doazóns e transplantes

24
Doazóns e Transplantes IES. Praia Barraña. CCMC. 2010. Ana Urbieta.

Upload: ana-urbieta

Post on 12-Jul-2015

298 views

Category:

Technology


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: DoazóNs E Transplantes

Doazóns e Transplantes

IES. Praia Barraña. CCMC. 2010. Ana Urbieta.

Page 2: DoazóNs E Transplantes

Que é un transplante?

É un método terapéutico que consiste en substituír un órgano enfermo que pon en

perigo a vida da persoa por outro que funciona

axeitadamente.

Page 3: DoazóNs E Transplantes

Cando se realizou o primeiro

• En 1954 transplantouse o primeiro ril.• En 1967 transplantouse por primeira

vez un corazón. Realizouno Christian Barnard en Sudáfrica.

Page 4: DoazóNs E Transplantes

Quen pode ser doador?

• Calquera.• Non hai límite de idade.• Nin para doar nin para

recibir.

Page 5: DoazóNs E Transplantes

Pero se unha persoa é moi maior.

Pois depende, por exemplo:

• O fígado é moi lonxevo• Os riles envellecen máis

rápido (sóense descartar a partir dos 60)

Page 6: DoazóNs E Transplantes

E se é menor de idade?

- Os menores de 18 non poden facerse doadores.

- Son os pais ou representantes legais os que toman esa decisión en caso de falecemento do menor

Page 7: DoazóNs E Transplantes

Quen non pode ser doador?

• As persoas que padecen cancro

• As persoas que sofren infeccións graves

• As que padecen unha enfermidade de orixe

descoñecida

Page 8: DoazóNs E Transplantes

O doador ten que ter falecido?

Non, se o que se doa é:■ Un tecido renovable: pel, médula

ósea■ Un órgano con capacidade de

rexeneración como o fígado.■ Un órgano non imprescindible

como o ril xa que se pode vivir cun só ril.

Page 9: DoazóNs E Transplantes

Como é o transplante se o doador está vivo?

Doazón de vivo:• Doazón dirixida, altruísta, non require

vínculo familiar• Require estudo completo incluída

valoración psiquiátrica.• Informe do Comité de Ética

Hospitalario.• Cesión firmada diante do xuíz.

Page 10: DoazóNs E Transplantes

A extracción dos órganos do doador vivo é laparoscópica

• Son moi comúns os

transplantes renais e

hepáticos.• Os resultados son excelentes.

Page 11: DoazóNs E Transplantes

Como se conseguen os órganos dun donante morto?

Directamente:• Se a persoa fixo un rexistro de instrucións previas ou testamento

vital.• Se a persoa, en vida, lles

comunicou aos seus familiares a súa intención de ser doador.

Page 12: DoazóNs E Transplantes

E se non deixou instrucións?

Nese caso decide a familia.

Se a familia rexeita doar

hai que respectar a

súa decisión

Page 13: DoazóNs E Transplantes

Que deben facer os profesionais que tratan coa familia en momentos tan

difíciles?

AXUDAR

ESCOITAR EXPLICAR CONSOLAR

Page 14: DoazóNs E Transplantes

Que é unha Urxencia 0?

• Unha persoa que se non recibe o transplante en 24 ou 48 horas

morre.• Por iso é importante non perder

ningún órgano, detrás do órgano vai unha vida

Page 15: DoazóNs E Transplantes

Requisitos legais das doazóns de doador morto en España

• Morte encefálica.• Respecto á vontade do falecido.• O diagnóstico de morte debe ser feito por

un equipo de médicos distinto ao que realizará o transplante.

• Carácter altruísta.• Anonimato do doador.• Criterios médicos para a distribución de

órganos.

Page 16: DoazóNs E Transplantes

Como se sabe cando unha persoa está en morte encefálica?

Un/ha neurólogo/a debe certificar a falta de actividade cerebral.

Page 17: DoazóNs E Transplantes

Que órganos se poden doar?

Page 18: DoazóNs E Transplantes

Cantos tipos de transplante hai

• Autotransplante• Isotransplante• Alotransplante

• Xenotransplante

Page 19: DoazóNs E Transplantes

Problemas dos transplantes

• Rexeitamento inmunolóxico• Escaseza de órganos• Imposibilidade técnica de obter

determinados órganos e tecidos.

Page 20: DoazóNs E Transplantes

Rexeitamento inmunolóxico

• Pola capacidade do sistema inmune de distinguir entre o propio e o alleo.

• Para evitalo doador e receptor deben ser compatibles.

• Para minimizalo empréganse potentes fármacos como a ciclosporina.

Page 21: DoazóNs E Transplantes

Escaseza de órganos

• España é o país con maior índice de doadores do mundo.

• Aínda así hai listas de espera.• Entre un 10 e un 15% dos pacientes

en espera morren.

Page 22: DoazóNs E Transplantes

Doazóns anuais por millón de habitantes

Page 23: DoazóNs E Transplantes

Imposibilidade técnica de obter determinados órganos e tecidos

O cerebro e, en xeral, o tecido nervioso non se poden

transplantar.

Page 24: DoazóNs E Transplantes

A medicina rexenerativa

• Baséase na utilizacíón de células nai.• Permitirá superar os problemas de

escaseza de órganos e de rexeitamento.

• Quizáis permita mesmo a rexeneración do tecido nervioso.