a quinta de pereiro

60

Upload: aquintadoslibros-cpiorosal

Post on 08-Mar-2016

254 views

Category:

Documents


13 download

DESCRIPTION

Antoloxía de textos feitos polo alumnado sobre poemas de Lois Pereiro

TRANSCRIPT

Page 1: A quinta de Pereiro
Page 2: A quinta de Pereiro
Page 3: A quinta de Pereiro

Pereiro no Rosal

Page 4: A quinta de Pereiro

Este libro deseñouse para o Obradoiro de Encader-

nación Poéticamente Correcto impartido por Casa-

manita Cartoneira, organizado polo Departamento

de Normalización Lingüistica do CPI Manuel Suárez

Marquier de O Rosal. Este libro está composto por

poemas de Lois Pereiro e por poemas creados polos

alumnos a partir de textos do propio Lois Pereiro. As

cubertas dos libros, as ilustracións e a encadernación

(de maneira artesanal e con materiais de refugallo),

correu a cargo do alumnado deste centro.

Casamanita Cartoneira

(Galiza, México DF, El Salvador)

Maquetación Eva Cabo de Casamanita Cartoneira

Ilustradores

Primeira edición, Casamanita Cartoneira, Galiza 2011

http://www.casamanitacartonera.blogspot.com

Page 5: A quinta de Pereiro

Pereiro no Rosal

Cogumelos 3

Casamanita Cartoneira(México, El Salvador, Galiza)

Galiza, 2011

Page 6: A quinta de Pereiro
Page 7: A quinta de Pereiro

Lois Ánxel Sánchez PereiroNaceu en Monforte de Lemos no ano 1958. Estudou nos Escolapios ata os 18 anos. Logo viaxou a Madrid para estudar Ciencias Políticas e Socioloxía aínda que acabou cambiando e estudou francés e alemán na Escola Ofi cial de Idiomas. Alí coincidiu con outros escritores como Manuel Rivas, Menchu Lamas ou Fermín Bouza. Con eles fundou a revista Loia.Con 25 anos decide viaxar por Europa coa súa moza Piedade Cabo. De tren en tren van pasando por Berlín, Praga, Dublín... na busca dos seus heroes literarios e musicais.Sufriu unha intoxicación con aceite de colza adulterado, e a enfermidade acompañouno ata o día da súa morte.No 1981 regresa á Coruña. Alí entra en contacto cos poetas do grupo Amor e dDesamor como Miguel Anxo Prado, Fernán-Vello, Pilar Pallarés... Gaña o premio de poesía “O Facho”. Nos anos seguintes traballa como tradutor de fi lmes e como guionista da TVG. Introdúcese no consello de redacción da revista La Naval e nela publica varios artigos comprometéndose coa loita dos traballadores do metal, na época da reconversión.Colabora coa revista Luces de Galiza. Alí publica o ensaio político Modesta, no que fai unha crítica á infancia facendo referencia á súa ideoloxía anarquista.Nos anos 90 publica os seus dous libros:Poemas 1981 – 1991Poesía última de amor e enfermidade.

Finou na Coruña en maio do 1996.Neste ano adícaselle o Día das letras Galegas.

Page 8: A quinta de Pereiro
Page 9: A quinta de Pereiro

Abecedario

Page 10: A quinta de Pereiro
Page 11: A quinta de Pereiro
Page 12: A quinta de Pereiro
Page 13: A quinta de Pereiro
Page 14: A quinta de Pereiro
Page 15: A quinta de Pereiro
Page 16: A quinta de Pereiro
Page 17: A quinta de Pereiro
Page 18: A quinta de Pereiro
Page 19: A quinta de Pereiro
Page 20: A quinta de Pereiro
Page 21: A quinta de Pereiro
Page 22: A quinta de Pereiro
Page 23: A quinta de Pereiro
Page 24: A quinta de Pereiro
Page 25: A quinta de Pereiro
Page 26: A quinta de Pereiro
Page 27: A quinta de Pereiro
Page 28: A quinta de Pereiro
Page 29: A quinta de Pereiro
Page 30: A quinta de Pereiro
Page 31: A quinta de Pereiro

Poemapaspara atopar a Lois

Os textos en cursiva son creación dos alumnos a partir dos versos de Lois Pereiro que aparecen ao principio.

Page 32: A quinta de Pereiro
Page 33: A quinta de Pereiro

Calculou ben o impulso e deu o saltoforzando a resistenciado tempo recluídonas súas sombras

Non mirou cara a atráspara non ter que chorar.Seguiu cara a adiante,pero sen tropezar coa realidade.

