a reprodución das plantas

9
A reprodución das plantas.

Upload: willis

Post on 17-Jan-2016

61 views

Category:

Documents


0 download

DESCRIPTION

A reprodución das plantas. 1. A reprodución sexual nas fanerógamas. As que os órganos reprodutores atópanse na flor: -Órganos externos: cáliz e corola. -Órganos reprodutores: estames e pistilo. As plantas son hermafroditas, xa que fabrican óvulos coma espermatozoides. - PowerPoint PPT Presentation

TRANSCRIPT

Page 1: A reprodución das plantas

A reprodución das plantas.

Page 2: A reprodución das plantas

1. A reprodución sexual nas fanerógamas.As que os órganos reprodutores atópanse na flor:-Órganos externos: cáliz e corola.-Órganos reprodutores: estames e pistilo.As plantas son hermafroditas, xa que fabrican óvulos coma espermatozoides.Hai plantas que só son masculinas, porque non teñen pistilo, e flores que unicamente son femininas, porque non teñen estames.

Page 3: A reprodución das plantas

2. Polinización, fecundación e formación da semente.A polinización:O traslado do pole recibe o nome de polinización cando os grans de pole, deben viaxar desde o estame dunha flor ata o pistilodoutra flor da mesma especie, onde están aloxados os óvulos.O pole pode ser transportado dunha flor a outra flor de dúas maneiras diferentes:-Polo vento.-Mediante os insectos.

A fecundación:O gran de pole que chega a un pistilo adhírese ao seu extremo superior e produce o tubo polínico, que chega ata un dos rudimentos de semente do pistilo da flor.Por cada tubo baixan os espermatozoides e se atopan co óvulo contido no rudimento.Daquela ten lugar a fecundación.

Page 4: A reprodución das plantas

A formación da semente:Como resultado da fecundación, en cada órgano fórmase un cigoto, que comeza a se multiplicar repetidamente e a medrar e se converte ao final nun embrión.O rudimento de semente que contén o embrión tamén medra, e convértese nunha semente.A semente está formada principalmente por substancias de reserva que han de servir para alimentar ao embrión ata que se converta nunha planta capaz de se alimentar por si mesma.

Page 5: A reprodución das plantas

3. O froito. Espallamento e xerminación das sementes.O froito:Mentres se forman as sementes dentro do pistilo, este medra e sofre diversas modificacións que o converten en froito.Os froitos adquiren formas moi variadas:-Froitos carnosos: o pistilo engrósase e vólvese tenro e zumarento. Aos comestibles para o ser humano chamámoslle froitas.-Froitos secos: teñen paredes delgadas que secan co tempo. Nalgúns, a parede é dura.Os froitos poden conter moitas sementes ou ben unha soa.

Page 6: A reprodución das plantas

Espallamento das sementes:Os sistemas mais comúns que empregan as sementes para espallarse son:-O vento: moitas sementes e froitos pequenos teñen pelos ou membranas, que lles permiten aboiar no aire.-Os animais: os froitos carnosos sérvenlles de alimento a diversos animais. As sementes non poden ser dixeridas, e son expulsadas cos excrementos do animal. Outros froitos están cubertos de espiñas con ganchos que se adhiren ao pelo dos animais ou á roupa das persoas.

Xerminación da semente:Cando a semente está no solo e atopa a humidade e a temperatura axeitadas, o embrión comeza a medrar e aparecen os bosquexos de raíz, talo e follas.A raíz rompe as cubertas da semente e afúndese na terra, mentres que o talo medra cara arriba e aparecen as primeiras follas.Cando estas follas son capaces de realizar a fotosíntese, a nova planta deixa de alimentarse das reservas que tiña a semente e comeza a súa vida independente.O proceso que orixina unha nova planta a partir dunha semente recibe o nome de xerminación.

Page 7: A reprodución das plantas

4. Outros tipos de reprodución vexetal.A reprodución asexual nas fanerógamas:Na reprodución asexual, un só individuo é capaz de producir descendentes sen axuda doutro.Os tipos de reprodución asexual mais frecuentes nas fanerógamas son:-Por bulbos, que son a parte inferior dun talo, envolta por follas sen clorofila, moi grosas e moi xuntas.-Por tubérculos, que son o extremo dun talo subterráneo que almacena o alimento e se engrosa.-Por rizomas, que son talos que medran horizontalmente baixo terra , e dos que xorden pólas verticais a determinadas distancias.

Page 8: A reprodución das plantas

A reprodución nas plantas sen flores:Nas plantas sen flores ocorren dous tipos de reprodución que se van alternando:-A reprodución sexual, semellante á dos vexetais con flores.-A reprodución asexual, polo xeral mediante esporas, que son unhas células moi resistentes fabricadas nos esporanxios.

Page 9: A reprodución das plantas

Traballo realizado por Nuria: