prueba secciones bilingües

37
PROXECTO DE IMPLANTACIÓN DE SECCIÓNS BILINGÜES IES EDUARDO BLANCO AMOR (CULLEREDO A CORUÑA)

Upload: jorge-sierra

Post on 24-Mar-2016

224 views

Category:

Documents


2 download

DESCRIPTION

secciones bilingües

TRANSCRIPT

Page 1: Prueba secciones bilingües

PROXECTO DE IMPLANTACIÓN DE SECCIÓNS

BILINGÜES

IES EDUARDO BLANCO AMOR (CULLEREDO – A CORUÑA)

Page 2: Prueba secciones bilingües

ÍNDICE

1. DATOS DO CENTRO .......................................................................................... 3 2. CONTEXTUALIZACIÓN E XUSTIFICACIÓN DA PROPOSTA ............................ 3

2.1. CONTEXTO XEOGRÁFICO E SOCIOECONÓMICO ................................. 3 2.2. MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE ............................................ 4

2.3. OUTROS PROXECTOS E LIÑAS DE TRABALLO ACTUAIS ................... 5

2.4. NECESIDADE DAS SECCIÓNS BILINGÜES ............................................ 6

3. CARACTERÍSTICAS DO PROXECTO ................................................................ 7

3.1. OBXECTIVOS XERAIS ............................................................................. 7

3.2. CURSOS E MATERIAS A IMPARTIR ....................................................... 8

3.3. ORGANIZACIÓN DE ESPAZOS E TEMPOS ......................................... 10

3.4. METODOLOXÍA ....................................................................................... 13

3.5. RECURSOS ............................................................................................ 14

3.6. CRITERIOS DE AVALIACIÓN ................................................................. 17 4. IMPLICACIÓN DA COMUNIDADE EDUCATIVA ............................................... 19 5. MATERIAL ANEXO ............................................................................................ 20

5.1. MÚSICA 3º ESO ...................................................................................... 20 5.2. TECNOLOXÍAS 3º ESO ........................................................................... 32

5.3. ÉDUCACIÓN ÉTICO CÍVICA 4º ESO ..................................................... 37

Page 3: Prueba secciones bilingües

PROXECTO DE IMPLANTACIÓN DE SECCIÓNS BILINGÜES IES EDUARDO BLANCO AMOR (CULLEREDO)

3

Lugar de Cordeda s/n 15174 Rutis – Culleredo A Coruña Tlf:981667391 Fax:981666894

1. DATOS DO CENTRO

2. CONTEXTUALIZACIÓN E XUSTIFICACIÓN DA PROPOSTA

2.1. CONTETO XEOGRÁFICO E SOCIOECONÓMICO

O IES EDUARDO BLANCO AMOR está situado no concello de Culleredo (A Coruña), municipio de case 29.000 habitantes situado na franxa central da “Comarca das Mariñas”, ocupando unha superficie de 62,3 Km cadrados que limita cos concellos de Arteixo, Cambre, Carral, Oleiros e, fóra da comarca, con Cerceda, Laracha e A Coruña.

Mapa dos municipios de Galicia

Identificación IES EDUARDO BLANCO AMOR

Enderezo LUGAR DE CORDEDA, SN

Localidade CULLEREDO Código postal 15174

Concello CULLEREDO Teléfono 981667391

Correo electrónico

[email protected]

Page 4: Prueba secciones bilingües

PROXECTO DE IMPLANTACIÓN DE SECCIÓNS BILINGÜES IES EDUARDO BLANCO AMOR (CULLEREDO)

4

Lugar de Cordeda s/n 15174 Rutis – Culleredo A Coruña Tlf:981667391 Fax:981666894

Esta variedade de lindes unida á diversidade xeográfica do municipio inciden tamén nas características das 11 parroquias que conforman o seu territorio, pudendo distinguir dúas grandes áreas con características diferenciadas:

Á área mais próxima á Coruña está fortemente influenciada pola súa proximidade á cidade, o que converte a algúns dos seus núcleos de poboación case en “barrios” da periferia coruñesa. En xeral, as parroquias limítrofes co municipio coruñés están fortemente urbanizadas e habitadas na súa meirande parte por poboación moza que desenvolve as súas actividades profesionais na cidade ou nos polígonos industriais do cinto urbano.

Polo contrario, as parroquias mais afastadas do núcleo urbano coruñés comparten unhas características que poderiamos cualificar de semirurais, habitadas por unha poboación de maior idade que a da zona anterior e dedicada total ou parcialmente ó sector primario.

Como dato significativo poderiamos dicir que a poboación do termo municipal duplicouse nos últimos 20 anos e que actualmente o espazo do noso instituto resulta insuficiente para atender á demanda dos próximos anos, polo que xa se aprobou a construcción dun novo centro no concello. Este incremento demográfico do concello está en boa parte alimentado por outra característica mais concreta pero en auxe e cada vez mais afianzada: a de núcleo receptor de poboación inmigrante, fundamentalmente de familias procedentes de países sudamericanos e da Europa do leste. Como consecuencia disto, o noso centro é receptor dun número cada vez maior de alumnos/as estranxeiros e, tal e como demostra a matrícula dos últimos anos, esta tendencia vai en aumento, posto que a área de influencia do noso Instituto converteuse nunha zona de asentamento permanente co conseguinte efecto chamada cara a outras persoas do seu lugar de orixe. Tendo en conta estas premisas, resulta evidente que a diversidade é unha das características fundamentais do noso centro; e é precisamente a atención a esa diversidade un dos piares fundamentais do noso traballo e, consecuentemente, a principal característica definitoria do IES EDUARDO BLANCO AMOR.

2.2. MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE Somos un centro de ESO liña 6, o único centro público de secundaria do concello de Culleredo, con 626 alumnos matriculados no momento de redactar este proxecto, e coas seguintes medidas de atención a diversidade en funcionamento estable e permanente dende hai xa varios anos:

6 agrupamentos de Matemáticas

5 agrupamentos de Linguas

1 hora de desdobre semanal para laboratorio de 1ª Lingua estranxeira en todos os grupos.

Page 5: Prueba secciones bilingües

PROXECTO DE IMPLANTACIÓN DE SECCIÓNS BILINGÜES IES EDUARDO BLANCO AMOR (CULLEREDO)

5

Lugar de Cordeda s/n 15174 Rutis – Culleredo A Coruña Tlf:981667391 Fax:981666894

1 hora de desdobre semanal para laboratorio nas materias de Física/Química e Bioloxía en todos os grupos que se cursan.

Programa de atención e seguimento de pendentes

Na oferta de optatividade mantemos a premisa de que todo o alumnado reciba sempre a materia elixida en primeiro lugar: só excepcionalmente, cando o límite mínimo de matrícula legal non o permite, non se cumpre este principio.

Programa de Diversificación Curricular de dous anos.

Apoios dentro e fóra da aula.

Grupo de Adaptación da Competencia Curricular.

Aula específica de autismo.

O departamento de Orientación, presente en todas as xuntas de avaliación e cunha dedicación constante á recepción de alumnado, é o encargado de canalizar todas estas medidas, sendo tamén parte moi activa á hora de propoñer cambios ou incorporar novos proxectos.

2.3. OUTROS PROXECTOS E LIÑAS DE TRABALLO ACTUAIS

2.3.1. Plan PROA Por cuarto ano consecutivo o instituto forma parte de rede PROA na modalidade de apoio e reforzo. As liñas de traballo abordadas no curso 2010-11 son as de biblioteca escolar, actividades extraescolares , reforzo educativo e absentismo escolar.

2.3.2. PLAMBE O proxecto presentado polo noso centro foi seleccionado na última convocatoria do Plambe, aprobándose para o mesmo unha dotación total de 7400 €.

2.3.3. Voz Natura Por quinto ano consecutivo participamos no proxecto Voz Natura, sendo as liñas de traballo deste curso as relacionadas co ....................................................................

2.3.4. Consumo saudable Por acordo do consello escolar, e en colaboración coas familias, a cafetería e o comedor do centro, estase a levar a cabo un plan para favorecer o consumo saudable, insistindo non só nas características dos productos senón tamén na necesidade de adquirir bos hábitos alimenticios e de respectar os ritmos e a variedade.

2.3.5. Fomento das actividades extraescolares Gracias á colaboración da ANPA, o centro pode ofrecer actividades extraescolares permanentes ó longo de todo o curso, actividades que se desenvolven de maneira secuenciada de luns a venres nas nosas

Page 6: Prueba secciones bilingües

PROXECTO DE IMPLANTACIÓN DE SECCIÓNS BILINGÜES IES EDUARDO BLANCO AMOR (CULLEREDO)

6

Lugar de Cordeda s/n 15174 Rutis – Culleredo A Coruña Tlf:981667391 Fax:981666894

instalacións: aeróbic, cheerleaders, patinaxe, judo, tenis, tenis de mesa e xadrez

2.3.6. Apertura ó exterior Liña constante de traballo e obxectivo prioritario do centro, que se materializa mediante proxectos conxuntos ou colaboracións puntuais con diferentes organismos e asociacións;

Participación en competicións deportivas e torneos externos.

Colaboración co Concello de Culleredo para traballar conxuntamente nos casos de absentismo escolar.

Participación do centro no Plan para a Convivencia e a Seguridade Escolar, organizado polos ministerios de Interior e Educación

Cesión das dependencias propias a monitores do concello para impartir diferentes obradoiros a alumnado de diversos centros dentro do programa “Ponte a Punto”

Participación do centro nas actividades do programa “ANOCA”, en colaboración coa institución penitenciaría de Teixeiro.