Comezou a decatarseda dura verdade;decatouse da vidapola que un se guía.

Superou doadamenteo valado dos soños da súa amadae penetrou naquel xardín alleoco seu inferno dentroe sen máis nada.

3º ESO A

Page 34: A quinta de Pereiro

El xa non sentía nada alí deitadoe ela tampouco ó velo.Preguntouse se o amara algunha vezmentres vía o seu sangue a caer na alfombraque ela, sempre ela, tería que limparcando o levasen.

Nin bicos, nin agarimos, nin apertas.Cada vez a pel púñase máis brancamanchando cada vez máis a alfombra que tiña que limpar,coma se fose un destino negro, sen fi nalchorando pola escuridade.

3º ESO B

Page 35: A quinta de Pereiro

Cartografía

Cal morto xaou vencidofalo sen mine durmono desastre.

Alí enterrado,afogado polo aburrimentosentado nunha cadeira,alí, pensando nela.

Escura sombra

3º ESO B

Page 36: A quinta de Pereiro

Cartografía

Cal morto xaou vencidofalo sen mine durmono desastre

Cal vivo xaou perdidonon coñezovida sen ti

Xeografía

Cal vivo ontexa morto hoxesoña espertofala durmido

4º ESO LATÍN

Page 37: A quinta de Pereiro

Calculou ben o impulso e deu o saltoforzando a resistenciado tempo recluídonas súas sombras.

Mirou o seu corazóncara a un mundo novo e imaxinarioe sentiuse coma un rato,colleu o queixo e marchou bulindo.Ámote, roquefort e eu a tiuva de viña.

E empurrou a porta para abrila,quedou durmido no medio da alfombracara a un lugar moi lonxanosorteando a vida e a morte,cara a un lugar solitario.

Superou doadamenteo valado dos soños da súa amadae penetrou naquel xardín alleoco seu inferno dentroe sen máis nada.

4º ESO LATÍN

Page 38: A quinta de Pereiro

El xa non sentía nada alí deitadoe ela tampouco ó velo.Preguntouse se o amara algunha vezmentres vía o seu sangue a caer na alfombraque ela, sempre ela, tería que limparcando o levasen.

Descansara xaquedou durmido, quedou calado alí,pero soñaba con ir no cabaloe ir co cabelo solto ao vento,polo prado verde e encantado.

Só soñaba a túa vida xunto a min deitada.

4º ESO LATÍN

Page 39: A quinta de Pereiro

Cuspídeme enriba cando pasedespor diante do lugar no que eu repouseenviándome unha húmida mensaxede vida e de furia necesaria

Non vos apenedes pola miña morte,xa que estou facendo o que máis megusta (nada).

3º ESO B

Isto si que é vida.3º ESO B

O día que estea aquí dentro,non veñades chamar,por moito que eu queira,non me poderei levantar.

3º ESO B

Cando eu estea mortoquixera que me levasen aolugar ao que tardeiunha vida en chegar.

Díxenvos que estaba enfermoe non me fi xestes caso,e así me vedes, aquí morrendo.

Cando eu estea mortoquero que me cantedes,todos xuntos,“RIP – RIP – HURRA”.

Page 40: A quinta de Pereiro

Perdoa que non me levantE,pero saber morrercosta a vidae despois de cada caída,os mortos son xente fría.

4º ESO LATÍN

Page 41: A quinta de Pereiro

Amarte, vida, amarte case sempreinda que sexas dura e leves entremediaspiedade e odio intermitente

Amarte, vida, amarte case semprepor anos e anos sempreinda que outro amor me tente

Amarte, vida, amarte case semprepor séculos e séculos sempreo meu corazon amor por ti desprende

Amarte, vida, amarte case semprepor milenios e milenios semprequererte e quererte é o meu deber permanente

Amarte, vida, amarte case sempre....

Oscar CuntínJennings PereiraRodrigo Piñeiro

Fernando Rodriguez2º ESO

Page 42: A quinta de Pereiro

Amarte vida, amarte case sempreNon quero ocultarche algo sobre min.

Somentesintentaba conseguir deixar na terraalgo que sobrevivise.

Estou tendo un soño repetido,deixei unha viaxe sen retorno.Debe ser que estou morto.

Erik de la Santísima TrinidadIván Fernández

Manuel MartínezRaúl Martínez

2º ESO

Page 43: A quinta de Pereiro

Debe ser que estou morto e esa sería a causa de que agora me vexa desde enribaa catro ou cinco metros de distanciada miña propia vida.

