2016 - acta pleno 9-2-16 · a continuación, tal e como se acordou na comisión informativa, a sra....

35
ACTA DA SESIÓN ORDINARIA CELEBRADA POLO CONCELLO PLENO O DÍA 9 DE FEBREIRO DE 2016 ASISTEN: Preside a Alcaldesa Don MARIA RAMALLO VÁZQUEZ (PP) Concelleiros/as asistentes Don MANUEL SANTOS COSTA (PP) Dona Mª ANTONIA SANMARTIN GARCIA (PP) Dona MARÍA JOSÉ DE PAZO ALLARIZ (PP) Don FRANCISCO JOSE ESTÉVEZ SALAZAR (PP) D. ANTONIO TRABA MIÑONES (PP) D. PABLO NOVAS CABALLERO (PP) Dona CRISTINA ACUÑA GONZÁLEZ (PP) Dona BEATRIZ RODRÍGUEZ GÓMEZ (PP) Don BENITO TOURIÑO TOURIÑO (PP) D. JOSE CIDRÁS ROSALES (PP) Dona LUZ SANTIAGO SUÁREZ (PSdeG-PSOE) Don IVÁN PASTORIZA PAZOS(PSdeG-PSOE) Don CONSTANTE J. MURADAS RAMOS(PSdeG-PSOE) Dona M. PILAR BLANCO LÓPEZ (BNG) Dona LUCIA SANTOS OMIL (BNG) Don ALFONSO FERNÁNDEZ POSE (BNG) Dona SANDRA PESQUEIRA PÉREZ (MAREA VECIÑAL DE MARIN-SON) Don AARÓN FRANCO OUTÓN (MAREA VECIÑAL DE MARIN-SON) Don JOSÉ MANUEL GONZÁLEZ DOPAZO (MAREA VECIÑAL DE MARIN-SON) CONCELLEIRA AUSENTE: Dona Mª DOLORES GONZÁLEZ RECAMÁN(PSdeG-PSOE) Na Casa do Concello de Marín, sendo as vinte horas do día 9 de febreiro de 2016, baixo a presidencia da Sra. Alcaldesa, dona María Ramallo Vázquez, coa presenza dos corporativos que se máis arriba se sinalan, en primeira convocatoria, celebrouse sesión ordinaria do Concello Pleno. Da fe do acto a Sra. Secretaria, dona Paula Costas Romero A) PARTE DISPOSITIVA 1.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DO BORRADOR DA ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA CELEBRADA O 11 DE XANEIRO DE 2016 E DA ACTA DA SESIÓN ORDINARIA CELEBRADA O 13 DE XANEIRO DE 2016. * Sometido a votación o borrador da acta da sesión extraordinaria celebrada o 11 de xaneiro de 2016 e o da acta da sesión ordinaria celebrada o 13 de xaneiro de 2016, e non habendo observacións ás mesmas, son aprobadas por unanimidade dos/as 20 concelleiros/as presentes, dos 21 que compoñen a Corporación, sen modificación algunha. 2.- DITAME DA COMISIÓN INFORMATIVA DE MEDIO AMBIENTE E BENESTAR SOCIAL EN RELACIÓN COA MOCIÓN CONXUNTA DOS GRUPOS POLÍTICOS MUNICIPAIS SOBRE A PROPOSTA DO CONSELLO MUNICIPAL DA MULLER PARA O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA (EXPTE.: 43/16). A Sra. secretaria da lectura ao ditame favorable da Comisión Informativa de Medio Ambiente e Benestar Social, celebrada o 3 de febreiro de 2016, en relación co asunto que se sinala no epígrafe.

Upload: others

Post on 23-Feb-2020

0 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: 2016 - ACTA PLENO 9-2-16 · A continuación, tal e como se acordou na Comisión Informativa, a Sra. Sanmartín García, Sra. Santiago Suárez, Sra. Blanco López e Pesqueira Pérez,

ACTA DA SESIÓN ORDINARIA CELEBRADAPOLO CONCELLO PLENO O DÍA 9 DE FEBREIRO DE 2016

ASISTEN: Preside a AlcaldesaDon MARIA RAMALLO VÁZQUEZ (PP)Concelleiros/as asistentesDon MANUEL SANTOS COSTA (PP)Dona Mª ANTONIA SANMARTIN GARCIA (PP)Dona MARÍA JOSÉ DE PAZO ALLARIZ (PP)Don FRANCISCO JOSE ESTÉVEZ SALAZAR (PP)D. ANTONIO TRABA MIÑONES (PP)D. PABLO NOVAS CABALLERO (PP)Dona CRISTINA ACUÑA GONZÁLEZ (PP)Dona BEATRIZ RODRÍGUEZ GÓMEZ (PP)Don BENITO TOURIÑO TOURIÑO (PP)D. JOSE CIDRÁS ROSALES (PP)Dona LUZ SANTIAGO SUÁREZ (PSdeG-PSOE)Don IVÁN PASTORIZA PAZOS(PSdeG-PSOE)Don CONSTANTE J. MURADAS RAMOS(PSdeG-PSOE)Dona M. PILAR BLANCO LÓPEZ (BNG)Dona LUCIA SANTOS OMIL (BNG)Don ALFONSO FERNÁNDEZ POSE (BNG)Dona SANDRA PESQUEIRA PÉREZ (MAREA VECIÑAL DE MARIN-SON)Don AARÓN FRANCO OUTÓN (MAREA VECIÑAL DE MARIN-SON)Don JOSÉ MANUEL GONZÁLEZ DOPAZO (MAREA VECIÑAL DE MARIN-SON)CONCELLEIRA AUSENTE:Dona Mª DOLORES GONZÁLEZ RECAMÁN(PSdeG-PSOE)

Na Casa do Concello de Marín, sendo as vinte horas do día 9 de febreiro de 2016, baixo a presidencia da Sra. Alcaldesa, dona María Ramallo Vázquez, coa presenza dos corporativos que se máis arriba se sinalan, en primeira convocatoria, celebrouse sesión ordinaria do Concello Pleno.

Da fe do acto a Sra. Secretaria, dona Paula Costas Romero

A) PARTE DISPOSITIVA1.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DO BORRADOR DA ACTA DA SESIÓN

EXTRAORDINARIA CELEBRADA O 11 DE XANEIRO DE 2016 E DA ACTA DA SESIÓN ORDINARIA CELEBRADA O 13 DE XANEIRO DE 2016.

* Sometido a votación o borrador da acta da sesión extraordinaria celebrada o 11 de xaneiro de 2016 e o da acta da sesión ordinaria celebrada o 13 de xaneiro de 2016, e non habendo observacións ás mesmas, son aprobadas por unanimidade dos/as 20 concelleiros/as presentes, dos 21 que compoñen a Corporación, sen modificación algunha.

2.- DITAME DA COMISIÓN INFORMATIVA DE MEDIO AMBIENTE E BENESTAR SOCIAL EN RELACIÓN COA MOCIÓN CONXUNTA DOS GRUPOS POLÍTICOS MUNICIPAIS SOBRE A PROPOSTA DO CONSELLO MUNICIPAL DA MULLER PARA O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA (EXPTE.: 43/16).

A Sra. secretaria da lectura ao ditame favorable da Comisión Informativa de Medio Ambiente e Benestar Social, celebrada o 3 de febreiro de 2016, en relación co asunto que se sinala no epígrafe.

Page 2: 2016 - ACTA PLENO 9-2-16 · A continuación, tal e como se acordou na Comisión Informativa, a Sra. Sanmartín García, Sra. Santiago Suárez, Sra. Blanco López e Pesqueira Pérez,

A continuación, tal e como se acordou na Comisión Informativa, a Sra. Sanmartín García, Sra. Santiago Suárez, Sra. Blanco López e Pesqueira Pérez, concelleiras, respectivamente, do grupo municipal do PP, PSdeG-PSOE, BNG-AA e MAREA VECIÑAL DE MARÍN-SON, dan lectura ao manifesto que se vai ler o 8 de marzo, “Día Internacional da Muller”, do seguinte tenor literal:

“ A conmemoración do “Día Internacional da Muller” é unha homenaxe ás traballadoras que morreron asasinadas mentres reivindicaban salarios dignos e o remate dunhas condicións laborais inhumanas. Os feitos sucederon nunha empresa téxtil de Nova York, ao abeiro do 8 de marzo de 1857. Ese mesmo día, en 1908, 15.000 mulleres manifestáronse en Nova York esixindo a redución da xornada laboral, a mellora dos salarios, o dereito ao voto e a prohibición do emprego de mano de obra infantil. O lema adoptado foi “Pan e Rosas”. O pan simbolizaba o desexo dunhas condicións laborais aceptables de as rosas, o desexo de crear unha sociedade máis xusta e igualitaria.

A 8 de marzo de 2016, as mulleres seguimos reivindicando a igualdade de oportunidades no espazo público e privado, é dicir, a nosa participación en igualdade de condicións que o home no traballo produtivo, na vida política e social e a corresponsabilidade dos homes no espazo doméstico, ocupado maioritariamente por mulleres.

Segundo un estudo publicado polo Observatorio das Ocupacións do Servizo de Emprego Estatal, sobre a evolución da actividade laboral nos últimos dez anos das mulleres, a crise económica sufrida dende o ano 2007 tivo como consecuencia o incremento de mulleres paradas e o descenso de mulleres empregadas, pola perda do seu traballo. Entre a poboación feminina maior de 16 anos, o 53,90% constitúen a poboación activa, o 46,10% restante conforma a poboación inactiva que é máis numerosa que entre os homes, en calquera tramo de idade que se considere.

Datos de decembro de 2015, do Instituto Galego das Cualificacións desagregados por sexo, referidos a Marín, nos amosan que o total de paro feminino rexistrado foi de 1.209 mulleres fronte a 1.007 homes. A franxa de idade de 35 a 39 anos é a que presenta unha maior dificultade de inserción, cunha porcentaxe de paro do 16,46%.

A partires do ano 2014, esta situación amosou melloras co descenso da taxa de paro e o incremento do emprego e a actividade, aínda que se mantén a precariedade laboral e dos contratos realizados no ano 2015 e o 40% foron a tempo parcial. Os valores rexistrados nas mulleres continúan sendo peores que os dos homes, a pesares de que hai máis mulleres con estudos superiores e mellor preparadas que homes.

En relación á muller que desenvolve unha actividade laboral na actualidade, é necesario sinalar que ten que enfrontarse aínda a moitas dificultades, ao equilibrio entre a vida persoal, familiar e a profesional, á brecha de salarios entre os xéneros, ao acceso igualitario ás oportunidades laborais, ao impacto de maternidade na súa carreira profesional e ao coidado de persoas dependentes, e por desgraza, en ocasións, ao acoso ou desprezo no seu lugar de traballo por razón de sexo.

Aínda queda moito camiño por andar, as desigualdades seguen sendo unha realidade a nivel mundial, unha parte de nosa sociedade continúa sendo invisible, cuestión como a pobreza feminina, a perda de dereitos sociais e laborais como consecuencia da crise económica, o acceso limitando a educación para as nenas en moitos países, son algúns dos graves problemas aos que temos que atopar solución, avanzando cara a unha sociedade máis igualitaria e xusta, onde homes e mulleres teñan as mesmas oportunidades”.

Seguidamente a Sra. Sanmartín García manifesta o seu agradecemento a todas as persoas que forma parte do Consello Municipal da Muller, que traballan en prol da igualdade, así como a boa disposición de todos os grupos políticos municipais, que sempre se unen para apoiar as iniciativas en prol das mulleres.

A Sra. Pesqueira Pérez indica que Marea Veciñal de Marín quere expresar o apoio a esta moción presentada polas compoñentes do Consello Municipal da Muller, así como a todos os actos nos que se reivindique o dereito das mulleres a termos unha vida digna. Hai un “mantra” asumido e mesmo propagado pola “dereita” que é que “as feministas loitamos por acadarmos os mesmos dereitos que os homes sen cuestionar nada o sistema que fai que existan estas desigualdades”. Como vai a ser o noso obxectivo, o das mulleres traballadoras, conseguir plenamente o mesmo dereito a ter un traballo precario que un home, ese será o pseudo

Page 3: 2016 - ACTA PLENO 9-2-16 · A continuación, tal e como se acordou na Comisión Informativa, a Sra. Sanmartín García, Sra. Santiago Suárez, Sra. Blanco López e Pesqueira Pérez,

feminismo de carácter burgués que propoñen algúns partidos e por iso agasallan paraugas, panos, bolsas da compra, os 8 de marzo, ou os 25 de novembro. Reducen unha data de reivindicación a un simple acto folclórico, no que conseguir unha foto, mentres nos rouban os dereitos sociais, laborais e políticos a toda a clase traballadora, a homes e mulleres. As mulleres galegas –parafraseando a Angela Davis, unha coñecida loitadora polos dereitos civís e feministas estadounidense- súfremos a triple condición de sermos mulleres galegas e da clase traballadora, pois o sistema ten reservada para os xéneros, territorios e clases, distintos roles para que funcione a súa engrenaxe, por se isto fose pouco, e coa escusa da crise, tanto o PP, como o partido Socialista no goberno, laminaron, aínda máis os nosos dereitos, primeiro uns e despois outros, levaron a cabo unha reforma laboral con nocturnidade e alevosía, reformaron o artigo 135 da Constitución dando prioridade ao pagamento da débeda que ninguén audita. Como consecuencia disto ¿que temos as mulleres?, máis desemprego, máis precariedade e máis emigración. Non hai tal recuperación económica, polo menos non para a clase traballadora e menos para as mulleres. En Marín, e segundo os datos do Instituto Galego de Cualificacións, tal e como acabamos de ler, e expoñen as redactoras desta moción, temos 1.209 desempregadas, é un 40% de contrato temporal a tempo parcial dentro de Galiza, os recortes nos servizos públicos, en especial os da Sanidade e Dependencia, convértenos á forza a moitas mulleres, sobre todo a aquelas con menos recursos, en coidadoras sen salario, man de obra barata que o sistema non contabiliza nin recoñece, pero coa cal se aforra centos de millóns, é o rol asignado para nós polo sistema, incubadoras, coidadores e amas de casa. Para mais inri, por moitas declaracións que se fagan en contra da lacra do terrorismo machista, se estas declaracións non van acompañadas de actos non serven para nada. Neste sentido a actuación do goberno do PP, no Estado e na Xunta, vai no sentido contrario ao de acabar coa violencia contra a muller, mentres cunha man fan que choran, coa outra recortan o orzamento destinado para parar a violencia de xénero un 27%, nos últimos 4 anos. Nin máis nin menos. Iso si, paraugas, broches, bolsas e fotos, todas as que queiran. Ante este panorama demoledor, nós dende a Asemblea Veciñal de Marín queremos sinalar directamente ao PP e as súas políticas como actores principais das desigualdades e da precarización da vida das mulleres. Volvemos a pedir, como xa fixemos, que dende este Concello se constitúa unha comisión específica en materia de igualdade, encargada de executar os acordos acadados neste Pleno e que achegue novas actuacións, así como unha partida económica para levalas a cabo. Sen máis, parabéns ao Consello Municipal da Muller polo seu traballo a prol dos dereitos de todas nós.

A Sra. alcaldesa sinala que se trata dunha moción conxunta de todos os grupos políticos municipais da Corporación de Marín sobre a proposta que fai o Consello Municipal da Muller, para o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, como se ten feito noutras ocasións, pero, ante estes ataques quere dicir, primeiro, que o PP non traballa en sentido contrario a acabar coa violencia de xénero, o que lle parece unha acusación gravísima. Engade que nin os seus compañeiros, nin ela, traballan en contra de non acabar coa violencia de xénero, e iso sería un dato terrible, se a Sra. Pesqueira Pérez, pensa iso deles. En segundo lugar, di que, no vai a referirse a falar da reforma da Constitución, pois excede do que lle corresponde ao Concello sobre este tema, e do que cre que debe ser o sentir dunha moción conxunta, pero neste Concello, dende fai moitos anos, non só esta Corporación, senón moitas Corporacións anteriores, veñen traballando en temas de violencia de xénero, no Centro de Información da Muller, na Comisión Municipal da Muller, na Mesa Contra a Violencia de Xénero, e fixeron moito, e seguen facendo moito, pero aínda lles queda a todos moito camiño por recorrer. Engade que de “ben nacidos é ser agradecidos”, e, aínda que lles queda moito por recorrer, dende o Concello de Marín tratan, entre todos, como se fixo sempre, de implicar a todo o mundo. Invita, dado que se non é do agrado da Sra. Pesqueira as actividades que se fan, que propoña outras iniciativas que se podan facer dende o Concello, porque ao igual, entre todos, enriquecémolas. Opina que, precisamente, este tema debe ser un tema para unir, e non para separar. Remata dicindo que agradece a implicación de todos os grupos para tratar que esta moción fose conxunta e de todos, dado que, ao final, é a única maneira de avanzar e non a de pór pedras e tirar trastos polo camiño.

A Sra. Pesqueira Pérez dille á Sra. alcaldesa que sinte que non lle guste o que escoita, pero os datos son os que son, e son demoledores, un 27% que o PP recorta en violencia de xénero, a parte do que recorta en dependencia. Recordarlle que o ano pasado morreron 1.000

Page 4: 2016 - ACTA PLENO 9-2-16 · A continuación, tal e como se acordou na Comisión Informativa, a Sra. Sanmartín García, Sra. Santiago Suárez, Sra. Blanco López e Pesqueira Pérez,

persoas que tiñan recoñecidos os dereitos á dependencia. Engade que non quere elevar isto ao terreo persoal, pero o que quere resaltar aquí, non é a moción, xa que está totalmente de acordo con ela, pero non pode deixar pasar, sen dicirlles que isto non pode ser un “paripé” e que ten que aplicarse unhas medidas económicas. O que pide, claramente, é que este Concello constitúa unha comisión específica en materia de igualdade para executar acordos. Di que están dispostas a traballar nese eido, e pídelle que tamén as deixen traballar. En canto o das fotos e os agasallos que fan, di que, parécelle moi ben querer visibilizar un problema, pero, evidentemente, non vai estar de acordo con que se regale un paraugas, o Día contra a violencia de xénero, cun anagrama dun “laciño”, mínimo, de cor violeta, e cunha lenda “25 N”, anana, mentres que en letras enormes pon “Concello de Marín”, xa que parece que o que se quere visibilizar é o Concello de Marín, e non o Día contra a violencia de xénero.

A Sra. alcaldesa dille que non vai a entrarlle nas acusacións, porque se trata, neste tema, de aportar. Engade que, agora, que se está nun momento de cambios, que se prometen moitas cousas, como que se van a acabar os recortes, se van a implementar un montón de medidas e se van a sacar un montón de cartos, oxalá que a quen lle toque gobernar sexa capaz. Respecto do que compete ao grupo de goberno, dille que crear unha comisión nova, específica, para o tema de igualdade, cando xa hai o Consello Municipal da Muller, onde se poden tratar todos eses temas, ademais da Comisión Informativa que ten competencias sobre ese tema e a Mesa contra a violencia de xénero, considera que xa hai órganos suficientes. Engade que, a veces, non por crear máis órganos trabállase mellor, o que hai que facer é utilizar os que xa se teñen, propoñer as cousas que se queren e tratar de facelo o mellor posible entre todos. Respecto a que os agasallos do Concello poñan “Concello de Marín”, parécelle que é o “paraugas” que nos cobiza a todos, porque son todos os que están aquí “Concello de Marín”, noutros sitios se personaliza doutra maneira, pero a marca “Concello de Marín” debería identificar a todos.

A Sra. Pesqueira Pérez convida a todos os presentes que observen o logo do “Concello de Marín”, como está posto e que se quere visibilizar nel.

* Seguidamente sométese a votación ordinaria o ditame da Comisión Informativa de Medio Ambiente e Benestar Social en relación coa moción conxunta dos grupos políticos municipais sobre a proposta do Consello Municipal da Muller para o Día Internacional da Muller Traballadora (Expte.: 43/16), que é aprobado por unanimidade dos 20 concelleiros/as presentes, dos 21 que integran a Corporación, adoptando, en consecuencia, o seguinte acordo que na súa parte dispositiva, literalmente, di:

1.- Mellorar as políticas activas de creación de emprego municipais, considerando a dimensión de xénero como clave para a consolidación dun modelo socioeconómico equitativo e democrático.

2.- Defender os dereitos acadados e apostar por un modelo de crecemento social e económico a través do fortalecemento de servizos públicos de atención á dependencia e coidado da infancia que faciliten a corresponsabilidade.

3.- Instar ás administracións competentes a mellorar a dotación orzamentaria dos programas de Igualdade e das políticas de conciliación da vida persoal, familiar e laboral para favorecer o acceso e permanencia das mulleres no mercado laboral.

