revista deza n1 xullo 2015

12
DEZ REVISTA A revista mensual Nº 1 - XULLO 2015 PARROQUIA DE SAN MARTIÑO DE LALÍN DE ARRIBA

Upload: revista-deza

Post on 22-Jul-2016

228 views

Category:

Documents


1 download

DESCRIPTION

A primeira edición da revista mensual de cultura e ocio da comarca do Deza.

TRANSCRIPT

Page 1: Revista Deza N1 Xullo 2015

DEZR E V I S T AA

revista mensualNº 1 - XULLO 2015

PARROQUIA DE SAN MARTIÑO DE

LALÍN DE ARRIBA

Page 2: Revista Deza N1 Xullo 2015

BENVIDOS

Cada ano celébranse centos de actividades que impulsan o ocio e a cultura na comarca do Deza. Creo que a moitos de vós vos pasará como a min, que traballades ou estudades e non vos queda tempo para percorrer os vosos po-bos buscando que facer en centos de taboleiros e paredes cheas de carteis con datas de hai meses atrás. Que mesmo para cando atopades unha actividade á que vos tivese encantado asistir xa é demasiado tarde.

Empecei este pequeno proxecto non só coa idea de organizar todas as acti-vidades nun mesmo sitio, senón tamén coa de ofrecer un espazo gratuíto aos fantásticos traballos desa xente que non ten medios abondo para dalos a co-ñecer. Porque a nosa terra está chea de xente incrible que fai cousas incribles e que merece ter o seu espazo.

Gustaríame facer desta revista un referente en cultura e ocio tanto para a comarca coma para o exterior da mesma e que dentro duns meses sexa, para moitos de vós, un espazo de imprescindible consulta.

Quero agradecer a todos os que contribuíron á primeira edición desta revis-ta e invitarvos a todos a continuar difundindo este proxecto.

Sexan benvidos.

Sebastián GarcíaDirector e editor de Revista Deza

editorial

Page 3: Revista Deza N1 Xullo 2015

3

EDITADA POR: Sebastián García | PUBLICIDADE: [email protected]ÍO DE EVENTOS: [email protected] A: Isabel GonzálezDISTRIBUCIÓN GRATUITA.A revista non se fai responsable das posibles modiicacións nas datas, horas ou prezos dos eventos aquí publicados.

DEZR E V I S T AA01

11

4

9

Page 4: Revista Deza N1 Xullo 2015

4

axenda

mércores 1 de xullo20.30h. Sira e o Robot. Praza das Pipas. Lalín.Presentación do discolibro feito por Mark Wiersma e Miguel Mosqueira (ATAKE ES-CAMPE), unha especie de ópera (pos)mo-derna e políglota–. Un libro-disco que pro-mete ser un dos traballos máis creativos, didácticos e divertidos do ano 2015, con esta rara capacidade de gustarlle a toda a familia. Trátase dun concerto activo no que os contos son musicados e versados. Este evento forma parte do festival “Cen-tro da Vila”. Organizan e colaboran: JJ, La Mina, Chigre, A Cunca, Vito da Silva, O Na-ranxo e Ultralimento.

xoves 2 de xullo20.30h. Concerto Barrio Rojo. Praza das Pipas. Lalín.Grupo de música Pop de Lalín e comarca, xóvenes e que están a ter un indubida-ble éxito dende que sacaron o seu derra-deiro disco, gañador tamén de distintos premios e concursos, levan máis de 200 concertos dende 2012. Con inluencias do pop/rock americano propoñen un directo moi característico ademais de mover a un bo número de seguidores. Este evento forma parte do festival “Centro da Vila”. Organizan e colaboran: JJ, La Mina, Chigre, A Cunca, Vito da Silva, O Naranxo e Ultra-limento.

venres 3 de xullo11.30h. Xornada I da Feira Corazón da Artesanía. Os Pendellos. Agolada.IV Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia, un evento integral de divulgación e de posta en valor da artesa-nía e dos oicios artesáns, así como da súa

interrelación con outras disciplinas artís-ticas. No amplo programa de actividades, centrado na exposición e venda de produ-tos artesanais e alimentarios de calidade, inclúense tamén actuacións musicais, for-mación especializada para artesáns e ou-tras actividades nas que poderá participar o público asistente como showcookings, exposicións ou obradoiros de artesanía abertos ao público. O evento durará ata o vindeiro domingo 5 de xullo.

20.30h. Concerto Atmósfera Zero. Praza das Pipas. Lalín.

