21 de marzo, día da poesía - wordpress.com€¦ · bota a deitar leopardos e faise espello nos...

14
21 DE MARZO, DÍA DA POESÍA Entre o día da poesía ( 21 de marzo) e o día en que se conmemora o 80 aniversario do fin da guerra que sufriu o Estado Español entre 1936 e 1939 (1 de abril) só hai un intervalo de 10 días. Tendo en conta esta circunstancia, ao equipo de biblioteca do noso IES pareceulle oportuno unir as dúas efemérides mediante unha homenaxe aos poetas que foron asasinados, morreron ou sufriron o exilio a consecuencia do golpe de estado perpetrado polos militares en xullo de 1936. BIBLIOTECA IES LOSADA DIÉGUEZ

Upload: others

Post on 19-Jul-2020

5 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: 21 de marzo, Día da Poesía - WordPress.com€¦ · bota a deitar leopardos e faise espello nos teitos pra que se miren os gatos. Proxeneta, baquiana, disponlles a modo o leito e,

21 DE MARZO, DÍA DA POESÍA

Entre o día da poesía ( 21 de marzo) e o día en que se conmemora o 80 aniversario do fin da guerra que sufriu o Estado Español entre 1936 e 1939 (1 de abril) só hai un intervalo de 10 días. Tendo en conta esta circunstancia, ao equipo de biblioteca do noso IES pareceulle oportuno unir as dúas efemérides mediante unha homenaxe aos poetas que foron asasinados, morreron ou sufriron o exilio a consecuencia do golpe de estado perpetrado polos militares en xullo de 1936.

BIBLIOTECA IES LOSADA DIÉGUEZ

Page 2: 21 de marzo, Día da Poesía - WordPress.com€¦ · bota a deitar leopardos e faise espello nos teitos pra que se miren os gatos. Proxeneta, baquiana, disponlles a modo o leito e,

RAMÓN OTERO PEDRAYO A Lúa, na carballeira ,

bota a deitar leopardos

e faise espello nos teitos

pra que se miren os gatos.

Proxeneta, baquiana,

disponlles a modo o leito

e, limpándose as fazulas,

chosca um ollo por adentro.

E no retórico mentir

o mentir dos poetas:

nunca na vida a lúa

vomitou unha estrela.

Nemigas dende a orixe,

a lúa, boca famenta,

anda tola a perseguilas

e polo medo escorréntaas

No verán de 1937, durante a guerra, foi deposto da

súa cátedra e salvou a vida grazas ás boas relacións

que mantiña coa cúpula da igrexa ourensá.

En novembro de 1948, xa con 60 anos, foi reposto na

docencia no instituto de Ourense, e en abril

de 1950 acadou a cátedra de Xeografía na

Universidade de Santiago

Page 3: 21 de marzo, Día da Poesía - WordPress.com€¦ · bota a deitar leopardos e faise espello nos teitos pra que se miren os gatos. Proxeneta, baquiana, disponlles a modo o leito e,

CELSO EMILIO FERREIRO

Nado en Celanova o 4 de xaneiro de 1912 e finado en Vigo o 31 de agosto de 1979. No 1937 é detido por facer un comentario político. Péchano nunha cela do mosteiro da súa vila natal, toda de pedra, durante tres días. A mediación de parentes e amigos evita a súa execución. Este suceso inspiraría, 25 anos despois, a súa obra .

Page 4: 21 de marzo, Día da Poesía - WordPress.com€¦ · bota a deitar leopardos e faise espello nos teitos pra que se miren os gatos. Proxeneta, baquiana, disponlles a modo o leito e,

ROMANCE DE CEGO EN MEMORIA DE FEDERICO GARCÍA LORCA

Longo túnel de silencio atravesou a cidá. Granada pediu a ialba, pro a ialba nunca virá. Murallas de pedra e sombra coutaron a libertá. O pobo reclama a ialba, pro a ialba nunca virá. Sangue de estrada e cuneta, pro a ialba nunca virá. Berros de anguria e carraxe, pro a ialba nunca virá. ¿A ialba nunca virá? Meu Federico García capitán de poesía morto de noite en Viznar, dime que ialba virá, dime …..que ……..vira.

O dazanove de agosto chegou a morte a Viznar. Entróu vestida de ialba, pro a ialba nunca virá. A noite envolta en farrapos comenzou a disparar relampos diante da ialba, pro a ialba nunca virá. Levaron a Federico camiño do máis alá. Os galos ventan a ialba, pro a ialba nunca virá. Cerrollos de aceiro frío brilaron na escuridá. Mentiron luces de ialba, pro a ialba nunca virá.

