newsletter da eurocidade nº1

4
Presentamos con grande satisfacción a primeira newsletter da Eurocidade Chaves-Verín, que terá unha periodicidade trimestral, e que pretende dar a coñecer as accións, eventos, actividades, etc., que no ámbito deste desafiante proxecto se vaian realizando, e que reflicten os avances e pasos dados desde que, en xullo de 2007, coa entrada de Verín no Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular, comezamos a desenvolver en conxunto. A Eurocidade nace da necesidade, sentida polos representantes de ambos municipios, de atopar formas de xestión e revalorización do territorio, capaces de fixar e atraer poboación, de crear e consolidar dinámicas de emprego, e de garantir a fixación de inversións productivas. As afinidades, relacións históricas e a continuidade xeográfica entre Chaves e Verín, así como unha fortísima vontade política, fixeron posible o crecemento deste proxecto en pouco máis dun ano. O proxecto Eurocidade, un instrumento de desenvolvemento económico e social, estase a desenvolver en varias vertentes: ao lado dos ciudadáns,-os verdadeiros protagonistas-, a través de actividades puntuales, como o Día Mundial da Infancia, ou outras xa afianzadas e con varios meses de existencia, como a axenda cultural conxunta; pero tamén ao lado das institucións rexionais e nacionais, traballando por que as barreiras administrativas e legais comecen a diluirse e nos permitan crear unha mellora na calidade de vida, o reparto e a posta en común de servizos e equipamentos, así como a promoción conxunta. Agardamos que grazas a esta publicación, os destinatarios desta newsletter poidan coñecer periodicamente o que se está facendo para o ilusionante futuro compartido dos dous municipios. Presidente da Cámara Municipio de Chaves Alcalde-Presidente Concello de Verín João Gonçalves Martins Batista Juan Manuel Jiménez Morán Eurocidade Chaves-Verín Nº 1 - Xaneiro 2009 chaves - verin 2007 - Setembro: Constitución do Grupo de Traballo para a Planificación da Eurocidade - Novembro: Inauguración do Gabinete de Apoio Técnico á Eurocidade - Decembro: Presentación do Plan de Visibilidade do proxecto da Eurocidade - Xaneiro: Stand conxunto na Mostra “Sabores e Saberes” de Chaves - Febreiro: “1º Seminario de Turismo Termal da Eurocidade e Barroso” - Marzo: * VIII Bienal de Pintura Eixo Atlántico * Stand conxunto no Certame Gastronómico e de Artesanía “Vila de Verín” - Abril: * Exposición de obras de novos artistas da Eurocidade - Maio: Constitución do grupo de investigadores da Eurocidade - Xuño: * Seminarios de dinamización empresarial en Chaves, coa participación de empresarios de Verín - Xullo: * Presentación da Axenda Cultural conxunta (publicación de periodicidade mensual) * Sinatura dun protocolo de colaboración entre Chaves e Verín, con descontos no uso das Termas de Chaves, e das piscinas e instalacións deportivas de Verín * Reunión do Grupo de Traballo, coa presentación da Axenda Estratéxica - Setembro: Comunicación do Secretariado Técnico Conxunto no 1º Congreso de Economía da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal (Vigo) - Outubro: * 1ª reunión da Comisión de Acompañamento da Eurocidade * Stand conxunto e presentación do proxecto na Feira de Turismo Termal TERMATALIA (Ourense) * Presentación do proxecto en varios “workshops” dos Open Days de Bruselas - Noviembre: * Presentación do proxecto na conferencia “Auga, auga, ¿turismo aparte?”, en Chaves * 1ª Edición do Programa de Termalismo Social para maiores de 50 años * Presentación do Programa de Emprego Transfronteirizo, con bolsas de prácticas laborais para universitarios - Decembro: Exposición de obras de novos artistas da Eurocidade 2008 - Xullo-Agosto: “Convive coas linguas”, xornadas de convivencia entre nenos de Chaves e de Verín, con actividades lúdicas e deportivas, así como aprendizaxe de español e portugués * Presentación de varias candidaturas a Interreg IV-A, en liña coas propostas da Axenda Estratéxica * Actividades conxuntas para nenos polo Día Mundial da Infancia Memoria de Actividades da Eurocidade Chaves-Verín UNIÓN EUROPEA Fondo Europeo de Desarrollo Regional Distantes entre si a penas por 15 minutos en coche, Chaves e Verín son dúas poboacións estratexicamente posicionadas na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Cunha extensión de case 700 km , contan entre os dous municipios con aproximadamente 60.000 habitantes. 2 Atendendo ás afinidades históricas e á proximidade xeográfica, o proxecto Eurocidade permite aproveitar as oportunidades que ofrece o crecemento económico conxunto, mellorando a calidade de vida dos seus cidadáns. O proxecto nace en xullo de 2007, co impulso do Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular, tras a incorporación de Verín ao mesmo, e preséntase publicamente en decembro de 2007, da man do Grupo de Traballo -formado pola Xunta de Galicia, a CCDR-N (Comisión de Desenvolvemento da Rexión do Norte de Portugal), a Deputación de Ourense, o Eixo Atlántico e os municipios de Chaves e Verín-, grupo encargado de debater as estratexias e accións, así como de avaliar os obstáculos legais e administrativos que restrinxen o proxecto, buscando solucións aos mesmos. A concretización dos objectivos e a filosofía do proxecto foi plasmada na Axenda Estratéxica da Eurocidade, un documento guía elaborado por un grupo de expertos galegos e portugueses, e que contou coas aportacións de máis de 60 axentes socio-económicos locais. Coa Eurocidade, os atractivos duplícanse: un destino, dous países. Un espazo coa maior diversidade de augas minero-medicinais de Europa convirte á Eurocidade nun destino de saúde e benestar. Pero a Eurocidade Chaves-Verín tamén é rica en sostibilidade, calidade medioambiental e patrimonio natural. En definitiva, a Eurocidade é un instrumento de desenvolvemento económico e social, coa finalidade última de mellorar a calidade de vida dos seus habitantes.

