actividade: judo - edu.xunta.gal · actividade: judo descrición actividade de iniciación na...

9
ACTIVIDADE: JUDO Descrición Actividade de iniciación na práctica do Judo baixo un aspecto xeral e lúdico, dominando as técnicas básicas: caídas, técnicas de pé e de chan, todo elo baixo a óptica do traballo en equipo, o respecto e a disciplina. Hai que recordar que a UNESCO recomenda a práctica do Judo como deporte adecuado para o desenvolvemento de nenos, nenas e adolescentes. Alumnado Idades A idade dos alumnos varía desde os 3 anos aos 12 anos. Agrupamentos En función de dous parámetros: idade e nivel Monitorado Mestre de Iudo Instalación As actividades teñen lugar no aula de Educación Física. Material Tatami de judo (facilitado pola empresa). Programa da actividade Obxectivos O fin último da actividade é a adquisición de fundamentos básicos de Judo. De xeito detaiado, os obxectivos a acadar son: - Iniciar ao alumnado nos fundamentos do JUDO - Socializarse, crear vínculos cos nosos semellantes a través da realización de actividades en común - Realizar un deporte dos chamados de combate ou de “artes marciais”, entendendo esto como autodisciplina, respecto aos demáis e ás reglas de xogo, autocontrol, canalización da forza, etc CONTIDOS BÁSICOS A TRABALLAR: * Preparacion física básica * Posicións corporais adecuadas para a práctica deste deporte de combate * Técnicas básicas de Judo de pé (Sumo) e no chan. * Combate amigable: randori. * Defensa persoal: aspectos básicos. Metodoloxía A metodoloxía artellada para esta actividade será lúdica e participativa. O coñecemento previo dos alumnos/as influirá decisivamente nos posibles cambios na programación, que debe ser flexible para adaptarnos dalgunha forma ao grupo co fin de ser unha actividade motivante. Actividades-tipo 1. Xogos agonísticos: empurrar, arrastrar, tirar... que desenvolvan as habelencias motrices básicas relacionadas co judo. 2. Rutinas de traballo no chan e de pé; técnicas específicas básicas de derrube, inmovilización, etc.

Upload: phamphuc

Post on 29-Sep-2018

216 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: ACTIVIDADE: JUDO - edu.xunta.gal · ACTIVIDADE: JUDO Descrición Actividade de iniciación na práctica do Judo baixo un aspecto xeral e lúdico, dominando as técnicas básicas:

ACTIVIDADE: JUDODescrición Actividade de iniciación na práctica do Judo baixo un aspecto xeral e lúdico, dominando as técnicas básicas: caídas, técnicas de pé e de chan, todo elo

baixo a óptica do traballo en equipo, o respecto e a disciplina. Hai que recordar que a UNESCO recomenda a práctica do Judo como deporte adecuado para o desenvolvemento de nenos, nenas e adolescentes.

Alumnado

IdadesA idade dos alumnos varía desde os 3 anos aos 12 anos.

AgrupamentosEn función de dous parámetros: idade e nivel

Monitorado Mestre de Iudo

Instalación As actividades teñen lugar no aula de Educación Física.

Material Tatami de judo (facilitado pola empresa).

Programa da actividade

ObxectivosO fin último da actividade é a adquisición de fundamentos básicos de Judo. De xeito detaiado, os obxectivos a acadar son:- Iniciar ao alumnado nos fundamentos do JUDO- Socializarse, crear vínculos cos nosos semellantes a través da realización de actividades en común- Realizar un deporte dos chamados de combate ou de “artes marciais”, entendendo esto como autodisciplina, respecto aos demáis e ás reglas de xogo, autocontrol, canalización da forza, etc

CONTIDOS BÁSICOS A TRABALLAR:* Preparacion física básica* Posicións corporais adecuadas para a práctica deste deporte de combate* Técnicas básicas de Judo de pé (Sumo) e no chan.* Combate amigable: randori.* Defensa persoal: aspectos básicos.