2.4. NECESIDADE DAS SECCIÓNS BILINGÜES Chegados a este punto, e tras facer un pequeno resume contextual do centro, resulta máis que evidente que as liñas de traballo de cara ós próximos cursos deberán centrarse nos dous grandes retos que debe asumir a educación na actualidade: a incorporación das TIC e a adquisición de competencias nunha lingua estranxeira. Polo que respecta ó primeiro obxectivo, dicir que o instituto dispón de puntos de conexión a internet en todas as aulas e sistema wifi de cobertura total. Conta tamén con dúas aulas de informática totalmente equipadas e varias dependencias dotadas con encerado dixital e canón de proxección, biblioteca con 20 postos informáticos e ordenadores nos departamentos e en todos os espacios comúns. Dispoñemos tamén de páxina web propia e están a funcionar na actualidade tres blogues no centro: Biblioteca, Voz natura e Normalización e Dinamización Lingüística. Cada departamento conta con espazo propio na web, e nestes momentos estamos poñendo en funcionamento os blogues persoais de cada profesor. Con estes datos como punto de partida, estamos tamén a elaborar un proxecto para presentarnos a próxima convocatoria ABALAR para o curso 2011-12 E se na mellora da competencia dixital poñemos moitos esforzos, tratando de mellorar e fomentar a utilización das TIC en todos os ámbitos da vida académica, non é menos certo que tratamos de poñer o mesmo empeño no intento de mellorar a competencia lingüística xeral do centro, sendo a incorporación das seccións bilingües un dos nosos obxectivos esenciais, motivo que nos leva a presentar o presente proxecto.

Page 7: Prueba secciones bilingües

PROXECTO DE IMPLANTACIÓN DE SECCIÓNS BILINGÜES IES EDUARDO BLANCO AMOR (CULLEREDO)

7

Lugar de Cordeda s/n 15174 Rutis – Culleredo A Coruña Tlf:981667391 Fax:981666894

3. CARACTERÍSTICAS DO PROXECTO

3.1. OBXECTIVOS XERAIS Independentemente dos obxectivos concretos de cada unha das materias que conforman esta proposta, os obxectivos xerais do programa conxunto son os seguintes:

3.1.1. OBXETIVOS ALUMNADO

3.1.1.1. OBXECTIVOS LINGÜISTICOS

Reforzar a competencia lingüística a nivel xeral.

Mellorar o dominio das 5 habilidades básicas que caracterizan a aprendizaxe dunha lingua: escoitar, falar, ler, escribir e interactuar utilizando a mesma como vehículo de comunicación.

Adquirir a competencia comunicativa necesaria, tanto oral como escrita, para desenvolverse en situacións cotiás.

Mellorar a interdisciplinariedade, fomentando a adquisición dunha lingua estranxeira a través a súa utilización como vehículo de aprendizaxe en áreas non lingüísticas

3.1.1.2. OBXECTIVOS SOCIO CULTURAIS

Promocionar a mobilidade xeográfica do alumnado favorecendo, grazas á mellora das competencias nunha lingua estranxeira, a súa participación en intercambios, proxectos europeos, estadías de formación...

Afondar no coñecemento doutras sociedades e culturas (especialmente as anglosaxonas) a través do uso da lingua inglesa como ferramenta vehicular.

Fomentar actitudes de tolerancia e respecto pola diversidade cultural, facendo da mesma un elemento enriquecedor da convivencia e do propio crecemento persoal.

3.1.2. OBXECTIVOS PROFESORADO

3.1.2.1. OBXECTIVOS LINGÜISTICOS

Reforzar a competencia lingüística a nivel xeral.

Afondar no reforzo e manexo do vocabulario bilingüe da propia materia.

Mellorar a capacitación lingüística, incentivando novas incorporacións para tratar de aumentar o número de seccións bilingües nun futuro próximo.

Page 8: Prueba secciones bilingües

PROXECTO DE IMPLANTACIÓN DE SECCIÓNS BILINGÜES IES EDUARDO BLANCO AMOR (CULLEREDO)

8

Lugar de Cordeda s/n 15174 Rutis – Culleredo A Coruña Tlf:981667391 Fax:981666894

3.1.2.2. OBXECTIVOS PROFESIONAIS E SOCIO CULTURAIS

Promocionar a mobilidade xeográfica do profesorado.

Incentivar o proceso de formación permanente.

Facilitar o seu acceso a becas, cursos, estadías no estranxeiro, axudas, proxectos...

Potenciar a coordinación entre membros de diferentes departamentos didácticos.

Afondar no coñecemento doutras sociedades e culturas (especialmente as anglosaxonas) a través do uso da lingua inglesa como ferramenta vehicular.

Participar activamente no fomento de actitudes de tolerancia e respecto pola diversidade cultural,

.

3.1.3. OBXECTIVOS A NIVEL CENTRO

3.1.3.1. OBXECTIVOS LINGÜISTICOS

Reforzar a competencia lingüística a nivel xeral.

Incorporar progresivamente o estudo e a utilización de linguas estranxeiras, deixando aberta a posibilidade de facer do noso instituto un centro de ensino plurilingüe.

3.1.3.2. OUTROS OBXECTIVOS

Potenciar o traballo en equipo

Fomentar proxectos comúns de centro, no que se requira o consenso de toda a comunidade educativa.

Crear un fondo de recursos materiais, de compilación e de propia creación: bibliografía, discografía, filmografía, publicacións periódicas, recursos web...

Comezar a involucrar a toda a comunidade educativa nun proxecto global de realidade plurilingüe e pluricultural, no que terá vital importancia o proceso de comunicación e intercambio de experiencias a través das TICs, ferramenta que utiliza o Inglés como principal lingua vehicular a nivel mundial.

3.2. CURSOS E MATERIAS A IMPARTIR Aínda que sen renunciar a incrementar o número en próximos cursos, o proxecto agora presentado está concibido para o segundo ciclo da ESO, e constaría dun total de 3 seccións bilingües distribuídas da seguinte maneira:

Page 9: Prueba secciones bilingües

PROXECTO DE IMPLANTACIÓN DE SECCIÓNS BILINGÜES IES EDUARDO BLANCO AMOR (CULLEREDO)

9

Lugar de Cordeda s/n 15174 Rutis – Culleredo A Coruña Tlf:981667391 Fax:981666894

3º curso de Educación Secundaria Obrigatoria Cursaríanse de xeito bilingüe (Inglés –primeira lingua estranxeira do noso alumnado- e Castelán) as materias de TECNOLOXÍAS e MÚSICA, ambas obrigatorias no nivel de 3º e, polo tanto, sen interferir no alumnado que conformaría a sección, á hora da elección de optativas. As conversas mantidas coas familias e o compromiso inicial obtido delas lévanos a pensar, con pouco marxe de erro, que o conxunto de alumnos interesados en participar no proxecto formaría grupo propio, polo que tamén estarían agrupados na materia de Inglés, sen necesidade de duplicar horas no departamento. O profesor de Lingua estranxeira que actúe como coordinador de ambas seccións bilingües será tamén o que imparta docencia, de Lingua inglesa neste caso, a este grupo de alumnos.

4º curso de Educación Secundaria Obrigatoria Cursaríase de xeito bilingüe (Inglés –primeira lingua estranxeira do noso alumnado- e Galego) a materia de EDUCACIÓN ÉTICO-CÍVICA, tamén obrigatoria no nivel de 4º, o que non entorpece a elección de itinerarios nin a elección de optativas. O feito de que en 4º de ESO o alumnado distribúase por itinerarios impide que os alumnos participantes na sección bilingüe podan funcionar como grupo-clase en todas as materias, o que leva a necesidade de facer coincidir as horas da(s) materia(s) implicada(s) na sección bilingüe en diferentes grupos ou de dividir algún grupo, coa conseguinte duplicidade horaria que non todos os departamentos poden asumir. No caso que nos ocupa, o feito de facer coincidir a carga horaria da materia de Educación ético-cívica (1 hora semanal), ou mesmo duplicala, non suporía ningún problema posto que o departamento correspondente podería asumilo sen maior problema. Sen embargo, o departamento de Inglés non podería asumir unha posible duplicidade horaria polo que, garantir neste momento, sen datos de matrícula por itinerarios, a posibilidade de que tamén nesta materia formen grupo propio, non sería prudente. En calquera caso, e unha vez garantido o grupo propio na materia obxecto da sección bilingüe, si estamos en condicións de asegurar que o profesor coordinador do proxecto en 4ª de ESO, si impartiría, cando menos, as 3 sesión lectivas da 1ª Lingua estranxeira a meirande parte dos alumnos participantes na sección bilingüe e, de ser posible, a hora de laboratorio ó alumnado, tamén participante na sección bilingüe que, por elección de itinerarios ou optativas, puidera quedar un tanto “descolgado” das opcións maioritariamente elixidas

Page 10: Prueba secciones bilingües

PROXECTO DE IMPLANTACIÓN DE SECCIÓNS BILINGÜES IES EDUARDO BLANCO AMOR (CULLEREDO)

10

Lugar de Cordeda s/n 15174 Rutis – Culleredo A Coruña Tlf:981667391 Fax:981666894

polos alumnos que conforman o proxecto. (“Para tal fin, cada sección bilingüe deberá ser coordinada polo profesorado que imparte a lingua estranxeira ao grupo de alumnado. Haberá unha persoa coordinadora por cada sección bilingüe. Cando o grupo de alumnado que forma a sección bilingüe sexa de distintos grupos deberase designar como persoa coordinadora un docente de entre os que imparten docencia de lingua estranxeira ao alumnado” DOG nº 97, do 20 de maio de 2011) Dicir finalmente que decidimos iniciar o proxecto das seccións bilingües nas materias de MÚSICA, TECNOLOXÍAS e EDUCACIÓN ÉTICO-CÍVICA por varios motivos:

Implantar as seccións bilingües nun ciclo completo. Cursar diferentes materias nunha segunda lingua

estranxeira e nas dúas linguas cooficiais da nosa Comunidade: galego (Ética) e castelán (Música e Tecnoloxías)

Contar con profesorado capacitado. Non interferir na elección de itinerarios ou optativas: ó

tratarse de materias obrigatorias, queda garantida para o alumnado a posibilidade de cursar estudos nunha sección bilingüe durante todo o segundo ciclo de ESO, independentemente do itinerario ou optativa elixida en calquera dos dous cursos do mesmo.