4.- Aplicar a transversalidade e a perspectiva de xénero en cada unha das nosas actuacións para asegurar a presenza equilibrada das mulleres en todos os ámbitos.

3.- DITAME DA COMISIÓN INFORMATIVA DE URBANISMO, FACENDA E PERSOAL EN RELACIÓN COA APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O CONCELLO DE MARÍN E O CONSORCIO DA ZONA FRANCA DE VIGO PARA A IMPLANTACIÓN DUN ““VIVEIRO DE EMPRESAS”” NO TERMO MUNICIPAL DE MARÍN (EXPTE.:44/16).

A Sra. Blanco López formula unha cuestión de orde, no sentido de que na proposta de ditame que se trae a Pleno, no propio texto do convenio e nos informes, recóllese que o

Page 5: 2016 - ACTA PLENO 9-2-16 · A continuación, tal e como se acordou na Comisión Informativa, a Sra. Sanmartín García, Sra. Santiago Suárez, Sra. Blanco López e Pesqueira Pérez,

convenio de ocupación demanial, polo que cedeu ao Concello de Marín o uso do local sito na planta baixa do “Edificio de Servicios” do “Parque de Cantodarea” de cesión do local, foi modificado por acordo do Consello de Administración da Autoridade Portuaria. Consultado o expediente e preguntado en Secretaría, non tiveron acceso a esa modificación, e polo tanto, non sabe en que consiste. Por conseguinte, solicita que antes de pasar a debater este punto se informe por parte da Sra. secretaria en que consiste esa modificación, e en que afecta ao convenio de cesión de uso do local, así como a legalidade desa modificación posto que non se ratificou polo Pleno, mentres que o convenio si que necesitou da aprobación do Pleno, e como afecta ao convenio que se vai a aprobar, de non quedar claro eses aspectos, solicita que este tema quede enriba da mesa ata que se lles facilite un informe xurídico que lles aclare eses puntos.

A Sra. alcaldesa aclara que existe un convenio, aprobado en Pleno, asinado coa Autoridade Portuaria respecto á cesión do uso do único local ubicado na planta baixa do “Edificio de Servicios” do “Parque de Cantodarea”. Nese convenio había unha data, pero, ao igual que en todos os convenios de cesión de espazos portuarios, se entende prorrogado, tacitamente, unha vez que finaliza a súa vixencia, por períodos consecutivos de tres anos, se non media denuncia por ningunha das parte. Referente a este tema, a Zona Franca solicita, á Autoridade Portuaria, que fixe unha data maior para poder realizar ese investimento, que é o convenio que hoxe nos afecta. Indica que o único que van a aprobar hoxe é a posta a disposición temporal do local para que a Zona Franca poida licitar as obras, financialas e volverlle a entregarlle ao Concello o local, unha vez que estea convertido en “viveiro de empresas”. Opina que o acto que se vai a adoptar hoxe está perfectamente recollido no texto do convenio da Zona Franca e non compromete absolutamente nada ao Concello. Engade que, como adoita ocurrir na maioría dos convenios, dando vence o seu periodo de vixencia, quedan prorrofadas tacitamente ca que a súa terminación non soe mediar denuncia das partes signatariaso igual que nese convenio como en outros, unha vez que a vixencia deses convenios, como pasa na maioría deles, vence, non se soen denunciar por ningunha das partes e se consideran tacitamente prorrogado por tres anos consecutivos.

A Sra. Blanco López dille á Sra. alcaldesa que o que acaba de dicir é a súa opinión, e que o que pediu foi que informase a Sra. secretaria.

A Sra. alcaldesa respóndelle que os antecedentes xa están perfectamente recollidos no informe da Sra. secretaria, polo tanto, vaise pasar a debater sobre o fondo da cuestión e despois, se quere, se vota que este asunto quede sobre a mesa.

A continuación a Sra. secretaria da lectura ao ditame favorable da Comisión Informativa de Urbanismo, Facenda e Persoal, celebrada o 2 de febreiro de 2016, en relación co asunto que se sinala no epígrafe.

O Sr. Santos Costa expón que o Pleno do Concello de Marín, de 11 de xullo de 2014, acordou aprobar a sinatura do convenio coa Autoridade Portuaria para a cesión do local denominado “Edificio de Servizos”, sito no “parque de Cantodarea”, co obxectivo de destinalo a un “local de emprendemento” ou ““viveiro de empresas””. Neste momento, e tras as xestións realizadas polo equipo de goberno, proponse aprobar este convenio de colaboración entre o Concello de Marín e o Consorcio da Zona Franca de Vigo, para a execución das obras de acondicionamento necesarias para a implantación dun “viveiro de empresas” en dito local. Con estas obras de acondicionamento preténdese dinamizar o entorno para impulsar o emprendemento e fortalecer o tecido empresarial existente e favorecer, tamén, a creación de postos de traballos. Se pretende tamén, pola forte vinculación que Marín ten co mar, incluír un espazo para poder levar a cabo demostracións de aproveitamento dos distintos produtos do mar. A opción deste acordo ven incluída nun dos puntos aprobados por unanimidade dos membros do Pleno, tras a presentación dunha moción do BNG que derivou na aprobación do Plan de emprego municipal 2014 - 2015, e nun dos puntos de acordo de dita moción era, en concreto, a colaboración e apoio con todas as iniciativas privadas e públicas para a creación de “espazos de

Page 6: 2016 - ACTA PLENO 9-2-16 · A continuación, tal e como se acordou na Comisión Informativa, a Sra. Sanmartín García, Sra. Santiago Suárez, Sra. Blanco López e Pesqueira Pérez,

emprendedores” ou “viveiros de empresas” no municipio de Marín, polo tanto, solicita o apoio de todos os grupos da Corporación para poder asinar este convenio e poder acondicionar ese local para destinalo a “un espazo de emprendemento”.

A Sra. Santiago Suárez manifesta que o grupo Socialista se vai a abster neste tema, sobre todo, polo primeiro punto que di “resolver, coa xustificación anteriormente exposta e os antecedentes relacionados, as discrepancias expostas no informe de Intervención”, xa que o informe de Secretaría di que necesita un informe de Intervención, e o Sr. interventor acaba formulando un reparo suspensivo da tramitación do expediente, por motivos que, pensa, se puideron subsanar sen ningún problema. Aclara que está de acordo co contido deste convenio de colaboración entre o Consorcio da Zona Franca e Marín para a implantación do ““viveiro de empresas”” no “parque azul”, e, de feito, recolleuse no Plan de emprego municipal e estaban todos de acordo. Comenta que agora o Sr. Santos aludiu ao Plan de emprego, que ven do mandato anterior, e, sen embargo, na Comisión Informativa pedíuselle que convocara a Comisión de Seguimento do Plan de Emprego, para intentar soventar as discrepancias e deixar as cousas un pouco máis claras, e dixo que como era do mandato pasado quedaba sen efecto e que non se ia a convocar neste mandato. Di que lle parece incrible que non se vaia a convocar esa comisión de seguimento e, por outro lado, en outros temas, como pode ser o de entrar, ou non, na Fundación do Lago de Castiñeiras, éncheselles a boca respecto a que hai que seguir, estritamente, os informes dos técnicos, así como na o tema do camiño da Morquenas, sen embargo, neste caso, saltan por encima sen ningún problema. Entende que a causa é “xusta e é necesaria”, e sería algo estupendo para Marín, para as empresas, e para dinamizar o comercio e a industria, pero, opina que, perfectamente, se podían facer, como ten que ser, polos anos necesarios, como dixo Sra. alcaldesa sobre que en xullo se acababa a ocupación demanial do local, enténdese prorrogado tácitamente por periodos de tres anos, se non media denuncia expresa, pero só pon tres anos, entón, entre outras cousas, tamén, gustaríalle saber se isto será realmente así. Engade que como sabe que isto se vai a aprobar, o grupo Socialista se vai a abster, simplemente, porque cren que as cousas hai que facelas con respecto aos informes, tanto o xurídico como de intervención, e como non se fan, por iso se van a abster.

A Sra. Blanco López indica que este asunto ten un antecedente, que é un convenio que se trouxo ao Pleno en 2014, e, daquela, o grupo de goberno do PP propoñía a cesión dese local e anunciaban, ademais, un convenio coa “Asociación de Xovenes Empresarios de Pontevedra” para crear alí un “viveiro de empresas”, incluso se entrevistaron co presidente da Cámara de Comercio, e anunciaron que o ““viveiro de empresas”” ia a estar vinculado á actividade portuaria, e que ia a entrar en funcionamento, pero a estas alturas o local está como estaba e de ““viveiro de empresas”” nada de nada. Dille ao Sr. Santos, que ten a osadía de facer referencia á moción sobre o Plan de emprego municipal, que presentou o BNG en 2013, que logo se consensuou por todos os grupos, que un dos puntos, efectivamente, era o de crear un vivieiro de empresas. Sinala que, daquela, o BNG emendou o convenio no sentido de que ese viveiro tiña que ser para os autónomos, emprendedores e para o tecido comercial e empresarial de Marín e non para unha asociación de ámbito privado e que, ademais, non ten implantación no concello de Marín, posto que son, tal como se chama, “xovenes empresarios de Pontevedra”. Engade que criticáronlle que non tivesen falado coas asociacións vinculadas ao comercio e á empresa de Marín, como son “Estrela de Marín” e á “Asociación de Empresarios de Seixo”, e agora volven a cometer o mesmo erro, xa que a asociación “Estrela de Marín” comunicoulle que non teñen nin idea de que van a crear un ““viveiro de empresas”” alí e, loxicamente, están bastante indignados ao saber que as empresas que veña, probablemente, sexan todas foráneas e de non contar con eles. Di que, “para máis inri”, celebrouse a Mesa de Comercio, apenas fai unha semana, a petición, por certo, dos comerciantes, porque o equipo de goberno incumpre, sistematicamente, o calendario para convocar esa mesa e tampouco déuselles coñecemento de ningún tipo de

Page 7: 2016 - ACTA PLENO 9-2-16 · A continuación, tal e como se acordou na Comisión Informativa, a Sra. Sanmartín García, Sra. Santiago Suárez, Sra. Blanco López e Pesqueira Pérez,

trámite sobre este convenio que traen hoxe. Loxicamente, con todos estes antecedentes o BNG non pode votar a favor desta moción, máxime cando descoñecen o trasfondo deste convenio, e foi modificado o de ocupación demanial sen ter en conta ao Pleno, e teñen que crer o que di á Sra. alcaldesa porque nin sequera traen o texto desa modificación e non saben a transcendencia que pode ter, ademais, anuncian unhas obras para acondicionar o local que como máximo serán de 150.000€, como se fora unha cantidade pequena, cando se trata dun local que está rematado, e tampouco se valorou, en ningún momento, co resto dos grupos políticos, a que destinalo e como destinalo, non saben en que van a consistir as obras, nin canto se vai a investir, pero o que considera máis grave é que non se tivera en conta o tecido comercial e empresarial de Marín. Indica que o Plan de emprego levaba consigo unha comisión de seguimento para avaliar o cumprimento dese plan, pero que non se convoca dende hai anos. Engade que non sirve o argumento que o Sr.concelleiro dixo na Comisión Informativa de que a vixencia do convenio rematou no 2015, porque, en todo o 2015, tampouco se convocou, sen embargo o grupo de goberno anda a voltas con este convenio dende hai meses, como así se pode ver reflectido na prensa, nos anuncios e nas fotos da Sra. alcaldesa con AGE, ou coa asociación de empresarios de Pontevedra anunciando “show cooking” ou “coworking” etc. pero en ningún momento tiveron tempo de chamar aos portavoces dos demais grupos para consensuar ou, como mínimo, informar do que pretenden facer aí, que, por certo, non está claro na letra deste convenio, polo tanto, dado que o grupo do PP non accede a que quede enriba da mesa, para que se poida analizar e consensuar por todos, e, sobre todo, porque non está destinado á creación dun “viveiro de empresas” de xestión pública e municipal, tal e como se propoñía e era o espírito do Plan de emprego, o BNG vaise a abster.

O Sr.González Dopazo comenta que, antes de nada, vai facer un pouco de pedagoxía e dicir o que é un “viveiro de empresas”. A continuación expón que, en Galiza hai aproximadamente 43 viveiros de empresas, a maioría vinculados as cámaras de comercio, universidades e ás empresas, que é o lóxico. Un “viveiro de empresas” ven sendo unha especie de incubadora onde se leva un embrión, que é un proxecto, ese embrión está na incubadora e hai que regalo para que vai medrando, como unha planta, pónselle uns titores para que vaia dereito. Os titores son o persoal de asesoramento, e unha vez que ese proxecto cala, pasa a ser unha empresa que ten que competir no libre mercado. Engade que poucas chegan a ese estado, xa que a maioría morren polo camiño, pero hai que intentalo. Manifesta que o problema que ve no ditame é que di que “unha das liñas de actuación do Consorcio na Zona Franca de Vigo e o fomento do emprendemento e a innovación no tecido produtivo de Vigo e a súa área de influencia”, entón enténdese que Marín está na área de influencia da Zona Franca de Vigo, e chócalle, porque lendo a prensa o domingo pasado viu a noticia de que o actor galego Rubén Riós, que ten ese nome artístico porque é oriundo dese pobo de Ourense, que limita con Zamora e Portugal, levou un proxecto, que se chama “Castañán”, á Zona Franca de Vigo, e pensa que o concello de Riós non está baixo a afluencia da Zona Franca de Vigo. Ese proxecto consinte en elaborar fariña de castaña, e transformala en empanadas, e outros produtos artesanais, e competir internacionalmente. Indica que o proxecto foi adiante, pero os consorcios, moitas veces, son sospeitosos na súa forma de actuación, porque se a área de influencia é Vigo e a súa comarca, como está patrocinando un proxecto que está na outra punta de Galicia. Di que este Consorcio está presidido por Teresa Pedrosa, e comenta que para ser presidente necesitas un coche oficial, un chofer e unha secretaria, polo tanto eses 150.000€ que vai a investir a Zona Franca de Vigo, se prescindira dese gasto, ao mellor duplicábase e tiñan 300.000 ao ano. Refírese ao ditame, e di que a Sra. alcaldesa afirma que este convenio de colaboración non lle ocasiona custe algún ao Concello de Marín, pero, inmediatamente despois, a proposta pon que “o custe efectivo do seu mantemento, que non se pode cuantificar neste momento, será asumido polo Concello”, entón hai unha contradición, xa que primeiro di que non hai custe e despois no convenio di, “serán a cargo do Concello os custes de acometida de auga, electricidade”, entón

Page 8: 2016 - ACTA PLENO 9-2-16 · A continuación, tal e como se acordou na Comisión Informativa, a Sra. Sanmartín García, Sra. Santiago Suárez, Sra. Blanco López e Pesqueira Pérez,

algo lle custa ao Concello. En canto aos reparos do Sr. interventor, son tres importantes obxección, e di expresamente “a subscrición de convenios e a constitución de consorcios debe mellorar a eficiencia da xestión pública, eliminar duplicidades administrativas e cumprir coa lexislación de estabilidade presupostaria e sostenibilidade financeira”. Engade que iso é o que di a Lei 27/2013 de Racionalización e Sustenibilidade da Administración Local, que aprobou o goberno do PP. Cando se entra en detalle das tres obxeccións a primeira di “mellora na eficiencia da xestión pública”, isto se refire a que os concellos non son empresas que cren emprego, “para iso xa está a Deputación de Ourense que tiña máis conserxes que portas había no edificio”. Opina que os concellos o que teñen que facer é ofrecer servizos aos cidadáns e facer un proxecto de urbanismo, polo tanto se Marín, dentro do PXOM, houbera un chan industrial ou empresarial, indirectamente as empresas virían a Marín e crearían postos de traballo, pero o Concello non está para crear postos de traballo, di que iso é o que está dicindo o Sr. Interventor. Por outro lado, se Marín tivese unhas rúas atractivas e unhas praias coidadas, indirectamente se fomentaría o sector servizos, e tamén se crearían, indirectamente, postos de traballo. Engade que iso é o que hai que facer, ademais de eliminar duplicidades administrativas, que é o que di o Sr. interventor, e facer menos propaganda dicindo que van a fomentar viveiros de empresa. Sinala que se o Concello de Marín xa conta, na finca de Briz, cun local dedicado a asesorar á xente que queira emprender, cun orientador laboral ou técnico de emprego e considera unha duplicidade administrativa poñer outro local no Porto. Engade que ese é outro reparo que pon o Sr. interventor. Di que o terceiro reparo refirese á esixencia de “estabilidade financeira”, xa que este convenio de colaboración entre o Consorcio Zona Franca e o Concello de Marín non concreta cal é o seu prazo de vixencia, polo tanto, se non se sabe cando remata, o Sr. interventor non pode cuantificar o gasto que vai a supoñer esa colaboración. Indica que, a raíz deses reparos, o grupo municipal de Marea Veciñal de Marín vaise a abster.

O Sr. Santos Costa aclara, ao Sr. Dopazo, que o presidente do Consorcio da Zona Franca de Vigo é o Sr. alcalde de Vigo, e a Sra. Teresa Pedrosa é unha a delegada especial do Estado na Zona Franca, que ten coche oficial ao igual que os alcaldes da “Marea”. Respecto ao custe, sinala que no texto do convenio consiganse “(...) este convenio que redundará no investimento do acondicionamento deste “viveiro de empresas” sen que ocasione custe para o Concello de Marín”. Engade que este convenio non lle supón custe ningún, pero outra cousa é o mantemento que teña o local. Tamén quere aclararlle que o prazo de vixencia está claro, xa que figura no convenio de ocupación demanial, na súa cláusula 6º, de acordo coa cal, estará vixente ata o 30 de xullo de 2016, entendéndose prorrogado tacitamente por periodos de tres anos, se a súa terminación non media denuncia expresa dalgunha das partes asinantes. Comenta que esa é unha das discrepancia do informe do Sr. interventor, pero, cando se aprobou a moción do Plan de emprego, a todos dábanlle igual que os informes foran negativos, sen embargo, neste caso, que se propón aprobar o acondicionamento dese local para xestionar e crear un “viveiro de empresas”, reprochan que os informes do interventor digan, loxicamente, que non é competencia municipal o fomento do emprego, pero iso xa se sabía dende o primeiro momento. Engade que o que pasa é que, cando lles interesa votan a favor, e, cando non, votan en contra. En canto á comisión de seguimento, di que o Plan de emprego está integramente executado, agás o tema do “viveiro de empresas”, que é o que se trata hoxe, e, incluso durante o ano 2016, van a executar o Plan de emprego como o levan executando ata a data. En canto a que a Sra. Blanco diga que teñen a osadía de facer mención do Plan de emprego, respóndelle que se non o comentara seguro que llo reprocharía tamén, entón non sabe que é o que prefire. Acláralle, tamén, respecto á xestión pública do “viveiro de empresas”, que ese Plan de emprego propón “colaboración e apoio con todas as iniciativas privadas ou públicas”, por tanto iso é o que aprobou o BNG aquí. En canto á Asociación de Xovenes Empresario, di que é unha asociación sen ánimo de lucro, que non é só de Pontevedra, e que ten un gran número de asociados de Marín. Dille que debería poñerse ao día e coñecer como se moven e as xestións que realizan,

Page 9: 2016 - ACTA PLENO 9-2-16 · A continuación, tal e como se acordou na Comisión Informativa, a Sra. Sanmartín García, Sra. Santiago Suárez, Sra. Blanco López e Pesqueira Pérez,

hoxe en día, no “viveiro de empresas” que teñen na rúa Pardo Bazán, que ten uns excelentes resultados. Engade que foron os únicos que propuxeron esta xestión e pensa que é bo para o Concello de Marín porque vai a redundar en, practicamente, non ter custes nesa xestión e, loxicamente, o vai levar xente que xa ten experiencia na mesma. Di que, agora, o que toca é aprobar este convenio para ceder temporalmente o local ao Consorcio e que o acondicionen con ese investimento de 150.000€.

A Sra. Santiago Suárez dille ao Sr. Santos Costa que iso non quere dicir que esta sexa a forma correcta de traer este convenio a Pleno. Sinala que, dado que afirma que o Plan de emprego está executado, supón que foi un éxito, porque se xa non vai a convocar máis á comisión de seguimento, nin vai a facer nada máis en Marín en materia de emprego, significa que, unha vez que fagan o viveiro e llo dean a outra entidade, xa se acabou e xa non se vai a facer nada máis en emprego. Engade que o propio convenio pon “asumira la gestión diaria, el gato corriente y los gastos de mantenimiento del edificio. Proveerá el personal necesario para las actividades del vivero, bien asignando personal propio del Ayutamineto, adscrito a dicho servicio (...). Destinará por sus propios medios o por los de tercero, (...)”. Di que todo iso que pon o convenio, que hoxe se aproba, co Consorcio da Zona Franca de Vigo, son gastos de cara ao futuro. Pregunta que pasaría con este convenio se, ao mellor, dentro de tres anos, no Porto, xa non está ninguén do PP, e quen estea non quere que aí haxa un “viveiro de empresas” porque o quere destinar a outra cousa. Opina que isto está collido, dende o punto de vista administrativo, con pinzas. Di que está totalmente de acordo con que é necesario un “viveiro de empresas” en Marín, porque, aínda que estea executado o Plan de emprego, quedan, aínda, moitas cousas que facer. Indica que o grupo Socialista se vai a abster porque non quere ser participe de votar a favor de “resolver as discrepancias” manifestadas pola xurídica e o interventor.

