10 razóns para motivar aos que non queren estudar
DESCRIPTION
Consellos para aqueles que se atopan sen ganas para estudar, que lles custa facelo.TRANSCRIPT
10 razóns para motivar aos
que non queren estudar
1. Asocia o acto de estudar
con algo positivo
• Despois de estudar… recompensa!
– Unha comida que che guste.
– Estar un rato cos amigos, parella…
– Capítulo dunha serie.
– Paseo relaxante.
2. Establecer hábitos
• «Estas horas son para a clase, estas para comer,
estas para durmir, estas para divertirse… pois estas
para estudar» (así o corpo chega preparado ao intre
de estudar).
• Cada cousa ao seu tempo, nada de «multi-tasking»
3. Silencio
• Aínda que a música ou mesmo o jaleo
non che molesten, durante esta
«actividade intelectual» o máis
importante é que che escoites pensar.
4. Importancia da motivación
• Estudas porque é importante para ti,
ou porque alguén che obliga? Se non
che motiva seguir, pode que non
esteas coa túa verdadeira vocación.
Ainda que bueno, fagas o que fagas,
se un título pode avalalo, mellor.
5. Aproveita o tempo
• Facer as cousas ben e con antelación
déixache tempo libre e relaxado.
• Tan importante é estudar coma
divertirse.
6. Se tes dúbidas, pregunta
• Se nun tema tes dúbidas, fala canto
antes co teu profesor ou cos teus
compañeiros. É mellor iso ca avanzar
sen ter clara a base.
7. Estuda no momento do
día adecuado
• Na última hora do día pode que esteas
demasiado cansado, na primeirísima
aínda non reaccionas e despois de
comer iníciase a dixestión…
• Podes facer un pouco de exercicio
pola mañá, ou durmir sesta despois de
comer e antes de estudar.
8. Durme o suficiente
• Canto máis próximo a 8 horas, e sobre
todo dun tirón, mellor.
9. Le moito
• Cun bo hábito de letura aumentas a
capacidade de entender ideas,
estimulas a imaxinación e deste xeito
poderás entender antes novos
conceptos.
10. Vías de escape creativas
• Debuxar, escribir, modelar, bailar…
Habería que facer pausas cada 50 min
de estudo aprox., e as actividades
creativas e relaxadas poden refrescar
a mente.
Referencias
• http://www.20minutos.es/noticia/690681/0/ganas/estudio/formulas/