3.3. ORGANIZACIÓN DE ESPAZOS E TEMPOS

3.3.1. ESPAZOS As tres materias obxecto do proxecto contan con aulas específicas polo que, ademais da aula ordinaria, profesorado e alumnado participante na sección bilingüe terá a súa disposición, ó mesmo tempo, a posibilidade de alternar coa aula específica correspondente:

MÚSICA: Aula ordinaria / Aula de Música -1

TECNOLOXÍAS: Aula ordinaria / Taller – 2

EDUCACIÓN ÉTICO-CÍVICA: Aula ordinaria / Aula de CCSS Aparte de cursar en inglés a(s) materia(s) obxecto da sección bilingüe correspondente, o alumnado participante seguirá mantendo a hora semanal de desdobre na primeira lingua estranxeira, co que, cando menos unha vez á semana, utilizará as instalacións da aula específica para laboratorio de inglés. Ademais, en momentos puntuais, e sempre en función da súa dispoñibilidade, poderanse utilizar outras dependencias comúns do centro: biblioteca, aulas de informática, usos múltiples...

Page 11: Prueba secciones bilingües

PROXECTO DE IMPLANTACIÓN DE SECCIÓNS BILINGÜES IES EDUARDO BLANCO AMOR (CULLEREDO)

11

Lugar de Cordeda s/n 15174 Rutis – Culleredo A Coruña Tlf:981667391 Fax:981666894

3.3.2. TEMPOS

3.3.2.1. DISTRIBUCIÓN TEMPORAL POR MATERIAS Polo que respecta á distribución temporal do proxecto, esta corresponde á totalidade do horario das materias, aínda que a incorporación da lingua estranxeira farase de xeito parcial e progresivo, incrementando a súa presenza ó longo do desenvolvemento do programa:

MÚSICA de 3º de ESO: 2 horas semanais

TECNOLOXÍAS de 3º de ESO: 2 horas semanais

ED. ÉTICO-CÍVICA de 4º de ESO: 1 hora semanal.

3.3.2.2. HORARIO DO PROFESORADO Polo que respecta ó horario do profesorado, cabe facer varias precisións:

De acordo co punto 5.6 da Orde do 12 de maio de 2011, o profesor coordinador e os profesores das materias non lingüísticas, terán un período de reducción horaria semanal coincidente no tempo, para garantir así un momento de reflexión e posta en común da marcha do proxecto. O centro garante o caracter prioritario, á hora de confeccionar os horarios, das horas coincidentes de reducción para as reunións de coordinación, así como o cumprimento do horario de asistencia ás mesmas por parte do profesorado implicado no proxecto.

Mentres que os profesores que impartirán TECNOLOXÍAS e EDUCACIÓN ÉTICO-CÍVICA poderán reducir esta hora do seu horario lectivo, tal e como indica a orde arriba mencionada, non ocorre así no caso do profesorado de MÚSICA e INGLÉS:

No caso de MÚSICA, o profesor, ademais de xefe de departamento, e o único membro do mesmo que pode impartir a materia no segundo ciclo da ESO, posto que o outro membro pertence ó corpo de mestres. Imposible, polo tanto, reducir do seu horario lectivo.

Polo que respecta á materia de INGLÉS, a sobrecarga horaria de todos os profesores do departamento fai moi difícil asumir unha reducción

Page 12: Prueba secciones bilingües

PROXECTO DE IMPLANTACIÓN DE SECCIÓNS BILINGÜES IES EDUARDO BLANCO AMOR (CULLEREDO)

12

Lugar de Cordeda s/n 15174 Rutis – Culleredo A Coruña Tlf:981667391 Fax:981666894

semanal de 3 horas lectivas (unha por cada sección bilingüe) sen desequilibrar o horario do profesorado da materia que non coordine as devanditas seccións.

Aínda coñecendo estas limitacións, tanto os dous profesores de inglés que asumirán as tarefas de coordinación, como o profesor encargado da materia de música, presentáronse voluntarios renunciando, de ser necesario, á reducción horaria correspondente. A dirección do centro, non obstante, considerando que o desenvolvemento das tarefas asociadas á sección bilingüe precisa dalgún tipo de compensación horaria, propón reducir as sesións correspondentes, non do seu horario lectivo, senón das horas complementarias. Esta proposta foi admitida polos profesores implicados e polos seus respectivos departamentos comprometéndose ambos, de ser aprobado este proxecto, a deixar constancia por escrito na correspondente acta de elección de horarios, no mes de setembro.

3.3.2.3. REUNIÓNS DE COORDINACIÓN Ó longo do curso haberá tres tipos de reunións de coordinación en relación co proxecto presentado:

Reunións semanais entre o(s) coordinador(es) e o profesorado das materias non lingüísticas da sección bilingüe. Nestas xuntanzas, que terán lugar nunha hora coincidente de horario, farase un seguimento do desenvolvemento puntual de cada unidade didáctica e das necesidades de apoio que os profesores da área non lingüística puideran ter. Tal e como estipula a orde do 12 de maio de 2011, nestas reunións levantarase acta dos temas tratados e os acordos adoptados.

Reunións mensuais do profesorado da sección bilingüe cos seus respectivos departamentos Unha vez ó mes, tanto o profesorado coordinador de lingua estranxeira como o profesorado das materias non lingüísticas, levarán ás reunións dos seus respectivos departamentos, como punto da orde do día, o seguimento e a valoración do traballo desenvolvido na(s) sección(s) bilingüe(s) na(s) que participe.

Page 13: Prueba secciones bilingües

PROXECTO DE IMPLANTACIÓN DE SECCIÓNS BILINGÜES IES EDUARDO BLANCO AMOR (CULLEREDO)

13

Lugar de Cordeda s/n 15174 Rutis – Culleredo A Coruña Tlf:981667391 Fax:981666894

Reunións trimestrais Trimestralmente, e coincidindo coas 3 sesións de avaliación do curso, o profesorado da(s) sección(s) bilingüe(s) informará da marcha das mesmas ó resto do equipo docente do grupo. Coincidindo coa última xunta de xuño, fará tamén unha avaliación de funcionamento e obxectivos acadados.

Outras reunións O profesorado participante no proxecto comprométense a acudir a todas aquelas reunións que, en relación coas seccións bilingües, convoque a Consellería de educación.

3.4. METODOLOXÍA Independentemente da metodoloxía específica empregada en cada unha das materias que forman parte desta proposta, as liñas metodolóxicas globais das seccións bilingües vertebraranse en torno a dous principios básicos: a) Incorporación progresiva da segunda lingua estranxeira a medida que se

desenvolve o proxecto Empregarase aquí una metodoloxía activa na que, partindo do nivel medio do alumnado, fomentarase a comunicación oral e escrita en lingua inglesa e traballarase a adquisición e ampliación do léxico propio de cada materia.

b) Utilización das TIC como ferramenta docente Instrumento fundamental das novas liñas educativas, as TIC xogarán tamén un papel importante no desenvolvemento das seccións bilingües por varios motivos, algúns dos cales correspóndense cos grandes bloques de obxectivos presentados no apartado 3.1:

1. Empregan a Lingua inglesa como vehículo de comunicación a nivel

mundial (Obxectivos lingüísticos) 2. Contribúen ó proceso de intercomunicación global e ó acercamento

intercultural (Obxectivos socioculturais) 3. Facilitan instantaneamente múltiples e variadas fontes de

información.

Page 14: Prueba secciones bilingües

PROXECTO DE IMPLANTACIÓN DE SECCIÓNS BILINGÜES IES EDUARDO BLANCO AMOR (CULLEREDO)

14

Lugar de Cordeda s/n 15174 Rutis – Culleredo A Coruña Tlf:981667391 Fax:981666894

3.5. RECURSOS

3.5.1. RECURSOS MATERIAIS

3.5.1.1. ESPAZOS Ademais das aulas ordinarias e das aulas específicas de Música, Sociais, Taller de Tecnoloxía e Laboratorio de Inglés, a disposición permanente para alumnado e profesorado de cada sección, contarase tamén coa dispoñibilidade doutros espazos comúns do centro (biblioteca, salas de informática, usos múltiples...) tal e como xa quedou explicado no apartado 3.3.1. Tanto as aulas específicas como os espazos comúns arriba mencionados están adaptadas ó ensino TIC.

3.5.1.2. MATERIAL DIDÁCTICO

Dada a amplía gama de material que pode ser empregado nas clases, limitarémonos a sinalar posibles exemplos dos dous grandes bloques de recursos a empregar:

a) Material impreso

Libros, caderno de traballo, fotografías, unidades didácticas de producción propia, prensa...

b) Material audiovisual e informático Audicións, proxeccións, traballo na rede...

