reprodución animais vexetais

101
Profesor: Adán Gonçalves REPRODUCIÓN EN ANIMAIS E VEXETAIS https://encrypted- tbn1.gstatic.com/images?q=tbn:ANd9GcSFjFxznPX7BLl48pL_Rer7l3ts8EAngtLs2Jn8Oyb wA0uWDpX-

Upload: adan-goncalves-conselleria-de-educacion-xunta-de-galicia

Post on 02-Jul-2015

162 views

Category:

Education


2 download

DESCRIPTION

Reprodución en animais e vexetais. Nivel 1º Bacharelato.

TRANSCRIPT

Profesor: Adán Gonçalves

REPRODUCIÓN

EN ANIMAIS

E VEXETAIS

https://encrypted-tbn1.gstatic.com/images?q=tbn:ANd9GcSFjFxznPX7BLl48pL_Rer7l3ts8EAngtLs2Jn8OybwA0uWDpX-

CONCEPTO DE CICLO BIOLÓXICO

Ciclo vital ou biolóxico: son as diferentes etapas ó longo da

vida dun organismo.

A complexidade do ciclo vital varía segundo a especie.

No ciclo biolóxico podemos diferenciar varias fases:

1. Fase inicial: é o comezo do ciclo. Pode ser unha soa célula

(célula ovo ou cigoto) ou un pequeno grupo de células

desprendidas do proxenitor.

CONCEPTO DE CICLO BIOLÓXICO

2. Desenvolvemento: é a fase de cambios no tamaño e na forma

que conleva a diferenciación das estruturas internas. Nalgúns

organismos pluricelulares, como os anfibios e insectos, este

desenvolvemento é moi complexo e posúe distintas etapas nas

que o aspecto do individuo pode ser moi diferente do adulto

(Metamorfose).

CONCEPTO DE CICLO BIOLÓXICO

3. Reprodución: nesta fase os adultos producen “unidades

reprodutoras” que orixinarán novos individuos coas

características dos proxenitores (descendencia).

A unidade reprodutora pode ser unha célula (células

xerminais) ou un conxunto delas.

EXEMPLOS DE CICLOS BIOLÓXICOS

©recursos.cnice.mec.es ©infovisual ©biottecfortaleny.blogspot.com

1. IMPORTANCIA DA REPRODUCIÓN

A reprodución é o conxunto de procesos mediante os cales as células

e os organismos producen descendentes semellantes a eles mesmos,

perpetuando a vida e asegurando a supervivencia da especie

Liña somática e liña xerminal :

Nos organismos unicelulares, a única célula é a súa vez a célula

reprodutora.

Nos organismos pluricelulares, as células non especializadas (células

somáticas) constitúen a liña somática ou soma. Polo contrario, as

células especializadas na reprodución (células xerminais) constitúen

a liña xerminal ou xerme..

Existen dous tipos de células xerminais:

• Esporas: desenvólvense directamente para orixinar un novo

individuo sen fusión. Nos vexetais son as células que teñen meiose.

• Gametos: na maioría dos casos, precisan unirse a outro gameto

para formar o cigoto que por multiplicacións orixinará o novo

individuo. Todos os organismos, mesmo os pluricelulares, se

orixinan a partir dun cigoto por sucesivas divisións mitóticas. Nos

animais só os gametos sofren unha división reduccional (meiose).

Os gametos son células sexuais e son característicos deste tipo

de reprodución.

1. IMPORTANCIA DA REPRODUCIÓN

Fixádevos no

ciclo dos

fentos a

diferenza

entre o que é

unha espora e

un gameto.

2. TIPOS DE CICLOS E DE REPRODUCIÓN

Hai unha grande variedade de mecanismos reprodutivos nos

seres vivos que, en xeral, agrupamos en dous tipos: reprodución

asexual ou agamia e reprodución sexual ou gámica.

Nalgúns organismos danse os dous tipos ao longo da súa vida e

fálase neste caso de reprodución alternante.

Dependendo delo os ciclos vitais poden ser máis ou menos

complexos.

Segundo o momento do ciclo no que suceda a meiose

diferenciamos: ciclo haplonte, ciclo diplonte ou ciclo

diplohaplonte.

Ciclo haplonte: hai meiose cigótica formando catro células

haploides que dan lugar a adultos haploides. Éstes por mitose

forman gametos que tras a fecundación orixinan cigotos diploides.

Característico de moneras, algún protozoo, algas e fungos.

Ciclo diplonte: hai meiose gamética durante a gametoxénese. O

cigoto (2n) divídese por mitose e orixina o adulto que por meiose

forma os gametos que se uniran para forman un novo cigoto.

