12 miteu programa - vicou.uvigo.esvicou.uvigo.es/docs/cultura/teatro/miteu/miteu_2007.pdf · venres...

36
12 miteu mostra internacional de teatro universitario do 14 ao 29 de abril de 2007

Upload: hoanghuong

Post on 18-Jan-2019

220 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

12miteumostra internacional de teatro universitario

do 14 ao 29 de abril de 2007

O magnífico traballo que desenvolve a Aula de Teatro Universitaria de Ourenseleva aparellado o éxito na organización da Mostra Internacional de TeatroUniversitario, que este ano chega á súa XII edición.

Desde o sábado 14 ata o domingo 29 de abril a MITEU converte Ourense enreferente cultural, foro de encontro, comunicación, intercambio de ideas e debateentre estudantes e afeccionados ao teatro.

Os 25 espectáculos, tanto de grupos universitarios coma profesionais, de diferen-tes nacionalidades así como as mesas redondas e exposicións que se desenvolvenno Auditorio,Teatro Principal, Liceo e a nova Sala Teatral da Universidade agluti-nan nun curto período de tempo as manifestacións de teatro universitario máissignificativas e diversas.

Ante todo, como Alcalde, douvos a benvida á cidade esperando que disfrutedesdo tempo que pasedes entre nós e ao tempo aproveito estas liñas para felicitar áorganización, aos actores, directores, técnicos e colaboradores por brindarnosnovamente a oportunidade de disfrutar do traballo ben feito.

Enrique Nóvoa LópezAlcalde de Ourense

A terra necesita auga, e en Ourense témola ou deberiamos tela neste mes deabril.A cidade necesita creatividade, liberdade, humor, soños, solidariedade, ... e vamostela porque está a piques de empezar unha nova edición da MITEU. Estamos enépoca de colleita teatral e todo Ourense participará arrincándolle a cada grupo o mellor que pode dar e os froitos m*is apetecibles: ilusión e maxia a fartar,expresividade, estéticas e textos, a escoller,...Xa antes, outros tiñan sementado, Aula de Teatro Universitaria, Sarabela,Deputación Provincial-Teatro Principal, Concello de Ourense, Consellería deCultura e Deporte, Universidade de Vigo, medios de comunicación,...Gozade, pois, desta colleita 2007 que, desde o Campus Universitario de Ourense,atrevémonos a cualificar de excelente.¡SAÚDE!

Juan Francisco Gálvez GálvezVicerreitor do Campus de OurenseUniversidade de Vigo

Como cada ano a Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense tráe-nos un amplo e intenso programa que demostra a consolidación á que chegoueste encontro que é xa referencia tanto para o público como para os propiosparticipantes. A cidade énchese de teatro e acolle un certame no que o entusias-mo é un dos habituais protagonistas.

Con máis de dous lustros de celebración desta festa teatral universitaria, a MITEUé xa unha das citas culturais anuais que aparece fixa nos nosos calendarios. O tea-tro toma Ourense como escenario privilexiado para esta mostra e ofrécese ani-moso, como é natural con compañías que nacen nun ámbito como o universitarioe teñen nas táboas a súa escollida forma de expresión artística.

Na anterior edición destacabamos o vencello e a complicidade entre a manifesta-ción teatral e a diversidade cultural que se produce no ámbito universitario.Ingrediente fundamental desta relación é a posta a disposición do público do tra-ballo artístico continuo que se vén desenvolvendo nas aulas de teatro universita-rias, principal finalidade desta Mostra, que desenvolverá as súas actividades, ade-mais, nas súas tres sedes xeográficas de Ourense,Vigo e Pontevedra.

A MITEU é xa unha iniciativa cultural firme, con historia e futuro, que botou raícese afianzou un proxecto que toma forza en cada nova edición. Por todo isto, querodarlle os meus parabéns aos seus organizadores, entre outros motivos, por teracadado unha grande pluralidade na programación e pola enorme calidade doscolectivos e artistas que se achegan a esta convocatoria escénica internacional.Xunto á propia Mostra, a celebración de actividades paralelas completan un pro-grama que torna a cidade de Ourense nunha verdadeira fervenza cultural conmúltiples citas ás que acudir.

Dámoslle pois a benvida á MITEU do 2007 e gabámonos, desde a Consellería deCultura e o IGAEM, de sermos cómplices da festa teatral universitaria queOurense acolle un ano máis para a mellor educación de todos os públicos, e moiparticularmente, da comunidade universitaria.Vémonos, de novo, no teatro.

ÁNXELA BUGALLO RODRÍGUEZConselleira de Cultura e DeportePresidenta do IGAEM

A MITEU trae este ano unha cuádruple vertente diferenciada:

Os grupos universitarios coas propostas de novos directores, actores e equipotécnico que constitúen o futuro do teatro do XXI, a necesaria vangarda.

Grupos profesionais invitados que resulta difícil ver na nosa cidade polo seu for-mato, polas súas propostas arriscadas e por circunstancias variadas do mercado.

Comedias hilarantes do mellor que percorre o panorama estatal, para rir, porqueo riso rexuvenece tanto que nos volve nenos outra vez, e curiosos, para explorarmundo con ollada limpa.

Espectáculos, encontros, exposicións e documentais procedentes de países enconflicto, de persoas que precisan contar, contarnos, as súas realidades máis alódas modas informativas, que sofren, disfrutan, imaxinan e crean en realidadessociais moi afastadas da nosa.

Esta é a MITEU máis internacional, quizais a máis emocionante, a que terá intrigaata o final para ver se conseguen chegar todos os invitados, se as xestións demeses acaban plasmándose en espectáculos inolvidables.

É posiblemente a MITEU máis arriscada, pero sen risco non hai arte, non haiavance. E iso acaban entendéndoo as institucións e sobre todo as persoas que asconforman, porque a forza da necesidade de coñecemento é imparable.

Gracias aos credores en momentos difíciles. Gracias tamén a todos os que desdedespachos, rúas, teatros, xornais apoian á MITEU, a esta viaxe dos sentidos e asemocións que nos transporta a lugares do noso interior tan distantes entre si encada espectáculo.

