2010_06 proposta_implicacion

14
Unha proposta para a implicación da veciñanza e a cidadanía coa sustentabilidade documento de traballo para a difusión e divulgación inicial do proceso de implementación das Axendas 21 Locais nos Concellos de Cuntis, Lalín, O Carballiño, Oza dos Ríos e Ribadeo

Upload: juan-marcos-perez-gulin

Post on 17-Aug-2015

266 views

Category:

Health & Medicine


3 download

TRANSCRIPT

Page 1: 2010_06 proposta_implicacion

Unha proposta para a implicación da veciñanza e a cidadanía coa sustentabilidade

documento de traballo para a difusión e divulgación inicial do proceso de implementación das Axendas 21 Locais nos Concellos de Cuntis, Lalín, O Carballiño, Oza dos Ríos e Ribadeo

Page 2: 2010_06 proposta_implicacion

Este documento foi elaborado pola Fundación Galicia Sustentable e non pode ser copiado na súa totalidade nin en parte sen o seu consentimento escrito. Nel se presentan informacións, imaxes e conceptors que a Fundación Galicia Sustentable pode utilizar en virtude de acordos de distribución e/ou representación con diferentes organizacións. A información contida neste documento pode conter inexactitudes por causas tipográficas e/ou de actualización dos contidos. Para acceder a información actualizada consulte coa Fundación Galicia Sustentable ou no sitio web www.galiciasustentable.org ou póñase en contacto a través do enderezo electrónico [email protected] Polo que se refire á difusión dos conidos desta publicación infórmase que están suxeitos a unha licenza de Creative Commons salvo que se indique o contrario. Máis información en http://creativecommons.org/licenses/by/3.0/es/deed.gl ou poñéndose en contacto con [email protected]

Fundación Galicia Sustentable

Page 3: 2010_06 proposta_implicacion

A Fundación Galicia Sustentable constitúese como unha organización sen ánimo de lucro que traballa pola posta en valor do potencial de Galicia e as súas xentes cara a sustentabilidade. No mes de febreiro de 2009 é declarada pola Xunta de Galicia fundación de interese ambiental é de interese galego un mes máis tarde.

O desenvolvemento da capacidade humana para a transformación do noso medio modificou, e continúa a alterar, as normas de funcionamento do ecosistema Terra ata tal punto, que estes cambios puxeron en intredito a propia capacidade de mantemento do nivel de vida actual das sociedades desenvolvidas.

Aumindo os límites da capacidade de crecemento e no contexto dunha economía globalizada, será a competividade territorial o que nos permita garantir o mantemento duns niveles axeitados de desenvolvento social, vencellando diretamente o progreso coa posta en valor das potencialidades propias do entorno que veñen sustentando unha identidade e un modo de vida adaptado ao noso territorio e que son constitutivas dun verdadeiro elemento diferenciador.

Para avanzar cara a unha sociedade sustentable cómpre un paradigma que, desde unha visión holística, afronte a complexidade das relacións entre as dimensións ecolóxica, social e económica.

Nun sentido amplo, a sustentabilidade é un xuízo de valor polo que optamos de modo compartido para poder establecer obxectivos que definan as nosas actuacións nunha senda perdurable no longo prazo. Máis que un punto de chegada cara ao que orientar medidas concretas, a sustentabilidade debe ser entendida como un punto de partida para establecer as liñas de referencia nos traballos de planeamento estratéxico.

Unha aproximación realista á idea da sustentabilidade

Page 4: 2010_06 proposta_implicacion

AXENDA 21 CAMIÑO DA SUSTENTABILIDADE LOCAL

Page 5: 2010_06 proposta_implicacion

Case que 20 anos despois da súa instauración, o resultado da implementación das Axendas 21 locais dista moito das expectativas iniciais xeradas en torno a este novo paradigma de gobernanza. En grande medida o problema ven dado por unha cuestión de interiorización do verdadeiro concepto da Axenda 21, da oportunidade que representa e do compromiso que supón.

Como moitos dos problemas e solucións sobre os que se centra a Axenda 21 teñen a súa base en catividades locais, a participación e cooperación das autoridades locais serán un factor determinanante de cara á consecución dos seus obxectivos. As autoridades locais constrúen, operan e manteñen intraestruturas socias, económicas e ambientais, supervisan procesos de planificación, establecen políticas e normativas ambientais locais e apoian na implementación de políticas nacionais e rexionais. Como a acción de goberno máis cercana á xente, xogan un papel fundamental na educación, mobilización e resposta pública para a promoción dun desenvolvemento sustentable.

