historia do marxismo

30
Historia do Marxismo Introducción breve ó Marxismo de maneira simple Fernando Rodríguez Rebelo 1º BACH. B Aingeru Arza González Xabier Rubira Pérez

Upload: dpto-filosofia-ies-otero-pedrayo-ourense

Post on 27-Jun-2015

697 views

Category:

Documents


1 download

TRANSCRIPT

Page 1: Historia do marxismo

Historia do Marxismo

Introducción breve ó Marxismo de maneira simple

Fernando Rodríguez Rebelo 1º BACH. B Aingeru Arza González Xabier Rubira Pérez

Page 2: Historia do marxismo

Índice1) O porqué do Marxismo2) Concepcións marxistas do home3) Dimensións do home segundo Marx4) A natureza humana segundo Marx5) Aliñacións6) Aspectos básicos sobre o traballo7) Manuscritos de economía y filosofía: 7.1 Primeiro Manuscrito 7.2 Segundo manuscrito 7.3 Terceiro manuscrito8) Conclusión de Marx9) As nosas conclusións 10) Algúns enlaces11) Imaxes 12) Enlaces a vídeos sobre o Marxismo13) Cancións referentes a este pensamento ou similares14) Por qué a estrela usada polos comunistas é de cinco puntas e vermella?15) Bibliografía

Page 3: Historia do marxismo

• A cuestión antropolóxica e e humanista de Marx nace en contraposición co pensamento de Hegel, o cal era o principal expoñente do idealismo alemán e de Feuerbach, membro da chamada esquerda hegeliana. Hegel concibe ao home como algo esencialmente espiritual e dotado de autoconciencia polo que a crítica histórica sobre unha Alemania subdesenvolvida soamente podía vir do espírito, que ao opoñer á realidade o seu concepto, sinala as súas imperfeccións. Esta actitude pode desenvolverse por dúas vías:

1. Deixando intacta a realidade: exercitan o campo espiritual. 2. Incidir soamente no campo da realidade.

• Feuerbach discrepa no sentido de que hai unha filosofía materialista na que o natural e a natureza destacan sobre o espírito e o espiritual.

• Marx sen embargo sente na sua propia carne que fronte aos feitos opacos deste mundo nada valen as críticas brillantes, estando así de acordo con Feuerbach en que no lugar do espírito debe estar o home sensible, real, carente… pero, en contraposición a el, opina que o desenvolvemento histórico do home non é posible deixando actuar á Natureza por sí mesma, é o home o que a debe crear de maneira activa, para facer así un home novo.

1. O porqué do Marxismo

Page 4: Historia do marxismo

2. Concepcións marxistas do home

A concepción marxista do home comprendetres grandes temas que lembran o procesodialéctico hegeliano:• Teoría da esencia do ser humano (unidade

ou afirmación).• Teoría da aliñación (escisión ou negación).• Teoría do home novo (reconciliación ou

negación da negación).

Page 5: Historia do marxismo

3. Dimensións do home segundo Marx

En primeiro lugar, Marx considera ó ser humano coma un ser supremo. O home non é o resultado dun espírito nin de Deus. A relixión non sería máis que a expresión da mitificación da esencia humana que se proxecta nese ser chamado Deus ante o que o home se somete a pesar de ser a súa creación. Esta aliñación relixiosa superarase cando o home tome conciencia de sí mesmo como suxeito. Por outro lado está vencellado á natureza que precisa para vivir.

Page 6: Historia do marxismo

4. A natureza humana segundo Marx

• A natureza marxista está transformada polo traballo do home e polo tanto, humanizada. Para Marx o traballo é a produción material, mediante o traballo, o home manifesta o seu ser xenérico e a súa diferenza co animal, produce de maneira universal e ilimitada, de maneira creativa, libre e consciente. Con esta concepción, alónxase dunha tradición filosófica na que se sobrevalora a realidade material á espiritual e á intelixencia. Na sua relación coa sociedade, o home é un ser social e comunitario.Por medio do traballo o home non só se relaciona coa natureza senón que o traballo crea un conxunto de relacións socais moi extenso. Pero estas relacións do home coa natureza e a sociedade cambian ao longo da historia e o ser humano é inseparable da sua evolución histórica, isto ven a dicir que, o ser humano é un ser histórico.