Típico de animais.

Ciclo diplohaplonte: hai meiose esporxénica. O cigoto diplode

por mitose orixina un adulto diploide (esporófito) que produce por

meiose esporas haploides. As esporas orixinan adultos haploides

(gametófitos) que por mitoses forman gametos que tras a

fecundación forman un novo cigoto. Característico das plantas.

REPRODUCIÓN ASEXUAL OU AGAMIA

Tamén chamada multiplicación vexetativa.

É aquela que non necesita de células sexuais especializadas,

senón que un único organismo xera copias idénticas de si

mesmo. Aparece en todo tipo de organismos, aínda que

adoita ir acompañada da sexual para asegurar a

variabilidade.

Vantaxes:

1) É moi útil para organismos sésiles ou pouco móbiles.

2) Pódese levar a cabo cun só individuo.

3) Pode dar lugar a moitos de individuos.

Inconvintes:

1) Non aumenta a variabilidade xenética.

Hai moitos tipos diferentes de reprodución

asexual. En animais: amitose, bipartición,

escisión múltiple, xemación... En plantas:

bipartición, fragmentación, propágulos,

esporulación...

REPRODUCIÓN ASEXUAL OU AGAMIA

A reprodución asexual é moi frecuente en organismos unicelulares...

Paramecio en bipartición

Microalga en bipartición

...,pero tamén se da en plantas...

...e en animais.

É aquela na que células especializadas (gametos ou células

sexuais) se fusionan para formar un cigoto a partir de o cal

desenvolverase o novo individuo.

Vantaxes:

1) Permite unha maior variabilidade xenética (recombinación

xenética) sobre a que pode actuar a selección natural e polo

tanto, favorece a supervivencia da especie.

REPRODUCIÓN SEXUAL OU GAMIA

Desvantaxes:

1) Ten que haber dous proxenitores.

2) Os gametos deben atoparse (grandes cantidades e móbiles)

e ademais necesitan un medio acuático (dificultade en

organismos terrestres).

FECUNDACIÓN

A unión dos gametos denomínase fecundación, e tras ela

fórmase a célula ovo ou zigoto que é unha célula diploide (2n) a

partir da cal se desenvolve o novo individuo.

REPRODUCIÓN SEXUAL OU GAMIA

FECUNDACIÓN

A gametogamia (reprodución por gametos) pode ser por:

Partenoxénese: o novo individuo orixínase a partir só dun gameto

feminino. Típica de insectos sociais (formigas e abellas).

Anfigonia: a máis frecuente, implica fecundación e fusión do

material xenético dos gametos (cariogamia). Segundo o tipo de

gametos diferenciamos:

- Isogamia: Os dous gametos son iguais. Frecuente en protistas.

- Anisogamia: un gameto máis grande co outro. Algas.

- Oogamia: un gameto inmóbil e de maior tamaño (óvulo/oosfera)

e o outro móbil (flaxelado) e máis pequeño (espermatozoide/

anterozoide). En animais e plantas.

PARTENOXÉNESE

ISOGAMIA

ANISOGAMIA

OOGAMIA

FECUNDACIÓN EN ANIMAIS

A fecundación en animais pode realizarse de dous xeitos:

Fecundación externa: os gametos únense na auga (fóra do

corpo da nai). Os ovos orixinan larvas que se desenvolven ata se

converter en adultos. Típica de animais acuáticos e anfibios.

Fecundación interna: a unión realízase dentro do corpo da nai.

Característica de animais terrestres e condrictios.

DESENVOLVEMENTO EMBRIONARIO NOS ANIMAIS

Segundo o desenvolvemento embrionario, os animais poden ser:

Ovíparos: o ovo deposítase no exterior e o embrión

desenvólvese a partir das reservas deste. Típico de moitos

peixes, anfibios, réptiles e aves.

Ovovivíparos: o embrión desenvólvese a partir das reservas do

ovo, pero dentro da nai. En quenllas e algunhas serpes e

lagartos.

Vivíparos: o embrión desenvólvese no interior do útero a

partir das substancias aportadas pola nai. Característico dos

mamíferos.

3. REPRODUCIÓN EN INVERTEBRADOS

Poden ter reprodución asexual ou sexual.

3.1. REPRODUCIÓN ASEXUAL EN INVERTEBRADOS

Hai varios tipos:

Xemación: unha parte do corpo do proxenitor sepárase (xema) e

orixina un novo individuo. Típico de esponxas e cnidarios.

Escisión ou fragmentación: rotura espontánea dun fragmento ou

máis do corpo do proxenitor que orixinan novos individuos.