Neste mesmo intre, hai un home que sofre,un home torturadotan só por amor. Ignoro onde vive,que lingua fala,de que cor ten a pel,como se chama... Pero neste mesmo intre,cando os teus ollos leno meu pequeno poema,este home existe, berra,pode oír o seu chorode animal encerradomentres morde os seus beizos,para non denunciar os amigos.

Daniel Fernandes,Natalia González Adrián Lorenzo, Andrea Rocha

2º ESO

Page 44: A quinta de Pereiro

Debe ser que estou morto e esa sería a causade que agora me vexa desde enribaa catro ou cinco metros de distanciada miña propia vida.

Xa non hai constanciadespois da miña fuxida.Xa foi collendo distanciaa miña pobre alma doídamais xa foi collendo estanciao outro lado da miña vida.Xa non me queda descendenciaali abaixo onde eu vivíaagora estou aquí apodrecendo día a díaxa que o corazón me doe como antes non me doía.

Juan Carlos Areal, Andrea Martínez, Samuel Sobrino,

� � � � � � � � � � � �2º ESO

Page 45: A quinta de Pereiro

ACRÓSTICO

Máis alá da vidaOnde o solReloce por sempre,Terás amorEternamente.

Voando polo ceoImaxinando o fi nalDo camiño sen regreso,Aproximándose á escuridade.

Sentimentos que desaparecenEnxaugados de bágoas,Noites escuras de dor eTristeza, pensando en ti, Intentando volver sentir asRazóns de vivir.

Breves recordosAchéganse a min mentres Gotean bágoas amargasAo lado da miña alma queAnhelaban o desexo de Sentir un amor esquecido.

Tania Mariño, Irene Pérez, Miriam Alonso, Sandra Sobrino,

Patricia Rodriguez4º ESO

Page 46: A quinta de Pereiro

Debe ser que estou mortoe estou vivindo un soño repetido. A muller que teño detrás obsérvame polo espello que hai xusto diante miña.Como a visión dun soño fracasado,cun roce de plumas, levementedesaparecía cun rumor minguante.

Debín morrer daquela,aínda que respiraba e seguía vivo. Un segundo antes de rendermesouben que debería ter sabidoamar a vida inda que esta sexa dura.

Juan AdroverAntonio PortelaSara Rodríguez

4º ESO

Page 47: A quinta de Pereiro

Debe ser que estou mortoEsa seria a causaDe que me vexa dende enribaA catro ou cinco metros de distanciaDa miña propia vida.

Nos máis fríos invernosE nos máis calorosos veránsA morte preséntase sen temperaturaAta nos máis bonitos seránsAgora, sempre, xamais ninguén xa me atenderá

Eu xa na miña caixa, sen vidaComa unha fl or vella e envellecidaNinguén me recordou en dez anosE ninguén me recordará despois deste díaSó quero estar na vosa memoria e que recordedes que existía.

Alejandro Baz, Oscar Rodríguez, Cristian Martínez , Moises Sobrino ,

Guillermo Piñeiro 4º ESO

Page 48: A quinta de Pereiro

Cartografía

Cal morto xaou vencidofalo sen mine durmono desastre

Deberá ser posiblefacer mapas

de Europa aburrida,de galiñas,de África cando é noite,de todo o mundo,dun mundo imposíbel sen nome,de circuítos de caracois,dese horrible lugar,de cemiterios,dun mundo máxico,dun mundo paralelo,dos meus soñossoños durmidos?De planetas diferentes,de pel silvestre,dos países soñados.

1º ESO B

Page 49: A quinta de Pereiro

Revisando danos

A man dereita á dereita do corpo,a man esquerda á esquerda.En plenas facultades, teño a cabeza no centro do mundo

e a boca no medioa bondade en todo o corpoo corazón a cen revoluciónso pescozo suxeita a cabezapelo afro, coma semprepero non sei que lle dar de comer

os ósos no seu lugaros músculos non están moi benas orellas ao lado da cabeza.

A lingua ao lado do ollo?E a cabeza no seu sitionon teño feridas nin moratónsaquí estou, todo enteiropoderei estar morto?Non o creo.Non é imposíbel pero tampouco críbelestou morto ou vivo?Merezo morrer xa?Seguro que non o merezo!

O corazón a 120 Km/hora e...

1º ESO B

Page 50: A quinta de Pereiro

Lembro o costume

Lembroo costume de bailarcando se sae dunha botella.

Entón doume conta de que a miña vida étriste e amarga porque non me recoñezode tanta música evou de vacaciónsnun verán de calor.

Ao chegar volvo ao frío invernoque non me deixadurmir tranquilohai que horror!