3.5.2. RECURSOS HUMANOS

3.5.2.1. PROFESORADO 3.5.2.1.1. CAPACITACIÓN

a) TERCEIRO CURSO DA ESO

Mª José Martínez-Falero del Pozo (Coordinadora-1)

Licenciada en Filoloxía Inglesa

Funcionaria de carreira. Corpo de PES

Profesora do centro con destino definitivo Julián Jesús Pérez Fernández (Profesor de Música)

Doutor en Didáctica da Lingua e da Literatura

Licenciado en Filoloxía Inglesa

Titulado en piano (Grao profesional)

Diplomado en Dirección Coral

Funcionario de carreira. Corpo de PES

Page 15: Prueba secciones bilingües

PROXECTO DE IMPLANTACIÓN DE SECCIÓNS BILINGÜES IES EDUARDO BLANCO AMOR (CULLEREDO)

15

Lugar de Cordeda s/n 15174 Rutis – Culleredo A Coruña Tlf:981667391 Fax:981666894

Profesor de Lingua inglesa en excedencia (Oposción 1990)

Profesor titular de Música (Oposición 1994)

Profesor do centro con destino definitivo Mónica Fraga Rodríguez (Profesora de Tecnoloxías)

Licenciada en Física

Certificado de Aptitude Ciclo Superior en Inglés (EOI), nivel B2 segundo o MCERL

Funcionaria de carreira. Corpo de PES

Profesora do centro con destino definitivo

b) CUARTO CURSO DA ESO

Mª Dolores Martín Trillo (Coordinadora-2)

Licenciada en Filoloxía Inglesa

Funcionaria de carreira. Corpo de PES

Profesora do centro con destino definitivo Abel Fernández Maroño (Profesor de Ed. Ético-Cívica)

Licenciado en Xeografía e Historia

Diplomado en Educación Social

Licenciado en Pedagoxía

Certificado de Aptitude Ciclo Superior en Inglés (EOI), nivel B2 segundo o MCERL

Funcionario de carreira. Corpo de PES

Profesor do centro con destino definitivo

3.5.2.1.2. FUNCIÓNS

a) FUNCIÓNS DO PROFESORADO COORDINADOR

Realizar o seguimento semanal e a coordinación do equipo de profesores/as que forman parte do programa de seccións bilingües e levantar acta dos temas tratados e dos acordos adoptados.

Coordinar a elaboración do proxecto lingüístico e do currículo integrado no marco do proxecto educativo do centro.

Participar nas actividades formativas do profesorado e propoñer novas actividades

Participar na elaboración de materiais específicos, revisar e trasladar ó equipo directivo as programacións iniciais e as memorias finais

Page 16: Prueba secciones bilingües

PROXECTO DE IMPLANTACIÓN DE SECCIÓNS BILINGÜES IES EDUARDO BLANCO AMOR (CULLEREDO)

16

Lugar de Cordeda s/n 15174 Rutis – Culleredo A Coruña Tlf:981667391 Fax:981666894

De ser o caso, titorizar a persoa nativa de apoio ó programa.

b) FUNCIÓNS DO PROFESDORASDO DAS ÁREAS NON LINGÜÍSTICAS

Elaborar unha programación específica ó inicio de cada curso escolar

Elaborar unha memoria final

Participar nas actividades de formación organizadas pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Elaborar materiais curriculares específicos

Aqueloutras que sexan necesarias para o desenvolvemento adecuado da experiencia.

3.5.2.1.3. COMPROMISO DE FORMACIÓN De acordo co estipulado na Orde do 12 de maio de 2011, todo o profesorado implicado nas seccións bilingües, deberá participar nas actividades para a formación inicial e continua deseñadas para o ensino CLIL/AICLE (Aprendizaxe Integrada de Contidos e Lingua Estranxeira).

3.5.2.2. ALUMNADO 3.5.2.2.1. CRITERIOS DE SELECCIÓN

Consideramos que unha dificultade extra non sería aconsellable para aqueles alumnos/as que accedan ó segundo ciclo cun lastre considerable de materias pendentes ou sen un dominio mínimo das competencias na segunda lingua estranxeira. Así, na información proporcionada ó alumnado e ás familias mediante circulares e reunións, insistimos na idea de que a participación no proxecto suporá un traballo engadido e, polo tanto, non sería una opción recomendable para o tipo de alumnado arriba mencionado. Por iso, aínda que segundo a orde pola que se regulan as seccións bilingües “poderá acceder ás seccións bilingües o alumnado matriculado en calquera dos cursos das etapas para os que o seu centro estea autorizado”, esperamos que sexa o propio alumnado o que faga un proceso de auto-selección no momento da matrícula, baseado na orientación recibida e na súa propia capacitación inicial.

Page 17: Prueba secciones bilingües

PROXECTO DE IMPLANTACIÓN DE SECCIÓNS BILINGÜES IES EDUARDO BLANCO AMOR (CULLEREDO)

17

Lugar de Cordeda s/n 15174 Rutis – Culleredo A Coruña Tlf:981667391 Fax:981666894

3.5.2.2.2. INCORPORACIÓN

Ó remate de cada curso escolar o centro realizará unha campaña informativa e abrirá un prazo de solicitude de incorporación para o curso seguinte, datos cos que tratará de adaptar o número de seccións bilingües á demanda do alumnado. A incorporación a unha sección bilingüe farase o comezo de cada curso escolar, deixando constancia desta decisión no momento da matrícula. No caso de aparecer mais solicitudes que prazas previstas, terá sempre prioridade ó alumnado que entregara cuberta á solicitude de incorporación para o curso seguinte en forma e prazo. Así mesmo, a incorporación de alumnado a unha sección que vén de anos anteriores ou na metade do curso por traslado doutro centro será posible baixo a decisión da dirección do centro, tras consultar ó profesorado implicado no programa e coa conseguinte comunicación á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

3.5.2.2.3. ABANDONO O alumnado que forme parte dunha sección bilingüe non poderá abandonala antes de rematar o curso escolar, salvo por razóns xustificadas ante a dirección do centro e coa autorización desta e a súa comunicación á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa. O centro será moi estricto á hora da concesión desta medida case excepcional, nun intento de concienciar a familias e alumnado da importancia de fundamentar calquera decisión no momento da matrícula e de asumir as consecuencias da mesma. No caso de que unha sección bilingüe forme grupo-clase, o abandono da mesma suporá, consecuentemente, o cambio de grupo para o alumno/a. Tratamos así de evitar incorporacións “de proba” e posibles trasfegas de entradas e saídas que alteren a dinámica e a marcha do grupo.

3.6. CRITERIOS DE AVALIACIÓN Ademais da avaliación inicial da situación no noso centro, xa feita e que dou orixe á presentación deste proxecto, faremos dous tipos de avaliación ó longo do curso:

Page 18: Prueba secciones bilingües

PROXECTO DE IMPLANTACIÓN DE SECCIÓNS BILINGÜES IES EDUARDO BLANCO AMOR (CULLEREDO)

18

Lugar de Cordeda s/n 15174 Rutis – Culleredo A Coruña Tlf:981667391 Fax:981666894

3.6.1. AVALIACIÓN CONTINUA Avaliación da marcha do mesmo en canto a coordinación, metodoloxía, dificultades atopadas e obxectivos acadados ó longo de todo o proceso. Este seguimento quedará reflectido en actas de reunións semanais, onde se deixará constancia escrita dos temas tratados e dos acordos adoptados.

3.6.2. AVALIACIÓN FINAL Aínda que non avaliables cuantitativamente, o traballo desenvolvido dentro deste proxecto de seccións bilingües si será obxecto dunha avaliación cualitativa ó final de curso, que se realizará tendo en conta tres apartados diferenciados:

A) O proxecto

Grao de consecución dos obxectivos propostos, tanto a nivel xeral como a nivel concreto de materia.

Nivel de adecuación dos recursos ás necesidades das tarefas programadas.

Grao de acomodación horaria.

Valoración xeral da experiencia e propostas de mellora

Ó remate do curso presentarase a toda a comunidade educativa unha memoria do proxecto, que se incluirá como anexo la memoria anual do centro.

B) A práctica docente.

Análise e valoración do material empregado, tanto de producción propia como de recompilación.

Viabilidade do material elaborado e a súa incidencia na mellora dos obxectivos propostos

Valoración da metodoloxía empregada

Grao de satisfacción individual e como grupo co traballo realizado

C) A repercusión no alumnado e no resto da comunidade educativa

Previsións de alumnado que continuarán nunha sección bilingüe para o curso 2012-13.

Page 19: Prueba secciones bilingües

PROXECTO DE IMPLANTACIÓN DE SECCIÓNS BILINGÜES IES EDUARDO BLANCO AMOR (CULLEREDO)

19

Lugar de Cordeda s/n 15174 Rutis – Culleredo A Coruña Tlf:981667391 Fax:981666894

Previsións de alumnado de nova incorporación ás seccións bilingües para o curso 2012-13.

Novo profesorado interesado no proxecto.

Incremento ou non do número de seccións bilingües para o curso 2012-13.

Grao de satisfacción das familias do alumnado participante (cuestionario final de curso)

4. IMPLICACIÓN DA COMUNIDADE EDUCATIVA

Tal e como queda reflectido nos certificados que acompañan o presente proxecto, contamos co apoio do claustro e do consello escolar do centro, así como da asociación de pais e nais, que comparten e respaldan esta iniciativa.