Concerto electroacústico de presentación do seu novo traballo discográico “Leccio-nes y Temas”, no que, principalemente, se tocarán as cancións de ese novo Lp. Ade-mais pretenden facer deste evento unha especie de autohomenaxe polos 14 anos de vida da formación. O concerto pecha-rá o “Centro da Vila 2015” cunha sorpresa inal. Organizan e colaboran: JJ, La Mina, Chigre, A Cunca, Vito da Silva, O Naranxo e Ultralimento.

22.00h. III Festival do Humor Pub Quirós. Pub Quirós. Rodeiro.

O festival contará ca actuación en vivo e en directo de Sede de Mal, un dúo que combina música e humor a partes iguais. As caras visibles deste dúo son coñecidas pola súa aparición en distintas series de televisión, como a afamada Matalobos. Trátase, nin máis nin menos, de Luís Igle-sia e Xavier Deive. Prezo entrada anticipa-

Page 5: Revista Deza N1 Xullo 2015

5

da (ata o día xoves 2 de xullo): 7€. Prezo en taquilla: 9€. Entradas á venda en Pub Quirós (Rodeiro), Taberna Rúa (Lalín) e Casa do Gato (Lalín). Máis información: 986790281. Colabora: Asociación Mocida-de Cambota.

sábado 4 de xullo09.00h. Xornada polo desenvolvemento da rede natura Serra do Candán. Zobra. Lalín.> 09.00h. Andaina reivindicativa.> 14.00h. Xantar na trigueira.> 21.00h. Estrea do documental sobor das CMVMC “A todas as mans”.Prezo con xantar e agasallo: 10€. Máis información e reservas: [email protected]. Organiza: Comunidade de Montes de Zobra.

10.00h. Xornada I do I Maratón de Tenis. Pistas Municipais de O Castro. Silleda.

10.00h. Xornada I do I Maratón de Pádel. Pavillón Multiusos, Polígono Industrial, Area 33. Silleda.O maratón disputarase nas categorías de masculino, feminino e mixto con pre-

mios que oscilan entre os 25€ e os 200€ ademais de estanzas e circuíto de spa para 2 persoas no Hotel e Spa Vía Ar-gentum. A data límite de inscrición é o xoves 2 de xullo ás 22.00h. Prezo: 20€/parella. Máis información e inscricións: 630877296 - [email protected]. Organiza: Comisión de Festa de Silleda.

11.30h. Xornada II da Feira Corazón da Artesanía. Os Pendellos. Agolada.

11.30h. XIX Mostra de Baile e Música Tradicional de Xirandola. Praza do Entroido. Bandeira.Coa participación do grupo de baile de San Félix de Valdesoto (Asturias) e o grupo anitrión.

— Xornada I do Maratón de Fútbol 7. Campo de Fútbol Municipal O Camballón. Vila de Cruces.Contará con árbitros federados e trofeos ao mellor xogador, máximo goleador e porteiro menos goleado. A data límite de inscrición será o xoves 2 de xullo e o sor-teo celebrarase o mesmo día ás 21:30h. en “Casa Don Din”. Prezo de inscrición: 110€. Máis información: 646842774 - 646525465 - 699881835. Organizan e cola-

Page 6: Revista Deza N1 Xullo 2015

6

axenda

boran: SD Piloño, Mariña Gamma, Sonora e Concello de Vila de Cruces.

domingo 5 de xullo10.00h. Xornada II do I Maratón de Tenis. Pistas Municipais de O Castro. Silleda.

10.00h. Xornada II do I Maratón de Pádel. Pavillón Multiusos, Polígono, Area 33. Silleda.

11.30h. Xornada III da Feira Corazón da Artesanía. Os Pendellos. Agolada.

— Xornada II do Maratón de Fútbol 7. Campo de Fútbol Municipal O Camballón. Vila de Cruces.

mércores 8 de xullo

19.00 Obradoiro de Iniciación á Fotografía Dixital. The Photograpy Shop. Lalín.Realizarase durante 4 mércores consecu-tivos sendo os mesmos os días 8, 15, 22 e 29 de xullo, de 19.00h. a 21.30h. na Avd. Luis González Taboada, 4. Prazas limita-das. Prezo do obradoiro: 120€. Máis infor-mación e inscricións: 986782186 - [email protected].

xoves 9 de xullo18.00h. Maratón fotográico, fotosecado e festival poético. Praza da Igrexa. Silleda.Estará dispoñible ata o sábado 11 de xullo. Forma parte do programa de ac-tividades do inicio das Festas de Sille-da.