FERNANDO DACOSTADirector da MITEU

PROGRAMA 12 MITEU

SÁBADO 14

BOMBASTIQUE BANDE. POIARES DE REGUA-VILA REAL. PORTUGAL eAULA DE TEATRO UNIVERSITARIA DE OURENSE "ROSAURA""Atmosfera" de Sabela Gago e Tito R. AsoreyRúa do Paseo. 19'00

AULA DE TEATRO UNIVERSITARIA DE LUGO"O público" de Federico García LorcaTeatro Principal. 20'30

PEPE VIYUELA. MADRID"Encerrona"Auditorio. 23'00

DOMINGO 15

AULA DE TEATRO UNIVERSITARIA DE OURENSE "CORDELIA""O casamento" Dramaturxia de Fina Calleja e Elena SeijoTeatro Principal. 20'30

MARTES 17

AULA DE TEATRO UNIVERSITARIA DE VIGO"Tellas verdes" de Fermín CabalTeatro Principal. 20'30

AULA DE TEATRO UNIVERSITARIA DE PONTEVEDRA"Nosa Señora das nubes" de Arístides VargasTeatro Principal. 23'00

MÉRCORES 18

TEATRO DE LA COSTA. TEL-AVIV. ISRAEL"A las 5 de la tarde". Basada en "Ay Carmela" de Sanchis Sinisterra Teatro Principal. 20'30

XOVES 19

COMPAÑÍA CUBANA DE TEATRO "MÁSCARA LAROYE""Cyrano de Bergerac" de Edmond RostandTeatro Principal. 12'00 e 20'30

GRUPO MUSICAL SAHARAUÍ FARSIA. FARSIA-SAHARAMúsica e danzaAuditorio. 23'00

VENRES 20

NUT TEATRO. COMPOSTELA"4.48. Psicose" de Sarah KaneSala teatral da Universidade. Edificio de Humanidades. 20'30

SÁBADO 21

TEATRUBI. COVILHÂ - PORTUGAL"Plagiai" de António Abernú e TeatrUbiTeatro Principal. 20'30

CINE DOCUMENTAL - EXIPTO/PALESTINA"Columpios" de Basel Ramsis LabibTeatro Principal. 23'00

DOMINGO 22

ASTA. COVILHÂ - PORTUGAL"Fóra do tempo" de Lorena Briscoe e ASTATeatro Principal. 20'30

LUNS 23

SALA YAGO. COMPOSTELA"Merda" de Ricardo de Barreiro, Rafael G. García, Xavier EstévezTeatro Principal. 20'30

MARTES 24

AULA DE TEATRO DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA"Trufaldino, servidor de dous amos" de Carlo GoldoniTeatro Principal. 20'30

MÉRCORES 25

TALÍA TEATRO. CEE"Bicos con lingua" de Varios AutoresTeatro Principal. 20'30

XOVES 26

AULA DE TEATRO DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA"Os fusís da Señora Carrar" de Bertolt BrechtTeatro Principal. 20'30

YLLANA. MADRID"Pagagnini" de Ara Malikian (Líbano) e YllanaAuditorio. 23'00

VENRES 27

THEATRE FOR EVERYBODY. GAZA - PALESTINA"Chekpoint" de Marianne BlumeTeatro Principal. 20'30

AULA DE TEATRO DA UNIVERSIDADE DE ZARAGOZA"Los bosques de Nyx" de Javier TomeoAuditorio. 23'00

SÁBADO 28

GRETUA. AVEIRO - PORTUGAL"Promissâo do quinto império" de Vicente SanchesTeatro Principal. 20'30

CARLOS BLANCO E OS COOL HAMSTER"Folk oral" de Carlos BlancoAuditorio. 23'00

DOMINGO 29

AULA DE TEATRO UNIVERSITARIA DE OURENSE. MARICASTAÑA"Unicornio" de Fernando DacostaTeatro Principal. 20'30

Clausura

14 DE ABRIL. SÁBADO19'00. PARQUE DE SAN LÁZARO / PASEO / PADRE FEIXOOATMOSFERADE TITO R. ASOREY e SABELA GAGOAULA DE TEATRO UNIVERSITARIA DE OURENSE. ROSAURAOURENSETEATRO UNIVERSITARIO

Científicos chegados de todas as partes do mundo debaten na rúas ourensássolucións disparatadas para minimizar os efectos do quecemento do planeta…Seremos quen de adaptarnos ao novo estilo de vida? Pode o teatro sobrevivir ao cambio climático? Como lle afectará? Será posiblerepresentar os grandes textos clásicos nunha atmosfera tan hostil?

Actores:Andrés Pombo, Paco Daza, Leticia Piñeiro, Patricia Ortigueira, Patricia Alonso, PatriciaNúñez, Beatriz Rey Marcos, Dori Feijóo, Raquel Lois, Ana Álvarez, Carolina Casares,Patricia.

Texto:Nate BorrajoTito Asorey

Dirección:Sabela GagoTito Asorey

ACOMPAÑADOS POR:BOMBASTIQUE BANDE. POIARES DE REGUA-VILA REAL. PERCUSIÓN.PORTUGAL

14 DE ABRIL.SÁBADO 20'30.TEATRO PRINCIPALO PÚBLICODE FEDERICO GARCÍA LORCAAULA DE TEATRO DA USC. CAMPUS DE LUGOLUGOTEATRO UNIVERSITARIO

O ser humano, as diferentes máscaras que vai adquirindo, cómo chegar a unmesmo. Despoxámonos da máscara para chegar ao amor verdadeiro onde nonimporta a forma.O director de escena acaba de estrear Romeo e Xulieta no teatro ao aire librepero, que pasaría se quitamos as barandas á ponte, se baixamos un escalón máis,se deixamos as portas do biombo abertas e aparecera o teatro baixo da area?Viría a máscara devorarnos?

ACTORES:Paula Buján López. Elena- Pastor Bobo- Centurión- NaiCarlos Díaz Fernández. DirectorEva Fernández Eiras. Dama – Traxe Alba Fernández Sánchez. Espido Vermello- NenoMarcos Figueroa García. Home 1 Cabalo BrancoTania Freire Vizcaíno. Dama- TraxeLaura García Recio. Xulieta Javier Gayoso Ponte. Figura de Axóuxeres- EstudantePaula Martínez Castro. EstudanteBruno Martínez Pérez. Figura de Abrochos- Estudante- Cabalo BrancoMelania Pérez Cruz. Arlequino-Prestidixitador- Cabalo negro -Enfermeiro- EmperadorRubén Pérez Pombo. CriadoRoberto Rivas Zas. Cabalo Branco – Home 3Alberte Viveiro Cadenas. Cabalo Branco- Home 2

MÚSICOS:Alba F, Bruno M, Javier G, Carlos D e Paula M

Equipo Técnico:Tradución de O Público. Xoan C.LaxeVestiario. Chelo Trinidad Luces e son. Alfredo Sarille. LuzsongaReportaxe. Miguel Angel CasalEscenografía. Suso Díaz Imaxes. Diego Blanco Urbano e Suso Díaz

Dirección, dramaturxia e adaptación. Paloma Lugilde

14 DE ABRIL. SÁBADO 23'00. AUDITORIOENCERRONADE PEPE VIYUELAPEPE VIYUELAMADRIDTEATRO PROFESIONAL

“ENCERRONA” é una reflexión sobre o cotián dende a perspectiva do pallaso. Opersonaxe vive a experiencia de quedar atrapado no escenario. Cando entra nelnon sabe onde se está metendo.

