a nosa especie

73
O SER HUMANO: A NOSA ESPECIE Adán Gonçalves

Upload: adan-goncalves-conselleria-de-educacion-xunta-de-galicia

Post on 13-Feb-2017

219 views

Category:

Education


8 download

TRANSCRIPT

Page 1: A nosa especie

O SER HUMANO: A NOSA ESPECIE

Adán Gonçalves

Page 2: A nosa especie

O DESCUBRIMENTO DA CÉLULA

Page 3: A nosa especie

O DESCUBRIMENTO DA CÉLULA

Microscopio utilizado por Robert Hooke (1665)

Page 4: A nosa especie

O DESCUBRIMENTO DA CÉLULA

En 1674 Leuwenhoek

observou hematías,

espermatozoides,

protozoos e mesmo

describiu unha bacteria.

Todo elo grazas a un

microscopio de maiores

aumentos fabricado por él.

Esquemas dos microorganismos

obsevados por Leeuwenhoek

Page 5: A nosa especie

O DESCUBRIMENTO DA CÉLULA

A teoría celular está vencellada á invención das lentes e á

construcción dos microscopios que permitiron ter unha visión moi

ampliada destas estructuras, podendo observar características

totalmente imperceptibles ó ollo humano.

En 1838-39 Schleiden e Schwann enuncian a primeira

teoría celular segundo a cal, a célula é a unidade

estructural e funcional dos seres vivos, capaz de manter

unha existencia propia e independente

Page 6: A nosa especie

O DESCUBRIMENTO DA CÉLULA

1858 Virchow completa o postulado anterior afirmando

que todas as células se orixinan a partir dunha

preexistente.

Page 7: A nosa especie

A TEORÍA CELULAR

A teoría celular resúmese nos seguintes puntos:

A célula é a unidade estrutural dos seres vivos

A célula é a unidade funcional de todos os

seres vivos.

Toda célula procede doutra preexistente e

contén o material xenético dun ser vivo.

A Teoría Celular

Page 8: A nosa especie

A TEORÍA CELULAR

Sen embargo, a

universalidade da

teoría celular non foi

completa ata que

Santiago Ramón y

Cajal demostrou a

individualidade das

neuronas.

Agora si podíamos dicir que todos os tecidos

están formados por células!

Page 9: A nosa especie

OS NIVEIS DE ORGANIZACIÓN

Son os distintos graos en que se organiza a materia.

Niveis Abióticos: (Non sustentan vida)

Nivel molecular: referido ás moléculas (unión de átomos). As

moléculas que forman parte da materia viva denomínanse

biomoléculas .

Hainas inorgánicas (auga e sales minerais) e orgánicas (glícidos,

lípidos , proteínas e ácidos nucleicos)

Page 10: A nosa especie

OS NIVEIS DE ORGANIZACIÓN

Niveis Bióticos: (sustentan a vida)

Nivel Celular: o das células. Unidade básica de vida. A este nivel

pertencen os organismos unicelulares. É habitual que os unicelulares

formen colonias (agrupación de células que manteñen a independencia).

Nivel Pluricelular: inclúe a todos los organismos constituídos por máis

dunha célula (organismos pluricelulares); neles as células non son

independentes, hai especialización.

Page 11: A nosa especie

Dentro do nivel pluricelular hai distintos graos de complexidade:

- Tecidos: conxunto de células que realizan unha función. P.e.

tecido nervioso.

- Órganos: asociación de tecidos para levar a cabo un acto

concreto. P.e. corazón.

- Sistemas: conxunto de órganos parecidos, nos que hai un tecido

predominante, que se asocian para realizar unha función. P.e. sistema

circulatorio.

- Aparellos: conxunto de órganos que poden ser moi diferentes,

pero cuxos actos están coordinados para levar a cabo unha función máis

xeral que nos sistemas. De feito,é frecuente que inclúa varios sistemas.

P.e.: aparello circulatorio: sistema circulatorio e linfático.

OS NIVEIS DE ORGANIZACIÓN

Page 12: A nosa especie

OS NIVEIS DE ORGANIZACIÓN

Nivel de poboación: conxunto de individuos dunha mesma especie que

son coetáneos.

Nivel de comunidade: conxunto de poboacións (comunidade ou

biocenose).

Nivel de ecosistema: biocenose que vive nun determinado lugar (biotopo) e

as súas interrrelacións.