Upload: eurocidade-chaves-verin

Post on 20-Mar-2016

221 views

Category:

Documents


2 download

DESCRIPTION

Newsletter da Eurocidade nº1

TRANSCRIPT

Page 1: Newsletter da Eurocidade nº1

Presentamos con grande satisfaccióna primeira newsletter da EurocidadeChaves-Ver ín , que te rá unhaperiodicidade trimestral, e que pretendedar a coñecer as accións, eventos,actividades, etc., que no ámbito destedesaf ian te proxec to se va ianrealizando, e que reflicten os avances epasos dados desde que, en xullo de2007, coa entrada de Verín no EixoAtlántico do Noroeste Peninsular,comezamos a desenvolver enconxunto.

A Eurocidade nace da necesidade,sentida polos representantes de ambosmunicipios, de atopar formas de xestióne revalorización do territorio, capacesde fixar e atraer poboación, de crear econsolidar dinámicas de emprego, e degarantir a fixación de inversiónsproductivas. As afinidades, relaciónshistóricas e a continuidade xeográficaentre Chaves e Verín, así como unhafortísima vontade política, fixeronposible o crecemento deste proxecto enpouco máis dun ano.

O proxec to Euroc idade , uninstrumento de desenvolvementoeconómico e social , estase adesenvolver en varias vertentes: aolado dos ciudadáns,-os verdadeirosprotagonistas-, a través de actividadespuntuales, como o Día Mundial daInfancia, ou outras xa afianzadas e convarios meses de existencia, como aaxenda cultural conxunta; pero taménao lado das institucións rexionais enacionais, traballando por que asbarreiras administrativas e legaiscomecen a diluirse e nos permitan crearunha mellora na calidade de vida, oreparto e a posta en común de servizose equipamentos, así como a promociónconxunta.

Agardamos que grazas a estapublicación, os destinatarios destan e w s l e t t e r p o i d a n c o ñ e c e rperiodicamente o que se está facendopara o ilusionante futuro compartido dosdous municipios.

Presidente da Cámara

Municipio de Chaves

Alcalde-Presidente

Concello de Verín

João Gonçalves Martins Batista

Juan Manuel Jiménez Morán

Eurocidade Chaves-VerínNº 1 - Xaneiro 2009

c h a v e s - v e r i n

2007

- Setembro: Constitución do Grupo de Traballopara a Planificación da Eurocidade

- Novembro: Inauguración do Gabinete de ApoioTécnico á Eurocidade

- Decembro: Presentación do Plan de Visibilidadedo proxecto da Eurocidade

- Xaneiro: Stand conxunto na Mostra “Sabores eSaberes” de Chaves

- Febreiro: “1º Seminario de Turismo Termal daEurocidade e Barroso”

