, diferenciando feitos e opinións e identificando no seu caso, a intención comunicativa do autor. Ler textos breves de xeito comprensivo sobre unha investigadora de moda, certa moda xuvenil xaponesa e a realidade virtual, demostrando a súa comprensión a través de tarefas específicas.

4. Redactar con axuda dunha carta modelo unha postal falando dos plans para os primeiros días das súas vacacións, coidando as estruturas, o léxico e algúns elementos de cohesión e de coherencia, para marcar a relación entre ideas e facelas comprensíbeis ao lector.

5. Utilizar de forma consciente en contextos de comunicación variados, os coñecementos adquiridos sobre o sistema lingüístico da lingua estranxeira, como observar regularidades no sistema da mesma e inducir regras sobre a

Page 62: Amazon Web Services€¦  · Web viewÁrea de Inglés Curso escolar 200__/0__ (*) PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA . Xefe/a de Departamento: (*) _________________________________ ÍNDICE

formación de be going to, too / not enough, o uso dos cuantificadores e dos conectores de secuencia como instrumento de autocorrección e de autoavaliación das producións propias, orais e escritas, e para comprender as producións alleas.

6. Identificar, utilizar e explicar oralmente diferentes estratexias utilizadas para progresar na aprendizaxe.

7. Usar as tecnoloxías da información e da comunicación de forma progresivamente autónoma para buscar información e ampliar o coñecemento de datos culturais sobre a moda xuvenil noutros países e o aspecto físico da xente. Producir textos a partir de modelos, enviar e recibir mensaxes de correo electrónico para estabelecer relacións persoais, orais e escritas, tomando iniciativa para comunicar e mostrando interese polo seu uso.

8. Identificar os aspectos culturais máis relevantes dos países onde se fala a lingua estranxeira, sinalar as características máis significativas dos costumes, normas, actitudes e valores da sociedade cuxa lingua se está a estudar. Mostrar unha valoración positiva de patróns culturais distintos aos propios e dos datos relacionados coa investigación de mercado, a moda e a posibilidade de facer un cambio de imaxe “virtual”, comparándoos cos da cultura propia e mostrando respecto ante a diversidade cultural.

Competencias básicas

Competencia en comunicación lingüística - Utilización da linguaxe como instrumento de comunicación oral para

obter información. - Recoñecemento e aprendizaxe progresiva das regras de

funcionamento da lingua inglesa.

Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico - Consumo racional e responsábel.

Competencia cultural e artística - Apreciación e valoración crítica dos distintos gustos e formas de

vestir. - Habilidade para apreciar e gozar a moda. - Conciencia e respecto polas correntes estéticas, as modas e os

gustos.

Competencia para aprender a aprender Habilidades para relacionar e integrar a nova información cos coñecementos previos e a propia experiencia persoal para aplicala a situacións parecidas e contextos diversos.

Competencia social e cidadá

Page 63: Amazon Web Services€¦  · Web viewÁrea de Inglés Curso escolar 200__/0__ (*) PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA . Xefe/a de Departamento: (*) _________________________________ ÍNDICE

- Coñecemento e valoración de si mesmo. - Expresión de gustos e ideas propias e interese por escoitar as dos

outros.

Tratamento da información e competencia dixital - Coñecemento e uso de recursos tecnolóxicos: Internet, cámara dixital,

scanner e programa en tres dimensións para resolver un problema real.

Autonomía e iniciativa persoal - Capacidade de demorar a necesidade de satisfacción inmediata,

autoestima, autocrítica e capacidade de elixir con criterio propio.

Page 64: Amazon Web Services€¦  · Web viewÁrea de Inglés Curso escolar 200__/0__ (*) PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA . Xefe/a de Departamento: (*) _________________________________ ÍNDICE

UNIDADE 8: Visions of the Future

Obxectivos xerais da área de inglés na Unidade 8 Os dez obxectivos da área de inglés desenvolvéronse de forma intrínseca nas seccións correspondentes desta unidade e quedan reflectidos nos contidos e nos criterios de avaliación descritos a continuación.

Obxectivos de aprendizaxe da Unidade 8 Ler de forma comprensiva e autónoma un anuncio dun proxecto da NASA, un

texto sobre inventos futuros e unha carta que circula polo correo electrónico. Falar sobre as obrigas nas tarefas da casa e expresar predicións sobre o futuro. Repasar os modais must / mustn’t, o futuro con will en afirmativa, negativa e

interrogativa, as respostas breves e aprender have to / don’t have to. Repasar o primeiro condicional. Pronunciar correctamente as formas contraídas de futuro ‘ll e won’t. Escoitar de forma comprensiva unha entrevista, un texto oral relacionado con

inventos futuros e unha conversación telefónica. Escribir un correo electrónico a un amigo/a inglés, prestando atención á

ortografía.

Contidos

BLOQUE 1. ESCOITAR, FALAR E CONVERSAR

Predición do tema da unidade mediante o apoio visual, o vocabulario e os coñecementos previos.

Interacción oral de modo semicontrolado co compañeiro/a, para practicar as preguntas do exercicio anterior.

Audición dunha entrevista a un voluntario para un proxecto da NASA, dun texto oral sobre inventos, e dunha chamada para comprar un libro por teléfono.

Interacción oral de modo semicontrolado co compañeiro/a, para pescudar as tarefas que teñen, ou non teñen, que facer na casa e para facer predicións sobre o futuro.

Interacción co compañeiro/a para practicar o diálogo escoitado e producir un novo.

BLOQUE 2. LER E ESCRIBIR

Relación do vocabulario dado coas ilustracións e coa súa definición correspondente.

Obtención de información específica dun anuncio que busca voluntarios/as para visitar un lugar do Ártico similar a Marte, dun texto que describe posíbeis

Page 65: Amazon Web Services€¦  · Web viewÁrea de Inglés Curso escolar 200__/0__ (*) PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA . Xefe/a de Departamento: (*) _________________________________ ÍNDICE

inventos no futuro e dunha carta que circula en cadea a través do correo electrónico, para contestar preguntas de comprensión.

Uso correcto de must / mustn’t e have to / don’t have, para formular preguntas e contestalas, escribir e completar frases e interpretar sinais de obriga e prohibición.

Uso correcto de will para facer e completar frases, formular preguntas e respondelas.

Obtención de información específica dunha carta que dá boa sorte se circula en cadea, para verificar información.

Uso correcto do primeiro condicional para completar frases, e formular e contestar preguntas.

Produción escrita dunha mensaxe de correo electrónico a un amigo/a inglés contándolle os plans para a fin de semana.

No Workbook: Produción escrita dun diálogo en inglés a partir das instrucións dadas en lingua

propia. Obtención de información específica dun texto sobre cartas que circulan en

cadea entre os membros dunha mesma familia, para contestar preguntas de comprensión.

Produción escrita dunha carta persoal, acompañada de fotos, para enviarlla ao seguinte, nunha lista previamente preparada e facer que lle chegue a toda a familia.

BLOQUE 3. COÑECEMENTO DA LINGUA

Coñecemento lingüístico:

Léxico/ Vocabulario Termos xeográficos. Vocabulario relacionado coa climatoloxía. A tecnoloxía. As tarefas domésticas. Práctica de destrezas no uso do dicionario: procura de significados e información

fonética. Práctica de estratexias de aprendizaxe: asociacións de palabras e fotografías, de

palabras coas súas definicións, agrupacións de vocabulario por campos semánticos.

Estrutura e funcións da lingua Expresar obriga e prohibición. Expresar posibilidade e probabilidade. Facer predicións e promesas.

- Formular hipóteses. - Falar do futuro e da tecnoloxía

Page 66: Amazon Web Services€¦  · Web viewÁrea de Inglés Curso escolar 200__/0__ (*) PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA . Xefe/a de Departamento: (*) _________________________________ ÍNDICE

Inducir regras gramaticais a partir da observación sobre os modais, o futuro e a formación do primeiro condicional.

Usar a terminoloxía adecuada aos contidos. Aceptar o erro como parte integrante do proceso de aprendizaxe. Recoñecer a importancia do uso de estratexias de aprendizaxe.

Fonética Pronuncia das formas contraídas ‘ll e won’t.

Reflexión sobre a aprendizaxe: - Aplicación de estratexias para organizar, adquirir, recordar e utilizar

léxico. - Organización e uso, cada vez máis autónomo, de recursos para a

aprendizaxe, como dicionarios, libros de consulta, bibliotecas ou tecnoloxías da información e da comunicación .

- Análise e reflexión sobre o uso e o significado das diferentes formas gramaticais mediante comparación e contraste coas linguas que coñece.

- Organización do traballo persoal como estratexia para progresar na aprendizaxe.

