recreaciÓn literaria carlos casares

12
RECREACIÓN LITERARIA CAMBIANDO O FINAL AGARDA LONGA AO SOL, de Vento ferido, de Carlos Casares Axotou as moscas, que lle picaban na cara. Despois moveuse na cadeira e ficou, outra vez, cos ollos fixos na casa branca de enfronte. Oía os ruídos da rúa, que lle chegaban monótonos, obsesivos. Voces, coches, motos. E os martelazos con son a ferro do taller mecánico. Serían as seis e media. A sombra da casa branca aínda non baixara da acera. Pola mañá estiveron os netos para felicitalo. Comeron todos xuntos. Aínda non hai dez minutos que se foron. Durante a comida houbo cantos, bailes. Xa se sabe. El tivo que apagar as oitenta velas da tarta. Vaste cansar dicíanlle. –Pois mira que cando teña que apagar as cen… As cen… Dicíano por dicilo. Pero as súas voces soaban a falso. Ninguén agardaba que el chegase aos cen anos. Nin sequera a pequena Ana, a limpa Ana cría o que dicía: Ti has chegar aos cen. Xa verás.

Upload: carmen-gomez

Post on 11-Mar-2016

257 views

Category:

Documents


16 download

DESCRIPTION

RECREACIÓN LITERARIA, VENTO FERIDO, CARLOS CASARES IES LAGOA DE ANTELA

TRANSCRIPT

Page 1: RECREACIÓN LITERARIA CARLOS CASARES

RECREACIÓN LITERARIA – CAMBIANDO O FINAL

“AGARDA LONGA AO SOL”, de Vento ferido, de Carlos Casares

Axotou as moscas, que lle picaban na cara. Despois moveuse na cadeira e ficou, outra vez, cos ollos

fixos na casa branca de enfronte.

Oía os ruídos da rúa, que lle chegaban monótonos, obsesivos. Voces, coches, motos. E os

martelazos con son a ferro do taller mecánico.

Serían as seis e media. A sombra da casa branca aínda non baixara da acera.

Pola mañá estiveron os netos para felicitalo. Comeron todos xuntos. Aínda non hai dez

minutos que se foron.

Durante a comida houbo cantos, bailes. Xa se sabe. El tivo que apagar as oitenta velas da

tarta.

–Vaste cansar –dicíanlle.

–Pois mira que cando teña que apagar as cen…

As cen… Dicíano por dicilo. Pero as súas voces soaban a falso. Ninguén agardaba que el

chegase aos cen anos. Nin sequera a pequena Ana, a limpa Ana cría o que dicía:

–Ti has chegar aos cen. Xa verás.

Page 2: RECREACIÓN LITERARIA CARLOS CASARES

Agora oía as voces dos pequenos que xogaban debaixo do balcón.

Todos os días durmía a sesta. Pero hoxe non se quixo deitar. Prefería estar no balcón, ao sol,

á luz clara daquel ceo azul. E escoitar a cidade. Escoitar algunha música que chegase de lonxe.

Cando vivía ela, sentábanse xuntos e falaban da xente que pasaba. Xente descoñecida. E

pasaban as tardes. As longas tardes do verán.

Ela morreu hai dous anos. Apareceu morta na cama, unha maña de maio.

A verdade, sentiu a morte dela. Pero lembraba con certa ledicia aqueles días: o entrar e saír

da xente que lle estreitaba a man e que lle dicía aquelas palabras, sempre as mesmas. Por varias

veces lle veu á cabeza o pensamento de que fora feliz naquelas horas. Pero non o quixo pensar.

Parecíalle unha monstruosidade.

Lembraba tamén os días que seguiron. Xuntábase toda a familia alí, na sala grande do piano,

a falar, a ler. A neta Ana, a doce Ana, xogaba con el. Preguntáballe cousas. E el ía respondendo a

todo sen se cansar endexamais.

Pero chegou o verán. Agora ían todos á praia ou de merenda e volvían tarde. Na casa non se

paraba coa calor. Marchaban. El quedaba sentado na súa cadeira, no balcón, agardando a noite.