É un personaxe enganado que entra alí porque lle dixeron que ese é o camiño e,de súpeto, atópase fronte a un público que o mira e semella esixirlle algo. El nonvén actuar pero vese obrigado a facelo.

Quere escapar e só hai unha saída pero hai "alguén invisible" que lle impide fuxire obrígao a permanecer no escenario, enfrontándose a eses ollos que non seafastan del.

Os seus únicos compañeiros de travesía serán obxectos cotiáns cos que tenta saírdo paso: unha guitarra, unha chaqueta, un xornal e unha escada.

ACTOR. PEPE VIYUELA

15 DE ABRIL. DOMINGO20'30.TEATRO PRINCIPALO CASAMENTODRAMATURXIA DE FINA CALLEJA E ELENA SEIJO A PARTIR DE VARIOS AUTORESAULA DE TEATRO UNIVERSITARIA DE OURENSE. CORDELIAOURENSETEATRO UNIVERSITARIO

Un enlace feliz? A celebración dunha voda convértese nun desfile de personaxes magoados queturran das súas existencias danadas pero que aínda non perderon a esperanza.Unha festa de casamento será unha boa ocasión para tirar coas súas máscaras.

REPARTO:Maica CorbalBrais CidránElena BalboaToni BañobreMarta Pérez TorreEstefanía Arjiz CaoFroila L. PiñeiroMiguel ÁngelMiguel EstévezCarlos Javier Lesmes

ESCENOGRAFÍA:Fina Calleja, Elena SeijoILUMINACIÓNSuso DíazSONFina Calleja, Elena Seijo, Carlos Domínguez

DRAMATURXIA E DIRECCIÓNElena Seijo e Fina Calleja

17 DE ABRIL. MARTES20'30.TEATRO PRINCIPALTELLAS VERDESDE FERMÍN CABALAULA DE TEATRO DA UNIVERSIDADE DE VIGO. CAMPUS DE VIGOVIGOTEATRO UNIVERSITARIO

“A ditadura chilena ten xerado unha grande cantidade de información a través darede que constitúe unha interesantísima literatura que desborda o xénero docu-mental, para deslizarse cara ao testemuño, a memoria e incluso a lírica.

O texto é, na súa maior parte, unha colaxe de materiais extraídos da rede, earmado ao redor dunha historia que é, certamente, pura ficción, pero que aspira aser pura verdade, pois está composta de centos de verdades individuais.

Os testemuños elixidos son moi variados, e recollen visións persoais moi distintase ás veces enfrontadas.

A historia que aquí se conta non é exactamente a de Colorina, pero o que si écerto é que ela desapareceu nos primeiros meses da ditadura e que o seu corpoaínda non foi atopado. Os seus restos teranse mesturado cos de outras persoasnalgunha fosa común, tamén a súa memoria vese agora confundida coa de outrasvítimas na fosa común da literatura.”

FERMÍN CABAL

REPARTO:

A DESAPARECIDA: Jesica Silva IglesiasA COMPAÑEIRA: María Noela Mera GarcíaA DOUTORA: Cristina López FernándezO ENTERRADOR: Alexandre Delgado CaseiroA DELATORA: Ana Ramos FernándezO AVOGADO ESPAÑOL: Javier Octavio de Toledo

SELECCIÓN MUSICAL: Pepa BarreiroESCENOGRAFÍA: Aula de Teatro da U. de V.VESTIARIO: Aula de Teatro da U. de V.ILUMINACIÓN: Santiago CortegosoTRADUCIÓN: Pepa Barreiro

DIRECCIÓN: Pepa Barreiro

17 DE ABRIL. MARTES23'00.TEATRO PRINCIPALNOSA SEÑORA DAS NUBESDE ARÍSTIDES VARGASAULA DE TEATRO DA UNIVERSIDADE DE VIGO. CAMPUS DE PONTEVEDRAPONTEVEDRATEATRO UNIVERSITARIO

En “Nosa Señora das Nubes” o autor trata fundamentalmente dous temas: amemoria e o exilio. Esta peza arranca co encontro de dous exiliados nun espazoe nun tempo indeterminado, e a partir de aí van reconstruíndo o seu pasado,lembrando os feitos que aconteceron no pobo do que son orixinarios: NosaSeñora das Nubes. Contados cun certo humor que vai dando paso a un pousomáis amargo a medida que avanzan as historias, mesturando a crítica política con-tra os gobernantes que perseguen aos seus cidadáns pola súa maneira de pensarcunha certa reflexión sobre o individuo, a soedade, o desarraigamento, e sobretodo en como manter a memoria do que foron noutro tempo.

INTÉRPRETES: MYRIAN FERRÍNALBA PÉREZPATRICIA AMEAL PACO PEREGRINOREBECA RUIBALLOURDES SOUTO SABAS FERNANDEZBENI SABARÍSELENA LOPEZMARCOS CARDOSOJAVIER GONZALEZTAREIXA CAMBEIROTERESA MOLINAMARTA FORTE

VESTIARIO. SONIA RÚATRADUCIÓN e AXDTE DIRECCIÓN. SANTIAGO CORTEGOSO

ESPAZO ESCÉNICO e DIRECCIÓN. SALVADOR DEL RIO

18 DE ABRIL. MÉRCORES20'30.TEATRO PRINCIPALA LAS CINCO DE LA TARDE (Así que pasen 70 años)Baseado en "Ay Carmela" de Sanchis Sinisterra con poemas de Lorca e testemuños de brigadistas de IsraelTEATRO DE LA COSTATEL-AVIV. ISRAELGRUPO INVITADO

Homenaxe aos 300 voluntarios de Israel que loitaron na Guerra Civil Española 1936 –1939

Espectáculo baseado na obra teatral “Ay Carmela” de José Sanchis Sinisterra, reúnensebaixo un só teito escenas da coñecida peza, poemas e cancións de Federico García Lorca,testemuños dos brigadistas de Israel, cancións da guerra e bailes populares españois.