- Interese por aproveitar as oportunidades de aprendizaxe creadas no contexto da aula e fóra dela.

- Participación activa en actividades e traballos de grupo. - Confianza e iniciativa para expresarse en público e por escrito

BLOQUE 4. ASPECTOS SOCIOCULTURAIS E CONCIENCIA INTERCULTURAL

Valoración do uso da lingua estranxeira como medio para comunicarse na aula e con persoas de procedencias diversas.

- Valoración da importancia do inglés como vehículo de comunicación internacional.

- Interese por aproximar as mensaxes que se desexan transmitir ás características particulares do interlocutor (compañeiros/as, profesor/a) que poidan darse nas situacións de comunicación propias da aula, respectando as diferenzas de pronuncia, acento ou grao de coñecemento da lingua estranxeira.

Identificación de trazos comúns e das diferenzas máis significativas que existen entre os costumes, usos, actitudes e valores da sociedade inglesa e da propia e respecto polos mesmos.

- Respecto polas distintas visións do futuro que teñen os demais.

Uso apropiado de fórmulas lingüísticas de cortesía, acordo, discrepancia, etc., asociadas a situacións concretas de comunicación traballadas na unidade.

Page 67: Amazon Web Services€¦  · Web viewÁrea de Inglés Curso escolar 200__/0__ (*) PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA . Xefe/a de Departamento: (*) _________________________________ ÍNDICE

- Fórmulas para expresar hipóteses, obriga, prohibición, probabilidade e posibilidade, facer promesas, falar do tempo atmosférico, do futuro e da tecnoloxía.

- Vocabulario e expresións que utiliza a xuventude hoxe en día.

Coñecemento dos elementos culturais máis significativos dos países onde se fala a lingua estranxeira, obtendo a información por diferentes medios, entre eles Internet e outras tecnoloxías da información e da comunicación .

- Interese por coñecer a historia dunha carta que estivo circulando en cadea no Reino Unido, nos anos 40.

- Desenvolvemento de actitudes positivas cara á investigación e aos avances tecnolóxicos que favorecen o progreso.

Interese e iniciativa na realización de intercambios comunicativos con falantes ou aprendices da lingua estranxeira, utilizando soporte papel ou medios dixitais.

- Recoñecemento das distintas formas de comunicarse e de obter información como o correo electrónico e Internet.

- Apreciar o uso da lingua inglesa como medio para estabelecer relacións con persoas de procedencias distintas, tomando iniciativa para comunicar e mostrando respecto ante a diversidade cultural.

Criterios de avaliación da unidade 8 1. Comprender a información xeral e a específica, a idea principal e algúns detalles

relevantes de textos orais, sobre temas concretos e coñecidos referentes a obrigas, situacións hipotéticas e ao futuro, mediante unha entrevista a un candidato para un proxecto da NASA e dun texto oral sobre alguén que fai predicións do futuro. Deberán ser capaces de realizar inferencias a partir do contexto, así como as instrucións para a realización de actividades, e de mensaxes sinxelas emitidas con claridade por medios audiovisuais.

2. Participar en conversacións e en simulacións breves relacionadas coas tarefas domésticas que teñen que realizar e con predicións acerca do futuro, con diversos fins comunicativos, utilizando as convencións propias da conversación e as estratexias necesarias para resolver as dificultades durante a interacción.

3. Comprender a información xeral e todos os datos relevantes de textos escritos auténticos, de extensión variada e adaptados, sobre os requisitos para participar nun proxecto, sobre posíbeis avances futuros, e sobre unha carta que circula en cadea. Deberán demostrar a súa comprensión a través de tarefas específicas, diferenciando feitos e opinións e identificando no seu caso, a intención comunicativa do autor. Ler textos breves de xeito comprensivo sobre un proxecto da NASA, futuros inventos e unha carta que circula en cadea por Internet, demostrando a súa comprensión a través de tarefas específicas.

4. Redactar unha mensaxe de correo electrónico explicándolle os plans para a fin de semana a un amigo/a inglés que vén de visita, coidando as estruturas, o

Page 68: Amazon Web Services€¦  · Web viewÁrea de Inglés Curso escolar 200__/0__ (*) PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA . Xefe/a de Departamento: (*) _________________________________ ÍNDICE

léxico e algúns elementos de cohesión e de coherencia, para marcar a relación entre ideas e facelas comprensíbeis ao lector.

5. Utilizar de forma consciente en contextos de comunicación variados, os coñecementos adquiridos sobre o sistema lingüístico da lingua estranxeira, como observar regularidades no sistema da mesma e inducir regras sobre a formación dos modais, o futuro e a formación do primeiro condicional, como instrumento de autocorrección e de autoavaliación das producións propias, orais e escritas, e para comprender as producións alleas.

6. Identificar, utilizar e explicar oralmente diferentes estratexias utilizadas para progresar na aprendizaxe.

7. Usar as tecnoloxías da información e da comunicación de forma progresivamente autónoma para buscar información e ampliar o coñecemento de datos culturais sobre os avances tecnolóxicos en distintos países e sobre as cartas que circulan por Internet. Producir textos a partir de modelos, enviar e recibir mensaxes de correo electrónico para estabelecer relacións persoais, orais e escritas, tomando iniciativa para comunicar e mostrando interese polo seu uso.

8. Identificar os aspectos culturais máis relevantes dos países onde se fala a lingua estranxeira, sinalar as características máis significativas dos costumes, normas, actitudes e valores da sociedade cuxa lingua se está a estudar. Mostrar unha valoración positiva de patróns culturais distintos aos propios e dos datos relacionados con proxectos e cos avances tecnolóxicos, comparándoos cos da cultura propia e mostrando respecto ante a diversidade cultural.

Competencias básicas

Competencia en comunicación lingüística - Utilización da linguaxe como instrumento de comunicación oral e

escrita e como fonte de acceso a diferentes fontes de información, de comunicación e de aprendizaxe.

- Adecuación de textos orais e escritos a cada situación.

Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico - Influencia das persoas no espazo, o seu asentamento, as

modificacións que introducimos na paisaxe, a conservación de recursos, a diversidade natural, a solidariedade global e interxeracional.

- Recoñecemento dos límites da actividade investigadora.

Competencia para aprender a aprender - Conciencia do que se pode facer por un mesmo e do que se pode

facer coa axuda doutras persoas e recursos. - Capacidade de cooperación.

Page 69: Amazon Web Services€¦  · Web viewÁrea de Inglés Curso escolar 200__/0__ (*) PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA . Xefe/a de Departamento: (*) _________________________________ ÍNDICE

Competencia social e cidadá - Comprensión ante as contribucións que os individuos e as distintas

culturas fixeron pola evolución e o progreso da humanidade. - Toma de decisións nos distintos niveis da vida comunitaria.

Tratamento da información e competencia dixital - Utilización das tecnoloxías da información e da comunicación, como

elemento esencial para informarse, aprender e comunicarse.

Autonomía e iniciativa persoal - Análise de posibilidades e das limitacións persoais. - Capacidade de asumir riscos e responsabilidades. - Habilidades sociais para relacionarse, cooperar e traballar en equipo.

Page 70: Amazon Web Services€¦  · Web viewÁrea de Inglés Curso escolar 200__/0__ (*) PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA . Xefe/a de Departamento: (*) _________________________________ ÍNDICE

UNIDADE 9: What’s So Funny

Obxectivos xerais da área de inglés na Unidade 9 Os dez obxectivos da área de inglés desenvolvéronse de forma intrínseca nas seccións correspondentes desta unidade e quedan reflectidos nos contidos e nos criterios de avaliación descritos a continuación.

Obxectivos de aprendizaxe da Unidade 9 Ler de forma comprensiva e autónoma dous chistes, consellos para ser un bo

humorista, e dous correos electrónicos. Participar en diálogos para pedir e dar consello. Repasar os modais e estudar a formación dos adverbios de modo. Practicar o ritmo e a entoación de frases. Escoitar de forma comprensiva tres persoas que falan da súa profesión, un

diálogo e unha historia dun taxista. Escribir a continuación dunha historia utilizando o vocabulario adecuado para

enriquecer a expresión escrita.

Contidos

BLOQUE 1. ESCOITAR, LER E CONVERSAR

Predición do tema da unidade mediante o apoio visual, o vocabulario e os coñecementos previos.

Interacción de modo semicontrolado para repetir a frase lida polo compañeiro/a, cambiando o adverbio por outro diferente.

Audición dun texto oral para relacionar o nome de cada personaxe co seu traballo e dicir se as frases dadas son verdadeiras ou falsas.

Interacción co compañeiro/a para practicar o diálogo escoitado e producir un novo.