Page 5: 21 de marzo, Día da Poesía - WordPress.com€¦ · bota a deitar leopardos e faise espello nos teitos pra que se miren os gatos. Proxeneta, baquiana, disponlles a modo o leito e,

O teito é de pedra.

De pedra son os muros

i as tebras.

De pedra o chan

i as reixas.

As portas,

as cadeas,

o aire,

as fenestras,

as olladas,

son de pedra.

Os corazós dos homes

que ao lonxe espreitan,

feitos están

tamén

de pedra.

I eu, morrendo

nesta longa noite

de pedra.

Hei de chorar sen bágoas duro pranto

polas pombas de luz aferrolladas,

polo esprito vencido baixo a noite

da libertá prostituída.

As espadas penduran silandeiras

coma unha chuvia fría diante os ollos

e teño que chorar na sombra fuxidía

diste pútrido vento

que arromba a lealtá e pon cadeas

no corazón dos homes xenerosos.

Pois que somente os ollos me deixaron

para chorar por iles longos ríos,

hei navegar periplos, descubertas

por tempos que han de vir cheos de escumas,

por onde o día nasce,

alí onde xermola o mundo novo.

Pois que o que chora vive, iremos indo;

indo, chorando, andando,

salvaxe voz que ha de trocarse en ira,

en coitelo de berros e alboradas

para rubir ao cumio das aldraxes.

E pois que cada tempo ten seu tempo,

iste é o tempo de chorar

Page 6: 21 de marzo, Día da Poesía - WordPress.com€¦ · bota a deitar leopardos e faise espello nos teitos pra que se miren os gatos. Proxeneta, baquiana, disponlles a modo o leito e,

LUÍS SEOANE

Nado en Bos Aires o 1 de xuño de 1910 e finado na Coruña o 5 de abril de 1979, foi editor, escritor, xornalista, gravador e pintor. Exiliouse en Arxentina. Regresou a Galicia en 1960

Page 7: 21 de marzo, Día da Poesía - WordPress.com€¦ · bota a deitar leopardos e faise espello nos teitos pra que se miren os gatos. Proxeneta, baquiana, disponlles a modo o leito e,

AS RATAS Na Galiza, ise vello pobo,

carballo carcomido de raios e bestigos,

loita, dende fai séculos,

o home cas ratas.

Coma nos castelos abandoados,

onde xa caíron traves e brasós,

escóitanse queixumes de gonzos ferruxentos.

Dende fai séculos loitan en Galiza

os homes cas ratas.

Vencendo sempre as ratas.

Ate que toda ela fique,

coma ises castelos roiñentos

e os mosteiros sin altares

nin lembranzas de ritos,

sendo soio rondada de morcegos

e pantasmas.

Coberta de edra, de Iabel.

Morándoa soio as ratas.

Somente as ratas

Page 8: 21 de marzo, Día da Poesía - WordPress.com€¦ · bota a deitar leopardos e faise espello nos teitos pra que se miren os gatos. Proxeneta, baquiana, disponlles a modo o leito e,

LORENZO VARELA

Nado na Habana, Cuba, o 10 de agosto de 1916 e finado en Madrid o 25 de novembro de 1978, foi un combatente republicano, escritor e poeta que viviu a meirande parte da súa vida no exilio.Trala Guerra civil española exíliase a Francia, a onde pasa en febreiro de 1939. Alí intérnano no campo de concentración de Saint Cyprien. De Francia vai a América e alí vive en varios países ( México, Arxentina, Uruguay...)

Page 9: 21 de marzo, Día da Poesía - WordPress.com€¦ · bota a deitar leopardos e faise espello nos teitos pra que se miren os gatos. Proxeneta, baquiana, disponlles a modo o leito e,

POEMA A MANUELA SÁNCHEZ

Pomba, ponla, mai, señora,

guía, vara, mai de nós:

Hoxe non quero saber como te chamas

nin perguntar qué foi da túa mocidade.

Hoxe non quero máis que te lembrar de novo

no cume mais antergo das mámoas proteitoras,

ergueita, xurdia, forte, lanzal coma ninguén.

E fose coma fose, ti chamaraste ponla,

a mais verde do verde carballo que se vira.

Aguia mortal na guerra, na paz señora pomba,

mai e guía de nós, da nosa vida enteira.

Ti chamaraste ponla, ti chamaraste a vara

mais outa do pombal.

Non chegan a ti as balas dende que pomba és,

verde no zumo verde da figueira e da vide,

verde ponla,

pros labregos de Lugo e pros granxeiros

dos verdes cómaros do mundo.

