marta dacosta

10
Marta Dacosta Entrevista IES Manuel García Barros A Estrada Literatura Galega do Século XX e da Actualidade Texto: © Cc-by-sa-3.0 Fotos: © Todos os dereitos reservados Naceu en Vigo no 1966. Tras unha breve estadía nun colexio de monxas, rematou o bacharelato, acadando máis tarde a licenciatura en Galego-portugués. Participou en múltiples recitais acompañada das principais voces poéticas da nosa lírica contemporánea. A súa primeira obra poética foi Crear o mar en Compostela (1993). Tras esta saíron outras obras poéticas súas até a última titulada Dun lago escuro (2014).

Upload: asnosasletras

Post on 06-Jul-2015

64 views

Category:

Education


4 download

TRANSCRIPT

Page 1: Marta Dacosta

Marta Dacosta

EntrevistaIES Manuel García Barros

A Estrada

Literatura Galega do Século XX e da Actualidade

Texto: © Cc-by-sa-3.0Fotos: © Todos os dereitos reservados

Naceu en Vigo no 1966. Tras unha breve estadía nun colexio de monxas, rematou o bacharelato, acadando máis tarde a licenciatura en Galego-portugués. Participou en múltiples recitais acompañada das principais voces poéticas da nosa lírica contemporánea. A súa primeira obra poética foi Crear o mar en Compostela (1993). Tras esta saíron outras obras poéticas súas até a última titulada Dun lago escuro (2014).

Page 2: Marta Dacosta

Cando morreu o ditador eu tiña nove anos. A pesar da miña idade vivín aquel momento como a liberación que era, así o sentín o día que cheguei á escola e nos dixeron que non había aulas porque morrera Franco. Antes diso, houbo outro acontecemento que me marcou máis, a folga de 1972, esa na que en Ferrol a policía matou dous traballadores, e que en Vigo tamén tivo o seu saldo de detencións, algunhas na miña familia. Lembro tamén o intento de golpe de Estado de 1981. Aí xa souben do medo e da preocupación. É moi plástico para min relatar que pasei o que quedaba da tarde sentada no chan da cociña, sen despegarme da televisión para seguir os acontecementos e co libro de música sobre as pernas, sen ser quen de me concentrar no estudo. Aqueles eran anos en que a sociedade estaba mobilizada e reclamaba o que lle correspondía, tamén a mocidade, que rexeitaba na rúa a suba do prezo dos buses. Foi un tempo que nos fixo reflexivos, participativos e combativos, é dicir vivos e conscientes.

Marta DacostaMarta Dacosta1. Podería contarnos como viviu aqueles derradeiros anos da ditadura e o salto á democracia sendo aínda unha xove? Como enxergou

ese cambio naquel Vigo industrial?

2. Temos constatado en moitas entrevistas que os proxenitores que tiveron que vivir coa fame, coa represión... nunha palabra, coa penuria, loitaron, dentro das súas limitacións, para que os seus fillos tivesen un futuro baseado nos estudos como liberación desa vida que lles tocara vivir. Que opinión lle merece a Vostede este feito?

É natural e considero que si, que as nais e os pais igual que procuramos un mundo mellor para os nosos fillos, tamén debemos procurar que eles acaden a mellor formación posíbel. Mais sen obviar a necesaria confrontación coa realidade, nin o coñecemento da historia, do que sucedeu antes de nós, para que saiban que o que hoxe temos foi acadado con moita loita.

3. Pola información que posuímos de Vostede, desde logo que a vemos como unha persoa rebelde e incorformista dende nova (emprego do galego, rebeldía cara á relixión, anticlericalismo...). Até que punto este inconformismo marcou a súa personalidade e até que punto lle supuxo desencontros?

Desencontros todos os que poidades imaxinar, mais algún encontro tamén. En todo caso, a cuestión non é se a actitude vital dunha persoa lle produce encontros ou desencontros, a cuestión é se está en paz consigo mesma, se é coherente co que pensa, se actúa de acordo co que defende. Ser honesta con unha mesma é o máis difícil, mais tamén o máis necesario.

Page 3: Marta Dacosta

Si, penso que debería haber unha aposta institucional decidida en prol da edición de poesía en galego. Mais para que esa situación se dese tiña que haber unha política cultural que tivese como eixo central a promoción do libro, considerando que esa promoción é unha aposta por unha industria propia que xera riqueza no noso país ao tempo que é a mellor inversión na mellor carta de presentación e representación que podemos dar de nós. Unha política cultural que se comprometese coa nosa lingua e con todo o que nos é propio. Se compararmos as políticas culturais de diferentes nacións e estados coa galega, chegaremos á conclusión de que estamos abandonadas. E que cabe agardar dun goberno que reduce a presenza do noso idioma nas aulas ou prohibe impartir matemáticas en galego, xustamente dúas medidas que se opoñen ao recollido no Plan Xeral publicado hai dez anos? En todo caso, a nós correspóndenos procurar que a situación mude, reclamando a atención que a nosa lírica e a nosa cultura merecen.Si, penso que debería haber unha aposta institucional decidida en prol da edición de poesía en galego. Mais para que esa situación se dese tiña que haber unha política cultural que tivese como eixo central a promoción do libro, considerando que esa promoción é unha aposta por unha industria propia que xera riqueza no noso país ao tempo que é a mellor inversión na mellor carta de presentación e representación que podemos dar de nós. Unha política cultural que se comprometese coa nosa lingua e con todo o que nos é propio. Se compararmos as políticas culturais de diferentes nacións e estados coa galega, chegaremos á conclusión de que estamos abandonadas. E que cabe agardar dun goberno que reduce a presenza do noso idioma nas aulas ou prohibe impartir matemáticas en galego, xustamente dúas medidas que se opoñen ao recollido no Plan Xeral publicado hai dez anos? En todo caso, a nós correspóndenos procurar que a situación mude, reclamando a atención que a nosa lírica e a nosa cultura merecen.