Audición dun texto oral sobre un taxista de Nova York, prestando atención ao uso dos adverbios, para posteriormente completar algunhas frases.

Interacción oral de modo semicontrolado cun compañeiro/a, para suxerir posíbeis solucións aos problemas expostos no exercicio anterior.

BLOQUE 2. LER E ESCRIBIR

Relación de adverbios co seu antónimo. Obtención de información específica de dous chistes, de consellos para ser un

bo humorista e de dous correos electrónicos, para contestar preguntas de comprensión.

Formación de adverbios a partir de adxectivos e relación cos seus antónimos. Uso de adverbios nas frases dadas e redacción doutras, empregando os xa

vistos anteriormente. Asociación da palabra funny con outros adxectivos que signifiquen o mesmo.

Page 71: Amazon Web Services€¦  · Web viewÁrea de Inglés Curso escolar 200__/0__ (*) PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA . Xefe/a de Departamento: (*) _________________________________ ÍNDICE

Uso correcto dos verbos modais para completar frases. Relación de frases para unir cada problema coa súa posíbel solución. Produción escrita de frases para completar o final dunha historia, prestando

atención ao uso de adxectivos e adverbios.

No Workbook: Produción escrita dun diálogo en inglés a partir das instrucións dadas en lingua

propia. Obtención de información específica dun texto sobre o exame que fan os

candidatos/as á licenza de taxista en Londres, para contestar preguntas de comprensión.

Elaboración dun mapa coa ruta a seguir para chegar a un lugar de interese da súa zona.

Produción escrita dun texto breve describindo a devandita ruta.

BLOQUE 3. COÑECEMENTO DA LINGUA

Coñecemento lingüístico:

Léxico/ Vocabulario Adxectivos e adverbios. Vocabulario relacionado co humor: a comedia e os chistes. Práctica de destrezas no uso do dicionario: procura de palabras, adverbios,

sinónimos e antónimos, e información fonética. Práctica de estratexias de aprendizaxe: asociacións de palabras e ilustracións de

adxectivos e de adverbios, agrupacións de vocabulario por campos semánticos, identificación de antónimos.

Estrutura e funcións da lingua Falar do pasado. Pedir e dar consello. Expresar obriga e prohibición. Falar sobre o humor. Inducir regras gramaticais a partir da observación sobre a formación e o uso dos

modais e dos adverbios de modo. Usar a terminoloxía adecuada aos contidos. Aceptar o erro como parte integrante do proceso de aprendizaxe. Recoñecer a importancia do uso de estratexias de aprendizaxe.

Fonética O ritmo e a entoación de frases.

Reflexión sobre a aprendizaxe: - Aplicación de estratexias para organizar, adquirir, recordar e utilizar

léxico.

Page 72: Amazon Web Services€¦  · Web viewÁrea de Inglés Curso escolar 200__/0__ (*) PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA . Xefe/a de Departamento: (*) _________________________________ ÍNDICE

- Organización e uso, cada vez máis autónomo, de recursos para a aprendizaxe, como dicionarios, libros de consulta, bibliotecas ou tecnoloxías da información e da comunicación .

- Análise e reflexión sobre o uso e o significado das diferentes formas gramaticais mediante comparación e contraste coas linguas que coñece.

- Participación na avaliación da propia aprendizaxe e uso de estratexias de autocorrección.

- Organización do traballo persoal como estratexia para progresar na aprendizaxe.

- Interese por aproveitar as oportunidades de aprendizaxe creadas no contexto da aula e fóra dela.

- Participación activa en actividades e traballos de grupo. - Confianza e iniciativa para expresarse en público e por escrito

BLOQUE 4. ASPECTOS SOCIOCULTURAIS E CONCIENCIA INTERCULTURAL

Valoración do uso da lingua estranxeira como medio para comunicarse na aula e con persoas de procedencias diversas.

- Valoración da importancia do inglés como vehículo de comunicación internacional.

- Interese por aproximar as mensaxes que se desexan transmitir ás características particulares do interlocutor (compañeiros/as, profesor/a) que poidan darse nas situacións de comunicación propias da aula, respectando as diferenzas de pronuncia, acento ou grao de coñecemento da lingua estranxeira.

Identificación de trazos comúns e das diferenzas máis significativas que existen entre os costumes, usos, actitudes e valores da sociedade inglesa e da propia e respecto polos mesmos.

- Desenvolvemento de actitudes de respecto e comprensión ante os problemas, os consellos e as solucións que se expresan na unidade.

- Interese por coñecer o proceso que seguen os candidatos/as a taxistas en Londres para conseguir a licenza.

Uso apropiado de fórmulas lingüísticas de cortesía, acordo, discrepancia, etc., asociadas a situacións concretas de comunicación traballadas na unidade.

- Fórmulas para falar de feitos pasados e de problemas, dar consellos, expresar obrigas e prohibicións, contar un chiste

- Vocabulario e expresións que utiliza a xuventude hoxe en día.

Coñecemento dos elementos culturais máis significativos dos países onde se fala a lingua estranxeira, obtendo a información por diferentes medios, entre eles Internet e outras tecnoloxías da información e da comunicación .

- Coñecemento e valoración dos elementos característicos do humor inglés.

Page 73: Amazon Web Services€¦  · Web viewÁrea de Inglés Curso escolar 200__/0__ (*) PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA . Xefe/a de Departamento: (*) _________________________________ ÍNDICE

Valoración do enriquecemento persoal que supón a relación con persoas pertencentes a outras culturas.

- Aprecio polo uso da lingua inglesa como medio para estabelecer relacións con persoas de procedencias distintas, tomando iniciativa para comunicar e mostrando respecto ante a diversidade cultural.

Interese e iniciativa na realización de intercambios comunicativos con falantes ou aprendices da lingua estranxeira, utilizando soporte papel ou medios dixitais.

- Recoñecemento das distintas formas de comunicarse, obter información e solicitar ou obter consellos a través do correo electrónico e do uso de Internet.

Criterios de avaliación da unidade 9 1. Comprender a información xeral e a específica, a idea principal e algúns detalles

relevantes de textos orais, sobre tres profesións, unha historia dun taxista, dous chistes, algúns consellos para ser un bo humorista, e correos electrónicos nos que se expoñen problemas e solucións. Deberán ser capaces de realizar inferencias a partir do contexto, así como as instrucións para a realización de actividades, e de mensaxes sinxelas emitidas con claridade por medios audiovisuais.

2. Participar en conversacións e en simulacións breves relacionadas coa exposición de problemas e coas posíbeis solucións, utilizando as convencións propias da conversación e as estratexias necesarias para resolver as dificultades durante a interacción.

3. Comprender a información xeral e todos os datos relevantes de textos escritos auténticos, de extensión variada e adaptados, sobre dúas situacións cómicas, consellos para converterse nun bo humorista e correos electrónicos. Deberán demostrar a súa comprensión a través de tarefas específicas, diferenciando feitos e opinións e identificando no seu caso, a intención comunicativa do autor.

4. Redactar de forma guiada a continuación dunha historia, coidando as estruturas, o léxico e algúns elementos de cohesión e de coherencia, para marcar a relación entre ideas e facelas comprensíbeis ao lector.

5. Utilizar de forma consciente en contextos de comunicación variados, os coñecementos adquiridos sobre o sistema lingüístico da lingua estranxeira, como observar regularidades no sistema da mesma e inducir regras sobre a formación e uso dos modais e dos adverbios de modo, como instrumento de autocorrección e de autoavaliación das producións propias, orais e escritas, e para comprender as producións alleas.

6. Identificar, utilizar e explicar oralmente diferentes estratexias utilizadas para progresar na aprendizaxe.

7. Usar as tecnoloxías da información e da comunicación de forma progresivamente autónoma para buscar información e ampliar o coñecemento

Page 74: Amazon Web Services€¦  · Web viewÁrea de Inglés Curso escolar 200__/0__ (*) PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA . Xefe/a de Departamento: (*) _________________________________ ÍNDICE

de datos culturais sobre o humor e sobre o exame para ser taxista en Londres. Producir textos a partir de modelos, enviar e recibir mensaxes de correo electrónico para estabelecer relacións persoais, orais e escritas, tomando iniciativa para comunicar e mostrando interese polo seu uso.

8. Identificar os aspectos culturais máis relevantes dos países onde se fala a lingua estranxeira, sinalar as características máis significativas dos costumes, normas, actitudes e valores da sociedade cuxa lingua se está a estudar. Mostrar unha valoración positiva de patróns culturais distintos aos propios e dos datos relacionados co humor anglosaxón e os taxis, comparándoos cos da cultura propia e mostrando respecto ante a diversidade cultural.