Biosfera: todolos ecosistemas do planeta.

Page 13: A nosa especie

OS NIVEIS DE ORGANIZACIÓN

Page 14: A nosa especie

NIVEL CELULAR: MODELOS DE ORGANIZACIÓN

En que se parecen?

Page 15: A nosa especie

NIVEL CELULAR: MODELOS DE ORGANIZACIÓN

Todas as células

teñen en común:

Membrana

plasmática

Citoplasma

ADN que contén

a información

xenética da

célula

Page 16: A nosa especie

NIVEL CELULAR: MODELOS DE ORGANIZACIÓN

A partir disto a diferenciación máis

básica das células establece dous niveis

de organización: célula procariota e

célula eucariota.

Características procariotas:

Carecen de verdadeiro núcleo.

Apenas posúen orgánulos

(ribosomas)

Son bacterias e similares. Reino

Moneras.

Unicelulares ou colonias (Moi

pequenas)

Page 17: A nosa especie

Características eucariotas:

Posúen verdadeiro núcleo, con

envoltura nuclear.

Numerosos orgánulos.

Poden ser uni ou pluricelulares.

(Máis grandes)

Conforman os reinos restantes:

Protoctista, fungo, vexetal e animal.

Dous tipos básicos: animal e

vexetal.

NIVEL CELULAR: MODELOS DE ORGANIZACIÓN

Page 18: A nosa especie
Page 19: A nosa especie

COMPOÑENTES CELULARES DAS CÉLULAS EUCARIOTAS

Estruturas celulares

Membrana plasmática: estrutura que separa á célula do medio

externo. Formada por unha bicapa lipídica con colesterol e proteínas.

As proteínas que posúe cada célula confírenlle especificidade de

resposta a estímulos.

Citoplasma: fluído acuoso no que se atopa o citoesqueleto (proteínas

que dan forma e movemento ás células) e os orgánulos.

Núcleo: Dobre membrana que encerra o material xenético ou ADN

(cromatina) no que reside toda a información do que fai a célula.

Cromosomas: a cromatina durante a división celular condénsase e

forma os cromosomas que se reparten igualitariamente entre as células

fillas. Nós posuímos 46 cromosomas.

Page 20: A nosa especie

Mitocondrias : son alongadas e nelas lévase a cabo a respiración

celular.

Ribosomas : sintetizan proteínas.

Retículo endoplasmático : conxunto de tubos e canles

conectados. Pódese nel diferenciar dúas zonas:

- Retículo endoplasmático rugoso : asociado a ribosomas no

que se sintetizan e almacenan proteínas.

- Retículo endoplasmático liso : non asociado a ribosomas no

que sintetizan e almacenan lípidos.

Aparello de Golgi : conxunto de sacos aplanados que constitúen o

almacén das substancias procedentes do retículo endoplasmático.

Encárgase tamén da súa secreción cara o exterior celular.

COMPOÑENTES CELULARES DAS CÉLULAS EUCARIOTAS

Orgánulos celulares

Page 21: A nosa especie

Vacúolos : Sacos onde se acumulan auga e substancias disoltas. Son

típicos das células vexetais, pero tamén aparecen nas animais.

Lisosomas : son vesículas dixestivas.

Centrosoma : estrutura formada por dous centriolos e fibras proteicas.

Atópase preto do núcleo e participa no reparto de material xenético na

división e na formación de cilios e flaxelos. Os centriolos só aparecen nas

células animais.

Cloroplastos : Orgánulo cun sistema de membranas que no seu interior

conteñen clorofila, o pigmento que lles permite realízar a fotosíntese. É

exclusivo das células vexetais.

COMPOÑENTES CELULARES DAS CÉLULAS EUCARIOTAS

Orgánulos celulares

Page 22: A nosa especie

Estrutura

dun

cloroplasto

Page 23: A nosa especie

Estrutura dunha mitocondria

Page 24: A nosa especie

CÉLULA EUCARIOTA ANIMAL E VEXETAL

ANIMAL VEXETAL

Teñen formas máis irregulares

que nas vexetais.

Adoitan ter unha forma prismática.

Non teñen parede vexetal.

Posúen unha parede vexetal de

celulosa por fóra da membrana

plasmática que lles da resistencia e

rixidez.

Non posúen cloroplastos.

Posúen cloroplastos, onde se realiza a

fotosíntese.