22.00h. Silleda coa xuventude. Silleda.

Actuación dos grupos Yeni e Nico , Plan Siberia, Kona ke te ixo e Barrio Rojo.

venres 10 de xullo11.00h. Silleda gastronómica. Silleda.Pasarrúas a cargo do grupo de Gaitas Car-queixas.> 13.00h. Chupinazo dende o balcón da Casa da Cultura.> 17.00h. Pasarrúas a cargo do grupo de Gaitas Carqueixas.> 20.00h. Exhibición de baile de salón na modalidade latinos e estándar (colabora escola Al Compas).

12.00h. XVII Festa Gastronómica do Lacón. Praza da Feira Vella. Silleda.Degustación de pinchos de lacón patroci-nada por Seguros Zurich de Silleda, ata as 19.00h.> 20.30h. Concerto “A dúas bandas” a car-go da Banda Xuvenil de Música de Meaño e Banda de Música Xuvenil de Silleda.> 22.00h. Cea do Lacón amenizada por Charanga Chourizo Criollo e os grupos Obice Capital e Grupo Mery.Organiza: Asociación Cultural O Lacón.

22.30h. Verbena especial Noite Latina. Silleda.Actuación de DJ Manu Gz, Kyoto Latino e La Ricura.

Page 7: Revista Deza N1 Xullo 2015

7

Page 8: Revista Deza N1 Xullo 2015

8

axenda

sábado 11 de xullo10.00h. Silleda co deporte. Silleda.Charangas polas rúas a cargo de Los Ver-beneros e Sorcha.> 10.30h. Tiro con arco no campo de golf coa participación do público. Colabora club Dezarco.> 10.30h. Campionato de golf no campo de golf. Colabora club de golf Exilieta.> 10.30h. Campionato de chapas, chave e petanca no campo de golf.> 11.00h. Baile Zumba coa participación do público na Praza Benito Rivas, Casa da Música. Colabora Turnativa.> 16.00h. Charanga polas rúas con saída ás aldeas.> 19.00h. Pasarrúas e baile tradicional a cargo de Aires do Trasdeza na rúa Carta-gena.> 19.00h. Charangas polas rúas a cargo de Los Verbeneros e Sorcha.> 21.00h. Entrega de trofeos do slalom de automovilismo no hostal casas novas.> 21.30h. Chegada Rally Vehículos Histó-ricos e entrega de premios no Hotel Vía Argentum.

11.00h. Campionato de Galicia de Slalom de Automovilismo. Silleda.Organizado pola Escudería Lalín-Deza e a Federación Gallega de Automovilismo. Ás 11.00h serán as veriicacións e ás 16.30h. as probas. Realizarase detrás do cuartel da Garda Civil, Av. Parque e Campo de Golf.

11.30h. III Rally de Regularidad Histórica Villa de Lalín. Parque cerrado del ayuntamiento. Lalín.

Será de carácter solidario xa que todos aqueles asistentes que o desexen (non é obrigatorio) poderán achegar ata 10 qui-los de alimentos non perecedoiros ou produtos de hixiene persoal para o ban-co de alimentos e servizos sociais de La-lín. As inscricións están abertas ata o día venres 8 de xullo ás 20.00 h. Máis infor-mación: 654752133 - www.clasicosotoxo.com.

Page 9: Revista Deza N1 Xullo 2015

9

23.00h. Verbena na Rúa Pintor Colmeiro. Silleda.Amenizada coa actuación das orquestras D’ Tacón e The Boys Machine.

— Descenso do Ulla en piraguas. Vila de Cruces.A ruta comezará en Ponteledesma e i-nalizará na Área de Recreo de Agrono-vo. Prezo: 20€. Inclúe piragua para dúas persoas, chaleco salvavidas, seguro e camiseta. Poderán participar os maiores de 13 anos con autorización. Prazas li-mitadas. Máis información e inscricións: 986582017. Organiza: Concello de Vila de Cruces, Concello de Vedra e Concello de Boqueixón.

domingo 12 de xullo10.00h. Silleda coa música. Silleda.Pasarrúas a cargo das bandas de músi-ca La Lira Urgavonense de Arjona (Jaén) e Banda de Música Municipal de Sille-da.> 12.00h. Misa, acompañada da Coral Poli-fónica Trasdeza.> 13.00h. Concerto a cargo das devanditas bandas de música.