Competencias básicas

Competencia en comunicación lingüística - Competencia para compoñer e usar distintos textos con intencións

diversas. - Capacidade de valorar opinións distintas á propia con sensibilidade e

sentido crítico e realización de críticas con sentido construtivo.

Competencia cultural e artística - Importancia de apreciar e de apoiar as contribucións alleas. - Comprensión e valoración crítica das distintas manifestacións

artísticas. - Realización e representación de simulacións e narracións. - Apreciación da diversidade cultural a partir de manifestacións

artísticas.

Competencia para aprender a aprender - Curiosidade por facer preguntas, identificar e manexar a diversidade

de respostas posíbeis ante unha mesma situación ou problema. - Habilidade para aplicar a experiencia persoal a situacións parecidas e

contextos diversos.

Competencia social e cidadá - Práctica do diálogo e negociación para resolver conflitos. - Habilidades sociais para comprender que os conflitos de valores e

intereses forman parte da convivencia; resolución con actitude construtiva e toma de decisións con autonomía.

Tratamento da información e competencia dixital - Uso dos sistemas tecnolóxicos para recoller (e/ou organizar)

información, procesala e orientala para conseguir fins ou obxectivos. - Uso habitual dos recursos tecnolóxicos para resolver problemas reais

de xeito eficiente.

Autonomía e iniciativa persoal - Capacidade para poñerse no lugar do outro, valorar as ideas dos

demais e traballar de forma cooperativa e flexíbel.

Page 75: Amazon Web Services€¦  · Web viewÁrea de Inglés Curso escolar 200__/0__ (*) PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA . Xefe/a de Departamento: (*) _________________________________ ÍNDICE

UNIDADE 10: Reach for the Stars

Obxectivos xerais da área de inglés na Unidade 10 Os dez obxectivos da área de inglés desenvolvéronse de forma intrínseca nas seccións correspondentes desta unidade e quedan reflectidos nos contidos e nos criterios de avaliación descritos a continuación.

Obxectivos de aprendizaxe da Unidade 10 Ler de forma comprensiva e autónoma textos sobre a formación de grupos

musicais e sobre algúns programas concurso, e sobre un test de música. Participar en diálogos para pedir e dar información. Empregar a voz pasiva en presente e en pasado. Practicar a pronuncia das formas débiles e do participio de pasado. Escoitar de forma comprensiva unha entrevista ao representante dun grupo

musical e un diálogo sobre cantantes e artistas. Redactar un texto sobre como se fixo famoso o seu grupo de música preferido.

Contidos

BLOQUE 1. ESCOITAR, FALAR E CONVERSAR

Predición do tema da unidade e de información sobre as ilustracións, mediante o apoio visual, o vocabulario e os coñecementos previos.

Audición dunha entrevista ao representante dun grupo musical e dun diálogo de tres adolescentes que falan dos seus gustos musicais, para completar actividades de comprensión.

Interacción co compañeiro/a, de modo semicontrolado pedindo e dando información sobre un grupo musical e sobre o concurso de televisión Popstars.

Interacción de modo semicontrolado co compañeiro/a, a partir da información dada nunha ficha sobre os premios a vídeos musicais entregados pola MTV.

Interacción co compañeiro/a para practicar o diálogo escoitado e producir un novo.

BLOQUE 2. LER E ESCRIBIR

Relación das palabras dadas coa definición correspondente e co seu sinónimo. Obtención de información específica dun anuncio que busca membros para un

grupo musical, dun texto sobre como se forma un grupo musical masculino e sobre o concurso de televisión Operación Triunfo, para contestar preguntas de comprensión.

Uso correcto da voz pasiva en presente e pasado para completar frases. Realización dun test para medir os seus coñecementos musicais. Produción escrita de cinco frases sobre un cantante famoso, empregando a voz

pasiva.

Page 76: Amazon Web Services€¦  · Web viewÁrea de Inglés Curso escolar 200__/0__ (*) PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA . Xefe/a de Departamento: (*) _________________________________ ÍNDICE

Lectura das frases redactadas para que o compañeiro/a adiviñe de que cantante se trata.

Produción escrita de frases falsas a partir da información dada nunha ficha, para que posteriormente as corrixa o compañeiro/a.

Produción escrita dun parágrafo sobre o seu grupo musical preferido, seguindo os puntos traballados para conseguir unha boa expresión escrita.

No Workbook: Produción escrita dun diálogo en inglés a partir das instrucións dadas en lingua

propia. Obtención de información específica dun texto sobre o programa de música

inglés Top of the Pops, para indicar se as frases dadas son verdadeiras ou falsas.

Elaboración dunha lista coas dez cancións preferidas de cada un.

BLOQUE 3. COÑECEMENTO DA LINGUA

Coñecemento lingüístico:

Léxico/ Vocabulario A música, o entretemento e os programas de televisión. Práctica de destrezas no uso do dicionario: procura de palabras e sinónimos,

verbos irregulares e información fonética. Práctica de estratexias de aprendizaxe: asociacións de palabras e definicións, de

palabras e sinónimos, identificación de sinónimos.

Estrutura e funcións da lingua Describir procesos. Pedir e dar información. Falar sobre a música e a televisión. Inducir regras gramaticais a partir da observación sobre a formación da voz

pasiva en presente e pasado, e contraste entre ambas. Usar a terminoloxía adecuada aos contidos. Aceptar o erro como parte integrante do proceso de aprendizaxe. Recoñecer a importancia do uso de estratexias de aprendizaxe.

Fonética As formas débiles. Os participios de pasado.

Reflexión sobre a aprendizaxe: - Aplicación de estratexias para organizar, adquirir, recordar e utilizar

léxico. - Organización e uso, cada vez máis autónomo, de recursos para a

aprendizaxe, como dicionarios, libros de consulta, bibliotecas ou tecnoloxías da información e da comunicación .

Page 77: Amazon Web Services€¦  · Web viewÁrea de Inglés Curso escolar 200__/0__ (*) PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA . Xefe/a de Departamento: (*) _________________________________ ÍNDICE

- Análise e reflexión sobre o uso e o significado das diferentes formas gramaticais, mediante comparación e contraste coas linguas que coñece.

- Participación na avaliación da propia aprendizaxe e uso de estratexias de autocorrección.

- Organización do traballo persoal como estratexia para progresar na aprendizaxe.

- Interese por aproveitar as oportunidades de aprendizaxe creadas no contexto da aula e fóra dela.

- Participación activa en actividades e traballos de grupo. - Confianza e iniciativa para expresarse en público e por escrito

BLOQUE 4. ASPECTOS SOCIOCULTURAIS E CONCIENCIA INTERCULTURAL

Valoración do uso da lingua estranxeira como medio para comunicarse na aula e con persoas de procedencias diversas.

- Interese por aproximar as mensaxes que se desexan transmitir ás características particulares do interlocutor (compañeiros/as, profesor/a) que poidan darse nas situacións de comunicación propias da aula, respectando as diferenzas de pronuncia, acento ou grao de coñecemento da lingua estranxeira.

- Valoración da importancia do inglés como vehículo de comunicación internacional e dentro do mundo da música.

Identificación de trazos comúns e das diferenzas máis significativas que existen entre os costumes, usos, actitudes e valores da sociedade inglesa e da propia e respecto polos mesmos.

- Identificación e contraste dun mesmo programa concurso noutros países e no propio, e valoración da súa repercusión a través dos medios.

Uso apropiado de fórmulas lingüísticas de cortesía, acordo, discrepancia, etc., asociadas a situacións concretas de comunicación traballadas na unidade:

- Fórmulas para dar e pedir información e falar sobre a música, o entretemento e os programas de televisión.

- Vocabulario e expresións que utiliza a xuventude hoxe en día.

Coñecemento dos elementos culturais máis significativos dos países onde se fala a lingua estranxeira, obtendo a información por diferentes medios, entre eles Internet e outras tecnoloxías da información e da comunicación .

- Interese por coñecer datos sobre o programa de música máis famoso no Reino Unido.

- Valoración do enriquecemento persoal que supón a relación con persoas pertencentes a outras culturas.

- Respecto polos gustos musicais dos demais.

Page 78: Amazon Web Services€¦  · Web viewÁrea de Inglés Curso escolar 200__/0__ (*) PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA . Xefe/a de Departamento: (*) _________________________________ ÍNDICE

Interese e iniciativa na realización de intercambios comunicativos con falantes ou aprendices da lingua estranxeira, utilizando soporte papel ou medios dixitais.

- Recoñecemento das distintas formas de comunicarse, como a través de entrevistas e de obter información como anuncios, lectura de titulares, estatísticas, correo electrónico ou Internet.