Page 20: Prueba secciones bilingües

PROXECTO DE IMPLANTACIÓN DE SECCIÓNS BILINGÜES IES EDUARDO BLANCO AMOR (CULLEREDO)

20

Lugar de Cordeda s/n 15174 Rutis – Culleredo A Coruña Tlf:981667391 Fax:981666894

5. MATERIAL ANEXO 5.1. MÚSICA 3º ESO

PROXECTO DE PARTICIPACIÓN NA SECCIÓN BILINGÜE DO IES “EDUARDO BLANCO AMOR” DE CULLEREDO (A CORUÑA)

MÚSICA EN INGLÉS NO TERCEIRO CURSO DA ESO

Page 21: Prueba secciones bilingües

PROXECTO DE IMPLANTACIÓN DE SECCIÓNS BILINGÜES IES EDUARDO BLANCO AMOR (CULLEREDO)

21

Lugar de Cordeda s/n 15174 Rutis – Culleredo A Coruña Tlf:981667391 Fax:981666894

Julián Jesús Pérez Fernández

MÚSICA EN INGLÉS NO TERCEIRO CURSO DA ESO

1.- Introdución

2.- Profesorado e alumnado participante. Etapas e cursos

3.- Obxectivos propostos desde a asignatura de Música

4.- Contidos

5.- Estratexias metodolóxicas

6.- Pautas para a avaliación do proxecto

Epílogo: : Contribución da Música ao logro das competencias básicas 1.- Introdución A idea de potenciar e incrementar o coñecemento de varias linguas desde os centros de ensino é un compromiso que interesa e responsabiliza a toda Europa. Alén do interese que ten unha boa aprendizaxe de linguas modernas xunto á lingua ou ás linguas propias, a adquisición de habilidades prácticas (comprensión e expresión oral e escrita) nunha lingua estranxeira é unha axuda indiscutible cara a unha boa formación intelectual, e mesmo un apoio importante cara a un reforzo das relacións entre os pobos, sen esquecer o fomento xeral da motivación cara á aprendizaxe no alumnado de Secundaria. O proceso de integración da língua inglesa na materia de Música ten a finalidade básica de contribuir, desde unha actitude tranquila e positiva, á formación dun espírito de comunicación nesa lingua dun xeito natural. Tratarase tamén de favorecer a adquisición dunha mentalidade amplia, aberta a Europa, nunha sociedade globalizada na que a mobilidade empeza a ser algo habitual. O alumnado debe concienciarse da necesidade real de sentirse “cidadáns do mundo” no mais amplo sentido do termo, e pensar que o seu lugar no mercado laboral poderia estar noutro país nun futuro. Desta maneira, deben aceptar a realidade do inglés como lingua franca. O Ensino Secundario debe camiñar nesa dirección; porén, consideramos que o progreso constante no manexo da lingua inglesa debería comezar a idades inferiores. As destrezas de comprensión e expresión oral e escrita ocuparían, polo tanto, unha porcentaxe importante do tempo lectivo na materia de Música. O complemento ideal é, sen dúbida, a potenciación de estancias no estranxeiro (intercambios, cursos de inmersión lingüística,...) como un medio de reforzar e consolidar as habilidades prácticas traballadas nas diferentes materias co apoio do profesorado comprometido no proxecto.

Page 22: Prueba secciones bilingües

PROXECTO DE IMPLANTACIÓN DE SECCIÓNS BILINGÜES IES EDUARDO BLANCO AMOR (CULLEREDO)

22

Lugar de Cordeda s/n 15174 Rutis – Culleredo A Coruña Tlf:981667391 Fax:981666894

O proceso pode resumirse en tres palabras: APRENDER, PENSAR E COMUNICAR. 2.- Profesorado e alumnado participante. Etapas e cursos O proxecto contará cunha profesora titular de Lingua Inglesa como asesora lingüística, e mesmo cun profesor titular de Música con formación oficial na dita lingua. Impartirase a materia de Música en inglés con carácter experimental no Terceiro curso de Secundaria durante o curso 2011-2012. Preténdese formar un grupo de alumnado con bós resultados académicos en Lingua Inglesa e en Música; será a Dirección do centro, de acordo co intereses dos pais e dos alumnos, a encargada de escoller os futuros compoñentes dese grupo. Coordinadora: María José Martínez-Falero del Pozo, do Departamento de Inglés

- Licenciada en Filoloxía Inglesa - Funcionaria de Carreira, Corpo Profesores de Educación Secundaria - Profesora do centro con destino definitivo Profesor que impartirá a materia de Música en inglés en Terceiro de Secundaria:

Julián Jesús Pérez Fernández, do Departamento de Música

- Doutor en Didáctica da Lingua e da Literatura (sobresaliente cum laude) - Licenciado en Filoloxía Inglesa - Titulado en Piano (Grado Profesional) - Diplomado en Dirección Coral - Funcionario de Carreira, Corpo Profesores de Educación Secundaria - Profesor de Lingua Inglesa en excedencia (oposición do antigo BUP, 1990) - Profesor Titular de Música (oposición de 1994) - Profesor do centro con destino definitivo

3.- Obxectivos propostos desde a asignatura de Música

3.1.- Obxectivos xerais

1) Apoiar o traballo de coñecemento práctico da lingua inglesa, con especial énfase no léxico propiamente musical

2) Motivar ao alumnado cara ao uso práctico da lingua inglesa, e mesmo á ampliación dos seus recursos lingüísticos

3) Promover a interdisciplinariedade da materia de Música con outras ramas das Belas Artes no mundo anglosaxón

4) Favorecer desde a interactividade co alumnado as competencias comunicativa e comprensiva en lingua inglesa do alumnado desde a motivación para o desenvolvemento das catro destrezas: a oralidade, a comprensión auditiva, a lectura comprensiva e a redacción

Page 23: Prueba secciones bilingües

PROXECTO DE IMPLANTACIÓN DE SECCIÓNS BILINGÜES IES EDUARDO BLANCO AMOR (CULLEREDO)

23

Lugar de Cordeda s/n 15174 Rutis – Culleredo A Coruña Tlf:981667391 Fax:981666894

5) Favorecer a adquisición dunha mentalidade aberta a outra cultura desde unha actitude tolerante

6) Motivar ao alumnado á investigación como unha ferramenta de acceso ao coñecemento

3.2.- Obxectivos específicos:

3.2.1.- Historia da Música:

1) Respectar os diferentes estilos de música 2) Desfrutar coa audición activa de obras musicais 3) Distinguir por medio da audición activa os estilos más importantes da Historia da

Música 4) Situar no tempo e no espazo os compositores máis sobranceiros dos diferentes

estilos musicais 5) Investigar sobre os aspectos musicais e extramusicais da obra traballada e

expresar os resultados de xeito oral e escrito 6) Relacionar a obra co compositor que a creou e a sociedade que reflicte 7) Relacionar os coñecementos adquiridos con outras disciplinas: Literatura,

Historia,... 3.2.2.- Linguaxe Musical:

1) Revisar e interpretar as bases da Linguaxe Musical: ler e escribir melodías en clave de sol e saber aplicar a exercicios prácticos a teoría referente aos elementos traballados

2) Cantar correctamente a unha voz, tendo en conta as “normas” que rexen a interpretación, e mesmo a respiración e a emisión da voz

3) Tocar correctamente melodías sinxelas coa frauta doce, segundo as bases técnicas de interpretación, respiración e emisión do son

4) Recoñecer e relacionar os elementos básicos da Linguaxe Musical (Ritmo, Melodía, Harmonía, Textura, Dinámica e Timbre), e mesmo as súas bases teóricas aplicadas a exemplos concretos

5) Recoñecer a estructura interna de determinadas composicións organizadas de acordo coas formas musicais estudiadas

6) Resolver exercicios prácticos que conduzan a un desenvolvemento progresivo do ouvido

4.- Contidos 4.1.- Historia da Música (a Música no tempo do Barroco ao Século XX):

a) Evolución da música occidental ao longo da Historia: relación de cada período coa sociedade do momento, as artes e o pensamento. A figura do compositor e a súa función social en cada época histórica. Principios estéticos fundamentais de cada período

Page 24: Prueba secciones bilingües

PROXECTO DE IMPLANTACIÓN DE SECCIÓNS BILINGÜES IES EDUARDO BLANCO AMOR (CULLEREDO)

24

Lugar de Cordeda s/n 15174 Rutis – Culleredo A Coruña Tlf:981667391 Fax:981666894

b) Escoita activa de obras musicais de cada período histórico, apoiada pola realización de actividades globalizadoras baseadas na práctica vocal, instrumental ou de movemento. Actividades realizadas previa, simultánea ou posteriormente á audición tratada, incluíndo comentarios escritos

c) Seguemento de fragmentos musicais escritos e/ou musicogramas cara a unha mellor comprensión das características da obra escoitada

d) Participación na organización, planificación ou execución das diferentes actividades musicais que se programen no centro

e) Uso indiscriminado da música e excesos de produción sonora. Análisie das preferencias musicais do alumnado e desenvolvemento dunha actitude crítica frente ao fenómeno do uso indiscriminado da música. Toma de conciencia e actitude crítica frente aos problemas sonoros do entorno

f) Interese pola audición de obras de diferentes estilos, xustificando a súa validez a partires das súas características musicais, formais e estilísticas

g) Valoración da obra musical como manifestación artística e como expoñente da sociedade no seu momento

h) Valoración da música española e da particular aportación galega como expresión do patrimonio cultural

i) Respecto polas normas que deben rexir o comportamento nos distintos espectáculos musicais, valorando a importancia da actitude do público na transmisión da Música

4.2.- Linguaxe Musical:

a) Lectura, audición e recoñecemento dos elementos da Música en relación á súa representación convencional

b) Realización de dictados melódico-rítmicos axeitados c) Creación, individual ou en grupos pequenos, de estructuras sinxelas baseadas na

imitación, repetición e variación de temas propostos d) Conciencia da importancia da organización e integración no grupo para a

realización de actividades colectivas e) Escritura musical de ritmos e melodías escoitadas ou creadas polo alumnado f) Interese pola profundización na aprendizaxe da Linguaxe Musical convencional e

valoración da súa utilidade g) Interiorización da necesidade do silencio como marco esencial para o

desenvolvemento de calquera actividade relacionada coa Música 4.3.- Expresión Vocal e Canto:

a) Análise dos elementos constitutivos da canción: ritmo e métrica, melodía, texto, acompañamiento harmónico, forma e textura

b) Realización de exercicios de respiración, vocalización, emisión, resoadores,... e mesmo de control postural e relaxación

c) Realización de exercicios relacioados coa afinación das escalas maior e menor

Page 25: Prueba secciones bilingües

PROXECTO DE IMPLANTACIÓN DE SECCIÓNS BILINGÜES IES EDUARDO BLANCO AMOR (CULLEREDO)