Pomba branca e máis branca

pros brancos mariñeiros de Vigo sempre branco

ou pros dourados mariñeiros de Siam.

Pomba, ponla, mai, señora,

guía, vara, mai de nós.

Page 10: 21 de marzo, Día da Poesía - WordPress.com€¦ · bota a deitar leopardos e faise espello nos teitos pra que se miren os gatos. Proxeneta, baquiana, disponlles a modo o leito e,

COMPAÑEIROS DA MIÑA XERACIÓN MORTOS OU ASASINADOS

Tan doce era a xuntanza miña e vosa,

de todos nós co mundo!

Facíamos un feixe de campos e de estrelas,

e ó pisar ise chao que latexaba

sentíamos subir pola sangue o misterio.

O noso corpo era o camiño da maxia,

a escada pola que viña a lúa,

o zume de tódolos segredos,

a canzón da herba que resucitóu.

E o mismo verme era unha folla leda,

un mensaxeiro do sagrado alén.

Morréchedes, matáronvos, deixáronme.

Quedei eiquí, lonxe das vosas sombras.

E gardo, coma un morto,

no centro do silenzo, da sede, da agonía,

o día que vos poda levar á sepultura

unha cesta de pombas e mazás.

¡Tan doce era a xuntanza miña e vosa,

de todos nós co mundo!

Page 11: 21 de marzo, Día da Poesía - WordPress.com€¦ · bota a deitar leopardos e faise espello nos teitos pra que se miren os gatos. Proxeneta, baquiana, disponlles a modo o leito e,

FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN

Nado en Vilamartín de Valdeorras o 27

de agosto de 1903 e finado en

California o 14 de maio de 1987. Viviu

a maior parte da súa vida exiliado en

México.

COUSAS DE VALDEORRAS (NO VERÁN)

As vidras,

ledas mozas churrusqueiras

maquilladas de sulfato,

sorrinlle ao vento coquetas.

O vento,

baril mociño das festas,

mercou, na tenda do souto,

seu perfume de candeas.

A fonte,

que chouta por entre as penas,

vén, coa súa cara lavada,

a ensaiar a muiñeira.

...........................

Page 12: 21 de marzo, Día da Poesía - WordPress.com€¦ · bota a deitar leopardos e faise espello nos teitos pra que se miren os gatos. Proxeneta, baquiana, disponlles a modo o leito e,

ERNESTO GUERRA DA CAL

Nado en Ferrol o 19 de decembro de 1911 e

finado en Lisboa o 28 de xullo de 1994. Cando

comezou a Guerra Ernesto foi combater do

lado republicano formando parte das Milicias

Galegas. En 1939 exiliouse en EEUU

A Galiza

é para mim

um mito pessoal

maternal e nutrício

com longa teimosia elaborado

de louco amor filial

de degredado

(E de facto é também

—porquê não confessá-lo—

um execrável vício

Sublimado)

A Galiza

foi sempre para mim

um refúgio mental

um jardim de lembranças

sossegadoum ninho de frouxel acolhedor

para onde fugir

do duro batalhar e do estridor

da Vida

e do acre ressaibo do Pecado .....

.........................................

Guerra da Cal con Lorca en Madrid en 1934

Page 13: 21 de marzo, Día da Poesía - WordPress.com€¦ · bota a deitar leopardos e faise espello nos teitos pra que se miren os gatos. Proxeneta, baquiana, disponlles a modo o leito e,

RICARDO CARVALHO CALERO

F…

020

Nado en Ferrol o 30 de outubro de 1910 e finado en Santiago de Compostela o 25 de marzo de 1990 Participou na guerra no bando republicano. Caeu preso no fin da guerra e foi condenado a 12 anos de prisión. En 1941 saíu en liberdade, pero imposibilitado para exercer de funcionario público.

Page 14: 21 de marzo, Día da Poesía - WordPress.com€¦ · bota a deitar leopardos e faise espello nos teitos pra que se miren os gatos. Proxeneta, baquiana, disponlles a modo o leito e,

CRUZANDO A RÍA

Cruzando a ria pola ponte das Pias, se os obreiros de Astano nom cortarom o tráfico, entrarei em Ferrol, a minha terra. Se o cortarom, daquela, hei tomar o caminho antergo, e passar por Narom, pé do mosteiro de Sam Martinho, polos eidos de Esquio. De um jeito ou outro, hei de entrar no meu povo, para ver se tropeço nunha rua qualquer de Ferrol Velho - será a de Sam Francisco, a do Socorro?- com o neno que fum e que foi outro; aquel que fum e que nom fum entom, quando eu nom era o velho que hoje som