- Apreciar o uso da lingua inglesa como medio para estabelecer relacións con persoas de procedencias distintas, tomando iniciativa para comunicar e mostrando respecto ante a diversidade cultural.

Criterios de avaliación da unidade 10

1. Comprender a información xeral e a específica, a idea principal e algúns detalles relevantes de textos orais, sobre unha entrevista a un representante dun grupo musical e dun diálogo entre cantantes e artistas novos, para pedir e dar información dun programa de televisión e dos premios MTV. Deberán ser capaces de realizar inferencias a partir do contexto, así como as instrucións para a realización de actividades, e de mensaxes sinxelas emitidas con claridade por medios audiovisuais.

2. Participar en conversacións e en simulacións breves para describir procesos e dar e pedir información, utilizando as convencións propias da conversación e as estratexias necesarias para resolver as dificultades durante a interacción.

3. Comprender a información xeral e todos os datos relevantes de textos escritos auténticos, de extensión variada e adaptados, sobre a formación de grupos musicais, sobre programas de televisión e dun test de música. Deberán demostrar a súa comprensión a través de tarefas específicas, diferenciando feitos e opinións e identificando no seu caso, a intención comunicativa do autor.

4. Redactar un parágrafo seguindo as pautas dadas, coidando as estruturas, o léxico e algúns elementos de cohesión e de coherencia, para marcar a relación entre ideas e facelas comprensíbeis ao lector.

5. Utilizar de forma consciente en contextos de comunicación variados, os coñecementos adquiridos sobre o sistema lingüístico da lingua estranxeira, como observar regularidades no sistema da mesma e inducir regras sobre a formación da voz pasiva en presente e en pasado, como instrumento de autocorrección e de autoavaliación das producións propias, orais e escritas, e para comprender as producións alleas.

6. Identificar, utilizar e explicar oralmente diferentes estratexias utilizadas para progresar na aprendizaxe.

7. Usar as tecnoloxías da información e da comunicación de forma progresivamente autónoma para buscar información e ampliar o coñecemento de datos culturais sobre a música, a televisión e o entretemento nos países de fala inglesa. Producir textos a partir de modelos, enviar e recibir mensaxes de

Page 79: Amazon Web Services€¦  · Web viewÁrea de Inglés Curso escolar 200__/0__ (*) PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA . Xefe/a de Departamento: (*) _________________________________ ÍNDICE

correo electrónico para estabelecer relacións persoais, orais e escritas, tomando iniciativa para comunicar e mostrando interese polo seu uso.

8. Identificar os aspectos culturais máis relevantes dos países onde se fala a lingua estranxeira, sinalar as características máis significativas dos costumes, normas, actitudes e valores da sociedade cuxa lingua se está a estudar. Mostrar unha valoración positiva de patróns culturais distintos aos propios e dos datos relacionados coa música, a televisión e o entretemento anglosaxón, comparándoos cos da cultura propia e mostrando respecto ante a diversidade cultural.

Competencias básicas

Competencia en comunicación lingüística - Capacidade de pracer, escoitando, lendo ou expresándose de forma

oral ou escrita. - A linguaxe da música como instrumento para a igualdade. - Recoñecemento e aprendizaxe progresiva das regras de

funcionamento da lingua inglesa. - Achegamento a novas culturas.

Competencia cultural e artística - Habilidade para apreciar e gozar coa música. - Conciencia da relación entre as correntes estéticas e a música.

Competencia para aprender a aprender - Reflexión sobre a propia aprendizaxe. - Capacidade para autoavaliarse.

Competencia social e cidadá - Capacidade de poñerse no lugar do outro e de comprender o seu

punto de vista aínda que sexa distinto do propio.

Autonomía e iniciativa persoal - Capacidade de elixir con criterio propio.

Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico - Hábitos de consumo racional e responsábel.

Page 80: Amazon Web Services€¦  · Web viewÁrea de Inglés Curso escolar 200__/0__ (*) PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA . Xefe/a de Departamento: (*) _________________________________ ÍNDICE

Review, Extra Reading, Song and Project

English Links For ESO 3 inclúe tres unidades de repaso nas que se presentan exercicios, unha lectura extra, unha canción e un proxecto.

Foron deseñadas para seren realizadas ao final de cada trimestre do curso escolar, pero pódense relacionar con calquera das unidades estudadas segundo o criterio do profesor/a. Por outra banda, trabállanse de forma sistemática as competencias básicas, os contidos e os obxectivos de aprendizaxe expostos nas dez unidades programadas.

Os exercicios incluídos nestas unidades son moi variados e ofrecen práctica adicional do vocabulario, dos elementos morfolóxicos e das estruturas e funcións da lingua estudados nas unidades anteriores.

As lecturas presentadas son dúas historias de suspense e un poema moi motivadores para os alumnos/as desta idade. Cada texto ofrécelles exercicios de comprensión lectora, por iso teñen tamén a súa concreción nos seguintes obxectivos de aprendizaxe:

3.- Ler diversos tipos de textos de forma comprensiva e autónoma, co fin de acceder a fontes de información variadas e como medio para coñecer culturas e formas de vida distintas ás propias. 8.- Apreciar a lingua estranxeira como instrumento de acceso á información e como ferramenta de aprendizaxe de contidos diversos.

E neste criterio de avaliación:

3.- Recoñecer a idea xeral e extraer información específica de textos escritos adecuados á idade, con apoio de elementos textuais e non textuais, sobre temas variados e outros relacionados con algunhas materias do currículo.

▪ As cancións reproducen tres temas apropiados á idade e aos intereses dos alumnos/as de 3º da ESO. Son:

- Eleanor Rigby (The Beatles) - Big Yellow Taxi (Counting Crows) - Kiss me (Sixpence None the Richer).

Están gravadas tanto no class CD coma no CD que acompaña o Workbook, e reprodúcense as letras no libro do estudante para permitir a súa completa explotación na clase.

Esta sección relaciónase directamente, a través do Culture Link, cunhas páxinas a toda cor sobre música dentro do Workbook, que conteñen información sobre as cancións e os cantantes e presentan actividades de comprensión.

▪ Os proxectos son actividades nas que os alumnos/as practican dun xeito divertido todos os coñecementos gramaticais e o vocabulario estudado ata o momento. O

Page 81: Amazon Web Services€¦  · Web viewÁrea de Inglés Curso escolar 200__/0__ (*) PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA . Xefe/a de Departamento: (*) _________________________________ ÍNDICE

Project Link enlaza coas páxinas do Workbook, onde atoparán instrucións paso a paso que lles permiten desenvolver a súa capacidade de traballo autónomo.- No proxecto 1 (Make an Advertisement) concrétanse os obxectivos e os contidos

vistos nas unidades 1, 2 e 3. - No proxecto 2 (Design a News Website) concrétanse os obxectivos e os

contidos vistos nas unidades 4, 5, 6 e 7. - No proxecto 3 (Invent a Product) concrétanse os obxectivos e os contidos vistos

nas unidades 8, 9 e 10.

Estes proxectos poden ser utilizados como ferramentas de avaliación, utilizando os criterios de avaliación descritos para as unidades respectivas.

Page 82: Amazon Web Services€¦  · Web viewÁrea de Inglés Curso escolar 200__/0__ (*) PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA . Xefe/a de Departamento: (*) _________________________________ ÍNDICE

7. Atención á diversidade

English Links for ESO 3 ten unha metodoloxía ecléctica, xa que se esperan varios estilos de aprendizaxe por parte dos alumnos/as e, así mesmo, diversos estilos de ensino por parte dos profesores/as. Por iso, estes materiais prestan máis atención á diversidade.

Como punto de partida tivemos en conta catro ámbitos de diversidade:

A capacidade para aprender a aprender

Cada alumno/a ten a súa propia capacidade para aprender cousas e para retelas, sen que iso sexa sinónimo da súa capacidade intelectual, e todos os alumnos poden alcanzar un nivel mínimo, independentemente do ritmo de traballo que poida ter cada quen. Tales son os aspectos que consideramos na investigación inicial e en todo o desenvolvemento do curso.

Así o reflicten as actividades do Student’s Book e do Workbook, xa que, a través dunha reciclaxe continua de estruturas e de vocabulario, por unha banda ofrecen amplas oportunidades de reforzo aos alumnos/as con menos capacidade e por outra facilitan a ampliación da materia para os que teñen máis nivel.

A motivación para aprender

A motivación do alumno/a para aprender é moi complexa, sobre todo tratándose dun idioma, xa que depende de varios factores: por unha banda, do historial de éxito ou de fracaso que teña ata ese momento e, por outra banda, do proceso de aprendizaxe seguido.

