37078 04 lingua 3eso rodeira la.ling...99 publicaciÓn periÓdica mvhp b!dpsvÒb gfsspm tboujbhp...

21

Upload: others

Post on 18-Aug-2021

2 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: 37078 04 Lingua 3ESO RODEIRA LA.LING...99 PUBLICACIÓN PERIÓDICA MVHP B!DPSVÒB GFSSPM TBOUJBHP QPOUFWFESB WJHPPVSFOTF otempo AC SC FE PO VI LU OU 14 11 13 13 10 12 6 4 6 5 6 2 4
Page 2: 37078 04 Lingua 3ESO RODEIRA LA.LING...99 PUBLICACIÓN PERIÓDICA MVHP B!DPSVÒB GFSSPM TBOUJBHP QPOUFWFESB WJHPPVSFOTF otempo AC SC FE PO VI LU OU 14 11 13 13 10 12 6 4 6 5 6 2 4

98

Unidade

4CONTIDOS

Ao finalizar esta unidade, mellorarás a túa capacidade de:

• Ler textos coa intención de gozar deles.

• Distinguir e utilizar os prefixos máis comúns e ampliare precisar o teu vocabulario.

• Recoñecer as oracións simples e as compostas e dis-tinguir os diferentes tipos de compostas coordinadas.

• Aplicar correctamente a acentuación diacrítica e pro-nunciar ben as palabras ás que afecta.

• Redactar actas de reunión de acordo cunhas pautas e apartir duns modelos dados.

• Mostrar rexeitamento cara ás actitudes sexistas e fa-cer un uso non-sexista da linguaxe.

• Ler e recoñecer as modalidades máis importantes daprosa galega medieval.

• Utilizar as novas tecnoloxías da información para a bus-ca de información e para a aprendizaxe.

COMPETENCIAS BÁSICAS

Comunicación

LecturaE ti de quen vés sendo?

Lingua oral e escritaA acta de reunión

Funcionamento da lingua

Léxico e semánticaA paisaxe urbanaA derivación: prefixos

GramáticaA oración compostaOración composta coordinada

OrtografíaO acento diacrítico

Lingua e sociedade

A linguaxe non-sexista

Literatura

A prosa medieval

Page 3: 37078 04 Lingua 3ESO RODEIRA LA.LING...99 PUBLICACIÓN PERIÓDICA MVHP B!DPSVÒB GFSSPM TBOUJBHP QPOUFWFESB WJHPPVSFOTF otempo AC SC FE PO VI LU OU 14 11 13 13 10 12 6 4 6 5 6 2 4

99

PUBLICACIÓN PERIÓDICA

otempo

ACSCFEPOVILUOU

14111313131012

6465624

HOXE

O gratuíto galego LUNS.10.01.2011 > ANO.6 > NÚMERO.903

DAVID E VICTORIA BECKHAMO futbolista británico e a súa dona anunciaron onte que esperan o seu cuarto fillo para mediados de ano P13

>unrespiro

www.l-v.es

>deportes

GALICIA

Enterro hoxe en Cambados do garda na reserva ao que asasinou o seu fillastro Tiña mala relación con el, que non se arrepinte P3

SANTIAGO

O líder do PSdeG acusa a Feijóo de ser o “pai político” do transfuguismo P4

MUNDO

A congresista que foi tiroteada nos EE UU comunícase con algúns xestos P7

FÚTBOL

CR7 Fai un ‘hat trick’ e o Madrid supera (4-2) un gran Villarreal P8

> 338 foron as realizadas no ano que acaba de rematar, das que soamente 59 eran nacionais > Cuadriplicáronse as preasignacións de nenos de orixe vietnamita P3

As adopcións medran en Galicia e o 80% delas son internacionais

Concéntranse 50 ecoloxistas para denunciar que as eléctricas non están a cumprir a Lei de Pesca P4

Protesta nas Fragas do Eume en contra de encoros “ilegais”

Aspecto da manifestación celebrada onte en defensa do río Eume. > Cabalar / EFE

Vigo: atrapados pasaxeiros pola avaría dun avión A Coruña: Alvedro estrea conexión con Huesca P4

Santiago, sen voos ao estranxeiro desde hoxe e ata finais de marzo

O termo «tribo urbana» naceu na movida madrileña (anos 80 do sécu-lo pasado) para designar a chamada «xente guapa» de vida nocturna.Evidentemente, o termo evolucionou e agora é moito máis amplo.Códigos estéticos, de linguaxe e de comportamento son os piaresdestes movementos tan difundidos hoxe en día. Uns son vistos comofroito da procura da propia identidade na adolescencia; outros, comomovementos contraculturais1 ou, simplemente, como grupos cunha fun-ción identitaria.

Sexa como for, a súa expansión é innegable e en España hai unhasvinte tribos urbanas cun importante seguimento. A soada foto das fillasde Zapatero levou de novo á actualidade este fenómeno. Díxose queAlba e Laura eran emos ou góticas. O certo é que as fronteiras dentrodos grupos das tribos, ás veces, dilúense. Unha das fillas de ZP é, segun-do a escritora Lucía Etxebarria, otaku (amante do anime, do manga e dosvideoxogos). Porén, o toque gótico non lles falta.

Imos describir brevemente algúns dos grupos máis destacados (a listasería interminable se incluísemos neohippies, freakies, skaters, visual-keis...). Cada tribo está ramificada e cada subgrupo conta con trazosdiferenciadores.

Góticos

Unha desviación do pospunk deu lugar ao estilo musical gótico, que pe-gou con forza nos 80 e nos 90 do século pasado no Reino Unido. Ámarxe da música, completan as súas influencias a literatura de terror (es-pecialmente a temática vampírica) e as películas de misterio e fantás-ticas (Tim Burton é case un referente).

5

10

15

20

25

E ti de quen vés sendo?

Na lectura fálase das tribos urbanas que podemos atopar nas nosascidades. Cres que é posible clasificar as persoas en grupos polos seusgustos ou pola súa forma de vestir? Por que?

1 contracultural: caracterizado polo rexeitamento dos valores sociais e dos modosde vida establecidos.

De Luns a Venres. Xornal gratuíto de edición dia-

ria. Ten tamén versión electrónica on-line que se

pode consultar neste enderezo: http://lv.galiciae.

com/

Trátase do primeiro diario gratuíto integramente

en lingua galega.

Este fragmento. O texto é unha reportaxe escri-

ta polo xornalista Juan Méndez e publicada neste

periódico o 6 de outubro do 2009. Esta reportaxe

está dedicada ás tribos urbanas presentes hoxe en

Galicia.

Page 4: 37078 04 Lingua 3ESO RODEIRA LA.LING...99 PUBLICACIÓN PERIÓDICA MVHP B!DPSVÒB GFSSPM TBOUJBHP QPOUFWFESB WJHPPVSFOTF otempo AC SC FE PO VI LU OU 14 11 13 13 10 12 6 4 6 5 6 2 4

100 4. E ti de quen vés sendo?

ComunicaciónLECTURA

30

35

40

45

50

55

60

65

70

75

O individualismo social, a tolerancia e a paixón polas mani-festacións creativas son os principios básicos dos góticos, quenon teñen un ideario político común e que empregan ossímbolos relixiosos só como valor estético.

O emprego do negro define este colectivo, que adoita empre-gar maquillaxe branca na cara na procura dunha estética sinis-tra. As botas militares, os abelorios2 de pinchos, as gabardi-nas negras e as luvas son algunhas constantes na súa indu-mentaria.

Emos

Xorde da evolución do post-hardcore ao emotive-hardco-re, en referencia ás letras das bandas. A procura de expre-sar emocións xenuínas desbota no eido musical unhaorientación excesivamente comercial entre os grupos.

Se certo tipo de cinismo está nas raíces do gó-tico, o emo está máis relacionado co pesimis-mo. A súa estética ten tamén uns domi-nantes tons escuros; con todo, é habi-tual que o negro se combine cunhacor máis. Aínda que os seus mem-bros renegan das modas, se-guen uns patróns similaresque evolucionan progre-sivamente e adoitan usarcalzado de marca,como Vans. Estemovemento xur-diu do punk dos80 e os flocos3 soncase obrigatorios.

Lolitas

O barrio de Haraju-ku (en Toquio) é unhaespecie de capital das lolitas. Alí deu este gru-po os seus primeiros pasos. Ao contrario dosanteriores, as lolitas non están ligadas, necesaria-mente, a un estilo de música. Divídense nunhainfinidade de grupos nos que se cruzan toquesmangas, trazos góticos, elementos de tipoinfantil...

Estas princesas, que nada teñen que ver con Na-bokov, propoñen o regreso ao rococó4 e á eravitoriana5 na roupa e nos gustos artísticos.Esta «nova aristocracia» ten un referente en ban-das como Malice Mizer ou Lareine, que mestu-ran pop-rock con glam.

Hip-hopeiros

Bronx, Queens e Brooklyn son os lugares dos que xorde a riquí-sima e variadísima cultura hip-hopeira. O rap é a súa manifesta-ción musical: consiste na recitación rítmica de rimas, xogosde palabras... E tamén o baile é un elemento moi importante:o breakdance. A súa manifestación pictórica, o graffiti, xa ten

consideración de seu, exponse nos museos e a súa expan-sión é crecente.

Este movemento creou a súa vestimenta arredor da roupa de-portiva e de marca. Co tempo, algúns artistas do xénero im-pulsaron novas firmas destinadas a este público. Os tallesson xenerosos e os cintos perden o seu sentido.

