01 f relevo teoría

3
Formación e evolución xeolóxica da Península Ibérica e das Illas Canarias e Baleares. As principais unidades morfoestruturais Os trazos do relevo actual da Península Ibérica e dos arquipélagos balear e canario fóronse conformando ao longo de millóns de anos pola acción conxunta de forzas internas (a actividade tectónica, volcánica e sísmica) e dos axentes externos (vento, auga, xeo, gases atmosféricos, seres vivos...). A evolución xeolóxica da Península Ibérica e das Illas Baleares, incluídas na microplaca ibérica, está condicionada pola interacción entre esta e as grandes placas euroasiática e africana. Pola contra, as Illas Canarias, de orixe recente, asócianse ás vicisitude xeolóxicas do continente africano. Era Arcaica ou Precámbrico (hai 4.600-570 millóns de anos). Durante este período, que comeza coa formación da Terra e da codia terrestre, a meirande parte da Península estaba mergullada baixo as augas do mar de Thetis. Só emerxía unha parte rochosa, o macizo precámbrico , constituído por unha serie de cordilleira aliñadas en dirección NW-SE formadas por rochas silíceas (granitos, lousas, cuarcita, gneis) moi ríxidas e duras. Este macizo agromaba en Galicia e nalgúns puntos illados do Sistema Central e dos Montes de Toledo. Durante centos de millóns de anos, este macizo foi atacado e erosionado ata quedar arrasado e convertido nun zócolo que sería cuberto case completamente polos mares paleozoicos. Era Primaria (Paleozoico: hai 570-230 millons de anos). Durante o Paleozoico, a placa africana desprazouse presionando e chocando contra a placa euroasiática. Este proceso deu lugar á oroxenia herciniana : o zócolo precámbrico fracturouse dando orixe a diversos macizos e cordilleiras. Ao oeste, o Macizo Hespérico , longamente atacado pola erosión ata quedar completamente arrasado e convertido nun zócolo (o zócolo hespérico ), unha meseta inclinada cara o leste. Ao noreste agromaron ao final do Paleozoico agromaron outras terras emerxidas: os macizos de Aquitania (ao norte dos Pireneos), Catalano-Balear e do Ebro . Ao sureste, xurdiu o macizo Bético-Rifeño . Todos eles tamén foron erosionados e convertidos en zócolos. Era Secundaria (Mesozoico: hai 230-65 millóns de anos). O Mesozoico foi un período de calma tectónica no que preodominaron os procesos de erosión e sedimentación e continuou o arrasamento dos macizos hercinianos . Como consecuencia, os macizos Aquitano, Catalano-Balear e Bético-Rifeño foron convertidos en zócolos asolagados polo mar. Sobre o zócolo hespérico, os movementos epiroxénicos da codia terrestre provocaron avances (transgresións) e retrocesos (regresións) do nivel do mar. Deste xeito, potentes capas sedimentarias fóronse acumulando sobre o borde oriental do zócolo hespérico (calcarias, margas, areniscas) e sobre as foxas mariñas pirenaica e bética (calcarias). 1

Upload: quiquehs

Post on 11-Jul-2015

475 views

Category:

Documents


4 download

TRANSCRIPT

Formación e evolución xeolóxica da Península Ibér ica edas I l las Canar ias e Baleares. As pr inc ipais unidadesmorfoestruturais

Os trazos do relevo actual da Península Ibérica e dos arquipélagos balear e canario fóronseconformando ao longo de millóns de anos pola acción conxunta de forzas internas (a actividade tectónica,volcánica e sísmica) e dos axentes externos (vento, auga, xeo, gases atmosféricos, seres vivos...).

A evolución xeolóxica da Península Ibérica e das Illas Baleares, incluídas na microplaca ibérica, estácondicionada pola interacción entre esta e as grandes placas euroasiática e africana. Pola contra, as IllasCanarias, de orixe recente, asócianse ás vicisitude xeolóxicas do continente africano.