Característico dalgúns cnidarios (anémonas) e planarias.

Dentro da fragmentación hai variantes como a rexeneración (en

estrelas de mar) ou a estrobilación en pólipos.

FRAGMENTACIÓN

ESCISIÓN

XEMACIÓN

ESTROBILACIÓN

Poliembrionía: as veces considérase tamén como un caso

especial de fragmentación. Consiste na división do embrión nas

primeiras etapas. En Vertebrados aparece no armadillo. Na

nosa especie, non é habitual e cando se produce orixínanse

xemelgos monocigóticos.

3.2. REPRODUCIÓN SEXUAL EN INVERTEBRADOS

Os invertebrados mostran unha gran variedade de modalidades de

reprodución sexual debido a súa adaptación a múltiples hábitats.

Unisexuais e Hermafroditas

Os seres unisexuais son os que producen un só tipo de gametos.

Os hermafroditas son capaces de producir os dous tipos.

O hermafroditismo é relativamente habitual nos invertebrados en

grupos como: platihelmintos,, anélidos, crustáceos e moluscos.

O frecuente e a fecundación cruzada (os dous individuos

insemínanse mutuamente) como nas miñocas.

3.2. REPRODUCIÓN SEXUAL EN INVERTEBRADOS

Invertebrados acuáticos

Varias posibilidades:

Esponxas: Liberan espermatozoides que fecundan óvulos

noutra esponxa e libéranse as larvas a auga.

Cnidarios: fecundación nas gónadas do animal, fórmase un

cigoto de resistencia que sae ao exterior.

Equinodermos e anélidos acuáticos: liberan a auga os gametos

onde se produce a fecundación e desenvolven larvas.

3.2. REPRODUCIÓN SEXUAL EN INVERTEBRADOS

Invertebrados Terrestres

Os artrópodos soen ser unisexuais e ovíparos ou ovovíparos.

O máis característico deste grupo é que moitos deles sofren

metamorfose.

- Metamorfose incompleta: do ovo nace un animal similar ao

adulto (de menor tamaño) denominado ninfa. A ninfa ten os

mesmos hábitos alimenticios cos adultos. Saltóns, grilos...

- Metamorfose completa: do ovo nace un individuo moi

diferente ao adulto, incluso no tipo de vida. Son as larvas.

As larvas pasan por unha fase inmóbil (pupa) antes de orixinar

o adulto (imago). Bolboretas, escaravellos...

4. REPRODUCIÓN EN VERTEBRADOS

Os vertebrados caracterízanse por ter reprodución sexual.

Só en lagartas e píntegas pode ser habitual a rexeneración da

cola, pero como dixemos xa, non pode ser considerado un

mecanismo de reprodución.

PEIXES

Característica a fecundación externa, aínda que en quenllas é

raias son habituais os órganos copuladores (hemipenes).

Habitualmente os peixes son ovíparos, pero a maioría das quenllas

son ovovivíparas.

4. REPRODUCIÓN EN VERTEBRADOS

ANFIBIOS

Ovíparos con fecundación

externa, aínda que macho e

femia achéganse no acto

reprodutor para asegurar a

fecundación.

Teñen metamorfose: as larvas

denomínanse cágados, son

totalmente acuáticas e respiran

por branquias; os adultos poden

perder a cola (se son anuros), e

desenvolven patas e pulmóns.

4. REPRODUCIÓN EN VERTEBRADOS

O PASO A TERRA

A colonización do medio terrestre foi un importante paso

evolutivo.

Os anfibios son un grupo todavía cunha gran dependencia do medio

acuático sobre todo na reprodución.

O paso clave para orixinar vertebrados netamente terrestres foi o

desenvolvemento do ovo cleidoico ou amniótico (excepto na maioría

dos mamíferos onde apareceu a placenta) que posúe capas

protectoras que evitan a desecación, pero permiten a o

intercambio gasoso.

Ademais nos vertebrados terrestres é carácterística a

fecundación interna para asegurar un medio húmido aos gametos.

O ovo amniótico

Esta formado por unha célula ou xema

que é o óvulo recheo de substancias

nutritivas (o vitelo) e un núcleo

(mancha xerminativa) onde comeza a

formarse o embrión. Arredor del hai

tres membranas extraembrionais:

- Amnios: bolsa no que se desenvolve o

embrión e que evita a súa

deshidratación.

- Alantoides: onde se acumulan os

refugallos.

- Corion: permite o intercambio

gasoso.

4. REPRODUCIÓN EN VERTEBRADOS

RÉPTILES

Os réptiles foron os primeiros vertebrados que se independizaron

da auga.

