a bolboreta da biblioteca
DESCRIPTION
Mariña Gándar Serantes 5º Ed. Primaria CEIP "O Ramo"TRANSCRIPT
A BOLBORETA DA BIBLIOTECA
Ola. Eu son a mascota da biblioteca e vouvos contar a
miña vida de bolboreta.
Todo empezou cando eu era un ovo. Aburríame alí
dentro. Aburríame tanto que saín del.
Como todos sabedes, cando as bolboretas nacen, son
antes eirugas, e as eirugas comen moitas, moitísimas follas.
Pois ben, fun ao ataque.
Mentres remataba unha folla dun Loureiro romano,
fixeime en que había unha árbore rarísima. Era amarela, non
tiña tronco nin follas pero sí portas e ventás. Tiña un cartel
que poñía:
Eu recén saída do ovo
<<Que árbore máis rara>> pensei, con curiosidade. E, ao
final, con valor, decidín entrar alí dentro por una porta case
pechada, e quedei de pedra; non era una árbore, era un
edificio. Había escaleiras e corredores que levaban a
distintos sitios. Despois de recuperarme da impresión,
arrimeime pola esquerda, xa que tiña un pouquiño de ganas
de curiosear, e vin un largo pasillo e moitas portas aos
lados. Unha desas portas era moi grande e verde na que se
escoltaban murmurios. A porta abriuse e saiu un neno. Era
xigante. Casi me esmaga!
C.E.I.P O Ramo
A porta quedou aberta e entrei, aínda que tiña un pouco de
medo. E… era un paraíso! Miles de follas brancas cunha
pasta de cores ao principio e ao final, aínda que había xente.
As ‘’hamburguesas’’ xa estaban preparadas para min! Pero…
cando unha persoa que estaba de pé pronunciou unhas
palabras, a xente que tiña o meu almorzo gardouno nunhas
cousas de madeira coas outras ‘’hamburguesas’’ e puxéronse
en fila india diante da porta e tamén diante miña, que tamén
estaba alí. Ao pouco tempo, soou unha serea ruidosísima e
houbo gritos e pánico no edificio. Os nenos e nenas saían
pola porta pola que entrei, e eu quedeime soa.
Empecei a roer as follas. Tiñan uns estranos garabatos en
liña recta e moitas tiñan imaxes.Pero estaban deliciosas!
Quedeime alí durante os meses de verán. Xa estaba
acostumada a todo o de alí, pero do contrario, a xente non
comprendía por que as follas dos libros, que así se chaman
as miñas hamburguesas, estaban roídas; non sabían que eu
estaba alí! Cada vez estaba máis gorda. E xa sabía as
costumes do edificio, que resultou que se chamaba escola. E
ademáis xa comezaba a ler libros.
Ao chegar o outono saín fóra daquel edificio. <<Qué frío hai
aquí fóra! Normal, tanto tempo alí dentro, coa calefacción e
comendo follas…>> dicía eu, tremendo do frío. Era a hora
que sempre esperan todas as eirugas: descansar nun casulo!
Antes de facelo probei un anaco de folla do Loureiro
romano. Con tantas follas de libros perdín o gusto polas
verdadeiras follas!
Como xa estaba cansada, fixen o casulo alí mesmo, no
Loureiro romano. <<Boas noites>> murmurei.
Despois duns confortables outono e inverno descansando,
saín do casulo, e custoume moito. Sentíame moi rara…
notábame moi diferente e fun correndo a mirarme nunha
gota de rocío de primavera que caía dunha folla do Loureiro
romano. Xa non era unha eiruga, era unha bolboreta!
Aseeime con un pouquichiño de rocío que estaba nunha flor
e, mentres peiteaba as anteas, acordeime da escola. Era moi
cedo, e acordábame ben que cando era edificio, que cedo o
edificio non abría.
Esperei un par de horas para que cegase a conserxe, que
creo que así se chama e, abriu a escola, coma sempre.
Puiden entrar, pero entrei voando porque non me puiden
resistir. E non sei o por que. Cando entrei, case me
despistei e fun polas escaleiras, pero retrocedín hasta o
pasillo onde estaba o meu ‘’fogar’’, que resultou chamarse
biblioteca. Ao entrar…Que cambiado estaba todo! Había
máis ‘’hamburguesas’’, que, según os humanos, chámanse
libros. E cambiaron as estanterías. En resumo: Cambiaron o
meu ‘’fogar’’ por completo e sen pedirme permiso!
Entre os meus refunfuños oín a típica serea que tocba cada
cantas horas para que os nenos e nenas tiveran pánico e
subiran ou baixaran correndo polas escaleiras. Eu fixeime
nas miñas ás. Eran de cor chamativa. E se os nenos, nenas ou
persoas xigantes me atopaban? Fun correndo, ou máis ben,
voando hacia un papel pegado á porta que tiña clases
divididas por horas. E cría que estabamos a Luns. Así que…
A primeira hora non lle tocaba a ninguén. Qué ben!
Escollín un libro para roer. Collín ‘’Os sete lobiños e a
cabra’’, pero non tiña ganas de roer follas, e tampouco sabía
por que. As flores parecíanme irresistibles, pero…Se eu
nunca as probara!!
Sen poderme controlar, Gardel o libro que collera e atopei
outro que se titulaba ‘’A flor Florinda’’. Cando a Collín, o
pomo da porta moveuse hacia abaixo. Eu mireino toda
asustada. A porta abriuse un pouco. E eu tiña o libro nas
mans, e estaba á vista, e tiña as miñas ás coloridas e
chamativas, baténdoas. A porta abriuse e entrou unha desas
persoas xigantes que teñen como escravos aos pequechos.
Eu hollín medo e quedei tesa, deixando caer o libro ao chan.
A persoa, ao escoltar o ruído, mirou o libro tirado logo
miroume a min. Acercouse e eu pensei que era o meu fin.
Pero, do contrario, colleume con coidado e preguntoume:
-Que fas aquí? Terías que estar alí fóra, coas outras
bolboretas…
-Intentar roer libros…-díxenlle eu, con máis confianza.
-Cómo? Fuches ti quen roeu libros durante a primavera e o
verán?
Conteille todo. El riuse, e explicoume que eles chámanse
profesores, que non teñen esclavos aos nenos e nenas, senón
que os teñen en ese edificio para ensinarlles. Tamén me
explicou que os libros non se debían roer e que foi raro que
non morrese despois de pasar tantos meses tomando follas
con tinta. Entón eu dixen:
Parece que non sei tanto como cría sobre os libros. Quero
aprender a manexalos.
O profesor, encantado, ensinoume moitas cousas sobre os
libros: que se abrían como as ás duha bolboreta, que poden
facer que imaxines cousas fascinantes e que soñes con
cousas marabillosas…
E iste é o motivo e a historia pola que me quedei a vivir na
biblioteca. En este momento, estou agochada entre os
libros, lendo e aprendendo millóns de cousas. Ao mellor, un
día destes atopádesme.
Se queredes facerme un favor e poñerme contenta, lede
moitos libros e imaxinade, viaxade ao Mundo da Imaxinación
con eles. Estaríavos moi agradecida.
Deica loguiño!
Mariña Gándara Serantes 5º