Isto influirá notabelmente, tanto no nivel de motivacións individuais, coma na forma máis lóxica e funcional de presentarlles todos os contidos.

Para levar a cabo a selección dos temas incluídos neste curso realizamos unha ampla investigación, abarcando o punto de vista do profesor/a a través de cuestionarios, pero tamén o dos alumnos/as, para así adaptalos ás súas idades, experiencias e contorno.

Os estilos de aprendizaxe

Existen moitos tipos de investigacións sobre os diversos estilos de aprendizaxe á hora de estudar un idioma.

Como é ben sabido, os alumnos/as poden ser impulsivos ou reflexivos cando se enfrontan ás súas tarefas escolares. Algúns alumnos poden reaccionar moi rapidamente e non obstante necesitar varios intentos para asimilaren unha idea, mentres que outros poden traballar máis a conciencia e aprender máis amodo, conseguindo o mesmo resultado. Este factor foi tido en conta dun modo sistemático. Por exemplo, á hora de ensinar as estruturas gramaticais incluíronse exercicios e táboas para aprender e repasar o presentado punto por punto, e tamén unha ampla repetición e práctica en distintas situacións para aqueles alumnos/as que non usen tanto o estilo analítico cando aprenden.

Page 83: Amazon Web Services€¦  · Web viewÁrea de Inglés Curso escolar 200__/0__ (*) PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA . Xefe/a de Departamento: (*) _________________________________ ÍNDICE

Tamén se prestou unha atención especial á “modalidade sensorial preferente” dos alumnos/as (visual, auditiva ou quinesiolóxica), é dicir, ás posíbeis formas de levar á práctica o aprendido.

Á hora de presentar as estruturas e as funcións, tivéronse en conta en todas as unidades, os distintos modos de aprendizaxe, ofrecéndolles aos alumnos/as máis analíticos numerosas oportunidades: táboas, preguntas de comprensión, esquemas e exercicios, e moita e moi variada práctica. Ademais, ao final de cada unha das tres unidades de repaso do Student’s Book poden facer proxectos guiados para practicaren o vocabulario e as estruturas aprendidas cada dúas unidades, cunha detallada relación dos pasos a seguir na súa realización, e material de apoio para faceren presentacións orais no Workbook.

Os intereses dos alumnos/as

O esforzo por aprender un idioma varía moito duns alumnos/as a outros dependendo do seu interese e/ou necesidade de facelo. Por iso incluímos unha gran variedade de temas, intentando que sexan de interese para a maioría, e levamos a cabo unha coidadosa selección de funcións, preferindo aquelas que poidan poñer en práctica nun futuro próximo, tales como conversacións informais entre a mocidade, mensaxes por correo electrónico e chats a través de Internet.

English Links For ESO 3 ofrece materiais para atender aos diferentes niveis de coñecemento e estilos de aprendizaxe. Hai actividades graduadas de menor a maior dificultade e de maior a menor control tanto no Student’s Book coma no Workbook. Outras de resposta aberta para que cada alumno/a poida traballar dentro das súas posibilidades, e outras máis, de reforzo e de ampliación. Todas son atractivas e versan sobre temas relacionados coas experiencias propias dos adolescentes da súa idade. E ao final do Student’s Book incluímos un Grammar Appendix na lingua materna dos alumnos/as para os que necesiten apoiarse máis na presentación teórica.

No Workbook inclúese unha gran variedade de exercicios graduados para practicar máis intensamente a gramática, a pronuncia e o vocabulario, xunto con actividades complementarias de listening, reading e writing. Vén acompañado dun audio CD que contén as gravacións dos exercicios de pronuncia, os textos da sección cultural e as cancións do Student’s Book para que os alumnos/as con maiores dificultades de aprendizaxe poidan reforzar a comprensión oral e os máis avantaxados poidan ampliar os seus coñecementos.

No CD-ROM Interactivo inclúense dúas actividades por unidade para practicar o vocabulario e outras dúas para a gramática, con dous niveis de dificultade e exercicios de comprensión oral con referencias culturais.

O Teacher’s Manual ofrece tamén actividades de repaso e de ampliación, ademais de continuas suxestións ao profesor/a sobre como dividir a súa axuda, segundo as distintas necesidades da clase.

O Teacher’s Photocopiable Pack conta con material adicional que inclúe exercicios de gramática, vocabulario, speaking e xogos, e cunha sección dedicada ao tratamento da diversidade con dúas páxinas de actividades de repaso por unidade e unha páxina de ampliación.

Page 84: Amazon Web Services€¦  · Web viewÁrea de Inglés Curso escolar 200__/0__ (*) PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA . Xefe/a de Departamento: (*) _________________________________ ÍNDICE

No Test Book, tanto os exames por unidade coma os trimestrais aparecen en tres niveis de dificultade: básico, intermedio e avanzado.

Page 85: Amazon Web Services€¦  · Web viewÁrea de Inglés Curso escolar 200__/0__ (*) PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA . Xefe/a de Departamento: (*) _________________________________ ÍNDICE

8. Avaliación e promoción

A avaliación do alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria será continua e diferenciada segundo as distintas materias do currículo. Os criterios de avaliación, ademais de valorar o tipo e o grao de aprendizaxe adquirida, convértense en referente fundamental para valorar a adquisición das oito competencias básicas.

Serán promovidos ao curso seguinte cando se teñan superados os obxectivos das materias cursadas ou se teña avaliación negativa en dúas materias como máximo e, repetirase curso con avaliación negativa, con tres ou máis materias. Co fin de facilitarlle ao alumnado a recuperación das materias con avaliación negativa, organizaranse probas extraordinarias en cada un dos cursos, reguladas segundo as condicións determinadas polas administracións educativas. O alumno poderá repetir o mesmo curso unha soa vez e dúas veces como máximo dentro da etapa.

a) Criterios de avaliación

1. Comprender a información xeral e a específica, a idea principal e algúns detalles relevantes de textos orais, sobre temas concretos e coñecidos, e de mensaxes sinxelas emitidas con claridade por medios audiovisuais.

A través deste criterio apreciarase a capacidade do alumnado para seguir instrucións, comprender avisos, diálogos ou exposicións breves e cara a cara, que versen sobre temas coñecidos, como lecer e tempo libre, preferencias, experiencias persoais, organización da clase, e aquelas nas que identifiquen a intención do falante. Así mesmo preténdese medir a capacidade para comprender tanto a idea xeral coma informacións específicas de textos orais procedentes dos medios de comunicación con pronuncia estándar.

Os temas orais tratados en English Links For ESO 3 refírense a presentacións persoais, entrevistas, diálogos sobre un mercado na rúa, as habilidades de magos e acróbatas, as actividades de tempo libre, hábitos, lugares de entretemento na cidade, a visita aos xardíns dun palacio, indicacións para chegar a un lugar, unha historia de medo, o extracto dunha novela de S. King, biografías, fobias e medos, unha ponte moi particular de Estados Unidos, técnicas de supervivencia, os ourizos en Gran Bretaña, a roupa e a moda, o futuro espacial e tecnolóxico, o humor, a historia dun taxista de Nova York, a música e as estrelas musicais, accións en curso, accións pasadas, plans futuros, letras de cancións, etc. Aceptaranse as repeticións e as aclaracións requiridas para facilitar a comprensión.

As mensaxes orais gravadas inclúen as estruturas, o vocabulario e os sons correspondentes ao nivel académico dos alumnos/as, e atópanse contextualizados ao máximo dentro de cada unidade.

2. Participar en conversacións e en simulacións breves relativas a situacións habituais ou de interese persoal e con diversos fins comunicativos, utilizando as convencións propias da conversación e as estratexias necesarias para resolver as dificultades durante a interacción.

Page 86: Amazon Web Services€¦  · Web viewÁrea de Inglés Curso escolar 200__/0__ (*) PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA . Xefe/a de Departamento: (*) _________________________________ ÍNDICE

Con este criterio avalíase a capacidade para desenvolverse en conversacións, utilizando as estratexias adecuadas para comprender e facerse comprender, co fin de expresar gustos, necesidades, sentimentos, dar e solicitar información, dar opinións e relatar experiencias. As conversacións daranse en relación directa cos interlocutores habituais na aula ou con persoas nativas conscientes de estaren falando con estudantes estranxeiros. Os intercambios comunicativos poderán presentar algunhas incorreccións que non dificulten a comunicación.

Estas interaccións van enfocadas á práctica dos diálogos escoitados e das estruturas aprendidas en cada unidade, necesarias para saudar e presentarse, intercambiar información persoal, expresar habilidade e posibilidade, describir e comparar persoas, dar consellos, facer suxestións e responder a elas, dicir o que lles gusta e o que non, dar enderezos, falar do pasado e dos plans para o futuro, expresar ordes e prohibicións, facer predicións, describir un proceso, pedir e dar información sobre un produto, etc.