A Sra. Blanco López, respecto ao que dixo o Sr. Santos Costa de que o Plan de emprego está todo cumprido, dille que o Plan de emprego é de todos os grupos, pois foi consensuado e elaborado por todos os grupos, e aos igual que se apelaba antes ao consenso e ao respecto cando se acada algo por unanimidade e por consenso, ela pídelle o mesmo. Por iso lémbralle que hai máis dun ano que non convoca a comisión de seguimento, e dille que será por algo. Considera que o Plan de emprego hai que avalialo. Opina que se comezou “tarde, mal e arrastro” e que quedan moitos aspectos por cumprir. En canto ao “viveiro de empresas”, dille que a iniciativa pública, para crear un “viveiro de empresas municipal”, quen a ten que ter é o Concello, xa que non a vai a ter unha asociación de empresarios, pero como o grupo de goberno non ten iniciativa, entón, danlle a xestión a esa asociación de empresarios de Pontevedra, que, ademais, todo o mundo coñece e todos saben quen son os xovenes empresarios de Pontevedra e a quen están vinculados. Comenta que hoxe, neste Pleno, van a tratar unha moción sobre ENCE, e son os primeiros que se colocan de parte, precisamente, da empresa que está ocupando o que é de todos, e iso é o que o PP apoia. Engade que ao grupo de goberno enchéselle a boca, pero os comerciantes e os empresarios de Marín non opinan o mesmo. Dille que hai asociacións en Marín, con xente que traballa e que desenvolve a súa actividade en Marín. e con eles é cos que hai que contar. Pregunta se dirixíronse a eles para coméntarlles que ían a crear un “viveiro de empresas”. Pregúntalle se sabe para canto darían 150.000 €, xa que con ese diñeiro se crearía un “viveiro de empresas” municipal durante, polo menos, dous anos, porque o que se necesita é un local, iniciativa e poñerlle os medios, xa que esa xente despega por si soa, pero, como este grupo de goberno non ten, absolutamente, ningún tipo de iniciativa, van a gastar 150.000 € de cartos públicos porque teñen unha señora, como acaba de describir, que é amiga súa, entón ven aquí, dende a Zona Franca de Vigo, á Autoridade Portuaria de Marín, a facer obras nun local, que, por certo, contan con el porque outra directiva da Autoridade Portuaria apostou para que houbera aí locais públicos destinados á poboación de Marín, e agora os van a poñer a disposición dunha asociación privada que non é de Marín, e iso non é cumprir o

Page 10: 2016 - ACTA PLENO 9-2-16 · A continuación, tal e como se acordou na Comisión Informativa, a Sra. Sanmartín García, Sra. Santiago Suárez, Sra. Blanco López e Pesqueira Pérez,

Plan de emprego, xa que non ten nada que ver con iso. Di que, loxicamente, se vén unha iniciativa privada disposta a crear un viveiro de empresa destinado á xente de Marín, ábrelle as portas, pero o que están propoñendo non ten nada que ver, o que están é aproveitandose dunha circunstancia. Aclara que o grupo municipal do BNG discrepa con respecto aos outros grupos co reparo que pon Intervención, xa que, estaría dispostos a levantar todos os reparos que fosen postos por Intervención, se é para crear emprego. Engade que existe o mesmo reparo sobre a Fundación do Lago de Castiñeiras, sen embargo non queren traer ese tema a Pleno baseado nese informe. Remata dicindo que isto non ten nada que ver co que se leva aprobado neste Pleno, xa que están incumprindo o Plan de emprego municipal e a lei, porque están alterando un convenio, de forma unilateral, sen que o Pleno o ratificase.

O Sr. González Dopazo di que se xa se sabía que o Concello non ten competencias para unha xestión deste tipo, entón, para que o fan, porque, logo, o Sr. interventor, ten que poñerlle os cores con estes reparos. Insiste en que, para el, o Plan de emprego é pura propaganda electoral, para saír nos xornais dicindo que os concellos crean emprego. Engade que os concellos non crean emprego directamente, pero o que teñen que ter os concellos é chan industrial e empresarial, para que alí se instalen as empresas, e como “o capital non ten patria”, da igual que a empresa sexa de Marín ou de Pontevedra, o importante é que a xente de Marín traballe nesa empresa, pero nun chan industrial que estea en Marín, xa que así é como se crea emprego en Marín.

O Sr. Santos Costa manifesta que vai a continuar en vigor o Plan de emprego durante o ano 2016, e aclara que está totalmente executado, agás a creación do “viveiro de empresas”. Respecto aos gastos do local, di que de xestionalo directamente o Concello, incorrerían en moitísimas máis gastos que se o fai unha asociación, neste caso, a de xovenes empresarios, que non é de Pontevedra capital, senón que ten moitos asociados de Marín. Insiste en que o Plan de emprego era de todos, e, agora, resulta, que este tema do viveiros de empresas é só do grupo do PP. Respecto aos reparos, agradece á Sra. Blanco que sexa coherente, xa que, no seu momento, se dixo que se ia a apoiar isto, a sabendas de que non era unha competencia municipal e ían a ter informes desfavorables. Engade que aínda que ao partido Socialista e Marea non consideran isto lóxico, o grupo de goberno do PP continuará con este tema, e hoxe o que van a aprobar é a posta a disposición do local para que se poida acondicionar e realizar as obras no mesmo.

* Seguidamente, sométese a votación ordinaria o ditame da Comisión Informativa de Urbanismo, Facenda e Persoal, en relación coa aprobación do Convenio de colaboración entre o Concello de Marín e o Consorcio da Zona Franca de Vigo para a implantación dun “viveiro de empresas” no termo municipal de Marín (Expte.: 44/16), que é aprobado con 11 votos a favor dos/a concelleiros/a do grupo municipal do PP e 9 abstencións dos concelleiros/as presentes dos grupos municipais de PSdeG-PSOE (3), MAREA VECIÑAL DE MARÍN-SON (3) e BNG-AA (3), adoptando, en consecuencia, por maioría absoluta, o seguinte acordo, que na súa parte dispositiva, literalmente, di:

Primeiro.- Resolver, coa xustificación anteriormente exposta e os antecedentes relacionados, as discrepancias expostas no informe de Intervención.

Segundo.- Aprobar o “Convenio de colaboración entre o Concello de Marín e o Consorcio da Zona Franca de Vigo para a implantación dun “viveiro de empresas” no termo municipal de Marín”, que se achega coa presente proposta.

Terceiro.- Remitir testemuña do presente acordo ó Consorcio da Zona Franca de Vigo.

Cuarto.- Facultar á Alcaldía-Presidencia, para a formalización do convenio e para a firma de cantos documentos sexan necesarios para a execución do presente acordo.

Page 11: 2016 - ACTA PLENO 9-2-16 · A continuación, tal e como se acordou na Comisión Informativa, a Sra. Sanmartín García, Sra. Santiago Suárez, Sra. Blanco López e Pesqueira Pérez,

4.- DITAME DA COMISIÓN INFORMATIVA DE MEDIO AMBIENTE E BENESTAR SOCIAL EN RELACIÓN COA MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL MAREA VECIÑAL DE MARÍN-SON, PARA CREACIÓN DUN ROTEIRO DE SENDEIRISMO E CICLOTURISMO, NO ECOSISTEMA FLUVIAL DO RÍO CASTIÑEIRAS, PARROQUIA DE SAN XULIÁN (EXPTE.: 598/15).

A Sra. secretaria da lectura ao ditame favorable da Comisión Informativa de Medio Ambiente e Benestar Social, celebrada o 3 de febreiro de 2016, en relación co asunto que se sinala no epígrafe.

O Sr. Franco Outón expón que esta moción preséntase por rexistro o 27 de novembro e foi tratada na Comisión Informativa de Medio o 2 de decembro, pero o grupo de goberno, daquela comisión, non quixo traer esta moción ao Pleno para non comprometerase coa recuperación dese sendeiro, e foi un intento de deixar a moción apartada, algo que non pode entender, porque a moción, dende todos os puntos de vista, é entendida como ben común, xa que é para a recuperación dunha paisaxe natural, con vocación deportiva, solicitando que se respectase, en todo momento, o medio. Engade que nesa comisión dixéronlles que eran eles os que tiñan que poñerse en contacto coa Comunidade de Montes de San Xulián para ver a súa predisposición para levar a cabo esas actuacións, e aínda que non era labor de Marea Veciñal de Marín, posto que están na oposición, así o fixeron ata en tres ocasións, e a Comunidade de Montes, dende o primeiro momento, amosou a súa dispoñibilidade para acometer esas accións. Di que despois de que a moción estivese parada durante un período de preto de tres meses, casualmente, cando, fai 9 ou 10 días, algúns altofalantes desta vila poñen o grito no ceo pola situación do lago de Castiñeiras, é cando a moción resucita, tanto para levala a Comisión Informativa, como a este Pleno, así como para falar coa Comunidade de Montes de San Xulián. Engade que, a pesar de todo, non pasa nada, e alégranse de que esta moción saia adiante, xa que realmente é o importante, e di que, para Marea, é obrigado felicitar aquí, ás persoas que durante moitos meses, dun xeito altruísta, estiveron limpando ese sendeiro e se puxeron en contacto con eles para traer esa iniciativa aquí e buscar apoio, tanto loxístico, como pecuniario, xa que son os verdadeiros promotores desta iniciativa.

A Sra. Sanmartín García aclaralle que de decembro a febreiro van dous meses. Engade que na Comisión Informativa de decembro quedou sobre a mesa porque pediu, persoalmente, que se concretaran as accións, posto que o Sr. Franco defendía que os terreos eran públicos, e se constatou que non, xa que son da Comunidade de Montes de San Xulián. Anuncia que o grupo municipal do PP vai a apoiar esta moción, xa que están de acordo con que é necesario recuperar esa senda. Engade que puxéronse en contacto coa Comunidade de Montes de San Xulián, dado que os terreos son seus, e quedaron que o Concello axudará a levar a cabo as actuación necesarias para a súa posta en valor, como pode ser limpalo, arranxar algunha das fontes de madeira e reforzar a sinalización que actualmente se atopa en mal estado, así que intentarán acadar un acordo para intentar sufragar estes gastos.

O Sr. Pastoriza Pazos manifesta que o grupo Socialista si que se compromete coa recuperacións dese sendeiro, xa que eses percorridos acercan aos visitantes e aos veciños á natureza, permitíndolles coñecer a representacións arquitectónicas, escultóricas e incluso etnográficas, así como os lugares polos que transcorren. Considera que esta moción é positiva, incluso para fomentar tanto o deporte, como o estilo de vida saudable. Indica que o partido Socialista apoia claramente a recuperación do camiño de sendeirismo e cicloturismo no río Castiñeiras, na parroquia de San Xulián, cumprindo, evidentemente, toda a normativa vixente para non provocar agresións nese ecosistema. Engade que tamén están de acordo en buscar o apoio, tanto de Augas de Galicia, da Comunidade de Montes de San Xulián, etc., é dicir, de todas as institucións posibles.

A Sra. Blanco López anuncia que o grupo do BNG tamén vai a apoiar esta moción e só quere incidir en que isto non quede para o ano que ven, dado que xa levan aprobadas unhas cantas mocións por unanimidade, respecto a varias cousas, pero aínda están esperando que se cumpran. Espera que non pase o mesmo.

Page 12: 2016 - ACTA PLENO 9-2-16 · A continuación, tal e como se acordou na Comisión Informativa, a Sra. Sanmartín García, Sra. Santiago Suárez, Sra. Blanco López e Pesqueira Pérez,

O Sr. Franco Outón dille á Sra. Sanmartín que, por unha parte, di que o que pedían nesa primeira comisión era concretar as medidas, e resulta que nesta moción, ditaminada en comisión, as medidas son as mesmas, ao mellor o que mudou foi certa presión que hai sobre a recuperación da contorna do Lago de Castiñeiras e de Cotorredondo, entón é cando se moven, non vaia a ser que a súa prensa deixe de tratalos tan ben, que é ademais quen encabeza esa loita. Lembrarlle que 5 metros dende a beira do río, a competencia é de Augas de Galicia.

A Sra. Sanmartín García respóndelle que, polo de pronto, na comisión do mes de decembro, na moción, poñía creación dun ruta de senderismo, e todos os grupos dixéronlle que ese sendeiro xa existía, e que non se trataba de crealo, senón de recuperalo e de poñelo en valor porque estaba bastante abandonado. Di que outro tema é o compromiso das partes implicadas, que tamén se incluíu, agora, nesta moción, porque, naquel momento, non sabía con certeza se eran os terreos do Concello, de Augas de Galicia ou de quen eran. Engade que, de todas formas, o grupo de goberno está de acordo en poñer en valor ese sendeiro, e xa están en trámites coa Comunidade de Montes, que están pedindo os presupostos para o arranxo dese sendeiro e tratarán de chegar a un acordo para ver que parte asume cada un. Engade que, ademais, evidentemente, solicitarán a Augas de Galicia a limpeza da vexetación das marxes do río, xa que os primeiros 5 m. son competencia dese organismo.

O Sr. Franco Outón di que ten a acta desa comisión e a Sra. Sanmartín en ningún momento propuxo cambiar a palabra “creación” por “recuperación”, de feito, na comisión pasada, cando fixo esa proposta, por parte de Marea non houbo ningún problema. Engade que o que pretendía a Sra. Sanmartín era aprobar unha moción sen data, para dilatar o tema, que é o que comentou antes a Sra. Blanco, xa que aquí apróbanse mocións, como a de Casás, ou a da Escola Naval para a cesión de espazos deportivos, e, a día de hoxe, seguen sen saber nada. Indica que vai ler a acta da comisión para que se vexa o que propuxo a Sra. Sanmartín, “ a delegada propón modificar o acordando da moción, no senso de concretar a actuación a levar, como por exemplo substituír creación por iniciar os traballos”, pero non pola recuperación.

* Sométese a votación ordinaria a ditame da Comisión Informativa de Medio Ambiente e Benestar Social en relación coa moción do grupo municipal Marea Veciñal de Marín-SON, para a creación dun roteiro de sendeirismo e cicloturismo, no ecosistema fluvial do río Castiñeiras, parroquia de San Xulián (expte.: 598/15), que é aprobado por unanimidade dos 20 concelleiros/as presentes, dos 21 concelleiros/as que integran a Corporación, adoptando, en consecuencia, o seguinte acordo que na súa parte dispositiva, literalmente, di:

1.- Recuperación dun roteiro de sendeirismo e cicloturismo no ecosistema fluvial do río Castiñeiras, na parroquia de San Xulián.

2.- Compromiso das partes implicadas de respecto ó medio, cumprindo sempre tódalas normas vixentes que fosen precisas en función do mantemento do equilibrio da contorna natural.

3.- Compromiso de mantemento do roteiro, establecendo quenda de limpeza periódica.

4.- Para o cumprimento destes puntos de acordo, buscar apoio en tódalas administracións e institucións posibles (Augas de Galicia, Comunidade de montes de San Xulián, Deputación e Xunta de Galicia).

Neste intre, o Sr. Muradas Ramos abandona o salón de Plenos, durante o debate e votación do punto quinto da orde do día, que a continuación se vai a tratar.

5.- DITAME DA COMISIÓN INFORMATIVA DE MEDIO AMBIENTE E BENESTAR SOCIAL EN RELACIÓN COA MOCIÓN DE URXENCIA DO GRUPO MUNICIPAL MAREA VECIÑAL DE MARÍN-SON, REQUIRINDO AO CONCELLO DE MARÍN A INSTALACIÓN DUN ASCENSOR NO MUSEO TORRES, ASÍ COMO A ELABORACIÓN DUN PLAN DE MOBILIDADE INTEGRAL (EXPTE.: 8/16).

Page 13: 2016 - ACTA PLENO 9-2-16 · A continuación, tal e como se acordou na Comisión Informativa, a Sra. Sanmartín García, Sra. Santiago Suárez, Sra. Blanco López e Pesqueira Pérez,

A Sra. secretaria da lectura ao ditame da Comisión Informativa de Medio Ambiente e Benestar Social, celebrada o 3 de febreiro de 2016, en relación co asunto que se sinala no epígrafe.

A Sra. Pesqueira Pérez primeiramente quere parabenizar ao impulsor desta petición no seu primeiro punto que é o “Club de opinión Portocelo”, e a toda a Corporación por aprobala e a todas aquelas persoas con problemas de mobilidade porque, por fin, parece ser, que poderán asistir aos actos culturais que acontecen no Museo Manuel Torres. Agarda que haxa celeridade como pedía a Sra. Blanco López e que non queden estas mocións que aproban por unanimidade no caixón, como ocorre habitualmente. Engade que tamén quere manifestar aquí o malestar pola demora en tratar esta moción, xa que hai 6 meses que é coñecida esta reivindicación, foi presentada pola Marea Veciñal de Marín no anterior Pleno, houbo distintos rogos e preguntas neste sentido con anterioridade e, sobre todo, cando a lei e bastante clara neste eido. Indica que existen diferentes leis, en distintos ámbitos, que tratan o tema de accesibilidade e da responsabilidade que teñen os organismos públicos con respecto a esta. Así, segundo o previsto no artigo 9.2 da Constitución española, “os poderes públicos promoveran as condicións para que a liberdade e igualdade do individuo e dos grupos nos que se integra sexan reais e efectivas, removeran os obstáculos que impidan o dificulten a súa plenitude e facilitaran a participación de toda a cidadanía na vida política, económica, cultural e socia”l. Por outra banda, no seu artigo 49 establécese que “os poderes públicos realizarán unha política de previsión, tratamento, rehabilitación e integración das persoas con problemas físicos, sensoriais e psíquicos, aos que se lles prestaran a atención especializada que requiran e aos que ampararan, especialmente, para o gozo dos dereitos que o título primeiro lles outorga a todos os cidadáns”. Así mesmo, no artigo 4.2 do Estatuto de Autonomía de Galicia, “atribúeselle aos poderes públicos de Galicia a promoción das condicións necesarias para que a liberdade e a igualdade dos individuos e dos grupos nos que se integran sexan reais e efectivas, removendo os obstáculos que impidan ou dificulten a súa plenitude”. Engade que a Lei 13/2008, de 3 de decembro, dos Servizos Sociais de Galicia, no seu artigo 3, establece, como un dos obxectivos do sistema galego de Servizos Sociais, “garantir a vida independente e a autonomía das persoas en situación de dependencia”. Tamén a Convención das Nacións Unidas sobre os dereitos das persoas con discapacidade, de 13 de decembro de 2006, ratificada polo Estado español e publicada no BOE, do 21 de abril de 2008, establece “o compromiso de promover, protexer e asegurar o pleno gozo dos dereitos humanos, de liberdades fundamentais e condicións de igualdade por parte das persoas con discapacidade en condicións de igualdade, por parte das persoas exercendo a súa dignidade”. A Convención convertese nun instrumento con carácter vinculante que defende e garante os dereitos das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da vida, como son a educación, a saúde o traballo, a cultura o ocio, a participación social económica e considera a accesibilidade como un elemento transversal en cada un dos ámbitos. Engade que isto é o que din as leis sobre accesibilidade, en tanto, dende a Marea Veciñal de Marín, non quere quedarse só coa instalación do ascensor ou plataforma axeitada para salvar as escaleiras, xa o decidiran os técnicos a maneira de adecualo, mais o Museo non é o único edificio público en Marín con barreiras arquitectónicas que imposibilitan a accesibilidade a persoas con mobilidade reducida, sen irmos máis lonxe, pregunta como podería calquera veciño ou veciña con mobilidade reducida asistir a este Pleno, xa que non pode, ou como podería acceder ás oficinas de Urbanismo para solucionar calquera problema, tampouco pode, ou como podería manter unha entrevista no despacho da Sra. alcaldesa ou no de calquera concelleiro/a de calquera área, xa que tampouco pode. Considera que os organismos públicos, consciente ou inconscientemente, están a crear cidadáns de primeira e de segunda, segundo as súas características físicas, isto é o máis terrible, segundo a súa mobilidade, e non poden permitir que iso sexa así no noso concello, por iso, tal e como se indica no segundo punto da moción que presenta a Marea, solicitan que se elabore un plan de mobilidade integral que abranga todo o territorio do noso concello, primeiro, eliminando barreiras arquitectónicas que aínda existen, facilitando a plena integración na vida social, política, cultural de toda a veciñanza, que ademais de ser unha obriga legal, tamén é unha obriga moral e ética para con todos aquelas persoas con mobilidade reducida.

A Sra. Sanmartín García dille á Sra. Pesqueira que o Museo inaugurouse no ano 1993, polo que considera normal que, aínda que a Sra. Pesqueira trouxo a moción por urxencia ao

Page 14: 2016 - ACTA PLENO 9-2-16 · A continuación, tal e como se acordou na Comisión Informativa, a Sra. Sanmartín García, Sra. Santiago Suárez, Sra. Blanco López e Pesqueira Pérez,

Pleno pasado, o resto dos grupos solicitasen que se tratase polo conducto ordinario e se levase á correspondente Comisión Informativa. Indica que o grupo de goberno vai a apoiar a moción, xa que é obvio que o Museo necesita accesibilidade, ademais levan tempo estudando diferentes opcións, dado que a instalación dun ascensor non é doado, porque a entrada do Museo é moi reducida e resulta imposible manter as escaleiras coas medidas regulamentarias e poñer o ascensor, xa que os técnicos din que non é viable, polo tanto, se o ascensor non se pode instalar na porta principal, habería dúas opcións a estudar, que sería pola praza pública anexa, de maneira que o acceso ao Museo fora pola medianeira do edificio, xa que sería máis viable a nivel urbanístico, e así consta no informe da técnico, ou ben a utilización do propio edificio, abrindo un acceso polo interior do Museo. Indica que para ámbalas dúas opcións necesita a aprobación, por unanimidade, da comunidade de veciños, xa que afecta á modificación da estrutura do inmoble, co cal, isto non vai a ser fácil. Manifesta que o grupo do PP solicita que se inclúa un punto nos acordos da moción para que sexa o Pleno o que solicite á comunidade de veciños a autorización para instalar un ascensor pola medianeira do edificio, ou para adaptar o uso do propio ascensor do edificio. Engade que se o Concello non tivera dita autorización, evidentemente, xa tería que barallar outras alternativas, como é a instalación dunha plataforma ou dunha cadeira salva-escaleiras. Indica que está claro que, pouco a pouco, é necesario que se vaian dando pasos para garantir a accesibilidade, especialmente, nos edificios públicos, pero ademais informar de que, aínda que están de acordo en que hai que eliminar esas barreiras no Concello, tanto a alcaldesa, como os concelleiros, ou os técnicos, cando ven unha persoa con mobilidade reducida, baixan e a atenden nunha sala na planta baixa.

A Sra. Santiago Suárez indica que o grupo do partido socialista vai a apoiar esta moción, pero non porque sexa unha iniciativa nova, o que xa manifestaron no pleno pasado, e por iso pediron que quedara sobre a mesa, á espera dun informe para saber a accesibilidade do Museo, senón, porque, expresamente, no programa electoral levaban facer un ascensor ou un elevador, para acceder ao mesmo. Considera que segue faltando algún outro informe, porque o que hai é da arquitecta municipal, e é un informe urbanístico, sobre a posibilidade de facer un elevador pegado ao edificio, pero cre que habería que consultar a especialistas en barreiras arquitectónicas, para que opinasen sobre o que sería mellor, e, por outro lado, sobre a lexislación que hai sobre este tema, e, despois, dunha empresa de elevadores, xa que poden dicir cal é a mellor opción, pois non ten nada que ver co que pode saber a técnico municipal, xa que nestes temas non soe traballar. Sabe que o grupo de goberno está traballando nelo, porque ensinaronlles unha rampla, pero pensa que é unha solución un pouco parcial, e só no caso de que non se pode facer doutra maneira. Respecto a que sexa o Pleno quen pida á comunidade de propietarios do edificio o permiso, entende que está de máis, xa que a moción o que pide é facer un Plan de mobilidade, que, en realidade, xa existe, dado que o PXOM ten un plan de mobilidade e de accesibilidade. Engade que iso sería un trámite máis, ao igual que habería que pedir permiso a Patrimonio para instalar aí un ascensor. Indica que o grupo Socialista sempre estivo de acordo, e de feito xa había un proxecto no Concello, á espera de ter fondos, pero pensa que falta algún informe máis para saber, realmente, se se pode facer por aí ou se habería algunha outra maneira de facelo por dentro, xa que hai bastante fachada, por iso pensa que esta escaso de informes. Engade que, de todas formas o grupo municipal Socialista, como expresamente ia no seu programa electoral, esta totalmente de acordo.

A Sra. Blanco López di que para darse conta de que o Museo Manuel Torres necesita un ascensor non fai falta recorrer a ningunha lei, xa que é evidente que se necesita un ascensor para que sexa accesible, e tampouco fai falta que o diga o “club” que a poñente mencionou, que por certo é un “club” que é un, e que acordouse do Museo cando aquí se fixeron eco do uso partidista que fixo o PP en campaña electoral do salón do Museo, mentres aos demais se lle nega, incluso, tamén, aos colectivos sociais. Por outro lado di que facer xestións para poñer un ascensor tampouco precisa de ningunha moción, xa que é algo que se debería de ter feito por iniciativa propia. Indica que os informes urbanísticos non poñen ningunha pega a que o ascensor se poña pola parte de fora, porque por dentro non se pode, pero, agora, a concelleira, que xa tería que estar xestionando a viabilidade de poñer o ascensor, quere engadir un acordo a esta moción para que sexa o Pleno quen faga as xestións, pregunta se quere que vaia todo o Pleno, xunto, aí. Dille que, se quere, delegue nalgún concelleiro/a da oposición para facer as xestións. Di que a pregunta é cando se vai a poñer, porque en poñelo, loxicamente, están todos de acordo. Di que, agora, xa non atopa moito sentido a esa pregunta, dado que a concelleira

Page 15: 2016 - ACTA PLENO 9-2-16 · A continuación, tal e como se acordou na Comisión Informativa, a Sra. Sanmartín García, Sra. Santiago Suárez, Sra. Blanco López e Pesqueira Pérez,

delegada propón que sexa o Pleno quen vaia a negociar coa comunidade de veciños que deixe poñer o ascensor. Opina que iso non ten sentido, e quen terá que poñerse a traballar é a concelleira delegada, quen xa está tardando, porque, dende que se levou isto a comisión, xa houbo tempo de sobra para consultar á comunidade de veciños, se deixa poñer o ascensor, ou non, e, logo, habería que pedir informes xurídicos sobre a forza legal que pode ter a comunidade de veciños a negarse que un local público, como é o Museo, sexa accesíbel. Considera que esas son as xestión que a concelleira delegada ten que empezar a facer xa. Indica que este Pleno vai a aprobar poñer o ascensor, e as xestións para poñelo as terá que facer quen está gobernando, xa que é que ten que dispoñer dun orzamento e ver as posibilidades de poñelo, e, ao que terá que contestar, é cando, máis ou menos, ten previsto que o Museo conte cun ascensor. Indica que a moción ten outro punto que é o Plan de mobilidade, xa que non é só o Museo, senón que son, practicamente, todos os edificios públicos deste Concello, que, nese sentido, levan un atraso tremendo con respecto a outros. Pensa que noutros concellos do arredor, ningún ten os problemas de accesibilidade que ten este, entón, nalgún momento, haberá que poñerse a traballar para que sexan accesibles, pero, se non se empeza, loxicamente, nunca se vai a acabar, e se se contentan con baixar as escaleiras e atender á persoa, nesa solución bastante humillante para a persoa que no pode acceder nas mesmas condicións que acceden todos, loxicamente pouco se vai a poder esperar deste grupo de goberno nese sentido.

A Sra. Pesqueira Pérez responde que, para non necesitar unha moción, levan dende o ano 1993, pois, en todos eses anos, as diferentes corporacións, “que estaban tan implicadas coa mobilidade”, non foron capaces de atallar estre problema, e mentres tanto hai unha cantidade de veciños e veciños que non poden acceder á cultura, nin e aos diferentes departamentos deste Concello, e que se ven humillados atendidos na porta. Engade que non sabe onde os atenden, o que dixo a Sra. Sanmartín é que baixan a atendelos. Di que, o que non pode ser, é que, despois de todas as leis que hai, que o Concello de Marín non teña un proxecto de accesibilidade. Opina que o que pasa é que este Concello non está sensibilizado con este problema, pero, por outro lado, recollendo o aspecto positivo desta moción, agarda que, a partir de agora, póñanse todas a traballar para conseguir que as nosas veciñas con problemas de mobilidade poidan ter unha vida normal. En canto ao tema técnico, di que, dende a Marea Veciñal de Marín, non van a discutir se un ascensor, ou un elevador, xa que dálle igual, o que quere é que se solucione este problema. Comparte a petición da voceira do PSdeG-PSOE, para que se consulte a expertos nesa materia para que poidan orientar un pouco, incluso antes de falar coa comunidade de veciños.

A Sra. Sanmartín García dille á Sra. Santiago que está de acordo en que isto está falto de informes, e haberá que contactar con asociacións é ademais, porque os técnicos municipais, evidentemente, non son especialistas no tema. Di que a Sra. Blanco, cada día, a abraia máis, xa que foi concelleira neste Concello e tampouco arranxou o tema, nin ese, nin outros moitos. Dille que sexa seria, e acláralle que o único que dixo foi, que se inclúa un punto no acordo da moción, para que sexa o Pleno -non que vaia a Sra. Blanco- quen solicite á comunidade de veciños a autorización para instalar un ascensor pola medianeira do edificio, ou para adaptar o uso do propio ascensor do edificio. Sobre que é humillante o de baixar as escaleiras, dille que humillante é o que fixo o BNG cando gobernou, que alugou un piso, que de accesible nada, e que lle custaba máis de 1.000 € a todos os veciños e veciñas de Marín, pero o entende porque a Sra. Blanco López tiña a súa alcaldía paralela ao PSdeG-PSOE. Tamén dille á Sra. Pesqueira, que os ofende se di que atenden aos veciños na porta, xa que iso é ao que se dedica ela cando ven aquí, pois trata de parar aos veciños para atendelos antes de que cheguen a eles. Dille que sega facéndoo porque, ao mellor así, vaille ben. Engade que dicir que, neste Concello, o equipo de goberno non está sensibilizado con este tema, ou co tema das mulleres, ou co da violencia de xénero, é demagoxia barata, parece que a Sra. Pesqueira acaba de chegara aquí “sen romper un prato” e que ven a arranxar todos os problemas de Marín. Reitera que o grupo de goberno vai a apoiara este tema e que seguirán traballando, porque xa fai tempo que empezaron a traballar nel.

A Sra. Santiago Suárez di que cría que isto era unha moción en positivo, e ia a botarlle unha man ao grupo de goberno pero case xa non ten gañas. Di que, dende logo os, os concelleiros/as de Marea, os do BNG e os propios do partido Socialista claro que atenden na porta aos veciños, porque non teñen ningún despacho onde atendelos. Engade que xa sabe que o PP tampouco nunca o tivo, e, como están tan enfadados, deciden que eles tampouco o teñan.

Page 16: 2016 - ACTA PLENO 9-2-16 · A continuación, tal e como se acordou na Comisión Informativa, a Sra. Sanmartín García, Sra. Santiago Suárez, Sra. Blanco López e Pesqueira Pérez,

Á hora de botarlle unha man ao grupo de goberno, di que se non hai ascensor no Concello é porque non se pode poñer, xa que é un edificio antigo e non ten contrafortes. Indica que no Museo non se pode entrar pola parte de dentro do edificio porque, cando se fixo o Museo, houbo, expresamente, que facer unha acceso que non tivera nada que ver co dos veciños. Di que todas esas cousa llas poden explicar, sen que teña que ser ela quen as explique, que está na oposición, e non debería de saber nada de isto, á hora de facer as cousas no Concello. Di que tamén podería explicar que Marín estaba bastante ben en temas de accesibilidade, dende logo, moito mellor que os concellos do arredor, non en acceso ao edificio en si, pero si as beirarrúas e demais espazos públicos, porque é un traballo de moitos anos. Engade que non renega do traballo que fixo ela e o seu grupo. Di que se queda con que isto debería ser positivo, e non sabe porque o Pleno ten que pedirlle a ninguén que faga nada, isto é simplemente unha moción do grupo municipal de Marea que pide a este Pleno que poña un ascensor, e se se vota que si, teñen que facelo, e polo tanto terán que xestionalo, pedir os permisos que se necesiten a Patrimonio, ou os que sexan necesarios, e facelo o mellor posible. Engade que ela, se fora a poñente da moción, non cambiaría o acordo.

A Sra. Blanco López responde que resulta que, agora, non hai sitio. Engade que por iso o Concello de Marín alugou un entrechán para habilitar unhas oficinas, que tiñan unha rampla, que cumpría a medias, e un ascensor, pero o grupo do PP as sacou de alí e levaron o servizo de Urbanismo para o fallado do Concello, que, se xa o primeiro piso non é accesible para algunhas persoas, onde están agora é totalmente insuperable. Di que dubida que ningún concello, nin ningún local público, a estas alturas, teña o servizo de Urbanismo no fallado. Engade que iso explica que a Sra. Sanmartín, a estas alturas, non fixera ningunha xestión. Cre que a moción a van a aprobar, pero o ascensor no Museo non o van a ver. Dille á Sra. Sanmartín que se calme, e que en vez de gastar enerxías en rifar cos demais, as gaste en facer as xestións, que xa tiñan que ter adiantadas, e a ver se non próximo Pleno, ou na próxima comisión, da conta de que opinión ten a comunidade de veciños, sobre a posibilidade de instalar o ascensor no Museo.

A Sra. Pesqueira Pérez di que o “e ti máis” está instalado neste Concello, e pídelle á Sra. Sanmartín que a trate con respecto. Dille que non sabía que a vira nesas condicións, pero non vai a entrar niso, pero agora que o di, evidentemente, terán que recibir aos veciños na porta, aínda que Marea Veciñal de Marín non os reciben na porta do Concello. Dille que parécelle que están para outras cousas que para pelexas infantís. Manifesta que, evidentemente, o Concello non está cumprindo, e o grupo de goberno non tiñan ningunha intención de facer un plan de accesibilidade, nin de poñer un ascensor, se non se presentase esta moción aquí. Indica que Marea Veciñal de Marín o que pide é que se solucione este tema, que se fale cos técnicos adecuados, xa que hai verdadeiros especialistas en accesibilidade que poden axudar a resolver este tema. Remata felicitando a todos e da as grazas por aceptar a moción, que espera que vaia adiante.

A Sra. alcaldesa pregunta á Sra. Pesqueira Pérez se acepta ou non a modificación do punto de acordo que propuxo a Sra. Sanmartín.

Responde a Sra. Pesqueira Pérez que prefire deixar o texto da moción como está, pero si considera que se debería consultar a técnicos especialistas para que aporten solucións a este tema

* Sométese a votación ordinaria a ditame da Comisión Informativa de Medio Ambiente e Benestar Social en relación coa moción do grupo municipal Marea Veciñal de Marín-SON, requirindo ao Concello de Marín a instalación dun ascensor no Museo Torres, así como a elaboración dun Plan de mobilidade integral (expte.: 8/16), que é aprobado por unanimidade dos 19 concelleiros/as presentes, dos 21 que integran a Corporación, adoptando, en consecuencia, o seguinte acordo que na súa parte dispositiva, literalmente, di:

1.- Instalar un ascensor no Museo Manuel Torres que permita o normal acceso, tanto para as persoas con discapacidade ou con problemas de mobilidade como para os pais e as nais que levan ás súas crianzas en carriños, etc.

2.- Elaboración dun Plan de mobilidade que aborde de xeito integral a eliminación de barreiras arquitectónicas e que considere o elemento de accesibilidade coma unha

Page 17: 2016 - ACTA PLENO 9-2-16 · A continuación, tal e como se acordou na Comisión Informativa, a Sra. Sanmartín García, Sra. Santiago Suárez, Sra. Blanco López e Pesqueira Pérez,

cuestión fundamental á hora de acometer calquera nova obra.

Remata a votación deste asunto, o Sr. Muradas Ramos regresa ao salón de plenos.

6.- DITAME DA COMISIÓN INFORMATIVA DE MEDIO AMBIENTE E BENESTAR SOCIAL EN RELACIÓN COA MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO BNG-AA PARA A RETIRADA DO ANTEPROXECTO DE LEI DE ACUICULTURA DE GALICIA (EXPTE.: 42/16).

A Sra. alcaldesa indica que tamén existe, sobre o mesmo tema, unha proposta conxunta dos grupos municipais en relación ó texto remitido polas confrarías de Lourizán, Pontevedra e Raxó, polo que farase o debate conxunto destes dous punto, como establece o regulamento.

A Sra. secretaria da lectura ao ditame da Comisión Informativa de Medio Ambiente e Benestar Social, celebrada o 3 de febreiro de 2016, en relación co asunto que se sinala no epígrafe, así como a proposta conxunta dos grupos municipais en relación ao mesmo tema.

A Sra. Blanco López aclara que o BNG rexistrou unha moción que foi introducida na orde do día da Comisión Informativa porque se rexistrou en tempo e forma. Na propia comisión, e fora da orde do día, levase unha proposta de moción conxunta e, a posteriori, achégase un texto, que é a moción que está presentado o sector noutros concellos, pero que, en ningún momento, se lles deu un traslado formal aos grupos municipais, como tería sido normal se o sector rexistrara a moción no Concello, pero a moción ten o selo do rexistro do Concello de Poio e o grupo de goberno dálla en man. Di que o lóxico sería que o sector rexistrara a moción, e logo dar traslado a todos os grupos, e, entón, si que sería realmente a moción conxunta, pero esta proposta de moción conxunta ven a posteriori de que o BNG rexistrara a súa moción. Con respecto á moción, di que a solicitude de retirada do anteproxecto da lei de acuicultura que presentou o PP, a nivel do Parlamento galego, ten o seu antecedente na política peixeira común e nun fondo de, aproximadamente 6.400 millóns de euros, dos cales 1.000 millóns van destinados a potenciar os proxectos acuícolas. Polo medio están plans que aprobados para mellorar, sobre todo, as condicións de vida das persoas que se dedican ao marisqueo e das explotacións acuícolas que actualmente hai en Galicia pero que, sistematicamente, incumplironse por parte do goberno galego, que, en outubro, presenta a tramitación do Anteproxecto da lei de acuicultura de Galicia sen telo consensuado, nin con os demais partidos políticos, nin co sector, que é o máis grave. Máis alá das consecuencias que ten para o propio sector, hai que poñer de relevo o que leva consigo este anteproxecto de lei que, a día de hoxe, o PP, simplemente aparcou, xa que non o retirou dado que segue empeñado en consensuar ese texto, presentado de forma unilateral e en contra do sector. Di que para lograr que este anteproxecto do PP vaia adiante, entre outras cousas, declara de interese público a acuicultura, e así favorece que se normalice o dereito a aproveitar os recursos marítimos en igualdade de dereitos que o marisqueo e que a crianza do mexillón. Di que o que pretende o PP é eliminar os criterios urbanísticos, que están establecidos polos concellos, e favorecer plans sectoriais, de carácter supramunicipal, para non ter que pedir permiso nos concellos, algo parecido ao que se fixo, por exemplo, coa ocupación de ENCE nun espazo marítimo terrestre e da súa prorroga. Estes proxectos necesitan de espazo na zona marítimo terrestre, se requiren unha serie de permisos, e o que pretende o PP é que se poidan solventar, sen ter que pedir os permisos nos concellos onde se van a instalar. Tamén se pretende eliminar a obrigación de someterse ao procedemento de avaliación de incidencia ambiental ter a avaliación ambiental, outro dos requisitos que actualmente hai, e se intenta eliminar, para que sexa máis fácil, a estas empresas privadas, instalarse no terreo que é de todos e todas, ademais a Consellería do Mar pretende facilitar, en todo momento, a tramitación administrativa e rebaixar os impedimento medio ambientais e urbanísticos para que estas empresas se poidan colocar. Indica que o orzamento destinado a autorizacións, neste senso, hai 2.000 millóns de euros para as paradas por falta de actividade, pero pola contra hai 18.000 millóns de euros para salvar a produción de peixe, a saúde e benestar animal, para a mellora de pensos, para barbitúricos e a redución de enfermidades, é dicir se destinan 9 veces máis a ese sector, que a un sector implantado, respectuoso e tradicional do noso país, como é o marisqueo, e favorecen o empobrecemento da ría porque estas plantas non fan máis que botar ao mar produtos contaminantes, moitas veces,

Page 18: 2016 - ACTA PLENO 9-2-16 · A continuación, tal e como se acordou na Comisión Informativa, a Sra. Sanmartín García, Sra. Santiago Suárez, Sra. Blanco López e Pesqueira Pérez,

sen ningún tipo de control por parte da administración, e sobre todo prevalece o capital, xa que se trata dun modelo baseado, sobre todo, no que é mans privadas e ligado a empresas, moitas veces, incluso, supraestatais. Di que a realidade galega dista bastante dos criterios que emanan da Unión Europea, e dos que fai gala, neste caso, do que é o transmisor o goberno galego, en lugar de pensar en clave de país. Galicia ten un modelo propio que hai que apoiar, impulsar e mellorar, non estragando os seus recursos e entregándoos a capitais foráneos, senón mellorando a diversificación do que temos. Nese anteproxecto esquecese de que Galicia existe, e de que precisa desenvolver unha acuicultura baseada no actual modelo produtivo, no que haxa uns operadores que ostentan o dereito a poder cultivar e aproveitar os recursos naturais. Dende o BNG non poden compartir este modelo de acuicultura emanado dende Madrid, centralista, que aposta por unha política con fondos comunitarios de costas á realidade galega, baseado no investimento de capitais que pretenden modificar e facilitar a tramitación administrativa, rebaixar as condicións medioambientais, entregar os nosos recursos naturais a un sector que, unicamente, buscan o máximo beneficio. O BNG aposta polo noso, por mellorar o emprego das mariscadoras e dos mariscadores a flote, pola comercialización da miticultura, regulación dos parques de cultivo, o criadeiros para ter semente, tamén pola diversificación como complemento ao sector, e non coa entrada doutros operadores que compitan, reduzan ou rebaixen o emprego e entreguen os nosos recursos naturais. Por iso o que pide o BNG é a retirada dese anteproxecto. Indica que aínda que o PP está presentando a moción do sector, pode ir moito máis alá, porque forma parte desa decisión e non é alleo. Engade que “lavarse a cara nos concellos non serve de nada”, se a Consellería e o Goberno Galego non retira ese anteproxecto como ven reclamando todo o sector dende que se fixo público.

A Sra. alcaldesa di que, efectivamente, o BNG presentou a moción, pero, tamén, posteriormente, presentou outra o partido Socialista e había outra do PP, polo que, na Comisión Informativa propúxose que, aínda que en Marín non hai asociacións de mariscadoras, nin confrarías, e aínda que as confrarías non presentou aquí a moción, sumaríanse igualmente a ela. Di que, como todos están pedindo o mesmo, invita á voceira do BNG a sumarse a moción conxunta, xa que o PP e o grupo Socialista retiraron as súas respectivas mocións. Engade que non é experta nesa materia, pero podía ler o argumentario da Consellería do Mar, e dende que se presentou esa moción, ata o día de hoxe, tanto a Consellería, como a propia Xunta de Galicia, deron pasos en aras a paralizar este proxecto totalmente. Di que quere pedir a súa retirada, e ten a constancia, polas xestións que leva feito, que, efectivamente, no que queda de lexislatura, este proxecto non vai a saír adiante. Di que o propio sector o que lles traslada é que faga de ponte, é dicir, que está interesado en volver a reunirse coa Consellería do Mar para seguir dando pasos. Indica que o que todos están pedindo é instar á Consellería do Mar á retirada deste proxecto, e se iso, sen afondar en profundidades, se o que lles interesa, tamén ao sector, é que saia un acordo unánime do Pleno da Corporación de Marín, opina que podían todos sumarse á proposta de moción conxunta, porque están todos pedindo o mesmo. Engade que quere facer extensiva esta proposta a todos os grupos, independentemente do debate.

A Sra. Santiago Suárez indica que o grupo Socialista presentou unha moción o día 27, que é a que están presentando en todos os concellos. Engade que non tiña pensado mencionar, hoxe, que a ían presentado porque na Comisión Informativa de Medio Ambiente quedouse en que se se lles daría o texto remitido polas confrarías de Lourizán, Pontevedra e Raxó sobre o anteproxecto de lei de acuicultura, e, como considera que son os sectores os prexudicados, parecíalle lóxico apoiar, non a moción do grupo Socialista, senón a dos sectores prexudicados. Comenta que aínda que retirou a moción do grupo Socialista, pero dado que nas intervencións fíxose referencia ás mocións presentadas, vai a ler a parte da moción do partido Socialista, que presentaron en todos os concellos, que di:“O sector do mar representa o 4% da produción total da economía galega sendo un sector estratéxico na economía local, xa que xera emprego directo como son mariscadoras, bateeiros e, mariñeiros, e tamén emprego indirecto, como son depuradoras de moluscos, cocedoiros, conserveiras, centros de conxelación, estaleiros, carpinterías, cordelería etc. O pasado1 de outubro, o Consello da Xunta iniciou a tramitación do Anteproxecto da lei de acuicultura en Galicia, un anteproxecto que non nace do dialogo, nin dun compromiso con todos os axentes e beneficiarios implicados. Este Anteproxecto de lei de acuicultura contemplan entre outros elementos:

Page 19: 2016 - ACTA PLENO 9-2-16 · A continuación, tal e como se acordou na Comisión Informativa, a Sra. Sanmartín García, Sra. Santiago Suárez, Sra. Blanco López e Pesqueira Pérez,

* Un Plan de ordenación de acuicultura litoral en terra, que establece: 1) Que os propietarios das terras que se neguen a vender serán expropiados a favor

das empresas de acuicultura. 2) O privilexio de eliminar a necesidade de informe previo de incidencia ambiental e a

posibilidade de instalar plantas acuícolas en espazos naturais protexidos. 3) A imposibilidade de que os concellos poidan decidir sobre a implantación de ditas

industrias por ser consideradas de incidencia supramunicipal.* Un Plan de ordenación de cultivos mariños, que establecerá para cada zona das rías

as especies a cultivar e o tipo de gaiola/batea a utilizar.Esta lei está deseñada para implantar a peixicultura intensiva a escala industrial e vai a autorizar todo tipo de especies a cultivar, incluso as foráneas ou exóticas poden acabar sendo invasoras do medio natural.Este anteproxecto foi elaborado de costas á realidade aos intereses das persoas que viven do mar de Galicia. Ningún sector do mar esta conforme con dito anteproxecto, porque entende que está deseñada para desmantelar os sectores produtivos primarios e empobrecerá as comarcas costeiras. Ante o retroceso produtivo das rías, o que precisan os sectores primarios son verdadeiras políticas estruturais que garanta:

- A calidade das augas do medio mariño.- O fortalecemento do tecido produtivo e o potenciamento das actividades primarias,

incentivando a cooperación con liñas de apoio ao desenvolvemento colectivo.- A recuperación da confianza dos consumidores e o fomento da demanda, e polo tanto

da oferta dos produtos do mar de Galicia, sans e naturais.- O incremento do valor engadido dos nosos produtos, para que a riqueza quede aquí e

non se vaia fora. Ante esta grave situación, o Grupo Municipal Socialista do Concello de Marín, presenta ao Pleno a seguinte proposta de acordoInstar á Consellería do Mar a retirada do Anteproxecto de lei de acuicultura de Galicia, e ao Consello da Xunta de Galicia para que rexeite dito Anteproxecto de lei de acuicultura de Galicia”.

Engade que o partido Socialista esixe a retirada total, non a paralización, e que se reúnan as partes, sobre todo os sectores prexudicados, para, entre todos, levar isto a cabo, pero con consenso e de maneira totalmente distinta.

O Sr. González Dopazo, respecto ao dito pola Sra. Santiago Suárez, quere engadir que este anteproxecto apostaba polo modelo administrativo, o que quere dicir que se iría a un sistema de poxa onde competerían en desigualdade de condicións as mariscadoras, ás que considerarían autónomas, e as grandes multinacionais estranxeiras, co cal é fácil adiviñar quen gañaría a partida. Con este anteproxecto esixiríase un canon anual en concepto de concesión pola ocupación das láminas de auga, o que supón que a sombra proxectada polas bateas, ou os barcos sobre o mar sería unha especie de concesión e habería que pagar un canon. O compara con que houbera que pagar un canon polos metros que se ocupe cunha toalla na praia. Tamén hai que salientar que a xente do mar xa están alporizadas, xa que primeiro foi o tema do cerco, despois o do etiquetaxe do mexilón, pois o que viña de Chile e de países asiáticos etiquetabase como mexillón galego, tamén polo tema do xeito, e agora está en pé de guerra o sector marisqueiro e bateeiro. Opina que a retirada deste anteproxecto non é casualidade, senón que é porque están próximas as eleccións. Engade que o Sr. Feijoo, en sede parlamentaria, dixo textualmente: “Coñecemos perfectamente as familias do mar. A maioría vota ao PP e non as imos a defraudar”, o que quere dicir, é que se a xente do mar votase a outro partido non lles farían caso, pero como os votan, entón si fanlle caso e retiran esta lei. Di que o que fixo o PP con este anteproxecto é facer un lance fallido. Opina que hai que facer fincapé en que, esta lei, feita da maneira que se fixo, podía traer novos espazos para o que se chaman “as portas xiratorias”, é dicir, mentres están no goberno fan unha lei que favorece os intereses das multinacionais, e unha vez que non estean no goberno entón “desembarcan” nos consellos de administración desas grandes multinacionais, foráneas ou estatais, e unha vez instalados neses consellos de administración xa está cumprido o obxectivo. Di que isto das portas xiratorias valeu tanto para o sector eléctrico, como para o sector telefónico, ou para a sanidade pública, como se fixo en Madrid. Di que o que se quería conseguir con este anteproxecto é darlle un carácter neoliberal ao sector, é dicir, feito ao ditado das lobis das grandes empresas de acuicultura industrial, que proceden de Noruega, Xapón e Canarias, polo tanto, Marea Veciñal de Marín vai a votar a favor

Page 20: 2016 - ACTA PLENO 9-2-16 · A continuación, tal e como se acordou na Comisión Informativa, a Sra. Sanmartín García, Sra. Santiago Suárez, Sra. Blanco López e Pesqueira Pérez,

da retirada deste anteproxecto, pero o que piden é a retirada completa do anteproxecto.

A Sra. Blanco López puntualiza que o PP en Marín non presentou ningunha moción relacionada coa lei de acuicultura, pero a ten, xa que a está a presentar noutros concellos, e, o que pide, en lugar da “retirada” do anteproxecto, é “aparcar” o anteproxecto ata que se consensue co sector, pero en Marín non a presentaron, pero, a que si teñen é a moción que presenta o sector, porque achegáronlle a todos os grupos políticos, e, de feito, o BNG a ten. Engade que o grupo municipal do BNG valorou se presentar a moción do sector, pero optaron por facer unha propia, porque teñen un traballo feito no Parlamento pedindo a retirada deste anteproxecto. Indica que o grupo municipal do PP, en ningún momento, presentou unha moción, senón que esperou a que outros grupos a presentaran, e, logo, viñeron coa proposta dunha moción conxunta, sen traer sequera un texto. Pregunta como chegou a moción, que por certo ten rexistro do 22 de xaneiro, o debe saber a Sra. alcaldesa soa, porque a moción do sector fixéronlla chegar ao seu grupo hai semanas, ao igual que a todos os grupos, e se non a presentou é porque o PP ten a súa propia moción, que o que pretende é aparcar este anteproxecto, e o vai a facer ata finais de ano, porque non queren problemas coas eleccións ao Parlamento galego, e logo, en caso de que o PP saque os escanos suficientes para aplicar de novo “o rodillo”, como están a facer neste mandato, a recuperan e xa a aprobaran. Di que o sector non quere saber nada da conselleira, de feito, a última vez que se sentaron con ela levantáronse da mesa, xa que o que queren é que desapareza ese anteproxecto, ao igual que queren os demais. Reprocha ao PP a política de aplicar “rodillos” para ocupar terreos que son de todos a base de multinacionais, e, como non lle chega con ENCE, agora queren encher a costa de empresas privadas, vindas de fora, e tirar co traballo dos pescadores e das mariñeiras, por iso non queren este anteproxecto de Lei de acuicultura, nin que se ocupe o que é de todos e de todas, por elo pide que tiren este anteproxecto ao lixo e que o retiren. Dille á Sra. alcaldesa que deixe de facerlle favores e de lavarlle a cara ao PP, porque o que ten que facer é “baixarse dese carro”, xa que aquí o único ao que ven é a lavarse a cara, nada máis, e despois “o traballo sucio faino por fora”.

A Sra. alcaldesa pregunta se é que non se explicou ben, xa que dixo que ían a apoiar a moción do sector. Di que é mentira que teña a moción do sector dende o día que di a Sra. Blanco, xa que ten data de entrada, no Concello de Poio, do día 22, e deulla a todas as portavoces dos grupos municipais. Di que o problema que ten a Sra. Blanco é o protagonismo. Aclara que o sector non presentou a moción no Concello de Marín, por iso ela chamou para que lla fixeran chegar, pero non se presentou por rexistro. Manifesta que o PP de Marín quere apoiar isto, pero, dende que a Sra. Blanco presentou a súa moción, o presidente da Xunta e a Conselleira do Mar dixeron, expresamente, que quedaba aparcado este anteproxecto. Aclara que o grupo municipal do PP pide a retirada, xa que considera que foi un erro, dende o principio, e se cometeron erros, pois non se informou ao sector. Engade que se hai que rectificar, que rectifique quen teña que rectificar, pero “lavar a cara”, “botar foguetes” non. Di que hai que ser serios, e tratan de apoiar que se retire o anteproxecto de lei, e non sabe porqué molesta a algúns que se sumen a isto, pregunta se é que non interesa que o PP, cando comete erros, os recoñeza e rectifique, e despois, como vai a haber unhas eleccións autonómicas, e probablemente, “como o PP é un desastre”, viran outros a arranxar todos os problemas que deixa o PP, e entón xa será unha marabilla e se arranxará todo, pero unha cousa é gobernar e o que se di cando se goberna, e outra cousa é o que se di cando se está na oposición, pero ela prefire ser exactamente igual, e recoñece que se cometeron erros e que se arrancou mal dende o principio. Engade que este Pleno ten que posicionarse sobre o fondo da cuestión, e o grupo do PP está de acordo, e coincide con todas as mocións que hai, e coa do BNG tamén, xa que está pedindo, exactamente, o mesmo, o que pasa é que o BNG quere botala separada e non quere sumarse á conxunta, aínda que non sabe o porqué, pero pensa que se todos están pedindo, aforrarían tempo votando todos xuntos.

A Sra. Santiago Suárez manifesta que o grupo municipal Socialista súmase á moción conxunta, xa que considera que o importante é que se retire dunha vez ese anteproxecto de lei e que se consiga o que queren, nesta caso, os sectores prexudicados.

O Sr. González Dopazo comenta que un home do sector do cerco a actual conselleira

Page 21: 2016 - ACTA PLENO 9-2-16 · A continuación, tal e como se acordou na Comisión Informativa, a Sra. Sanmartín García, Sra. Santiago Suárez, Sra. Blanco López e Pesqueira Pérez,

do Mar, dona Rosa Quintana, a chamaba “Paloma San Basilio” polo cantante que era, xa que prometía unha cousa e logo facía o contrario. Insiste que o que teñen que facer con este anteproxecto é facelo desaparecer e potenciar a actual Lei de pesca, que é o que pide o sector, e non vir con inventos que o único que van a facer é favorecer ás grandes multinacionais, que queren que desaparezan as mariscadores deses espazo público que son as nosas rías.

A Sra. Blanco López di que na orde do día só hai dúas mocións sobre este tema, a que presentou, en tempo e forma, o BNG, e se iso é protagonismo, é un “protagonismo raro”, xa que presenta as cousas, en tempo e forma, para que pasen por Comisión Informativa, sen embargo logo ven outro partido -que sempre é o mesmo- cunha proposta para que non haxa debate neste Pleno porque non lle interesa. Dille á Sra. alcaldesa que deixe de mentir, porque a moción do sector a teñen todos os grupos, a non ser que a Sra. alcaldesa non se fale coa súa concelleira, porque a ten dende hai bastante tempo. Manifesta que o grupo municipal do BNG-AA vai a votar a favor das dúas moción, a do BNG e a do sector, que non é a moción do PP, xa que esa non se atreven a presentala hoxe aquí, pero, ao final, é o que van a facer, van a aparcala e non retirala por moito que se estea aprobando, por unanimidade, en moitos plenos, de moitos concellos, porque son así, din unha cousa e fan outra. Engade que remítese ás probas.

* Sométese a votación ordinaria o ditame da Comisión Informativa de Medio Ambiente e Benestar Social en relación coa moción do grupo municipal BNG-AA para a retirada do anteproxecto de Lei de acuicultura de Galicia (expte.: 42/16), que é aprobado por unanimidade dos 20 concelleiros/as presentes, dos 21 que integran a Corporación, adoptando, en consecuencia, o seguinte acordo que na súa parte dispositiva, literalmente, di:

Instar á Consellería do Mar á retirada do actual anteproxecto de Lei de acuicultura de Galiza pregando que non se inicie ningún outro anteproxecto sen antes ter dialogado cos sectores produtivos e organizacións medioambientais directamente relacionadas con esta actividade.

7.- PROPOSTA DE MOCIÓN CONXUNTA DOS GRUPOS MUNICIPAIS EN RELACIÓN CO TEXTO REMITIDO POLA CONFRARÍAS DE LOURIZÁN, PONTEVEDRA E RAXO SOBRE O ANTEPROXECTO DE LEI DE ACUICULTURA DE GALICIA.

“Existindo varias propostas presentadas polos distintos grupos municipais respecto ó mesmo tema, e acadado o escrito remitido a varios concellos polas confrarías da ría, Lourizán, Pontevedra e Raxó, sobre a retirada do Anteproxecto de lei de acuicultura elevamos ó Pleno os acordos da seguinte proposicións:

1.- Instar á Consellería do Mar á retirada do Anteproxecto de lei de acuicultura de Galicia e ao Consello da Xunta de Galicia para que rexeite dito Anteproxecto de lei de acuicultura de Galicia.

2.- Remitir o texto do acordo acadado polo Pleno municipal ás confrarías de pescadores de Lourizán, de Pontevedra e de Raxó.”

A Sra. Alcaldesa informa que como este asunto ven sen ditaminar, hai que votar a ratificación da súa inclusión na orde do día.

* Sometida votación a ratificación da inclusión do asunto na orde do día, por non estar ditaminado, é aprobada por unanimidade dos/as 20 concelleiros/as presente, dos 21 que integran a Corporación

* Seguidamente, sométese a votación a proposta de moción conxunta dos grupos municipais en relación co texto remitido pola confrarías de Lourizán, Pontevedra e Raxó sobre o anteproxecto de Lei de acuicultura de Galicia, que é aprobado por unanimidade dos 20 concelleiros/as presente, dos 21 que integran a Corporación, adoptando, en consecuencia, o seguinte acordo que na súa parte dispositiva, literalmente, di:

1.- Instar á Consellería do Mar á retirada do anteproxecto de Lei de acuicultura de

Page 22: 2016 - ACTA PLENO 9-2-16 · A continuación, tal e como se acordou na Comisión Informativa, a Sra. Sanmartín García, Sra. Santiago Suárez, Sra. Blanco López e Pesqueira Pérez,

Galicia e ao Consello da Xunta de Galicia para que rexeite dito Anteproxecto de lei de acuicultura de Galicia.

2.- Remitir o texto do acordo acadado polo Pleno municipal ás confrarías de pescadores de Lourizán, de Pontevedra e de Raxó.

8.- DITAME DESFAVORABLE DA COMISIÓN INFORMATIVA DE MEDIO AMBIENTE E BENESTAR SOCIAL EN RELACIÓN COA MOCIÓN DE URXENCIA DO GRUPO MUNICIPAL MAREA VECIÑAL DE MARÍN-SON, SOLICITANDO A REVOGACIÓN DA PRÓRROGA CONCEDIDA A ENCE POLO GOBERNO DO ESTADO EN FUNCIÓNS (EXPTE.: 49/16).

A Sra. secretaria da lectura ao ditame desfavorable da Comisión Informativa de Medio Ambiente e Benestar Social, celebrada o 3 de febreiro de 2016, en relación coa moción do grupo municipal de Marea Veciñal de Marín-SON, solicitando a revogación da prorroga concedida a ENCE polo goberno do Estado en funcións, cuxa parte dispositivas literalmente di:

1.- Instar ó goberno do Estado en funcións á revogación inmediata da prórroga concedida a ENCE, por un período de 60 anos.

2.- O Concello de Marín posicionarase publicamente en contra da permanencia do complexo industrial ENCE-ELNOSA na ría de Pontevedra.

3.- O Concello de Marín apoiará todas as mobilizacións sociais favorábeis á revogación de dita prorroga.