Heavies

Son os máis populares, xa que a súa estética levaanos instalada en España. Coñecida é a paixón

por este tipo de música e a veneración po-las súas bandas.

Tons escuros, camisetas sobre grupos des-te tipo, pinchos, tatuaxes, pelo longo, va-

queiros ou pantalóns e complementos decoiro son os seus sinais de identidade.

Como curiosidade, un estudo da Uni-versidade de Harvard deter-

minou que os heaviesson, en termos xerais,

moi fieis no amo-roso e de per-

sonali-

dadetenra.

Por último, haicertos colectivosque destacan máispolos seus nocivosideais, que en moitos ca-sos xustifican a violen-cia, que polo seu aspec-to: skins, redskins, latin

kings, ñetas, maras...

80

85

90

95

105

110

100

2 abelorio: colar, pendente, pulseira etc., ou calquera outro adorno fei-to con estas pezas.

3 floco: conxunto de fíos ou cordonciños que, a modo de adorno, col-gan dun tecido.

4 rococó: estilo artístico xurdido en Francia no século XVIII caracteriza-do pola profusión de elementos decorativos.

5 vitoriana: relativa ou pertencente ao reinado de Vitoria I de Inglaterra(1837-1901).

Page 5: 37078 04 Lingua 3ESO RODEIRA LA.LING...99 PUBLICACIÓN PERIÓDICA MVHP B!DPSVÒB GFSSPM TBOUJBHP QPOUFWFESB WJHPPVSFOTF otempo AC SC FE PO VI LU OU 14 11 13 13 10 12 6 4 6 5 6 2 4

Despois de ler

1014. E ti de quen vés sendo?

ComunicaciónLECTURA

COMPRENSIÓN

1. Localiza no texto as palabras que se corresponden con estas definicións.

• Elemento que garante a solidez ou estabilidade de algo ou alguén. � . . . . . . . . . . . .

• Que posúen todas as calidades propias da súa especie, sen alteración ninmestura. � . . . . . . . . . . . .

• Desvergonza ou descaro no mentir ou na defensa e na práctica de actitu-des censurables.� . . . . . . . . . . . .

• Rexeitar e negar alguén a súa relixión, crenzas, raza, familia... � . . . . . . . . . . . .

• Cada unha das medidas convencionais, establecidas en series graduais, quese utilizan sobre todo en confección de pezas de roupa e de calzado. � . . . . . . . . . . . .

• Que fai mal ou causa dano. � . . . . . . . . . . . .

2. No texto hai referencias constantes, directas e indirectas, a diferentes manifes-tacións artísticas: literatura, música, cine... Tira exemplos disto completandounha táboa coma esta.

3. No texto cítanse varias grandes cidades do mundo que deron orixe a algunhastribos urbanas. Indica cales son.

4. Responde agora estas preguntas sobre o contido da lectura.

• Que provocou que o tema das tribos urbanas estivese de actualidade?

• En que consiste a música rap?

• Que grupos se caracterizan polos seus ideais nocivos e pola xustificación daviolencia?

5. Sintetiza nun esquema os trazos básicos dos grupos ou tribos urbanas des-critos na lectura (orixes, estética, intereses e actividades...).

REFLEXIÓN

CREACIÓN

6. Escribe un texto no que expoñas a túa opinión sobre o fenómeno das tribos urbanas. Podes indicar se pertences a algunhaou se, pola contra, non te sentes identificado con ningunha. Razoa convenientemente as túas valoracións.

— En grupos, lede en voz alta e por quendas os vosos textos.

En grupos, preparade unha investigación so-

bre as tribos urbanas. Seguide estes pasos.

• Elixide algunha tribo urbana non descrita

na lectura e investigade sobre ela. Acudi-

de a todo tipo de fontes: enciclopedias, li-

bros especializados... Tamén podedes con-

sultar estas webs:

http://pt.wikipedia.org/wiki/Tribo_urb-

ana

http://www.telefonica.net/web2/elcodi-

go/tribus/

• Despois de seleccionardes a información

máis relevante (orixe, estética, intereses e

actividades...), redactade un texto no que a

presentedes de forma clara e ordenada.

• Acompañade o texto con imaxes represen-

tativas de membros dese grupo.

• Finalmente, expoñede no taboleiro da aula

o resultado das vosas investigacións.

@ �

LITERATURA MÚSICA CINE .... ....

. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

Tribos urbanas

Góticos

• . . . . . . .

• . . . . . . .

Emos

• . . . . . . .

• . . . . . . .

....

• . . . . . . .

• . . . . . . .

....

• . . . . . . .

• . . . . . . .

....

• . . . . . . .

• . . . . . . .

Page 6: 37078 04 Lingua 3ESO RODEIRA LA.LING...99 PUBLICACIÓN PERIÓDICA MVHP B!DPSVÒB GFSSPM TBOUJBHP QPOUFWFESB WJHPPVSFOTF otempo AC SC FE PO VI LU OU 14 11 13 13 10 12 6 4 6 5 6 2 4

7. Ordena estas series de letras e forma o nome de diferentes

elementos da cidade. Despois indica o número que levan na

imaxe.

8. Localiza nesta sopa de letras silábica seis palabras sinónimas

que significan ‘espazo arredor dunha cidade’.

9. Clasifica as seguintes palabras relativas ao espazo urbano.

10. Completa as oracións con estes termos aplicados á voz cidade.

• Milleiros de musulmáns peregrinan anualmente á cidade

. . . . . . . . . . . . da Meca.

• Xoán vive nunha cidade . . . . . . . . . . . . : a maioría dos seus veciños

traballan fóra e só voltan á noite.

• Os xogadores protestaron porque queren vender os terreos

da cidade . . . . . . . . . . . . para construír unha urbanización.

• Roma é coñecida como a cidade . . . . . . . . . . . . pola súa historia mi-

lenaria.

• Os pais de Paulo compraron un chalé nunha cidade . . . . . . . . . . . .

a poucos quilómetros de aquí.

11. Asocia cada adxectivo co substantivo axeitado.

SUBSTANTIVO ADXECTIVO

A. centro polideportivo

B. rúa infantil

C. pavillón monumental

D. panel peonil

E. casa consistorial

F. parque publicitario

H. zona comercial

— Crea oracións nas que combines, con sentido, os enuncia-

dos anteriores.

12. Investiga e indica o significado destas palabras formadas co

elemento grego «-pole», que significa ‘cidade’.

• Acrópole: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

• Megalópole: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

• Metrópole: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

• Necrópole: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

AC

TIV

IDA

DES

102 4. E ti de quen vés sendo?

Coas seguintes actividades ampliaremos e precisaremos o noso vocabulario refe-rido á cidade e á súa paisaxe.

A paisaxe urbana

Funcionamento da linguaLÉXICO E SEMÁNTICA

@

A MU AL FOZ CES RIA

FO RRE XUS O FE VE

RAS SI DO RI TU CI

TRE OL PE RES DOU ÑAN

A RRA BAL DE NI ZA

EDIFICACIÓNSGRUPOS

DE CASAS

VÍAS DE

COMUNICACIÓN

ESPAZOS

AO AIRE LIBRE

. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

deportiva - eterna - xardín - dormitorio - santa

canella - praza - museo

choupana - avenida - rueiro

autoestrada - parque - travesía

barrio - alameda - rañaceos

diormusio � . . . . . . . . . �

froesámo � . . . . . . . . .�

droacipraa � . . . . . . . . .�

flaor � . . . . . . . . .�

úrrarebai � . . . . . . . . .�

arú � . . . . . . . . .�

siñaquemar � . . . . . . . . . �

sopa ed ónesp � . . . . . . . . . �

crametunzo � . . . . . . . . . �

enmunotom � . . . . . . . . . �

ixaca od creoro � . . . . . . . . . �

asca od colcenlo � . . . . . . . . . �

1

2

3

4

5

6

12

7

8

9

10

11

Page 7: 37078 04 Lingua 3ESO RODEIRA LA.LING...99 PUBLICACIÓN PERIÓDICA MVHP B!DPSVÒB GFSSPM TBOUJBHP QPOUFWFESB WJHPPVSFOTF otempo AC SC FE PO VI LU OU 14 11 13 13 10 12 6 4 6 5 6 2 4

13. Forma dez palabras derivadas combinando os prefixos da

primeira serie cos lexemas da segunda.

— En parellas, contrastade e corrixide as vosas respostas.

14. Consulta un bo dicionario ou Internet e clasifica estes prefixos

segundo sexan de orixe latina (L) ou grega (G).

semi- � sub- � neo- � poli- �

extra- � bi-, bis- � inter- � peri- �

— Indica tamén o significado de cada un e ofrece exemplos

de palabras que os posúen.

15. Ás veces, un prefixo pode posuír varias formas que expresan

a mesma idea. Coa axuda dun dicionario, amplía os exem-

plos de palabras con estes prefixos.

com- � compatriota... / con- � concorrer... / co- � cooperar...

im- � imposible... / in- � inculto... / i- � ilegal...

a- � amoral... / an- � analfabeto...

— Á vista dos exemplos recolleitos, en parellas establecede as

regras de uso de cada forma.