Capítulo 28 do texto Axenda 21. Río de Janeiro (1992)

Tanto a diagnose como o concepto manteñen todo o sentido 20 anos despois, o que é síntoma inequívoco de que hai algo non estamos a facer ben, en grande medida debido a que, lamentablemente, son moitos os exemplos nos que a Axenda 21 se ten simplificado á elaboración dun plan de acción ambiental que en moitas ocasións nin

O Cumio do Medio e o Desenvolvemento das Nacións Unidas, ratifica a creación dunha ferramenta integral para abordar os problemas de hoxe e prepararmonos para os desafíos do século XXI. A Axenda 21 recibe o seu nome pola relación co próximo século.

Río de Janeiro, 1992

O mesmo concepto de Río dende unha perspectiva actualizada

tan sequera ten continuidade na execución. O proceso de implementación da Axenda 21 Local deseñado para os concellos de Cuntis, Lalín, O Carballiño, Oza dos Ríos e Ribadeo, retoma os obxectivos primixenios do Cumio de Río para seguidamente incorporarlles o coñecemento e os avances nos eidos da información, da xestión municipal e da planificación e seguimento da sustentabilidade. Deste xeito aspiramos a establecer un marco de referencia para o desenvolvemento local que realice unha contribución responsable cara a sustentabilidade global. Este marco estratéxico de referencia debe ser construido en base ás estratexias municipais existentes e, sobre todo, en función dos recursos efectivamente dispoñibles de modo que se poda garantir a

eficacia do plan de acción resultante cara a sustentabilidade.

Page 6: 2010_06 proposta_implicacion

UN RETO PARA ASUMIR CONXUNTAMENTE

Page 7: 2010_06 proposta_implicacion

Máis aló das accións de caracter estrutural ou puntuais que se recollan no seu plan de acción, a implementación da Axenda 21 debe achegarnos a un

modelo de gobernanza sustentable que introduza o concepto de lexitimación constante das actuación públicas a través da implicación da poboación nos

procesos de toma de decisión. Esta implicación debe ter como obxectivo último, o de acadar unha participación efectiva e eficiente no deseño dun futuro

con responsabilidades compartidas.

Para isto é fundamental o establecemento dun marco de confianza e coresponsabilidade. A estratexia global de implicación deseñada define catro etapas

sucesivas para acadar os obxectivos de: identificación co reto da Axenda 21; capacitación para entender e interpretar a problemática da sustentabilidade;

accesibilidade á información básica para a análise e participación; e finalemente facilitar a participación.

Considerando que para o éxito de esta iniciativa é fundamental a implicación de tódolos axentes sociais presentes no concello, é preciso asumir un compromiso pola implicación da cidadanía e da veciñanza, co fin de proporcionar unha percepción correcta do

estado da situación e de fomentar actitudes e comportamentos favorables para o deseño sustentable do futuro do Concello. Trátase, en definitiva, de contribuír a crear unha consciencia da cidadanía e a veciñanza sobre o carácter global e a importancia dos retos que se presentan nos tempos que estamos a vivir. Dende este punto, todas as forzas sociais estarán máis preparados para participar na toma de decisións axeitadas e dispostos a facelo.

A necesidade de se implicar no reto da sustentabilidade local

Fases para unha estratexia efectiva de participación e implicación coa sustentabilidade

IDENTIFICACIÓN

CAPACITACIÓN

INFORMACIÓN

PARTICIPACIÓN

É fundamental que a poboación identifique o proceso da Axenda 21 cunhas señas de identidade atractivas

Suscitado o interese pola A21 é preciso dotar das ferramentas conceptuais, de comprensión e de interpretación das variables clave da sustentabildade

Coa prepraración requerida para a súa interpretación, o acceso á información útil en tempo e forma posibilitará o paso da xeración de opinión á realización de diagnoses

Cunha poboación identificada coa A21, con coñecementos e información, só falta o deseño das canles axeitadas para unha interactuación efectiva

Page 8: 2010_06 proposta_implicacion

Como primeiro paso na estratexia de implicación coa sustentabilidade, tense deseñado un evento inspirado en metodoloxías de educación non formal entre iguais.

Trátase dunha xornada de inmersión no reto da Axenda 21 Local na que se conxugarán múltiples e diversas modalidades de interactuación coa poboación para

despertar a consciencia da poboación sobre a gravidade e o carácter global dos retos futuros e preparala para participar na toma de decisións sustentables.