MetodoloxíaA metodoloxía artellada para esta actividade será lúdica e participativa. O coñecemento previo dos alumnos/as influirá decisivamente nos posibles cambios na programación, que debe ser flexible para adaptarnos dalgunha forma ao grupo co fin de ser unha actividade motivante.

Actividades-tipo1. Xogos agonísticos: empurrar, arrastrar, tirar... que desenvolvan as habelencias motrices básicas relacionadas co judo.2. Rutinas de traballo no chan e de pé; técnicas específicas básicas de derrube, inmovilización, etc.

Page 2: ACTIVIDADE: JUDO - edu.xunta.gal · ACTIVIDADE: JUDO Descrición Actividade de iniciación na práctica do Judo baixo un aspecto xeral e lúdico, dominando as técnicas básicas:

ACTIVIDADE: BAILE MODERNO

Descrición Nesta actividade desenvólvense as aptitudes artísticas do alumnado a través da actividade de iniciación ao baile moderno de xeito lúdico, creando sinxelas coreografías de jazz, funky, etc. Traballaremos a desinhibición, a expresión corporal e o senso rítmico

Alumnado

IdadesA idade dos alumnos varía desde os 3 anos aos 12 anos.

AgrupamentosEn función de dous parámetros: idade e nivel

Monitorado Monitor deportivo con formación específica en actividades rítmicas e musicais

Instalación As actividades teñen lugar no aula de Educación Física.

Material Reproductor musical. Aros, cordas, panos, etc.

Programa da actividade

ObxectivosO fin último da actividade é a adquisición de fundamentos básicos da Baile Moderno. De xeito detaiado, os obxectivos a acadar son: 1. Ter unha imaxe positiva de si mesmo. 2. Adquirir o hábito de cooperación grupal e valorar, escoitar e mostrar interese polas achegas feitas polos compañeiros/as. 3. Fomentar a deshinibición e romper o espazo vital existente en todas as persoas 4. Coñecer unha actividade rítmica con carácter lúdico: o baile moderno 5. Mellorar a saúde a través da práctica físico-deportiva.

Contidos

MetodoloxíaA través do uso de estilos non directivos, ou sexa, de busca e exploración, crearanse espazos participativos onde se prioricen os PROCESOS, as situacións adecuadas para a aprendizaxe. Proporanse novos pasos, combinacións sinxelas que o alumnado adaptará segundo os seus gustos e posibilidades para formar deseños coreográficos creativos. Teranse en conta os gustos, estilos e tendencias actuais, acordes á sua idade.

Actividades-tipo1. Xogos rítmicos: percusión corporal, motricidade rítmica; pasos básicos2. Coreografías básicas de baile moderno

Page 3: ACTIVIDADE: JUDO - edu.xunta.gal · ACTIVIDADE: JUDO Descrición Actividade de iniciación na práctica do Judo baixo un aspecto xeral e lúdico, dominando as técnicas básicas:

ACTIVIDADE: MULTIDEPORTE: RAQUETAS E COLECTIVOS

DescriciónActividade de iniciación á práctica deportiva de xeito global, buscando aspectos comúns a nivel de habelencias, técnicas e tácticas de xogo que permitan asimilar diferentes deportes similares. Agruparémolos en dúas grandes categorías: deportes de raqueta (tenis, badminton, palas, frontón, etc) e deportescolectivos/de equipo: fútbol, baloncesto, balonmán, voleibol…

Alumnado

IdadesA idade dos alumnos varía desde os 3 anos aos 12 anos.