16. Identifica todos os morfemas derivativos (prefixos e sufixos)

destas palabras.

inutilizable � . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

despreocupado � . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

neotrobadorismo � . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

anticonstitucional � . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

preelectoral � . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

1034. E ti de quen vés sendo?

AC

TIVID

AD

ESFuncionamento da lingua

LÉXICO E SEMÁNTICA

Os prefixos son os morfemas derivativos que van antes do lexema das palabras. Adiferenza dos sufixos (vistos na unidade anterior), os prefixos non teñen a capaci-dade de cambiar a categoría gramatical da palabra á que se unen. Así, por exem-plo, se a un verbo lle engadimos un prefixo, a voz derivada segue a ser un verbo.

habilitar (v) � rehabilitar (v)

A maioría dos prefixos do galego son de orixe latina ou grega.

A derivación: prefixos

anti- / re- / a- / hiper- / pre-

des- / i- / mono - / hipo- / co-

sílaba - termia - regulamentario

activo - xuízo - inchar - lóxico

xurdimento - operar - simétrico

R

ALGÚNS PREFIXOS DE ORIXE LATINA

PREFIXO SIGNIFICADO EXEMPLOS

com-, con-, co- simultaneidade compatriota, cooperar...

des- acción contraria desabotoar, desfeita...

im-, in-, i- negación imposible, ilegal...

pre- anterioridade prehistoria, prenatal...

re- repetición reler, rebaixas...

ALGÚNS PREFIXOS DE ORIXE GREGA

PREFIXO SIGNIFICADO EXEMPLOS

a-, an- negación amoral, analfabeto...

anti- oposición anticonxelante, antigás...

hiper- por riba de hipertenso, hipermercado...

hipo- por debaixo de hipodérmico, hipótese...

mono- un, único monóculo, monorraíl...

� O verbo «rehabilitar» é unha palabra deri-

vada por prefixación.

A

A

@

Page 8: 37078 04 Lingua 3ESO RODEIRA LA.LING...99 PUBLICACIÓN PERIÓDICA MVHP B!DPSVÒB GFSSPM TBOUJBHP QPOUFWFESB WJHPPVSFOTF otempo AC SC FE PO VI LU OU 14 11 13 13 10 12 6 4 6 5 6 2 4

104 4. E ti de quen vés sendo?

Funcionamento da linguaGRAMÁTICA

Oracións xustapostas

Podemos considerar a existencia dun ter-

ceiro tipo de oracións compostas: as com-

postas xustapostas.

Estas están formadas por dúas ou máis

oracións simples relacionadas sen nece-

sidade de enlaces, simplemente van uni-

das por comas.

Estaba chovendo, quedei na casa.

Marta é enxeñeira, Luís é avogado.

A oración composta está formada por dúas ou máis oracións simples que se unenxeralmente mediante unha conxunción ou locución conxuntiva que actúa de enla-ce (E).

Manuel lía un cómic e súa irmá xogaba co monopatín.

oración simple E oración simple

oración composta

Tipos de oracións compostasEn función da relación que se establece entre as oracións simples, distinguimos dousgrandes grupos de oracións compostas: as compostas coordinadas e as compostassubordinadas.

Compostas coordinadasAs oracións coordinadas están constituídas por dúas ou máis oracións simplesque están no mesmo nivel sintáctico, é dicir, ningunha delas é dependente daoutra.

Estas oracións van unidas por enlaces coordinantes: e, ou, pero...

Manuel lía un cómic e súa irmá xogaba co monopatín.

Compostas subordinadasAs oracións subordinadas están constituídas por dúas ou máis oracións simples que están en diferente nivel sintáctico, polo cal unha delas é dependente da outra.

Estas oracións van unidas por enlaces subordinantes: que, se, cando, porque...

Ela comentounos que marchará axiña de viaxe.

Nesta unidade imos centrarnos na oración composta coordinada. As oraciónscompostas subordinadas (substantivas, adxectivas e adverbiais) serán obxecto deestudo nas próximas unidades.

A oración composta

Page 9: 37078 04 Lingua 3ESO RODEIRA LA.LING...99 PUBLICACIÓN PERIÓDICA MVHP B!DPSVÒB GFSSPM TBOUJBHP QPOUFWFESB WJHPPVSFOTF otempo AC SC FE PO VI LU OU 14 11 13 13 10 12 6 4 6 5 6 2 4

1054. E ti de quen vés sendo?

Funcionamento da linguaGRAMÁTICA

Confusión entre mais e máis

A conxunción adversativa mais e a co-

pulativa e mais non levan acento grá fico.

El convidoume mais eu non fun.

Lavei a louza e mais varrín todo.

O adverbio de cantidade máis si leva

acento gráfico (diacrítico).

Necesitamos máis tempo.

Oración composta coordinadaSegundo os enlaces que unen as oracións simples e a relación que entre estas seestablece, distinguimos catro grandes tipos de oracións coordinadas: copulati-vas, disxuntivas, distributivas e adversativas.

COPULATIVAS

Exemplo

Xoán foi ao cine e despois paseou con Helena.

oración E oración

oración coordinada copulativa

Relación que expresa Hai adición ou suma entre as oracións simples.

Enlaces (conxuncións) e, mais, e mais, nin...

DISXUNTIVAS

Exemplo

Está a lámpada fundida ou non hai corrente.

oración E oración

oración coordinada disxuntiva

Relación que expresaHai exclusión entre as oracións simples: son opcións

que se exclúen entre si.

Enlaces (conxuncións) ou, ou ben...

DISTRIBUTIVAS

Exemplo

Ora ri leda, ora chora desconsolada.

E oración E oración

oración coordinada distributiva

Relación que expresaHai alternancia entre as oracións simples: son op-

cións alternativas que non se exclúen entre si.

Enlaces (conxuncións) ben ... ben, xa ... xa, ora ... ora, ou ... ou, nin ... nin...

ADVERSATIVAS

Exemplo

Ela foi á túa casa pero ti xa marcharas.

oración E oración

oración coordinada adversativa

Relación que expresa

Hai oposición ou contradición entre as oracións sim-

ples: unha delas expresa unha obxección que contradí

ou restrinxe o sentido da outra.

Enlaces (conxuncións)pero, mais, senón, porén, non obstante, ora ben, con

todo...

Page 10: 37078 04 Lingua 3ESO RODEIRA LA.LING...99 PUBLICACIÓN PERIÓDICA MVHP B!DPSVÒB GFSSPM TBOUJBHP QPOUFWFESB WJHPPVSFOTF otempo AC SC FE PO VI LU OU 14 11 13 13 10 12 6 4 6 5 6 2 4

106 4. E ti de quen vés sendo?

Funcionamento da linguaGRAMÁTICA

Análise da oración composta coordinadaNa unidade anterior aprendemos a facer análises morfosintácticas de oraciónssimples. Deseguido imos ver como se realiza a análise da oración composta co-

ordinada. Tomaremos como modelo a da páxina 104. Cómpre seguirmos estespasos:

Manuel lía un cómic e súa irmá xogaba co monopatín.

A. Localiza na oración os verbos e a conxunción (enlace) que contén:

verbos: lía - xogaba

enlace: e

B. Recoñece, a partir dos verbos e do enlace, as dúas oracións simples que for-man esta oración composta coordinada.

oración 1: Manuel lía un cómic

oración 2: súa irmá xogaba co monopatín

Lembra que estas dúas oracións (o), na análise, aparecerán representadas no

mesmo nivel.

C. Distingue nestas oracións as funcións primarias de suxeito (S) e predicado (P)e as categorías que as desenvolven.

oración 1: Manuel � S (fn); lía un cómic � P (fv)

oración 2: súa irmá � S (fn); xogaba co monopatín � P (fv)

D. Desenvolve o resto da análise, paso a paso, recoñecendo outras funcións secun-darias dentro destes suxeitos e predicados: determinante (DET), núcleo (N),obxecto directo (OD), obxecto indirecto (OI)...

Ten sempre en conta que é preciso desenvolver alternativamente os niveis de

categoría (minúsculas) e de función (maiúsculas).

A análise morfosintáctica desta oración composta coordinada quedaría do se-guinte xeito.

Manuel lía un cómic e súa irmá xogaba co monopatín.

o

o o

S P E S P

fn fv conx fn fv

N N OD DET N N CCI

subs v fn ppos subs v fprep

DET N R T

art subs prep fn

DET N

art subs

Manuel lía un cómic e súa irmá xogaba co monopatín.

� función

� categoría paso A

paso B

paso C

paso D

Page 11: 37078 04 Lingua 3ESO RODEIRA LA.LING...99 PUBLICACIÓN PERIÓDICA MVHP B!DPSVÒB GFSSPM TBOUJBHP QPOUFWFESB WJHPPVSFOTF otempo AC SC FE PO VI LU OU 14 11 13 13 10 12 6 4 6 5 6 2 4

17. Clasifica estas oracións en simples, compostas coordinadas e

compostas subordinadas. Xustifica a túa resposta.

A. Uxía atopou a Miguel na estación de tren.

B. El marcou un gol pero xogou bastante mal.

C. O meu amigo Mario é fotógrafo nun xornal.

D. Os meus tíos precisan que alguén coide o seu can.

E. Vinde comigo e entraremos de balde.

F. Eu irei mañá ao cine con Henrique.

— En parellas, revisade e corrixide as vosas respostas.

18. Introduce a conxunción coordinante necesaria nas seguin-

tes oracións compostas para que teñan sentido.

• Ana . . . . . . . . come . . . . . . . . deixa comer.

• Xoán non sabe nada . . . . . . . . xa falaría do tema.