Non teñen vacúolos tan grandes

como nas vexetais, pero teñen

vesículas pequenas de distintos

tipos.

Teñen un gran vacúolo que ocupa boa

parte do citoplasma.

Teñen centriolos Non teñen centriolos

Page 25: A nosa especie

COMO TRABALLA A CÉLULA?

Unha célua traballa de xeito similar a unha cadea de montaxe

nunha fábrica, é dicir coordinadamente.

Agora imos tentar facer o reto que nos propoñen no libro na páxina 12

Page 26: A nosa especie

A CÉLULA INTERCAMBIA SUBSTANCIAS CO MEDIO

A través da membrana plasmática de xeito selectivo (pasan unhas

substancias e outras non) e mediante distintos mecanismos:

Difusión simple ou pasiva: pasan moléculas pequenas sen carga a

favor de gradiente (O2, CO2…), así tende a igualarse a concentración

en ambolos dous lados da membrana.

Osmose: así pasa a auga dende a disolución máis diluida cara a máis

concentrada para tamén igualar concentracións.

Transporte mediado por proteínas: así pasan as moléculas máis

grandes (glicosa) ou con carga (ións). Pode ser a favor de gradiente

(transporte pasivo) e non require enerxía, ou en contra de gradiente

(transporte activo) e require enerxía.

Page 27: A nosa especie

A CÉLULA INTERCAMBIA SUBSTANCIAS CO MEDIO

Endocitose e exocitose: para as partículas máis grandes (proteínas,

bacterias…) fórmase unha vesícula a partir da membrana que se

invaxina (endocitose) ou se evaxina (exocitose) permitindo a entrada

ou saída destas substancias.

Page 29: A nosa especie

AS FUNCIÓNS VITAIS

A célula, como vimos, constitúe a unidade funcional dos seres vivos. Esto significa

que leva a cabo todas as funcións: nutrición, relación e reprodución.

A nutrición son o conxunto de procesos polos cales os organismos toman

substancias do exterior e transformanas en materia propia e enerxía.

O metabolismo son o conxunto de procesos químicos que sofren os nutrientes

dentro das células. Divídese en:

Catabolismo: son reaccións de degradación. De moléculas orgánicas complexas a

moléculas inorgánicas sinxelas para obter enerxía. Esta enerxía será empregada

en levar a cabo as funcións celulares.

Anabolismo: son reaccións de construción de moléculas. Convértense as

substancias máis sinxelas en substancias orgánicas complexas propias da célula

que serán empregadas na renovación, reparación e construción de estruturas da

célula. Necesitan enerxía.

Page 30: A nosa especie

Poden existir dous tipos de nutrición atendendo ás substancias que

incorporan as células. E así diferenciamos:

Organismos autótrofos: producen a súa propia materia orgánica

(alimento) a partir de materia inorgánica que toman do medio. Para

facelo precisan enerxía, se esta enerxía é a do sol fálase de autótrofos

fotosintéticos (algunhas bacterias e todas as algas e vexetais).

Organismos heterótrofos: aliméntanse doutros organismos ou dos

seus restos. Son os protozoos, os fungos, os animais e moitas

bacterias. Segundo os seus hábitos de alimentación poden ser:

herbívoros, carnívoros, omnívoros, filtradores, preeiros

(=carroñeiros)...

Page 31: A nosa especie

AS FUNCIÓNS VITAIS

A relación é a función vital que permite aos organismos captar

determinados cambios (estímulos) dentro ou fóra do seu corpo e

responder o mellor posible para garantir a súa supervivencia.

As células posúen na súa membrana plasmática proteínas capaces de

recibir estímulos do exterior para que poidan respostar do modo máis

axeitado.

O esquema xeral das fases desta función sería:

Estímulo-Receptor-Coordinador-Efector-Resposta

Page 32: A nosa especie

AS FUNCIÓNS VITAIS

A función de reprodución é a capacidade dos seres vivos de xeras novos

individuos semellantes aos proxenitores para perpetuar a especie.

Durante o ciclo celular, hai unha fase na que a célula se reproduce por

división celular orixinando células “fillas”.

CICLO CELULAR

Page 33: A nosa especie

En eucariotas a división celular pode suceder de dous xeitos:

MITOSE: a célula “nai” duplica o seu material xenético e divídeo en partes

iguais entre dúas células “fillas”, que son idénticas á proxenitora.