- Marzo:

* VIII Bienal de Pintura Eixo Atlántico

* Stand conxunto no Certame Gastronómico e deArtesanía “Vila de Verín”

- Abril:

* Exposición de obras de novos artistas daEurocidade

- Maio: Constitución do grupo de investigadoresda Eurocidade

- Xuño:

* Seminarios de dinamización empresarial enChaves, coa participación de empresarios deVerín

- Xullo:

* Presentación da Axenda Cultural conxunta(publicación de periodicidade mensual)

* Sinatura dun protocolo de colaboración entreChaves e Verín, con descontos no uso dasTermas de Chaves, e das piscinas einstalacións deportivas de Verín

* Reunión do Grupo de Traballo, coapresentación da Axenda Estratéxica

- Setembro: Comunicación do SecretariadoTécnico Conxunto no 1º Congreso de Economíada Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal (Vigo)

- Outubro:

* 1ª reunión da Comisión de Acompañamentoda Eurocidade

* Stand conxunto e presentación do proxectona Feira de Turismo Termal TERMATALIA(Ourense)

* Presentación do proxecto en varios“workshops” dos Open Days de Bruselas

- Noviembre:

* Presentación do proxecto na conferencia“Auga, auga, ¿turismo aparte?”, en Chaves

* 1ª Edición do Programa de Termalismo Socialpara maiores de 50 años

* Presentación do Programa de EmpregoTransfronteirizo, con bolsas de prácticaslaborais para universitarios

- Decembro: Exposición de obras de novosartistas da Eurocidade

2008

- Xullo-Agosto: “Convive coas linguas”, xornadasde convivencia entre nenos de Chaves e deVerín, con actividades lúdicas e deportivas, asícomo aprendizaxe de español e portugués

* Presentación de varias candidaturas a InterregIV-A, en liña coas propostas da AxendaEstratéxica

* Actividades conxuntas para nenos polo DíaMundial da Infancia

Memoria de Actividades da Eurocidade Chaves-Verín

UNIÓN EUROPEAFondo Europeo deDesarrollo Regional

Distantes entre si a penas por 15 minutos en coche, Chaves e Verín son dúas poboaciónsestratexicamente posicionadas na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Cunha extensiónde case 700 km , contan entre os dous municipios con aproximadamente 60.000 habitantes.2

Atendendo ás afinidades históricas e á proximidade xeográfica, o proxecto Eurocidadepermite aproveitar as oportunidades que ofrece o crecemento económico conxunto,mellorando a calidade de vida dos seus cidadáns.

O proxecto nace en xullo de 2007, co impulso do EixoAtlántico do Noroeste Peninsular, trasa incorporación de Verín ao mesmo, e preséntase publicamente en decembro de 2007, daman do Grupo de Traballo -formado pola Xunta de Galicia, a CCDR-N (Comisión deDesenvolvemento da Rexión do Norte de Portugal), a Deputación de Ourense, o EixoAtlántico e os municipios de Chaves e Verín-, grupo encargado de debater as estratexias eaccións, así como de avaliar os obstáculos legais e administrativos que restrinxen o proxecto,buscando solucións aos mesmos.

A concretización dos objectivos e a filosofía do proxecto foi plasmada na AxendaEstratéxica da Eurocidade, un documento guía elaborado por un grupo de expertos galegos eportugueses, e que contou coas aportacións de máis de 60 axentes socio-económicos locais.

Coa Eurocidade, os atractivos duplícanse: un destino, dous países. Un espazo coa maiordiversidade de augas minero-medicinais de Europa convirte á Eurocidade nun destino desaúde e benestar. Pero a Eurocidade Chaves-Verín tamén é rica en sostibilidade, calidademedioambiental e patrimonio natural.

En definitiva, a Eurocidade é un instrumento de desenvolvemento económico e social, coafinalidade última de mellorar a calidade de vida dos seus habitantes.

Page 2: Newsletter da Eurocidade nº1

Eurocidade Chaves-Verín

O pasado 6 de novembro tivo lugar naSala Multiusos do Centro Cultural deChaves unha conferencia sobre a augadesde o punto de vista do turismo, comoun elemento imprescindible para aformación dun destino turístico nocontexto luso-galaico.

A iniciativa estivo organizada polaAsociación de Empresarios Turísticos deDouro e Trás-os-Montes (AETUR), coapoio da Eurocidade Chaves-Verín, deÁguas de Trás-os-Montes e Alto Douro, edeAquaNatTur.

O programa da conferencia “Auga,auga, ¿turismo aparte?” analizoudiversos temas , como “A calidade no

termalismo de Galicia ”, “O turismo termalno contexto da saúde” e “Auga: unrecurso esencial”. Tamén se fixo apresentación do proxecto “EurocidadeChaves-Verín: a Eurocidade da Augua”, acargo do Secretariado Técnico Conxunto,formado este por Ana Ladeiras (doMunicipio de Chaves) e Carmen Pardo(do Concello de Verín).

Durante a sesión de apertura daconferencia, o Presidente da Cámara deChaves, João Batista, referiuse a Chavescomo unha cidade ligada desde sempre áauga.

O Turismo da Auga, a debate en Chaves

Chaves e Verín participaronconxuntamente por vez primeirana Feira Internacional de TurismoTermal, Termatalia 2008, enOurense, cun único standnomeado “A Eurocidade da Auga”,nome co que foi bautizada aEurocidade polo grupo de

expertos redactores da AxendaEstratéxica.

Durante as tres xornadas dafeira, os visitantes puideroncoñecer o patrimonio termal deambos municipios, percorrendo unpequeno labirinto azul que contiñaun espazo para cada manancial.Tamén con ocasión de Termatalia,presentouse unha carta coa listade augas de mesa producidas eembotelladas na Eurocidade; estacarta de augas foi distribuída entreos restauradores locais para queos seus clientes poidan escoller aagua, do mesmo xeito que o fancos viños.

Outro documento publicado conmotivo de Termatalia é un díptico

promocional que amosa op a t r i m o n i o b a l n e a r i o d aEurocidade.

Finalmente, o SecretariadoTécnico Conxunto presentou oproxecto dentro das XornadasProfesionais de Vilas Termais,englobadas tamén en Termatalia.

A Eurocidade Chaves-Verín, presente en Termatalia

A constitución da EurocidadeChaves-Verín foi presentada comoun exemplo das vantaxes dunhacooperación transfronteiriza desegunda xeración, durante un dosseminarios na Semana Europea dasRexións e as Cidades “Open Days”,que tivo lugar en Bruxelas do 6 ao 9de Outubro.

Os alcaldes de Chaves e Verínpresentaron o proxecto diante demáis de 300 persoas de 18 paísesda Unión Europea. O Presidente daCámara de Chaves, João Batista,destacou que a Eurocidade“pretende estreitar unha relaciónhistórica e social existente desde haianos, implementando accións quese traduzan en beneficios sociaispara os habitantes de ambosmunicipios. O feito de tratarse dunhazona de fronteira, onde as normas

lexislativas e as regulamentaciónsdas dúas localidades son diferentes,destaca a importancia dunha xestióncoordinada dos seus servizospúblicos mediante a creación dunhazona franca social”.

Segundo manifestou Juan ManuelJiménez, Alcalde de Verín, “acooperación nos territorios defronteira esixe o deseño de novosmodelos de xestión administrativa”.Neste contexto, as Eurocidadesconstitúen o instrumento máisaxeitado para a construcción dunhaEuropa de proximidade.

“Esta medida contribuirá áeliminación das barreiras e dasdiscontinuidades funcionais entre osnosos municipios, e á instauracióndun sentimento de pertenza,indispensable para o éxito daEurocidade Chaves-Verin”, afirmou

tamén Juan Manuel Jiménez.

Para João Batista, o proxectoEurocidade presenta unha vantaxeimportante, que consiste nun"aumento da visibilidade, que facilitaa captación de nova inversións”. Aeste respecto, Chaves e Verín estánpreparando a creación dunA g r u p a m e n t o E u r o p e o d eCooperación Territorial (AECT)como figura xurídica para aEurocidade.