Neles aparece por primeira vez o ovo amniótico.

Este ovo é similar ao das aves, agás na casca, que é apergaminada

nos réptiles e calcárea nas aves.

Os machos posúen un órgano copulador para introducir os

espermatozoides no corpo da femia.

4. REPRODUCIÓN EN VERTEBRADOS

AVES

Son ovíparas e reprodúcense por fecundación interna mediante a

superposición de cloacas (non posúen órgano copulador).

Os rituais de apareamento das aves son dos fenómenos máis

singulares do reino animal (plumas vistosas, cantos, movementos e

danzas...)

MAMÍFEROS

Posúen fecundación interna e son típicamente vivíparos (salvo os

monotremas). Na maioría deles (placentados) aparece un órgano, a

placenta xunto co cordón umbilical que permite o intercambio de

substancias da nai coa cría. Caracterízanse polo coidado das crías e

a lactancia.

5. REPRODUCIÓN HUMANA

Os órganos xenitais orixinanse cara o cuarto mes de vida

intrauterina, constitúen os caracteres sexuais primarios.

Na pubertade as hormonas sexuais estimulan a produción de

gametos e son responsables do desenvolvemento dos caracteres

sexuais secundarios (barba, seos, tono de voz,...)

Homes:

Aumento do tamaño dos órganos sexuais.

Aparece o pelo corporal e a barba.

Increméntase a masa muscular.

Voz máis grave.

Primeiras exaculacións.

Aumenta a secrección de grasa: acné.

Mulleres:

Aumento dos órganos sexuais.

Ensanchamento das cadeiras e desenvolvemento das mamas.

Aparece o velo púbico e nas axilas.

Prodúcense as primeiras regras.

Aumenta o contido de grasa nas coxas.

5. REPRODUCIÓN HUMANA

Homes:

Aumento do tamaño dos órganos sexuais.

Aparece o pelo corporal e a barba.

Increméntase a masa muscular.

Voz máis grave.

Primeiras exaculacións.

Aumenta a secrección de grasa: acné.

Cambios nos adolescentes

5.1. APARELLO REPRODUTOR MASCULINO

É o encargado de producir as hormonas sexuais masculinas

(andróxenos) e os espermatozoides (gametos masculinos).

Ten tamén a función de levar a cabo a cópula, permitindo así

a fecundación.

Falaremos a continuación das distintas partes que

diferenciamos neste aparello: testículos, vías reprodutoras,

pene e glándulas anexas.

5.1. APARELLO REPRODUTOR MASCULINO

5.1.1. Testículos

Son as gónadas masculinas. Formadas por uns condutos

numerosos e enrolados chamados túbulos seminíferos en cuxas

paredes fórmanse os espermatozoides.

Hai tamén células produtoras de hormonas sexuais (as células

de Leydig que producen testosterona).

Os testículos están fora da cavidade abdominal recubertos dun

repregamneto da pel chamado escroto.

5.1.2. As vías reprodutoras

5.1. APARELLO REPRODUTOR MASCULINO

Son os condutos que recollen o transportan os

espermatozoides cara o exterior. Son:

Epidídimo: conduto que é a confluencia dos túbulos

seminiferos de cada testículo. É o lugar de maduración.

Conduto deferente: continúa o epidídimo e ascende

cara o interior do abdome. Serve de almacén para os

espermatozoides (42 días).

Urétra: conduto compartido co aparello excretor. A

última parte discorre polo interior do pene.

5.1.3. Pene

5.1. APARELLO REPRODUTOR MASCULINO

É o órgano copulador masculino. Formado por dúas masas

esponxosas eréctis chamadas corpos cavernosos, situados por

enriba da uretra. Cando existe excitación rechéase de sangue

permitindo a erección e facilitando a penetración na vaxina

durante o coito.

A parte final do pene dilátase formando o glande que posúe

numerosas terminacións nerviosas. É o lugar de saída do

aparello reprodutor e urinario.

O prepucio é un pequeno repregue de pel fina que protexe o

glande. Cando está estreitado fálase de fimose.

O prepucio pode eliminarse cirúrxicamente: circuncisión

5.1. APARELLO REPRODUTOR MASCULINO

Cuestións:

1. Coñeces algunha razón pola que os testículos teñan que estar fora da cavidade abdominal?

2. Sabes por que non é posible unha exaculación e o acto da micción simultaneamente?

3. Os pantalóns axustados usados de xeito continuado poden ocasionar esterilidade temporal. Cal cre que pode ser a razón?