• Ao concepto de aliñación (enaxenación nos manuscritos) herdada de Hegel e Feuerbach, Marx dálle unha nova interpretación calificándoa como un proceso de inversión de suxeito e predicado e distinguindo tres clases fundamentais: Aliñación relixiosa, sociopolítica e económica.

Page 7: Historia do marxismo

5. Aliñacións

Para Marx a relixión é o ‘opio do pobo’, é dicir é a realización fantástica da esencia humana no mundo do máis aló que consola imaxinariamente as miserias da realidade na que nos movemos. O estado que intenta conxugar os intereses individuais e sociais de maneira ilusoria ten a mesma función que Deus, sendo creación humana convírtese nun poder autónomo e inimigo do home e causante polo tanto da aliñación sociopolítica. Así pois pódese sacar en conclusión que tanto a aliñación relixiosa como sociopolítica teñen o seu fundamento na aliñación económica, que para Marx foi a máis importante; esta ten lugar nun proceso de traballo dentro da sociedade capitalista contra a que Marx pese a súa condición de burgués, denunciou e propuxo cambios nela.

Page 8: Historia do marxismo

6. Aspectos básicos sobre o traballoO produto do traballo humano é alleo ao produtor que se ve desposeído del ao pasar a mans do capitalista propietario dos medios de produción. Por outra banda, a propia actividade produtiva ao limitarse a ser un puro medio de subsistencia, nega a posiblidade de realización da esencia humana. É máis, no sistema de produción capitalista, o home non produce de forma universal, consciente e creativa, na súa forma de producir , o home non se diferencia do animal. E para rematar, o home sofre unha nova relación con respecto ás relacións humanas dominadas na sociedade capitalista polo mercantilismo, a competitividade, que se pon de manifesto nas relacións entre as dúas clases antagónicas de explotadores e explotados.O concepto de aliñación é fundamental nos Manuscritos despois de que explicación de fenómenos sociopolíticos, económicos, ideolóxicos..., no Marx maduro converterase nunha categoría socioeconómica base dos conceptos defetichismo e reificación. O fetichismo como dominio das cousas sobre o ser humano e a reificación que expresa as relacións entre os seres humanos que na sociedadeburguesa revisten a aparencia das relacións entre as cousas.

O home de Marx é un home novo froito do terceiro momento dialéctico e resultadoda superación da aliñación na recuperación da auténtica esencia humana. A sociedade comunista do futuro, será para Marx a gran reconciliadora na que o home podra realizar finalmente todas as súas posibilidades.

Page 9: Historia do marxismo

7. MANUSCRITOS DE ECONOMÍA Y FILOSOFÍA

Page 10: Historia do marxismo

7.1 Primeiro Manuscrito

Este manuscrito está precedido por un breve prólogo no que o autor manifesta por unha banda a intencionalidade de tratar a conexión da Economía Política co Dereito e a Moral enfocándoa desde aperspectiva da crítica positiva xeral, tributaria de Feuerbach e silenciada na Alemaña do seu tempo. E por outra, a discusión da dialéctica hegeliana e da Filosofía hegeliana en xeral justificandoa como traballo de sinceridade pois os teólogos críticos seguen sendo teólogos, e tras unha longa cita de Adan Schaff cualifica á crítica teóloxica do seu tempo de caricatura teolóxica da vella transcendencia filosófica, concretamnete da hegeliana.

Page 11: Historia do marxismo

O salarioO salario vén determinado pola loita entre capitalistas e traballadores. Regulado pola lei da oferta e a demanda como calquera outra mercadoría, se a primeira supera á segunda, unha das partes que constitúen o prezo (beneficio, renda da terra ou salario) subtráese, cousa que adoita suceder co salario xa que o traballo do obreiro, ao verse separado do capital e da renda da terra, permanece en abstracción.

As fluctuacións do prezo do mercado son nefastas para o traballador pois, por unha banda, aínda que non necesariamente gaña cando gaña o empresario, sempre perde cando este perde e por outra ao ser os salarios estables fronte aos prezos, o traballador non sempre pode asegurarse a subsistencia. Ata nas sociedades puxantes economicamente, o traballador ou ben se enaxena no traballo-máquina ou morre de inanición ao verse arruinados os pequenos capitalistas fronte aos poderosos ou queda sen traballo debido á superproducción.