Marta DacostaMarta Dacosta

4. Unha vez que Vostede se inmisciu practicamente en exclusiva no xénero lírico, imaxinamos que xurdiu esa crúa realidade da publicación neste xénero a non ser, claro está, que detrás da obra houber algún premio. Non cre que esta circunstancia debese ter outras contraprestacións oficiais para que a nosa excepcional lírica tiver a repercusión que merece?

5. Até que punto a nosa lírica vai depender de revistas como “Festa da palabra silenciada”, “Letras da Cal”... e que editoriais coma Espiral Maior, que si apostan por ela, se vexan na tesitura de ter que pechar?

Sempre dependemos desas iniciativas. Sempre serán necesarias e posibelmente sempre haberá tolas e tolos dispostos á empresa. Canto ás editoriais teñen un escuro panorama, especialmente porque non contan co apoio institucional necesario que merecería a publicación en galego. Porque o certo é que a propia lingua non recibe o apoio que precisa. En resumidas contas, a situación da literatura, da profesionalización, da publicación está toda relacionada co estado da lingua. Florece se a lingua florece, é dicir, é defendida e promovida, mais se non é así, caen todas as fichas do dominó.

6. Está totalmente de acordo co comentario seguinte referíndose á súa obra: “A poeta vai afondar libro tras libro nunha visión feminina e feminista do mundo” ou ben isto pode supoñer que outra temática quede algo obviada?

Estou de acordo coas dúas afirmacións. Por un lado pode afirmarse iso da miña obra, como tamén é certo que os meus libros falan tamén doutros aspectos. En todo caso, vén a propósito lembrar aquí unhas palabras da perdida Begoña Caamaño: “Escribo dende un xénero excluído e dende unha lingua minorizada e asumo a responsabilidade que esa escolla conleva.” Escribimos desde a nosa propia experiencia, coa nosa memoria e as nosas feridas. Eu son galega, só podo ver o mundo como unha galega o ve e isto é o que vexo. E por iso alzo a miña voz para falar de todo o que me preocupa, a terra, o mar, a muller, a mentira, a dor ou a lingua..” Escribimos desde a nosa propia experiencia, coa nosa memoria e as nosas feridas. Eu son galega, só podo ver o mundo como unha galega o ve e isto é o que vexo. E por iso alzo a miña voz para falar de todo o que me preocupa, a terra, o mar, a muller, a mentira, a dor ou a lingua.

Page 4: Marta Dacosta

E que cambiou desde o século XX? Non é que todo siga igual, é que retrocedemos aos tempos dos anos 80 en moitas cousas. Por tanto a muller é a de finais do XX, porque entre aquel tempo e este tempo a única diferenza é que aumentaron as vítimas.

Marta DacostaMarta Dacosta

7. A muller está case omnipresente na súa obra. Podería dicirnos como é esa muller que vai saltando de libro en libro? Vai cambiando consonte cambia a situación da muller ou ben segue a ser aquela muller do século XX?

8. Non cre Vostede que illar a muller nunha “illa das mulleres libres”, por moi libres que sexan, non deixan de ir a un ghetto? Non será mellor unha muller libre en igualdade no continente?

Por suposto. Mais a illa é o símbolo da memoria compartida, a autoafirmación, a aprendizaxe que nos liberará “cando as lavandeiras descubran que a pegada do sangue non é un estigma”. E entón, aínda que sexamos Penélope, seremos navegantes e cada unha de nós dirá tamén “rexeito teas e fíos / non te vou agardar”. Porque preferimos ser “as que rexeitan belezas improbábeis e se renden ante a liberdade para botarse a voar”

9. Desde logo que o mar tamén é un espazo moi presente na súa poética. Que representa para Vostede o mar desde a óptica poética?

O mar e a auga en xeral. É a vida mesma, iso é o que significa, simbolicamente e realmente, pois sen mar non podería vivir.

Marta Dacosta escribindo en Zaragoza

Page 5: Marta Dacosta

Marta DacostaMarta Dacosta

10. Está o futuro da nosa poesía de autoría feminina garantido nas plumas de poetas coma Chus Pato, Vostede... así coma da seguinte xeración como María Lado, Helena Salgueiro, Berta Dávila...?