Gustáballe aquela tristeza que se lle metía no corpo co caer da tarde, cando se acendían as

primeiras luces na rúa. Gustáballe aquel irse apagando os ruídos, das voces, dos berros dos nenos. E

sentir o fresquiño a eso das nove e media, que é cando o veñen buscar para a cea.

Vén sempre a vella Susa, a boa criada de sempre. E lévao collido do brazo, mentres el se

apoia no bastón.

O ano pasado aínda se valía só. Pero polo nadal caeu polas escaleiras abaixo e partiu o

espiñazo. Desde entón quedou inútil. Érguese ás doce. Vén a Luísa, a filla loira, a vestilo. Despois

axúdao a ir ata o balcón. E alí queda deica a hora de xantar. Ao rematar, dorme a sesta.

Dorme para acortar a tarde.

A sombra chega agora ao medio da rúa. Son as sete. Oe ruídos de pasos no interior da casa e

escoita un pouco. (…)

Page 3: RECREACIÓN LITERARIA CARLOS CASARES

CONTINUACIÓN DO ALUMNADO

No bar de enfronte acenderon xa a televisión. Acendéronse tamén as primeiras luces na rúa.

Alguén pasa por debaixo do balcón cun transistor a toda voz. Escóitase unha vella canción.

Carlos Casares, Vento Ferido

(…)

O vello, sen inquietarse, segue mirando para fóra pero no seu corazón, que latexa máis

lentamente cada día que pasa, hai unha pequena esperanza de que ao mellor quen fixo o ruído

foron os seus netos, aos que tanto quere, acompañados polos pais que regresaron máis cedo do

habitual da praia. Tamén puido ser Susa, a leal e boa criada que sempre o axuda e coida, e viña a

buscalo para cear antes que os demais días. Non, non eran eles.

Quen sería? Naquela antiga e baleira casa, non entra ninguén dende o falecemento da muller,

á parte da súa familia e Susa. Non se escoitan máis pisadas nin sons de ningún tipo. Xa non ten

esperanza ningunha e a súa cara volve estar triste e cuberta de engurras pola idade. Podería ter

sido produto da súa imaxinación, e que ao estar tanto tempo coa soidade como única compañeira

crese que sucedían feitos que non eran reais?

Agora hai un gran silencio. Só se pode percibir o molesto ruído dos coches que pasan por alí, a

conversa dalgunhas veciñas contiñeiras que se atopan polo camiño e o familiar e continuo ruxe da

súa cadeira ao arrolarse nela; daquela vella cadeira, onde pasa a maior parte do día sentado,

observando as casas de enfronte e esperando a que a escuridade da noite chegue á vila para non

estar máis só. Aínda que sexa por un intre, un instante, pero no que sería feliz.

O reloxo da igrexa acaba de dar as oito e na rúa pode escoitar as risas dos rapaces de pouca

idade que aproveitan as últimas horas nas que poden xogar, antes de que as súas nais os chamen

para cear.

Page 4: RECREACIÓN LITERARIA CARLOS CASARES

O home ten os ollos afundidos e atópase fitando cara ao horizonte que se volve máis escuro e

vai alegrando o ancián que espera desexoso que isto aconteza. Así, con el, acabará unha vez máis a

espera naquel lugar.

O sol xa se está empezando a agochar. O ceo, sen ningunha nube, é dunha cor rosácea. O

ancián ve os veciños, tanto os que veñen de traballar coma os que non, que entran nas casas para

descansar, ver a televisión, deitarse no sofá, falar coa muller…

Estas últimas horas vólvenselle eternas, mais el xa non sofre tanto como os primeiros días

nos que estaba só, nos que non falaba ou simplemente non sentaba ao pé dalguén para pasar o

tempo. Xa está acostumado á soidade, a vivir dese xeito; e sabe que esa será a compañeira que terá

ata o final.

Nese momento lembra aquelas tardes tan felices nas que estaba xunta toda a familia, el coa

súa esposa a que tanto quería escoitando a canción preferida dos dous ao carón da cheminea, os

netos xogando entre si, os fillos cos seus respectivos cónxuxes contándose como lles fora a semana.