O Sr. Franco Outón expón que no ano 1958, a través do INI, a Celulosa chegou a nosa ría, e, a partir dese momento, o modelo económico, que durante décadas deu de comer aos nosos pais e avós, vese transformado e atacado dun xeito bestial. Os modelos produtivos baseados na pesca artesanal e no marisqueo ven minguadas as súas capacidades ata chegar á situación actual, practicamente, de exterminio. O porto de Marín xira, unha parte bastante importante da súa actividade, cara a Celulosa, o barrio dos Praceres sofre a primeira de moitas agresións que viñeron despois, os índices de contaminación na contorna da ría de Pontevedra dispáranse, supoñendo todo isto un prexuízo gravísimos para a cidadanía. Fala de problemas respiratorios, urticarias, ou índices de cancro altísimos, e que non é casual que Marín sexa unha das vilas, do noso país, cos índices de cancro máis altos. O mapa tradicional da Galiza mirase absolutamente apartado e transformado polo monocultivo de eucalipto, con todos os prexuízos que isto supón, porque, por unha banda, non deixa de ser “pan para hoxe e fame para mañá”, e por outra non permite o mantemento dun monte sustentable e xerador de emprego real no tempo e na forma. Galiza mírase colonizada por unha especie invasora, de norte a sur, e de leste a oeste, que o único que fai é agredir o noso medio, matalo, e matar o noso modelo, para mudalo, a cambio de cartos rápidos e sucios. Dende o primeiro momento foron moitos os que, durante décadas, loitaron contra a permanencia dese complexo industrial, moitos dos cales, ademais, hoxe están aquí, ao que da a benvida ao Concello de Marín. Por outra banda, vimos de coñecer o pasado 25 de xaneiro a prórroga por 60 anos a ENCE, co cal se chega ao ano 2073, e, co cal, as señoras e señores do PP, e incluso a xente desta Corporación, porque son colaboradores implícitos niso, co voto en contra, que van a confirmar despois, tal e como fixeron na Comisión Informativa, que pretende que a xente da xeración do concelleiro que está no uso da palabra, a xeración dos seus pais, vivan e continúen vivindo con ENCE, metida aí, coa “espada de damocles” de ENCE metida en noso pescozo, que o goberno en funcións de Mariano Rajoy, que está xa de saída, toma esa decisión ilexítima, que condena a todos os pobos da ría de Pontevedra a convivir con iso durante 60 anos máis, incorrendo, presuntamente, nun delito de prevaricación, porque hai expedientes que están se pechar. Semella que o PP non se quere desfacer do “regalo” que o seu inspirador ideolóxico, “o ditador Franco”, lle fixo aos pobos desta ría, porque os mecanismos de actuación son os mesmos, “o de atado e ben atado”, porque, como van a saír do goberno, queren pechar os asuntos dos amigos antes de que se vexan foran dos centros importantes de tomar a decisión. Engade que dentro deses asuntos está o PP, con esa conivencia tan estupenda que teñen, porque ENCE non deixa de ser o “cortello” onde está como Isabel Tocino, e o Sr. Álamo, que disfrutan de portas xiratorias e do ben que se vive a cambio de favores e a cambio, ao mellor, do financiamento do PP. Por todo isto pide o voto deste Pleno a favor de solicitar a revogacións desa prórroga, o posicionamiento en contra da permanencia do complexo ENCE-ELNOSA na ría de Pontevedra para recuperar o que é noso,

Page 23: 2016 - ACTA PLENO 9-2-16 · A continuación, tal e como se acordou na Comisión Informativa, a Sra. Sanmartín García, Sra. Santiago Suárez, Sra. Blanco López e Pesqueira Pérez,

de nosos pais, de nosos avós e dos seus ancestrais.

A Sra. alcaldesa anuncia, en nome do grupo do PP, que van a votar en contra desta moción, con todo o respecto, tal e como se debateu, en moitas ocasións, no Pleno da Corporación, pero, agora, cun engadido, cunha decisión do Ministerio de Medio Ambiente, nun marco dun procedemento administrativo que se pecha agora. Di que, sorprendeulle esa decisión, pero non polo resultado de admitir a prórroga, senón polo prazo de tempo, o cal parécelle excesivo, e polo momento en que se fixo, estando o goberno en funcións, pero as súas razóns terá o Ministerio de Medio Ambiente. Indica que é unha decisión administrativa, como cando se conceden aquí as licencias municipais, ou as concesións administrativa. Engade que, dende o punto de vista xurídico, será unha decisión cuestionada, e presentaranse recurso e interporánse contenciosos, e, polo tanto, terá un percorrido logo, e se hai cambio de goberno, se dende o punto de vista administrativo está tan mal feito e se hai posibilidade de revogala, non dubida que iso será o criterio. Di que se ENCE non estivera agora aí, probablemente non estaría nunca, pero está aí dende ese ano, polo tanto non é unha cousa do PP. Comenta que ten recibido a moita xente vinculada con este asunto, aos comités de empresa, todos os representantes sindicais de todas as centrais sindicais que teñen representación e, por exemplo, o Sr. Pedrosa, representante do sindicato CC.OO, di “calquera cidadán, cun nivel de información medio, sabe que o traslado de ENCE non é posible, e sabe, tamén, que cando a empresa abandone Lourizán antes do ano 2018 a unha localización alternativa fora da ría de Pontevedra trata, sen dúbida, de enmascarar unha destrución de postos de traballo en Galicia”. Despois da decisión do Ministerio de Medio Ambiente, as organizacións empresariais recordan que esa permanencia ven estritamente vinculada á creación de emprego. Engade que o din as organizacións empresariais, o di a patronal e os sindicatos que confían que a prorroga veña acompañada de investimentos, o din distintas plataformas como é de “Pro Industria de Pontevedra”, constituída principalmente para evitar o desmantelamento do complexo ENCE-ELNOSA, o di a Cámara de Comercio, AEMPE, CC.OO, UGT, e a CIG, que di, expresamente, que confía que esta decisión sirva para que deixen de usar aos traballadores como arma e empecen a cumprir as promesas de modernización, investimento e emprego. Engade que todo iso non o di o PP de Marín, o di moita xente implicada nisto. Di que recibiron ós comités de empresa, non só de ENCE, senón tamén de ELNOSA, que hai traballadores de Marín, xente de Marín, familias de Marín, xente moi nova que, se esa empresa pecha, eles, probablemente, non poderán acompañar á empresa, e quedarán sen traballo, e, esa é a xente que debe importar ao Concello de Marín, e, polo tanto, cada un terá que facer un análise de se se fixo todo o posible, e, se algunha vez foi posible plantexar un traslado desta empresa, ou se plantexar o traslado situaba este escenario. Insiste en que sorprendeulle o momento desta decisión, pero a empresa ten solicitada a prorroga dende fai dous anos, e estas situacións teñen un final. Di que prefería que fora un novo goberno do Estado quen tomase esa decisión, aínda que, xuridicamente, pensa que quen está en funcións é o goberno e non toda a administración do Estado. Di que cando un fala cos traballadores da empresa, cos distintos representantes sindicais, e tendo a dependencia que ten o Porto de Marín co todo o tráfico de ENCE, o seu peche para Marín non é indubitado, como tamén sabe que o grupo de Marea está en contra dos recheos do Porto, pero a Marín non lle é posible prescindir desa instalación que durante moitos anos apostou fortemente, sacrificando unha parte moi importante do seu litoral. Polo que acaba de explicar o grupo do PP vai a votar en contra desta moción.

A Sra. Santiago Suárez pregúntalle á Sra. alcaldesa, xa que se manifesta sorprendida, se lle gustou ou non a decisión. Di que entende que ten un “papelón”, sendo de Marín, para poder xustificar isto, porque os que viven aquí saben o que teñen alí, ao marxe do que contan sobre o ben que o fai a fábrica. Sobre que hai que pensar na xente de Marín que se queda sen emprego, di que efectivamente, pero tamén haberá que pensar no resto, nos que morreron e os que van a morrer con iso aí. Vai a utilizar un termo que utiliza un compañeiro do partido Socialista, Guillermo Meijón, que está moi concienciado con isto que fala de “cadea perpetua”, 60 anos máis de Celulosa e súa presenza na ría, “cadea perpetua a Marín, Pontevedra, a toda a ría. Cadea perpetua concedida con nocturnidade, alevosía, baixo a sombra dun goberno en funcións. 60 anos, non unha pequena prorroga que podería servir para esperar a que unha renovación tecnolóxica permitira un cambio dunha situación a menor custe. Algo que con dialogo e compromiso tanxibles, por parte da empresa e de todo o goberno, podía entrar nunha mesa de

Page 24: 2016 - ACTA PLENO 9-2-16 · A continuación, tal e como se acordou na Comisión Informativa, a Sra. Sanmartín García, Sra. Santiago Suárez, Sra. Blanco López e Pesqueira Pérez,

concertación. Non falamos de 60 anos de concesión a unha empresa que a comprou baixo custe, cunhas instalación cuxa vida útil remataban no ano 2018, falamos de que nunca se tentou buscar fórmulas que fixeran viable un cambio de situación. Queremos saber, entre outras cuestións, cales son as razóns que avalan a concesión desta prórroga, a duración da mesma, os informes en que sustenta. Como é posible que un goberno en funcións acomete dita resolución cando tal concesión finalizaba en 2018, co cal non se pode xustificar a ausencia da decisión adoptada. A resolución da directora da Dirección Xeral de Sostenibilidade da Costa e do Mar, o nome parece un chiste. O remate do mandato de Rajoy deixanos unha boa sorpresa, por obra e graza dunha interpretación legal e tras a renuncia do goberno da Xunta a endurecer os exames ambientais, agora nos preparamos para una realidade que o PP defendía, fai nada, como imposible, que Feijoo dicía que era imposible, que a fábrica, a cal a ditadura franquista sepultou un dos bancos marisqueiros máis ricos de Galicia, sega 60 anos máis sobre noso litoral. O goberno en funcións de Rajoy da unha prorroga á concesión en dominio público marítimo terrestre e o fai non só polo máximo posible que establece a lei, senón cunha excepción regulamentaria para salvagarda a avaliación ambiental. O PP, soamente fala dos empregos, neste momento, non da perda dos recursos da nosa contorna, da nosa saúde, ampara a Celulosas, que noutro país europeo sería impensable nesa ubicación. É curioso que cando acabe a concesión ningún dos actores actuais que interveñen neste preito estarán vivos, nin eles, nin nós, nin ninguén. Fora de bromas, e de que enterrarán a varias xeración, di que se compromete a vivir ata os 107 anos, soamente, para ver marchar a Celulosas da ría. Espera que en poucos anos, por lexislacións europeas, e pola falta de produtividade que terá a fábrica co tempo, porque a enviarán a outro país, non 60 anos, senón que nin sequera 10, se poida pechar, por iso non pode entender o “papelon” que fai o grupo do PP, xa que é alcaldesa de Marín, e ten que servir aos interese de Marín e non aos do seu partido político.

A Sra. Blanco López comenta que hoxe no salón de plenos hai persoas con moitísima máis autoridade que ela para falar de todo este problema xerado por un goberno en funcións, e reitera a solicitude de que se deixe falar ás persoas que pediron a palabra, e como a Sra. alcaldesa o nega ata que falen todos, ao contrario do que fixo outras veces, vai a aproveitar a súa intervención para explicar ás persoas aquí presentes, que probablemente non saiban, porque, moitas, son do concello de Pontevedra, e saben que o goberno municipal de Pontevedra levou o tema das alegacións á prórroga de ENCE ao Pleno do Concello, foi o propio Pleno do Concello quen aprobou as alegacións a presentar a esa prorroga, porque a Dirección Xeral de Costas comunica aos concellos afectados que hai un prazo para poder alegar, pero esta señora que preside o Pleno do Concello de Marín recibiu a mesma comunicación, e esta señora, que hoxe se sorprende de que o goberno de Madrid, do seu mesmo cor político, tivera tanta axilidade nos prazos para conceder a prórroga a ENCE, negoulle ao Pleno deste Concello poder alegar a esa prorroga, e negoullo, a pesar de que o grupo municipal do BNG solicitoulle por escrito, o 9 de xaneiro de 2015, que convocase a xunta de portavoces para consensuar as alegacións a presentar, e negouno, de novo, nunha xunta de portavoces que tivo lugar por outro conflito, tamén, xerado polo PP, como é o do servizo de ambulancia en Marín. Engade que o que fixo a señora que preside este Pleno, e que está tan sorprendida, foi presentar, non unhas alegacións, senón o que ela chamoulle “consideracións ao expediente”, sen ter emitido informes nin técnicos, nin xurídicos do Concello, nin consultar aos demais grupos, e eran 7 liñas, nas que a señora alcaldesa demostraba a súa fonda preocupación polo tema de ENCE, estaba preocupada de que ENCE e os concellos seguisen emitindo residuos á ría, a través do emisario submarino que a depuradora de Praceres ten instalado, e se puidese legalizar unha vez que a sentenza deixara patente que a Xunta de Galicia edificou incumprindo o título concesional da empresa pasteira, e, ademais, sobre o incumprimento da concesión, os prexuízos do medio ambiente, os efectos sobre os bancos marisqueiros, os reiterados incumprimentos de ENCE en canto as licencias de obra outorgadas para a ampliacións cometidas durante os últimos anos por incumprir a Lei de costas e outros tantos aspectos, a Sra. alcaldesa non opinou, presentou unhas consideracións que, dende logo, o goberno de Madrid debeu ter en conta porque acaba de conceder a prorroga a ENCE obviando todas as alegacións que presentaron outros concellos para que iso non sucedese, Di que iso é o que fai o Concello de Marín, pasar por riba do Pleno do Concello e vetar a posibilidade de que os demais grupos puidesen alegar, consensuando esas alegacións, nin sequera trouxo ese tema a Pleno para poder debaterse, por iso non é de estrañar, que hoxe, incluso se negue que poidan intervir ás persoas que están aquí presentes e que teñen moita

Page 25: 2016 - ACTA PLENO 9-2-16 · A continuación, tal e como se acordou na Comisión Informativa, a Sra. Sanmartín García, Sra. Santiago Suárez, Sra. Blanco López e Pesqueira Pérez,

máis autoridade para falar que eles, substituíndo, incluso, a súa quenda. Dille á Sra. alcaldesa que tampouco debe ler a prensa, nin debeu de ver as miles de persoas que se manifestaron en Pontevedra, só fai uns días, reclamando que ENCE se vaia da ría, iso tampouco débelle de contar, só impórtalle as reunións que mantén, sen contar cos demais grupos, para facerse a foto, para utilizar os argumentos que utiliza o PP, que son os de sempre, “os postos de traballo”, porque resulta que o PP está preocupadísimo polo emprego e polos postos de traballo. Dille que non se preocupe, porque, se ENCE se queda na ría, xa se encargará a reforma laboral, aprobada polo goberno de Rajoy, de facer o ERE necesario para que os traballadores de ENCE estiveran contentos, xa de todo, xa que iso é o que fai cos demais, pero polo visito cos de ENCE está moi preocupada e quere protexelos.

O Sr. Franco Outón dille á Sra. alcaldesa que recórdalle a un personaxe dunha película de Woody Allen que tiña a capacidade sobrenatural de mudar a súa aparencia segundo as circunstancias que fose, xa que di que se sorprende de que deran a ENCE a prorroga por 60 anos. Dille á Sra. alcaldesa que, se está tan sorprendida, pódese abster, ou votar a favor da moción, xa que di que non contaba con esa prórroga, porque non é cousa do PP. Di que non vai a facer, aquí e agora, unha cronoloxía de onde ven o PP, pero todos o saben. En canto a que non é posible, segundo varios informes, trasladar a empresa, dille que non é posible porque onde está situada, agora, pagan 1 peseta, por m/2, mentres que -por poñer un exemplo- se estivera nun polígono industrial como o de Barro, pagarían 20 € por m/2, pero resulta que agora a empresa e o PP defenden os postos de traballo, di que é algo do que acaba de decatarse. Engade que sorpréndelle ver á Sra. Ramallo aliñada na liña dos sindicatos de clase, xa que calquera diría que a reforma laboral a fixo a Pasionaria ou Castelao. Di que a Sra. alcaldesa chega aquí intentando desvincularse, primeiro, do PP de Galicia, e tamén de Feijoo e de Rajoy, ao igual que fixo coa Lei de acuicultura, e pregúntalle porqué non o fai agora, dado que está tan sorprendida. Engade que non lle pide que vote a favor, pero, polo menos, que se abstenga, e permita que esta moción sala adiante, ou é que non pode, porque, ao mellor, os que realmente manda non lle deixan, e iso é o problema. Di que o PP e ENCE forma parte da mesma banda criminal que vai armada ata os dentes para poñer o noso medio ao servizo dos grandes capitais. Manifesta que está polo cumprimento de lei, sempre, e do Estado de Dereito, ese que tanto defende o PP cando lle convén, e cando non lle convén, non o defenden.

A Sra. alcaldesa responde ao Sr. Franco que nin ela nin os seus compañeiros son unha banda criminal. Vai a explicar porque van a rexeitar esta moción, e di que leva moito tempo no Concello e estivo moitos anos na oposición, e sempre mantiveron o mesmo criterio respecto do tema de ENCE, porque non é a primeira vez que se trata o tema de ENCE neste Pleno. Engade que cre que o momento é distinto hoxe, no ano 2016, que fai anos. Di que tamén habería que ver que fixo cada un dos gobernos municipais que houbo, para evitar ou para propiciar, ou para tratar de trasladar unha empresa como ENCE ao longo de 16 anos. Di que cada un pode votar o que queira, pero cando atenden a veciños que traballan alí, ou cando ven o comité de Elnosa, que non lle vai a quedar máis remedio que pechar, porque, ademais, ten outras alternativas, gustaríalle invitar ao Sr. Franco a que veña a reunirse con moitos traballadores de Elnosa que son de Marín, e gustaríalle saber que é o que lle ia dicir. Comenta que, por exemplo, cando Factoría Naval tivo un problema moi grande, onde a Xunta tivo que investir en moitos avais para pagar a provedores e tratar de reflotar a empresa, claro que en Marín e sobre todo moitos veciños da avenida de Ourense, estaría máis cómodo sen ter enfronte os estaleiros, pero iso é inviable porque non existe sitio para trasladar uns estaleiros como Factoría Nadal ou como Nodosa. Di que hai que ser consecuente, e dálle a razón en que hai que ser esixente con ENCE, hai que esixirlle investimentos, e xa se perderon algúns que podían ter feito, no seu momento, por falta de decisión, ou por outros motivos. Remata dicindo que é o momento de esixir e estar vixiante, e que eses son os motivos polos que non van a votar a favor da moción.

A Sra. Santiago Suárez indica que cede a súa quenda a alguén do público.

A Sra. alcaldesa manifesta que se, tampouco, a Sra. Blanco nin o Sr. Franco queren intervir, daralle a quenda de intervención ao público.

O Sr. Antón Masa agradece á Sra. alcaldesa e ao Pleno que se lle permita falar hoxe

Page 26: 2016 - ACTA PLENO 9-2-16 · A continuación, tal e como se acordou na Comisión Informativa, a Sra. Sanmartín García, Sra. Santiago Suárez, Sra. Blanco López e Pesqueira Pérez,

aquí, cando, realmente, entende que é algo improvisado. Di que limitará a súa intervención ao tema dos postos de traballo, porque parece que é iso o que impide, ao PP, votar a favor da moción. Expón que a realidade é que os postos de traballo de ENCE, se algo fan, é destruír ou colaborar na destrución doutros postos de traballo. ENCE, na ría de Pontevedra, non é para nada motor económico da comarca. ENCE destrúe postos de traballo de forma directa, é dicir na empresa. Cando ENCE chegou no ano 1958, á ría de Pontevedra, tiña ao redor de 600 postos de traballo, na actualidade non chega aos 300 (refírese aos fixos), polo tanto destrúe de forma directa na empresa e, de forma indirecta, porque destrúe os recursos naturais da pesca, do marisqueo, do sector forestal, e do sector turístico, e, polo tanto, impide a creación de postos de traballo derivados da súa explotación racional, e de forma inducida porque non haberá empresas limpas, que se veñan a instalar nesta zona, en tanto exista unha empresa como ENCE ou como Elnosa na ría de Pontevedra, porque a fama que ten fora, Pontevedra e a comarca, impide que unha empresa limpa se instale aquí para crear postos de traballo, e iso é algo que hai que ver. Está convencido de que no PP hai moita xente que, no seu foro interno, pensa o mesmo, e cre que moita xente do PP estivo o outro día na manifestación en Pontevedra, porque, ademais, é sangrante, unha navallada como esta, de 60 anos máis. Mesmo a Sra. alcaldesa dixo que lle sorprendeu o número de anos, é que lle ten que sorprender a calquera, xa que iso non é unha prórroga, senón que é unha nova concesión, iso é seguir privatizando o mar para unha empresa porque está impedindo que algo que non se pode trasladar, que é ría, teña que soportar 60 anos máis a súa destrución paulatina, e ENCE si se pode trasladar, o que pasa é que non hai vontade nos empresarios porque non queren investir máis cartos. Tiveron 30 anos para pensar onde tiñan que ir, sabían, cando mercaron, a prezo de saldo, que tiñan que marcharse no 2018 e calquera empresa seria o que faría é unha previsión de cartos para logo poder acometer ese traslado, e ENCE non o fixo nunca, porque sabe que está soportada polo PP, polos gobernos amigos e que ia a seguir permanentemente na ría, e o sabía xa, e a ninguén tiña que sorprender que se lle ia a dar esta prórroga, pero, a parte, se está dando unha prorroga a cambio de nada. Os investimentos que promete ENCE, non son, precisamente, en postos de traballo, porque cando agora falou de cuantificar, dixo que non se podían cuantificar os postos de traballo, sería en cuestións medioambiental etc., eses investimentos ENCE podería non realizalas e entón, como castigo, se lle quitarían 10 anos, polo tanto están regalando 50 anos na ría a cambio de nada, é máis, a cambio de algo, que é o máis grave, a cambio da destrución da xente que está vivindo do mar, do marisqueo, dos bateeiros, da xente da pesca, da xente do sector forestal e da xente do sector turístico. Non se pode defender a toda costa calquera posto de traballo, hai postos de traballo que están destruíndo outros postos de traballo, e na ría de Pontevedra vivían, naquel momento en que chegou ENCE, arredor de 10.000 familias, neste momento a xente que marisquea na ría de Pontevedra son arredor de 400, iso é o que hai que pensar cando se está a defender os postos de traballo. Os postos de traballo non son só os de ENCE, parece que os postos de traballo de ENCE hai que defendelos a toda costa e os demais non. Pide ao grupo do PP que reflexione no tempo que lle queda de Pleno e que vote a favor desta moción.