En xullo de 1936, desatouse a Guerra Civil española, á que moitos denominaron :“O ensaio xeral e prólogo da Segunda Guerra Mundial”.En 1937 formáronse “As Brigadas Internacionais”, e miles de voluntarios de todo o mundochegaron a España para defender á República democrática, e loitar contra o fascismo.Tamén de aquí, da pequena Palestina, enroláronse ao redor de 300 mozos, homes e mulle-res. Proporcionalmente ao seu número de habitantes neses días, iso significaba unha canti-dade enorme en relación con outros países.

A pesar das enormes dificultades que enfrontaba á poboación xudía neses días, ( baixo omandato Inglés ), moitos aquí vían en España a verdadeira fronte de loita, mentras que omundo estaba cego e impasible, rexeitando ver a realidade e albiscar o futuro.

Quen sabe? Se derrotaran en España o eixo Franco – Hitler – Mussolini, ou polo menosasestado un golpe significativo, pode que a historia do século XX sería distinta, e distintotamén o destino do xudaísmo europeo,exterminado na guerra polos nazis.

A metade dos brigadistas eretz-israelís caeron en terra española.A eles, ao seu recordo, dedicamos esta noite.

No centro desta noite está “AY CARMELA” , a obra do escritor español JOSÉ SANCHISSINISTERRA. Dela serán representadas varias escenas.

Con: SILVIA PLOTNICGRISELDA LAWYAEL RINGEL ZALMARAFAEL GERSHANIKYARON SEGALEFRAIM BARKAN

E coa participación da actriz española invitada : MARTA ESCURIN MIRO

Dirección : GUCHI LAW EFRAIM BARKAN

19 DE ABRIL. XOVES12'00 e 20'30.TEATRO PRINCIPALCYRANO DE BERGERACDE EDMOND ROSTANDCOMPAÑÍA CUBANA DE TEATRO "MÁSCARA LAROYE"CUBATEATRO UNIVERSITARIO

Cyrano de Bergerac, valente, orgulloso e poeta, está perdidamente namorado dafermosa Roxana. El vive mortificado porque a pesar da súa valentía e enxeñoposúe un grande nariz que o acomplexa e faino incapaz de sincerarse coa mullerque quere. Ademais Roxana ama a outro home chamado Cristian, fermoso perotorpe coa palabra. Cyrano axuda a Cristian a namorar a Roxana a través de car-tas de amor que el mesmo escribe, creando un pacto con Cristian que o conver-terá en escravo dun amor imposible.

REPARTOCyrano. Aarón Martín / José Bonillo MontesRoxana. Lara LozanoCristian. Roberto GoltánConde de Guiche . Olga García CárcelesLe Bret, Ratero, Aprendiz, Monxa. Pablo NuñoLigniere, Montfleury, Cadete. Alberto MaceoCardenal, Lisa, Cadete. Liuvar García MedinaRagueneau, Monxa, Capuchino, Dona. Leandro MarínVizconde Valvert, Pluma, Cadete. Paula Biempica

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICAVersión, coreografía e dirección. Paloma Mejía Martí

Director da Compañía. Giraldo Moisés Cárdenas

19 DE ABRIL. XOVES23'00. AUDITORIOGRUPO MUSICAL SAHARAUÍ FARSIAFARSIA - SAHARAGRUPO INVITADO

Grupo de música e danza saharauí que espallan a súa cultura e a ideoloxía daFronte Polisaria dende o corazón do deserto.

Con:AMA ELBACHIRHAMADA MOHAMED MOKTARBOEBBA HANLEHDIA SUEILIKI JAILEL

20 DE ABRIL. VENRES20'30. SALA TEATRAL DA UNIVERSIDADE. EDIFICIO DE HUMANIDADES. CAMPUS4.48. PSICOSEDE SARAH KANENUT TEATROCOMPOSTELATEATRO PROFESIONAL

Segundo estudos realizados en Gran Bretaña, é aproximadamente ás 4.48 damadrugada cando desaparece o efecto dos psicofármacos da noite anterior ecomeza a anguria.

“ Despois das 4:48 non hei falar máisCheguei ao final deste conto aburrido e repugnante co seu sentido confinado nuncadáver alleo e alimentado polo espírito maligno da maioría moralHai moito que estou mortaDe volta ás miñas raícesCanto sen esperanza na fronteira”

4.48 Psicose é a milimétrica e escalofriante crónica do suicidio que a propia SarahKane cometería tres meses despois da súa escrita. A obra de arte final, creativida-de en estado puro ao través das palabras, da súa dor inmensa, da súa desesperan-za, da súa lucidez brutal. Unha dramaturxia da morte que é toda unha declaraciónde vitalismo.

FICHA TÉCNICAAutora: Sarah KaneTradución: Marta Díaz e Andrea Pino En escena: Arantza Villar e Carlos NeiraAxudante de dirección: Andrea PinoDeseño Vestiario: Fany Bell Espazo Escénico: Nut TeatroDeseño Iluminación: Fidel Vázquez/Nut Teatro Imaxe: H2LCreación DVD: Alfonso Blanco Produción Executiva: César AbellaDistribución: eme2Fotos: Mon S.A.Colabora: Espacio Aberto

Dirección: Carlos Neira

21 DE ABRIL. SÁBADO20'30.TEATRO PRINCIPALPLAGIAI (Preguiça-Luxuria-Arrogância-Gula-Inveja-Avareza-Ira)POSTA EN ESCENA DE ANTÓNIO ABERNÚTEATRUBI. UNIVERSIDADE DA BEIRA INTERIORCOVILHÂ. PORTUGALTEATRO UNIVERSITARIO