4. A partir de certa idade a próstata pode aumentar de tamaño. Que consecuencias pode ter esta anomalía?

5.2. APARELLO REPRODUTOR FEMININO

Formado polos ovarios e as vías reprodutoras.

5.2.1. Os ovarios

Son as gónadas do aparello reprodutor feminino. Producen

os óvulos e as hormonas femininas.

Na parte externa dos ovarios (cortiza) atópanse os folículos

ováricos que é onde se forman os óvulos. A medida que nos

achegamos a superficie do ovario, os folículos son máis

grandes (folículos de Graaf) e conteñen óvulos xa

preparados para ser expulsados.

5.2. APARELLO REPRODUTOR FEMININO

5.2.2. As vías reprodutoras

Son os condutos que interveñen na fecundación e na xestación.

Trompas de Falopio: dous condutos cunha abertura con

forma de funil que recollen os óvulos liberados polos ovarios e

os transportan mediante cilios das súas paredes ata o útero. É o

lugar habitual da fecundación.

Útero: cavidade na que desembocan as trompas, posúe unha

gran capa muscular e está tapizado por unha mucosa chamada

endometrio. Na súa parte inferior estréitase formando o cérvix

que comunica coa vaxina.

5.2. APARELLO REPRODUTOR FEMININO

5.2.2. As vías reprodutoras

Vaxina: conduto musculosos e elástico que comunica o útero co

exterior. Posúe glándulas que segregan substancias lubricantes

para facilitar a penetración. Na entrada existe unha pequena

membrana incompleta (Himen) que racha durante as primeiras

relacións sexuais.

Vulva: constitúe o órgano xenital externo da muller. Presenta

pregamentos cutáneos (labios maiores e menores) entre os que

se atopa o clítoris (órgano moi sensible formado por un tecido

eréctil similar ao do pene).

Cuestión:

1. Cal é a relación na muller entre o aparello urinario e o reprodutor?

2. En que se diferenza, neste sentido, do que ocorre no home?

6. GAMETOXÉNESE

A gametoxénese é o proceso de formación dos gametos:

espermatoxénese e ovoxénese segundo sean espermatozoides ou

óvulos.

ESPERMATOZOIDES: Os espermatozoides fórmanse nas paredes

dos túbulos seminíferos (o proceso dura uns 2 meses, dende a

pubertade repítese ao longo da vida do home).

Os espermatozoides son de pequeño tamaño, moi móbiles e de vida

curta (2-4 días no interior do útero da muller). Constan dunha

cabeza (onde reside o núcleo da célula e polo tanto, o material

xenético), un corpo intermedio (con numerosas mitocondrias) e

unha cola (o flaxelo que permite o seu movemento).

6.1. ESPERMATOXÉNESE

Nas paredes dos túbulos seminíferos hai espermatogonias ou

células xerminais que comezan a multiplicarse ao chegar a

pubertade. A espermatoxénes divídese en:

Formación de espermatocitos primarios: por mitoses das

espermatogonias.

Meiose: cada espermatocito primario (2n) orixina na 1º división

dous espermatocitos secundarios (n). Na segunda división fórmanse

4 espermatidas.

Espermioxénese: As espermátidas maduran orixinando

espermatozoides que saen a luz do túbulo e desprázanse cara o

epidídimo.

Os óvulos fórmanse nos ovarios a partir dos folículos. Os folículos

con distintos tamaños corresponden con ovarios en distintos

graos de maduración. Cando o folículo está maduro rompe a

parede e libera o óvulo cara as trompas de Falopio, a este proceso

denomínaselle ovulación.

Un óvulo é unha célula esférica, inmóbil e relativamente grande,

xa que acumula substancias nutritivas de reserva. Posúe un núcleo

co seu material xenético.

Rodeando ao óvulo hai unha serie de envolturas (zona pelúcida e

coroa radiata) que o protexen e producen mucosidade.

ÓVULOS:

6.2. OVOXÉNESE

Hai catro etapas:

Multiplicación das células xerminais ou ovogonias: remata cara

a 15ª semana do desenvolvemento embrionario.

Transformación das ovogonias en ovocitos 1º: durante o

período fetal as ovogonias orixinan ovocitos 1º. Netes ovocitos

iníciase a 1º división meiótica (queda na profase I).

Formación dos ovocitos 2º: na pubertade os ovocitos 1º medran

e acumulan reservas e conclúen a 1º división meiótica que orixina

dúas células un ovocito 2º que contén case o todo o citoplasma e

o corpúsculo polar que só é material xenético.

Neste momento ocurre la ovulación (só un ovocito 2º en cada

ciclo sae do ovario).

