3.-a actividade gandeira a) a estrutura gandeira 3.-a actividade gandeira a) a estrutura gandeira a...
TRANSCRIPT
3.-A actividade gandeira
a) A estrutura gandeira
A gandería tradicional baseábase na coexistencia de distintas especies gandeiras no mesmo ámbito, integradas por razas autóctonas con elevado grao de rusticidade e utilizaba técnicas atrasadas e sistemas extensivos baixos rendementos.
A gandería actual inclúe explotacións produtivistas que tenden á especialización, á tecnificación e á intensificación para lograr unha produción abundante, orientada á venda no mercado; e explotacións posprodutivistas que optan pola diversificación e a extensificación orientadas a lograr o benestar animal e á venda de produtos de calidade.
a.2) Aumenta progresivamente a tecnificación
- Emprego de muxidoiras mecánicas.
- Innovacións científicas no alimento do gando.
- Incremento no tamaño das explotacións e o nº de cabezas, aínda que en moitos casos seguen a ter un tamaño inadecuado.
- Elevou os rendementos
a.1) A gandería tende a especializarse na produción de carne ou leite.- Substituíronse as razas autóctonas por outras estranxeiras de maior rendemento.
- Recentemente, as subvencións permitiron unha certa recuperación desas razas autóctonas.
a.3) Progresivo aumento da gandería intensiva
- A gandería extensiva depende do medio físico e aliméntase a dente nos prados e pasteiros naturais da España húmida do norte peninsular e áreas de montaña ou nos pastos das zonas de devesa da Meseta occidental e nas restrebas da España seca. Xeralmente vai asociada a razas autóctonas e fai uso de técnicas tradicionais, aínda que nalgúns casos evolucionou cara a un réxime máis intensivo.
Na actualidade está a crecer a gandería ecolóxica ou pospro-dutivista, que pretende incrementar o benestar animal e fomentar o desenvolvemento rural, así como reducir os excedentes gandeiros. Esta gandería non emprega a estabulación permanente nin estimuladores de crecemento, senón que se alimenta con pastos naturais ou con forraxes ecolóxicos.
- A gandería intensiva ou industrial medrou desde a década dos 60 ao reducirse as áreas de pasto e incrementarse a demanda de produtos gandeiros. Está desvinculada do medio físico, ao atoparse estabulada en granxas e alimentarse total ou parcialmente de pensos (dos que ten unha gran dependencia). Localízase nas proximidades dos núcleos urbanos e no NE e litoral mediterráneo, especialmente no caso do gando porcino e avícola. Emprega técnicas modernas, razas estranxeiras seleccionadas…
A produción gandeira aumentou a súa participación na produción final agraria, ata situarse arredor do 35-40%. - As Comunidade que superan claramente esa porcentaxe son Galicia, Asturias, Cantabria Cataluña e Aragón.
b) A produción gandeira
- As causas dese incremento desde 1960 son a mecanización do campo, que liberou tempo para outras actividades; a conservación do solo mediante o cultivo de forraxes e a mellora do nivel de vida e o aumento do consumo de carne, leite e ovos...
Gandería BOVINA
Que son? ● Destinada sobre todo á produción de carne e leite
Área produtora?
● Aptitude cárnica:- en réxime extensivo: no norte peninsular, áreas de montaña e devesas occidentais.- en réxime intensivo, para a ceba de terneiros: cerca dos núcleos urbanos e nas zonas produtoras de forraxes, como Castela-León, Aragón e Cataluña.
● Aptitude leiteira:- en réxime extensivo ou mixto, no norte peninsular, sobre pastos naturais, ou en grandes explotacións de Andalucía, aproveitando as forraxes dos regadío.- en réxime intensivo: no contorno das grandes cidades.
Produción? ● A produción de carne sofre a competencia de carnes máis baratas.● A produción de leite sufriu problemas de sobreprodución, polo que a PAC fixou cotas, que levaron ao abandono da produción ou á reconversión cara á produción de bovino de carne. Desde 2015 suprimíronse ditas cotas.