Tamén permanece en abstracción o chamado salario medio que precisamente porque a produción crece, crece a pobreza relativa. Abstracción que leva a prescindir de inxentes masas de traballadores industriais cando o capital pode pasarse sen elas.

Page 12: Historia do marxismo

O beneficio do capitalO capital, "a propiedade privada sobre os produtos do traballo alleo" apoiado polo dereito positivo, adquire poder de goberno sobre o traballo e os seus produtos e poder adquisitivo. O capital é o fondo-stock que, acumulado, produce ao seu propietario unha renda ou ganacia. Esta ganancia é extraida polo capital dos salarios e das materias primas adiantadas. A taxa máis baixa de ganacia é sempre algo máis da esixida para compensar as eventuais perdas. A máis elevada é a que absorve a totalidade da renda da terra mantendo o salario a prezo mínimo. Esta explotación é realizada polo capitalista mediante o segredo comercial, o segredo de fábrica e o monopolio. Outras causas que elevan a ganacia son a división do traballo, os produtos moi elaborados e a facilidade ou menor custo dos medios de circulación.

O beneficio do capital non está ligado ao interese xeral da sociedade, pola contra, con certa frecuencia é abertamente oposto a el.

A competencia xerada pola acumulación de capitais producen serios problemas de superviviencia aos pequenos capitalistas que han de comprar máis caro e competir en prezos, por outra banda, a diferenza entre capital fixo e capital circulante favorece ao gran empresario cuxo capital fixo simplifica e concentra.

A outra das conclusións ás que podemos chegar, apoiándonos nas teses de Smith, respecto da acumulación de capital , é que a orixe da superproducción está directamente relacionado coa acumulación de capital e a subdivisión do traballo.

Page 13: Historia do marxismo

Renda da terraSe o terratenente aproveita as vantaxes da sociedade, o seu interese é idéntico ao desta. Pola contra, feitos como o monopolio da terra en paises colonizados, o crecemento da miseria que orixina o aluguer da terra, os intereses dos arrendatarios, que son unha parte importante da sociedade, son opostos aos do terratenente, a competencia que obriga a abaratar os salarios e nin sequera o interese dun terratenente coincide co doutro terratenente e menos o do gran latifundista fronte ao do pequeno propietario.

Toda esta argumentación sérvelle para disolver a diferenza entre capitalista e terratenente e establecer a división das clases sociais en clase obreira e capitalistas. A comercialización da propiedade da terra e a súa conversión en mercancía, é o fundamento para establecer o fin da aristocracia feudal fronte á nacente e puxante aristocracia do diñeiro que reduce a relación entre propietario e obreiro a relación económica entre explotador e explotado.

O gran latifundio é equiparable ao monopolio da terra. A división da propiedade desta non ataca ao monoplio na súa esencia, a súa aniquilación realizarase mediante a súa supresión total e a superación da propiedade privada da terra que, desposuída de toda mística, pode situar ao home nunha situación de pleno goce mediante o traballo libre.

Para Marx a propiedade da terra necesariamente desenvólvese nestas dúas formas que marcan a súa decadencia, do mesmo xeito que a industria se arruína nas súas formas de monopolio e competencia "para aprender a crer no home".

Page 14: Historia do marxismo

O traballo enaxenadoMarx recoñece o fundamento das súas conclusións nunha Economía Política que partindo do feito da propiedade privada non o explica, que non proporciona explicacións do porqué da división de traballo e capital, de capital e terra, que os únicos motores que fai funcionar son os da cobiza e a competencia entre cobizosos. A gran tarefa é pois, para el, a de abordar todo este alleamento e a súa relación co sistema monetario.

Para iso considera necesario partir da situación actual que sitúa ao obreiro nunha condición de mera mercadoría xa que o produto do seu traballo convértese en cousa á que lla rende servidume e a súa propiación constitúe un estrañamento, un alleamento. Esta obxectivación do produto do traballo sitúa ao traballador nunha existencia exterior, estraña a si mesmo, que o enaxena, xa que o produto do seu esforzo non lle pertence. É máis, o traballo enaxenado, ao separar ao home da súa produción, arríncalle a súa vida xenérica, é dicir, fai estraños ao home e o seu propio corpo, a natureza, a seu ser espiritual, a súa esencia humana. O que trae como consecuencia a enaxenación do home respecto do home mediante a que o home considera ao outro segundo a medida da súa relación consigo mesmo en canto traballador.