Segunda división meiótica: prodúcese somente se o ovocito 2º

é fecundado.

O ovocito 2º orixina dúas células, un corpúsculo polar 2º e un

óvulo maduro.

O corpúsculo polar 1º, a súa vez, orixinará outros dous

corpúsculos polares.

Polo tanto ao final da meiose temos un óvulo con tres

corpúsculos polares.

Todos os corpúsculos polares dexeneran.

Se o ovocito 2º non é fecundado será expulsado do corpo na

menstruación.

O Ciclo Ovárico

A ovulación é un proceso que sucede cada 28 días de xeito alterno en cada

un dos ovarios.

Está regulado polas hormonas sexuais (FSH, LH e proxesterona

principalmente) e a súa finalidade é a maduración e liberación dun óvulo cada

vez. A este proceso cíclico chámaselle ciclo ovárico e ten tres fases:

Fase folicular (1º-14º día del ciclo): a FSH (hipófise) estimula os folículos.

Os ovarios producen estradiol (un estróxeno).

Ovulación (12º-14º día): Coincide cun “pico” de LH (hipófise) que provoca a

liberación do “óvulo” do ovario. (días máis fértiles: 5 antes e 2 despois).

Fase secretora (16º-28º): despois de expulsado o “óvulo” fórmase unha

masa de células (corpo lúteo amarelo) que produce e segrega proxesterona.

Este corpo dexenera en 10-12 días e deixa de producir proxesterona se non

hai fecundación.

O Ciclo Menstrual

De xeito paralelo ao ciclo ovárico as hormonas sexuais (estróxenos) preparan

as paredes internas do útero ante un posible embarazo.

O endometrio engrósase e recóbrese dunha mucosa rica en vasos sanguíneos.

Pola súa banda a proxesterona detén estos cambios e mantén na súa posición

ao endometrio.

Se o óvulo non é fecundado (entre outras cousas diminúen os niveis de

proxesterona) a mucosa uterina despréndese e sae ao exterior a través da

vaxina provocando unha pequena hemorraxia, a menstruación (dura

normalmente entre 3-5 días). Este proceso períodico recibe o nome de ciclo

menstrual ou uterino e tamén o podemos dividir en tres fases: menstrual (1º-

4º), proliferativa ou estroxénica (5º-13º) e secretora ou proxestacional (14º-

28º).

7. FECUNDACIÓN

A fecundación na nosa especie ten lugar nas trompas de

Falopio. Para que isto suceda, os espermatozoides depositados

na vaxina no coito deben ascender polas trompas ata atopar ao

óvulo.

Trala fecundación o óvulo forma unha membrana impenetrable

para os demais espermatozoides.

O proceso de fecundación remata coa formación do cigoto.

A partir de aquí comeza a dividirse por sucesivas mitoses.

8. DESENVOLVEMENTO EMBRIONARIO

O desenvolvemento dun animal ata chegar a idade adulta

denomínase ontoxenia e consta de dous períodos: embrionario e

postembrionario (dende o nacemento ata a madurez sexual).

En canto ao desenvolvemento embrionario a nosa especie é

vivípara.

O desenvolvemento dentro da nai asegura unha mellor

protección e viabilidade aos embrións.

As transformación no embrión suceden ininterrompidamente,

pero soense diferenciar as seguintes fases: segmentación,

gastrulación, formación do mesodermo e organoxénese.

Segmentación: dende o cigoto ata a fase de blástula. Divisións mitóticas que orixinan

células cada vez máis pequenas (blastómeros) que permanecen agrupadas (mórula).

Despois os blastómeros migran cara a periferia formando unha parede externa, o

blastodermo que deixa unha cavidade interna chea de fluído o blastocele, estamo xa

na fase de blástula.

https://www.google.es/url?sa=i&rct=j&q=&esrc=s&source=images&cd=&cad=rja&uact=8&docid=PnuEKz_WiY0NCM&tbnid=6LwUoqpajwTYQM:&ved=0CAQQjB0&url=http%3A%2F%2Fcienciasdelmundocontemporaneo1bat.blogspot.com%2F2013_06_02_archive.html&ei=zCluU-jkGcPOOarrgagL&bvm=bv.66330100,d.d2k&psig=AFQjCNGGqFj2dvTnKxoUDDRiES-R4S65kA&ust=1399814963288597

Gastrulación: a blástula sofre pregramentos e cambios que orixinan unha nova fase, a

gástrula. No proceso fórmanse as tres capas embrionarias: endodermo, ectodermo e

mesodermo que desenvolverán os distintos tecidos e órganos.