MEIOSE: A célula “nai” duplica o seu material xenético e fai dúas divisións

consecutivas sen realizar unha duplicación intermedia do material

xenético. O resultado son catro células “fillas” diferentes entre sí e coa

metade dos cromosomas da “nai”. Este mecanismo orixina os gametos

(espermatozoides e óvulos) que reestablecen o material xenético logo da

súa unión na fecundación. O sentido desta “división reducional” é manter

constante o nº de cromosomas da especie tras a fecundación e dar lugar a

células “fillas” parecidas a “nai”, pero non iguais.

Page 34: A nosa especie
Page 35: A nosa especie

NIVEL PLURICELULAR: TECIDOS

Neste curso abordaremos unicamente os tecidos animais.

Un tecido é un conxunto de células semellantes que realizan unha

mesma función de xeito coordinado.

No noso organismo diferenciamos os seguintes tecidos:

Epitelial: de revestimento e glandular.

Conectivo: conxuntivo, cartilaxinoso e óseo.

Muscular: liso, estriado e cardíaco.

Nervioso

Page 36: A nosa especie

TECIDO EPITELIAL

Formado por células intimamente unidas, con pouca

substancia intercelular.

As células son en xeral de forma xeométrica.

Non leva vasos sanguíneos nin nervios, polo que vai sempre

asociado a tecido conxuntivo.

Segundo a súa función hai dous tipos:

A) Epitelios de revestimento

B) Epitelios glandulares

Page 37: A nosa especie

A) EPITELIOS DE REVESTIMENTO

As súas células están fortemente unidas a súa función

principalmente protectora. Recobre as superficies externas e os

condutos internos. Son exemplos:

Mucosas: epitelio que recobre a cavidade bucal, o intestino, as

vías respiratorias.

Epiderme: epitelio que forma a parte externa da nosa pel.

Endotelio: epitelio que recobre o interior dos vasos sanguíneos e o

corazón.

Page 38: A nosa especie

MUCOSAS

Page 39: A nosa especie

Células

mortas

EPIDERME

I.E.S. Otero Pedrayo.

Ourense

Tecido conxuntivo

Tecido epitelial

Page 40: A nosa especie

ENDOTELIOS

Alveolo pulmonar

Teñen unha única capa de células para

facilitar o paso de substancias.

Page 41: A nosa especie

B) Epitelios GLANDULARES

Son epitelios con función secretora, é dicir que segregan

substancias.

As glándulas poden ser fundamentalmente:

I.E.S. Otero Pedrayo.

Ourense

Page 42: A nosa especie

Exócrinas

O producto fabricado nelas sae por condutos secretores ó exterior

do corpo ou a unha cavidade (sudoríparas, salivares, gástricas…)

Endócrinas

Nelas fabrícanse as hormonas. Non teñen conductos secretores, polo

que o producto formado pasa ó torrente circulatorio (glándula tiroides,

hipófese…).

Ademais adoitase a diferenciar outro tipo máis:

Mixtas

Actúa como glándula exócrina e endócrina simultáneamente (páncreas).

Page 43: A nosa especie

Pel. Glándulas sebáceas

I.E.S. Otero Pedrayo.

Ourense

Page 44: A nosa especie

TECIDOS CONECTIVOS

Tecidos variados, con funcións protectoras ou de soporte.

Formados por células pouco diferenciadas rodeadas de

substancia intercelular de composición moi variable.

Hai catro tipos fundamentais de tecidos conectivos:

a) Tecido conxuntivo.

b) Tecido adiposo (variante do conxuntivo)

c) Tecido cartilaxinoso

d) Tecido óseo

Page 45: A nosa especie

Tecido conxuntivo: rodea é protexe os órganos. É o “cemento” do

noso corpo. Atópase nos tendóns, nos ligamentos ou na derme.

Tecido adiposo: a súa función primordial é acumular graxa nos

adipocitos (células especializadas nesta función). É reserva

enerxética, illante térmico e ten función protectora dalgúns

órganos.

Tecido cartilaxinoso: as súas células, os condrocitos, producen

unha substancia intercelular resistente e flexible: a

cartilaxe.Atópase nas articulacións dos ósos, no nariz, na tráquea

ou no pavillón auricular.

Tecido óseo: as súas células, os osteocitos, elaboran unha

substancia intercelular ríxida e compacta formada por sales

minerais de calcio e fósforo: os ósos.