• . . . . . . . . volvo en tren . . . . . . . . regreso en autobús.

• Todos xogaron ben . . . . . . . . só Luís marcou goles.

• Foise a luz . . . . . . . . non había candeas.

• Non firmes sen ler . . . . . . . . bebas sen ver.

• El sempre llo dicía . . . . . . . . nunca lle fixo caso.

— Indica despois que tipo de composta coordinada se for-

ma en cada caso.

19. Rodea cun círculo o enlace coordinante (conxunción) destas

oracións e despois clasifícaas segundo o seu tipo. Sigue o exem-

plo resolto.

• Teño chamado por el e non deu resposta. � TIPO: copulati-

va.

• Os familiares contaban coa fianza mais non agardaban

tanto. � TIPO: . . . . . . . . . .

• María, ou poste a traballar ou segues os estudos. � TIPO:

. . . . . . . . . .

• A cousa non é tan doada e mais irá a peor. � TIPO: . . . . . . . . . .

• Subín ao autobús e axiña o condutor reanudou a viaxe. �

TIPO: . . . . . . . . . .

• As árbores da alameda son moi grandes mais están enfer-

mas. � TIPO: . . . . . . . . . .

• Xa chora desconsolado xa ri sen motivo aparente. � TIPO:

. . . . . . . . . .

• O director da carreira púxose serio e ordenou a saída. � TIPO:

. . . . . . . . . .

• Viunos ben pero non deu freado a tempo. � TIPO: . . . . . . . . . .

20. Subliña e clasifica todas as oracións compostas coordinadas

dos seguintes textos. Para facelo, o mellor é comezar bus-

cando os verbos (núcleos dos predicados) e logo as conxun-

cións (enlaces).

21. Indica cales destas oracións son compostas coordinadas (C)

e cales son compostas xustapostas (X).

• Respecto as túas opinións pero non as comparto. �

• Estivo entretido, non se acordou de chamar. �

• Henrique le unha novela, Iria ve a televisión. �

• Estudade máis, ides suspender. �

• Non funcionaba o tren nin circulaban os autobuses. �

• Freguei a cociña e mais tirei o lixo. �

— Fai as transformacións necesarias para converter as oracións

coordinadas en xustapostas e viceversa.

22. Seguindo o modelo estudado na páxina anterior, fai a análi-

se morfosintáctica destas oracións.

• Meu avó traballou no mar pero agora está xubilado.

• Prepareille a comida e despois fun dar un paseo.

1074. E ti de quen vés sendo?

AC

TIVID

AD

ESFuncionamento da lingua

GRAMÁTICA

Os gardas civís chegaron ao alto e detivéronse a des-cansar no claro dunha xesteira. Alí soltaron os macu-tos e dispuxéronse a xantar. Estaban cansos e non tiñangana de falar. [...] Chegábanlles noticias da Loba de to-das partes, mais non eran de fiar.

Carlos Reigosa, Pepa, a Loba

—Quen es e que fas aquí?

O neno non di nada, nin se move apenas. [...] O pe-queno robot séntese incómodo e peta co seu peíño de-reito contra o chan.

—Que pasa? Es xordo ou estás a te facer o parvo co-migo? Cantos anos tes?

O cativo quere sorrir e é coma se os seus dentes bran-cos brillasen fóra do rostro.

Paco Martín, Andanzas e amizades dun robot pequeno

As mans tremíanme coma xuncos cando cerrei a billa.

Estendín unha man cara á cortina da bañeira, pero

non reunín o valor necesario para descorrela. Saín len-

tamente da bañeira e mirei abraiado aquelas seis le-

tras trazadas no bafo do espello. Durante uns segundos

fun incapaz de pensar ou de facer nada. Logo saín do

estupor e botei a correr cara á porta.

César Mallorquí, As lágrimas de Shiva

R

A

COPULATIVAS . . . . . . . . . . . . . DISTRIBUTIVAS . . . . . . . . . . . . .

DISXUNTIVAS . . . . . . . . . . . . . ADVERSATIVAS . . . . . . . . . . . . .

ORACIÓN TIPO XUSTIFICACIÓN

. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

Page 12: 37078 04 Lingua 3ESO RODEIRA LA.LING...99 PUBLICACIÓN PERIÓDICA MVHP B!DPSVÒB GFSSPM TBOUJBHP QPOUFWFESB WJHPPVSFOTF otempo AC SC FE PO VI LU OU 14 11 13 13 10 12 6 4 6 5 6 2 4

108 4. E ti de quen vés sendo?

Funcionamento da linguaORTOGRAFÍA

O acento diacríticoTemos en galego varias parellas de palabras que só poden ser diferenciadas na es-crita se unha delas leva acento gráfico, sempre a de vogal tónica ou máis aberta.

pe (-e- pechado) pé (-e- aberto)

Este acento, que non se corresponde coas regras xerais, recibe o nome de acento

diacrítico.

DIFERENZA DE TONICIDADE (ÁTONAS / TÓNICAS)

SEN ACENTO (ÁTONAS) CON ACENTO (TÓNICAS)

a (artigo; pronome átono; preposición)

as (artigo; pronome átono)

ca, cas (conxunción e preposición respectivamente)

cha, chas (pronome átono che + artigos a, as)

da, das (preposición de + artigos a, as)

e (conxunción)

mais (conxunción)

por (preposición)

se (conxunción; pronome átono)

á (do corpo das aves; preposición a + artigo a)

ás (plural de á; da baralla; preposición a + artigo as)

cá, cás (conxunción ca + artigos a, as)

chá, chás (‘plana’)

dá, dás (verbo dar)

é (verbo ser)

máis (adverbio de cantidade)

pór (sinónimo de poñer)

sé (imperativo do verbo ser; ‘sede eclesiástica’)

DIFERENZA DE TIMBRE (MEDIAS PECHADAS / MEDIAS ABERTAS)

SEN ACENTO (VOGAL TÓNICA: MEDIA PECHADA) CON ACENTO (VOGAL TÓNICA: MEDIA ABERTA)

besta (‘animal doméstico para carga e transporte’)

bola (‘peza de pan’)

co, cos (preposición con + artigos o, os)

compre, compren (verbo comprar)

do (preposición de + artigo o)

fora (verbo ser ou ir)

no (preposición en + artigo o)

nos (preposición en + artigo os; pronome átono)

o, os (artigo; pronome átono)

oso (‘mamífero carnívoro’)

pe, pes (nome da letra «p»)

pola (‘galiña’; preposición por + artigo a)

presa (‘dique’, ‘peza de caza’, ‘reclusa’)

so (preposición: ‘baixo, debaixo de’)

te (pronome átono; nome da letra «t»)

ven (verbo ver; imperativo de vir)

ves (verbo ver)

vos (pronome átono)

bésta (‘arma que dispara frechas’)

bóla (‘corpo esférico’)

có, cós (conxunción ca + artigos o, os)

cómpre, cómpren (verbo cumprir: ‘ser necesario’)

dó (‘sentimento de compaixón’; ‘nota musical’)

fóra (adverbio de lugar)

nó (‘atadura’)

nós (plural de nó; pronome tónico)

ó, ós (preposición a + artigos o, os)

óso (‘parte do esqueleto’)

pé, pés (‘extremidade do corpo’)

póla (‘parte dunha planta’)

présa (‘rapidez, apuro’)

só (adxectivo e adverbio)

té (‘infusión’)

vén (verbo vir)

vés (verbo vir)

vós (pronome tónico)

As sete vogais do galego

Lembra o estudado na páxina 36 sobre as

sete vogais galegas.

Page 13: 37078 04 Lingua 3ESO RODEIRA LA.LING...99 PUBLICACIÓN PERIÓDICA MVHP B!DPSVÒB GFSSPM TBOUJBHP QPOUFWFESB WJHPPVSFOTF otempo AC SC FE PO VI LU OU 14 11 13 13 10 12 6 4 6 5 6 2 4

23. Completa as seguintes oracións coas palabras adecuadas de

cada par.

— En parellas, revisade e corrixide as vosas respostas.

24. Copia estas oracións poñendo o acento diacrítico na palabra

destacada que o necesite.

• Din que a nova ministra asistirá a inauguración.

• Por favor, Ana, se boa e indícalle a este turista onde está a

se compostelá.

• Meu avó dixo que nos ensinaría a facer nos mariñeiros.

• Os paleontólogos din que os osos atopados nese xacemen-

to corresponden a uns grandes osos prehistóricos.

• Miguel colleu unha presa de caramelos e comeunos á

presa.

• Gústame mais aquel reloxo, mais non podo compralo

porque é moi caro.

• Lembro que aquel fora un día estraño: era o mes de xullo

pero fora da casa ía moito frío.

— En grupos, lede en voz alta as oracións pronunciando co-

rrectamente as voces destacadas.

25. Transforma estas oracións poñendo os verbos que están en pa-

sado nas formas correspondentes do presente de indicativo.

Coida o uso do acento diacrítico.

• París era a cidade máis romántica do mundo.

• Viñeches ti só ao médico?

• Viches ben o partido na túa nova televisión?

• Cumpría que comezásemos axiña co traballo.

• Eles non viron as miñas chaves por ningures.

• Este coche sempre nos deu moitos problemas.

• Meu irmán viña en autobús todos os días.

26. Completa este texto coas palabras entre parénteses axeita-

das (sen e con acento diacrítico).

27. Responde afirmativamente estas preguntas mantendo o

verbo destacado e engadindo pronomes átonos. Coida o

uso do acento diacrítico, como no exemplo resolto.

• Non cres que ese xersei lle é grande a Luís? � Élle, si.

• Queres que che dea máis tempo? � . . . . . . . . . .

• Pensas que me vén ben facer ioga? � . . . . . . . . . .

• Debo dar a coñecer esta noticia? � . . . . . . . . . .

• Non vos é útil ese sacarrollas? � . . . . . . . . . .

1094. E ti de quen vés sendo?

AC

TIVID

AD

ESFuncionamento da lingua

ORTOGRAFÍA

A

R

Debes ter en conta que as formas verbais que levan acento diacrítico consérvanocando van seguidas da segunda forma do artigo ou dalgún pronome átono.

dás (P2 do presente de indicativo do verbo dar)

Ti dá-las grazas. Ti dálas.

artigo pronome átono

A túa boa muller non está mal trazada, (mais - máis) . . . . . . . . .

non ten vida. (Vos - Vós) . . . . . . . . . coidades que tedes todo

feito cando debuxades correctamente unha figura (e -

é) . . . . . . . . . poñedes cada cousa no seu sitio, segundo (as -

ás) . . . . . . . . . leis (da - dá) . . . . . . . . . anatomía. Coloreades este li-

neamento cun ton de carne conseguido anteriormente

na vosa paleta coidando que obtedes un lado (mais -

máis) . . . . . . . . . escuro (co - có) . . . . . . . . . outro, e porque mirades

de cando en cando unha muller núa de (pe - pé) . . . . . . . . . so-

bre unha mesa, xa credes copiar a natureza; imaxinades

ser pintores e ter roubado o segredo de Deus... Bah! Para

ser un gran poeta non abonda con coñecer a fondo a

sintaxe e non cometer faltas de ortografía! Mira a túa

santa, Porbus! A primeira vista semella admirable, pero

con (mais - máis) . . . . . . . . . detención un decátase de que

está pegada (o - ó) . . . . . . . . . fondo da tea e que non se pode

rodear o seu corpo. Non (e - é) . . . . . . . . . (mais - máis) . . . . . . . . . ca

unha silueta que (so - só) . . . . . . . . . ten un plano; ten a apa-

rencia dun recorte, unha imaxe que non sabería vol-

verse nin cambiar de posición.

Honoré de Balzac, A obra mestra descoñecida

bola

bóla

Comprei no supermercado unha . . . . . . . de pan.

No billar, a . . . . . . . golpéase cun taco.

as

ás

O cóndor ten unhas . . . . . . . enormes.

Estes libros son para . . . . . . . túas compañeiras.

besta

bésta

Derrubou o inimigo cunha frecha da súa . . . . . . . .

Ten coidado coa . . . . . . . . , pode darche un couce.

cha

chá

Buscan unha terra . . . . . . . para facer a súa casa.

Devólvelle a chaqueta a quen . . . . . . . . prestou.

te

Non . . . . . . . movas se queres saír ben na foto.

Que prefires, tomar un . . . . . . . . ou un café?

do

Xoán sempre vén esgotado . . . . . . . do ximnasio.

Expreseille o meu . . . . . . . . pola morte de seu pai.

Page 14: 37078 04 Lingua 3ESO RODEIRA LA.LING...99 PUBLICACIÓN PERIÓDICA MVHP B!DPSVÒB GFSSPM TBOUJBHP QPOUFWFESB WJHPPVSFOTF otempo AC SC FE PO VI LU OU 14 11 13 13 10 12 6 4 6 5 6 2 4

ComunicaciónLINGUA ORAL E ESCRITA

Unha reunión é un encontro entre un grupo de persoas para falar dalgún temasobre o cal, as máis das veces, deben tomar acordos ou decisións conxuntas. É aferramenta básica do traballo en equipo.

Na vida cotiá danse todo tipo de reunións: unha xuntanza de delegados de clase, unclaustro de profesores, unha xunta directiva dun club deportivo, unha asembleade traballadores dunha empresa... Neste tipo de reunións formais abórdanse te-mas importantes e case sempre se fai necesario anotar todo aquilo que se discu-tiu e os acordos aos que se chegou.

A acta de reunión é un documento administrativo que dá constancia por escrito detodo o que aconteceu nunha reunión (a información básica sobre os asistentes, adata e o lugar en que tivo lugar, o que se tratou e os acordos adoptados).

— Le atentamente esta táboa, que representa a estrutura dunha acta de reunión.

A acta de reunión

110 4. E ti de quen vés sendo?

CABECEIRA

TÍTULOPequena indicación do tipo de documento de que se

trata e do organismo ou grupo que organiza a reunión.

LUGAR E DATA Día, mes e ano da reunión e lugar en que ten lugar.

ASISTENTES

Nome, apelidos e cargo dos membros do grupo que

se reúne:

• O presidente/a ou persoa encargada de dirixir a reu-

nión.

• Os asistentes á reunión.

• O secretario/a ou persoa encargada de redactar a

acta.

• As persoas ausentes.

ORDE DO DÍA

Indicación dos puntos que se van tratar na reunión e

orde en que se fará. Con frecuencia, o punto primei-

ro é aprobar a redacción da acta anterior e o último,

darlle voz aos asistentes por se teñen algunha inter-

vención final.

CORPO

DELIBERACIÓNS

Transcrición resumida das intervencións, sempre se-

guindo a relación dada na orde do día. Cómpre iden-

tificar quen fai cada deliberación.

ACORDOS

As decisións que se adoptaron finalmente na reu-

nión. Convén asocialas aos puntos da orde do día. Os

acordos sempre teñen que estar aprobados pola maio-

ría dos asistentes.

FÓRMULA FINAL

Na acta, xusto antes do peche, debe aparecer unha

fórmula final que indique que rematou a sesión. Unha

posible fórmula sería, por exemplo: Sen máis asuntos

que tratar, o presidente/a remata a sesión e eu redacto

a acta como secretario/a.

PECHE

Sinatura do secretario/a e visto e prace do presidente/a.

En caso de non estar establecidos estes cargos, deben

asinar todas as persoas asistentes á reunión.

ANEXOS

É posible que nunha reunión se lles achegue aos asis-

tentes algunha documentación asociada a un dos pun-

tos da orde do día. De ser así, esta documentación debe

incorporarse á acta no apartado dos anexos.

� Despois dunha xuntanza formal adoita ser

habitual que se redacte unha acta que dea

fe, por escrito, do falado e acordado nela.

Anuncio con antelación

Para que unha reunión formal (unha

asemblea, unha xunta directiva, un

claustro de profesores...) sexa efectiva,

debe anunciarse, con suficiente an-

telación, a data, a hora, o lugar e os

puntos da orde do día.

Page 15: 37078 04 Lingua 3ESO RODEIRA LA.LING...99 PUBLICACIÓN PERIÓDICA MVHP B!DPSVÒB GFSSPM TBOUJBHP QPOUFWFESB WJHPPVSFOTF otempo AC SC FE PO VI LU OU 14 11 13 13 10 12 6 4 6 5 6 2 4

— Le agora esta acta de reunión ficticia e identifica nela semellanzas e diferen-zas respecto da información da táboa anterior.

28. Sinala en cales das seguintes situacións se fai necesaria unha

acta de reunión e en cales non. Razoa a túa resposta.

A. Un grupo de amigos decide se van á praia ou ao cine.

B. Os directivos dunha grande empresa xúntanse para decidir

o lanzamento dun novo produto.

C. Os propietarios dos pisos dun edificio reúnense para apro-

bar a reparación do tellado.

D. Os clientes asiduos dun bar determinan que partido prefi-

ren ver na televisión.

29. Formade grupos duns oito membros e simulade, en cada un,

esta reunión: «o Consello Escolar do centro decide as excursións

que se farán no curso».

— Repartide os papeis: representantes do profesorado (un de-

les fará de secretario/a), dos pais e nais, do alumnado e

do persoal de administración e servizos.

— Desenvolvede a reunión. O secretario debe tomar os apun-

tamentos oportunos.

— Redactade entre todos, de común acordo e a partir dos apun-

tamentos do secretario/a, a acta da reunión.

AC

TIVID

AD

ESComunicación

LINGUA ORAL E ESCRITA

1114. E ti de quen vés sendo?

R

ACTA DA SESIÓN DO XURADO DO PREMIO DE NOVELA «RÍA DE AROUSA», CONVOCA-DO POLO CONCELLO DE VILAGARCÍA

Lugar: sala de xuntas da Casa do Concello Data: 26 de novembro de 2010

ASISTENTES

Dona Branca Amoedo Vilas, alcaldesa do Concello de Vilagarcía, presidenta

Dona Xoana Filgueiras Pérez, directora da editorial Illa de Ons, vogal

Don Xosé Ramón Vizoso Gándara, catedrático de Lingua Galega e Literatura, vogal

Dona Margarida Fontao Dopico, directora da revista literaria Limiar, vogal

Don Rubén Allegue Pintos, xefe do Servizo de Normalización Lingüística do Concello deVilagarcía, secretario

ORDE DO DÍA

1. Constitución do xurado

2. Estudar e valorar os orixinais presentados para adxudicar o premio

3. Quenda de intervencións

DELIBERACIÓNS

1. Constitución do xurado: O xurado comeza a sesión ás 10:25 h.

2. Estudar e valorar os traballos presentados para adxudicar o premio: O xurado valora moipositivamente o éxito da convocatoria do premio pola gran cantidade e calidadedas novelas presentadas. O xurado decide que a obra O helmo do cabaleiro Lancelo-te é a merecente do premio, que o secretario lle notifique o acordo ao premiado e queeste modifique os erros da súa conta bancaria.