AgrupamentosEn función de dous parámetros: idade e nivel

Monitorado Monitor deportivo con formación especifica en iniciación deportiva de deportes de equipo e de raqueta

Instalación As actividades teñen lugar no Pavillón do Centro Escolar

Material Balóns, petos, conos, aros; raquetas e palas, móviles de diferentes tipos (volantes, pelotas de espuma, pelotas de tenis, etc); redes a diferentes alturas

Programa da actividade

ObxectivosO fin último da actividade é a adquisición de fundamentos básicos dos deportes de raquetaa e dos deportes colectivos . De xeito detaiado: 1. Ter unha imaxe positiva de si mesmo. 2. Adquirir o hábito de cooperación grupal e valorar, escoitar e mostrar interese polas achegas feitas polos compañeiros/as. 4. Coñecer diferentes actividades deportivas nos seus aspectos técnico-tácticos, apreciando os elementos comúns e os diferenciadores. 5. Mellorar a saúde a través da práctica físico-deportiva.

CONTIDOS BÁSICOS A TRABALLAR:* Preparacion física básica, mediante circuitos de habelencias psicomotoras sinxelos* Técnicas básicas de agarre da raqueta e golpeos: dereita-revés, cortado-liftado, deixada-globo, etc. Elementos técnicos de manexo do balón, tanto cos pés como coas mans: bote, circulación, pase, recepción, lanzamento, etc* Aspectos tácticos comúns nos deportes de equipo: conservación do móvil, progresión, recuperación, marcaxe, etc

MetodoloxíaA metodoloxía artellada para esta actividade será lúdica e participativa. O coñecemento previo dos alumnos/as influirá decisivamente nos posibles cambios na programación, que debe ser flexible para adaptarnos dalgunha forma ao grupo co fin de ser unha actividade motivante.As organizacións do xogo serán sinxelas: 1x1, 2x1, 3x3, etc. Usaremos tamén “xogos predeportivos” que de maneira xenérica axuden a entender o xogo en equipo. Utilización de circuitos de habelencias para realizar progresións dos contidos e mellorar as diferentes capacidades físicas e coordinativas.

Actividades-tipoA. ELEMENTOS TÉCNICOS BÁSICOS: FÚTBOL: Diferentes formas de CONDUCCIÓN dun balón e GOLPEO do balón; Diferentes formas de PASE e TIRO A PORTA BALONCESTO: Diferentes formas de BOTAR un balón: de avance, protección, etc; de PASE E LANZAMENTO.B. ELEMENTOS TÁCTICOS BÁSICOS:

1. Fundamentos Tácticos: Principios da Defensa e do Ataque: posesión, invasión, marcaxe.2. Xogos Tácticos: rondos, 1x1, 2x2, 3x3; xogo dos 10 pases, multimarcas, etc

Page 4: ACTIVIDADE: JUDO - edu.xunta.gal · ACTIVIDADE: JUDO Descrición Actividade de iniciación na práctica do Judo baixo un aspecto xeral e lúdico, dominando as técnicas básicas:

ACTIVIDADE: DEBUXO E PINTURA

Descrición

Nesta actividade desenvólvense as aptitudes artísticas do alumnado a través do debuxo e a pintura, traballando aspectos como as figuras, as composicións, as cores..., así como os materiais e as técnicas básicas máis utilizadas. As clases de arte para alumnos primarios de maior idade, que avanzan desde ilustracións simbólicas do mundo cara outras máis realistas, deben:* Incluir o estímulo e a oportunidade de practicar. * Incluir prácticas que usen todos os elementos e principios da arte para que poidan sentirse exitosos nos seus intentos de facer arte realista. * Ser divertidas e activas e promover o éxito e a experimentación. * Practicarse formas, liñas, cores e texturas usando representacións da vida cotiá, que demostren habilidade para facer distintos tipos de liñas, formas e texturas. Alguns exemplos de arte abstracta de grandes artistas brindan mostras interesantes de principios como a forma, o valor e o espazo. Os alumnos desta idade disfrutan do desafío de recrear obras de arte clásicas e ao mesmo tempo practicar unha variedade de elementos e principios da arte.

Alumnado

IdadesA idade dos alumnos varía desde os 3 anos aos 12 anos.