Page 46: A nosa especie

TECIDO CONXUNTIVO

Page 47: A nosa especie

TECIDO ADIPOSO

Page 48: A nosa especie

TECIDO CARTILAXINOSO

Page 49: A nosa especie

TECIDO ÓSEO

Page 50: A nosa especie

TECIDO MUSCULAR

Tecido muscular liso

Tecido muscular estriado (esquelético)

Tecido muscular cardíaco (miocardio)

Células fusiformes. Máis común en

invertebrados. Nos vertebrados forma os

músculos de contracción involuntaria e

lenta, recobre cavidades internas

(dixestivo, respiratorio, vasos, útero,

vexiga urinaria...)

Formado por células

alongadas chamadas

fibras musculares,

especializadas na

contracción grazas ás

miofibriñas

proteicas de actina e

miosina.

Células plurinucleadas de aspecto

estriado (bandas claras e escuras).

Músculos de contracción voluntaria e

rápida.

Exclusivas do corazón dos vertebrados.

Células uni ou binucleadas, de aspecto

estriado. Son máis curtas e máis anchas

que as estriadas e son ramificadas.

Contracción involuntaria. I.E.S. Otero Pedrayo.

Ourense

TECIDOS MUSCULARES

Page 51: A nosa especie

Tecido muscular liso

Fibras lisas

I.E.S. Otero Pedrayo.

Ourense

Page 52: A nosa especie

Tecido muscular estriado I.E.S. Otero Pedrayo.

Ourense

Page 53: A nosa especie

Tecido muscular cardíaco

Page 54: A nosa especie

Células da neuroglía

ou da glía: células non

nerviosas con funcións

metabólicas, de soporte

e protección.

Neuronas:

células

nerviosas

TECIDO NERVIOSO

Rede complexa composta

por dous tipos de células:

Page 55: A nosa especie

NIVEL PLURICELULAR: ÓRGANOS, SISTEMAS E

APARELLOS

Os órganos son asociacións de tecidos para levar a cabo unha función

particular. Exemplos: o corazón, o estómago, os pulmóns…

Os sistemas son asociacións de órganos compostos polos mesmos tipos de

tecidos (mesma orixe) que fan unha función determinada. Os principais

son:

Circulatorio

Linfático

Muscular

Esquelético ou óseo

Nervioso

Endócrino

Inmunitario

Page 56: A nosa especie

Sistema circulatorio: formado polo corazón e os vasos sanguíneos. Conduce o

sangue por todo o corpo, distribúe as subtancias nutritivas e recolle o CO2 e os

refugallos do metabolismo.

Sistema linfático: composto polos ganglios, os vasos e os capilares linfáticos.

Devolve o exceso de líquido extracelular ao sangue, transporta graxas e intervén

na defensa.

Sistema muscular:é a parte activa do aparto locomotor. Formado polos músculos

esqueléticos, axúdanos a manter a nosa posición e participa na locomoción.

Sistema esquelético: é o soporte do locomotor. Composto por ósos. Ten función

locomotora, de protección de órganos e de reserva de Ca.

Sistema nervioso: formado polo encéfalo, a médula espiñal e os nervios. Percibe

estímulos do medio interno e externo, conduce impulsos e elabora respostas.

Sistema endócrino: composto polas glándulas endócrinas. Colabora co nervioso

na coordinación mediante as hormonas que segrega ao sangue e que actúan

sobre células diana.

Sistema inmunitario: atópase por todo o organismo e nos protexe fronte a entrada

de axentes patóxenos.

Page 57: A nosa especie

Os aparatos están formadas por un conxunto de órganos moi diferentes que

actúan de xeito coordinado para levar a cabo unha función superior.

Aparello respiratorio: constituído polas vías respiratorias e os pulmóns. Capta o

O2 e expulsa o CO2 producido durante o metabolismo celular.

Aparello dixestivo: formado polo tubo dixestivo e as gándulas dixestivas

(glándulas salivares, fígado e páncreas). Capta o alimento, degradao e absorbe os

nutrientes e elimina os restos non dixeribles.

Aparello circulatorio: composto polo sistema circulatorio (arterial e venoso) e o

sistema linfático. Formado polo corazón, os vasos sanguíneos, o sangue, os vasos

linfáticos, a linfa...

Encárgase de distribuir os nutrientes polo organismo e de recoller os refugallos do

metabolismo celular que serán eliminados nos órganos correspondentes. Tamén

participa na defensa e no control da temperatura corporal.