Presentación da Eurocidade nos “Open Days”

Nº 1 - Xaneiro 2009

Page 3: Newsletter da Eurocidade nº1

PUBLICACIONS DAEUROCIDADE CHAVES-VERÍN:

- EUROCIDADE CHAVES-VERÍN, UMINSTRUMENTO DEDESENVOLVIMENTO ECONÓMICOE SOCIALAna Ladeiras e Mª Carmen PardoRevista da Eurorrexión Galicia-Nortede Portugal nº 13, xaneiro-xuño 2008,páxs. 81-99Edita: Eixo Atlántico do NoroestePeninsular

- CHAVES-VERÍN: A EUROCIDADEDA

ÁGUA. Agenda EstratégicaCoordinador: Luis Domínguez CastroBiblioteca dos Estudos Estratégicos2008, Eixo Atlántico do NoroestePeninsular

- CARTA DE AUGAS DAEUROCIDADE CHAVES-VERÍN

- PATRIMONIO TERMAL DAEUROCIDADE CHAVES-VERÍNFolleto promocional

- AXENDA CULTURAL DAEUROCIDADE CHAVES-VERÍNPublicación mensual, xullo de 2008 axaneiro de 2009

- EUROCIDADE CHAVES-VERINBoletín Informativo dos Municipiosde Chaves e Verín, decembro de 2008

A Deputación de Ourense e a Eurocidade Chaves-Verín poñenen marcha un Programa de Emprego Transfronteirizo parauniversitarios españois

Inaugurada a 2ª Edición da Exposición de Artes PlásticasEurocidade Chaves-Verín

A sinatura do protocolo para aposta en marcha do devanditoprograma realizouse o pasado 14 denovembro en Ourense, a cargo doP r e s i d e n t e d a D e p u t a c i ó nProvincial, Xosé Luis Baltar, oPresidente da Cámara Municipal deChaves, João Batista, e o Alcalde deVerín, Juan Manuel Jiménez. Esteconvenio está á súa vez respaldadopor empresas portuguesas líderesnos seus respectivos sectores.

O proxecto benefíciase do

potencial da Eurocidade para formara profesionais que respondan ásnecesidades das empresas queteñen o seu mercado natural enEspaña e Portugal.

ob e tivo d Programa deEmp e o Trans f ron te r i zofavorecer entre os t i tuladosuniversitarios a inserción laboral enempresas portuguesas, as cales lespermitirán adquirir capacitaci ns

en diferentes sectores.Con , estar potenciandoacci ns que favorezan a movilidad

a cohesión social.A Deputación Provincial de

Ourense facilitará a todas aspersoas seleccionadas unha cuantíaeconómica mensual fixa durante otrimestre de duración do programa;ademais, recibirán un curso deinmersión na lingua portuguesa, queserá impartido en Chaves e en Verín.

O x c or g i é

profesionaisisto anse

ó ee

Eurocidade Chaves-Verín

O pasado 7 de outubro tivo lugar enOurense a primeira reunión daC o m i s i ó n O p e r a c i o n a l d eAcompañamento da EurocidadeChaves-Verín, para a eliminación debarreiras administrativas e legais ácreación do proxecto. Esta comisiónfora constituída na última reunión doGrupo de Traballo da Eurocidade,seguindo as recomendaciónsplasmadas naAxenda Estratéxica.

Durante a reunión establecéronseas primeiras prioridades de actuación,principalmente en materia desanidade, transporte, comunicaciónse educación. Deuse tamén inicio aostraballos preparatorios para acreación dunha AECT como figuraxurídica da Eurocidade.

Presidida pola Delegada Provincialde Presidencia, a reunión contou coapresencia de representantes daSecretaría Xeral de RelaciónsExteriores da Xunta de Galicia, aCCDR-N, a Deputación de Ourense, oSecretariado Técnico Conxunto e oGabinete de Apoio Técnico áEurocidade.

Primeira reunión daComisión de Acompañamento

A Cámara Municipal de Chaves, aAsociación Chaves Viva e o Concello deVerín promovían o pasado mes de abril de2008 a primeira exposición artística daEurocidade Chaves-Verín. O evento nacíacon vontade de permanencia, e así, durantemes de decembro de 2008, tivo lugar a

segunda edición desta exposición itinerante.

Nesta ocasión, foron 10 artistas flaviensese 10 verinenses os que expuxeron as súasobras, primeiramente en Verín (entre o 2 e o16 de decembro) e a continuación en Chaves(do 19 ao 31 do mesmo mes).

Nº 1 - Xaneiro 2009

Page 4: Newsletter da Eurocidade nº1

A termas, con prezos máis accesibles para os maiores da Eurocidade

Eurocidade Chaves-VerínAv. da Cooperação, Edif. Inditrans, 5400-573 Chaves (PORTUGAL); Tel.: (+351) 276 928 003Praza do Concello, 1, 32600 Verín (ESPAÑA); Tel./Fax: (+34) 988 410 000 / 001E-mail: [email protected]

Entre o 30 de outubro e o 2 denovembro, Chaves estivo de festa durantea tradicional Feira dos Santos. Realizadadesde hai anos, esta feira/festa constitúeun referente festivo da cidade e da RexiónTransmontana, e xunto co Entroido deVerín, é a festa máis importante daEurocidade.