Era Arcaica ou Precámbrico (hai 4 .600-570 mi l lóns de anos) .

Durante este período, que comeza coa formación da Terra e da codia terrestre, a meirande parte daPenínsula estaba mergullada baixo as augas do mar de Thetis. Só emerxía unha parte rochosa, o macizoprecámbrico , constituído por unha serie de cordilleira aliñadas en dirección NW-SE formadas por rochassilíceas (granitos, lousas, cuarcita, gneis) moi ríxidas e duras. Este macizo agromaba en Galicia e nalgúnspuntos illados do Sistema Central e dos Montes de Toledo.

Durante centos de millóns de anos, este macizo foi atacado e erosionado ata quedar arrasado econvertido nun zócolo que sería cuberto case completamente polos mares paleozoicos.

Era Pr imar ia (Paleozoico: hai 570-230 mi l lons de anos) .

Durante o Paleozoico, a placa africana desprazouse presionando e chocando contra a placaeuroasiática. Este proceso deu lugar á oroxenia herc in iana : o zócolo precámbrico fracturouse dandoorixe a diversos macizos e cordilleiras.

• Ao oeste, o Macizo Hespér ico , longamente atacado pola erosión ata quedar completamentearrasado e convertido nun zócolo (o zócolo hespér ico ), unha meseta inclinada cara o leste.

• Ao noreste agromaron ao final do Paleozoico agromaron outras terras emerxidas: os macizosde Aqui tania (ao norte dos Pireneos), Catalano-Balear e do Ebro . Ao sureste, xurdiu omacizo Bét ico-Ri feño . Todos eles tamén foron erosionados e convertidos en zócolos.

Era Secundaria (Mesozoico: hai 230-65 mi l lóns de anos).

O Mesozoico foi un período de calma tectónica no que preodominaron os procesos de erosióne sedimentación e continuou o arrasamento dos macizos herc in ianos . Como consecuencia, osmacizos Aquitano, Catalano-Balear e Bético-Rifeño foron convertidos en zócolos asolagados polo mar.Sobre o zócolo hespérico, os movementos epiroxénicos da codia terrestre provocaron avances(transgresións) e retrocesos (regresións) do nivel do mar.

Deste xeito, potentes capas sedimentar ias fóronse acumulando sobre o borde oriental dozócolo hespérico (calcarias, margas, areniscas) e sobre as foxas mariñas pirenaica e bética (calcarias).

1

Formación e evolución xeolóxica. As principais unidades morfoestruturais

Era Terciar ia (Cenozoico: hai 65-2 mi l lóns de anos)

A Era Terciaria caracterizouse polo dinamismo tectónico. O proceso máis significativo deste períodofoi a oroxenia alpina , derivada da presión entre as placas euroasiática e africana, coa microplacaibérica en medio.

Como consecuencia da presión, os materiais sedimentarios (calcarias) depositados na foxa pirenaicapregáronse dando orixe aos P ireneos actuando os vellos zócolos aquitano, catalano-balear e do Ebrocomo topes. Do mesmo xeito, os materiais depositados na foxa bética dobráronse e erguéronse dandolugar aos Sis temas Bét icos actuando como topes os zócolos hespérico e bético-rifeño.

Paralelas a estas novas cordilleiras configuráronse senllas depresións convertidas en concassedimentarias, orixe das depresións do Ebro e do Guadalquiv i r .

O zócolo hespérico, formado por ríxidos materiais paleozoicos, fracturouse ante a presión endistintos bloques: uns erguéronse dando lugar a diversos macizos montañosos (Sistema Central,Montes de Toledo, Sierra Morena, Macizo Galaico-Leonés e parte occidental da Cordilleira Cantábrica),outros afundíronse servindo de base ás distintas concas sedimentar ias da Meseta (Douro, Texo,Guadiana). Paralelamente, basculaba cara o oeste, determinando a actual disposición da rede fluvial.

