maría casares

12

Upload: teresa-meixide-portos

Post on 04-Jul-2015

365 views

Category:

Education


6 download

TRANSCRIPT

Page 1: María Casares
Page 2: María Casares

Nace o 21 de novembro de 1922 na Coruña, onde tería de nome familiar Vitola. Seu pai, Santiago Casares Quiroga, era ministro do Interior na Segunda República Española, súa nai Gloria Pérez mantiña unha relación de apariencias co seu marido, pois sería amante dun home que posteriormente sairía coa mesma María Casares. Debido á actividade política deste, múdase a Madrid con tan só nove anos, onde estudaría na Escola Instituto.

Gloria Pérez Santiago Casares Quiroga

Ela de pequena

Page 3: María Casares

Nunha representación en Madrid coñece a Valle Inclán e a Federico García Lorca.

Cando estoupa a Guerra Civil, en xullo de 1936, María Casares decide converterse en enfermeira. Os feridos comezan a chegar e a realidade aféctalle en demasía o que fai que o pai a convenza para abandonar este tema. Logo marcharán a Barcelona e de alí saltarán a Francia.

O seu primeiro papel profesional foi o da prostituta Elicia na obra "A celestina" no teatro Montparnasse.

Teatro Montparnasse

Page 4: María Casares

Estudou no Conservatorio de Arte Dramática de París, onde conseguirá entrar á segunda vez no 1941, debido ás súas dificultades coa linguaxe francesa.

No 1942 únese ó Théatre les Mathurins, co que fixo o seu debut na obra irlandesa recentemente estreada “Deirdre des Doleurs”.

En outubro de 1943, representou cun gran éxito a obra de Georges Neveux “ A viaxe de Teseo”.

Théatre les Mathurins

Page 5: María Casares

María convértese tamén na protagonista de "O malentendido", a primeira peza teatral de quen será o seu amante durante anos, Albert Camus. Con apenas vinte anos, comeza a ser coñecida e admirada en todo París. Entra no cinema cun papel secundario nunha película de Marcel Carné, "Os nenos do paraíso" e pouco despois, en 1944 protagoniza "As damas do Bosque de Boloña" de Robert Bresson.

María Casares e Albert Camus

Page 6: María Casares

Ten vintesete anos cando entra na Comèdie Francesa, grupo teatral con sede no teatro Odeón. Representa aquí "Seis personaxes en busca de autor" e a Xoana de Arco, entre outros papeis. Tamén participa na adaptación de "A devoción da Cruz", de Calderón de la Barca que realizou Camus.

Durante seis anos colabora co Teatro Nacional Popular (TNP), compañía pública cunha forte preocupación social, e participa na creación do festival de cinema d’Avignon.

Page 7: María Casares

Co festival acadan un inmenso prestixio, e María interpreta intensamente: Lady Macbeth, María Tudor, Ana Petrova...  En 1960 sacódea a morte de Camus acaecida nun accidente de tráfico. 

En 1957 realiza unha xira co TNP por Sudamérica, durante a que é homenaxada polos exiliados galegos (Blancoamor, Dieste, Seoane, Laxeiro...) e prodúcese o reencontro coa súa lingua.

No papel de Lady MacbethCos galegos ilustres en Sudamérica

Page 8: María Casares

En 1975 volta a Madrid en tren, e de novo ao ano seguinte para representar "El adefesio" de Alberti. Durante as representacións enferma de hepatite en Barcelona e volta á súa casa de campo en Charente, onde comeza a redacción das súas memorias, que titularía "Residente Privilexiada" e que acadarían un grande éxito de público.

El Adefesio

Page 9: María Casares

En 1989 acada o premio Molière á mellor actriz de teatro e é nominada ós César. Recibe do goberno francés o Premio Nacional de Teatro, e desde España entréganlle a Medalla ó Mérito de Belas Artes. Obtén o premio Segismundo da Asociación de Directores de España e a medalla Castelao da Xunta, que non acode a recoller.

Casa de CharenteCon 72 anos

Page 10: María Casares

María Casares acepta no 1996 que os premios galegos de teatro leven o seu nome, pero non lle dá tempo a asistir á súa primeira edición pois morre ese mesmo ano, un 22 de novembro, a noite que acababa de festexar o seu aniversario.

Morreu de forma súbita aos 74 anos á diferenza do que relatou en “Residente Privilegiada” onde confesou que: gustaríame morrer amodo e alerta vendo como pasa o tempo...

Premios María Casares

Page 11: María Casares

http://www.culturagalega.org/especiais/mariacasares/10_reconecemento.htm

http://www.galiciadigital.com/noticia.1198.php

http://fr.wikipedia.org/wiki/Maria_Casar%C3%A8s

http://www.google.es/imghp?hl=es&tab=wi

Page 12: María Casares

AUTORA DO TRABALLO

Sofía Ríos Varela

3º ESO

IES Curtis

Curso 2010-2011