Cada un facendo unha cousa distinta á persoa que tiña ao lado, pero ao fin e ao cabo xuntos.

Uns segundos máis tarde pola súa meixela pálida vai esvarando unha lágrima que ao

percorrer todo o seu rostro cae enriba da súa man dereita. Sabe que eses tempos non volverán

endexamais.

Por fin a espera termina, son as nove e media. Oe as simbólicas e doces voceciñas dos seus

netos que berran por el, o son da madeira vella das escaleiras cando soben as carreiras cara ao

balcón, e ao chegaren, uns fortes e amorosos bicos que fan que o vello pense que valen a pena

tódalas horas de soidade que pasa diariamente.

No bar de enfronte acenderon xa a televisión. Acendéronse tamén as primeiras luces na rúa.

Alguén pasa por debaixo do balcón cun transistor a toda voz. Escóitase unha vella canción.

SHEILA VALENCIA 1º ESO

(…)

É o vello Xosé e a súa muller, os veciños que tivo toda a vida e cos que se reunía para facer os

traballos da labranza e para aqueles xantares no patio que duraban ata a hora da merenda e nos

que os xogos de cartas non podían faltar.

Page 5: RECREACIÓN LITERARIA CARLOS CASARES

–Boas! Estivemos de matanza e como sabemos que che gustan as filloas traémosche unhas cantas

para que as probes.

Colleu unha e meteuna na boca; cerrou os ollos e quedou en silencio.

–Que boas, que recordos!Lembrades cando estabamos os catro e os nosos fillos? Iso si que era

unha festa, a matanza; erguiámonos as 7:30 e era un non parar. Lembro como a miña muller se

levantaba sempre antes para darlle o almorzo aos rapaces e deixalos deitados para que non

estivesen a molestar.

Deseguido énchenselle os ollos de bágoas e queda outra vez pensativo e triste; entón é María

(muller de Xosé) a que fala.

–Bueno, home, non te poñas así. Eu tamén teño morriña por todas aquelas mesas cheas de xente

para comer e aquel ruído incesante de entrar e saír a xente, pero a vida é así.

El non di nada. Está cos ollos pechados. De repente chama por Susa.

–Susa, Susa, tráenos un café.

Susa fai o café e lévallo. Mentres, eles seguen a recordar.

–Que bos días e noites pasabamos cando nos xuntabamos para comer todos cos fillos. Lembro que

sempre estaban a molestar e agora teño morriña desas rifarias que lle botamos por andar de

dentro para fóra.

A María tamén se lle enchen os ollos de bágoas de lembrar que agora todo cambiou. Agora a

soidade é a única compaña que teñen.

Xosé que ve como se están pondo nostálxicos di:

–A ver; nós tivemos unha vida chea de ledicia na que fomos moi felices canda os fillos e familia,

pero eles teñen que seguir o seu camiño.

Continuaron saboreando aquel café e aquelas filloas que tantos recordos lles trouxeron á mente.

Mentres tanto, seguiron a falar. O Sol vaise escondendo e o ceo colle unha cor laranxa

característica dos veráns galegos.

Seguen os tres cos ollos cheos de bágoas, pero de repente ao vello éntralle un sorriso.

–Que pasa, que pasa? Preguntan á vez María e Xosé.

Page 6: RECREACIÓN LITERARIA CARLOS CASARES

Nada, estou lembrando que hoxe non me deitei a durmir a sesta, e antes de que viñerades

estábaseme a facer unha tarde moi longa…, e agora doume conta de que xa está a escurecer. Había

moito tempo que non pasaba unha tarde tan entretida dende que morreu a miña muller. Con ela,

as tardes tamén se me facían máis curtas, acordándonos da nosa vida xuntos.

–Pois nós marchamos que se vai facendo noite e aínda temos que parar a comprar o pan para cear.

–Moitas grazas, Xosé. E a ti tamén, María, non só polas filloas, senón pola compaña que tanto

estrañamos agora coas nosas idades.

Xosé e María marcharon e a soidade volve aparecer; logo só se escoitan os ruídos procedentes da

rúa.