O primeiro que se forma é o ectodermo e o endodermo; por dentro do endodermo

orixínase unha cavidade , o arquenterón que comunica ao exterior polo blastoporo.

Com xa comentamos noutros temas, nos poríferos e cnidarios, só se desenvolven estas

dúas capas, son animais diblásticos.

No resto desenvólvese o mesodermo, son animais triblásticos.

Formación do mesodermo: como xa vimos, os animais triblásticos pode forman un

celoma. Dependendo delo diferenciabamos: acelomados (platihelmintos),

pseudocelomados (nematodos) e celomados (os demais).

Organoxénese: tras a gastrulación comeza a diferenciación de tecidos e órganos

(histoxénese e organoxénese).

FOLLAS

EMBRIONARIAS

ÓRGANOS QUE FORMA

ECTODERMO Epiderme, sistema nervioso e aberturas

naturais do corpo.

ENDODERMO Tubo dixestivo e glándulas anexas,

recubrimiento do tubo dixestivo, da

vexiga urinaria e a cloaca

MESODERMO Derme, músculos esqueléticos,

esqueleto óseo, circulatorio, gónadas e

excretor.

9. REPRODUCIÓN NOS VEXETAIS

REPRODUCIÓN ASEXUAL

- Reprodución vexetativa: fórmanse novos individuos a partir

dunha parte da planta, os procesos máis habituais son: un talo

paralelo ao solo do que parten novos individuos como nos

amorodos (estolóns), talos subterráneos dos que parten novos

individuos como nas cebolas (bulbos) e talos subterráneos de

reserva con xemas que orixinan novas plantas coma na pataca

(tubérculos).

- Reprodución por esporas: a partir dunha célula con núcleo

orixínanse varias, en xeral moitas, células fillas que chamamos

esporas que cando as condicións son favorables son dispersadas

e xerminan orixinando novas plantas.

a) Estolóns. b) Rizoma. c) Tubérculo. d) Bulbo. e) Propágulos adventicios

Métodos de reprodución asexual artificial

ESTACAS OU GALLOS

ENXERTOS

PORBAIXA

Micropropagación: actualmente empréganse técnicas de clonación e cultivo in vitro para obter moitas plantas idénticas nun reducido espazo e tempo.

Primeiro cultívanse células embrionarias ou somáticas, nun tubo de ensaio. De aquí obténse unha masa de células indiferenciada chamada calo na que hormonalmente indúcese a diferenciación dunha plantiña. Despois transplántase.

9. REPRODUCIÓN NOS VEXETAIS

REPRODUCIÓN SEXUAL

As plantas teñen un ciclo diplohaplonte no que se alternan dúas

xeracións: unha haploide (gametófito) e outra diploide

(esporófito).

Nas plantas obsérvase unha tendencia cara o predominio do

esporófito sobre o gametófito.

Ciclo dos briófitos: hai predominio do gametófito sobre o esporófito. O

esporófito é unha fase de vida curta que vive a expensas do gametófito.

● Esporófito: fase produtora de esporas.● Esporanxio: órgano produtor das esporas.● Gametófito: fase produtora de gametos.● Gametanxio: órgano produtor de gametos.● Anteridio: órgano produtor de gametos masculinos (anterozoides)● Arquegonio: órgano produtor do gameto feminino (oosfera)

Ciclo dos pteridófitos: o esporófito é a parte dominante do ciclo. O

gametófito é pequeno, subterráneo e de vida curta.

REPRODUCIÓN EN ESPERMATÓFITOS:

As espermáfitas teñen un ciclo diplohaplonte no que a fase predominante é o

esporófito.

As espermáfitas caracterízanse pola produción de sementes como estruturas

de dispersión.

As vantaxes das sementes fronte ás esporas son:

● A semente ten cubertas protectoras e a espora non.

● A semente contén o endospermo, con substancias nutritivas de reserva. A

espora non.

● A semente contén un embrión pluricelular, con raíz, talo e follas

embrionarias. A espora é unicelular.

Fronde con soros que conteñen os esporanxios e esporanxio con esporas.

● Nos conos femininos están as escamas

seminíferas. Nelas, a célula nai das

megasporas, ao dividirse mediante meiose,

orixina catro células.

Tres dexeneran, e unha forma a megaspora

(n), que desenvolve o gametófito feminino ao

dividirse por mitose.

Dentro do gametófito fórmanse os

arquegonios, onde están as ovocélulas ou

oosferas.

● As escamas masculinas conteñen os sacos

polínicos nos que se producen, por meiose,

microsporas haploides. As microsporas

transfórmanse en grans de pole, que son os

gametófitos masculinos. Cada gran de pole

contén dous núcleos que actúan como

gametos masculinos.