Quero pensar que elas seguirán escribindo e outras virán atrás que tamén escribirán. Para iso loitamos, para estar no espazo que nos corresponde, compartilo cos amigos e legarllo ás nosas fillas.

11. Sería interesante a potenciación de premios na nosa lírica como mal menor para solucionar o problema da falta de interese das grandes editoriais?

12. O seu primeiro escrito foi teatro, na Universidade traballou arreo en teatro... Para cando deixar repousar un chisco o verso e meterse na escrita de teatro?

A existencia de premios é unha medida de importancia para favorecer a promoción e publicación dos libros en xeral, e da poesía en particular. Por suposto que deben existir, mesmo para as editoras é interesante que isto poida ser así.

Para un momento en que a escrita poida ser a actividade central de cada día. Entón poderei comprobar se son quen de construír noutro tipo de xéneros.

Realizando o roteiro en Compostela

Page 6: Marta Dacosta

14. E finalmente, está Vostede de acordo con este comentario: “Mais onde Marta Dacosta acada o seu máis alto cume poético é naqueles poemas nos que a vestal fala dos seus máis íntimos desexos: a liberdade, o pracer carnal, a exploración do propio corpo, o regreso á beira das ondas das praias que a viron nacer, o reencontro na Poza Maior coas afogadas que tanto admira, a calor humana e a complicidade da avoa...”?

Marta DacostaMarta Dacosta

Eu procuro aceptar os comentarios que se fan sobre a miña obra e aprender das miñas lectoras e lectores que, á final, son as donas e os donos dos libros que eu escribo desde que se publican e desde entón son elas e eles os que mellor saben cal é o valor dos meus versos. Así que si, estou de acordo.

13. Que diferenzas máis salientábeis se produciron na súa poética desde aquel Crear un mar en Compostela até o actual Dun lago escuro?

A mesura e a contención. O poema foise concentrando, espíndose para que cada vez sexan menos as palabras necesarias para expresar a súa mensaxe. No formal, acentuouse a construción gráfica do poema sobre o seu ritmo.A mesura e a contención. O poema foise concentrando, espíndose para que cada vez sexan menos as palabras necesarias para expresar a súa mensaxe. No formal, acentuouse a construción gráfica do poema sobre o seu ritmo.

Page 7: Marta Dacosta

CUESTIONAR

CUESTIONAR

IOIO

Page 8: Marta Dacosta

A costa galega

A costa galegaUn monumento

salientábel?

Rosalía e Follas

Rosalía e Follas

NovasNovas

Un/ha autor/-a e unha obra

literaria galegos?

Castelao e Clara Zetkin

Un personaxe galego e un estranxeiro?

Gioconda Belli e El

Gioconda Belli e El

ojo de la mujer

ojo de la mujer

Un/ha autor/-a e u

nha obra literaria

estranxeiro

s?

Pippi Lamstrung

Pippi Lamstrung

Un personaxe literario co que

se identifique?

““A poesía está en A poesía está en todo” que dixo todo” que dixo

BenedettiBenedetti

Cal é a súa fonte de inspiración

Cando roxe a Cando roxe a marabuntamarabunta

Unha película de cine?

Unha obra teatral?

O incerto señor don O incerto señor don Hamlet, príncipe de Hamlet, príncipe de

Dinamarca Dinamarca

Page 9: Marta Dacosta

EscribirEscribir

Un anceio por realizar?En cada lugar hai unha

xoia que admirar. A praia dunha vila tranquila

Mundo rural/urbano? Praia/montaña?

Os Açores nos dous casos

Un lugar para visitar? e un lugar para descansar?

O nacemento das O nacemento das Irmandades da Irmandades da

FalaFala

Un feito histórico?

Escribir unha

Escribir unha

novelanovelaUnha utopía?

TodosTodos

Un lugar axeitado para a lectura?

A de cantautor. Te A de cantautor. Te amaré de Silvio

amaré de Silvio RodríguezRodríguez

Un tipo de música? Unha canción?

Ana Luísa AmaralAna Luísa Amaral

Un/ha autor/-a con quen se identifique?

O teatro.O teatro.

Outro entretemento ademais da lectura?

Page 10: Marta Dacosta

EscribirEscribir

Un anceio por realizar?En cada lugar hai unha

xoia que admirar. A praia dunha vila tranquila

Mundo rural/urbano? Praia/montaña?

Os Açores nos dous casos

Un lugar para visitar? e un lugar para descansar?

O nacemento das O nacemento das Irmandades da Irmandades da

FalaFala

Un feito histórico?

Escribir unha

Escribir unha

novelanovelaUnha utopía?

TodosTodos

Un lugar axeitado para a lectura?

A de cantautor. Te A de cantautor. Te amaré de Silvio

amaré de Silvio RodríguezRodríguez

Un tipo de música? Unha canción?

Ana Luísa AmaralAna Luísa Amaral

Un/ha autor/-a con quen se identifique?

O teatro.O teatro.

Outro entretemento ademais da lectura?