25

Lugar de Cordeda s/n 15174 Rutis – Culleredo A Coruña Tlf:981667391 Fax:981666894

d) Interpretación de cancións: elementos constitutivos, canto “a capella” ou con acompañamento instrumental, expresión musical (atendendo á partitura e ao director), necesidade do silencio como inicio e remate da canción

e) Creación vocal, rítmica ou rítmico-melódica f) Audición e análise de obras corais, facendo constar a súa textura, tipo de

agrupación vocal, contexto histórico e corrente estilística á que pertence g) Aceptación e cumprimento das normas establecidas para o bó funcionamento do

grupo, cara a conquerir unha interpretación correcta h) Interese por emitir a voz (falada e cantada) correctamente i) Conciencia das posibilidades expresivas da propia voz

4.4.- Expresión Instrumental:

a) Os instrumentos musicais: recoñecemento auditivo e visual. Tipos de agrupacións instrumentais. Distribución da orquestra na actualidade

b) Os instrumentos escolares: identificación e técnica de execución c) Interpretación en grupo: conxunto instrumental Orff, frauta, piano e vocês d) Creación instrumental rítmica e/ou ritmico-melódica e) Establecemento dunha actitude de cooperación no seo do grupo, e mesmo de

respeto ao resto de intérpretes e á figura do director f) Coidado dos instrumentos e outros materiais da aula g) Valoración do silencio como marco imprescindible para a interpretación musical h) Interese pola mellora da calidade sonora do conxunto instrumental

(homoxeneidade, matices e precisión) 4.5.- Movemento e Danza

a) Elementos musicais da danza: relación do movemento có ritmo (pulso, acento), melodía e forma

b) Práctica de actividades creativas corporais en relación coa Música: pregunta-resposta de movemento, improvisación, expresión corporal

c) Utilización expresiva do movemento. Adaptación do movemento ao tempo, ritmo e carácter do fragmento escollido, empleando recursos expresivos aprendidos ou improvisados

d) Montaxe de danzas de tipoloxía diversa e) Conciencia corporal e das súas posibilidades expresivas (como manifestación de

afectividade), artísticas e sociais f) Actitude favorable ante a saúde e a hixiene corporal, valorando as ventaxas de

levaren hábitos de vida sá por medio do coñecemento do propio corpo e as súas posibilidades

g) Respecto ante as execucións dos demais h) Respecto e interese pola montaxe ou visualización de danzas, independentemente

do tipo, época ou estilo de que se traten

Page 26: Prueba secciones bilingües

PROXECTO DE IMPLANTACIÓN DE SECCIÓNS BILINGÜES IES EDUARDO BLANCO AMOR (CULLEREDO)

26

Lugar de Cordeda s/n 15174 Rutis – Culleredo A Coruña Tlf:981667391 Fax:981666894

5.- Estratexias metodolóxicas A metodoloxía a aplicar na área de música será eminentemente activa, partindo dos coñecementos dos alumnos para chegar ao descubrimento e integración de novos conceptos; é dicer, segundo os princípios da aprendizaxe significativa. Potenciarase a expresión oral en lingua inglesa como garantia de integración e cuidarase a adquisición progresiva dun léxico musical en inglés nas diferentes actividades que se presenten. En primeiro lugar prantexarase o tema que se vai traballar, seguido das actividades de experimentación, coa posterior reflexión e conclusións, que os alumnos anotarán en inglés no seu caderno de traballo. Neste sentido, o caderno terá especial importancia no desenvolvemento da materia de Música. Utilizarase a imitación como xeito de aprender cancións (insistindo na pronunciación correcta), pezas instrumentais e danzas; nos dous primeiros casos contarase, ademais, co apoio da lectura musical (rítmica, melódica e rítmico-melódica). Intentarase buscar unha dinámica enriquecedora, co apoio das grandes liñas da moderna pedagoxía musical, baseadas nas metodoloxías de Zoltan Kódaly, Justine Ward, Carl Orff, Émile Jaques-Dalcroze, Edgar Willems e Maurice Martenot. O apartado de frauta doce tratarase de maneira non sistemática. Aínda así, organizarase a elección do repertorio a traballar tendo en conta a integración paulatina de novos elementos melódico-rítmicos coa nomenclatura en inglés en función da súa asimilación progresiva por parte do alumnado. Na medida do posible, darase liberdade aos alumnos á hora de resolver as diferentes situacións e problemas que se podan prantexar no seu proceso de ensino-aprendizaxe, e mesmo no uso da lingua inglesa; o profesor, deste xeito, actuará como guia para corrixir ou modelar as producións dos alumnos. Interesa que eles, como protagonistas da súa aprendizaxe, acaden soltura na comprensión e na expresión oral e escrita en lingua inglesa. O modelo que pretendemos seguir sitúase na liña dos princípios educativos que inspiraron a metodoloxía empregada historicamente na Institución Libre de Enseñanza, na crenza de que foi o modelo institucionista un dos mellores logros históricos da Educación no noso país.

É moi importante acadar dentro da aula uns hábitos de traballo baseados no silencio e no respecto ás normas. A Música é unha materia que combina constantemente exercicios individuais e exercícios en gran grupo. Para estes últimos compre cuidar as actitudes de silencio e atención ás indicacións do profesor para comezar e rematar todos ao mesmo tempo, manter o mesmo pulso,… Polo tanto, dende o principio de curso traballaranse este tipo de actitudes que favorecerán o posterior goce e motivación polas actividades grupais (danzas, instrumentacións...) Sen dúbida, o mellor complemento metodolóxico cara a unha educación integradora e vinculada co mundo real é a potenciación do traballo nas aulas coa aplicación da aprendizaxe fóra das mesmas. Os intercambios culturais con centros do Reino Unido e os

Page 27: Prueba secciones bilingües

PROXECTO DE IMPLANTACIÓN DE SECCIÓNS BILINGÜES IES EDUARDO BLANCO AMOR (CULLEREDO)

27

Lugar de Cordeda s/n 15174 Rutis – Culleredo A Coruña Tlf:981667391 Fax:981666894

proxectos europeos como o Comenius poderán coroar a formación do alumnado. Propoñemos, ademais, as seguintes actividades:

a) Asistencia a un concerto didáctico que se organice desde o propio centro e posterior debate ou reflexión escrita sobre a experiencia, sempre en inglés

b) Actuacións de alumnos, con especial atención ao repertorio en inglés Intentarase potenciar a utilización de materiais didácticos en inglés como ferramentas de apoio no proceso de ensino-aprendizaxe; porén, o verdadeiramente importante é o traballo dos alumnos e a supervisión constante do profesor. Podemos sinalar, como exemplos de material a utilizar:

a) Caderno de traballo e libro de texto, se é o caso b) Fotocopias (textos de libros ou de prensa musical, exercicios) c) DVDs (con ou sin subtítulos) e CDs d) Frauta doce, piano eléctrico, Instrumentos Orff e) Biblioteca e Internet f) Presentacións en Powerpoint (fotografias, cadros, esquemas, exemplos de obras

de arte) 6.- Pautas para a avaliación do proxecto 6.1.- Procedementos e instrumentos de avaliación do alumnado: Os criterios de avaliación pretenden avaliar as distintas capacidades cognitivas, motrices, de relación interpersoal, de inserción social e de desenvolvemento lingüístico e musical do alumno. Como Idea xeral, a avaliación será continua. Para levar a cabo esta avaliación teremos en conta os seguintes procedementos:

1) Progresa na adquisición de novos conceptos 2) Comprende o estudado e aplica os coñecementos asimilados 3) Investiga e localiza os datos correctamente 4) Ten capacidade de análise-síntese 5) Ten sentido crítico e independencia de xuicio 6) Manexa con soltura a representación gráfica musical 7) Ten oído musical 8) Ten sentido do ritmo 9) Mostra destreza no manexo de instrumentos musicais 10) Ten bó sentido da localización espacial á hora de realizar exercicios de movemento 11) É ordenado, limpo e puntual na presentación dos seus traballos 12) Sigue un esquema de traballo 13) Acaba os seus deberes 14) Utiliza bibliografía e sabe seleccionar a máis necesaria para o seu traballo 15) Interésase polo traballo 16) É responsable e constante no traballo 17) Participa nas actividades de clase

Page 28: Prueba secciones bilingües

PROXECTO DE IMPLANTACIÓN DE SECCIÓNS BILINGÜES IES EDUARDO BLANCO AMOR (CULLEREDO)

28

Lugar de Cordeda s/n 15174 Rutis – Culleredo A Coruña Tlf:981667391 Fax:981666894

18) Cumple as normas establecidas 19) Cuida o material da aula 20) Ten autonomía no seu traballo 21) É respetuoso e tolerante co traballo dos compañeiros 22) Ten capacidade de traballar en grupo 23) Ten capacidade de autocrítica co seu traballo e co do grupo 24) Respecta a obra de arte e está aberto aos diferentes estilos e formas musicais 25) Participa nas actividades de desenvolvemento da lingua inglesa 26) Progresa no manexo da lingua inglesa oral e escrita