No bar de enfronte acenderon xa a televisión. Acendéronse tamén as primeiras luces na rúa.

Alguén pasa por debaixo do balcón cun transistor a toda voz. Escóitase unha vella canción.

ATER RODRÍGUEZ 1º ESO

(…)

É a vella Susa que comeza os seus labores, despois de rematar a compra. Mentres, el, sentado na

súa cadeira , agarda aos fillos que estarán apiques de chegar .

Os paxaros voan sen cesar onda o balcón e el pensa nas felices tardes que pasara canda ela, antes

de falecer.

Agora xa son as oito; os últimos raios de luz nos tellados quedan cubertos pola escuridade da noite .

Na casa de enfronte as luces da cociña acéndense, sombras de persoas, voces e aromas ocupan a

súa mente .

Abaixo, na cociña, Susa comeza a preparar a cea sen decatarse de que os fillos e os netos acaban

de chegar. Todos veñen moi contentos, agás a pequena Ana que chora porque cravou unha cuncha

na praia .

Ao oír tanto barullo chama por Luisa para que o leve á cociña, pois quere saber o que ocorre.

Page 7: RECREACIÓN LITERARIA CARLOS CASARES

Na cociña xa todos están sentados á mesa e listos para cear; incluso Ana, quen para non preocupar

ao seu avó, aguanta a dor daquela condenada cuncha.

Ao rematar a cea todos saen para fora para poder ver a lúa chea. Na cociña xa so se oe o tic-tac do

reloxo. El remata o café, come a galleta e fica no banco da parede ata que María, a súa filla máis

vella, o volve subir ao balcón onde a gata gris dos veciños de enfronte agarda todas as noites por

el, para poder deitarse no seu colo ata que o veñen buscar para ir á cama.

Coa gata xoga, divírtese e ata chega a rirse. Disque é coma o seu anxo da garda.

Hoxe, a gatiña deitóuselle no colo mentres el pasa a man sobre o seu pelo fino e suave. Ela

resmunga cada vez que el a toca. Disque cando fala en presenza dela, miaña para responder. Ás

veces, trátaa coma se fose a súa muller e, segundo el conta, ela actúa tal e como o facía a súa

muller .

Sae a lúa, todos entran na casa, os nenos están a deitarse. Son as nove e media, Susa, Luísa e María

soben a buscalo para levalo a cama. A gata vaise. No bar de enfronte xa acenderon a televisión.

Acendéronse tamén as primeiras luces na rúa. Alguén pasa por debaixo do balcón cun transmisor a

toda voz. Escóitase unha vella canción .

ZAIRA FERNÁNDEZ 1 ESO

(…)

A sombra chega agora ao medio da rúa. Son as sete. Oe ruídos de pasos no interior da casa e

escoita un pouco.

Son eles; os netos chegaron antes do previsto. Ao parecer á pequena Ana picáraa unha medusa.

Tiñan planeado unha cea ata ás dez, máis ou menos, ao lado da praia, pero non puido ser por esta

mala coincidencia. A rapaza foi socorrida por un amable médico que había na praia. O señor díxolle

que fora por urxencias, xa que había un hospital xusto ao lado.

O velliño séntese ben, non pola rapaza, senón pola chegada antes do previsto.

Están todos atentos á nena.

Page 8: RECREACIÓN LITERARIA CARLOS CASARES

O vello, por un momento, quere que a nena morra para que estean con el; pero máis tarde

arrepíntese tanto que ata chora.

Despois de tanto chorar pensa: “como puiden pensar iso da miña neta? A neta que nunca me fixo

nada”.

O avó da rapaza está tan triste polo que pensou que vai á cociña, colleu un coitelo e… comeza a

chorar coma quen di: “quero facelo pero non me deixa o meu corazón”. El sabe que a súa neta se

porá moi triste se se entera que o seu avó se quere suicidar.

Agora está na súa cadeira; xa regresa de novo ao balcón, contemplando de novo a xente toda que

pasa.

El quere facer o que fai a xente da súa idade: xogar á petanca, xogar ás cartas, estar sentado nun

banco… e todas esas cousas.

