1. o texto narrativo - edu.xunta.gal 6 epa.… · discurso (pronomes de terceira persoa). ... -...

7
UNIDADE 6 Texto narrativo Pronome persoal 1. O TEXTO NARRATIVO O obxectivo básico é relatar feitos e acontecementos sucedidos ao longo do tempo. Podemos atopalos en novelas, conto, biografías, noticias, etc. Trazos lingüísticos : 1. Predominio da categoría verbal. Adoitan ser verbos de acción e proceso(dicir, ir, chamar …) 2. Os tempos verbais predominantes son o pretérito e o antepretérito. 3. Predominio de adverbios e expresións temporais: mentres, logo, pola mañá, etc. 4. Os períodos sintácticos polos que opta o escritor poden dar á narración dous ritmos diferentes: a. Ritmo lento: oracións longas e predominio da subordinación. b. Ritmo rápido: oracións breves e predominio da coordinación c. Elementos da narración Estrutura Narrador Personaxes Espazo e tempo Introdución-nó- desenlace: ordenación cronolóxica da narración In medias res: comeza no medio; ofrécense acontecementos anteriores e posteriores Flash-back: a narración comeza polo final evolta ao comezo Omnisciente: en P3 coñece todo dos personaxes e a historia Protagonista: en P1 conta a historia desde dentro Testemuña: en P1 ou P3 conta o que ve Principais/secundarios: en función da participación que teñen na acción Planos/ redondos: en función de que evolucionen ou non ao longo da narración Espazo: lugar onde se sitúan os feitos. Pode adquirir valor simbólico Tempo: diferenciamos: - Tempo da historia: época na que suceden os feitos - Tempo do relato: ordenación temporal dos mesmos. Está relacionado coa estrutura

Upload: vuongdiep

Post on 25-Sep-2018

223 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

UNIDADE 6

Texto narrativo Pronome persoal

1. O TEXTO NARRATIVO O obxectivo básico é relatar feitos e acontecementos sucedidos ao longo do tempo. Podemos atopalos en

novelas, conto, biografías, noticias, etc.

Trazos lingüísticos:

1. Predominio da categoría verbal. Adoitan ser verbos de acción e proceso(dicir, ir, chamar …)

2. Os tempos verbais predominantes son o pretérito e o antepretérito.

3. Predominio de adverbios e expresións temporais: mentres, logo, pola mañá, etc.

4. Os períodos sintácticos polos que opta o escritor poden dar á narración dous ritmos diferentes:

a. Ritmo lento: oracións longas e predominio da subordinación.

b. Ritmo rápido: oracións breves e predominio da coordinación

c.

Elementos da narración

Estrutura Narrador Personaxes Espazo e tempo

Introdución-nó-

desenlace:

ordenación

cronolóxica da

narración

In medias res:

comeza no medio;

ofrécense

acontecementos

anteriores e

posteriores

Flash-back: a

narración comeza

polo final evolta

ao comezo

Omnisciente: en

P3 coñece todo

dos personaxes e

a historia

Protagonista: en

P1 conta a

historia desde

dentro

Testemuña: en

P1 ou P3 conta o

que ve

Principais/secundarios:

en función da

participación que teñen

na acción

Planos/ redondos: en

función de que

evolucionen ou non ao

longo da narración

Espazo: lugar onde

se sitúan os feitos.

Pode adquirir valor

simbólico

Tempo:

diferenciamos:

- Tempo da

historia:

época na

que

suceden os

feitos

- Tempo do

relato:

ordenación

temporal

dos

mesmos.

Está

relacionado

coa

estrutura

Exemplo de texto narrativo

Chegou das Américas un home rico

Chegou das Américas un home rico e trouxo consigo un negriño cubano, coma quen trai unha mona, un papagaio, un fonógrafo… O negriño foi medrando na aldea, onde deprendeu a falar con enxebreza, a puntear muiñeiras, a botar aturuxos abrouxadores.