AgrupamentosEn función de dous parámetros: idade e nivel

Monitorado Educador con experiencia en Belas Artes ou Técnicas Manuais e Artísticas

Instalación As actividades teñen lugar nunha das aulas ordinarias do devandito centro.

Material Ferramentas e útiles: aportadas pola Empresa; Material funxible:Aportado polo alumnado

Programa da actividade

ObxectivosO fin último da actividade é a adquisición de aprendizaxes básicos do debuxo e a pintura. De xeito detaiado, os obxectivos a acadar son:

1. Cognitivos: Aprender as técnicas pictóricas e do debuxo artístico. Materiais e formatos, tipos de soportes, etc. 2. Motores: Desenvolver a motricidade fina necesaria para adquirir destrezas para o debuxo e a pintura.3. Afectivo-sociais: Desenvolver as relacións sociais, ocupación do tempo de lecer.

ContidosDebuxo a lapis; Debuxo e pintura con ceras grasas (tipo Manley); Pintura de dedo; Pintura con témpera; Grabado con témperasCollage; Pintura e collage con materiais de refugallo; Láminas debuxo, cartón, lenzo

MetodoloxíaA metodoloxía artellada para esta actividade será lúdica e participativa. O coñecemento previo dos alumnos/as influirá decisivamente nos posibles cambios na programación, que debe ser flexible para adaptarnos dalgunha forma ao grupo co fin de ser unha actividade motivante.

Actividades-tipoElaboura de debuxos e lenzos, con ou sen plantillas, copiado de modelos, bocetado, etcRealización de obras colectivas: muyrais, collages, etc; ilustración de contos e historias inventadas

Page 5: ACTIVIDADE: JUDO - edu.xunta.gal · ACTIVIDADE: JUDO Descrición Actividade de iniciación na práctica do Judo baixo un aspecto xeral e lúdico, dominando as técnicas básicas:

ACTIVIDADE: XOGANDO CO INGLÉS

Descrición

Na actividade de INGLÉS aprenderase unha lingua estranxeira de maneira lúdica, utilizando ferrramentas TIC novidosas (DUOLINGO e similares), dinámicas grupais, situacións xogadas, etc que mergullen ao alumnado na lingua de xeito natural, non agresivo.Escoitando palabras, frases, contos, cancións, chants e rimas, diálogos curtos e textos, os nenos aprenden a distinguir sons e recoñecer modelos de ritmo e entoación en inglés. Tamén desenvolven a habilidade de entender textos de forma global e de identificar e extraer a información relevante.

Alumnado

IdadesA idade dos alumnos varía desde os 3 anos aos 12 anos.

AgrupamentosEn función de dous parámetros: idade e nivel

Monitorado Educador con experiencia en ensino na língua inglesa

Instalación As actividades teñen lugar nunha das aulas ordinarias do devandito centro.

Material Ferramentas e útiles: aportadas pola Empresa; Material funxible:Aportado polo alumnado

Programa da actividade

ObxectivosO fin último da actividade é a iniciación a un idioma estranxeiro: o inglés. De xeito detaiado, os obxectivos a acadar son:

a) Cognitivos: Mellorar o coñecemento do inglés; usar de xeito fluído o inglés para comunicarse en situacións cotiánsb) Afectivo-sociais: Valorar a importancia da comunicación noutras linguas; vencer o medo a usar linguas estranxeiras para comunicarnos

ContidosInfantil * Cancións

* Contos e situacións dramatizadas* As cores, xoguetes e obxectos cotiáns* Xogos corporais, en parellas e grupos

Primaria * linguaxe escrito: cores, números, preguntas, o tempo, familia e parentescos, etc* linguaxe oral: cancións, contos e narracións* linguaxe TIC, audiovisual e artístico: películas, aplicacións informáticas, teatro, pintura, etc* linguaxe corporal: bailes e dramatizacións

MetodoloxíaA metodoloxía artellada para esta actividade será lúdica e participativa. O esquema xeral das sesións será o seguinte:1ª fase: Saúdos, exercicios de "warm up" (para centrar os alumnos na aula e na unidade de estudo).2ª fase: Actividades breves que axuden a repasar ou centrar ao grupo (xogos, cancións, preguntas...; corrección de deberes3ª fase: Actividade principal4ª fase: Posta en común do que se fixo, presentacións...5ªfase: Actividade breve de despedida..