Doutra banda, se o traballador non é dono do produto do seu traballo, significa que ese dono será outro. Ese

ser, dono do traballo dos homes, non é máis que o capitalista propietario dos medios de produción, de onde se deduce que é a propiedade privada a consecuencia necesaria do traballo enaxenado como tamén o é o salario.

Page 15: Historia do marxismo

7.2 Segundo manuscrito

A relación da propiedade privada

Page 16: Historia do marxismo

A finalidade de Marx nesta parte da obra é chegar a demostrar a relación da propiedade privada como un movemento dialéctico baseándose na condición do traballo como mercadoría e todas as súas consecuencias deshumanizantes e a relación existente entre a propiedade da terra e capital.

Este movemento dialéctico debe percorrer tres pasos:

1. Unidade inmediata e mediata entre traballo e capital que ao principio permanecen unidos e logo sepáranse estrañándose pero esixíndose e aumentándose como condicións positivas.

2. Oposición entre traballo e capital no que se exclúen mutuamente. O traballador sabe que o capitalista é a negación da súa existencia e ao contrario. Cada un deles loita por roubar a existencia ao outro.

3. Oposición de cada un deles consigo mesmo. O capital como traballo acumulado no que o traballo é un momento do capital. O traballo como capital como mercadorcía.

Page 17: Historia do marxismo

7.3 Terceiro manuscrito

Profundización en ideas xa comentadas

Page 18: Historia do marxismo

Propiedade privada e traballo IIA Economía Política ao afirmar a esencia da propiedade privada como subxectiva e polo tanto inherente á condición de suxeito, nega que sexa o traballo a condición desta esencia e converte pois, ó home na pura esencia da propiedade privada.Pero toda riqueza é traballo e se o traballo é estraño ao home, a riqueza entón tamén o é, e se a propiedade privada é considerada como subxectiva, a relación entre traballo e riqueza só pode ser superada polo comunismo que será outra maneira de ver, entre outras cousas a propiedade.o comunismo, aínda de natureza política demócratica e con superación do Estado, mantén a súa esencia afectada pola propiedade privada, presenta a superación do extrañamiento de si do home pero aínda non captou a esencia da necesidade humana nin o sentido positivo da propiedade. A súa terceira forma será , para o noso autor, a superación total do autoestrañamento do home, este apropiarase realmente da súa esencia e acabará o litixio entre existencia e esencia, objetivación e afirmación.

Así, o home, como conciencia xenérica é a totalidade ideal, a existencia subxectiva da sociedade pensada e sentida para si. Desta forma, pensar e ser están diferenciados e ao mesmo tempo en unidade.

A superación da propiedade privada proposta polo comunismo non é máis que a expresión sensible da apropiación do home da súa esencia universal. Así o egoísmo será eliminado, a conciencia humana e os sectores produtivos sentiranse libres e completamente enaxenados co traballo que realizan ao pertencerlles realmente.

Page 19: Historia do marxismo

Necesidade, produción e división do traballo.

Este novo enriquecemento da esencia humana dentro da propiedade privada adquire o seu significado inverso. Cada individuo trata de crear no outro unha necesidade estraña a si mesmo para facelo dependente e explotado. É a necesidade do diñeiro creada pola Economía Política que, ademais, crea unha auténtica moral de autorrenuncia tipo "escravo ascético pero produtivo" para o traballador, obrigándoo a abandonar ata as necesidades máis elementais da súa existencia-, mentres que o capitalista pode, tranquilamente, nadar na opulencia. É a controversia da moral economicista que nega ao primeiro grupo a súa existencia e a posibilidade de participación nos intereses xerais. En realidade Marx ve que esta oposición entre moral e Economía Política é só aparente xa que a Economía Política expresa ao seu xeito as leis morais.

Para Marx a Economía Política esquece que a oferta e a demanda sofren un profundo desequilibrio cando se tratan estes mesmos conceptos en termos de poboación: A oferta de homes sempre é superada pola súa demanda. Principio esencial da produción. A necesidade orixínase ao constituírse o diñeiro, que aparece como medio, como un fin, como poder en si mesmo que á vez é doutro e totalmente estraño.

Para Marx o concepto da división de traballo é de vital importancia por ser a expresión enaxenada da actividade e forza esencial do xénero humano e diferencia entre as afirmacións que descansan sobre a propiedade privada para as que o traballo é a esencia da propiedade privada, o que equivale á asinar que a sociedade está baseada no interese particular antisocial.