Un día morreu o home rico e Panchito trocou de amo para gana-lo pan. Co tempo fíxose moxo comprido, se máis chatas que a súa coor… Aínda que era negro como o pote, tiña gracia dabondo para facerse querer de todos. Endomingado, cun caravel enriba da orella e unha ponla de malva na chaqueta, parescía talmente un mozo das festas.

Unha noite de estrelas xurdeu no seu maxín a idea de saír polo mundo á cata de riquezas. Tamén Panchito sinteu, como tódolos mozos da aldea, os anceios de emigrar. E unha mañán de moita tristura gabeou polas escaleiras dun trasatlántico.

Panchito ía camiño da Habana e os seus ollos mollados e brilantes esculcaban no mar as terras deixadas pola popa.

Nunha rúa da Habana o negro Panchito tropezou cun home da súa aldea e confesoulle saloucando:

— Ai, eu non me afago nesta terra de tanto sol; eu non me afago con esta xente. ¡Eu morro!

Panchito retornou á aldea. Chegou probe i endeble; pero trouxo moita fartura no corazón. Tamén trouxo un sombreiro de palla e mais un traxe branco…

CASTELAO, Cousas

2. PRONOME PERSOAL Os pronomes persoais son a clase de palabras que se refiren ás persoas que interveñen na comunicación. O significado, pois, é gramatical, non lexical, en tanto que remiten ao emisor (pronomes de primeira persoa), ao receptor (pronomes de segunda persoa) e á persoa ou aquilo do que se fala no discurso (pronomes de terceira persoa). Exemplos: - Pilar virá máis tarde. Ela ten traballo até as sete. - Os meus amigos recibiron unha boa sorpresa. Eles non sabían nada do asunto. Constitúen unha clase pechada de elementos que, por si mesmos, establecen as referencias de número e persoa a través de morfemas libres nas formas de primeira e segunda persoas. A terceira persoa, por non estar presente no momento de enunciación, en cambio, precisa morfemas específicos de xénero e número. O pronome persoal tónico O pronome persoal tónico ten un acento de intensidade que lle permite funcionar de forma independente. As formas que poden presentar os pronomes persoais tónicos clasifícanse en rectas e oblicuas. Rectas: as formas rectas son eu, ti, el / ela, nós / nosoutros / -as, vós / vosoutros / -as, eles /elas. Posúen estas características: - Non precisan preposición. - Poden desempeñar as funcións de suxeito ou de atributo:

Elas déronnos bastantes ideas para este proxecto: suxeito Os novos representantes dos alumnos sodes vós: atributo Oblicuas: as formas oblicuas son min, comigo, ti, contigo, si, consigo, nós/nosoutros, connosco, vós/vosoutros, convosco, si, consigo. Caracterízanse polos seguintes trazos: - Sempre levan preposición. - Poden desempeñar as funcións de complemento directo, complemento indirecto, complemento circunstancial, complemento de réxime e complemento axente: A ti víronte na conferencia do sábado: C.D Os teus veciños sentaron con nós no cinema: C.C.

NÚMERO PERSONA SUXEITO

FORMAS OBLICUAS

LIBRES LIGADAS

NON REFL. REFL. NON REFL. REFL.

SING.

1ª eu min comigo

2ª ti contigo

3ª el, ela si ···· consigo

PLURAL

1ª nós / nosoutros, -as connosco

2ª vós / vosoutros, -as convosco

3ª eles, elas si ···· consigo

As formas de cortesía son vostede e vostedes, que esixen verbo en terceira persoa de singular ou plural, respectivamente. As preposicións en e de contraen co pronome persoal de terceira persoa, segundo se indica no cadro seguinte:

EN nel nela neles nelas

DE del dela deles delas

Estas contraccións non teñen lugar cando a preposición non rexe directamente o pronome: De elas sabéreno, diríannolo O pronome persoal átono O pronome persoal átono precisa dun elemento de apoio para poder funcionar. Normalmente, este elemento é un verbo.

NÚM. PERSOA E XÉNERO NON REFLEXIVO

REFLEX. CI. CD.

SING.

1ª me

2ª che te

3ª MASC.

lle o/lo/no

se FEM. a/la/na

PL.