Nunca ninguén se dará conta do que fixo o vello:

O vello é o que nunca fallou a ninguén, o que non deixa os netos sen agasallos nin polo aniversario

nin polos santos, nin sequera polo Nadal, e o señor… que recibe a cambio?

Unha familia que non o comprende e que o deixa só porque está en cadeira de rodas.

O velliño está canso, tan canso que pasa de todos. Chama a un cerralleiro para que cambie a

cerradura e o deixen vivir á súa maneira a súa vida en paz e tranquilo. Descolga o teléfono e pecha

as persianas para que non teñan ningunha oportunidade de impedirllo, xa o ten todo maquinado.

Vai fuxir. Pero naquel intre apareceu a súa filla Luisa, que lle impide facer o que desexa.

A partir dese día xa non lle deixan usar o teléfono da casa e retíranlle o móbil. Tamén contratan

unha enfermeira maior e cariñosa que se ocupar de saciar todas as necesidades do señor. Como o

ancián non desexa ese tipo de vida dilles aos seus fillos que prefire morrer antes de seguir con esta

vida, sen poder saír ao seu querido balcón.

Agora déixano saír ao seu querido balcón, cando no bar de enfronte acenderon xa a televisión.

Acenderon tamén as primeiras luces na rúa. Alguén pasa por debaixo do balcón cun transistor a

toda voz. Escóitase unha vella canción, a canción que escoitara cando coñeceu a súa esposa falecida

nas festas de San Millán de Ourense.

Page 9: RECREACIÓN LITERARIA CARLOS CASARES

LUISA SARMIENTO 1º ESO

“A RAPAZA DO CIRCO”

El coñeceuna de casualidade. Unha tarde, a eso das seis, estaba sentado nun banco do xardín e

advertiu que se lle achegaba unha rapaciña loura, de melenas longas, vestida cun pantalón short.

Con acento francés preguntoulle ónde podería atopar un médico. Acompañouna. Polo camiño ela

díxolle que era trapecista do circo e que seu pai -un antigo xendarme-, atopábase malo (pouca

cousa: talvez unha mala dixestión), e que pedira que lle levaran un médico. El a penas falou. Ó

chegar á clínica indicoulle: «Aquí». Ela deulle as gracias e invitouno a pasar pola taquilla, onde lle

facilitaría un par de entradas prá función das oito.

Foi. Antes de subir ó trapecio, a rapaza, vestida de pescadora, cantou. Na metade da canción

dirixiuse cara á butaca que ocupaba el e botoulle o sedal da cana, mentres lle dicía entre as risas de

todos: «Pica, pica, pececito».

Volvéronse atopar ó día seguinte.Despois víronse tódolos días. Pasaban as tardes no río. Deitábanse

na area. Enterrábanse. Nadaban. Ela faláballe de Marsella, da súa infancia. El pechaba os ollos e

imaxinaba aquela rúa fronte ó porto, os barcos que Anne despedía cun pano branco dende a

bufarda, a tía Françoise, Jules...

-¿Como sería aquel Jules que lle dera o primeiro bico no portal?

-Era louro, coma min. E moi pencoso.

-¿Lémbraste del?

Page 10: RECREACIÓN LITERARIA CARLOS CASARES

El tiña un sombreiro de palla sobre dos ollos pra tornar o sol. Volveulle preguntar:

-¿Lémbraste del?

Sentiu os labios dela que se po usaban nos seus. Foi coma un trallazo. Unha ledicia branca nacíalle

dentro do corazón.

Despois bicáronse. Bicáronse moitas veces. E ela apoiou a súa cabeza no peito del.

Pronto correu a noticia de que se vían no río. Na casa rifáronlle. «¡O que me faltaba -dixera seu pai-

un fillo titiriteiro».

Pero seguíanse vendo ás escondidas.

Hoxe os compañeiros de quinto desafiárono.

-A que non es home de subila pra aquí...

Non o dubidou. Asomouse á ventá e chamouna:

-¡Anne...!