É moito máis doado arrepentirnos dos pecados que facemos que daqueles quepensamos facer. Por iso mesmo, acordas sen te interesar onde estabas – alguresentre o ceo e a terra, entre as túas sombras e a luz dos outros. Entre o queescondes desexar e o que te impoñen aceptar. Entre a loucura da noite e os arti-ficios do día.Saíches! Convencido de que algo acontecería. Incluso todo podía acontecer.Tes aseguirdade de ir. Só non sabes se vas conseguir voltar. Pecar é fácil. Pola túa propiafraxilidade, encontras nos espellos dos outros a túa imaxe que tanto queres dis-frazar. Ansiedade, desexo, angustia, vómito, adrenalina, sorrisos verdes, ollos vítreos,nubes pasaxeiras.Foxes, de ti…de novo. Pero acabas sempre por transgredir…consciente ou non,xa está. As coincidencias no existen.Todos facemos xirar a vida.Voltaches!Unha vez máis martirízaste…tentas durmir…Unha vez máis, tentas redimirte doque non tes certeza e non queres que abra o día. Porque as nosas boas acciónsson, moitas veces, peores que os nosos pecados…

“A acção é uma loucura passageira”.Paul Valéry

Ficha Técnica:

Produción. TeatrUBI_ASTADirector de Produción. Rui PiresDeseño de son e luz.. João CantadorVestiario. Sérgio NovoEscenografía. João CantadorDeseño Gráfico. Miguel FurtadoOperador Vídeo. Mário Gomes

Interpretación:Gabriel TravassoGraça FaustinoMafalda MourãoRui PiresSérgio Novo

Dirección. António Abernú

21 DE ABRIL. SÁBADO23'00.TEATRO PRINCIPALCINE DOCUMENTAL: COLUMPIOS Xénero e ocupación nun documentalDE BASEL RAMSIS LABIBEXIPTO

Dirixida por Basel Ramsis e producida no marco do programa:“Mediterráneas. Incremento de los lazos entre mujeres organizadas en elMediterráneo”, apoiado pola AECI.

Columpios – Marajeeh é unha longametraxe documental sobre mulleres palesti-nas a ambos lados da liña de tregua. Son historias de mulleres relacionadas coaocupación israelí, e cos problemas de xénero e violencia que sofren estas mulleresen diferentes cidades e pobos palestinos.Esta película foi rodada durante o verán de 2006 en lugares como Gaza e os seuscampos de refuxiados, Xerusalén, Belén, Nablús, Xericó, Hebrón; e ao outro ladoda liña de tregua, en cidades e pobos como Kufer Kassem, Haifa, Nazaré e odeserto do Naqab.Numerosas e moi diversas mulleres, cunha profunda sinceridade e sorprendentefranqueza miran á cámara, aos homes, á súa sociedade, ao mundo e falan, falan,falan.

O documental "Columpios" de 98 minutos de duración é unha produción espa-ñola dirixida polo cineasta exipcio Basel Ramsis no que se narra a historia dunhadecena de mulleres palestinas que día a día, ademais de enfrontarse á ocupaciónisraelí, deben resistir na súa vida cotiá á presión dunha sociedade patriarcal queimpide a súa autonomía e o desenvolvemento dos seus dereitos.Rodada con mulleres palestinas que viven en Israel, nos territorios ocupados, noscampos de refuxiados do desierto de Negev, a historia vai narrando o mundo dasmulleres palestinas que expresan unha sinceridade descarnada.As dificultades económicas ás que se enfrontan, a violencia de xénero da que sondobremente vítimas a causa da ocupación israelí e das relacións desiguais cosvaróns palestinos.

O honor só se aplica ás mulleres, denuncia unha das mozas que aceptou partici-par no documental. Outro dos testemuños fala da loita feminista das mullerespalestinas. O día a día das mozas, das nenas, das mulleres casadas que pasan datutela do pai ou o irmán á tutela do marido...Pobreza e violencia de xénero son problemas comúns ás mulleres á marxe dopaís no que viven. Unha pobreza e unha violencia de xénero que se incrementacando a poboación vive baixo a ocupación.

22 DE ABRIL. DOMINGO20'30.TEATRO PRINCIPALFÓRA DE TEMPODIRECCIÓN DE LORENA BRISCOEASTACOVILHÂ. PORTUGALTEATRO PROFESIONAL

O concepto actual de tempo provén das áreas máis avanzadas da astronomía eda física, pero a súa verdadeira natureza segue a ser un misterio.

O tempo non só regula as actividades dos homes, tamén rexe o seu propio ser.Todo aquilo que o home experimenta acontece no transcorrer desta abstracción.Todos estamos afectados polo tempo… porén é imposible para nós definilo.

Decatámonos do tempo a partir dunha sucesión de acontecementos, como asestacións do ano, o nacer do sol, un corpo que cae… tamén o percibimos a tra-vés dos cambios biolóxicos dos seres vivos e dos tres momentos máis importan-tes da vida do ser humano: o nacemento, a reprodución e a morte.

“Se alguén me pregunta o que é o tempo, eu sei o que é. Pero tentar explicalo,non consigo.” S. Agustín

Ficha Técnica e Artística:

Produción. ASTAAsistente de Dirección. Rui PiresDeseño Gráfico & Vídeo. Miguel FurtadoIntérprete Musical. Carmo TeixeiraVestiario. Miguel Gigante & ASTAEscenografía & Atrezos. ASTADeseño de Luces. Pedro FonsecaTécnico de Luces. João Cantador

Performers. Mário Gomes, Mafalda Mourão, Sérgio Novo

Dirección. Lorena Briscoe

23 DE ABRIL. LUNS20'30.TEATRO PRINCIPALMERDADE RICARDO DE BARREIRO, RAFAEL G. GARCÍA, XAVIER ESTÉVEZSALA YAGOCOMPOSTELATEATRO PROFESIONAL

Din que cando morremos a nosa capacidade auditiva vese sensiblemente merma-da, é por isto que nós decidimos adiantar a "morte" de todos vostedes e utilizaloscomo interlocutores "mortos" un pouco antes de que lles aconteza tal eventoque, por outra parte, vailles acontecer a todos máis pronto que tarde.

En fin, a vida é como é, e produce medos, fatigas, desilusións, contradicións e felici-dade, a vida precisa da morte incógnita para atopar o seu reverso, o seu comple-mento, a súa razón de ser.

O noso protagonista está vivo, tan vivo que calquera de vostedes atopará unrecuncho do seu ser que o faga sentir parte do noso Luisiño.

Agora acomódense, reláxense moito, moito, están todos vostedes… mortos.