Actividades-tipo Exercicios grupais de conversación, xogos de busca de palabras e vocabulario (sopas de letras, encrucillados, etc). Dramatización

de situacións cotiáns.

Page 6: ACTIVIDADE: JUDO - edu.xunta.gal · ACTIVIDADE: JUDO Descrición Actividade de iniciación na práctica do Judo baixo un aspecto xeral e lúdico, dominando as técnicas básicas:

ACTIVIDADE: XADREZ E OUTROS XOGOS DE MESA

Descrición

Esta tipoloxía de xogos aportan a mellora de capacidades intelectuais como a concentración e a memoria, pero tamén emocionais: autocontrol, autoestima, espíritu do xogo limpo, do traballo en equipo, etcO xadrez é un xogo milenario, presente nunha chea de culturas tanto occidentais como orientais; considerase, emporiso, combinación de arte e intelixencia, habilidade estratéxica e forza mental.

Alumnado

IdadesA idade dos alumnos varía desde os 3 anos aos 12 anos.

AgrupamentosEn función de dous parámetros: idade e nivel

Monitorado Educador con formación especifica en xogos, manualidades e obradoiros

Instalación As actividades teñen lugar nunha aula do centro escolar

Material Cartóns, pinturas, tesouras, pegamento e material de xogo específico. (Aportado pola Empresa)

Programa da actividade

ObxectivosO fin último da actividade é a comprensión do xogo nas diferentes variantes de xogos de mesa; para iso precisamos:- Desenvolver aspectos intelectuais e conductuais: memoria, atención, concentración, noción de xogo limpo, autocontrol, etc;así, utilizaremos o xogo para entender mellor a nós mesmos e aos demáis.- Vivenciar elementos culturais, entendendo as similitudes e diferencias con respecto a outras culturas- Socializarse, crear vínculos cos nosos semellantes a través da realización de actividades colaborativas

ContidosTraballaranse diferentes tipo de xogos de mesa que afonden en diferentes aspectos:* Xogos de cartas, xogos de estratexia, xogos de habelencia, xogos de simulacións, xogos de memoria, etc* Xogos en equipo, de colaboración-oposición.Específicos do Xadrez:

* O deporte: elementos de xogo, regulamento básico e terminoloxía básica* Colocación das pezas no taboleiro; movementos permitidos* Xogadas ensaiadas* Timing de xogo

MetodoloxíaA metodoloxía artellada para esta actividade será lúdica e participativa. As propostas serán de descubrimento guiado, explicando as liñas básicas de cada xogo, os movementos das figuras ou partes móviles, as rotacións na participación, etc

Actividades-tipoA. ELEMENTOS COMÚNS AOS XOGOS DE TABOLEIROB. PRÁCTICA DE XOGOS PROPIOS DA NOSA CULTURAC. PRÁCTICA DE XOGOS PROPIOS DOUTRAS CULTURASD. CONSTRUCIÓN DE XOGOS DE MESA

Page 7: ACTIVIDADE: JUDO - edu.xunta.gal · ACTIVIDADE: JUDO Descrición Actividade de iniciación na práctica do Judo baixo un aspecto xeral e lúdico, dominando as técnicas básicas:

ACTIVIDADE: OBRADOIROS CREATIVOS: RECICLAXE, COCIÑA, ETC

Descrición A creatividade é unha capacidade persoal aplicable a moitos eidos da vida; nesta actividade preténdese traballar esta habelencia dun xeito atractivo e lúdico, utilizando diferentes propostas

Alumnado

IdadesA idade dos alumnos varía desde os 3 anos aos 12 anos.