Aparello reprodutor: Formado polas gónadas, vías xenitais e xenitais externos.

Produce os gametos (óvulos nas femias e espermatozoides en animais). A unión dos

gametos (fecundación) orixina un novo individuo.

Page 58: A nosa especie

Aparello excretor ou urinario: formado polas vías urinarias, os riles e

outros órganos excretores (p.e. as glándulas sudoríparas).

Mantén o equilibrio hídrico do corpo e intervén na eliminación de

substancias de refugallo (excreción).

Aparello locomotor: constituído polos sistemas muscular e esquelético.

Posibilita a locomoción e mantén a postura corporal.

Page 59: A nosa especie

O MEDIO INTERNO

Os organismos unicelulares realizan o intercambio de substancias directamente co

medio externo cos rodea.

Nos pluricelulares, sen embargo, a maioría das células que os constitúen non teñen

un contacto directo co medio externo do organismo, polo que é indispensable

dispoñer dun medio extracelular no que se poida producir ese intercambio. Este

medio extracelular está formado nos pluricelulares máis complexos (con un gran nº

de células) por diversos líquidos que fan de intermediarios entre as células do

organismo e o medio externo.

O conxunto destes líquidos é o que denominamos medio interno.

Polo tanto, o medio interno prové as células de substancias nutritivas e O2, a vez

que recolle as substancias sobrantes e o CO2 procedentes do metabolismo.

O noso organismo rexistra constantemente todas as nosas constantes vitais. Cando

unha delas se altera reacciona aplicando mecanismos para contrarrestrar esa

alteración e reestablecer a homeostase.

Page 60: A nosa especie

HOMEOSTASE

Homeostase refírese á capacidade dun organismo de manter as

propiedades internas estables mediante a compensación das alteracións.

Porén, a propia actividade celular e os cambios externos modifican

constantemente o equilibrio interno polo que o noso organismo sempre

está a traballar en manter as condicións estables.

Nos pluricelulares como nós, a grande maioría das células non teñen

contacto directo co medio externo, por iso é esencial a resposta

coordinada dos nosos órganos, sistemas e aparatos que permiten a

conexión deste medio externo co medio interno que rodea ás células. No

noso organismo este medio interno está formado polo sangue, a linfa e o

plasma intersticial (enche os espazos intercelulares).

Page 61: A nosa especie

SAÚDE E ENFERMIDADE

•Saúde: segundo a OMS a saúde é “un estado de completo benestar físico,

mental e social”.

A saúde consiste no mantemento do equilibrio entre o medio interno e o

externo. A descompensacións desemboca nun estado de enfermidade.

•Enfermidade: constitúe calquera alteración do estado de saúde por causa

física, mental ou social.

Page 62: A nosa especie

Tipos de Enfermidades:

Enfermidades físicas: producidas por unha lesión, infección ou

proceso dexenerativo no organismo. Son as máis recoñecibles e

podémolas clasificar en:

- Infecciosas: un axente patóxeno introdúcese no organismo.

Exemplos: gripe, salmonelose...

- Non infecciosas: outras causas (xenéticas, nutricionais,

autoinmunes...). Exemplos: hemofilia, moitos tipos de cancro...

Enfermidades mentais: debidas a un mal funcionamento do cerebro

que conduce a unha diminución da capacidade mental ou a alteracións

da conduta. Exemplos: esquizofrenia, fobias...

Enfermidades sociais: ocasionadas polo entorno social (violencia,

carencias educativas...). Exemplos: agresividade social, tabaquismo,

drogadición, alcoholismo...

Page 63: A nosa especie

ENFERMIDADES NON INFECCIOSAS

Algúns exemplos poden ser:

Xenéticas: herdables. Daltonismo ou hemofilia.

Nutricionais: Alteracións na alimentación, malos hábitos. Bulimia ou

anorexia.

Dexenerativas: por perda progresiva da funcionalidade dun órgano ou

tecido. Alzheimer ou artrite.

Autoinmunes: o sistema inmune ataca aos seus propios tecidos. Colitis

ulcerosa.

Endócrinas: alteracións que atinxen ao sistema endócrino. Diabete,

hipertiroidismo (bocio).

Metabólicas: alteracións na produción ou degradacións de substancias.

Exceso de ácido úrico.

Alérxicas: resposta inmunitaria esaxerada. Alerxia ao pole, alimentarias..