Xornada de inmersión na Axenda 21 Local

Exemplos de actividades e esquema de actuación

entrevistas, tour divulgativo, actuacións artísticas, enquisas, recollida de sinaturas,

proxeccións multimedia, coloquios en locais comerciais, grabación documental, degustación de

produtos ecolóxicos,...

Inicio tour

Ce

ntr

o d

e o

pe

rac

ión

s

Panel de sinaturas de asunción do reto Axenda 21 Local

Set de entrevistas

O tour guiado fará un percorrido guiado para aproximarnos ao concepto e á importancia da

sustentabildiade hoxe

Panel inicial, punto de encontro e partida do tour divulgativo

Degustación de produtos ecolóxicos

Faranse entrevistas neste punto fixo máis polo concello adiante

en itinerancia

Palco de actuacións e para a sinatura de asunción do reto A21L das autoridades e persoeiros locais

últ

Última parada Axenda 21 Local

Presentación da ferramenta Axenda 21 Local e do proceso deseñado

Taller debuxa a sustentabilidade

Page 9: 2010_06 proposta_implicacion

a) Transmitir a importancia global do reto da

sustentabilidade.

b) Aproximar á veciñanza ás complexas interrelacións

que se dan no cocepto da sustentabilidade.

c) Coñecer a percepción da cidadanía ao respecto as

condicións de sustentabilidade do concello.

d) Presentar as accións locais e individuais como

posibles ferramentas de contribución á

sustentabilidade - Think global. Act Local.

e) Informar acerca do proceso de Axenda 21 Local

que se vai levar a a cabo no concello.

f) Implicación da veciñanza co reto da

sustentabilidade e no deseño do futuro sustentable

do Concello.

Trátase en definitiva de despertar a consciencia da

poboación sobre a gravidade e o carácter global dos

retos futuros e preparala para participar na toma de

decisións sustentables.

Obxectivos

1

Primeira parada A pegada ecolóxica Utilizarase este indicador global para divulgar o concepto e a importancia da sustentabildiade

2

3

4

Segunda parada Variables da Sustentabilidade A través de exemplos concretos sobre variables como a enerxía, auga, biodiversidade, materiais,... farase unha aproximación á holística da sustentabilidade

Terceira parada Efectos das nosas decisións

A partir dos efectos negativos que provocan algunhas actuacións tanto individuais como

colectivas en distintos ámbitos (ordenación do territorio, urbanismo, mobilidade, consumo,...)

mostraremos como, incorporar criterios de sustentabilidade na primeiras etapas dos

procesos de toma de decisión pode conseguir unha contribución positiva cara a sustentabilidade

Cuarta parada Debuxando un futuro sustentable Explicaranse de forma simple os procesos estratéxicos encamiñados cara a consecución de maiores niveis de sustentabilidade nos concellos.

Información

Análise

Diagnose

Alternativas

Propostas

Seguimento

De

cis

ión

su

ste

nta

ble

Loxística

O itinerario constará dunhas pancartas que

servirán de base para a explicación da ou do

facilitador qeu acompañe ao grupo. Na

medida do posible tentarase colocar as

paradas próximas a elementos do propio

concello que poidan servir como exemplos

en función de cada tema tratado.

Page 10: 2010_06 proposta_implicacion

Millóns de hectáreas de bosque son degrádadas ou destruídas pola acción humana anualmente. A a

deforestación avanza a un ritmo dunhas 17 millóns de hectáreas ao ano, superior á superficie de

Inglaterra, Gales e Irlanda do Norte xuntas.

A serie máis devastadora de maremotos ocorreu o 26 de decembro de 2004 no Océano Índico, cun número de vítimas directamente atribuídas á marexada é superior ás 250 mil persoas.

O afundimento do Prestige no 2002 produciu unha inmensa marea negra, que afectou a unha ampla zona comprendida desde o norte de Portugal ata as Landas de Francia.

O Furacán Katrina (2005) foi un dos máis mortíferos, destrutivos e custosos

furacáns que impactou a Estados Unidos en décadas. Foi a terceira tormenta máis poderosa da tempada e o sexto furacán

máis forte desde que hai rexistros.

O quecemento global e o derretimiento dos polos son dous fenómenos que afectan profundamente a vida no planeta.

Segundo a ONU, cada día desaparecen no planeta unhas 150 especies de plantas e animáis

Os residuos non aproveitables constitúen un grande problema para o conxunto da poboación do planeta, debido a que a sobrepoboación, as actividades humanas modernas e o consumismo teñen acrecentado moito a cantidade de lixo que xeramos.

A Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO) estima que uns 1500 millóns

de persoas no mundo sofren de fame e desnutrición

Debido á súa baixa elevación (máximo de 5 metros), as 33 illas que constitúen a nación de Tuvalu son ameazadas por calquera futuro aumento do nivel do mar.

A crise ambiental súfrese en Asia a través da forza das cada vez máis frecuentes e devastadoras inundacións.

A seca de 2009 foi das máis agudas e prolongadas da historia de Australia. Nese mesmo ano, os lumes causaron preto de 200 vítimas humanas, algo máis de 400.000 hectáreas queimadas, 20.000 afectados e miles de casas calcinadas

O verquido ocasionado pola explosión da plataforma de perforación de BP n o Golfo de Máxico vai camiño de se

converter nunha das mayores tragedias ambientais da historia

Se cadra, algo estamos a facer mal…

Punto de partida Estado da situación na Terra

Page 11: 2010_06 proposta_implicacion

Primeira parada A Pegada Ecolóxica

1

2

Segunda parada Variables da Sustentabilidade

A pegada ecolóxica é un indicador ambiental que mide o efecto das actividades dunha comunidade de seres humanos sobre o seu entorno expresado en número de hectáreas de ecosistemas produtivos. O obxectivo principal da pegada ecolóxica é o de avaliar o impacto que exerce sobre o planeta un determinado modo de vida e o seu consecuente grao de sustentabilidade.

Existen grandes dificultades en definir de que falamos exactamente ao referirnos ao concepto de sustentabilidade; porén, todas as definicións que atopamos parten de que é un concepto sistémico que afronta a análise da realidade dende unha perspectiva holística considerando as múltiples interaccións entre moi diversasas variables.

Page 12: 2010_06 proposta_implicacion

Terceira parada Efectos das nosas decisións

3

4

En realidade, o desenvolvemento non é un problema en si mesmo. Son os efectos das alternativas (dende un punto de vista amplo) escollidas para dar resposta ás nosas necesidades, e máis concretamente as limitacións para escoller entre esas alternativas ocasionadas polo modelo que rixe o mundo actual.

Unha información fidedigna dos custos e dos beneficios reais e efectivos das opcións que escollemos poría de manifesto argumentos de valoración, que agora non son evidentes, a prol da alternativa máis sustentable de entre as que podamos optar. Para avanzar cara unha resolución real dos problemas casionados polas nosas accións debemos afrontar a sustentabilidade como un principio inspirador e deseñar solucións baseadas nas súas múltiples compoñentes e interaccións

Page 13: 2010_06 proposta_implicacion

A úlitma parada realizarase no espazo Axenda 21 onde se entrará en detalle na explicación do que representa a Axenda 21 e se presentará o proceso que se vai seguir para a implantación da Axenda 21

Espazo Axenda 21

A Axenda 21 é un proceso que culimina co establcemento da folla da ruta para a contribución de cada concello a súa comunidade local e á sustentabilidade global. Trátase dun proceso aberto e participativo que a mellorar a calidade de vida da poboación, comprometéndose conxuntamente no deseño dun futuro sustentable.

Información

Análise Diagnose

Alternativas Propostas

Implementación

Seguimento

A compilación de información e adaptación da mesma é o punto de partida. Compilarase toda a información dispoñible relativa ao concello

A participación comeza dende este primeiro momento a través de enquisas e con talleres de traballo para captar o que o subconsciente colectivo desexa para o futuro do concello

A información dispoñible será sometida a diversas análises multicriterio por equipos multidisciplinares de expertos.

O resultado da análise debe ser una diagnose fidedigna e actualizada do que está a acontecer no concello

Novamente a participación é importante para unha análise correcta polo que neste segundo estadío se traballará con entrevistas en profundidade aos axentes forza locais

Partindo da diagnose realizada serán novamente os equipos de expertos quen faga as propostas de actuación sobre as necesidades máis acuciantes do concello en termos de estratexia e longo prazo. (estruturais) e de acción no curto/medio prazo (operativas)

As propostas operativas son transformadas en alternativas de acción a través da participación pública

As propostas estruturais requiren da asunción do compromiso unánime do pleno do concello en tanto que actuacións que precisan de estabilidade no longo prazo

O debate aberto deberá favorecer a selección das alternativas máis axeitadas de cara á implementación

O sistema de información resultante da Axenda 21 debe posibilitar o seguimento periódico e servir como elemento clave dos futuros procesos de toma de decisión

Page 14: 2010_06 proposta_implicacion

Axenda 21 Local implícate no futuro do teu concello