Ao longo da conversación o alumno/a aplicará estratexias propias da comunicación oral, adecuando o seu rexistro ao interlocutor/a e á situación, apoiándose na información facilitada no listening previo, utilizando a linguaxe corporal, a repetición e a solicitude de repetición, e adoptando unha actitude colaboradora na negociación dos distintos significados.

3. Comprender a información xeral e todos os datos relevantes de textos escritos auténticos e adaptados, de extensión variada, diferenciando feitos e opinións e identificando no seu caso, a intención comunicativa do autor.

A través deste criterio apreciarase a capacidade para comprender diferentes tipos de textos escritos (narrativos, descritivos, argumentativos) que traten temas de interese xeral, ou relacionados con outras materias do currículo, aplicando estratexias de lectura coñecidas e outras novas como a identificación do tema por medio de elementos textuais e paratextuais.

Con este criterio tamén se avalía a capacidade para ler de forma autónoma libros, noticias, instrucións, explicacións, etc., de certa extensión, en diferentes soportes e con finalidades diversas: solicitar ou comunicar información para a realización dunha tarefa específica, aprender contidos doutra materias e ler por pracer ou entretemento.

English Links For ESO 3 presenta tipos de textos escritos auténticos con sentido completo e de extensión variada, como diálogos, correos electrónicos, a ficha de inscrición nun concurso, críticas de películas e de obras de teatro, textos descritivos, historias de medo, noticias de sucesos nun xornal, un artigo sobre os pingüíns e outro sobre os ourizos, entrevistas, anuncios, titulares de prensa e letras de cancións, xunto con outros textos breves sobre distintos temas relacionados coa sociedade e coa cultura do Reino Unido. Para axudarse na comprensión, o alumno/a debe inferir, a partir do contexto, información sobre o tema tratado e o significado do vocabulario.

Os temas sobre os que versan estes textos son: presentacións persoais, artigos sobre un mago, o grupo Dover e o dobre de David Beckham, un texto sobre o palacio de Hampton Court, un relato de misterio, historias de medo, noticias de sucesos, cartas dos lectores, iniciativas reais para salvar os pingüíns e os ourizos, as técnicas de supervivencia, a moda “manga” na roupa, os peiteados, os produtos

Page 87: Amazon Web Services€¦  · Web viewÁrea de Inglés Curso escolar 200__/0__ (*) PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA . Xefe/a de Departamento: (*) _________________________________ ÍNDICE

tecnolóxicos do futuro, dous chistes, información sobre Operación Triunfo, un cuestionario sobre música e un poema.

A autonomía na lectura implica a aplicación de estratexias traballadas na clase; o alumno/a deberá predicir información a través de: o tema e o vocabulario, o apoio visual, o contexto e os coñecementos previos; inferir o significado das palabras polo contexto, os sinónimos ou definicións e os coñecementos de morfosintaxe adquiridos; centrar a atención na información específica requirida; recorrer ás fontes adecuadas de información (dicionario, enciclopedia) etc., todas elas traballadas ao longo das unidades.

4. Redactar de forma guiada textos diversos en diferentes soportes, coidando as estruturas, o léxico e algúns elementos de cohesión e de coherencia para marcar a relación entre ideas e facelas comprensíbeis ao lector.

Este criterio avalía a capacidade para comunicarse por escrito, para a elaboración e a revisión de borradores e para a elección do rexistro adecuado. Os textos presentarán como mínimo unha sintaxe simple e facilmente comprensíbel, léxico limitado pero adecuado ao contexto, e a ortografía e a puntuación correctas. Estes escritos estarán relacionados coas necesidades de comunicación máis usuais e coas diferentes intencións comunicativas. Avaliarase tamén a presentación clara, limpa e ordenada, e a habilidade no uso dos medios informáticos para a elaboración e a presentación de textos.

Neste proceso de redacción os alumnos/as aprenden regras sobre a organización dos textos e aplícanas en parágrafos e en proxectos sempre relacionados co tema da unidade e baseados en modelos dados. Os tipos de texto que producirán son: unha descrición de si mesmos con información persoal, un parágrafo sobre o que lles gusta facer no seu tempo libre, a descrición física e de carácter doutra persoa, o eixe cronolóxico da súa vida cos feitos máis importantes, un parágrafo sobre o peor día que recorden, outro sobre unha festa de aniversario -real ou imaxinada- celebrada nun lugar moi raro, unha postal contando o que farán nas vacacións, un e-mail a un amigo estranxeiro que os vai visitar, a continuación dunha historia a partir das viñetas que a ilustran, e un parágrafo sobre como se fixo famoso o seu grupo musical favorito, seguindo os pasos presentados nas seccións de Writing sobre a elaboración, edición e corrección dos textos escritos.

Ademais, incluirán diversos tipos de textos nos proxectos (un anuncio turístico da súa cidade, a páxina web dun acontecemento ocorrido no seu centro escolar ou na súa cidade e un póster para presentar un produto da súa invención) e nos traballos requiridos na sección Your Link! dentro das páxinas de cultura do Workbook: deseñar un mercado e facer unha lista dos postos e dos produtos que venderían en cada un, o anuncio dun lugar da súa cidade, un cadro comparativo sobre o fútbol británico e o americano, inventar o escudo identificativo dun lugar famoso do seu país e dar a explicación pertinente, escribir unha lista das supersticións que coñezan, un parágrafo sobre dous animais do seu país que sexan orixinarios doutros lugares, a historia dalgunha peza de vestir, a lista dos seus familiares e unha carta sobre si mesmos para enviarlles, un mapa que mostre o camiño desde o seu domicilio ata un lugar interesante da súa zona e a explicación escrita de como chegar a el, e a súa propia lista de éxitos coa lista das súas dez cancións favoritas.

Finalmente, este criterio permitirá avaliar tamén se a presentación é adecuada e ten o formato requirido, así como a estruturación do texto, a actitude de respecto cara ás persoas ás que vai dirixida a produción escrita, a creatividade no uso do inglés e a capacidade de relacionar aspectos culturais doutro país cos do propio.

Page 88: Amazon Web Services€¦  · Web viewÁrea de Inglés Curso escolar 200__/0__ (*) PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA . Xefe/a de Departamento: (*) _________________________________ ÍNDICE

5. Utilizar de forma consciente en contextos de comunicación variados, os coñecementos adquiridos sobre o sistema lingüístico da lingua estranxeira como instrumento de autocorrección e de autoavaliación das producións propias orais e escritas e para comprender as producións alleas.

A través deste criterio apreciarase a capacidade do alumnado para aplicar de forma cada vez máis autónoma os seus coñecementos sobre o sistema lingüístico e reflexionar sobre a necesidade da corrección formal que fai posíbel a comprensión, tanto das súas propias producións coma das alleas.

Esta capacidade débena traballar aplicando as estratexias de aprendizaxe e reflexionando sobre os expoñentes lingüísticos debidamente contextualizados nas unidades.

6. Identificar, utilizar e explicar oralmente diferentes estratexias utilizadas para progresar na aprendizaxe.

Este criterio pretende avaliar se os alumnos e alumnas utilizan as estratexias que favorecen o proceso de aprendizaxe, como a valoración dos seus progresos e a reflexión sobre a propia aprendizaxe, a utilización de estratexias diversas para almacenar, memorizar e revisar o léxico; o uso cada vez máis autónomo de dicionarios, recursos bibliográficos, informáticos e dixitais; a análise e a reflexión sobre o uso e o significado de diferentes formas gramaticais mediante comparación e contraste coas linguas que coñece, a utilización consciente das oportunidades de aprendizaxe na aula e fóra dela ou o uso de mecanismos de autocorrección.

Con este criterio preténdese avaliar a capacidade do alumnado para aprender a lingua estranxeira de forma autónoma. O alumno/a terá a oportunidade de probar e comprobar as regras que elaborou a través da reflexión, e de modificalas cando sexa necesario.

7. Usar as tecnoloxías da información e da comunicación de forma progresivamente autónoma para buscar información producir textos a partir de modelos,enviar e recibir mensaxes de correo electrónico e para estabelecer relacións persoais, orais e escritas, mostrando interese polo seu uso.

Este criterio permitirá avaliar a capacidade de utilizar as tecnoloxías da información e da comunicación como ferramenta de comunicación e de aprendizaxe, en actividades habituais da aula e para estabelecer relacións persoais tanto orais coma escritas. As comunicacións que se estabelezan versarán sobre temas familiares previamente traballados. Tamén se terá en conta se o alumnado valora a diversidade lingüística como elemento enriquecedor, a súa actitude cara á lingua estranxeira e os seus intentos por utilizala.