Nos planos comercial , social ,económico e lúdico, a Feira dos Santos éactualmente un dos maiores eventos doNorte de Portugal. Ao tempo que unhafe i ra t rad ic ional , é un cer tamemultisectorial de actividades económicas.

Unha vez máis, e como manda atradición, tivo lugar nas rúas e prazas dau r b e f l a v i e n s e , c o n x u g a n d o amodernidade de varios "stands" deempresas coa histórica Feira do Gando ea tradicional Feira da Lá. Diversasasociaciós locais non lucrativas estiverontamén presentes no certame.

A gastronomía foi outra faceta moiatractiva do evento, destacando o FestivalGastronómico do Polbo, que transcorreuparalelamente á Feira do Gando.

Este ano, á semellanza dos anteriorese xa na súa 6ª edición, a Feira do Gandocontou cun concurso nacional bovino dasrazas Barrosa, Maronesa e Mirandesa.

Debemos destacar ademais a iniciativa“Stock Out - O comercio sae á rúa”, quepretende implicar ao comercio tradicionaldo centro, colocando eles tamén os seusstocks na rúa, contribuíndo así áanimación e dinamización dos seusnegocios e da propia Feira dos Santos.

Durante a sesión de apertura doevento, o Presidente da Cámara deChaves, João Batista, matizou que “énecesario modernizar progresivamente aFeira dos Santos, adaptándoa aos tempose ás esixencias actuais, pero sen perdernunca a súa matriz orixinal”.

Chaves en festas durante a “Feira dos Santos”

Eurocidade Chaves-Verín Nº 1 - Xaneiro 2009

“Promover a saúde a través daauga”, facer da Eurocidade “undestino turístico de excelencia” e“estreitar lazos de convivencia entrea cidadanía de Chaves e de Verín”;estes son os obxectivos polos queambos municipios lanzaron oPrograma de Termalismo Social, noámbito da Eurocidade Chaves-Verín.

O pasado 3 de novembro, foia s i n a d o o P r o t o c o l o d eCooperación, que permitiu a postaen marcha dun programa de turismo

De saúde e benestar para osciudadáns de máis de 50 anos dosdous lados da fronteira.

Na primeira edición, os participantes

recibiron tratamentos nas Termas deChaves - O SPA do Imperador, enpaquetes especificamente elaboradospara este programa, cun descontonunca inferior ao 50% sobre as tarifasordinarias.

O P r o g r a m a Te r m a l e r apersonalizado, de acordo coa tipoloxíados tratamentos prescritos, podendoser de índole meramente preventiva outerapéutica. Ademais do materialnecesario para os tratamentos, opaquete incluíu os transportes e unhacea de convivencia á finalización doprograma.

A Eurocidade Chaves-Verín recibe a súa primeira visita deTurismoAcadémico

Corenta alumnos da UniversidadeAutónoma de Madrid, acompañadospolo profesor da asignatura deEcoloxía Humana, Juan Pedro Ruiz,visitaron as localidades de Chaves eVerín co fin de coñecer de primeiraman o proxecto da Eurocidade.

Durante catro días, realizaronvisitas guiadas por ambos municipios,sendo recibidos polas integrantes doSecretariado Técnico, que llespresentaron o proxecto no auditoriodo Edificio Inditrans, en Chaves, sededo Gabinete deApoio Técnico.

Ademais de recibir información

sobre as liñas de actuación propostasna Axenda Estratéxica, alumnos eprofesor tiveron a oportunidade decoñecer as accións realizadas ata omomento no ámbito da Eurocidade.

Municipio de Chaves:

Concello de Verín:

Eixo Atlántico do NoroestePeninsular:

MOT (Mission OperationnelleTransfrontalière -

):

POCTEP (Programa de CooperaciónTransfronteiriza España-Portugal2007-2013)

http://www.chaves.pt

http://www.verin.es

http://www.eixoatlantico.com

http://www.espaces-transfrontaliers.org

http://www.poctep.eu

MisiónOperacional Transfronteiriza

ENLACES DE INTERESE