Gandería OVINA
Que son? ● Destinada sobre todo á produción de carne e leite, secundariamente á obtención de lá ou coiro.
Área produtora?
● O réxime extensivo é predominante, diferenciándose entre a transhumancia (desprazamento estacional do gando entre os pastos de inverno e verán, en decadencia) e o pasto do gando en barbeitos ou restrebas do interior peninsular e nas zonas de montaña. O ovino en ambas Castelas, Estremadura, Andalucía e Aragón e o caprino en Andalucía, Castela A-Mancha, Murcia e Estremadura.● O réxime intensivo para a ceba ou obtención de leite é pouco significativo, pero está en aumento.
Produción? ● É importante sobre todo a produción de leite (fai uso de razas estranxeiras), debido á demanda para a elaboración de queixos.● A PAC subvenciona o réxime extensivo e as razas autóctonas, para evitar a súa desaparición.
Gandería PORCINA
Que son? ● Destinada:- consumo en fresco.- chacinería e elaboración de embutidos.
Área produtora?
● O réxime extensivo, de razas autóctonas de gran calidade, como é o porco ibérico, localízase nas devesas de Estremadura, Zamora, Salamanca e Andalucía.● O réxime intensivo predomina en Cataluña, Galiciae Murcia, soe haber colaboración entre as empresas que proporcionan os leitóns e os pensos e os gandeiros que achegan as cortes e o traballo.
Produción? ● Medrou debido ao aumento da demanda (segundo produtor da UE en carne de porco), pero atópase con problemas debido ás fluctuacións dos prezos e ás esixencias en benestar animal, que provocaron o peche de explotacións ou a reconversión ao porcino ibérico.
Gandería AVÍCOLA
Que son? ● Destinada á produción de carne e huevos.
Área produtora?
● A avícola de posta intensiva concéntrase en grandes explotacións no contorno dos centros de consumo, mentres que a avícola de posta extensiva ou campeira, está integrada por explotacións pequenas.
● A avícola de carne intensiva céntrase en Cataluña, C. Valenciana, Andalucía e Galicia. O réxime extensivo en galiñeiros ao aire libre é aínda reducido.
Produción? ● A pesar de ser o segundo produtor de carne de polo da UE, a produción é menor que a demanda, polo que é necesario importar.● A produción de ovos permite exportar, pero reduiuse polo peche de explotacións ante a normativa de benestar animal.
► O terreo forestal ocupa en España preto de 19 millóns de hectáreas, das que o 45% son madeirables.► As especies principais son as frondosas (faia, carballo, castaño, chopo e eucalipto) e as coníferas (distinats variedades de piñeiros).► O destino principal á serradura da madeira para o uso nas ind. da construción e do moble, e a trituración para taboleiros e a elaboración de pasta de papel. Secundariamente, explótasese a resina para fabricar disolventes e a cortiza para a realización de tapóns e illantes. Máis recentemente foméntase outros aproveitamentos forestais, como a produción de biomasa, os cogomelos e fungos.
4.-A actividade forestal
► As áreas produtoras son Galicia e Asturias. Destacan en coníferas as provincias de Segovia e Soria (pinos); e en frondosas, León (chopo), e Cantabria e Huelva (eucalipto).► A produción de madeira aumentou pola expansión de especies de crecemento rápido, pero é insuficiente, polo que é necesario importar case o 25% da madeira consumida procedente de zonas frías e tropicias.► A produción de resina e cortiza son excedentarias, sendo España o segundo produtor mundial, pero na actualidade sofren a competencia de substitutos sintético.
►A PAC e o Plan Español Forestal fomentan as repoboacións e a silvicultura* , co obxectivo de incrementar a produción de madeira e fomentar outros usos do bosque, como os recreativos e os medioambientais, especialmente a protección do solo e a absorción de CO₂.