17.00h. Espectáculo Canino. Campo de Golf. Silleda.

Os cans exhibirán as súas habilidades nas modalidades Agility, Jumping e K.O. e Mondioring, Cans Adultos e Cachorros Traballando.

19.00h. XXII Gran Festival de Bandas de Música de Silleda. Silleda.Coa participación da Banda Artística de Merza, Banda de Música La Lira Urgavo-nense de Arjona (Jaén) e a Banda de Músi-ca Municipal de Silleda.

22.30h. Verbena na Rúa Pintor Colmeiro. Silleda.Coa actuación da Orquestra Ciudad Cristal e a Orquestra Olympus.

luns 13 de xullo11.00h. Silleda cos nenos. Carballeira das Pedrosas. Silleda.Terá lugar un maratón de fútbol 3 por ida-des e actividades infantís durante todo o día.

14.00h. Fin das Festas de Silleda. Carballeira das Pedrosas. Silleda.Realizarase na carballeira unha parrilla-da popular gratuíta (agás bebidas) para todos os veciños con charanga e a Banda Xuvenil de Silleda.

venres 17 de xullo22.00h. Xornada I da XV Festa da Paella. Cortegada. Silleda.A carpa cas mesas estará instalada no campo de Cortegada. As reservas po-den facerse ata o mércores 15 de xullo. O menú estará composto de paella con cazola de regalo, pan, viño, refrescos, queixo con marmelo, café e augardente. A verbena estará amenizada ca actuación do Dúo Master e Orquestra Galilea. Prezo: 10€ (inclúe menú e sitio reservado). Máis información: 686650371 - [email protected].

Page 10: Revista Deza N1 Xullo 2015

10

axenda

sábado 18 de xullo— Xornada I do I Maratón de Fútbol 7 Rodeiro S.D. Campo da Raña. Rodeiro.Haberá trofeos para os tres primeiros cla-siicados, para o porteiro menos goleado e para o máximo goleador. Prezo: 110€. Máis información e inscricións: 645518747 - 652202082. Organiza e colabora: Rodei-ro SD e Concello de Rodeiro.

— Xornada II da XV Festa da Paella. Cortegada. Silleda.Coas actuacións pola noite do Grupo Claxxon e a Orquestra Jerusalén.

domingo 19 de xullo— Xornada II do I Maratón de Fútbol 7 Rodeiro S.D. Campo da Raña. Rodeiro.

09.00h. III Liga Catábrica de Tiro con Arco. Monasterio de Carboeiro. Silleda.A cita será a primeira proba de esta liga que reunirá a tres clubs de tiro con arco

onde o Club Dezarco será o que represen-tará a Galicia na competición. Un perco-rrido de 24 dianas e un centenar de parti-cipantes. Máis información: [email protected]. Organizan: Club Dezarco, Arco los Valles e Club Trastillou. Colaboran: Concello de Silleda e Federación Galega de Tiro con Arco.

— Xornada III da XV Festa da Paella. Cortegada. Silleda.Fin das festas cunha misa solemne e se-sión vermú a cargo de O Son da Ferven-za.

martes 21 de xullo09.00h. Xornada I do XI Novas Fronteiras na Igualdade de Oportunidades. Auditorio Municipal. Lalín.Dá comezo a undécima edición do curso de verán organizado pola Oicina de Igual-dade do Concello de Lalín e o Instituto de Ciencia da Educación da USC. O curso desenvolverase en catro xornadas e reu-nirá a numerosos expertos que tratarán o

Page 11: Revista Deza N1 Xullo 2015

11

tema da igualdade en diferentes ámbitos. A matrícula é ata o día venres 10 de xullo. O curso terá un recoñecemento de 2 cré-ditos ECTS e 2 créditos de libre conigura-ción pola USC. Máis información: 986 780 014 / [email protected].

> 09.00h. Entrega de materiais.> 09.30h. Inauguración oicial do curso.> 10.00h. Conferencia: “A escola morada do patriarcado” por Rosa Cobo Bedia, Pro-fesora titular de Socioloxía da Universida-de da Coruña.> 11.30h. Pausa.> 12.00h. Conferencia: “Diario dunha fe-minista” por Nuria Varela Méndez, Perio-dista, Escritora e Blogger especialista en Violencia de Xénero e Feminismo.> 16.30h. Conferencia: “Confundidas polo amor romántico” por Ianire Estébanez Castaño, Psicóloga especialista en Moci-dade, Redes Sociais e Prevención de Vio-lencia de Xénero.> 18.00h. Pausa.> 18.30h. Conferencia: “Infancia e xuven-tude LGTB, unha oportunidade para a educación trans*formada” por Raquel (Lucas) Platero Méndez, Investigador e Membro da Cátedra de Xénero da Univer-sidad Rey Juan Carlos.

