a nena salva un gatiño
TRANSCRIPT
罗萨丽雅 SALVA A UN GATIÑO
Rosalía Montero Núñez Xaneiro, 2013
罗萨丽雅 é unha nena galega que quere ter unha mascota.
Gústanlle moito os gatos pero seus pais non lle deixan ter un porque cren que aínda é pequena para tanta responsabilidade.
Un día foi pasear e atopou un gato en apuros.
Estaba subido a unha árbore porque un enorme tigre intentaba zampalo.
罗 萨 丽 雅 pensaba en como axudalo e acordouse de que tiña un paquete de gusanitos no bolso.
Mentres o tigre zampaba os gusanitos, 罗萨丽雅 axudáballe ao gato a baixar da árbore.
El estivo moi agradecido e converteuse no mellor amigo de 罗萨丽雅 . Todos os días xogaban xuntos ao saír do colexio.
Cando o papá e a mamá souberon o que pasara co gatiño, pensaron que a súa filla xa era tan responsable como para coidar dunha mascota.
Quixeron que o gatiño se quedase a vivir con eles. 罗萨丽雅 e Micifú, que así foi como decidiu chamar ao seu novo amigo, foron moi felices.