O ruído!

Con tanta neve

é mellor quedar na casa.

1º ESO A

Page 51: A quinta de Pereiro

En Góo

En Góo insectos de prata auga do armans invisibles tecen o ceo en gris

Na Cunchada,Un can veu hai sete anos.

En Tamuxepodo ulir a tranquilidade.

En San Miguel de Tabagón,vén o calor.

En Marzán,monte, monte, montee máis monte.

En Burgueira,hai tranquilidade.

En Novás,os cans ladran.A tranquilidade é abundante.

En Fornelos,a tranquilidade non se escoitadesde hai moito tempo.Compartir momentos.

En Sandián,moitos campos,poucas casas.

Page 52: A quinta de Pereiro

En Martín,soan as fervenzas.

1º ESO A

Page 53: A quinta de Pereiro

En Góo

En Góo insectos de prata auga do armans invisibles tecen o ceo en gris

En Novásdescansar na beiraremollando os pésescoitan a auga remoer.

Na Guardano porto, na gamela,na beira do mar.

En Pías,río, parque, pontes, pasear.

En Tabagónsó se volta no crepúsculo.

No Rosalo vento rompe o teito.

En Fornelosun cuarto de tranquilidade.

En Goián,entrar na casa.

En Couselo,as follas choven ao camiño.

En Burgueiraherba de verde perfecto.

1º ESO C

Page 54: A quinta de Pereiro

Despois do tempo fríosabes que estamos perdidos

Unha xeada conxeloume o corazón.Despois do tempo frío,a guerra chegou a Rusia.Non hai ningún silencio:vén a boa tronada,o cálido verán,a xente por fi n sorrí.Acaba o inverno.Empezan a caer as follas.Veñen a calor e os ríos ruidosos.

e queda o silencioen guerra.

1º ESO C

Page 55: A quinta de Pereiro
Page 56: A quinta de Pereiro
Page 57: A quinta de Pereiro

Casamanita CartoneiraSomos un proxecto editorial que conta coa participación, de mexicanos,

salvadoreños e galegos.

A Casamanita é un espazo de coincidencia, un cruce de vieiros

máis alá do lugar onde nos atopemos, un seguir estando sin es-

tar, un xeito de levarnos o que queremos a outra parte. No noso

camiñar itinerante polo mundo parécenos unha alternativa ideal

para que a poesía circule libremente dun lugar a outro, e así poder

crear libros independientemente do sitio no que esteamos, apro-

veitando os materiais que estean ó noso alcance en cada momento.

Contamos con catro coleccións de poesía, todas elas bautiza-

das con nomes de especies de cogumelos. ¿Por qué? Porque

son unha desas cousas que se reproduce en calquera lugar

sin importar as fronteiras, igual que a poesía.

Amanitas, poesía en lingua española.

Paneolus, poesía híbrida (traduccións ou poesía multilingüe).

Chantarelas, poesía en lingua galega.

Cogumelos, poesía xuvenil.

Proxectos análogosEloísa Cartonera (Arxentina), Santa Muerte Cartonera (México), Sarita

Cartonera (Lima, Perú), Animita Cartonera (Santiago, Chile), La

Cartonera (Cuernavaca, México), Yiyi Yambo (Asunción, Paraguay),

Felícita Cartonera (Asunción, Paraguay), Dulcineia Catadora (Sao Paulo,

Brasil), Mandrágora Cartonera (Cochabamba, Bolivia), Yerba Mala

Cartonera (A Paz, Bolivia), Matapalo Cartonera (Riobamba, Ecuador),

Regia Cartonera (Monterrey, México), Cartonerita Solar (Neuquén,

Arxentina), La Cabuda Cartonera (El Salvador), Patasola Cartonera (Bo-

gotá, Colombia), Nicotina Cartonera (Santa Cruz, Bolivia), Katarina

Kartonera (Florianopolis, Brasil), La Cizarra Cartonera (Santiago, Chile),

La Propia Cartonera (Montevideo, Uruguay), LuzAzul Cartonera (Repú-

blica Dominicana), Atarraya Cartonera (Puerto Rico), Editorial Ultrama-

rina Cartonera (España- México).

Page 58: A quinta de Pereiro

Este libro rematouse de deseñar en Casa Roxón,

unha calurosa noite de maio, tras atravesar tres

provincias da Galiza para chegar até aquí . Ceamos

moito e no noso bandullo floreceu un rosal.

Seguimos sen ter noticias de Gurb.

Page 59: A quinta de Pereiro
Page 60: A quinta de Pereiro