Traumáticas: por un golpe, ferida ou queimadura.

Page 64: A nosa especie

ENFERMIDADES INFECCIOSAS

Axente patóxeno causante de enfermidades infecciosas

Fungos Eucariotas pluricelulares, precisan humidade. Contaxio por

contacto. Enfermidades: pé de atleta e candidíase.

Protozoos Eucariotas unicelulares. Contaxio por contaminación da

auga ou dos alimentos e mediante picada de insectos.

Enfermidades: malaria e amebíase.

Bacterias Procariotas. Contaxio por calquera medio. Enfermidades:

tétanos, neumonía, difteria ou salmonelose.

Virus Partículas infecciosas (non células). Formados por unha

cápsula proteica que contén o material xenético. Penetra nas

células dun organismo e ao infectalas pode provocar a

enfermidade. Enfermidades: gripe, VIH, sarampelo ou

hepatite.

Page 65: A nosa especie

A TRANSMISIÓN DAS ENFERMIDADES INFECCIOSAS

Contaxio: é o proceso polo que un axente

patóxeno invade o organismo dunha

persoa sa desde outra enferma. Pode ser:

Contaxio directo: a propagación do

axente patóxeno prodúcese por

contacto físico ou por fluidos corporais

(saliva, sangue, seme…)

Contaxio indirecto: non hai contacto

directo coa persoa portadora. Pode

producirse dende reservatorios

(hábitat (lugar ou organismo) onde

normalmente se establecen e

multiplican os patóxenos) ou mediante

vectores da enfermidade (animais

infectados).

Page 66: A nosa especie

DOAZÓN DE CÉLULAS, TECIDOS E ÓRGANOS

Actualmente é factible substituír algunhas células, tecidos e órganos que

non funcionan polos doutra persoa. A acción da cesión de células,

tecidos e órganos denomínase doazón.

As células que se doan com maior frecuencia son os gametos para

resolver problemas de infertilidade.

Os trasplantes de tecidos empréganse para reparar zonas alteradas.

Adoitase a utilizar tecido do propio paciente para evitar o rexeitamento.

Os órganos máis demandados son: corazón, ollos, fígado, riles,

pulmóns e páncreas.

O maior problema nos trasplantes é a insuficiencia de doadores.

Page 67: A nosa especie

Nos países desenvolvidos, con boas condicións hixiénicas e alimentación suficiente e variada, as causas que provocan a morte son diferentes ás dos países en desenvolvemento.

En España a esperanza de vida é de arredor dos 80 anos. No último século aumentou máis de corenta anos.

AUMENTO DE ESPERANZA DE VIDA EN ESPAÑA NO ÚLTIMO SÉCULO

PRINCIPAIS CAUSAS DE MORTE EN DIFERENTES PAÍSES

PREVENCIÓN DE ENFERMIDADES

Nos países desenvolvidos as maiores taxas de enfermidades débense a enfermidades non infecciosas

cuxas causas están relacionadas co noso estilo de vida.

Page 68: A nosa especie

A mellor maneira de manter a saúde e levar hábitos de vida

saudables:

Manter a hixiene

Seguir unha dieta variada e equilibrada e evitar as substancias

nocivas.

Facer exercicio físico.

Descansar o tempo axeitado.

HOMO SAPIENS: A NOSA ESPECIE

Especie: dous individuos son da mesma especie cando poden

reproducirse e dar lugar a descendencia fértil.

Page 69: A nosa especie

UN POUCO DE HISTORIA

O naturalista sueco Carl Von Linneo (1707-1778) na

súa obra Systema naturae establece as bases da

sistemática moderna. Linneo ordenou os organismos

en grupos de tamaño crecente dispostos de maneira

xerárquica en niveis (categorías), cada grupo dun nivel

abarca un ou máis do nivel inferior.

En 1731 crea a nomenclatura binomial que aparecerá

publicada na súa obra Species plantarum (1753). Este

xeito de asignar nome as especies segue a ser o que

utilizamos na actualidade:

Nome científico= nome xenérico + nome da especie

Page 70: A nosa especie
Page 71: A nosa especie

No caso da nosa especie:

Dominio: Eucariota

Reino: Animal

Filo ou división:

Cordados

Clase: Mamíferos

Orde: Primates

Familia: Homínidos

Xénero: Homo

Especie: Homo

sapiens

Page 72: A nosa especie

GRAZAS POR ATENDERME