mércores 22 de xullo10.00h. Xornada II do XI Novas Fronteiras na Igualdade de Oportunidades. Auditorio Municipal. Lalín.> 10.00h. Conferencia: “Enerxía coeducati-va” por Marián Moreno Llaneza, Profesora de Lingua Castelá e Literatura no IES Emi-lio Alarcos (Gijón, Asturias).> 11.30h. Pausa.> 12.00h. Conferencia: “A impronta de coeducar con amor” por Fernando Barra-gán Medero, Profesor Titular do Departa-mento de Didáctica e Organización Esco-lar. Universidad de la Laguna.> 16.30h. Conferencia “Despatriarcalizan-do, un achegamento á contrución das masculinidades” por Rubén Torres Cam-pelo, Profesor no IES Chan do Monte (Ma-rín) e investigador en xénero na Universi-dade de Santiago de Compostela.> 18.00h. Pausa.> 18.30h. Conferencia: “Coeducación afec-tivo sexual” por Lola Ferreiro Díaz, Cate-drática en procesos sanitarios no IES La-mas de Abade (Santiago de Compostela), experta en xénero.

xoves 23 de xullo

10.00h. Xornada III do XI Novas Fronteiras na Igualdade de Oportunidades. Auditorio Municipal. Lalín.> 10.00h. Conferencia: “Prevención da ciberviolencia de xénero a través de vi-deoxogos e habilidades para a vida dixi-tal” por Urko Fernández Román, Inestiga-dor de Riscos no uso das TIC e Director de Proxectos de Patallas Amigas.> 11.30h. Pausa.> 12.00h. Conferencia: “Sexo, sexismo e sensibilidade” por Rosa Sanchís Caudet,

Page 12: Revista Deza N1 Xullo 2015

12

axenda

Profesora no IES Villena de Valencia e Blo-gger experta en Xénero.> 16.30h. Conferencia: “Redes sociais, xuentude e xénero” por Ianire Estébanez Castaño, Psicóloga especialista en Moci-dade, Redes Sociais e Prevención de Vio-lencia de Xénero.> 18.00h. Pausa.> 18.30h. Contacontos: “A escola dos con-tos igualitarios” por Cristina Collazo Gó-mez, Actriz e Titirimestra.

venres 24 de xullo10.00h. Xornada IV do XI Novas Fronteiras na Igualdade de Oportunidades. Auditorio Municipal. Lalín.> 10.00h. Conferencia: “A realidade sem-pre supera a icción. Cine e violencia de xénero” por Pilar Aguilar Carrasco, Analis-ta e Crítica de Cinema, Pedagoga e Femi-nista.> 11.30h. Pausa.> 12.00h. Conferencia: “Artivismo nas re-des sociables” por Yolanda Domínguez Rodríguez, Artista Multidisciplinar e expe-ta en Arte e Novas Tecnoloxías.> 16.30h. Conferencia: “Políticas de xénero cara á construción da felicidade” por Fer-nando Barragán Medero, Profesor Titular do Departamento de Didáctica e Organi-zación Escolar. Universidad de la Laguna.> 18.30. Acto de Clausura e Entrega de Di-plomas.

domingo 26 de xullo09.00h. Campionato Galego de Tiro con Arco modalidade Percorrido de bosque 3D. Monasterio de Carboeiro. Silleda.Constará de dous percorridos de 20 dia-nas (animais de espuma de alta densida-

de a escala real). O primeiro percorrido será ás 9.00h. rematando o mesmo ás 13.00h. e o segundo percorrido comezará ás 15.00h e rematará ás 18.00h., hora na que se proclamarán os gañadores e se en-tregarán os premios.

Aquí remata esta primeira edición de Revista Deza. Esperamos que gocedes

con todos estes eventos e fagades chegar as vosas

opinións a través da nosa páxina de Facebook e o noso correo electrónico [email protected].

Nós seguiremos traballando na edición do mes de agosto que esperamos sexa moito

mellor e con moitos máis eventos. Recibiremos a vosa información sobre

actividades, cursos, exposicións, concertos, festas, talleres e demais

ata o 22 de xullo en publicacions@revistadeza.

com.

Para máis información: www.revistadeza.com