Os instrumentos de avaliación serán os seguintes:

a) Traballo práctico: o caderno de clase, as actividades de ampliación e as actividades prácticas suporán o 40% da nota

b) Exercicios de coñecementos teóricos, realización de probas obxectivas: 40% da nota

c) Actitude na aula e participación: 20% da nota (Asiste a clase, é puntual, presenta o traballo a diario, interésase pola asignatura, cuida o material, colabora no bó funcionamento da clase, participa)

6.2.- Criterios de cualificación Para aprobar a asignatura, o alumno ou alumna deberá ter aprobadas por separado as dúas liñas que compoñen a materia: Historia da Música (teoría e audicións) e Linguaxe Musical (frauta doce), independentemente da media aritmética que resulte. O aprobado considerarase a partires da avaliación positiva en cada apartado. Os alumnos estarán informados sobre os criterios e coñecerán canto antes sexa posíble a calificación obtida nos traballos e probas. Así mesmo comentaranse na clase os resultados e se revisarán con eles as correccións para aclarar as dudas que poidan xurdir acerca dos contidos a recuperar e cómo e cándo facelo en cada caso. Nota importante para todo o alumnado: Nas probas de frauta doce non se admitirá como válida a presentación da canción a interpretar co nome das notas escrito debaixo da partitura. Todo alumno ou alumna que non sexa quen de ler correctamente unha canción na partitura non aprobará a asignatura. A fin de curso pode escoller entre dúas opcións: tocar con partitura ou ben de memoria, sempre que xa tivera aprobada a parte de frauta na segunda avaliación. Os criterios de avaliación neste caso serán a fluidez melódica, a precisión rítmica e a calidade do son. Exames de Setembro: O alumnado examinaráse de toda a materia, quer dicir: contidos teórico-prácticos (audicións, linguaxe musical) e frauta doce. O aprobado considerarase a partires da avaliación positiva en cada apartado.

Page 29: Prueba secciones bilingües

PROXECTO DE IMPLANTACIÓN DE SECCIÓNS BILINGÜES IES EDUARDO BLANCO AMOR (CULLEREDO)

29

Lugar de Cordeda s/n 15174 Rutis – Culleredo A Coruña Tlf:981667391 Fax:981666894

6.3.- Contidos mínimos esixibles En liñas xerais, aprobará a asignatura todo alumno o alumna que, aínda non tendo cumpridos todos os obxectivos prantexados, faga un esforzo notable por mellorar e superar as eventuais dificultades. Deberá manexar os conceptos básicos do curso, e mesmo un certo desenvolvemento en procedementos; por outra banda, deberá mostrar actitudes positivas cara a un mellor desenvolvemento persoal. 6.4.- Pautas de avaliación do proxecto “Sección Bilingüe”: Ao final do curso comprobarase si os diferentes elementos do proxecto (obxectivos, contidos, metodoloxía, criterios de cualificación) resultan ou non axeitados á realidade do noso alumnado. Igualmente teranse en conta os apartados que necesiten unha revisión, do que quedará constancia na memoria de fin de curso. Todos estes aspectos, se fose o caso, refaceranse na programación dun novo curso. Unha parte importante da avaliación do proxecto “Sección Bilingüe” ten que contemplar necesariamente os resultados acadados polo alumnado no manexo das destrezas básicas da lingua inglesa, malia que a nota dos alumnos reflictirá os coñecementos e procedementos estrictamente musicais. Os criterios de avaliación a empregar serán os seguintes: Observación directa: Malia non ser un criterio cuantificable, a observación directa será un medio de control de aspectos como a correción na pronunciación e na construción oral de frases, co obxecto de favorecer a mellora do alumnado nestas competencias lingüísticas. Rexistro das melloras dos alumnos: Eventualmente poderán realizarse probas non puntuables cara á nota de Música, pero si indicativas da progresión do alumnado nas catro destrezas: expresión e comprensión oral e escrita. Lectura crítica das producións escritas: Cómpre darlle importancia á aprendizaxe a partires dos errores que se observen nos textos escritos polo alumnado; neste sentido, será necesario desenvolver actividades de lectura crítica sempre desde un punto de vista constructivo. Corrección na pronunciación: Como dinámica habitual, e sen que supoña un impedimento na fluidez da expresión oral do alumnado, se terán en conta os erros de pronunciación para corrixilos no momento oportuno. O Departamento de Música propón, como medidas de control do proxecto e para garantir um seguemento do alumnado, as seguintes: - Convertir os “medos” en obxectivos (com medidas de reforzo e apoio pedagóxico)

Page 30: Prueba secciones bilingües

PROXECTO DE IMPLANTACIÓN DE SECCIÓNS BILINGÜES IES EDUARDO BLANCO AMOR (CULLEREDO)

30

Lugar de Cordeda s/n 15174 Rutis – Culleredo A Coruña Tlf:981667391 Fax:981666894

- Reunións periódicas para concretar as necesidades lingüísticas que se observan e avaliar os resultados que van acadando os alumnos (unha ao trimestre) - Informe final de avaliación do proxecto Epílogo: Contribución da Música ao logro das competencias básicas A materia de Música contribúe de forma directa á adquisición da competencia cultural e artística en todos os aspectos que a configuran. Fomenta a capacidade de apreciar, comprender e valorar criticamente diferentes manifestacións culturais e musicais a través de experiencias perceptivas, expresivas e de coñecemento das músicas de diferentes culturas, épocas e estilos. Pode potenciar así actitudes abertas e respectuosas e ofrecer elementos para a elaboración de xuízos fundamentados respecto das distintas manifestacións musicais, establecendo conexións con outras linguaxes artísticas e cos contextos social e histórico nos que se inscribe cada obra. Colabora ao desenvolvemento da competencia de autonomía e iniciativa persoal mediante o traballo colaborativo e a habilidade para planificar e xestionar proxectos. A interpretación e a composición son dous claros exemplos de actividades que requiren dunha planificación previa e de toma de decisións para obter os resultados desexados. Por outra banda, naquelas actividades relacionadas especialmente coa interpretación musical, desenvólvense capacidades e habilidades tales como a perseveranza, a responsabilidade, a autocrítica e a autoestima, sendo estes factores clave para a adquisición desta competencia. Non pode esquecerse tampouco que a organización e realización de actividades musicais no centro escolar require a utilización de habilidades sociais para traballar en equipo co fin de levar a cabo un proxecto común: poñerse no lugar do outro, valorar as ideas dos demais, dialogar, negociar e traballar de forma cooperativa e flexible para un ben común. A música contribúe tamén á competencia social e cidadá. A participación en actividades musicais e de movemento de distinta índole, especialmente as relacionadas coa interpretación e creación colectiva que requiren dun traballo cooperativo colabora na adquisición de habilidades para relacionarse cos demais. A participación en experiencias colectivas, musicais e de movemento ofrece a oportunidade de expresar ideas propias, valorar as dos demais e coordinar as súas propias accións coas dos outros integrantes do grupo responsabilizándose na consecución dun resultado. A toma de contacto cunha ampla variedade de músicas, tanto do pasado como do presente, favorece a comprensión de diferentes culturas e da súa contribución á sociedade en que vivimos, fomentando a valoración das distintas achegas e a percepción da progresiva fusión de estilos e culturas que se está a realizar nesta arte. A reflexión sobre a presenza incesante da música nas nosas vidas, sobre o uso que dela se fai na publicidade e noutros medios como elemento de manipulación emotiva, e sobre o seu papel na economía e na creación de novas profesións, desenvolve a valoración crítica e a comprensión da realidade. A música tamén contribúe de xeito directo ao desenvolvemento do tratamento da información e da competencia dixital. O uso dos recursos tecnolóxicos no campo da música posibilita o coñecemento e dominio básico do hardware e o software musical, os distintos formatos de son e de audio dixital ou as técnicas de tratamento e gravación do son relacionados, entre outros, coa produción de mensaxes musicais, audiovisuais e multimedia. Favorece, así mesmo, o seu aproveitamento como ferramenta para os

Page 31: Prueba secciones bilingües

PROXECTO DE IMPLANTACIÓN DE SECCIÓNS BILINGÜES IES EDUARDO BLANCO AMOR (CULLEREDO)

31

Lugar de Cordeda s/n 15174 Rutis – Culleredo A Coruña Tlf:981667391 Fax:981666894

procesos de autoaprendizaxe e a súa posible integración nas actividades de lecer. A obtención de información musical require de destrezas relacionadas co tratamento da información; desde esta materia merece especial consideración o uso de produtos musicais e a súa relación coa distribución e cos dereitos de autor. A música tamén contribúe ao desenvolvemento da competencia para aprender a aprender, potenciando capacidades e destrezas fundamentais para a aprendizaxe guiada e autónoma como a atención, a concentración e a memoria, á vez que desenvolve o sentido da orde e da análise. Respecto á competencia en comunicación lingüística, a música contribúe, do mesmo xeito que outras áreas, a enriquecer os intercambios comunicativos, e á adquisición e uso dun vocabulario musical básico. Tamén colabora coa integración da linguaxe musical e da linguaxe verbal e coa valoración do enriquecemento que a dita interación xera. Desde o punto de vista da competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico, a música realiza a súa achega á mellora da calidade do ambiente identificando e reflexionando sobre o exceso de ruído, a contaminación sonora e o uso indiscriminado da música, co fin de xerar hábitos saudables. Ao mesmo tempo, os contidos relacionados co uso terapéutico da música ou co uso correcto da voz e do aparello respiratorio, non só para conseguir resultados musicais óptimos, senón tamén para previr problemas de saúde, inciden no desenvolvemento desta competencia. A música contribúe á competencia matemática poñendo en evidencia a necesidade do manexo de principios matemáticos para a comprensión dos elementos básicos da linguaxe musical: a relación entre as distintas figuras, o compás, o timbre ou as agrupacións dos sons en distintos tipos de escalas. Por outra parte non podemos esquecer a relación que teñen coas matemáticas e a física correntes musicais como a música aleatoria, algorítmica, a estocástica e a fractal.