Este criterio terá en conta o aprecio básico mostrado polos alumnos/as ante o uso do inglés como instrumento de comunicación internacional, na correspondencia con estudantes doutros países (penfriends), en Internet e no mundo da publicidade, as cancións e as noticias, sempre respectando os diversos ámbitos culturais e sociais.

8. Identificar os aspectos culturais máis relevantes dos países onde se fala a lingua estranxeira, sinalar as características máis significativas dos costumes, das normas, das actitudes e dos valores da sociedade cuxa lingua se está a estudar, e mostrar unha valoración positiva de patróns culturais distintos aos propios.

Page 89: Amazon Web Services€¦  · Web viewÁrea de Inglés Curso escolar 200__/0__ (*) PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA . Xefe/a de Departamento: (*) _________________________________ ÍNDICE

A través deste criterio apreciarase se os alumnos e alumnas son quen de identificar en textos orais e escritos algúns trazos significativos e característicos da cultura xeral dos países onde se fala a lingua estranxeira, se poden describilos de forma clara e sinxela e se mostran respecto ante os valores e comportamentos doutros pobos, superando deste modo algúns estereotipos.

Este criterio pretende comprobar que os alumnos/as entenden as normas e condutas socioculturais dalgúns países de fala inglesa. Estas informacións véñenlles dadas fundamentalmente e de forma explícita nas páxinas culturais a toda cor do Workbook e nas Culture Flash do Student’s Book.

b) Procedementos e sistemas de avaliación

- Procedementos (*)

- Sistemas de avaliación

É preciso levar a cabo varios tipos de avaliación: individual, continua, final, autoavaliación, etc.; esta é a finalidade que teñen as follas fotocopiábeis que hai ao final desta sección.

A avaliación individual permite investigar os coñecementos de inglés que teñen os alumnos/as. Faise un Pre-test ao comezo do curso e utilízanse as follas de autoavaliación para seguir o progreso de cada quen na lingua, o modo en que aprendeu, a súa experiencia anterior, etc.

Se se teñen demasiados alumnos/as, no canto de recoller as follas English and Me e de lelas unha por unha, pódeselles pedir que comparen as súas respostas en pequenos grupos, para posteriormente preguntar por elas a man alzada. Deste xeito poderemos ter unha visión xeral da clase.

A avaliación dos coñecementos previos pódese realizar antes de comezar cada unidade pedíndolles aos alumnos/as que adiviñen de que tratan, a partir do título e mirando os obxectivos primordiais detallados nas “Teacher’s Notes” do Teacher’s Manual, para preguntarlles o que saben de cada un deles e cales cren que deberán traballar máis.

Tamén se debe avaliar o progreso dos alumnos/as nun período de tempo, é dicir, facer unha avaliación formativa. Se un alumno/a que ten un nivel baixo ve como progresa e que o seu esforzo é tido en conta a pesar de non chegar ao aprobado, sentirase máis motivado a continuar traballando para tratar de conseguilo. Isto faise aínda máis patente nas clases heteroxéneas onde os alumnos/as de máis baixo nivel sempre obteñen notas baixas, especialmente se son constantemente comparados con alumnos/as máis avantaxados. Se a nota final inclúe un compoñente de progreso, será un factor especialmente motivador.

As ferramentas de avaliación formativa poden ser as tarefas, o comportamento e a actitude en xeral, o traballo en parellas e en grupos, o caderno, o progreso en listening, speaking, reading e writing. Recoméndase comparar os resultados da avaliación formativa cos da autoavaliación que os alumnos/as fixeron nas follas de

Page 90: Amazon Web Services€¦  · Web viewÁrea de Inglés Curso escolar 200__/0__ (*) PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA . Xefe/a de Departamento: (*) _________________________________ ÍNDICE

English and Me, antes de cubrir a folla de avaliación sumativa de cada un, para rexistrar como foron progresando durante o ano.

Tamén se poden utilizar os tests de cada unidade (incluídos no Test Book) para observar como progresan entre unha unidade e a seguinte e tamén para avaliar a súa actitude ante a lingua. Sempre se lles debe dicir canto e de que xeito vai contar nas súas notas cada criterio de avaliación.

Para recoller as notas que obteñen en cada unidade e ademais avaliar a súa actitude ante a lingua, e así ver a súa evolución, pódese utilizar a folla de avaliación formativa, ao final desta sección.

A autoavaliación

A autoavaliación é un bo modo de que o alumno/a sexa consciente tanto do seu progreso coma das súas carencias ou necesidades, contribuíndo así a desenvolver a súa autonomía e a responsabilidade da súa aprendizaxe. En English Links For ESO 3, incluímos ao final de cada unidade unha sección chamada Quiz Link para poñer en práctica o vocabulario, a gramática, a linguaxe funcional e as destrezas de escritura da unidade e para que os alumnos/as poidan avaliar o seu progreso.Tamén é aconsellábel que se autoavalíen noutros aspectos importantes da súa aprendizaxe como son os proxectos, as actividades de listening, o seu grao de cumprimento das normas e calquera outro aspecto que se considere importante.

Con alumnos/as desta idade, as follas de avaliación deben ser planificadas con coidado e discutidas na clase antes de seren cubertas, xa que deben saber por que e como facelo de forma correcta, é dicir que trataremos de que sexan responsábeis e sinceros. Tamén hai que tratar de evitar darlles follas de autoavaliación con excesiva frecuencia ou que sexan demasiado longas, senón os alumnos/as cansarán rapidamente.

O seu interese pola autoavaliación decaerá se non lle ven utilidade. É necesario que aprendan a reflexionar e que saquen conclusións da súa propia valoración, pero non a realizarán seriamente se o profesor/a non a ten en conta. O profesor ten a última palabra sobre a nota, pero pode pactar cos alumnos unha forma de incluír a súa propia valoración na avaliación global. Se conseguimos que a tomen en serio, a autoavaliación pode ser un elemento moi motivador.

Hoxe en día téndese cada vez máis a animar aos alumnos/as a que preparen un “portfolio” do seu traballo, un documento no que se recollen o seu estilo de aprendizaxe, os seus obxectivos para mellorar, as probas dos seus progresos e un rexistro dos seus contactos con falantes nativos ou os seus intercambios culturais. Con este fin, o noso proxecto tomou como referencia un documento promovido polo Consello de Europa chamado Portfolio Europeo das Linguas, no que os alumnos/as poden rexistrar as súas experiencias de aprendizaxe da lingua e da cultura inglesa e reflexionar sobre as mesmas. O marco de referencia europeo proporciona unha base común para a aprendizaxe, o ensino e a avaliación de linguas en toda Europa, e sobre todo mellorará a capacidade de autoavaliación do alumnado.

O alumno/a, de forma autónoma, poderá non só repasar ou reforzar os coñecementos que vaia adquirindo en cada unidade a través das actividades de English Links 3 CD-ROM interactivo, senón tamén mellorar a súa comprensión oral coas actividades incluídas no audio CD. Con iso tamén se pretende que teña a

Page 91: Amazon Web Services€¦  · Web viewÁrea de Inglés Curso escolar 200__/0__ (*) PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA . Xefe/a de Departamento: (*) _________________________________ ÍNDICE

posibilidade de estar en contacto coa lingua inglesa en calquera momento e que non se vexa limitado ás horas escolares para a súa aprendizaxe.

Os proxectos incluídos nas unidades 2, 4, 6, 8 e 10 están pensados para que os alumnos/as poñan en práctica os contidos e as estruturas gramaticais que aprenderon ata ese momento. No Workbook atoparán unha detallada explicación dos pasos a seguir e material de apoio. Así e todo, o profesorado pode optar por non encomendarlles estes proxectos sen que por iso se produza ningún desequilibrio na adquisición dos contidos programados para este nivel.

Finalmente, os alumnos/as poderán ampliar os aspectos socioculturais cunha sección de cultura, a toda cor, ao final do Workbook, que contén textos e actividades adicionais. O propósito desta sección é fomentar o seu interese por coñecer aspectos socioculturais dos países de fala inglesa e doutras linguas, e de contrastalos cos do seu propio país.

Page 92: Amazon Web Services€¦  · Web viewÁrea de Inglés Curso escolar 200__/0__ (*) PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA . Xefe/a de Departamento: (*) _________________________________ ÍNDICE

9. Actividades complementarias e extraescolares (*)

Page 93: Amazon Web Services€¦  · Web viewÁrea de Inglés Curso escolar 200__/0__ (*) PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA . Xefe/a de Departamento: (*) _________________________________ ÍNDICE

10. Materiais e recursos didácticos (*)