AgrupamentosEn función de dous parámetros: idade e nivel

Monitorado Educador con formación psicopedagóxica e nocións de arte, manualidades e novas tecnoloxías

Instalación As actividades teñen lugar nunha aula do Centro Escolar

Material Ferramentas e útiles (a cargo da empresa); material funxible, de refugallo ou alimentos: a cargo do alumnado

Programa da actividade

ObxectivosO fin último da actividade é a mellora do pensamento creativo e a sua aplicación en diferentes disciplinas ou planos vitais; en definitiva, o crecemento da personalidade e habilidades do alumnado; en concreto: 1. Ter unha imaxe positiva de si mesmo. 2. Adquirir o hábito de cooperación grupal e valorar, escoitar e mostrar interese polas achegas feitas polos compañeiros/as. 4. Desenvolver o pensamento artístico-creativo a través de diversos materiais, disciplinas e sentidos 5. Crecemento personal a través do coñecemento dun mesmo, a aceptación e o achegamento ao grupo

Contidos* Materiais e ferramentas: usos, coidados, aplicacións, seguridade… (tesouras, cutter, pistola de cola, madeira, papel, plástico, cartón, corda...)* Estética e utilidade: descubrimento do deseño na creación de artiluxios, enxeños, obxectos decorativos, etc* Manualidades e artesanías: abalorios, recipentes, colgantes, accesorios de costura, cestería, coiro, etc* Cociña: alimentos e nutrición; menús saudables; propiedades de froitas e verduras; misturas interesantes; batidos enerxizantes, etc

MetodoloxíaA metodoloxía artellada para esta actividade será lúdica e participativa, utilizando dinámicas de grupo, tormentas de ideas e traballo cooperativo a través de propostas suxestionadas polo educador/a que teñan como fio conductor as artes, as novas tecnoloxías, o xogo

Actividades-tipoA. CREATIVIDADE E RECICLAXE: manualidades, accesorios, abalorios, enfeites… de diferentes materiaisB. CREATIVIDADE E EXPRESIÓN CORPORAL: Mimo, coreografía grupal cunha música actualC. CREATIVIDADE E XOGO: Creamos os nosos propios xogos; propoñemos variantes a xogos coñecidosD. ARTES: Pintura cooperativa/grupal (murais), contacontos, certame das letras (poesía, narrativa, etc)E. CREATIVIDADE E COCIÑA: xogamos cos alimentos: pirámide, combinacións… Batidos, merendas saudables… etc

Page 8: ACTIVIDADE: JUDO - edu.xunta.gal · ACTIVIDADE: JUDO Descrición Actividade de iniciación na práctica do Judo baixo un aspecto xeral e lúdico, dominando as técnicas básicas:

ACTIVIDADE: INICIACIÓN AO CIRCO

DescriciónA actividade de CIRCO proporciona un entorno de creatividade e expresión artística no eido psicomotor que precisa dun gran control das habelencias motrices: manexo de obxectos, equilibrio, coordinación, ritmo,… e moita cooperación. É polo tanto unha proposta moi adecuada para desenvolver as capacidades físicas e coordinativas de xeito lúdico e participativo

Alumnado

IdadesA idade dos alumnos varía desde os 3 anos aos 12 anos.

AgrupamentosEn función de dous parámetros: idade e nivel

Monitorado Educador con formación neste tipo de habelencias específicas (TAFAD con experiencia profesional, etc)

Instalación As actividades teñen lugar nunha aula do Centro Escolar

Material Aros, platos chineses, indicas, mazas, pelotas de malabares, cariocas, rulos e equilibrios, slackline, etc. Todo este material será aportado pola Empresa