Page 20: Historia do marxismo

O diñeiroNeste apartado Marx critica a función social do diñeiro. Se é o diñeiro o vínculo do home co obxecto sensible do que goza, os desposeídos non terían opción a unha das calidades ontolóxicas do ser humano. Ilustrando o tema con fragmentos de Goethe e Shakespeare, Marx afirma que o diñeiro, en tanto concepto de valor, é a confusión e o trueque de todas as calidades naturais humanas e exclúe o principio polo cal as relacións humanas han de ser unha exteriorización da vida individual real correspondente co obxecto da vontade.

Page 21: Historia do marxismo

Relacións con Feuerbach con respecto ao diñeiro

Marx pregúntase pola situación da crítica moderna respecto da filosofía hegeliana. A este respecto cualifica a Strauss e Bauer de acríticos. Pola contra, recoñece en Feuerbach ao verdadeiro vencedor da vella filosofía e resume a súa gran fazaña en tres puntos: Proba que a Filosofía non é sino da Relixión posta en ideas e desenvolvida nun discurso que representa o alleamento do ser humano. En segundo lugar Feuerbach funda o verdadeiro materialismo co principio de que a esencia do home está contida na unidade do home co home, unidade que repousa na realidade da distinción entre o meu e o teu. E para rematar Feuerbach contrapón a negación da negación ao positivo absoluto. Para Feuerbach a verdade que se mediatiza é a verdade afectada polo seu contrario. Así, para Marx, Feuerbach parte da Relixión que é superada pola Filosofía para logo volver a reestablecerse.

Page 22: Historia do marxismo

8. Conclusión de Marx

• " O Absoluto é o espírito; esta é a definición suprema do absoluto“

• O que ven a dicir é que o espítito do home é o que o condiciona e o fai sentirse verdadeiramente libre, o que ven dado pola educación recibida o cal nos debe levar sempre a que a educación da sociedade é primordial para o desenvolvemento metafísico humano que ven condicionado polos factores nos que nos atopamos frecuentemente, así se resume o traballo de Marx, defensor de ideais e liberdades de caracter común e defensor da non explotación laboral e das precariedades que esta ocasiona.

Page 23: Historia do marxismo

9. As nosas conclusiónsCando fixemos o traballo pensamos en facer un cadro con algunhas das conclusións sacadas do traballo e foron as seguintes:

• Marx promovía a igualdade de maneira global, é dicir xa non só propondo igualdade entre razas, sexos…. Senon tamen entre persoas de mesma índole nas que só se diferencia o meramente material.

• Defende ó traballador e condena a explotación que este sofre por parte do empresario e aplicando para esta igualdade distintos conceptos aos aplicados dalgúns xa existentes:

1. A non supremacía de homes por medio de clases sociais2. A esencia de ser humano, como individuo libre e propietario do seu traballo3. Perda da propiedade privada, facendo así unha propiedade común a todos así como a da man de

obra sendo o traballador dono do seu traballo4. Critica calquera maneira de supremacía ou factor social que impide dalgún xeito a maneira de

pensar natural e racional de maneira libre dunha persoa: relixión, empresas explotadoras, condicionamento dunha persoa pola sua clase social…

5. Critica a función social do diñeiro, pois fai ao home soberbio e codizoso, o que fai que por posuílo as persoas sexan tratadas de distintas maneiras.

6. Defende ao pobo e pon ao Estado como centro organizador, sempre que deixe desenvolverse ao home sen ningún tipo de traba, dentro dunha serie de leis, no cal,cremos que así a liberdade do home xa estaría condicionada, igual que cremos que calquera home que viva en sociedade se comportará sempre dunha maneira condicionada por esta, é dicir non é totalmente libre.