Os materiais depositados durante o Mesozoico nos bordes or ientais do zócolo hespér icolevantáronse tamén dando orixe á parte oriental da Cordilleira Cantábrica, ao Sistema Ibérico e a parte doSistema Costeiro-Catalán.

Nalgúnhas zonas illadas da Península xurdiron focos volcánicos (Campo de Calatrava, cabo deGata, La Gartotxa). Baixo o Atlántico, o fondo oceánico abriuse e a través das fracturas ascenderonmateriais volcánicos que ao enfriarse orixinaron o arquipélago canar io .

Era Cuaternaria (Cenozoico: dende hai 2 mi l lóns de anos).

O Cuaternario constitúe unha etapa de relativa calma tectónica durante o cal os procesos deerosión e sedimentación xogan un importante papel.

A alternancia de períodos de enfriamento global do planeta (períodos glaciares) con outros de dequencemento (períodos interglaciares) tivo consecuencias moi significativas. Os efectos do glac iar ismoson moi visibles nos sistemas montañosos máis elevados (Pireneos, Cordilleira Cantábrica, Sistema Central,Sierra Nevada). A potencia erosiva dos glaciares deixaría c i rcos , vales en U, lagos .

As consecuencias desta alternancia percíbense tamén na definición das concas fluviais. Durante asépocas frías, boa parte da auga das montañas conxélase e o caudal dos ríos redúcese polo cal estesperden forza erosiva e depositan sedimentos no seu cauce. Nos períodos cálidos, ao fundirse o xeo, osríos ven incrementado o seu caudal e a súa forza erosiva escavando os sedimentos anteriormenteacumulados deixando en suspensión aos lados os sedimentos anteriormente depositados. Formáronsedeste xeito as terrazas f luv ia is (Douro, Ebro, Texo, Guadiana).

Do mesmo xeito, o glaciarismo provocou cambios no nivel do mar e nas liñas de costa, con efectosaínda hoxe perceptibles.

2

Formación e evolución xeolóxica. As principais unidades morfoestruturais

As unidades morfoestruturais .

A acción das forzas tectónicas é responsable da xénese das unidades morfoestruturais do relevohispano. Podemos distinguir, entre ellas, catro grandes conxuntos:

• Zócolos. Son as unidades de relevo máis antiga derivadas do arrasamento das cordilleiras oumacizos paleozoicos (hercinianos). Estan formados por materiais ríxidos de carácter silíceo(granito, lousa, cuarcita). Presentan un relevo chan ou lixeiramente abombado. Ocupan estensasáreas na metade occidental da península agromando en amplos sectores das penechairascastelás e extremeñas.

• Macizos ant igos. Son sectores do zócolo (hespérico) que, como consuecuencia da oroxeniaalpina, se fracturaron e ergueron dando orixe a sistemas montañosos de mediana altitude(Sistema Central, Montes de Toledo, Macizo Galaico-leonés, oeste da Cordilleira Cantábrica). Igualque os zócolos están formados por materiais moi antigos de natureza silícea (granito, gneis, lousa,cuarcita).

• Concas sedimentar ias . Trátase de unidades afundidas de morfoloxía chá ou lixeramenteinclinadas que se formaron durante a oroxenia alpina no Terciario e que, posteriormente, foroncubertas por sedimentos (calizas, areniscas, margas). Ubícanse nas concas prealpinas (bética,Ebro) e nas concas interiores da Meseta (Douro, Texo, Guadiana).

• Cordi l le i ras de pregamento . Son as grandes cordilleiras elevadas a raíz da oroxenia alpinacomo consecuencia do pregamento dos sedimentos plásticos (calcarias) que se foran depositandonas foxas marinas (Pireneos, Sistemas Béticos) ou nos bordes do zócalo (Sistema Ibérico, parteoriental da Cordilleira Cantábrica).

3