a organización do corpo humano
TRANSCRIPT
A ORGANIZACIÓN DO CORPO HUMANO
NIVEIS DE ORGANIZACIÓN
Cada un dos diferentes graos de complexidade en que se organiza a materia.
subatómico
tecido
MICROSCOPIO
Fonte de radiación: luz.
2500 aumentos. Imaxes en cor.
Fonte de radiación: electróns.
500000 aumentos. Imaxes en branco e
negro.
ÓPTICO ELECTRÓNICO
VARIEDADE DE CÉLULAS
As células son as unidades anatómicas, funcionais e de orixe de tódolos seres vivos.
Trátase da unidade máis pequena que realiza as tres funcións vitais.
As características de cada célula dependen da función na que se especializan.
ESTRUTURA DAS CÉLULAS HUMANAS
Son células eucariotas que presentan: Membrana plasmática: capa delgada que envolve á
célula. Formada por lípidos e proteínas. Citoplasma: solución acuosa que contén os orgánulos. Núcleo: estrutura esférica que contén o material
xenético.
lípidos
proteínas
O NÚCLEO
O núcleo é unha estrutura esférica que consta de: Membrana nuclear. Nucleoplasma. Cromatina: formada
por ADN e proteínas. Controla as funcións celulares.
Nucléolo: formada por ARN e proteínas. Forma ribosomas.
ORGÁNULOS
Os orgánulos son as estruturas que realizan diferentes funcións celulares.
MITOCONDRIAS
Realizan a respiración celular pola que obtemos enerxía dos nutrientes.
RIBOSOMAS
Sintetizan proteínas.
Subunidade pequena
Subunidade grande
RETÍCULO ENDOPLASMÁTICO
Rugoso: Almacena e transporta as proteínas sintetizadas nos ribosomas.
Liso: Sintetiza, almacena e transporta lípidos.
APARATO DE GOLGI
Acumula substancias procedentes do retículo e as secreta ao exterior.
VACÚOLOS
Almacenan substancias de reserva ou refugo.
LISOSOMAS
Dixiren substancias complexas dos nutrientes para obter substancias sinxelas.
CENTROSOMA
Intervén na división celular.
Tamén na formación de cilios e flaxelos.
Flaxelos
Cilios
TECIDOS
Conxunto de células do mesmo tipo, cunha estrutura parecida e que realizan a mesma función.
Existen varios tipos: Epitelial Conectivo Muscular Nervioso
TECIDO EPITELIAL
Recobre e protexe as cavidades internas e externas.
EPITELIO DE REVESTIMENTO
TECIDO EPITELIAL
Forma as glándulas e encárgase da segregación de substancias.
EPITELIO GLANDULAR
TECIDO CONECTIVO
Formado por células pouco especializadas. Une distintos tecidos.
CONXUNTIVO
TECIDO CONECTIVO
Formado por adipocitos. Acumula lípidos, e illante térmico e protector.
ADIPOSO
TECIDO CONECTIVO
Formado por condrocitos. Forma as cartilaxes.
CARTILAXINOSO
TECIDO CONECTIVO
Formado por osteocitos. Forma os ósos.
ÓSEO
COMPACTO
ESPONXOSO
TECIDO CONECTIVO
Formado polas células sanguíneas e o plasma. Transporte de substancias, regulador térmico….
SANGUÍNEO
TECIDO MUSCULAR
Fibras musculares alongadas cun só núcleo. Contracción involuntaria.
LISO
TECIDO MUSCULAR
Fibras musculares polinucleadas. Contracción voluntaria.
ESTRIADO
TECIDO MUSCULAR
Aspecto estriado cun só núcleo. Contracción involuntaria.
CARDÍACO
TECIDO NERVIOSO
Detecta os cambios no medio externo e interno e transmite ordes.
Formado polas neuronas e as células da glía.
ÓRGANOS
Estruturas formadas por varios tecidos unidos que realizan unha función concreta, chamada acto.
ARTERIA
SISTEMAS
Formados por órganos do mesmo tipo que realizan unha función similar.
NERVIOSO ENDÓCRINO MUSCULAR ESQUELÉTICO
APARELLOS
Formados por órganos distintos entre si que actúan de xeito coordinado para realizar unha función.
DIXESTIVO
RESPIRATORIO
EXCRETOR
CIRCULATORIO
REPRODUTOR
LOCOMOTOR