Page 32: Prueba secciones bilingües

PROXECTO DE IMPLANTACIÓN DE SECCIÓNS BILINGÜES IES EDUARDO BLANCO AMOR (CULLEREDO)

32

Lugar de Cordeda s/n 15174 Rutis – Culleredo A Coruña Tlf:981667391 Fax:981666894

5.2. TECNOLOXÍAS 3º ESO

PROXECTO DE PARTICIPACIÓN NA SECCIÓN BILINGÜE DO IES “EDUARDO BLANCO AMOR” DE CULLEREDO (A CORUÑA)

TECNOLOXÍAS EN INGLÉS NO TERCEIRO CURSO DA ESO

Mónica Fraga Rodríguez

Page 33: Prueba secciones bilingües

PROXECTO DE IMPLANTACIÓN DE SECCIÓNS BILINGÜES IES EDUARDO BLANCO AMOR (CULLEREDO)

33

Lugar de Cordeda s/n 15174 Rutis – Culleredo A Coruña Tlf:981667391 Fax:981666894

Desde a área de Tecnología preténdese contribuír a que os alumnos adquiran

competencias nunha lingua estranxeira como é o inglés. Para iso establecemos

obxectivos como os seguintes:

Que os alumnos e alumnas das seccións bilingües utilicen os coñecementos da

lingua inglesa como ferramenta de comunicación nunha área diferente da habitual.

Facilitar a progresión dos alumnos e alumnas das seccións bilingües na

aprendizaxe do inglés

Adquirir novo vocabulario inglés propio da área non lingüística

Para a consecución destes obxectivos fomentarase unha actitude positiva cara o inglés,

que lonxe de ser unha imposición deberá ser visto como unha elección dos alumnos e das

alumnas que queiran ver incrementada a súa competencia no devandito idioma, así como

unha nova maneira de encararse á Tecnoloxía. É este un punto importante dado o

carácter non reversible de cursar unha sección bilingüe.

A este respecto, destacar que o estudiaren unha área de carácter tanto técnico como

científico no idioma universal da ciencia e da técnica facilitaralles ferramentas difíciles de

adquirir de calquera outro xeito.

A contribución da área de Tecnoloxía a estes obxectivos levarase a cabo tomando como

referencia a programación de dita área, introducindo o inglés de forma paulatina e

progresiva.

Farase especial atención na parte oral da lingua, fomentando que os alumnos e alumnas

participen activamente no desenvolvemento das clases. Para iso no comenzo de cada

unidade didáctica facilitarase o vocabulario técnico que se irá introducindo ó longo do

desenvolvemento da unidade. Ditas novas palabras manterase en lugar ben visible na

aula, a fin de propiciar a súa memorización.

Xa no desenvolvemento da unidade didáctica trataremos de apoiarnos cada vez máis na

lingua estranxeira e en imaxes, máis que recorrer á tradución ó castelán, esforzándonos

Page 34: Prueba secciones bilingües

PROXECTO DE IMPLANTACIÓN DE SECCIÓNS BILINGÜES IES EDUARDO BLANCO AMOR (CULLEREDO)

34

Lugar de Cordeda s/n 15174 Rutis – Culleredo A Coruña Tlf:981667391 Fax:981666894

así cada vez máis a “pensar en inglés” no canto de facer constantes e custosas

traducións.

Aínda así, consciente de que sobre todo os comezos serán máis delicados, facilitaráselles

ós alumnos e alumnas esquemas de cada unidade didáctica en castelán, para evitar que

lagunas na comprensión do inglés leven consigo perda de contidos da área de

Tecnoloxía.

Á hora de realizar actividades por escrito, utilizaremos material en inglés, tanto utilizando

material informático como breves exposicións de temas tratados en cada unidade

didáctica.

Ó remate de cada unidade didáctica avaliarase tanto os obxectivos acadados polos

alumnos e polas alumnas, os lingüísticos e os propios da área, como a propia unidade

didáctica, dende o seu deseño ata o seu desenvolvemento na alla, a fin de facer tantos

axustes como fose necesario.

Seguiremos por suposto a mesma programación do resto dos grupos, cos mesmos

contidos, obxectivos e procedementos, nos que o único cambio que introduciremos será

a lingua de conducción. Farase sempre respectando ó máximo os ritmos de aprendizaxe

dos alumnos e das alumnas, tanto na parte referente ó idioma como á materia obxecto da

área. Con referencia a isto facilitaranse diferentes tipos de actividades en función das

necesidades de cadaquén, tanto de reforzo como de ampliación. A utilización da páxina

web do centro como punto de recollida de material contribuirá a este cometido.

O método de traballo que se tratará de seguir para acadar os obxectivos será similar en

tódalas unidades didácticas da área, se ben o tempo adicado ó inglés irá medrando

paulatinamente:

PRESENTACIÓN DO TEMA E VOCABULARIO. Os alumnos e as alumnas

elaborarán carteis onde se recollan as palabras clave do tema.

EXPOSICIÓN DO TEMA. Utilizaranse imaxes que acompañen a exposición en

inglés do tema, a fin de reforzar a súa comprensión. Iranse facendo preguntas

sobre o exposto a fin de fomentar a súa participación oral en inglés.

Page 35: Prueba secciones bilingües

PROXECTO DE IMPLANTACIÓN DE SECCIÓNS BILINGÜES IES EDUARDO BLANCO AMOR (CULLEREDO)

35

Lugar de Cordeda s/n 15174 Rutis – Culleredo A Coruña Tlf:981667391 Fax:981666894

ESQUEMAS. Facilitaranse esquemas da unidade en castelán para evitar que

lagunas do idioma lles impidan seguir as explicacións. Unha vez andado o curso,

faremos entre todos esquemas en inglés.

LECTURA. Pediráselles ós alumnos e ás alumnas que lean algún artigo en inglés

relacionado co tema. Farase con esa lectura unhas preguntas para traballar a

comprensión lectora e a redacción.

ELABORACIÓN DE ACTIVIDADES. Serán propostas en inglés. As primeiras

terán como obxectivos encher os ocos correspondentes coas palabras de

vocabulario que se teñan facilitado. Ó longo do desenvolvemento da unidade e do

ano académico iráselles pedindo de forma paulatina que redacten algunha

pequena pregunta tema.

PROBAS OBXECTIVAS. Tratarase de exercicios e actividades similares ás

resoltas e corrixidas ó longo da unidade. Non se sancionará que contesten

algunha en castelán cando así o precisen. Incluiranse ademais algunha de maior

complexidade para aqueles que fosen facendo as actividades de ampliación

propostas.

PROGRAMAS INFORMÁTICOS. No último trimestre centrarémonos

fundamentalmente na informática, e máis concretamente no paquete ofimático

openoffice. Utilizaremos o programa en inglés, para que se familiaricen coas

ordes xa de moitos coñecidas, pero agora en inglés (copy, paste, cut,...)

AVALIACIÓN DOS ALUMNOS E DAS ALUMNAS. Será froito da recabación de

información de tódolos aspectos do seu proceso de aprendizaxe: actitude, traballo

na clase, traballo na casa, interese amosado, mellora na competencia lingüística,

tanto oral como escrita e comprensión oral, asimilación de conceptos da área de

Tecnoloxía, desenvolvemento de procedementos da mesma, etc. Esta

información recollerase a diario na aula, e será complementada polas probas

obxectivas escritas que se elaboren.

AVALIACIÓN DO PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE. Tan importante como

a avaliación dos alumnos e alumnas será a avaliación do propio proceso e da

unidade didáctica en si, así como do seu desenvolvemento na aula. É

fundamental que os obxectivos marcados sexan acordes cos coñecementos

previos do alumnado, tanto no tocante ós contidos da área de tecnoloxía como ó

Page 36: Prueba secciones bilingües

PROXECTO DE IMPLANTACIÓN DE SECCIÓNS BILINGÜES IES EDUARDO BLANCO AMOR (CULLEREDO)

36

Lugar de Cordeda s/n 15174 Rutis – Culleredo A Coruña Tlf:981667391 Fax:981666894

dominio do inglés. A maior ou menor inclusión ó longo do curso deste idioma

decidirase en función do seguimento por parte dos alumnos, partindo sempre da

base de que todos os matriculados son conscientes do que supón unha sección

bilingüe, e que terán que facer todo o esforzo posible por progresar tamén nesa

nova dimensión da Tecnoloxía.

Esta metodoloxía aplicarase na totalidade das unidades didácticas da área, que son as

seguintes:

MATERIAIS DE CONSTRUCIÓN.

PLÁSTICOS.

MECANISMOS E MÁQUINAS TÉRMICAS.

ELECTRICIDADE.

ENERXÍA. PRODUCIÓN E TRANSPORTE DA ENERXÍA ELÉCTRICA.

INFORMÁTICA: PAQUETE OFIMÁTICO DO OPENOFFICE.

REDES DE ORDENADORES E INTERNET.

O desenvolvemento das unidades didácticas poderá consultarse na programación do

Departamento.

Page 37: Prueba secciones bilingües

PROXECTO DE IMPLANTACIÓN DE SECCIÓNS BILINGÜES IES EDUARDO BLANCO AMOR (CULLEREDO)

37

Lugar de Cordeda s/n 15174 Rutis – Culleredo A Coruña Tlf:981667391 Fax:981666894

5.3. EDUCACIÓN ÉTICO-CÍVICA 4º ESO