Page 24: Historia do marxismo

10. Algúns enlaces

• http://www.biografiasyvidas.com/biografia/m/marx_karl.htm : breve biografía de Karl Marx

• http://www.forocomunista.com/t4446-reflexiones-sobre-marx-un-resumen-basico-del-marxismo : páxina principal que serviu de guía para este traballo

• http://www.webdianoia.com/contemporanea/marx/marx_cur.htm conta a vida de Marx( BIOGRAFÍA) E ALGÚNS ASPECTOS CURIOSOS REFERENTES AO TEMA DO MARXISMO

• http://www.claseshistoria.com/movimientossociales/socialismocientifico.htm plasma de maneira moi sinxela as aportacións de marx e Engels( principais fundadores desta teoría)

• http://clio.rediris.es/actividades/trivial3/trivial3.htm preguntas sinxelas para ver canto se sabe deste tema, son preguntas moi básicas pero que están ben para ter algo máis de cultura xeral

• Unha páxina para traducións:http://sli.uvigo.es/tradutor/

Page 25: Historia do marxismo

11. Imaxes

• Karl Marx

Page 26: Historia do marxismo

• Símbolo comunista

Page 27: Historia do marxismo

12.Videos• http://www.youtube.com/watch?v=8TaUCuKXPME• http://www.youtube.com/watch?v=aAEC0I6IZjE• http://www.youtube.com/watch?v=8sL6epU6FDk&feature=related• http://www.youtube.com/watch?v=pe8BZgVIpZA• http://www.google.es/url?sa=t&rct=j&q=videos%20sobre%20el

%20marxismo&source=web&cd=4&sqi=2&ved=0CDkQtwIwAw&url=http%3A%2F%2Fwww.youtube.com%2Fwatch%3Fv%3Dc27BxYa1nu0&ei=HLLOTrWNGc7O4QT74agy&usg=AFQjCNGRckC1HjRcRQxuUl4H-0XrFWv3Zw

Estes son algúns dos vídeos que nos podemos atopar en youtube, ademáis de numerosos documentais e cancións que crearon simpatizantes do movemento ao longo da historia, himno da URSS e outros, ademais de cancións creadas nos movementos revolucionarios que seguían esta teoría ou algunhas similares, a Internacional etc. incluso cancións actuais sobre isto.

Page 28: Historia do marxismo

13.Cancións• http://www.youtube.com/watch?v=-mhfCaOHXkQ (canción popular cantada

polos simpatizantes do movemento partisano italiano durante a segunda guerra mundial, cando loitaba contra as tropas fascistas e nazis).

• http://www.youtube.com/watch?v=zf6z2Vrfcmg ("A Internacional" é o Himno dos Traballadores do mundo, que descoñecen fronteiras nacionais, etnicas, sexuais ou relixiosas, máis o único que diferencia aos homes e mulleres do mundo enteiro é a pertenza a unha clase).

• http://www.youtube.com/watch?v=zf6z2Vrfcmg =-rWxCaR8c_M (himno usado para a Unión Soviética nos seus anos de duración, está composto por Aleksandr Vasílievich Aleksándrov e foi usado como himno do Partido Bolxevique durante o levantamento do pobo ruso e tras esta como himno da nación soviética.

• http://www.youtube.com/watch?v=CnlB-_FQf1g ( esta canción fala de maneira irónica pero con ánimo de crítica sobre o traballo nas fábricas, está composta por “The locos”, antigos membros de” Ska-p” e algún músico máis).

• http://www.youtube.com/watch?v=BAO3-h0qtps ( canción de carácter popular cantada tamén polos italianos e que se estendeu a todos os movementos obreiros de carácter marxista).

Page 29: Historia do marxismo

14. O porqué da estrela É un símbolo do socialismo e o comunismo que representa

os cinco dedos da man do traballador, así como cinco continentes. Unha versión menos frecuente suxire que as cinco puntas da estrela representan aos cinco grupos sociais que posibilitarían o tránsito ao socialismo, a saber: a mocidade, os militares, os traballadores industriais, os campesiños agricultores e os intelectuais. A estrela vermella é ademais o sinal que indica a existencia dunha nova orde baixo a condución do Partido Comunista. Unha estrela amarela, polo xeral dentro dun campo vermello, adoita ter o mesmo significado. A estrela vermella é e foi usada en bandeiras e escudos de estados socialistas, o que pode verse na bandeira da República Federal Socialista de Iugoslavia ou na de Corea do Norte.

Page 30: Historia do marxismo

15. Bibliografía

• El marxismo en tiempos de Marx I Ed. BUGUERA( 1979).• http://www.forocomunista.com/t4446-

reflexiones-sobre-marx-un-resumen-basico-del-marxismo

• Información clave encontrada en el vol. 13 de la Enciclopedia Océano.

• Recopilación da información recollida para levar a cabo a parte as nosas propias conclusións.