REPARTOLuis. Ricardo de Barreiro

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICAIluminación. Eduardo AlonsoSelección musical. Ricardo e XavierDeseño gráfico. Sergio LagoRealización escenografíA. Jorge ReySoporte técnico. RTAProdución. Sala YagoContratación. Yago DistribuciónAxudante de dirección. Eva Alonso

Dirección, escenografía,Indumentaria e vídeo. Xavier Estévez

24 DE ABRIL. MARTES20'30.TEATRO PRINCIPALTRUFALDINO, servidor de dous amosDE CARLO GOLDONIAULA DE TEATRO DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELACOMPOSTELATEATRO UNIVERSITARIO

Coitado Trufaldino! pretende servir ao tempo dous amos coa intención de enchero seu bandullo, para o que manipula as situacións como mellor pode e trata desaÍr dos apuros que se lle presentan poñendo en práctica a súa mellor dialéctica.Comedia da arte dos vellos tempos para falar de hoxe.

REPARTOSILVIO LOMBARDI. Saúl MuíñosPANTALEÓN. David PobraCLARISA. Ana MorañaDOUTOR LOMBARDI. Roi MéndezESMERALDINA. Beatriz MéndezFRANCESCA, A POUSADEIRA. Cristina BalboaTRUFALDINO. Diego MeizosoBEATRIZ RASPONI. Helena TeiraFLORINDO ARETUSI. Diego Rey

FICHA ARTÍSTICADESEÑO DE ESCENOGRAFÍA,FIGURINOS E ILUMINACIÓNRoberto SalgueiroREALIZACIÓN ESCENOGRAFÍA E ATREZZORodrigo RoelREALIZACIÓN VESTIARIOClotilde VaelloMAQUILLAXE E ASESORAMENTO PEITEADOSPuri PereiraASESORAMENTO MUSICALHelena TeiraCARTEL E PROGRAMAXerardo FuentesASISTENCIA TÉCNICAKachetASISTENCIA DE ESCENAFani Pena

VERSIÓN E DIRECCIÓNRoberto Salgueiro

25 DE ABRIL. MÉRCORES20'30.TEATRO PRINCIPALBICOS CON LINGUADE AVELINO GONZÁLEZ, SUSO DE TORO, CÁNDIDO PAZÓ, XABIER LAMA, MANUELNÚÑEZ SINGALA, ANA IGLESIAS, MARTA ETXEBARRÍATALÍA TEATROCEETEATRO PROFESIONAL

"Bicos con lingua" é unha proposta chea de intención que repara na situaciónsociolingüística pola que atravesa o uso do idioma nas diferentes facetas da nosavida, a través do tempo e do espazo, elevando a voz e sinalando co dedo se épreciso. Iso si, sempre cun necesario e gratificante sorriso na cara. Foi galardoadacon dous Premios María Casares, ao mellor actor (Artur Trillo) e ao mellor textoorixinal e ten unha boa acollida entre o público.

"A novidade de 'Bicos con lingua' é facer humor con esas cousas que habitual-mente aparecen nos informes (dramáticos) sobre a perda de falantes en galegoou sobre algunhas esquizofrenias en relación co castelán" (…) "Cun estupendosentido do humor, a máis recente montaxe de Talía, compón un rompecabezas desituacións que van do completamente posible ata a proxección dun futuro que osoptimistas damos por fantásticos"Camilo Franco (La Voz de Galicia)

INTERPRETADO POR:Toño CasaisArtur Trillo

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICAEscenografía e atrezzo. Carlos AlonsoVestiario. Carlos AlonsoIluminación. Dani TrilloDeseño gráfico. Blanca BarrioProdución. Producións Teatrais Talía, S.C.

Dirección. Avelino González

26 DE ABRIL. XOVES20'30.TEATRO PRINCIPALOS FUSÍS DA SEÑORA CARRARDE BERTOLT BRECHTAULA DE TEATRO DA UNIVERSIDADE DA CORUÑAA CORUÑATEATRO UNIVERSITARIO

Nunha familia de mariñeiros da Andalucía republicana, ao redor do ano trinta esete, unha nai intenta salvagardar os seus dous fillos de ir á fronte de guerra. Achegada á casa dun tío miliciano vén instaurar o conflito e a dúbida: nun enfronta-mento fratricida, pódese ser neutral? Esta é a resposta que se busca nesta obra cun autor universal como BertoltBrecht que como tantos outros intelectuais se interesou e preocupou polaGuerra Civil española.

Ficha Técnica e ArtísticaAutor: Bertolt BrechtEscenografía: Ade - Alfredo Cascallana - Eva TorresVestiario e maquillaxe: Mónica CamañoMúsica orixinal: Susana MoreiraIluminación: Zé ParedesAxudante de dirección: Laura Mariño

Reparto: Pablo AlonsoÁlvaro CabarcosLaura CampoJuan Carlos CorredoiraPirula ExpósitoJuan ReyAlberto TaberneroEva Torres

Dirección e dramaturxia: Zé Paredes

26 DE ABRIL. XOVES23'00. AUDITORIOPAGAGNINIDE YLLANA e ARA MALIKIANYLLANA TEATROMADRIDTEATRO PROFESIONAL

PAGAGNINI reúne nun mesmo espectáculo a música clásica, o virtuosismo doviolinista Ara Malikian (Líbano) e o humor e a loucura de Yllana. O resultado é undivertido e sorprendente des-concerto, que repasa algúns dos momentos cumioda música clásica, xunto a fragmentos musicais populares e cargados de referen-cias cinematográficas.

Con esta vontade permanente de mistura de xéneros e estilos, preténdese rein-ventar o xeito de concebir un concerto, non só dende o punto de vista da execu-ción senón, sobre todo, desde a perspectiva do público que, sexa profano ou eru-dito, vai descubrir nos personaxes musicais unha mirada diferente. Iso si, sendofieis ao espírito dos clásicos, dende a elegante e virtuosa interpretación do mestreAra Malikian e os tres grandes músicos que o acompañan.