1ª nos

2ª vos

3ª MASC.

lles os/los/nos

se FEM. as/las/nas

As formas de complemento indirecto (me, che, lle, nos, vos, lles) poden, amais, asumir os valores de dativo de interese ou de dativo de solidariedade:

• Dativo de interese: o pronome pode acadar este valor cando introduce na mensaxe unha persoa que, sen ser participante nos feitos, ten interese neles ou nas súas consecuencias. Adoita ser o propio emisor: O meu neno comeume todo. • Dativo de solidariedade: as formas de 2ª persoa (che e vos) acadan este valor cando introducen na mensaxe o receptor, que non participa nos feitos relatados: Aprobóuchelle todo este curso. Cando vai acompañado doutros pronomes sempre ocupa a primeira posición. Pódese eliminar da oración e non provoca a agramaticalidade. Contraccións das formas de CD e CI:

ACUS.

DAT. O A OS AS

ME mo ma mos mas

CHE cho cha chos chas

LLE llo lla llos llas

NOS nolo nola nolos nolas

VOS volo vola volos volas

LLES llelo llela llelos llelas

O pronome reflexivo se tamén pode ter valores diferentes: • Reflexivo: o suxeito realiza a acción que recae sobre si mesmo. El queimouse. En galego é incorrecto o uso das formas reflexivas cando na oración hai expreso un CD: María peitéase / *María peitéase o pelo. • Recíproco: acada este valor cando dous ou máis suxeitos executan e reciben a acción. María e Antón quérense moito. • Impersoal: utilízase os pronomes en construcións que carecen de suxeito e só se empregan co verbo en 3ª persoa. Estase ben aquí. • Pasiva reflexa: a diferenza das anteriores, estas construcións si teñen suxeito e sempre debe concordar co verbo. Alúganse apartamentos. • Formante do verbo: pode ocorrer que o verbo non exista sen o pronome(queixarse) ou que a súa presenza conleve un cambio de significado (acordar/acordarse). Colocación do pronome átono O pronome átono pode aparecer en dúas posicións: - Tras o verbo: é a posición non marcada do pronome na oración. Levoume ao teatro - Diante do verbo: de maneira xeral, o pronome vai diante do verbo nos seguintes casos:

- Nas oracións negativas, interrogativas e exclamativas (introducidas por un pronome interrogativo ou exclamativo) e subordinadas. Non te entendo ben. Que alegría nos deron! Asegurou que vos ensinaría a pilotar o seu coche.

- Cando a oración comeza con determinados adverbios (moito,moi, tan, tanto, algo, xa, tamén, seica, aínda, axiña, sempre etc.) ou indefinidos (ninguén, nada, ningún, alguén, algo, ambos, bastante, calquera, mesmo, todos). Xa o sabemos. Todos nos alegramos coas vosas noticias. Casos de dupla/triple colocación:

- Nas perífrases e complexos verbais o pronome átono pode acompañar á forma conxugada ou á amodotemporal: Vouche dicir a verdade/ vou dicirche a verdade.

- Cando unha preposición rexe un verbo en infinitivo: Por dicircho foron sancionados/ por cho dicir foron sancionados

- Nas perífrases con elemento de relación (preposición ou conxunción) temos outra colocación: tes que facelo/ telo que facer/ tes que o facer.

PRACTICA.

1. Colocar o pronome de solidariedade

a) Tratando de ti a un interlocutor

1. Vaia zarandón que caeu esta noite!

2. O meu rapaz case non proba bocado.

3. Algúns foron ao cine ver A lingua das bolboretas.

4. Hoxe teño ganas de ver a Minia.

5. Canto me doeu onte a barriga!

b) Tratando de vostede a un interlocutor

1. Que si, que caían folerpas coma puños!

2. A min pouco me gustan, tanto a caza coma a pesca.

3. Fíxose alcohólico de tanta cervexa.

4. “Antes había máis decencia”, dixo o Martiño.