Subiu. Recibiuna no hall e metéronse no laboratorio. Pecharon a porta por dentro e taponaron o

buraco da pechadura cun cacho de papel. Os de quinto armaban barullo fóra. El ensinoulle as

bolboretas, as pedras, os lagartos e as cobras metidos en formo!... Pediulle un alfinete e picouse

nun dedo. Amosoulle o sangue a través do microscopio.

-¿Sabes unha cousa? -dixo da.

-¿Que?

-Que nos imos mañá.

Colleuna pola cintura e bicouna.E naquel intre chegou o director.

Cando saia será xa de noite e terase que ir para a casa sen vela, sen lle explicar, sen lle dicir o que

ocorreu. E despois de cear dirá: «Quero ir ó circo». E o seu pai responderá: «Non». Entón irase á

Page 11: RECREACIÓN LITERARIA CARLOS CASARES

cama. E pensará: «Os vellos non saben». E os vellos (non tan vellos), na súa habitación nin sequera

se lembrarán del e da francesiña Anne. E el ha tardar en durmir, pero durmirá. ¿Durmirá?.

Mañá ó se erguer, sentirase triste. Máis triste que ninguén. ¿E que será de Anne? Non a volverá ver.

¿Nunca máis? Nunca. Ergueuse moi cedo. Marchou correndo ó campo da feira. No sitio do circo só

quedaba un redondel.

CONTINUACIÓN DE BREOGÁN PRIETO, 2º ESO

Mirou pola fiestra. Víanse as caravanas e os equipos de gravación no aparcadoiro a carón do parque

dos bombeiros.

Está castigado. Cando el saia, xa estarán gravando. E despois de cear xa rematarán a escena.

A cousa empezou por culpa dunha aposta. Os de 2º da ESO estudaban na súa aula e podían ver o

equipo gravando una serie da TVG. Cando viron a protagonista avisárono.

- Mira a túa amiga.

El coñeceuna unha tarde na piscina climatizada. Ao saír ela preguntoulle por unha tenda de

móbiles. Acompañouna. Polo camiño falaron e ela díxolle que ían empezar a gravar unha serie de

acción para a TVG. Ela era unha das protagonistas e os primeiros capítulos faríanos alí.

Chegaron á tenda, e antes de despedirse el deulle o seu número de móbil, e pola noite ela

mandoulle unha mensaxe invitándoo a asistir á gravación do día seguinte.

Así o fixo e despois víronse tódalas tardes. Era a finais de maio e facía calor. Tomaban uns xeados

na praza. Ela contoulle que vivía en Ferrol, e faláballe da súa vida na cidade, da súa familia e dos

seus amigos. E tamén lle falou do rapaz que lle gustaba: era rubio, alto e moi alegre. El imaxinaba

como sería o rapaz que lle deu o primeiro bico.

De súpeto, ela bicouno e el sentiu unha gran ledicia.

Entre os compañeiros del pronto se falou do asunto. Na casa tamén o souberon e rifáronlle, porque

non querían que tivese moza tan pronto; seguro que lle prexudicaría nos seus estudos.

Page 12: RECREACIÓN LITERARIA CARLOS CASARES

Os compañeiros de clase desafiárono a que subise a rapaza ao instituto, ás escondidas dos

profesores, na hora do recreo. El aceptou o desafío e sen que ninguén se decatara meteuna na

clase. Alí, e aproveitando que estaban sos, colleuna pola cintura e bicouna.

Ela díxolle que marchaban pola tarde, xa que remataran a gravación. Cando aínda non acabara a

frase entrou un profesor que vixiaba que non quedara ninguén nas clases. A ela botouna fora do

instituto e a el púxolle un parte, advertíndolle que se seguía así tería que falar cos seus pais.

Cando saíu da academia pola tarde, achegouse rapidamente ao aparcadoiro para mirar se aínda

estaban, pero só atopou un trípode esquecido. Ela estaba no certo, remataran a gravación,

recolleron todo e marcharon sen perder tempo.

El sentiu unha gran tristeza, ela marchara e non puideran despedirse. Pola noite, ao conectarse a

Internet e entrar no tuenti, viu que tiña unha petición de amizade, era daquela rapaza.