3. Quenda de intervencións: Non hai ningunha intervención.

ACORDOS

1. O xurado decide por unanimidade concederlle o premio de novela «Ría de Arousa»á obra titulada O helmo do cabaleiro Lancelote, da cal é autora dona María LuísaMartínez Pombo, DNI 34 283 398 P.

2. O xurado decide que o secretario lle notifique este acordo á premiada e que inicieos trámites para aboar o premio. Así mesmo, debe comunicarlle que é necesario co-rrixir os erros detectados nos códigos da conta bancaria, co fin de lle pagar o estable-cido na convocatoria.

Sen máis asuntos que tratar, a presidenta remata a sesión e eu redacto esta acta comosecretario.

O secretario Visto e prace A presidenta

Modelos de actas@

Nestas publicacións dispoñibles en Inter-

net podes atopar máis modelos de ac-

tas de reunión.

Manual de documentos administrativos

http://www.udc.es/snl/documentospdf/

manual_doc_udc.pdf

Manual básico de documentación ad-ministrativa

http://www.xunta.es/linguagalega/arqui-

vos/Manual%20doc_administrativos.pdf

Page 16: 37078 04 Lingua 3ESO RODEIRA LA.LING...99 PUBLICACIÓN PERIÓDICA MVHP B!DPSVÒB GFSSPM TBOUJBHP QPOUFWFESB WJHPPVSFOTF otempo AC SC FE PO VI LU OU 14 11 13 13 10 12 6 4 6 5 6 2 4

112 4. E ti de quen vés sendo?

LINGUA E SOCIEDADE

A lingua é reflexo en gran medida da sociedade que a fala: os seus costumes, as súastradicións, os seus prexuízos... Neste sentido, como estudamos en cursos anteriores,a lingua contribúe a estender estereotipos e prexuízos, tanto lingüísticos coma so-ciais. Moitos deles están asociados á discriminación sexista, que cómpre erradicar.

Mais como se transmiten estes valores sexistas? Digamos que os estereotipos e pre-xuízos que subestiman e desprezan a muller foron propagados desde hai séculostanto polo pensamento culto e erudito coma pola tradición popular. Así o com-probamos, por exemplo, nas seguintes citas e refráns.

A lingua non é sexista de por si, mais nunha cultura impregnada polos prexuízos queacabamos de mencionar é case inevitable que o uso que dela facemos si reflicta,de forma consciente ou inconsciente, ese sexismo.

Cómpre que todos nós evitemos eses usos sexistas da linguaxe que contribúen aperpetuar a secular discriminación da muller. Para isto son útiles estes consellos.

A linguaxe non-sexista

Citas cultas

Hai un principio bo, que creou a orde, a luz e o home, e un principio malo, que creou

o caos, as tebras e a muller. Pitágoras (582 - 507 a. C.), filósofo e matemático grego.

A muller é, recoñezámolo, un animal inepto e estúpido, aínda que agradable e gra-

cioso. Erasmo de Rotterdam (1466 - 1536), filósofo e teólogo holandés.

Unha muller amablemente estúpida é unha bendición do ceo. Voltaire (1694 -

1778), escritor, filósofo e avogado francés.

As mulleres están para ser gustadas; despois, unhas déixanse, outras non..., iso xa vai

por provincias. Camilo José Cela (1916 - 2002), escritor español.

Refráns populares

A muller e a cabra, corda longa pero non soltada.

En coxeira de can e bágoas de muller non hai que crer.

Casa sen muller, corpo sen alma vén ser.

Se o segredo é da muller, segredo deixa de ser.

Uso sexista da lingua

Cando, ao nos referir a homes e mulleres conxuntamente, só usamos un dos xéneros:

*Todos os veciños se reuniron co alcalde. � E as veciñas non?

*As enfermeiras están en folga. � E os enfermeiros non?

*Os que queiran máis que avisen. � E as que queiran máis?

Uso non-sexista da lingua

A lingua ofrécenos numerosos recursos para evitar ou reducir estes usos incorrectos:

A. Mencionar, se é posible, a parella de palabras, masculina e feminina, para referir-

nos aos dous sexos:

Todos os veciños e veciñas se reuniron co alcalde.

As enfermeiras e os enfermeiros están en folga.

B. Substituír o termo referido só a un sexo por outro máis xeral e xenérico que en-

globe homes e mulleres conxuntamente:

Toda a veciñanza se reuniu co alcalde.

O persoal de enfermaría está en folga.

C. Usar pronomes sen referente sexual.

Quen queira máis que avise.

Lingua sen sexismo@

Recomendámosche estes enderezos de

Internet.

Recomendacións para unha linguaxe

non-discriminatoria

Documento con consellos e orientacións

para evitar os usos discriminatorios da

lingua.

http://www.aulaintercultural.org/IMG/pdf

/recomendacions_linguaxe_non_discri-

minatoria.pdf

Exeria

Aplicación informática on-line en galego

que facilita a revisión lingüística de tex-

tos para un uso non-sexista da lingua.

http://www.exeria.net

Page 17: 37078 04 Lingua 3ESO RODEIRA LA.LING...99 PUBLICACIÓN PERIÓDICA MVHP B!DPSVÒB GFSSPM TBOUJBHP QPOUFWFESB WJHPPVSFOTF otempo AC SC FE PO VI LU OU 14 11 13 13 10 12 6 4 6 5 6 2 4

30. Transforma as seguintes oracións evitando o uso sexista da lin-

gua. Podes consultar as webs da páxina anterior.

• O presidente desta empresa chámase Xacinta Fernández.

• Os alumnos deben presentar as matrículas na oficina das se-

cretarias.

• Os homes habitan a Terra desde hai milleiros de anos.

• Os interesados dirixiranse a Uxía Torres, a xefe de persoal.

• Algún dos presentes quere dicir algo? Os que teñan algo que

dicir que falen agora.

• Os alumnos de terceiro da ESO examinaranse o vindeiro ven-

res.

• Estou farto de escoitar que os mozos de hoxe están botados

a perder.

• Os galegos, os cataláns e os madrileños deciden hoxe cos

seus votos os seus alcaldes para os próximos catro anos.

— En parellas, revisade e corrixide as vosas respostas.

31. En grupos, comentade como reflicten o sexismo estas defini-

cións do dicionario. Facede despois nelas as correccións ne-

cesarias.

32. Organizade na aula un coloquio no que comentedes, de forma

razoada, a mensaxe discriminatoria que transmiten as citas

de eruditos e os refráns vistos neste apartado.

— Podedes comentar cuestións como: Cambiou substancial-

mente o papel da muller na sociedade actual respecto do pa-

sado? En que ámbitos da vida se percibe máis a discrimina-

ción? Cremos que realmente hai capacidades e funcións atri-

buíbles só a homes ou só a mulleres?...

1134. E ti de quen vés sendo?

AC

TIVID

AD

ESLINGUA E SOCIEDADE

Cabeza.- Parte superior do corpo do home.

Telefonista.- Muller que ten ao seu cargo a recep-

ción de chamadas telefónicas.

Alcaldesa.- Muller do alcalde.

Cabeza de familia.- Xefe dunha agrupación fami-

liar, a efectos legais.

A

@

Uso sexista da lingua

Cando mencionamos as formas masculinas de oficios ou cargos que desenvolven

mulleres:

María Bouzas é o contable da empresa.

Miña irmá rematou a carreira e xa é arquitecto.

Uso non-sexista da lingua

Aproveitar as posibilidades de flexión de xénero para referirnos a estes oficios e

cargos. Por exemplo:

A. Se o termo remata en -able, -nte, -ista, -ar ou -al, podemos marcar o feminino

mediante o artigo:

a contable a estudante a pianista a fiscal

B. Se o termo remata en -o, -e, -z, -án ou -or, facemos o feminino cos morfemas co-

rrespondentes (-a, -esa...):

arquitecto/arquitecta xefe/xefa

carpinteiro/carpinteira presidente/presidenta

gandeiro/gandeira alcalde/alcaldesa

mineiro/mineira xuíz/xuíza

médico/médica aprendiz/aprendiza

enxeñeiro/enxeñeira cirurxián/cirurxiá

Uso sexista da lingua

Cando usamos expresións coloquiais, chistes ou refráns que reflicten claramente

discriminación sexual ou prexuízos contra as mulleres:

A muller e a tixola na cociña están ben.

Catro mulleres, catrocentos pareceres.

Á moza festeira, crebarlle a perna.

Uso non-sexista da lingua

Aínda que sexa en contextos desenfadados, os chistes ou expresións discriminato-

rios deben ser evitados, xa que son reflexo de prexuízos falsos e poden resultar

ofensivos para outras persoas.

� Os nosos usos lingüísticos deben adaptar-

se aos tempos, xa que hoxe as mulleres de-

senvolven moitas profesións que tradicio-

nalmente eran «só de homes».

Page 18: 37078 04 Lingua 3ESO RODEIRA LA.LING...99 PUBLICACIÓN PERIÓDICA MVHP B!DPSVÒB GFSSPM TBOUJBHP QPOUFWFESB WJHPPVSFOTF otempo AC SC FE PO VI LU OU 14 11 13 13 10 12 6 4 6 5 6 2 4

114 4. E ti de quen vés sendo?