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICAIdea orixinal. Yllana e Ara MalikianDirección artística . David Ottone e Juan Francisco RamosDirector musical. Ara MalikianAxudante de dirección. Ramón SáezCreación musical e intérpretes. Ara Malikian, Thomas Potiron, Eduardo Ortega, GartxotEspazo escénico. Ana GarayDeseño de iluminación. Diego DomínguezDeseño de son. Jorge Moreno "Milky"Luthier. Fernando MuñozCoreografía. Carlos ChamorroCoreografía castañolas. Cristina de VegaAsesoramento maxia. Willy MonroeEscenografía. Peroni, Mambo decoradosVestiario. Maribel RodríguezAtrezzo. Arte y FicciónVoz en off. Mabel CaínzosTexto voz en off. Ramón SáezProdución. Yllana y Ara MalikianXefa de produción. Mabel CaínzosAxudante de produción. Vanesa AmoresXefe técnico. Diego Domínguez

Creación e dirección. Yllana

27 DE ABRIL. VENRES20'30.TEATRO PRINCIPALCHECKPOINT ou "MICHWARTAWIL"DE MARIANNE BLUMETHEATRE FOR EVERYBODYGAZA - PALESTINAGRUPO INVITADO

Ao longo da estrada principal da Franxa de Gaza que une Gaza a Rafah, implan-touse un asentamento, Kfar Darom. Un quilométro máis alá atópase o de GushKatif. Este quilómetro de estrada está prohibido aos Palestinos dende o inicio daSegunda Intifada. O exército israelí obriga aos Palestinos a dar un grande rodeo eun checkpoint bloquea a estrada cando soldados o colonos pasan por ela. Estecheckpoint divide Gaza en dúas partes, impide á poboación da cidade de Gazaacudir a Khan Younis e á xente de Rafah chegar ata a cidade de Gaza. O peche docheckpoint pode durar de unha a cinco horas, ou permanecer pechado sen pre-vio aviso, segundo a vontade e a arbitrariedade do soldado de garda. Centos decoches esperan a ambos lados da estrada. Improvísase un mercado, nenos vendencigarros, comida para os condutores e os seus pasaxeiros bloqueados en terriblesatascos. O decorado está instalado.

FICHA TÉCNICA:Reparto: Abu LamisHoussam El MadhounJamal El RozziRami AlbannaNaim HamdanPhilippe Dumoulin

Texto (idea orixinal)Marianne Blume

DirecciónClaudine Aerts

27 DE ABRIL. VENRES23'00. AUDITORIOLOS BOSQUES DE NYXDE JAVIER TOMEOAULA DE TEATRO DA UNIVERSIDADE DE ZARAGOZAZARAGOZATEATRO UNIVERSITARIO

Doce mulleres permanecen fóra do tempo e do espazo nun reduto abandonadono medio da nada: o bosque de Nyx. A pesar dos séculos, as mulleres aínda alber-gan o odio dos tempos pasados.Todas foron vítimas da guerra, todas queren con-tar a súa historia ante a chegada do mensaxeiro, que vén dende o presente paraconvencelas de que volvan ao mundo dos vivos e eviten novas guerras. Entre elase o público aparece un mediador: o coro, ao que se escoita con voz masculinareforzar o pensamento desas mulleres.

FICHA ARTÍSTICATROIANASHécuba: Maite SequeiroCasandra: Aloma SimpéAndrómana: Chus BlesaHelena: Carlota CallénGREGASClitemnestra: Cristina IbarzElectra: Patricia Pérez CaballeroIfixenia: Estefanía AinetoPenélope: Clara SantaféLISÍMACASLisístrata: Miriam ModregoMirrina: Patricia TelloCalónice: Virginia MartínezLampitó: Isabel FaroCOROFelipe TorresDiego PeñaMENSAXEIROLuis Muntión

FICHA TÉCNICAAutor do texto: Javier TomeoDeseño do espazo escénico: Joaquín MurilloRealización do espazo escénico: Teatro Che e MocheDeseño de iluminación: TatoñoDeseño gráfico: Cristina CastelDeseño e realización de vestiario: Nines CárcelesCanto: José Ignacio BellidoCoreógrafa: Ingrid MagriñáPerruquería: Abril EstilistasTécnicos en xira: T.S.B. (Servicios Técnicos del Espectáculo)Produción: Aula de Teatro da Universidade de ZaragozaAxudante de dirección: Raquel Anadón

Dirección: Marián Pueo

28 DE ABRIL. SÁBADO20'30.TEATRO PRINCIPALPROMISSÂO DO QUINTO IMPÉRIODE VICENTE SANCHESGRETUAAVEIROTEATRO UNIVERSITARIO

O GrETUA – Grupo Experimental de Teatro Universitario de Aveiro –“ – Nos últimos anos, o ar, a atmosfera, - a atmosfera espiritual de Portugal –dende unha punta á outra – dende os Algarves a Trás-os-Montes –recargouseintensamente cunha especie de electricidade sebastianista.”Teatro portugués.-Non, - non mo digas!- Dígocho, si señor. Miguel Afonso é e non é o protagonistadesta historia. Explíquese: hai dúas historias. A que acontece e a que se conta. Encanto à que se conta Miguel Afonso é seguramente o heroe (fenomemal, trancen-dental e etc…). En canto ao que pasará na táboa o noso heroe, que de tan ago-chado non chega a aparecer, acada proporcións moi altas, altísimas. É mito, fórmulade deus á que se suma un abismo enaltura.“E que fixo Miguel Afonso?” Simple. Fixo o imposible. Encarou a morte tanao extremo que apareceu (sen chegar a desaparecer) no outro lado: a vida (senter chegado a morrer). O resto é a + b + c= Miguel Afonso é D. Sebastião, oreal, o auténtico, o que nos ten que salvar como se nós non estivésemos xa irre-mediablemente perdidos, aínda que non veña. Pero vai vir. Prometemos!É unhaobra sobre o pasado e sobre o futuro onde un e outro máis nos doen, no pre-sente.

FICHA TÉCNICA E ARTÍSTICATexto: Vicente SanchesDirección de Actores: Ivo PrataDeseño de Luz: Pedro SottomayorTécnico de Luz: Andreia GranadaTécnico de Son: João Veludo, Carla BotelhoDeseño e Selección Musical: João VeludoCartaz: Eduardo BarbosaFigurinos e Espazo escénico: GrETUAMontaxe: GrETUADirección de Produción: Ivo Prata, Jorge Pedro Ferreira, Tiago Castro, Carla BotelhoProdución: GrETUA.07’

Elenco: Andrea Terra Pinto, Sara Pedro Riso, Sara Leite, Andrea Loira, Maria del Cristo Cabrera, Francisco Parrança, Tatiana Salcedas, Bruno Pereira, Jorge Pedro, Susana Sousa, Nuno Pereira, Daniela Correia e Daniela Martins