Outra das persoas do público alude a que a Sra. alcaldesa dixo que era unha decisión administrativa, pero hai que lembrarlle á Sra. alcaldesa que estando no goberno o PP, no ano 2009, no seu programa electoral do PP, no apartado económico, ia que onde está ENCE recuperaríase para disfrute dos veciños/as de Pontevedra, e iso, no ano 2009, foi unha decisión política, Pero non soamente foi iso, senón que, no último programa electoral, da que a Sra. alcaldesa tamén formou parte, na candidatura do Sr. Feijoo, tamén ia a mesma cantidade, é dicir que ENCE se ia a sacar de aí, entón o que non é de recibo que diga que é unha decisión administrativa, cando sabe perfectamente que é algo deixa de ser administrativo cando vai nun programa electoral. Dilles que primeiro de todo son representantes dos veciños de Marín, non do PP, entón pídelle que o pensen, que recapaciten un pouco sobre o que van a facer se non deixan saír adiante esta moción, xa que, realmente, o terán sobre a súa conciencia durante moitos anos.

A Sra. alcaldesa responde que ten perfectamente meditado o voto, precisamente porque representan a veciños de Marín, e non todos os veciños de Marín pensan igual, xa que hai moita xente de Marín que estaba desexando esta decisión, que é unha decisión administrativa, e pensa que vai a ser ter un recorrido contencioso, xudicial e se verá se hai todos eses problemas. Di que falando con veciños de Marín, con asociacións de Marín, co Porto de Marín e cos que

Page 27: 2016 - ACTA PLENO 9-2-16 · A continuación, tal e como se acordou na Comisión Informativa, a Sra. Sanmartín García, Sra. Santiago Suárez, Sra. Blanco López e Pesqueira Pérez,

representan en Marín non todo o mundo está a favor de que se vaia ENCE. Insiste en que pode ser que non sexa o momento, agora mesmo, de tomar esa decisión, pero o PP, e ela mesmas, nunca ocultou o que pesaban respecto deste tema, nunca dixeron o contrario, e o di estando no Porto e recibindo a moitos veciños de Marín. Respecto ao debate, indica que se abriu o debate para que puideran falar dúas persoas do público, o cal non estaba previsto, e antes de que esas persoas interviñeran preguntou se había algunha outra intervención, e como o debate foi o suficientemente amplo, vaise a pasar a votar a moción dado que o ditame é desfavorable.

Iniciada a votación, o Sr. Franco Outón interrompe a votación para planter unha cuestión de orde para que a secretaria informe se é legal que a Sra. alcaldesa peche a queda de debate, cando non é a poñente da moción.

A Sra. alcaldesa responde que o que acaba de dicirlle a Sra. secretaria é que, iniciada a votación non se pode interromper a votación, polo tanto prosigue coa votación do contido da moción.

* Sometida a votación a moción do grupo municipal de Marea Veciñal de Marín-SON solicitando a revogación da prórroga concedida a ENCE polo goberno do Estado en funcións, obtén 9 votos a favor dos/as concelleiros/as presentes do grupo municipal do PSdeG-PSOE (3), BNG-ASEMBLEAS ABERTAS (3) e MAREA VECIÑAL DE MARÍN-SON (3), e 11 votos en contra dos/a concelleiros/a do grupo municipal do PP, resultando, conseguintemente, rexeitada a moción.

9.- DITAME DA COMISIÓN INFORMATIVA DE MEDIO AMBIENTE E BENESTAR SOCIAL EN RELACIÓN COA PROPOSTA DE ADHESIÓN Á REDE DE “CIDADES AMIGAS DOS NENOS” (EXPTE.: 51/16).

A Sra. secretaria da lectura ao ditame da Comisión Informativa de Medio Ambiente e Benestar Social, celebrada o 3 de febreiro de 2016, en relación co asunto que se sinala no epígrafe.

A Sra. Santiago Suárez anuncia que o grupo Socialista vai a votar a favor, pero despois do punto anterior, a adhesión á rede de “cidades amigas dos nenos”, parécelle un chiste, porque, aínda que parécelle estupendo esta adhesión, xa que leva funcionando moi ben en Italia, é incompatible con ter unha fábrica como esta aquí, e ter o aire como se ten.

A Sra. Blanco López pregunta se a proposta é da concellaría de Benestar Social, xa que se é así, pensa que debería explicala.

A Sra. alcaldesa responde que xa se explicou na Comisión Informativa e que non é necesario facelo aquí.

A Sra. Pesqueira Pérez expón que crear modelos de cidades sostibles, participativas e accesibles para toda a veciñanza é un dos obxectivos principais da Marea Veciñal de Marín, por iso, nese sentido, presentan a moción sobre accesibilidade que se acaba de aprobar no punto 5 da orde do día deste Pleno. A participación e consulta a todos os colectivos é imprescindible para acadar este obxectivo que, a todas luces, queda moi lonxe neste Concello. Teñen que ser gobernos progresistas, neste caso a Deputación de Pontevedra, os que poñen en riba da mesa este tipo de debates e permiten avanzar na mellora das nosas vilas e cidades. Marín vaise a sumar a esta rede, e por iso teñen que parabenizarse, mais non poden esquecer e deixar de sinalar a hipocrisía coa que o PP apoia esta iniciativa, cando hai un anaco rexeitaba unha moción sobre a revogación da prorroga de ENCE. Crear espazos participativos e vistos dende a óptica dos nenos e das nenas da nosa vila, é, certamente, positivo, o que non é de recibo é facelo coa “fedorenta” no medio da ría, o que non é positivo é estar máis preocupado polos intereses dunha empresa privada que pola saúde das persoas e do medio. Señoras e sensores do PP están vostedes hipotecando a saúde e o benestar desas nenas e nenos, permitindo a prorroga dunha fábrica que provoca problemas de saúde, pois compre non esquecer que ENCE foi condenada por delito ecolóxico continuado, e, malia os supostos avances que a empresa publicita, a súa actividade segue a producir numerosos episodios de molestias e afeccións na saúde, polos escapes de fumes procedentes do complexo. Poderían falar, se queren, do escape

Page 28: 2016 - ACTA PLENO 9-2-16 · A continuación, tal e como se acordou na Comisión Informativa, a Sra. Sanmartín García, Sra. Santiago Suárez, Sra. Blanco López e Pesqueira Pérez,

de SO2, dióxido de xofre, de agosto do 2013, aquí ninguén viu a reunirse coa Sra. alcaldesa nin a presentarlle ningunha queixa, esa xente non é xente de Marín, só son, exclusivamente, os traballadores de ENCE -claro, o PP defendendo os dereitos dos traballadores-, que provocou insuficiencias respiratorias e irritabilidades oculares nas mucosas e pel entre outras afeccións graves. Dende a Marea Veciñal de Marín van a apoiar, evidentemente, esta moción, porque cren nela, cren na filosofía desta iniciativa, agora dirán vostedes, señores e señoras do PP, a súa hipocrisía, e desculpe Sra. Sanmartín se non lle gusta o que lle di, pero non é nada persoal con ela, son as políticas regresivas que están aplicando o partido no que todos vostedes militan.

Ao non haber máis intervencións, a Sra. alcaldesa da paso á votación do asunto.

* Sométese a votación ordinaria o ditame da Comisión Informativa de Medio Ambiente e Benestar Social en relación coa proposta de adhesión á rede de “Cidades amigas dos nenos” (Expte.: 51/16), que é aprobada por unanimidade dos/as 20 concelleiros/as presentes, dos 21 que integran a Corporación, adoptando, en consecuencia, o seguinte acordo que na súa parte dispositiva, literalmente, di:

1º.- A adhesión ao proxecto “A cidade dos nenos” como ven descrito por parte do grupo de investigación do “Instituto di Scienze e Tecnologie della Cognizione” do CNR de Roma.

2º.- Solicitar poder aproveitar os recursos postos a nosa disposición e ser incluído dentro da rede de cidades adheridas.

B) ACTIVIDADE DE CONTROL DO PLENO:10 .- POSTA EN COÑECEMENTO DO PLENO DA CORPORACIÓN DAS

RESOLUCIÓNS DITADAS NO MES DE XANEIRO DE 2016. A Sra. secretaria da conta das Resolucións da Alcaldía ditadas durante o mes de xaneiro

de 2016, que van do número 1 ao 180, así como as resolucións do mes de decembro de 2015 número 2.832 bis 1, bis 2, bis 3, bis 4 e bis 5, as resolucións 2.839 bis 1 e bis 2, e as resolucións que van do número 2.855 ao 2.861.

O Pleno queda sabedor.

11 .- POSTA EN COÑECEMENTO DO PLENO DA CORPORACIÓN DO INFORME DE INTERVENCIÓN SOBRE RESOLUCIÓNS DA ALCALDÍA CONTRARIAS AOS REPAROS DO MES DE XANEIRO DE 2016.

A Sra. secretaria informa que, en cumprimento do establecido no art. 218 do Texto refundido da Lei de Facendas Locais, na redacción dada por la Lei 27/2013, de racionalización e sustentabilidade da Administración Local, elévase ao Pleno da Corporación a información sobre as resolucións de Alcaldía contrarias aos reparos formulados no mes de xaneiro de 2016 polos motivos de discrepancia que figuran en dita resolución.

O Pleno queda sabedor.

12.- POSTA EN COÑECEMENTO DO PLENO DA CORPORACIÓN DO INFORME DE INTERVENCIÓN DE AVALIACIÓN DO PLAN DE AXUSTE 4º TRIMESTRE DE 2015.

A Sra. secretaria informa que, en cumprimento do disposto no artigo 10 do Real Decreto-Lei 7/2012, de 9 de marzo, polo que se crea o “Fondo para o financiamento dos pagos a provedores”, dáse conta ao Pleno da Corporación do informe sobre a execución do Plan de axuste correspondente ao 4º trimestre de 2015.

O Pleno queda sabedor

13 .- POSTA EN COÑECEMENTO DO PLENO DA CORPORACIÓN DA EXECUCIÓN

Page 29: 2016 - ACTA PLENO 9-2-16 · A continuación, tal e como se acordou na Comisión Informativa, a Sra. Sanmartín García, Sra. Santiago Suárez, Sra. Blanco López e Pesqueira Pérez,

DO ORZAMENTO MUNICIPAL DE 2015, CORRESPONDENTE AO 4º TRIMESTRE.

A Sra. secretaria da conta dos datos da execución orzamentaria correspondentes ao 4º trimestre do 2015.

O Pleno queda sabedor

MOCIÓN URXENTE DE MAREA VECIÑAL DE MARÍN RELATIVA A OBRA ILEGAL NO CAMIÑO DE AGUETE PARA PODER DETERMINAR E ACLARAR DE ONDE PROCEDE O INCREMENTO DE SUPERFICIE DA PARCELA DO SR. VERDE LOBEIRA, do seguinte tenor literal:

“EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:No informe da Sra. Secretar ia Xeral do Concel lo, redactado o pasado 22 de xaneiro sobre o expediente 525/12-2ª, podemos ler o seguinte parágrafo que aparece en I I FUNDAMENTOS DE DEREITO. PRIMEIRO:

Como ten dito reiteradamente a Dirección Xeral dos Rexistros e Notariado (DXRN), a inscrición dun exceso de cabido “stricto sensu” só pode configurarse como a rectificación dun erróneo dato rexistral referido á descrición dunha finca inmatriculada, de modo que ha de ser indubitado que con tal rectificación non se altera a realidade física exterior que se acota coa global descrición rexistral, isto é, que a superficie que agora se pretende constatar é a que debeu reflectirse no seu día, por ser a realmente contida nos lindeiros orixinais rexistrados, pero fora de dita hipótese, a pretensión de modificar a cabida que, segundo o Rexistro, corresponde a determinada finca, non encubre senón o intento de aplicar o folio desta última a unha nova realidade física que englobaría a orixinaria finca rexistral e unha superficie colindante adicional, e para conseguir tal resultado o cauce apropiado será, previa xustificación da súa adquisición a previa inmatriculación desa superficie colindante.

Non deixa de ser sorprendente que o estar t ratando de aclarar se hai usurpación, ou invasión, ou cesión de vía públ ica aos propietar ios da parcela, non saibamos a día de hoxe, alomenos a nós non se nos dou a coñecer mediante un plano e un texto que o acredi te, repi to, non saibamos de onde procede o incremento da parcela nos extremos que indica o parágrafo anter ior. Incluso ousaríamos dic i r que por parte de técnicos e xurídicos que informan, parece que non hai moito interés en aclaralo, se non todo o contrar io. O simple enunciado desta dúbida é, ou sería, máis que mot ivo de preocupación para toda unha corporación municipal , pois o seu bo facer depende nunha gran medida da honest idade dos funcionar ios.

En base ao parágrafo recortado do informe da Sra. Secretar ia e inser ido ao comenzo concluímos que: o incremento de 24,7 m2 dende a pr imeira inscr ic ión no rexistro da propiedade con 262,4 m2, á segunda inscr ic ión fei ta en 2012 con 287,1 m2, poden ser debidos á rect i f icación dun “erróneo dato rexistral” , pero “ha de ser indubidato que con tal rect i f icación non se al tera a real idade f ís ica exter ior que se acota coa global descr ic ión rexistral” , ou pode tratarse dunha superf ic ie col indante adic ional , e neste caso ten que haber unha “xust i f icación da súa adquisic ión”.

Sol ic i tamos do Pleno da Corporación a aprobación do seguinte punto desta moción:

1. Que os servic ios técnicos e/ou xurídicos do Concel lo nos informen en cal dos casos se atopa a parcela do Sr. Verde Loveira, sol ic i tando, se for preciso, toda a información necesar ia, gráf ica e escr i ta, ao Rexistro da Prop iedade ou ca lquera ou t ro o rgan ismo que po ida ac la ra a s i tuación.”

Page 30: 2016 - ACTA PLENO 9-2-16 · A continuación, tal e como se acordou na Comisión Informativa, a Sra. Sanmartín García, Sra. Santiago Suárez, Sra. Blanco López e Pesqueira Pérez,

O Sr. González Dopazo xustifica a urxencia a raíz das mocións presentadas sobre este tema, xa que, nun momento dado, a Sra. secretaria fixo un informe bastante completo, en cambio o informe que se pide á arquitecta municipal son dúas liñas escasas, e por elo insisten en que os servizos técnicos informen en que caso se atopa a parcela do Sr. Verde Loveira, porque se se pregunta, reiteradamente, se ese aumento de parcela de 260 m/2, a 287m/2, é a conta do camiño, da leira da nai, ou de onde saen ese aumento de superficie, polo tanto, visto a escasez do informe técnico, é polo que insiste con esta moción.

* A Sra. alcaldesa somete a votación a solicitude de tramitación pola vía de urxencia desta moción, aprobándose por unanimidade dos 20 concelleiros/as presentes, dos 21 que integran a Corporación.

O Sr. González Dopazo expón, a raíz do informe da Sra. secretaria que fala dunha parcela inmatriculada, que pertence a nai da infractora, e que ten outra calificación urbanística, engádeselle, porque así aparece no plano que lle facilitou o servizo técnico do Concello, a efectos de aumentar no Rexistro de Propiedade o tamaño da finca do Sr. Verde Loveira. Di que facilitóuselles un plano, que presumiblemente é o plano que levou o Sr. Verde Loveira ao Rexistro da Propiedade, onde aparece 287,10 m/2, e esa información rexistral é a que da conta a arquitecta municipal, xa que no seu informe di “en ambolosdous casos, dende o punto de vista técnico, a nivel urbanístico, tómase como referencia a superficie reflectida na nota simple rexistral”, pero nin aporta un plano, nin información técnica. Engade que tamén quere destacar que a comisión de investigación hai que botala a andar xa, porque urxe, e con este informe tan conciso, e coa urxencia que ten a Sra. arquitecta por ir alí a facer a acta de aliñación, é sospeitosa a actitude, polo tanto, razón de máis para presentar esta moción ao Pleno por vía urxente.

O Sr. Santos Costa manifesta que como o que se solicita é aclaración en relación coa superficie inscrita no Rexistro da Propiedade desta parcela, non ten ningún inconveniente en solicitar outro informe técnico e xurídico para ver de da un pouco máis de luz a este tema, polo que o grupo do PP vai a apoiar a moción.

A Sra. Santiago Suárez indica que o grupo Socialista tamén apoia esta moción, que máis ben é unha petición de informe. Comenta que estiveron falando en Comisión Informativa deste tema e non lle estraña que o Sr. González Dopazo haxa pedido esta aclaración de informe, porque entre planos e planos non se decataba ninguén. Espera que os técnicos de urbanismos sexan capaces de chegar, por fin, a saber o tamaño da parcela. Respecto á Comisión de investigación que se ia a abrir, di que canto antes se abre e empece a traballar, mellor será.

A Sra. Blanco López anuncia que o grupo do BNG vai a apoiar a moción e tamén manifesta que xa está tardando a comisión de investigación. Indica que pediu informe xurídico para saber como tiña que estar conformada, xa está emitido pero non sabe a que se espera. Engade que, en todo caso, ter máis informes enriba da mesa sempre vai a ser positivo, pero o que ten que poñerse en marcha é a comisión de investigación, na que pode estar presente a parte veciñal para tratar de botar luz sobre isto e logo volver a traelo a Pleno, de novo, se fose necesario.

A Sra. alcaldesa opina que, á vista do último informe xurídico da secretaria, que é onde di a posibilidade dun exceso de cabida, ou non, da parcela, sería oportuno dirixirse á propia rexistradora da propiedade para que informe en que caso se atopa a parcela en cuestión, aínda que non ten obriga de contestar.

* Sométese a votación ordinaria a moción urxente de Marea Veciñal de Marín relativa a obra ilegal no camiño de Aguete para poder determinar e aclarar de onde procede o incremento de superficie da parcela do Sr. Verde Lobeira, que é aprobada por unanimidade dos 20 concelleiros/as presentes, dos 21 que integran a Corporación, adoptando, en consecuencia, o seguinte acordo que na súa parte dispositiva, literalmente, di:

“Que os servizos técnicos e/ou xurídicos do Concello nos informen en cal dos casos se atopa a parcela do Sr. Verde Loveira, solicitando, se for preciso, toda a información necesaria, gráfica e escrita, ao Rexistro da Propiedade ou calquera outro

Page 31: 2016 - ACTA PLENO 9-2-16 · A continuación, tal e como se acordou na Comisión Informativa, a Sra. Sanmartín García, Sra. Santiago Suárez, Sra. Blanco López e Pesqueira Pérez,

organismo que poida aclara a situación.”

14 .- ROGOS E PREGUNTAS.A Sra. Santiago Suárez formula os seguintes rogos:- Indica que asistiu ao Consello Escolar do Colexio Carballal e unha das cousa que lle

comentaron é que teñen un problema co “Plan madruga”, que é claramente deficitario, xa que hai poucos nenos, pero queren conservalo, polo menos, este ano para non perder o servizo, e, para o ano que ven, intentar implementalo doutra maneira. O rogo é que se intente manter este ano, incluso abrindo este servizo a outros colexios.

