03b solos

10
Os solos DEFINICIÓN DEFINICIÓN FORMACIÓN: Factores FORMACIÓN: Factores PERFIL PERFIL CLASIFICACIÓN CLASIFICACIÓN Henrique Hervés

Upload: quiquehs

Post on 11-Jul-2015

688 views

Category:

Documents


4 download

TRANSCRIPT

Os solos

DEFINICIÓNDEFINICIÓN

FORMACIÓN: FactoresFORMACIÓN: Factores

PERFILPERFIL

CLASIFICACIÓNCLASIFICACIÓN

Henr ique Hervés

DEFINICIÓNDEFINICIÓN

Henrique Hervés

● O solo é a formación superficial da codia terrestre que se orixina na área de contacto entre a litosfera, a biosfera e a atmosfera.

● Compóñeno:

➢ unha parte mineral, resultante da alteración e descomposición da rocha nai,

➢ unha parte orgánica, derivada da descomposición dos restos de seres vivos,

➢ auga e aire, que ocupan os espazos porosos existentes entre as partículas sólidas.

2

EDAFOXÉNESEEDAFOXÉNESE. . Factores da Factores da formación dos solosformación dos solos

Henrique Hervés

A formación e carácterísticas dos solos é o resultado de procesos que se desenvolven ao longo do tempo e que están determinados por unha serie de factores:

➢ a rocha nai,

➢ o clima,

➢ o relevo e,

➢ a acción dos seres vivos, incluído o home

3

http://www.monografias.com/trabajos33/suelos/Image7105.gif

A rocha naiA rocha nai

Henrique Hervés

● O termo designa ao material litolóxico orixinal a partir do cal e sobre o que se desenvolveu o solo.

● Condiciona: ➢ A cor.➢ A textura.➢ A estrutura.➢ A permeabilidade.➢ A acidez.

4

O climaO clima

Henrique Hervés

Os elementos climáticos, singularmente a temperatura e as precipitacións, condicionan notablemente a formación dos solos:

➢ Inflúen nos procesos de meteorización física e química da rocha nai.

➢ Favorecen ou non a actividade biolóxica (descomposición da materia orgánica, formación do humus).

➢ Provocan, en condicións de alta humidade e elevadas precipitacións a lixiviación (arrastre e filtración das particulas superficiais do solo) coa conseguinte acidificación e empobrecemento do solos.

5

O relevoO relevo

Henrique Hervés

● As pendentes, ao favorecer os procesos erosivos e os deslizamentos, presentan solos moi delgados ou mesmo inexistentes.

● As zonas baixas e chas, onde a erosión é menor e tenden a acumularse os materiais, os solos son moito máis profundos.

6

A acción dos seres vivosA acción dos seres vivos

Henrique Hervés

➢ Prantas e animais interveñen na meteorización da rocha nai (meteorización biolóxica).

➢ Aportan aos solos a materia orgánica que se descompón formando o humus co concurso de fungos e bacterias.

➢ A acción mecánica dos animais incide na súa configuración.

➢ A cuberta vexetal protéxe aos solos da erosión.➢ A acción antrópica pode alterar os solos,

contribuír á súa erosión e destrución, pero tamén á súa protección ou conservación.

7

PERFILPERFIL e horizontes e horizontes

Henrique Hervés

Denominamos perfil á sección vertical deste entre a superficie e a rocha nai inalterada. Nel poden distinguirse unha serie de capas superpostas de características (composición, textura, adherencia...) diferenciadas que reciben o nome de horizontes.

● Podemos distinguir os seguintes horizontes:

A: capa superficial no que podemos diferenciar varios estratos:

● A0, formado por follas caídas e restos orgánicos pouco descompostos.

● A1, de cor escura, constituído por materia orgánica en descomposición (humus).

● A2: de cor máis clara, é unha zona de lixiviado cara capas inforiores constituída por materia mineral con algo de materia orgánica.

B: capa de alteración e acumulación de materiales lixiviadas procedentes das capas superiores e de particulas procedentes do horizonte C.

C: horizonte formado pola rocha nai meteorizada.

D: formado pola rocha nai consolidada (non meteorizada).

8http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/d/d3/Estructura-suelo.jpg

CLASIFICACIÓNCLASIFICACIÓN

Henrique Hervés

9

Henrique Hervés

10