LITERATURA

A produción en prosa é máis escasa ca a poética. O latín fora, durante séculos, a «lin-gua de cultura» usada en todo tipo de documentos. Máis tarde, o latín comezou aser substituído polas linguas romances: o galego-portugués en Galicia, o castelánen Castela... Pero o crecente sometemento de Galicia ao reino de Castela desde o sé-culo XII, provocou que o castelán fose progresivamente acaparando os usos escri-tos que lle correspondían ao galego.

Con todo, si conservamos hoxe importantes mostras do desenvolvemento do ga-lego na prosa durante a época medieval: prosa de ficción (ou novelística) e prosade non-ficción (histórica, xurídica, didáctica...).

Prosa de ficciónCiclo bretón. Tamén chamado Materia de Bretaña, narra as aventuras que viven orei Artur e os cabaleiros da Mesa Redonda (Lancelote, Galván, Percival...) na procu-ra (demanda) do Santo Graal, o cáliz que Xesús usou na Derradeira Cea.

Ciclo clásico ou troiano. Recrea historias da Grecia clásica cos seus heroes e mi-tos: os deuses do Olimpo, as viaxes de Ulises e, nomeadamente, a guerra de Troia...

As historias que conforman estes dous ciclos foron contadas desde a Idade Mediaen boa parte das linguas europeas e chegaron ata a actualidade en forma de poemas,novelas, cómics, filmes...

A prosa medieval

� Imaxe dos cabaleiros da Mesa Redonda,

tomada dun manuscrito francés do século

XV.

[Como Troia foi entrada e mortos cuantos i avía]

Aquel día chegaron os gregos ao porto [...] e armáronse moi ben e cavalgaron

en seus cavalos gran peça1 ante que cantasen os galos e fóronse contra a çi-

dade. E viron o sinal que avía posto Antenor e Eneas. Cada un deles entrara den-

tro do cavalo e fixo un gran fogo, como lles mandaran. [...] Os gregos chega-

ron entonçe e acharon os muros derribados. E entraron pola çidade vinte mil

cavaleiros en tropel e armados de todas as armas, [...] que vos digo que ante que

o día fose craro foron mortos máis de dez mil homes. E as casas derribadas e

os paaços, que eran laurados2 de mármol, foron destroídos e desfeitos.

Crónica troiana

1gran peça: unha gran distancia.2laurados: decorados, rematados.

[Como Lançarote se achou con Brandeliz e con Keya Destrauz]

Depois que se partii da casa de seu ospede, non andou muyto que achou

dous cavaleiros andantes que tragían senllos escudeiros; e ámbolos cabalei-

ros eran de casa de Rei Artur e compañeiros da Távola Redonda, et o un avía

nome1 Brandeliz e o outro Destrauz, e eran ambos boos cavaleiros e ardidos.

Quando eles viron Lançarote non o conoçeron porque fezera el meter seu es-

cudo en súa fonda; mais Lançarote os conoçeu logo, tanto que viu os escu-

deiros e os escudos. E tanto que se chegaron saluáronse:

—Señor —disseron eles—, ¿quen sodes?

—Eu son —disso el— huun cavaleiro andante.

—¿E sodes —disseron eles— da casa de Rei Artur?

—Señores —disso el— non vos pes2, ca non volo direi agora.

Livro de Tristán

1avía nome: tiña por nome, chamábase.2non vos pes: non vos pese, non vos pareza mal.

Concepto de orixinalidade

Cómpre ter en conta que, no contexto

da Idade Media, o concepto de ori-

xinalidade literaria era un pouco di-

ferente ao de hoxe. Galicia foi punto de

encontro de diversas xentes e culturas.

Como resultado destes contactos, eran

habituais as traducións e recreacións

de textos clásicos (latinos ou gregos)

ou doutras linguas romances. Por esta

razón, as traducións medievais tamén

son consideradas parte do noso pa-

trimonio literario.

Page 19: 37078 04 Lingua 3ESO RODEIRA LA.LING...99 PUBLICACIÓN PERIÓDICA MVHP B!DPSVÒB GFSSPM TBOUJBHP QPOUFWFESB WJHPPVSFOTF otempo AC SC FE PO VI LU OU 14 11 13 13 10 12 6 4 6 5 6 2 4

1154. E ti de quen vés sendo?

LITERATURA

Prosa de non-ficciónBaixo esta denominación incluímos unha serie de textos moi diversos: de carácterhistórico, haxiográfico, xurídico, didáctico...

Prosa histórica. Trátase de narracións de acontecementos históricos, adoito encar-gadas por reis ou outros nobres para que lles servisen de loanza e propaganda.

Prosa haxiográfica. Son obras de tipo relixioso: narración da vida e dos milagresde santos, traducións da historia sagrada...

Prosa didáctica e xurídica. Este grupo reúne, por exemplo, tratados sobre o coida-do de animais, regulamentos de gremios, ordenanzas e actas municipais, testa-mentos, contratos...

En este tempo senoreavan1 dous reis a Galiza, é a saber: rei Miro a Lugo e rei

Arreamiro a Bragaa, o qual rei Arreamiro dende á tres anos se finou e el rei

Miro senoreou a Bragaa e súa terra e toda Galiza, e foi de muitas virtudes e

moi forte nas armas.

Crónica de Santa María de Iria

1senoreavan: señoreaban, rexían, gobernaban.

Sabede que o Apóstolo glorioso ontre tódolos outros apóstolos de Nostro

Señor foron a preegar por las partes do mundo, foi el o primeiro que preegou

en Galiza. E despois que o rei Erodes mandou matar en Jerusalén, trouxeron o

corpo del os disçípolos por mar a Galiza, onde el fora enviado preegar primei-

ramente, segundo ja oístes. Et as gentes que el cõuertera en Galiza, despois por

los seus pecados perderõ a creeça de Deus, que lles el enviara que os ensina-

se, ata que fui cobrada eno tempo deste Calrros1, depois que cõquereu cõ grã

traballo moitas partes do mûdo, conve a saber: Ingraterra, França, Alamana, Leo -

rena, Bretana, Bergona, Italia et toda las outras terras et çidades de mar a mar,

et tiroas do poder dos mouros por la ajuda de Deus et por las súas armas et

as tornou a súa creeça. Et porque era ja cãsado de grãde traballo que levara,

poso en súa voontade de folgar. Et hua ora catando el cõtra o çeo, vío huu ca-

mino de estrelas que se começaua sobre lo mar de Frisa et ía por ontre Ala-

mana et Italia et por ontre França et Aquitania et ía dereitamente por meogo2

da Gascona et por Nauara et por Espana, et ía ferir en Galiza en aquel lugar onde

o corpo de Santiago jazía ascondudo.

Os milagres de Santiago

1Calrros: Carlomagno (742 - 814).2meogo: medio.

Sabean todos como nós, Gonçalo Lopes de Goiãas, escudeiro, e Ihoana Días,

mina muller, que presentes ambos somos, e eu, Moor Ares de Bóbeda, madre

do dito Gonçalo Lopes, que presente sõo, todos tres de mancomuu1 a vós, ou-

torgamos e conosçemos que, por rasón que vós, Rui Fernandes Nogueirol, es-

cudeiro, oje este día desposastes, segundo manda Deus e Santa Iglesia, cõ

Lionor Días, filla de nós, os ditos Gonçal Lopes e Ihoana Días, e neta de mía, a

dita Moor Ares, e ela así meesmo con vós, e demos e nos obligamos de dar e pa-

gar en dote e casamento á dita nosa filla e a vós, o dito Rui Fernandes, seseta

moyos2 de viño e outras cousas.

Contrato de prometemento e dote e casamento

(documento galego de 1466)

1de mancomuu: de man común, de común acordo.2moyos: moio, antiga medida de capacidade equivalente a 16 cántaros (uns 256 litros).

Títulos

Estas son as principais obras da nosa

prosa medieval.

PROSA DE FICCIÓN

Ciclo bretón

Livro de Xosé de Arimatea

A demanda do Santo Graal

Merlín

Livro de Tristán

Ciclo clásico

Crónica troiana

Historia troiana

PROSA DE NON-FICCIÓN

Histórica

Crónica general

General estoria

Crónica de Santa María de Iria

Haxiográfica

Os milagres de Santiago

Legenda áurea

Didáctica e xurídica

Tratado de albeitaría

Arte de trovar

Livro de cambeadores

A nosa prosa medieval@

Podes ampliar a información sobre a nosa

prosa medieval neste enderezo de In-

ternet.

http://gl.wikipedia.org/wiki/Prosa_gale-

ga_medieval

Page 20: 37078 04 Lingua 3ESO RODEIRA LA.LING...99 PUBLICACIÓN PERIÓDICA MVHP B!DPSVÒB GFSSPM TBOUJBHP QPOUFWFESB WJHPPVSFOTF otempo AC SC FE PO VI LU OU 14 11 13 13 10 12 6 4 6 5 6 2 4

33. Le estes dous fragmentos de obras da nosa prosa medieval e

fai unha versión deles en galego actual. Podes pedirlle axuda

ao teu profesor/a ou tamén consultar a web mencionada na

páxina 41.

— Indica agora a que obra (e temática) da nosa prosa medie-

val corresponde cada fragmento. Xustifica a túa resposta.