- Tamén falaron con eles os da ludoteca “Illa dos Nenos”, que están a punto de pechar porque teñen problemas para continuar co negocio, que é sobre todo conciliación, aínda que tamén traballaron para algún “Plan madruga” de colexios, di que non sabe se se podería relacionar estes dous problemas e o rogo é no sentido de se se poden solucionar os dous problemas.

A Sra. alcaldesa manifesta que xa se reuniron con todas as partes, por un lado o Colexio Carballal, a empresa que leva o “Plan madruga” e coa “Illa dos nenos”, e a situación hai que valorala de maneira urxente porque, senón, o lóxico é facelo extensivo a outros colexios que, ao mellor, non poden poñer “Plan madruga” por non ter nenos suficientes, entón, pensa, que de cara ao futuro, dende o punto de vista municipal, teñen que estudiar que se pode facer, pero o que non se pode é asumir este tema só para unha empresa, ou só para un centro en concreto. Engade que aínda non saben que solución pode ter, pois pode crear un precedente, e outros colexios xa se decataron da situación e xa viron a pedir o servizo.

O Sr. Muradas Ramos, formula os seguintes rogos e preguntas:- Pregunta como está o tema da rúa Ezequiel Massoni, se tomaron algunha decisión.- Comenta que xa dixo que o tramo de Jaime Janer era unha obra “notablemente

mellorable”, na súa opinón, e xa empeza a dar os primeiros síntomas co sistema de reixas na rede de sumidoiro, para as augas pluviais, que xa foi contrastado noutras obras e noutros camiños en Marín, fai moitos anos, e nunca deron bo resultado, e estas xa empezan a ter problemas, pois xa hai veciños que se queixan do ruído que fan ao pasar os coches. Roga que o arranxe, pero xa adianta que, tarde ou cedo, haberá que buscar algunha solución pois ese sistema non funcionou nunca, en ningún sitio.

- As luces da metade do palco da música a media tarde se acenden e quedan así toda a noite. Roga que miren este tema.

- Pregunta que pasa coas fontes ornamentais do municipio, xa que só funciona unha, e curiosamente, nesta investigación, decatouse que da “brillante” execución do Plan Arela, resulta, que a fonte do chan, da rúa do Sol, hai unha factura “fermosa” para o seu arranxo, ademais, de xa fai tempo.

- Comenta que hai unha maldición coas pedras, xa que rúa empedrada, rúa levantada, neste momento debe haber 5 ou 6 obras en Marín que coinciden en lugares onde o pavimento esta empedrado. Quere saber se son obras municipais, e se non o son, de que empresa son e, se son da mesma, a ver se é que lles están tomando o pelo.

Responde a Sra. alcaldesa:- Sobre o expediente de Ezequiel Massoni dille que, como ten acceso ao mesmo, con que

vaia a velo xa sabe no punto no que está. Engade que está no mesmo punto que a anterior vez que preguntou, remitiuse á empresa e á dirección de obra, que teñen un prazo, e logo verase se hai que encargar un proxecto para levantar a fonte de Ezequiel Massoni, que por certo é a única que funciona.

- Respecto ao funcionamento das fontes di que hai un problemas coas persoas que estaban a cargo das fontes, que se lles pagaba unha produtividade fixa por ese mantemento e non se pode levar así, porque o apagado e acendido das fontes hai que xestionalo doutra maneira, non pode ser que se estea pagando unha produtividade fixa no tempo aínda que non vaian a velas. Engade que agora está vendo a mellor forma de xestionalas.

- Toma nota do tema do palco da música, e das reixas de pluviais.- Respecto as distintas obras en rúas empedradas, dille que, polo menos en dúas, son

acometidas que estaban solicitadas, unha de gas e outra de conexión eléctrica. Engade que

Page 32: 2016 - ACTA PLENO 9-2-16 · A continuación, tal e como se acordou na Comisión Informativa, a Sra. Sanmartín García, Sra. Santiago Suárez, Sra. Blanco López e Pesqueira Pérez,

vixiaráse a reposición.

O Sr. Pastoriza Pazos fai as seguintes preguntas:- Pregunta se poden informarlle de como se levou a cabo a toma de decisión en canto a

suspensión, polo mal tempo, o desfile infantil, e, así mesmo, os criterios polos que non se suspendeu o do día 7.

- Pregunta como se levan a cabo as comunicacións, por parte do Concello, en concreto, o di por unha mensaxe, para que lle aclaren se, realmente, é do Concello, e que estaba recollido nun medio de comunicación dixital do que vai ler un extracto: o anuncian como, “se suspende o desfile infantil por mal tempo. Mensaxe do Concello. Celebración do desfile infantil. O desfile infantil programado para esta tarde suspéndese por mal tempo -o dan como se fose unha comunicación do Concello “(...) calquera outra opción nun recinto pechado, como se fixo noutras ocasións, non satisface, xa que intentando recentemente en dúos ocasións non acada mocitas, expectativas, non para actuar, non para desfilar”. Di que non é un sibarita da ortografía e non quere incidir, de novo, no tema, pero hai veces que as comunicacións que saen do Concello fan que lle doan os ollos, xa que é unha vergoña, non para el, senón para toda a cidadanía, por sacar este tipo de comunicados do Concello. Pregunta se este comunicado saíu do Concello.

A Sra. alcaldesa respóndelle que podía practicar e facer como ela, que aínda que non fala ben o galego, podía intentalo e, así, ao mellor corrixíanse mutuamente.

- Respecto da toma de decisión do aprazamento do desfile infantil, dille que coas alertas que había do 112 decidiuse, que o mellor, era suspender o desfile infantil e pensa que foi unha decisión acertadísima, e decidiron continuar coa programación do día seguinte, xa que mellorou o tempo e puideron celebrar tanto o pregón, como o desfile de adultos. Di que noutras ocasións, como a xente insistía, chegouse a trasladar a festa imfantil ao pavillón da Cañota, pero foi algo caótico porque as comparsas fan moito ruído e a acútican no pavillón é malísim, ademáis, cada vez, son máis grandes e por iso decidiron aprazalo, xa que os pavillóns da Raña, e o do Sequelo, que, aínda que son máis grandes, teñen o chan de madeira e é imposible meter alí un desfile infantil de carnaval. Indica que decidiuse aprazalo e buscar unha data cos colexios e coas AMPAS porque están moi interesadas en participar, xa que levan traballando moito tempo.

- Respecto do comunicado, entende que é un problema do corrector, xa que ninguén escribe así nin a propósito. Indica que cando se toma a decisión de suspender un desfile é unha labor tremenda, pois hai que avisar a toda a xente. Dille que é unha pena que case todo o mundo o entendese, menos o Sr. Pastoriza. Comenta que o Concello non ten gabinete de prensa e que cando algo se anula, hai que escribilo, hai que avisar á Policía Local, hai que subir a páxina, hai que mandalo a facebook, á comisión organizadora e a todos os integrantes, e iso todo o fan eles. Engade que tratarán de corrixir, pero se ve que é un problema do propio corrector, xa que moitas veces escríbese dende o propio móbil, ou dende lugares que non é a oficina, pero á cidadanía de Marín serviulle, xa que o importante era avisar.

A Sra. Blanco López solicita a información que pediu no Pleno anterior.

A Sra. alcaldesa dille que logo lle da por escrito a información sobre o tema da limpeza e sobre o horario de recollida de lixo.

A Sra. Blanco López formula os seguintes rogos e preguntas:- Di que por falta de reiteralo e de volvelo a pedir pola súa parte non vai a quedar, e se refire

a unha moción aprobada por unanimidade para arranxar un camiño en Mogor, no lugar de Areosa, pero seguen esperando, xa que non se fixo absolutamente nada, iso que houbo un mes de decembro con bo tempo, e é un acordo adoptano no mes de abril.

- Espera que a moción de seguridade viaria na barriada de Mogor, que tamén aprobouse por unanimidade, non sega polo mesmo camiño, e que polo menos se empece por algo. Engade que a sinalización horizontal dos cruces está totalmente borrada, sobre todo na comarcal, e é perigoso. Comenta que o outro día houbo un accidente na curva de Portocelo e esa estrada é unha zona perigosa. Di que non se está pedindo nada que requira un gran investimento, senón que é cousa de vontade, e as cousas se aproban para facelas. Di que non sabe porque as mocións se aproban por unanimidade e logo, o goberno municipal, as retrasan no tempo. Non acaba de entendelo, sobre todo cando son cousas que se poden facer.

Page 33: 2016 - ACTA PLENO 9-2-16 · A continuación, tal e como se acordou na Comisión Informativa, a Sra. Sanmartín García, Sra. Santiago Suárez, Sra. Blanco López e Pesqueira Pérez,

- Hai solicitudes por parte das asociacións para utilizar unha cociña, e o Concello de Marín non pon a disposición das asociacións ningún local con cociña, a pesar de telo, e o que se lles di e que non se pode habilitar por motivos de seguridade etc. Pregunta se ten pensado acondicionar ese local para facer cursos, se non teñen pensado nada, se van vai poder utilizar para show cooking, ou como van a darlle servizo a esas asociacións que teñen dereito. Di que, como mínimo, cando unha asociación fai unha solicitude, deberíaselle contestar, pero resulta que son 11 e non dan feito, pero cando alguén se molesta en dirixirse ao Concello, ten dereito a recibir unha resposta. Di que iso non pasa en ningún concello, pasa neste porque se permiten ese luxo, non sabe se é porque non ven a determinadas asociacións. Espera que agora poda dar unha explicación, xa que non a deu a quen tiña que dala.

A Sra. alcaldesa di que toma nota do tema da barriada de Mogor, pero dende o anterior Pleno, a este, non houbo tregua coa choiva para pintar absolutamente nada na calzada, nin alí, nin en ningures, pero entende que queira que se cumpra o antes posible.

Respecto ao tema da cociña, responde que está pechada dende hai tempo porque non reúne os requisitos para poder ser utilizada para dar eses cursos de cociña, ademais existe unha denuncia por escrito, dunha academia de cociña que hai en Marín, e que ten todos os permisos, autorizacións, e que está dada de alta, que non quere que se dean ese cursos de cociña porque, esa cociña, non ten as autorizacións para dar cursos. Di que a experiencia foi malísima na utilización desa cociña, e ademais o uso que ten a Cámara Agraria, coa cantidade de asociacións que están alí, no cre que teña que estar habilitada nin investir nunha cociña, que de cara ao futuro non vaia a reunir as requisitos. Existen outra cociñas, e de feito se fixeron, fai moitos anos, cursos de cociña en outras cociñas que están autorizadas, habilitadas e dadas de alta, con todos os permisos, e inspeccións sanitarias, incluso o propio Concello organizou cursos de cociña, por exemplo na cociña do comedor das monxas se fixeron cursos oficiais de cociña, e, unha asociación pode, se quere, solicitalo, pero o Concello non ten locais habilitados para dar todo tipo de cursos, os locais que ten o Concello son os que ten, e se unha asociación quere dar un curso e o Concello non ten a posibilidade de ofrecer un local para ese tipo de curso, terá que buscar onde poder dalo.

O Sr. Fernández Pose pregunta porque non se fixa data para a próxima xuntanza do grupo de traballo da nave de deportes náuticos, xa que na Comisión Informativa non se fai máis que “dar largas” con respecto a este tema, e non son só son os clubs os que preguntan, senón as mesmas federacións que invitaron a formar parte deste grupo, e están interesadas en saber como vai ese tema. Sabe que están esperando os informes técnicos, pero se poderían ir dando pasos respecto a este tema.

A Sra. alcaldesa responde que houbo unha reunión, na que se apuntaron unha serie de propostas, que están pendentes de facer os estudos, a valoración e o orzamento e, cando se teña, xa hai algúns pasos que se poden dar, aínda que outros non, entón, cando se teña o orzamento e o lugar, haberá que ver se é posible facelo aí, porque ao mellor teñen un recorrido xurídico, polo camiño, e non é posible, e, ao mellor, é mellor esperar aos estudo e con todo na man se convocará.

A Sra. Santos Omil formula os seguintes rogos:- Pide que se intensifique a limpeza das rúas, xa que ultimamente son moitas as queixas

veciñais pola falta de limpeza nas beirarrúas, sobre todo de excrementos de cans que se tarda, ata 3 días, en recollerse.

- Roga que na Biblioteca municipal poida haber prensa en galego, xa que é unha administración pública cultural, e sería bo axudar a manter unhas poucas publicacións, en papel, escritas en galego.

- Insistindo no cumprimento da normalización lingüística, na recepción que se fixo no Concello ao “Club Peixe Galego”, tanto o vídeo proxectado como a faixa estaban totalmente en castelán, contradicindo o artigo 15 da Ordenanza de Normalización Lingüística que di “todas as publicacións ou mensaxes de dito Concello faranse en lingua galega”

A Sra. alcaldesa indica que toma nota dos rogos.

A Sra. Pesqueira Pérez formula os seguintes rogos e preguntas:- Hai xa meses que puxeron en coñecemento deste Pleno e dos concelleiros responsables

Page 34: 2016 - ACTA PLENO 9-2-16 · A continuación, tal e como se acordou na Comisión Informativa, a Sra. Sanmartín García, Sra. Santiago Suárez, Sra. Blanco López e Pesqueira Pérez,

que o vial que sobe por un dos laterais da canteira da Laxe, necesitaba limpeza ademais da colocación dun balaústre para a seguridade dos que alí viven. Estes días, varios veciños da zona sufriron caídas a causa do verdín acumulado no vial, constituíndo un novo perigo a engadir a falta do balaústre protector. Insiste, de novo, ante esta cuestión e agarda que sexa solucionado o antes posible. Aclara que é na canteira da Laxe, na parte de arriba, hai familias con nenos pequenos que, calquera día, esvaran e van para abaixo. Indica que xa falou coa Sra. Sanmartín, hai tempo, e díxolle que ia a traballar neste asunto. Engade que, ademais de esvarar, non teñen luz, nin a balaustrada.

- O mes pasado o aparcamento privado que rodea a igrexa nova de Marín foi arranxado coa axuda do Concello de Marín, sendo a Igrexa unha entidade privada e este aparcamento da súa propiedade, estando valado e con portas. Pregunta, canto foi o investimento municipal neste arranxo, se chegaron a algún tipo de convenio coa Igrexa como compensación, se é así, quixera coñecelo e unha copia dese convenio por escrito. En caso contrario, gustaríalle saber porque este Concello subvenciona obras privadas.

- Levan pedindo en reiteradas ocasións, todos os grupos municipais, unha copia dixital do Plan Marín 2020, pregunta cando pensan que poderán dispoñer da mesma.

- Dende a Marea Veciñal de Marín, pide que se acondicione, tamén para o resto dos grupos, locais municipais, aos que teñen dereito, para poder realizar o seu traballo municipal con dignidade.

- Pide que se lle facilite o informe sobre a recollida do lixo e sobre os horarios de recollida.

A Sra. alcaldesa respecto ao aparcadoiro da Igrexa, responde que é un aparcadoiro que está aberto todas as tardes, onde aparca moitísimo xente, e que estaba nun estado deplorable. Di que a xente que o utiliza non é só a que vai a igrexa, senón que facilita o aparcamento de toda esa zona, e, polo tanto, pensa que é unha labor de colaboración. Engade que convenio non hai, e o custe para o Concello foi de 1.350 €, e que as obras as fixo unha empresa privada. Di que debido as chuvias non quedou perfecto. Aclara que o Concello non subvenciona á Igrexa, nin a unha empresa privada, senón que acondicionou un aparcamento que é de uso público, sobre todo polas tardes, para os veciños de Marín, sempre que haxa sitio, porque, a verdade é que sempre está cheo. Engade que da un bo servizo e están encantados de habelo feito, xa que as peticións eran moitas e a xente quedou moi contenta.

- Respecto ao Plan Marín 2020 xa está entregado no Concello, tanto en galego como en castelán, e pensou que xa se fixeran as copias dixitais e que xa as entregaran.

- Respecto do informe do servizo de recollida de lixo, llo entregará logo.- Toma nota do tema do balaústre na canteira da Laxe.- Respecto a un local municipal para os grupos políticos, dille que, neste momento, dentro

do Concello, non hai posibilidade, e fora do Concello dille que faga algunha proposta e se estudaría.

O Sr. Franco Outón formula os seguintes rogos e preguntas: - Di que non vaia a ser que os grupos da oposición se poñan na porta do Concello a

abordar aos veciños para que non cheguen á Alcaldía, poñendo unha carreira de obstáculos, por todo isto solicita un local para os grupos da oposición, dentro do Concello ou fora, se lle ocorre a “casa dos balcóns”, ou outros locais que como a Sra. alcaldesa leva máis anos aquí sabe mellor.

- Pregunta cando se vai a convocar ao grupo de traballo do pavillón de Seixo. - Di que lle gustaría que se contestase por escrito, e tamén aquí no Pleno, en que situación

está a sinatura do convenio coa Escola Naval, e tamén o referido ao tema da seguridade vial de Casás.

A Sra. alcaldesa responde que dentro da Casa Consistorial non hai locais que poidan ser utilizados, en exclusiva, polos distintos grupos municipais, pero que fagan propostas.

Respecto do tema do pavillón de Seixo di que está pendente de configurar o grupo de traballo, porque entre os membros da comisión, están os propietarios do antigo campo de fútbol de Seixo, que so poden a partir das 6 da tarde, co cal convocarase unha reunión e avisarase a ver se lles vai ben a todos.

Sobre o convenio coa Escola Naval di que non sabe se é que non se explica ben, ou se é que non a atende. Explica que cando se aprobou esa moción se enviou á Escola Naval, e ten unha carta do director da Escola Naval Militar da que lle dará unha copia.

Page 35: 2016 - ACTA PLENO 9-2-16 · A continuación, tal e como se acordou na Comisión Informativa, a Sra. Sanmartín García, Sra. Santiago Suárez, Sra. Blanco López e Pesqueira Pérez,

O Sr. González Dopazo formula os seguintes rogos e preguntas:- A estrada que parte do cruce de Pardavila, cara a Ruanova, por onde vai a obra de

Acuaes que pola súa parte dereita está afundida, xa que unha vez que se puxo a tubaria, asfaltouse, pero o asfalto requisou nun treito moi longo, entón é un perigo. Pregunta cando a empresa responsable vai a arranxar ese treito.

- Sobre os expedientes desaparecidos que dificultan o traballo, polo menos o del. Por exemplo o proxecto da empresa Naos, feito no 2012, debería esta metido no expediente do campo de fútbol de Seixo, pero ese expediente non está, polo tanto pensa que o político ou política que fai desaparece expedientes non só está facendo algo inmoral e indecente, propio de desvergonzados, trileros e chanchulleiros, senón que ademais esta amosando o seu “ananismo mental”. Di que non sabe que se vai a facer netos casos. Engade que non di que só o faga o equipo de goberno, xa que aquí non hai inocentes, pero quen fai unha cousa desas non serve para estar en política.

- Nunha das actas da sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local do mes de xaneiro hai unha dación de conta da resolución da Deputación Provincial, aprobando o reparto definitivo dun crédito de 940.000€, e pregunta a que van destinados eses cartos.

A Sra. alcaldesa respecto das obras de Acuaes, di que a empresa está pendente de repoñer moitas zonas, unhas incluso as cerraron con formigón, porque co mal tempo non se pode asfaltar.

- Dille que non lle entendeu moito o reproche de que son “inmorais”, que teñen “ananismo mental” respecto ao campo de fútbol de Seixo, e dille que ela non ten ningún expediente, agás os de o día a día, xa que os expedientes están rexistrados e arquivados en Urbanismo, Secretaría ou onde corresponda, ou os terá o técnico encargado de velos.

- Respecto da dación de conta da Deputación sobre o Plan Concellos 2016, dille que agora mesmo, de memoria, pode sinalar que existe varias liñas de axuda, unha referente á contratación de persoal, como un plan de emprego, para Bens e Servizos, onde se vai a investir 145.000€, para o que era o antigo Plan de actividades culturais, fixéronse solicitudes por 35.000 €, e logo queda unha porcentaxe que é o que se pode destinar a obras. Di que algunhas peticións xa se fixeron e se está avanzando nunha serie de proxectos que logo, nas distintas Comisións Informativas, poden darlles conta, son referentes a temas que afectan ao rural, outros a iluminación e do casco urbano, que se están preparando para facer as solicitudes.

A Sra. Alcaldesa da por rematada a sesión as 23 horas e 45 minutos do que como

secretaria dou fe.

A ALCALDESA-PRESIDENTE

Asdo.: María Ramallo Vázquez

A SECRETARIA

Asdo.: Paula Costas Romero