5. Contoume cada mentira, ese lampantín!

c) Tratando de ti a varios interlocutores

1. Non fumo porque prexudica a saúde.

2. Hai un libro que trata diso.

3. Vaia sorte que tiveron o Paulo e o Moisés coa quiniela!

4. O mestre nunca me colleu polas orellas.

5. Onte case nevaba.

d) Tratando de vostede a varios interlocutores

1. Alba estuda a lingua deste cornello da Península.

2. Varios deles foron de vacacións a unha casa rural do Incio.

3. Onte rin moito cos chistes de Currás.

4. Merquei unhas cortinas moi fermosas en Camariñas.

5. Vou mudar da casa para unha rúa peonil.

2.Indicar todas as posibilidades de colocación correctas do pronome que vai entre parénteses

1. Nunca fun ver (o)

2. Meu pai pensaba destruír (a).

3. Xa deixou de arranxar (os).

4. Aquel día tiña que deixar (mo).

5. Non contaba con ver nese lugar (te).

6. É mellor deixar así (o).

7. Para que colla sabor, cómpre esmagar mellor (o).

8. Ía cantando unha fermosa balada (lle).

9. Estou pensando mellor (o).

10. Cantas veces intentei deixar de querer! (o).

11. Hai que deixar marchar cando queira (a).

12. Sempre foi arranxando como podía (cho).

13. Debía de deixar traer á casa (as).

14. Xamais andou releando (nos).

15. Está a chover moito hoxe (che).

3.Subliña os pronomes persoais e indica a súa función sintáctica: 1. Se nos traen agora o pan, fágoche o bocadillo

2. Atopáronos dentro da carteira

3. Chamáronme por teléfono

4. Mesmo elas están decididas a levarllos agora

5. Se vos digo que non imos ir, é que non imos ir.

6. Chame vostede máis tarde, agora nós non podemos atendelo.

4. Substitúe os elementos sinalados por pronomes persoais e indica a función sintáctica:

1. Quero ese disco para o meu aniversario.

2. Ti recibiches unha chamada.

3. Colleu o libro e marchou.

4. Eles comeron os pasteis.

5. As rapazas dixeron aos seus pais o acontecido.

6. Compra aos teus irmáns dous lapis

7. Quixo que o levase.

5. Corrixe os erros nas seguintes oracións.

1. Manqueime a perna xogando ao fútbol.

2. Cho digo en serio, foi así.

3. Deille unha boa sorpresa ao meus amigos.

4. Non che podes poñer así.

5. Fíxenme unha tatuaxe nas costas.

6. Cando vaste ir?

6.Comenta o seguinte texto:

O pai de Migueliño chegaba das Américas e o rapaz non cabía de gozo no seu traxe festeiro. Migueliño sabía cos ollos pechados cómo era o seu pai; pero denantes de saír da casa botoulle unha ollada ó retrato. Os "americanos" xa estaban desembarcando. Migueliño e a súa nai agardaban no peirán do porto. O corazón do rapaz batíalle na táboa do peito e os seus ollos esculcaban nas greas, en procura do pai ensoñado. De súpeto avistouno de lonxe. Era o mesmo do retrato ou aínda mellor portado, e Migueliño sinteu por el un grande amor e canto máis se achegaba o "americano", máis cobiza sentía o rapaz por enchelo de bicos. ¡Ai!, o "americano" pasou de largo sen mirar para ninguén, e Migueliño deixou de querelo. Agora si, agora si que o era. Migueliño avistou outro home moi ben traxeado e o corazón dáballe que aquel era o seu pai. O rapaz devecíase por bicalo a fartar. ¡Tiña un porte de tanto señorío! ¡Ai!, o "americano" pasou de largo e nin tan siquera reparou que o seguían os ollos angurentos dun neno. Migueliño escolleu así moitos pais que non o eran e a todos quixo tolamente. E cando esculcaba con máis anguria, fíxose cargo de que un home estaba abrazando á súa nai. Era un home que non se parecía ó retrato; un home moi flaco, metido nun traxe moi floxo; un home de cera, coas orellas fóra do cacho, cos ollos encoveirados, tusindo... Aquel si que era o pai de Migueliño. CASTELAO, Cousas