Programa da actividade

ObxectivosO fin último da actividade é a mellora psicomotora á vez que ésta se produce con espontaneidade e expresividade; detaiadamente: 1. Ter unha imaxe positiva de si mesmo. 2. Adquirir o hábito de cooperación grupal e valorar, escoitar e mostrar interese polas achegas feitas polos compañeiros/as. 4. Desenvolver as habelencias físicas e coordinativas de carácter manipulativo: malabares, equilibrios, etc 5. Crecemento personal a través do coñecemento dun mesmo, a aceptación e o achegamento ao grupo

Contidos* Malabares: paus do diaño, pelota, mazas, panos, cariocas, etc* Equilibrios: rulo, platos chineses, pelota de equilibrio, slackline* Montaxes e espectáculos de circo, con pases de habelencias

MetodoloxíaA metodoloxía artellada para esta actividade será lúdica e participativa, utilizando dinámicas de grupo, tormentas de ideas e traballo cooperativo.

Actividades-tipo- Exercicios de habelencias de circo: indiciduais, parellas e colectivas- Montaxes de shows con mostra de habelencias- Circuitos de equilibrio e habelencias

Page 9: ACTIVIDADE: JUDO - edu.xunta.gal · ACTIVIDADE: JUDO Descrición Actividade de iniciación na práctica do Judo baixo un aspecto xeral e lúdico, dominando as técnicas básicas:

ACTIVIDADE: ENXEÑOS MECÁNICOS E ROBÓTICA

Descrición A través desta actividade preténdese un achegamento divertido á tecnoloxía, a mecánica e as leis físicas do movemento. Traballarase a visión espacial, odeseño de estruturas e a programación sinxela de ordes que produzan movementos e accións nos aparellos construidos

Alumnado

IdadesA idade dos alumnos varía desde os 3 anos aos 12 anos.

AgrupamentosEn función de dous parámetros: idade e nivel

Monitorado Educador con formación psicopedagóxica e nocións de novas tecnoloxías, mecánica, etc

Instalación As actividades teñen lugar nunha aula do Centro Escolar

Material Aproveitamento de materiais aportados polo alumnado: aterial de refugallo, videoconsolas antigas, Meccanos, Legos ou similar, etc. A Empresa aportaráo material de programación, tablet, ordenador, motores eléctricos, ferramentas de montaxe, etc

Programa da actividade

Obxectivos- Iniciar ao alumnado nos fundamentos da física e a mecánica, descubrindo os principios e leis que as rixen de xeito práctico e divertido- Socializarse, crear vínculos cos nosos semellantes a través da realización de actividades colaborativas

ContidosContidos básicos a traballar:- Elementos constructivos básicos: vigas, soportes, conectores, transmisores de movemento (poleas, correas, engranaxes, etc), xeradores de movemento: motores, etc- Nocións básicas de física e mecánica: movemento lineal e circular, multiplicación-desmultiplicación, velocidade, aceleración, etc. Tipos de enerxía: eléctrica, calorífica, etc- Programación de ordes a través de software e interfaces sinxelas: arduino, etc

MetodoloxíaUtilizaranse situacións-problema onde haberá que utilizar a creatividade para resolvelos; estimularanse os deseños propios e orixinais, que utilicen os recursos mecánicos e físicos explicados con anterioridade.

Actividades-tipoA. CREATIVIDADE E NOVAS TECNOLOXÍAS: Facemos unha curta coa técnica “stop-motion” (plastilina); deseñamos e grabamos un “lipdub”; creamos unha orquestra coa nosa Nintendo DS / Corrente eléctrica: fabricamos unha pila / medimos a intensidade /etc / Enerxías renovables: como aproveitar a enerxía que nos rodea: muiños, forno solar, etc / Cambios de estado / gases e propulsión, etcB. MECÁNICA BÁSICA: Montaxe de máquinas sinxelas: poleas, muiños, ascensores, vehículos rodantes, etcC. PROGRAMACIÓN E ROBÓTICA: Incorporación de interfaces que permitan autonomía de funcionamento nos aparellos deseñados; dispositivos de recollida de información: sensores de infravermellos, de contacto, etc