Os milagres de Santiago (prosa haxiográfica)

Livro de Tristán (ciclo bretón)

Tratado de albeitaría (prosa didáctica e xurídica)

Crónica troiana (ciclo clásico)

34. Copia o seguinte mapa no teu caderno. Despois investiga e

sitúa nel convenientemente os nomes destes personaxes

dos ciclos bretón e clásico.

35. Investiga (en manuais de literatura, enciclopedias, Internet...)

sobre as obras citadas na marxe da páxina 115 e indica cal co-

rresponde a cada un destes contidos.

• Manual sobre o coidado dos cabalos. � . . . . . . . . . .

• Historia do mundo dende unha perspectiva bíblica. � . . . . . . . . . .

• Biografías de diversos santos. � . . . . . . . . . .

• Relato da orixe divina do cáliz da Derradeira Cea e aventuras

dos cabaleiros da Mesa Redonda na súa procura. � . . . . . . . . . .

• Tratado sobre os distintos tipos de cantigas profanas. � . . . . . . . . . .

• Relatos inspirados nas lendas sobre o asedio e a destru-

ción de Troia. � . . . . . . . . . .

36. En grupos, investigade en todo tipo de fontes sobre a presen-

za do ciclo bretón e do ciclo clásico en diferentes artes: literatu-

ra, pintura, cine... (en Galicia e fóra de Galicia).

— Despois de recompilar a información, seleccionade a que

vos pareza máis relevante.

— Presentade na aula os diferentes grupos, por quendas, o

resultado das vosas pescudas.

AC

TIV

IDA

DES

116 4. E ti de quen vés sendo?

LITERATURA

A

A

[Como el-rei Ajax matou a Paris e Paris a el]

El rei Ajax andava ena batalha cercando as azes1 e fazendo

gran dano enos troianos, que niún cavaleiro non ía aas

feridas como el. E el andava en mui bõo cavalo, mui fremo-

so e moi ligeiro e tal que en todo Grecia non havía melhor.

E tragia ua cobertura de púrpura vermelha e seus sinaes. E

moitas vezes fería troiaos, tornando de acá e de alá e ma-

tando muitos deles. Quando Paris aquisto veu, que se el assí

aventurava, por niua maneira lho podo sofrer. E poso ua

seeta2 en seu arco e tendeu-o o máis que podo, e tirou-

lhe e deu-lhe polos costados e pasou-los ambos de parte

a parte polo espinhaço. E Ajax, quando se senteu malferido

e entendeu que golpe era mortal, aguilhou3 pola gran

preesa, por entre todos, tolheito e fóra de seu sén. E ía dan-

do golpes fortes e perigoosos adeante, e se atreveu sen pa-

vor niún, en tal guisa que matou polas súas mãos vinte dous

da cidade. E sobejamente4 desejava de se juntar con Paris,

por se vingar del. E tanto andou que toparon desuu. [...] E el-

rei Ajax tomou-o polo braço e mui regeament. E teendo-o

assí, [...] o feriu da ponta da espada, logo o fezo caeu mor-

to en terra.

1azes: escuadróns, batallóns, flancos do exército.2poso ua seeta: puxo unha frecha.3aguilhou: aguillar ou esporear o cabalo ou outra besta para

que corra máis.4sobejamente: con moita intensidade.

B

[Como os XII cavaleiros viron o Santo Graal]

E pois entraron na camara e viran a mui rica távoa de prata

que sobre o mui Santo Vaso estava, não ouve i tal1 que o non

conocesse que aquel era o Santo Graal, e ficaron logo de ge-

olhos en terra tan ledos e con tan gran prazer do que viian,

que ben lhis semelhou que nunca avían de morrer. Estan-

do eles así en sa oraçón, viron sóbola távoa de prata uu

homen vestido de panos brancos, mas, sen falha, o rostro

non lhi podían veer, ca era de tan gran claridade que os

olhos, que mortaes eran, non no podían veer, ante se aver-

gonhavan de tal guisa2 que lume de cada uu non podía

catar maravilha celestial.

O homen que estava sóbola távoa así como vos digo,

disse:

—Viindi adiante, cavaleiros compridos de fe e de creença,

e haveredes o manjar que tanto desejades. E tu, filho Ga-

laaz, que eu achei máis leal e melhor ca outro cavaleiro, ven

adiante.

1não ouve i tal: valentes, coraxosos.2guisa: modo, xeito, maneira.

Tristán - Aquiles - Agamenón - Galaaz

Helena - Lancelote - Percival - Paris

Artur - Ajax - Eneas - Morderet

Xenebra - Menelao - Merlín

@

@

@

Page 21: 37078 04 Lingua 3ESO RODEIRA LA.LING...99 PUBLICACIÓN PERIÓDICA MVHP B!DPSVÒB GFSSPM TBOUJBHP QPOUFWFESB WJHPPVSFOTF otempo AC SC FE PO VI LU OU 14 11 13 13 10 12 6 4 6 5 6 2 4

Funcionamento da lingua: léxico e semántica• Os prefixos son os morfemas derivativos que van antes do le-

xema variando parcial ou totalmente o seu significado (prehis-

toria, semicírculo, reler...).

Funcionamento da lingua: gramática• A oración composta está formada por dúas ou máis ora-

cións simples unidas mediante unha conxunción (enlace).

• Hai dous grandes grupos de oracións compostas: as compos-

tas coordinadas (dúas ou máis oracións simples no mesmo

nivel sintáctico: Xoán dorme e María le un libro) e as compos-

tas subordinadas (dúas ou máis oracións simples en diferen-

te nivel sintáctico: Xoán dorme porque está moi canso).

• As oracións coordinadas poden ser copulativas (Xoán dor-

me e María le un libro), disxuntivas (Quedas na casa ou vés co-

migo?), distributivas (Ora ri, ora chora) e adversativas (Chovía

moito pero xogamos igualmente o partido).

Funcionamento da lingua: ortografía• O acento diacrítico permite diferenciar na escrita palabras que

se escriben igual pero teñen unha pronuncia diferente: vogal

tónica (á, das aves) fronte a vogal átona (a, artigo); vogal

máis aberta (pé, do corpo), fronte a máis pechada (pe, letra).

Comunicación: lingua oral e escrita • A acta de reunión é un documento que recolle por escrito

o acontecido nunha reunión: asistentes, data e lugar en que

tivo lugar, temas tratados e acordos adoptados.

Lingua e sociedade• A lingua non é sexista de por si, mais nunha cultura impreg-

nada por prexuízos que menosprezan e marxinan a muller é

case inevitable que o uso que facemos dela si reflicta ese se-

xismo. Hai diversos recursos que convén coñecer e usar para

promover unha linguaxe non-sexista.

Literatura• A prosa galega medieval pode ser de ficción e de non-ficción.

• Prosa de ficción. Ciclo bretón (ou Materia de Bretaña): na-

rra as aventuras que corren o rei Artur e os cabaleiros da Mesa

Redonda. Ciclo clásico ou troiano: recrea historias dos deu-

ses do Olimpo, as viaxes de Ulises, a guerra de Troia...

• Prosa de non-ficción. Prosa histórica: narracións de acon-

tecementos históricos. Prosa haxiográfica: obras de tipo re-

lixioso (vida e milagres de santos, traducións da historia sagra-

da...). Prosa didáctica e xurídica: tratados sobre o coidado de

animais, regulamentos de gremios, testamentos, contratos...

1174. E ti de quen vés sendo?

SÍNTESE

URBE E CIDADE

A palabra latina urbs usábase naRoma clásica para denominar a cida-de fisicamente considerada, é dicir, o es-pazo e a estrutura física do conxuntodas edificacións. Esta voz deu lugar a unharaíz moi produtiva na nosa lingua: urbe, urbano,urbanidade, urbanismo, urbanizar, suburbio, su-burbano...

Para os romanos, urbs era diferente de civitas, que serefería non á cidade en si, senón ao conxunto da ci-dadanía libre, á cidade desde o punto de vista po-lítico. Civitas orixinou unha raíz menos produtivano galego: cidade, cidadán, cidadanía, cidadela.

Hoxe a voz galega cidade combina ambas asdúas acepcións anteriores (Antes el vivíana cidade de Londres. Eu son máis de cida-de ca de campo). En troques, a palabraurbe é sinónima de cidade física e úsa-se para designar grandes cidades (Pa-rís e Nova York son grandes urbes).

A NOSA LITERATURA ARTÚRICA

O mito do rei Artur parte dun acontecemento histórico cer-to: Artur (501-542) foi un rei bretón que gobernou nas te-

rras do sueste da Gran Bretaña. Nos séculos das invasiónsde anglos e saxóns nestes territorios, moitos bretónsfuxiron masivamente ás terras de Armórica (Bretaña fran-

cesa) e mesmo a Galicia, pero a maioría quedou loitan-do. Artur uniu os bretóns organizando unha resis-

tencia que impediu que, durante moitos anos, oseu país fose conquistado.

Á parte dos nosos textos medievais, moitosescritores galegos (Ramón Cabanillas, ÁlvaroCunqueiro, Ricardo Carballo Calero, Xosé Luís

Méndez Ferrín, Manuel Lourenzo, Darío XohánCabana...) gustaron de recrear o mito da ori-xe celta de Galicia e as historias do rei Artur

con toda a súa corte (Merlín, Xenebra, oscabaleiros da Mesa Redonda...). Iso pro-

vocou que, xa de antigo, na nosa tra-dición literaria se dese unha fértil «apro-

piación» da Materia de Bretaña.

SABÍAS QUE...?