Ciclo nas ximnospermas

POLINIZACIÓN, FECUNDACIÓN E FORMACIÓN DA SEMENTE

Os grans de pole son transportados ata o gametófito feminino. Fórmase un

tubo polínico que permite o paso dos núcleos espermáticos ata chegar a

oosfera. Prodúcese a fecundación cando se unen os dous gametos.

O embrión queda protexido por un

endospermo derivado dos tecidos do

gametófito e polo tegumento da semente.

Os conos femininos adquiren consistencia

leñosa, transformándose en piñas, que se

abren e liberan as sementes cando éstas

maduran.

AS ANXIOSPERMAS: PLANTAS CON FROITO

Partes dunha flor de anxiosperma

Flor hermafrodita

Flores unisexuais

Masculina

Feminina

ÓRGANOS REPRODUTORES NAS ANXIOSPERMAS:

ESTAMES (a) E CARPELOS (b)

O gametofito masculino é o

gran de pole xerminado.

Contén dous núcleos

espermáticos, que son os

gametos masculinos.

O gametófito feminino é o saco embrionario. A célula nai da megaspora, por meiose, orixina catro células, das que tres dexeneran. A restante (megaspora) orixina oito núcleos por mitose. Dous deles fusiónanse e dispóñense no centro, formando os núcleos secundarios. Dos outros, dispóñense tres en cada extremo. Nun deles atópase a oosfera acompañada de dúas células (sinérxidas). As células do outro extremo chámanse antípodas.

POLINIZACIÓN E FECUNDACIÓN

POLINIZACIÓN

Transferencia dos grans de pole desde as anteras dunha flor ata o estigma doutra

(polinización cruzada) ou da mesma flor (autopolinización).

TIPOS SEGUNDO O AXENTE DISPERSIVO

ANEMOFILIA ORNITOFILIA E POR MORCEGOS ENTOMOFILIA

A FECUNDACIÓN E A FORMACIÓN DA SEMENTE

Núcleos secundarios

Saco embrionario

Oosfera

Núcleos espermáticos

Tubo polínico

Gran de pole

1 Unha vez que chega o gran de pole ao estigma orixina o tubo polínico que vai polo estilo e o ovario ata o óvulo

1

2

Mentras no óvulo se desenvolve o saco embrionario: Con 8 núcleos haploides en 7 células.

2

3

Polo tubo polínico baixan os dous núcleos espermáticos que producen unha dobre fecundación

3

SEMENTE E FROITO NAS ANXIOSPERMAS

SEMENTE E FROITO NAS ANXIOSPERMAS

Despois da dobre fecundación o cigoto diploide (procedente da

unión da oosfera e un núcleo espermático) desenvolve o embrión

que será pluricelular e terá raíz, talo e follas embrionarias

(cotiledóns).

O núcleo triploide (orixinado pola unión dos dous núcleos polares e

un núcleo espermático) formará o endospermo ou albumen con

función nutritiva.

O óvulo orixina a semente que contén o embrión e o endospermo.

O carpelo desenvolve o froito que estará constituido polas

sementes rodeadas dun tecido protector, o pericarpo.

PERICARPO = ENDOCARPO + MESOCARPO + EPICARPO (ou EXOCARPO)

Tipos de froitos

Froitos simples

Proceden dunha flor cun só ovario ou varios soldados

Froitos múltiples

Proceden dunha flor con varios ovarios independentes

Carnosos Secos dehiscentes

Secos Indehiscentes

Tipos de froitos

Froitos complexos

Proceden das paredes do ovario e outras partes da flor.

Infrutescencias

Froitos procedentes de inflorescencias

Dentro está a flor do figo que será polinizada por avispas.

O pexego e a noz son o mesmo tipo de froito

Nas mazás, o receptáculofloral medra rodeando oovario

A función do froito é protexer a semente e facilitar a súa dispersión

Diferentes mecanismos de dispersión:Anemócora: 1a e 1bHidrócora: 2bEpizoócora: 3a e 3b.Bolócora: cogombro do diaño

A XERMINACIÓN

É a transformación da semente nunha nova planta. Hai dous tipos básicos:

Epixea: os cotiledóns e o ápice caulinat saen por riba da terra. Moitas

leguminosas.

Hipoxea: os cotiledóns permanecen baixo terra. A maioría das

monocotiledóneas.

Na xerminación inflúen diversos factores: a auga, gases, temperatura, viabilidade

da semente...

GRAZAS POR ATENDERME