Dirección: Jorge Pedro Ferreira

28 DE ABRIL. SÁBADO23'00. AUDITORIOFOLK ORALDE CARLOS BLANCOCOMPOSTELA / VILAGARCÍATEATRO PROFESIONAL

Porque se fala do que se fala. E como se fala. E como se fala!FOLK ORALMonólogos, poemas, músicas, improvisacións... e sobre todo o día a día(Que diría Mª Teresa Campos)FOLK ORALTal como somos.Carlos Blanco vén de percorrer o mundo. De actuar en Bos Aires,Granada, Carballo, Glasgow, Portonovo, Montevideo, A Silva ou Madrid.É o que ten ser un “Gran Roble” (Que diría Cadaval)É o que ten.Unha visión lúdica deste país no que vivimos:Galicia/Galiza.Somos unha potencia, que “duda cabe!” (Arsenio dixit)Por iso merecemos o que temos.FOLK ORAL.Humor con raíces.Porque a ver : O Himno Galego non é longo de máis para cantalopolos estadios do mundo coas nosas seleccións?E quen carallo sabe a segunda parte, a que se encabrona e empeza a insultar?Pois por iso.FOLK ORALSe non podemos con Luar, polo menos habemos botar unhas risas.E diso trataFOLK ORAL.Con Carlos Blanco.Toda unha experiencia.

ACTOR: CARLOS BLANCO

Música: Cool Hamster:Mon López: GuitarraXacobe Martínez: ContrabaixoManolo Gutiérrez: Piano, teclados

29 DE ABRIL. DOMINGO20'30.TEATRO PRINCIPALUNICORNIODE FERNANDO DACOSTAAULA DE TEATRO UNIVERSITARIA DE OURENSE. MARICASTAÑAOURENSETEATRO UNIVERSITARIO

"Unha historia sobre a amizade e a búsqueda incesante dos nosos soños"

Laura, dende un lugar ben distante, fai unha chamada aos que foron os seus ami-gos durante moitos anos, aqueles que representaban os seus soños cunUnicornio.Cada quen ten agora o seu mundo, afastado do dos demais e, ás veces, de si mes-mos. Pero a chamada obtén resposta: os amigos acoden ao encontro.Nos seus xogos, na cea, na festa, no parque, no cine, van decatándose de que avida transcorreu nestes 8 anos de separación, que cada unicornio está en recun-chos diversos, algún perdeuse, outros son procurados, algún pode tocarse.Os amores e as frustracións vanse desenvolvendo ao longo da fin de semana quedura o encontro, as escenas cruzadas van aumentando a tensión ata chegar aoque non debeu ser visto, a un soño roto …

REPARTO:LAURA. GALICIA GUTIÉRREZ "GALI"TOTÓ. SUSO MIRALEIRE. PAULA DOPAZODIEGO. JUAN MÉNDEZMILLA. MIGUEL ANXO MARTÍNEZTRENTO. HÉCTOR CASASSILA. EVA TATOMELA. RAQUEL PENÍNVIOLETA. SILVIA DOMÍNGUEZNANA. LOLI FERNÁNDEZ

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICAESCENOGRAFÍA - LUZ. SUSO DÍAZVESTIARIO. TEGRADESEÑO MUSICAL. FERNANDO DACOSTACARTEL E PROGRAMA. PABLO OTERO

Textos de Walt WhitmanTEXTO E DIRECCIÓN. FERNANDO DACOSTA

OUTRAS ACTIVIDADES

- EXPOSICIÓNS"OLLADAS SOBRE A MITEU" por Jorge Martínez.Teatro Principal. Do 14 ao 21 de abril"AT THE CHECKPOINT" por Khaled Jarrar (Palestina).Teatro Principal. Do 22 ao 29 de abril

- COLOQUIOS E ENCONTROSAo remate das representacións con atención especial a Israel e Palestina

- CLAUSURA E ENTREGA DE PREMIOSTeatro Principal. Domingo 29 de abril. 20'30

TARIFAS

2 €: Grupos Universitarios e invitados (Nut Teatro, Sala Yago,Talía Teatro, Palestina e Israel)5 €: Pepe Viyuela,Yllana, Carlos Blanco

ORGANIGRAMA DA 12 MITEU

DIRECTORFernando Dacosta

COORDINADORAElena Seijo

RELACIÓNS PÚBLICASFina Calleja

PROTOCOLOSabela Gago

VOTACIÓNS E CAMISETASFlor R. Figueroa

AXUDANTE DE COORDINACIÓNDavid Varela

TÉCNICOS DA MOSTRATécnicos do Teatro Principal / Auditorio / Sarabela teatro

ALBERGUEDavid Varela e Juan Méndez

DESEÑO GRÁFICO1:Media. Deseño e comunicación

FIGURAS PREMIOSPablo Otero - Orfebres del Arte

FOTOGRAFÍA E VÍDEOAlba Vázquez Carpentier

EQUIPO COLABORADOR-ORGANIZADORÁnxeles Cuña, Begoña Muñoz, Tito R. Asorey, Nate Borrajo

VICERREITOR DO CAMPUS DE OURENSEJuan Francisco Gálvez

TÉCNICO DE CULTURA DO CAMPUS DE OURENSEFilemón Rivas

CONCELLEIRO DE CULTURAXosé Araújo

DIRECTORA DO TEATRO PRINCIPALOlga Mojón

DELEGADO DE CULTURAXosé Carlos Sierra

PATROCINAUniversidade de Vigo. Vicerreitoría do Campus de OurenseConcello de Ourense. Concellaría de CulturaConsellaría de CulturaTeatro Principal. Deputación Provincial de Ourense

ORGANIZAUniversidade de Vigo. Vicerreitoría do Campus de OurenseAula de Teatro Universitaria de OurenseSarabela Teatro

COLABORAConcello de Ourense. Concellaría de EducaciónLiceo Recreo OurensánAsemblea de Cooperación Pola Paz (ACPP)Instituto Cervantes Tel-AvivSarabela Teatro

GRACIAS:

A Disigna Edenia, por abrir o seu mundo máxico deixándonos escáner, fax, teléfonos,…

A Asemblea de Cooperación Por la Paz (Palestina)(ACPP), por axudarnos a traer voces depobos acalados, e tamén a Mónica e Alejandro, apoio incesante en Galicia.

A Einat, do Instituto Cervantes de Tel-Aviv, pola súa grande eficiencia.

Ás alumnas e alumnos que se extralimitan nas súas funcións de alumnas e alumnos porquesaben o que é a MITEU.

Aos que loitan pola liberdade creativa e ideolóxica dende a intimidade e dende a posturapública, para que non haxa voces acaladas.